• Nenhum resultado encontrado

O MATERIALISMO HISTÓRICO DE MARX

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "O MATERIALISMO HISTÓRICO DE MARX"

Copied!
13
0
0

Texto

(1)

1

O MATERIALISMO HISTÓRICO DE MARX

1. Contextualización

Marx é o pensador de máis evidente e decisiva repercusión na historia contemporánea. Participa directamente nas orixes do movemento obreiro, intervén na creación en 1864 en Londres de la Asociación Internacional de Traballadores (I Internacional), e a súa teoría proxéctase nos acontecementos que deron lugar en 1917 á Revolución Rusa e posteriormente á Revoluc ión China (1949)...

1.1. Marco histórico

O século XIX é un período da historia no que culminan os grandes procesos de transformación política, social e económica que están presentes no mundo contemporáneo: a) As revolucións sociais de 1848. b) A implantación e crise do capitalismo industrial e financeiro. c) A Segunda Revolución Industrial. d) As orixes e consolidación do movemento obreiro. […]

1.2. Aspectos biográficos de Marx

Karl Marx nace en 1818 en Tréveris, cidade da Prusia renana, nunha familia acomodada e culta…Cursou os estudios de bacharelato nun centro dirixido por padres xesuítas… Despois fixo a carreira de Dereito na Universidade, pero os seus intereses intelectuais ían sobre todo pola Historia, Filosofía e Economía.

En Berlín frecuentou a esquerda hegeliana (Strauss, Bauer, Feuerbach, Stirner) que interpretaban a filosofía de Hegel dende supostos progresistas, materialistas e ateos… A súa breve tese doutoral na Universidade de Jena sobre a Diferenza da filosofía da natureza en

Demócrito e Epicuro, é súa primeira aproximación aos supostos filosóficos do materialismo.

Despois apartouse da Universidade e inclinouse por labores xornalísticos. Como redactor xefe do xornal A Gaceta renana acentuou a liña radical da publicación; o goberno someteuna a unha implacable censura, e obrigou a Marx a deixar o seu posto ordenando o seu peche definitivo… En 1843 trasladouse a París co fin de establecer contactos co movemento socialista francés. Coñece a Blanc, Proudhon e Heine, e edita os Anais Franco-Alemáns. Aquí comeza a estreita amizade e colaboración intelectual entre Marx e Engels (1820-1895), quen ademais o apoiará economicamente en numerosas ocasións.

En 1845, a petición do goberno prusiano, Marx foi expulsado de París, xunto con Engels, por ser un "revolucionario perigoso", e fixou a súa residencia en Bruxelas onde foi admitido coa condición de que "só se dedicase á filosofía". En Bélxica vincúlase á Liga dos Xustos, que foi a orixe da

Liga dos Comunistas, organización revolucionaria clandestina. Na primavera de 1847, Marx e

Engels redactaron o famoso Manifesto do Partido Comunista. De acordo coas ideas da Liga,

Marx renuncia expresamente á súa nacionalidade e declárase apátrida e internacionalista.

Na revolución de febreiro de 1848, Marx foi detido e expulsado de Bélxica. Trasladouse outra vez a París, e logo a Colonia, en Alemaña. Nesta cidade fo i redactor-xefe da Nova Gaceta do

Rin. Concluída a Primavera dos pobos e liquidada a revolución, a Nova Gaceta foi prohibida polo

goberno renano e Marx tivo que comparecer ante os tribunais de xustiza acusado de alta traizón e, aínda que absolto, foi expulsado de Alemaña.

Viviu de novo en París, pero foi outra vez expulsado despois da manifestación do 13 de xuño de 1849. Foi a Londres onde pasou xa o resto dos seus días. Viviu no Soho, un dos barrios máis pobres da cidade, e a familia mantívose cos escasos ingresos obtidos pola publicación dalgúns artigos no New York Tribune e a axuda solidaria de amigos, especialmente de Engels.

En Londres empezou a traballar na súa obra máis ambic iosa O Capital, dedicada á crítica da economía liberal. Pero volveu á actividade política, e a I Internacional (fundada en 1864) encarga

(2)

2 a Marx a redacción do Chamamento inaugural da Internacional, participando tamén na elaboración do seu estatuto e outros documentos.

1.3. Principais obras

a) Obras de Marx: Diferenza da filosofía da natureza en Demócrito e Epicuro (1841). A cuestión xudía (1843). Crítica da filosofía do dereito de Hegel (1843). Manuscritos: economía e filosofía

(1844). Tese sobre Feuerbach (1845). Miseria da filosofía (1847). A loita de clases en Francia (1848-1850). Traballo asalariado e capital (1849). O dezaoito de Brumario de Luis Bonapart e (1852). Contribución á crítica da economía política (1859). O Capital (1867. Primeiro tomo). A

guerra civil en Francia (1871). Crítica ao programa de Gotha (1875). O Capital (18851894.II e III

tomo. Obra póstuma publicada por Engels).

b) Obras de Marx e Engels: A sagrada familia (1845). A ideoloxía alemá (1846). Manifesto do partido Comunista (1848). Artigos en The New York Daily Tribune (1852-1862).

2. ANTECEDENTES E INFLUENCIAS RECIBIDAS.

O pensamento de Marx é o resultado dunha elaborada síntese na que conflúen elementos moi heteroxéneos: a filosofía idealista de Hegel (1770-1831), as ideas da esquerda hegeliana, especialmente as de Ludwig Feuerbach (1804-1872), o socialismo utópico, os principios da economía clásica ou a teoría da evolución darwinista. Cada un dos grandes apartados ou núcleos temáticos do pensamento marxista xurdiu e foi construído mediante a revisión crítica e adaptación das ideas centrais de cada unha das liñas de influencia enumeradas.

