É común que os resultados da investigación ou mesmo os produtos da reflexión científica individual cheguen a se materializar baixo formas máis ou menos con-vencionais tonsoradas en artigos publicados nas actas de congresos, nos libros de homenaxe, etc. E resulta bastante habitual, así mesmo, que á súa consulta por parte do público interesado se lle adicione unha pequena dificuldade consistente en reca-dar toda esa información dispersa cal unhas illas no oceano editorial. Como é obvio, isto faise máis evidente cando se quer manexar a bibliografía dun único autor ou autora, xa que é frecuente que a eventual persoa interesada teña de procu-rar eses artigos ou traballos en varios sitios, perdendo algo de tempo en xuntar todas as referencias con que desexa traballar. Mais, felizmente, ocorre tamén cunha certa frecuencia que, nun momento dado, diversas colaboracións da mesma autoría se compendian e se editan nunha única obra, o que facilita con moito a súa consulta por se non teren de conseguir acudindo ás distintas publicacións en que foron ini-cialmente editadas. Doutra parte, este tipo de colectáneas tamén torna máis doado achegármonos á(s) liña(s) de traballo desenvolvida(s) por ese autor ou autora, ou ao(s) tema(s) que centran a súa reflexión científica.
En tais circunstancias é que se acha o libro a que dedicamos estas páxinas, Metáforas do Nosso Tempo, compilación de artigos do coñecido lingüista da Faculdade de Letras do Porto Mário Vilela. Parabéns, portanto, polos traballos coleccionados (“Semântica do ‘lugar comum’”, pp. 19-41; “Limites e ‘performan-ces’, da Semântica Cognitiva”, pp. 43-61; “A metáfora na instauração da lingua-gem: teoria e aplicação”, pp. 63-104; “Ter metáforas à flor da pele (ou outra forma de ‘ter nervos’)”, pp. 105-125; “A metáfora ou a força categorizadora da língua”, pp. 127-137; “Do ‘campo lexical’ à explicação cognitiva: risco e perigo”, pp. 139-167; “As expressões idiomáticas na língua e no discurso”, pp. 169-221; “Estereótipo e os estereótipos na língua portuguesa actual”, pp. 223-248; “O Seguro morreu de velho e Dona Prudência foi-lhe ao enterro: contributo para uma abordagem cognitiva”, pp. 249-272; “Corrupção, clientelismo, cabritismo, boy(sismo) ou alguns dos estereótipos do nosso tempo”, pp. 273-301; “O ensino da língua na encruzilhada das normas”, pp. 303-335; “Dicionário ensino da língua materna: léxico e texto”, pp. 337-348; “A tradução como mediadora dos estereóti-pos”, pp. 349-370; “A tradução da multiculturalidade”, pp. 371-384). A estes arti-gos hai que lles acrecentar os correspondentes “Abstracts” (pp. 385-396), un “Índi-ce de autores” (pp. 397-400) e, finalmente, un “Índi“Índi-ce” xeral, así como tamén unhas “Palavras introdutórias” (pp. 7-18), en que se nos preludian os temas que van ser desenvoltos ao longo do libro.
M
ário Vilela,
Metáforas do Nosso Tempo, 2002, Coimbra,
Livraria Almedina
tas vezes obrigado a escolher entre duas ou mais alternativas problemáticas. Nadadisso pode, porém, interpretar-se como demérito: a edição de Tavani é magnífica, como todos os seus trabalhos.