2.1. O método dialéctico de Hegel

A filosofía idealista de Hegel inflúe no marxismo, sobre todo, pola súa concepción da dialéctica como estruturada realidade e como método de coñecemento.

A dialéctica é á vez, a estrutura do real, é dicir, as partes, momentos e figuras sucesivas a través dos cales a realidade se constitúe, así como o método do pensamento para coñecer o real. A dialéctica hegeliana, en ambos os dous casos, realidade e pensamento, é triádica e o seu motor é a negación ou contradición.

1) O primeiro momento é a tese ou momento abstracto e non mediado (afirmación). 2) O segundo momento é a antítese ou momento negativo (negación).

3) O terceiro é a síntese ou momento positivo e mediado no que quedan superadas as contradicións (negación da negación).

 A dialéctica é o pensamento que coñece no seu proceso ou desenvolvemento a unidade final dos termos opostos, que se resolve sempre en sínteses superiores.  A dialéctica é pensamento especulativo en sentido etimolóxico (speculum,

espello), posto que é un reflexo exacto da realidade que mostra a necesaria coincidencia ou identidade entre pensamento e realidade: Todo o real é racional.  A dialéctica é o único camiño cara á unidade final entre ser e pensar como

exposición dun coñecemento completo ao que Hegel denomina saber absoluto.. O idealismo absoluto de Hegel, como filosofía plenamente romántica, afirmaba que é o espírito (lógos) no seu desenvolvemento dialéctico recoñece e reconstrúe a totalidade do real e cada un dos seus momentos e figuras. Cada un dos momentos e figuras en que o espírito se desprega, sempre tríadas, é asumida e superada pola seguinte, ata constituír o sistema, de acordo coa súa coñecida frase: O verdadeiro é o todo. […]

(3)

3 O marxismo aceptou o principio dialéctico da negación ou contradición como causa universal do desenvolvemento da natureza, a sociedade e a historia. Non obstante, Marx e Engels inverteron o sentido idealista da dialéctica hegeliana (poñer sobre os seus pés

a dialéctica hegeliana) e transformárona nunha dialéctica materialista (non é o espírito,

senón a realidade material a que se desenvolve). 2.2. O antropoteísmo de Feuerbach

A "esquerda hegeliana" é unha corrente de pensamento xurdida trala morte de Hegel en 1831. Caracterízase pola súa decidida posición crítica fronte aos principais supostos teóricos do idealismo absoluto de Hegel: a teoloxía encuberta do sistema hegeliano, os abusos especulativos do método dialéctico e as esaxeracións dun racionalismo ilimitado, foron o punto de partida da radical revisión do seu pensamento. Feuerbach, o representante da esquerda hegeliana que máis influíu sobre Marx, centrouse sobre todo na crítica da relixión e da teoloxía.

a) A filosofía de Hegel, segundo Feuerbach, é no fondo unha teoloxía racionalizada.. A filosofía non debe ter como suxeito ao espírito e como obxecto o seu desenvolvemento abstracto, senón ao home concreto (finito e limitado) e á vida terreal (material e sensible). O segredo da teoloxía está na antropoloxía, di Feuerbach.

b) A crítica de Feuerbach vai encamiñada a mostrar que a relixión e a teoloxía son unha antropoloxía ou concepción do home enmascarada. Os conceptos que se atribúen a Deus en realidade pertencen ao home, aínda que a relixión os traslada a un ser abstracto, simbólico e imaxinario; nesta proxección, o home toma o mellor de si mesmo (a súa razón, a súa vontade, o seu sentido da verdade e a xustiza) e trasponos ao ámbito do absoluto, inventando un mundo relixioso falso e inauténtico. Deus non crea ao home,

senón que o home crea a Deus.

c) A relixión é unha forma de desrealización ou alienación do home. Na relixión o home séntese estraño á súa condición humana; o mundo imaxinario que creou vólvese contra o home mesmo; o interese excesivo e prioritario polos ideais transmundanos impídell e ocuparse do mundo terreal, único ámbito onde é posible a súa realización plena. A alienación en Feuerbach é entendida como expropiación ou perda da natureza finita e limitada do home para poñela fora del, someténdose a partir dese momento a Deus, unha realidade estraña, oposta e incompatible coa natureza humana.

d) Feuerbach propón un cambio radical na consideración do ser humano: a partir de agora o depositario da esencia e os atributos divinos debe ser a humanidade, como novo e absoluto ideal antropocéntrico. A negación da relixión racional de Deus supón, á súa vez, a afirmación dunha nova relixión da humanidade, o "antropoteísmo", baseado na divinización da humanidade e na consideración dun humanismo extremo para o cal

o home é un Deus para o home.

O humanismo marxista, o núcleo orixinario do pensamento de Marx, especialmente o concepto de alienación, procede, en parte, da dialéctica hegeliana e, en parte, da profunda revisión da concepción antropocéntrica de Feuerbach.

2.3. O socialismo utópico

O socialismo utópico ou premarxista é o resultado das especulacións dalgúns intelectuais que pretendían ofrecer modelos socioeconómicos alternativos aos da súa época mediante formulacións idealistas, asociativas e humanitarias. Entre os seus principios están o asociacionismo cooperativista e a desexable harmonía entre as clases

(4)

4 sociais. Os principais representantes: Owen, Saint-Simon, Proudhon, Fourier. O socialismo “científico” de Marx e Engels é un rexeitamento e un intento de superación das ideas insuficientes e ineficaces do socialismo utópico.

2.4. A economía clásica

Enténdese por economía clásica as teorías fisiocráticas e librecambistas do século XVIII que afirmaron coñecer as leis universais da actividade económica; unhas leis análogas, segundo a economía clásica, ás que descubrira a física-matemática de Newton, polo que tales teorías postulan a existencia dunha orde económica natural que as leis positivas ou sociais ocultaron e que a razón pode descubrir.

Para iso a teoría económica debe prescindir de determinadas concepcións encubridoras da verdade, como os presupostos teolóxicos, os prexuízos morais ou as ideoloxías políticas. A economía é unha ciencia empírica cuxo único principio válido é a integración dos datos da experiencia nun esquema racional. […] Entre os seus representantes principais hai que citar a Quesnay, Adam Smith, Malthus, e Ricardo.

Marx analizou as categorías, leis e teorías da economía clásica, para cambiar radicalmente o seu significado ideolóxico e converter a suposta "economía natural" en economía histórica ou política.

2.5. O evolucionismo darwinista

As investigacións do grande naturalista británico Charles Darwin (1809-1882) e especialmente a súa obra Sobre a orixe das especies por medio da selección

natural(1859) supuxeron a consolidación definitiva das ideas evolucionistas nas ciencias

da vida o século XIX. A obra de Darwin suscitou unha enorme controversia colectiva na que se mesturaron ingredientes científicos, morais e relixiosos. A teoría da evolución foi coñecida e estudada sobre todo por Engels, principal amigo e colaborador de Marx. Algúns aspectos da teoría biolóxica creada por Darwin foron aceptados e peculiarmente adaptados polo marxismo á súa concepción do home.[...]

3. O HUMANISMO MARXISTA

A concepción do home en Marx parte de principios filosóficos radicalmente distintos aos estudados ata o momento. Para a antropoloxía racionalista e ilustrada, Descartes e Kant, o ser humano é fundamentalmente razón…; para Marx o principal concepto antropolóxico é praxe: o ser humano é praxe.

O termo praxe incorpora dous significados complementarios, un obxectivo, de carácter especificamente económico e outro subxectivo, de carácter ético:

1. Económico: Praxe é a actividade produtiva (traballo) dos bens materiais a partir do control, dominio e transformación da natureza.

2. Ético: Praxe é a produción da propia vida do home e, por conseguinte, a realización ou des-realización do individuo.

Analizamos agora a categoría de praxe, o seu significado antropolóxico e as súas manifestacións na sociedade capitalista: a alienación da praxe e as súas consecuencias (formas de alienación), e as formas simbólicas de xustificación ou racionalización da alienación da praxe (ideoloxías).

(5)

5

3.1. A praxe ou produción material

A maioría das antropoloxías filosóficas anteriores, incluída a filosofía clásica alemá, baseábanse en dous principios teóricos considerados indiscutibles:

1. A natureza ou condición humana esencial é universalmente válida, e

2. O home é un ser fundamentalmente teórico cuxa principal actividade consiste en coñecer e interpretar a realidade (pensar).

Ambos os dous principios son rexeitados e revisados por Marx.

a) O home, segundo Marx, non ten unha natureza propia, polo tanto, non hai unha condición humana esencial e universal. Este principio filosófico é unha falsa idea metafísica sostida polos sistemas filosóficos idealistas.

b) Marx sostén que o home é ante todo un ser práctico: é praxe. Pero das distintas actividades da dimensión práctica do home (ética, política, estética e produtiva) Marx interésase prioritariamente pola última. A actividade práctico produtiva, o traballo, é para Marx fundamento tanto do coñecemento teórico como das demais actividades. O propio coñecemento teórico (a ciencia e a filosofía) non existe nin pode ser entendido como algo abstracto e "puro" senón como actividade orientada á práctica e transformadora do mundo. Os filósofos non fixeron máis que interpretar de diversos modos o mundo, pero

do que se trata é de transformalo.

Marx atribuíu a visión especulativa e errónea da primacía do home teórico sobre o práctico á consideración ideolóxica (falsa) do traballo nas distintas épocas históricas. Así, nas primeiras civilizacións complexas, como Exipto, e na sociedade grega ou romana, o traballo era considerado como unha actividade propia de escravos; na sociedade feudal como unha ocupación propia de servos e no capitalismo inicial do século XIII, como un quefacer característico dos estamentos inferiores. Pola contra, a actividade contemplativa ou teórica era unha ocupación elevada propia das clases superiores e os homes libres...

Esta concepción do home como praxe produtiva implica os seguintes aspectos:

a) O home é un ser natural en sentido biolóxico, é dicir, unha especie máis dentro da

orde biolóxica da natureza. A peculiaridade desta especie é que evolucionou e humanizouse grazas ao traballo (produción dos seus propios medios de subsistencia) e á técnica (control, dominio e transformación do ámbito). A transición do proceso de hominización ou bioxénese ao proceso de humanización ou socio xénese, está determinado completamente pola praxe.

b) A proxección social da praxe configura ao ser humano como un ser social e económico; é dicir, a división técnica do traballo, permiten ao home a apertura ao mundo mediante o establecemento de relacións con outros homes.

O home non só é un ser sociable por natureza, como supoñían os pensadores gregos (Platón e Aristóteles), ou por convención, como afirmaban as doutrinas políticas contractualistas (Hobbes, Locke e Rousseau), senón que se constitúe como ser humano en sociedade, é dicir, o seu carácter esencialmente social é anterior e condición necesaria da mesma definición de home. Para Marx, o home consiste na armazón das

relacións sociais e económicas que en todo momento contrae mediante a praxe. A esencia humana non é algo abstracto inherente a cada individuo. É o conxunto das relacións sociais.

c) Mediante a praxe o home convértese nun ser histórico. As relacións sociais e económicas que contrae, concrétanse ou cristalizan en modos históricos de produción.