O primeiro deles a que queremos facer referencia é o marco teórico en que se engloban os máis dos traballos compilados, isto é, a Lingüística Cognitiva. Esta corrente, que entende a linguaxe como parte dun sistema de coñecemento que abranxe a percepción, as diferentes emocións, a categorización, os distintos meca-nismos de abstracción, o razoamento, etc., non é invulgar na cena internacional, como é o caso dos estudos portugueses (véxase Silva 2001, Vilela / Oliveira 1999, etc.), españois1(Inchaurralde / Vázquez 1998, Cuenca / Hilferty 1999), etc., mais
que na Galiza, debido a causas histórico-políticas de sobra coñecidas que fixeron demorar a reflexión gramatical catro séculos, non conta, de momento, co suceso que tivo, e que en certa medida está a ter, nos países do noso contorno. A xénese da nova corrente é comunmente asociada a unha evolución da semántica xenerati-va, e en especial ás figuras de George Lakoff e Ronald Langacker, autores que en 1987 publican, respectivamente, Women, Fire and Dangerous Things e Foundations of Cognitive Grammar: Theoretical Prerequisites. No que se refere á súa acollida nas universidades portuguesas, convén apontarmos que a introdución desta nova focaxe no país viciño é en grande parte responsabilidade do profesor Mário Vilela, quen xa, hai uns anos, tamén principiou en Portugal os estudos para a lingua portuguesa elaborados desde a Teoría da Valencia (véxase Busse / Vilela 1986); estoutra corrente, desde a publicación en 1959 dos Éléments de Syntaxe Structurelede Lucien Tesnière, auténtico ponto de partida desa escola, foi sofren-do continuas revisións e xerou un sofren-dos marcos teóricos de máis suceso a nível euro-peu, sobretodo na Alemaña, onde goza dunha notoria implantación mercé ao tra-ballo investigador de Gerd Wotjak (continuador de Helbig, Brinkmann, Schenkel, etc.).
Sendo a metáfora un dos temas máis estudados pola Lingüística Cognitiva, non é de estrañar que varios artigos desta nova obra de Vilela, como tivemos ocasión de expor máis arriba ao citarmos os títulos, se orienten nesa liña de investigación, liña que abranxe o mesmo título, Metáforas do Nosso Tempo, xa de seu metafórico ao servir tanto para aludir á actualidade de tal corrente de investigación canto para referenciar fenómenos do portugués presentes na lingua moderna. O autor é cons-ciente da centralidade da análise da metáfora e refere nas “palavras introdutórias” a súa importancia no namoro lingüístico entre a concreción e a abstración:
Compreende-se o porquê da importância da metáfora: o jogo entre o concre-to e o abstracconcre-to envolve quase tudo. O mundo sensível serve de ponconcre-to de par-tida para a abstracção: é maior o número das coisas que não vemos e não pal-pamos, do que aquelas que tocamos com a vista ou com o corpo (Vilela 2002: 7-8).
Precisamente ese capítulo preliminar comeza a ponderar a importancia da palabra como fenómeno do ser humano, e faino cunha formosa citación de Almada Negreiros, de que extraímos o seguinte fragmento:
Cada palavra é um pedaço do universo. Um pedaço que faz falta ao univer-so. Todas as palavras juntas formam o Univeruniver-so.
Desde logo non teñen perda estas reflexións de Almada no sentido de entederen a “palabra” como un elemento conformador do mundo sensíbel. A esta citación pre-ludial acaille sobremaneira unha outra, neste caso do poeta chairego Manuel María, que, talvez polos mesmos motivos do que a de Almada Negreiros para a obra de Mário Vilela, tamén serve como introdución ao traballo de Ferreiro (1997):
E se deixamos morrer unha palabra o universo enteiro
dóese de orfandade e desamparo.
A palabra, en consecuencia, como eixo que é capaz de estruturar o mundo sensíbel. A palabra, pois, como vidro poliprismático con que se contempla o universo. Sobre esta consideración habemos falar máis abaixo ao comentarmos a liña investigado-ra que preside os catorce contributos. Mais anteriormente painvestigado-rabenizábamos a cir-cunstancia de todos estes traballos se acharen reunidos, e isto podería ser interpre-tado como que o mérito principal da obra que estamos a comentar consiste no facto de se editaren en conxunto e non, contrastivamente, nos centros de interese que motivaron a publicación de todos eles. E esta, desde logo, non é a nosa intención: ao valor da oportunidade de teren sido compilados pola dinámica Livraria Almedina súmanselles outros dous tipos de valorización, desde logo máis relevan-tes, como son, en primeiro lugar, os temas que se tratan, e, en segundo lugar, un constante labor de revisión por parte do autor, que fai que entre os máis dos artigos publicados pola primeira vez e estes que agora aquí apresentamos se observen modificacións, ampliacións ou revisións; non estamos diante, por tanto, dunha sim-ples “segunda edición” dun determinado número de traballos, mais dunha súa “segunda edición revista e acrecentada”, actualizada e contrastada.