(6)

6 A evolución das civilizacións depende totalmente da sucesión desas formas específicas de organización da praxe. Non é o mesmo ser humano o escravo grego que o servo da sociedade feudal, nin o artesán dos gremios das primeiras urbes que o proletario das fábricas da revolución industrial... Nin será o mesmo home o obreiro xurdido do capitalismo que o traballador da futura sociedade socialista. Os momentos e figuras sucesivas do espírito no sistema hegeliano convértense en Marx en períodos históricos (modos de produción) e condicións materiais de vida (relacións de produción).

En consecuencia, para Marx:

- O problema epistemolóxico da verdade (central na filosofía clásica) non pode resolverse mediante consideracións teóricas ou abstractas, senón na práctica social e histórica.O problema de se ao pensamento humano se lle pode atribuír unha verdade obxectiva non é un problema teórico senón práctico. É na práctica onde o home ten que demostrar a verdade, é dicir, a realidade e o poderío, a terrealidade do seu pensamento.

Na praxe, na produción de bens mediante a transformación da natureza e das condicións materiais de vida, quedan resoltos os auténticos desafíos teóricos da ciencia e a filosofía, ademais de superados os enredos místicos da metafísica.

- Tamén a realización ética do home depende da praxe. Mediante a praxe establécense as condicións do traballo humano e a produción material da vida individual e social, das que depende a realización ou des realización do home, é dicir a súa felicidade ou infelicidade.

Por iso, Marx pasa da análise do concepto antropolóxico de praxe (económico e ético) ao de alienación, posto que as relacións sociais e económicas que os homes contraen poden, en determinadas circunstancias, resultar des realizadoras ou alienantes.

3.2. A alienación e as súas formas

O concepto de alienación procede da filosofía hegeliana. Significa escisión ou desdobramento, saída de si mesmo, estrañamento noutro, exteriorización do suxeito ou alienación como perda da propia vida. En todas as formas de alienación, o home como existencia e auto conciencia deixa de ser suxeito e dono dos seus propios actos, que xa non lle pertencen nin o fan feliz, para ser controlado por forzas externas ante as que se sente perdido e baleiro, é dicir, estraño a si mesmo e á súa propia condición humana. Todas as formas de alienación representan a mesma figura ética da existencia humana des-realizada ou infeliz consistente na perda ou estrañamento do suxeito individual nunha determinada instancia externa, allea. No fenómeno da alienación sempre hai dous polos: o subxectivo, o home, e o obxectivo, a instancia externa na que o suxeito se allea e deixa de controlar a súa existencia para pasar a ser controlada por outro. Marx analiza as diferentes formas de alienación, xeradas polo modo de produción

capitalista baseado na propiedade privada dos medios de produción, ao separar e

enfrontar a actividade produtiva (traballo) coa propiedade dos bens sobre os que se exerce ese traballo. A superación destas alienacións só será posible cando se suprima a propiedade privada dos medios de produción, porque esa é a causa da que nace a alienación económica da vida material, da que brotan todas as demais alienacións: a) Alienación económica. É a principal forma de alienación, ademais de ser o fundamento e orixe de todas as demais. O suxeito individual enfróntase ás leis xerais da economía capitalista, que actúan sobre el como forzas superiores e incontrolables, cunhas leis propias que desposúen á praxe, ao traballo ou actividade produtora de bens,

(7)

7 da súa dimensión ética, creadora e consciente, e realizadora da vida humana. Para Marx o traballo, a praxe, constitúe a esencia do home. Mediante o traballo o home constrúese a si mesmo e ao seu ámbito social e organiza a totalidade das súas actividades vitais. A realización ou des-realización do ser humano depende, polo tanto, da súa relación co traballo. Agora ben, as relacións sociais que o home contrae a través do traballo pódenlle resultar, en determinadas circunstancias, alienantes ou des-realizadoras. Estas relacións sociais no capitalismo industrial teñen como consecuencia a alienación do traballo, que abrangue distintos aspectos:

- Alienación respecto dos produtos do traballo. O traballo produce obxectos: o traballo obxectívase en produtos ou bens. Pero dende o punto de vista do traballador asalariado eses produtos preséntanselle como mercancías: non lle pertencen e resúltanlle estraños e hostís, en canto non os recoñece como produtos da súa actividade produtiva. O produto do traballador enfróntaselle como un poder independente. Canto máis pon o traballador de si mesmo no obxecto, menos lle pertence e máis estraño lle resulta; por iso di Marx que a realización obxectiva do traballo aparece como des-realización do traballador

.

- Alienación respecto da actividade produtiva. Non só o obxecto ou produto do seu

traballo, senón o traballo mesmo, a propia actividade produtiva ou praxe, resúltalle allea ao traballador asalariado. En vez de ser un acto de realización do seu ser humano, unha afirmación do libre desenvolvemento das potencias corporais e intelectuais, o traballo devén unha carga, unha penosa obriga, un simple medio para satisfacer necesidades materiais, é dicir, traballo forzado cuxo único cometido é a perpetuación física do propio traballador ou a mera subsistencia. Deste modo, a actividade propia do ser humano queda degradada, convértese en sacrificio e infelicidade. Paralelamente á des realización ética prodúcese a deshumanización do traballador. As funcións tipicamente animais como alimentarse ou procrear son as únicas nas que o traballador se recoñece en si e atopa certa compensación á súa miseria. O traballo (especificamente humano) convértese nunha tarefa animal: O traballador non se afirma, senón que se nega; non se sente feliz, senón desgraciado... Por iso o traballador só se sente en si fóra do traballo, e no traballo fóra de si. Está no seu cando non traballa e cando traballa non está no seu. O seu traballo non é voluntario, senón forzado.

- Alienación respecto da natureza. A natureza é, para Marx, a materia prima que ten

que ser dominada e transformada, o corpo inorgánico do home que lle permite a elaboración dun mundo obxectivo no que afirmar a súa condición e realizarse, un mundo no que se obxectiva a vida humana e ao converterse na súa obra. No traballo alienado, ao privar o home da súa actividade creadora, a natureza convértese en exterioridade allea ao home e en propiedade doutro. A alienación sepárao cruelmente do seu corpo inorgánico (a natureza) e converte á natureza en algo hostil ao que se enfronta.

- Alienación respecto aos outros homes. Na alienación do traballo asalariado, o

traballador non vive as relacións cos demais homes como manifestación libre e consciente da súa natureza social, senón só como un medio individual para a satisfacción das súas necesidades privadas. En sentido estrito, as únicas relacións sociais do traballador son as que mantén con aquel que lle arrebata o produto do seu traballo e, polo tanto, a súa vida. No traballo alienado o home perde toda relación humana posto que o único vínculo determinante é a alienación no outro, a cal malogra as demais relacións e prívao da súa xenuína natureza social. Mesmo a relación familiar está arruinada por esta situación de radical estrañamento. situación de radical estrañamento. O home que non é senón o conxunto de relacións sociais que establece en cada momento, tan só entaboa aquela relación que o fai totalmente dependente de

(8)

8 quen o priva do seu produto e da súa actividade. En consecuencia, cada individuo permanece illado dos seus semellantes, traballa para si mesmo como un mero medio de supervivencia e satisfacción compensatoria da súa penosa situación.

Pérdese a alteridade (a necesidade do ser humano dunhas relacións interindividuais auténticas e plenas) como principal valor ético e o outro só pode ser contemplado baixo a aparencia dun ser estraño ao que pertencen o traballo e o produto do traballo.

b) Alienación política. Os polos que se contrapoñen nesta forma de alienación son o suxeito individual teoricamente libre e o Estado burgués. A alienación política é a consecuencia da escisión ou separación entre a sociedade civil e o Estado, que non é senón unha mera superestrutura xustificadora do modo de produción capitalista. O Estado liberal preséntase como unha democracia de cidadáns libres e iguais, pero os seus principios formais están ao servizo da burguesía como clase dominante. A igualdade ante a lei, os dereitos e liberdades individuais, os dereitos naturais do home, son tan só principios políticos dos que goza exclusivamente en realidade a clase posuidora dos medios de produción. O resto da sociedade civil vive allea a estes. Os traballadores de feito non son iguais ante a lei, nin teñen garantías reais dos seus dereitos e liberdades individuais, son alleos ao dereito á seguridade e á propiedade privada e nin sequera podían exercer o dereito a voto pola súa falta de patrimonio. c) Alienación social. Na que o suxeito individual (teoricamente libre) se contrapón ao sistema universal de clases en que se basea a sociedade capitalista. A división ou estratificación, resultado das relacións sociais no capitalismo industrial e mercantil, conduce finalmente á existencia de dúas únicas clases, a clase dominante ou a clase dos posuidores dos medios de produción e a clase dominada ou a clase dos que posúen exclusivamente a súa forza de traballo, a cal tamén lles é arrebatada polas inxustas e alienantes relacións de produción que se dan no sistema capitalista.

d) Alienación relixiosa. Na cal se contrapoñen o suxeito individual e o modo de existencia relixioso. A realización persoal nun mundo celestial ficticio, negación ou antítese do real, non é senón a compensación transcendente da inxustiza inmanente ás relacións económicas e sociais creadas polo capitalismo industrial e financeiro. A relixión ou o modo de existencia relixioso non poden ser considerado, a xuízo de Marx, como un necesario compoñente antropolóxico do ser humano. A relixión é un modo de existencia falseada, unha forma de alienación cuxos supostos ideolóxicos son a resignación, a xustificación ante a inxustiza social neste mundo mediante unha ética conformista e a promesa dunha futura compensación transcendente da miseria real. O ser humano proxecta o mellor de si mesmo na relixión -como afirmaba Feuerbach-, pero a orixe desta proxección non está nun sentimento relixioso que forma parte da condición humana, senón na infelicidade e opresión da vida real. O relixioso es tá estreitamente relacionado coa organización económica, social e política, contribuíndo á súa xustificación e á súa estabilidade ao propoñer unha liberación abstracta do home que non require a transformación das relacións sociais. O problema de Deus soluc iónase e disólvese coa transformación práctica das condicións materiais da vida humana. e) Alienación filosófica. Na que se contrapoñen o suxeito individual e as constelacións de ideas abstractas. Toda a filosofía clásica alemá, considerara como pensamento concreto o que, no fondo, era puro pensamento abstracto. O idealismo, as metafísicas espiritualistas, son pensamento transcendente, relixión feita conceptos, especulacións baleiras contrapostas á filosofía da praxe. Como conxunto de representacións simbólicas, a filosofía constitúe un modo específico de alienación cultural cunha poderosa función ideolóxica: a filosofía só se dedica á interpretación da realidade, e ademais interprétaa de modo ficticio ou imaxinario.

(9)

9

3.3. Teoría das ideoloxías

Cada unha das formas de alienación xera as súas producións simbólicas ou ideoloxías. No sentido de Marx, unha ideoloxía é unha concepción da realidade invertida, falseada e deformada. A ideoloxía é unha representación falsa, unha deformación opaca da realidade ou conciencia escura do mundo, na cal se racionalizan e xustifican tanto as condicións sociais e históricas alienantes como a existencia inauténtica do suxeito. a) Formación das ideoloxías. As formas de falsa conciencia ideolóxica xorden como consecuencia dunhas relacións económicas e sociais alienantes. Unha ideoloxía é a proxección invertida dunha práctica social deshumanizada na que os homes non controlan a produción material de bens (traballo) nin a produción individual e social da súa propia vida (relacións sociais). Dunha práctica social deformada xorden representacións mentais deformadas. Ao apartarse da práctica real, os homes constrúen ideas e teorías cun fundamento empírico (histórico) falseado. Toda formación teórica, mesmo as máis especulativas ou metafísicas, finalmente responden a determinados feitos sociais ou históricos. Cada época histórica xera as súas propias ideoloxías. […]

b) Función das ideoloxías. A función das ideoloxías é racionalizar (xustificar mediante argumentos irreais e ficticios) as relacións económicas e sociais existentes nun período determinado da historia. A ideoloxía é un reflexo ou proxección de tales relacións, pero non é un reflexo puramente teórico ou desinteresado. Ao revés, aínda que toda ideoloxía se presenta de modo consciente como unha forma de coñecer e explicar a realidade, o seu labor é ocultala e xustificala. En toda sociedade hai, como vimos, un conxunto de ideoloxías dominantes. Marx afirma que as ideoloxías dominantes son sempre as ideoloxías da clase dominante (cidadáns libres en Grecia, a nobreza e o clero na Idade Media ou a burguesía na sociedade industrial). A clase dominante, é dicir, a clase que posúe e controla os medios de produción, representa a súa situación social e a reflexa de modo inconsciente en formacións simbólicas que pretenden reforzar os seus intereses de clase. Cada unha das ideoloxías citadas do período capitalista ten como función, dende supostos diferentes, perpetuar a situación de explotación económica e marxinación social dos traballadores.

c) Crítica das ideoloxías. A función da filosofía é a crítica e desenmascaramento das ideoloxías. Non obstante, a crítica das ideoloxías non é puramente teórica, posto que a auténtica crítica dunha ideoloxía é a súa desaparición da conciencia colectiva. De aí que o pensamento marxista substitúa a reflexión especulativa da filosofía tradicional (unha das ideoloxías máis poderosas) pola denominada filosofía da praxe. A desaparición real dunha ideoloxía solo pode realizarse unha vez que desapareceron as condicións materiais que propiciaron o seu xurdimento e consolidación. Polo tanto, a misión da

filosofía da praxe é dobre: por un lado, denunciar a inversión simbólica ou falsa

conciencia que a ideoloxía fai da realidade. Por outro, propiciar o cambio das condicións económicas, sociais e políticas que fixeron posible a formación ideolóxica. Así, as ideoloxías que racionalizan e xustifican a sociedade capitalista (o pensamento político e económico do liberalismo, o falso humanismo do socialismo utópico, os principios políticos e sociais da democracia formal burguesa, o modo de existencia relixioso, a moral ríxida das clases dominantes, o idealismo filosófico e a metafísica, a ciencia e a arte burguesa) só desaparecerán na práctica cando se instaure o modo de produción socialista, cando se funde o Estado obreiro e se estableza a sociedade comunista ou sociedade sen clases.

(10)

10

4. MATERIALISMO HISTÓRICO

O materialismo histórico é a filosofía da historia do marxismo: a súa teoría ou interpretación da historia, e preséntase como unha teoría científica das condicións materiais ou económicas da sociedade e da historia. Marx supuxo que o coñecemento do ser humano, a sociedade e a historia precisan dunha ciencia radicalmente diferente das ciencias da natureza polo seu obxecto, fundamento epistemolóxico e método. A idea principal do materialismo histórico é que a historia non é unha sucesión accidental de acontecementos, consecuencia da acción individual de certos personaxes xeniais ou decisivos, nin a acción imaxinaria de suxeitos imaxinarios, como a providencia, o destino ou o espírito do pobo (Volkgeist), senón a sucesión dos distintos modos de produción. O que confire sentido e unidade á historia é a base ou estrutura económica (as condicións materiais ou económicas da existencia humana) sobre a que se levantan as relacións sociais, as formas políticas, as creacións culturais e as ideas de determinada época.

4.1. Supostos teóricos do materialismo histórico

a) Carácter dialéctico da sociedade e a historia: o punto de partida da filosofía marxista está na afirmación especulativa, procedente da filosofía de Hegel, de que a negación e oposición dialéctica de contrarios dáse en todos os ámbitos da realidade. Aplicado á historia, Marx concluirá que a historia é o resultado da loita de clases enfrontadas e opostas, cuxo resultado é a sucesión histórica dos diferentes sistemas económicos de produción.[…]

b) Historicismo. A realidade é, en última instancia, histórica. Pero, a interpretación da historia proposta por Marx baséase en recoñecer aos factores económicos (forzas produtivas, relacións de produción, estrutura económica e modo de produción) un peso preponderante na explicación da totalidade dos procesos históricos (sociais, políticos, xurídicos, culturais, técnicos) entre os que se contan os eidéticos ou ideolóxicos , como a ciencia e a filosofía. A historia é o proceso real de produción que condiciona e determina todos os ámbitos da realidade.[…]

c) Economicismo. As causas que explican cientificamente os feitos sociais e acontecementos históricos son de carácter económico. As condicións materiais dunha sociedade determinada están por debaixo dos acontecementos históricos e rexen as leis de sucesión dos modos de produción. Os feitos, as ideas, as accións históricas dos grandes personaxes só poden ser analizadas e interpretadas coa investigación das súas condicións materiais.[…]

d) Determinismo. Segundo a visión marxista existen unhas leis económicas que determinan a inevitable evolución histórica dos modos de produción. Tal evolución non é azarosa nin arbitraria senón que mediante o uso axeitado das categorías sociais e económicas do materialismo histórico podemos coñecer con precisión as causas da transición necesaria duns modos de produción a outros, e predicir o paso do modo de produción capitalista ao socialista. Trátase dunha suposición metafísica que formula a existencia dunha lei interna, inmanente á historia de carácter material que rexe o cambio.[…]

(11)

11

4.2. Categorías do materialismo histórico

O materialismo histórico, como teoría da historia, aporta un conxunto de categorías ou conceptos centrais como instrumentos para a análise “científica” da sociedade e a historia.

a) Forzas produtivas. Designan a capacidade de produción ou traballo colectivo dunha sociedade, é dicir, a capacidade produtiva e transformadora dunha sociedade nunha época determinada. Inclúen a forza humana de traballo, as materias primas e os medios sociais e técnicos de produción.

b) Relacións de produción. Refírense ás relacións económicas e xurídicas que establecen os homes nun modo de produción determinado. A primeiras refírense á situación específica dos homes en relación coas forzas produtivas. No capitalismo as relacións de produción defínense a partir da interacción económica entre os propietarios dos medios de produción e os produtores (asalariados). As segundas son o resultado da forma legal da propiedade (relacións de propiedade) que os homes establecen nunha época histórica.

c) Estrutura económica ou infraestrutura. Está constituída pola suma das forzas produtivas e as relacións de produción, que definen o modo de produción dominante. A estrutura económica é a base que sostén todo o proceso de produción material e ideolóxica dunha sociedade (a base real dunha sociedade). O concepto apunta, na súa segunda acepción (infraestrutura), á relación entre a produción material e as representacións simbólicas que xorden a partir dela (superestrutura).

d) Modo de produción. A organización social da produción dunha sociedade nun momento determinado da historia é un modo de produción. Mentres que a categoría de estrutura social ten carácter sincrónico ou sistemático, a categoría de modo de produción ten carácter diacrónico ou histórico. Os modos históricos de produción foron o asiático, o escravista, o feudal, o burgués moderno ou capitalista e o socialista. e) Superestrutura. Designa o amplo conxunto de representacións simbólicas e formacións ideolóxicas que configuran as ideas e valores dunha sociedade, así como a armazón político-xurídico do Estado que se levanta ou constrúe a partir dunha determinada estrutura económica ou infraestrutura. Serve para defender e xustificar o modo de produción dominante na base económica.

f) Formación social. Todas as categorías anteriores quedan englobadas na de

formación social. Esta categoría inclúe todos os compoñentes dunha sociedade: forzas

produtivas e relacións de produción, modo de produción, infraestrutura e superestrutura... Designa unha totalidade social concreta ou historicamente determinada.

g) Revolución social. Significa a crise, destrución e substitución dunha determinadas relacións de produción por outras, coa conseguinte modificación dos compoñentes ideolóxicos da superestrutura. O motor principal da historia e, en consecuencia, das revolucións sociais e a substitución dun modo de produción por outro, é a loita de clases, a cal determina a evolución das condicións materiais dunha sociedade nun momento concreto da historia. A loita de clases prodúcese pola contradición insoldable entre as forzas produtivas en continua evolución e as relacións de produción, que acaban converténdose nunha traba para o seu desenvolvemento.

(12)

12 5. CRÍTICA DA ECONOMÍA POLÍTICA

Marx, nos seus escritos económicos, Manuscritos: economía e filosofía, Contribución á

crítica da economía política e O Capital, realiza un pormenorizado análise do modo de

produción capitalista. O obxectivo principal desta extensa obra é a crítica e substitución dos principais supostos, conceptos e leis da Economía clásica.

5.1. O naturalismo económico como ideoloxía

O punto de partida da análise marxista é a denuncia do “naturalismo” económico, primeiro suposto do libre-cambio, como unha ideoloxía ou inversión deformadora da realidade. A Economía clásica afirmaba que a economía de mercado baseada na libre competencia é unha economía natural posto que se basea exclusivamente nas tendencias e fins propios da natureza humana, e, en consecuencia, o único modelo económico universal que garante o funcionamento axeitado dunha sociedade.

A antropoloxía ilustrada, na que se basea esta ideoloxía, afirmaba que a razón descobre na natureza humana a combinación dun curto número de tendencias e fins que conducen á formulación explícita do denominado home natural ou homo economicus:

1) O home sempre busca o seu interese individual, cuxa consecución conduce á felicidade.

2) A felicidade identifícase co benestar material, é dicir, coa posesión e goce de bens.

3) Os bens materiais, causa final da felicidade, dependen da riqueza, polo que tal felicidade pode ser obxecto dunha precisa cuantificación.

A aspiración universal do home á felicidade-riqueza esixe a creación dun marco colectivo que sexa adecuado para a súa realización. Esta marco ten unha tripla dimensión:

1) Social: trátase da sociedade clasista fundada nos dereitos naturais á seguridade, liberdade, igualdade ante a lei e propiedade privada.

2) Político: trátase do estado liberal de dereito os principios do cal son o imperio da lei, a división de poderes e os dereitos e liberdades fundamentais.

3) Económico: trátase do librecambismo ou liberalismo económico, baseado na economía de mercado na que o Estado é un mero árbitro que garante as regras da libre competencia.

A aceptación desta concepción naturalista do individuo e a sociedade levou aos economistas liberais (Quesnay, A.Smith, Ricardo, Malthus) a presentar as súas teorías (as leis universais da economía, o valor do traballo, a estrutura prezo-salario-ganancia, o prezo e a orde económica natural) coma se fosen explicacións concernentes a feitos naturais, exactamente igual que se se tratase de leis físicas. As leis económicas que a razón descobre empiricamente son equivalentes ás leis da física-matemática. Finalmente, a economía, aínda que se ocupa indubidablemente de feitos sociais, é, pola obxectividade teórica dos seus coñecementos e a efectividade práctica das súas predicións, unha "ciencia natural".

Segundo Marx, o naturalismo económico é unha formación ideolóxica e a Economía non é unha "ciencia natural". Pola contra, é unha idea falseadora da realidade ao servizo da clase dominante, unha teoría meramente histórica e política. O subtítulo de O Capital é precisamente Crítica da Economía Política.

(13)

13 5.2. Análise do modo de produción capitalista

Segundo a análise económica de Marx o valor dunha mercadoría ou produto no capitalismo está determinado pola combinación de tres elementos: os medios materiais utilizados no proceso produtivo (capital constante), a retribución da forza de traballo (capital variable) e os beneficios do capitalista (capital acumulado) en función da cota de plusvalía resultante. Definimos estes elementos con máis detalle.

a. Capital constante, está formado pola maquinaria empregada, as materias primas necesarias, os medios de transporte dos produtos, os circuítos de distribución, etc.

b. Capital variable, está constituído polo traballo humano ou forza de traballo. A suma de capital constante e variable cuantifica os custos de produción.

c. Capital acumulado, está determinado polos beneficios netos do capitalista ao finalizar o proceso de produción.

Marx retoma de Ricardo o concepto do valor-traballo incorporado ás mercadorías e considera, como os economistas clásicos, que o traballo constitúe a medida última do valor dos produtos, que vén expresado polo seu valor de cam bio no mercado. Pero o punto de partida da análise económica de O Capital é a existencia, no modo de produción capitalista, do traballo humano como unha mercadoría máis, sometida á lei da oferta e da demanda.

O prezo do traballo como mercadoría está determinado polo seu custo de produción (salario), que sempre é inferior ao valor en cambio que pode xerar, posto que a forza de traballo pode ser utilizada durante máis tempo do necesario para reproducir o seu valor. A diferenza entre ambos os dous valores, pagado e producido, constitúe a cota de plus-ganancia ou plusvalía a favor do capitalista e en contra do traballador. Unha vez descontados os restantes custos de produción, a transformación da plusvalía en capital constitúe o fenómeno xeral da acumulación capitalista. A plusvalía e a acumulación de capital son aspectos cruciais do funcionamento do sistema capitalista.

O grao de acumulación de capital está determinado por dous factores: a cota de plusvalía do traballador e a produtividade do traballo. Xa nos referimos ao primeiro, agora referímonos ao segundo. A libre competencia entre particulares, propia do liberalismo económico, comporta a progresiva diminución do capital variable e a súa substitución por máquinas para obter así unha maior produtividade (fabricación de máis e mellores produtos a menor prezo). Pero a substitución da forza de traballo por máquinas (maquinismo) provoca a aparición dunha superpoboación crecente de man obra en paro (exército industrial de reserva) e de marxinación social

(lumpen-proletariado).

A principal contradición do modo de produción capitalista, segundo Marx, consiste en que cando máis desenvolvida está a capacidade produtiva e maior é o volume da produción, máis precaria é a condición dos traballadores (lei da miseria crecente). A consecuencia desta contradición é que ao non ter amplos sectores da poboación acceso á riqueza e carecer, polo tanto, de capacidade adquisitiva, o aumento da calidade e cantidade da produción non vai acompañado dun aumento paralelo do consumo. Entón prodúcense as crises periódicas de superprodución, típicas dos ciclos descendentes do capitalismo, coas súas inevitables consecuencias para as empresas (baixada de prezos, destrución de excedentes, perda de beneficios) e para os traballadores (novos despedimentos, salarios máis baixos).

Referências

Documentos relacionados

Ao longo do estudo ficam evidenciadas as vantagens da adaptação do Balanced Scorecard na esfera pública por meio da construção do Mapa Estratégico do festival, permitindo a

As pastagens da fazenda na época em que se realizou o experimento eram formadas por piquetes, prin- cipalmente de andropogon (Andropogon gayanus) e brachiaria (Brachíaría

Do positivismo jurídico e suas dimensões histórica, política e jurídica, incluídas então tanto as noções de ordenamento como de sistema jurídico, a fim de se extrair

Acrescenta que “a ‘fonte do direito’ é o próprio direito em sua passagem de um estado de fluidez e invisibilidade subterrânea ao estado de segurança e clareza” (Montoro, 2016,

La asociación público-privada regida por la Ley n ° 11.079 / 2004 es una modalidad contractual revestida de reglas propias y que puede adoptar dos ropajes de

Essa diferença de requisitos estabelecidos para cada sexo acontece pautada segundo duas justificativas: a capacidade física e a maternidade. Com a cirurgia de mudança de sexo

Our main hypotheses here are that: (1) the richness of Macaronesia as a whole would be related to distance, with the isolation of the Azores contributing to its low species numbers;

Quanto ao tipo de enunciado notemos que (24 sobre 40) possuem uma linguagem natural, simbólica e desenho. Com isso verificamos neste estudo que Relações Métricas aparece