No entanto, recensionarmos unha obra que contén traballos varios pode resultar, ás veces, algo máis conflituoso do que comentarmos un libro convencionalmente dividido en capítulos. Doutro lado, lexendarmos cada un dos artigos compilados nas Metáforas do Nosso Tempo, aínda que só fose moito brevemente, produciría, do noso ponto de vista, unha recensión (inusualmente) longa de máis, e ese obxec-tivo non nos parece acaído para as presentes páxinas. Así as cousas, e sen preten-dermos lateralizar todos e cada un dos contributos coleccionados, imos centrar o
noso interese nuns cantos aspectos. 1 Mesmo existe no estado español unha Asociación Española de Lingüística Cognitiva que dispón de

mais talvez menos produtiva (Preciso de ti); no país americano é observábel a mesma tendencia, ao paso que en Portugal o uso se ten decantado pola construción con A4 (precisar de). Desde unha perspectiva galega tamén se poderían acrecentar para o comentario construcións como tirar / tirar con, sachar / sachar en, mallar / mallar en, etc., e, así mesmo, desde un prisma lusitano, xa que se detectan igual-mente, aínda que non nas proporcións de rendibilidade con que se encontran no país, adscritas a falares rexionais ou populares: Lapa (1984: 269), por exemplo, asi-nala como “conhecido da linguagem popular” un caso como “Comia no presunto como um danado”, a que engade:
A preposição em exprime também aqui o alvoroço, o pressuroso interesse dedicado ao acto. Donde é lícito concluir que muitas das inovações aponta-das por nós como sendo obra de literatos têm raízes profunaponta-das na linguagem do povo.
Á semellanza de Manuel Rodrigues Lapa, Buescu (1984: 116) rexista o fenómeno nalgunhas falas da Beira, concretamente en Monsanto, onde, deixando de lado outros elementos prepositivos con similares funcións, volta a aparecer em; a estu-diosa coméntao deste xeito:
Manifesta-se, no emprego das preposições, no falar de Monsanto, uma tendência analítica muito marcada, usando-as quando a linguagem normal as distingue, regendo mesmo o complemento de certos verbos transitivos: “Agarrou no pão”.
Por outra banda, non escapan á análise de Vilela os problemas que implica a tra-dución, xa que aparecen tamén tratados: “A tradução como mediadora dos estere-ótipos” ou aínda “A tradução da multiculturalidade”. Nunha sociedade como a actual, en que a necesidade de falar e de entender varios idiomas é imprescindíbel, é igualmente fundamental a reflexión sobre as dificuldades que conleva pasar unha lingua para outra. Este complexo proceso, se contemplado como unha simples con-versión de A en B, adoita deixar polo camiño todo o que contribui para a identifi-cación da sociedade que emprega o idioma de partida, e esquece, con frecuencia, conceitos tan emblemáticos como a culturalidade ou mesmo a historicidade colec-tiva que transparece na utilización da lingua. E non só xorden os problemas na dimensión sincrónica, mais tamén na histórica: as sociedades mudan e, paralela-mente aos homes e mulleres, tamén se altera o idioma; xa o afirma o profesor do Porto cando indica que “os símbolos colectivos continuam a ser (re)criados, mode-lados, modificados, influenciados pela organização e pelo discurso social” (p. 371). Sobre este particular, o estudo dos proverbios e das fraseoloxías, outro dos aspec-tos que se encontran desenvolvidos na obra, serve aquí como un dos exemplos máis evidentes do conflituoso que pode resultar en ocasións verter dunha lingua para A metáfora é un fenómeno tan presente na linguaxe humana e tan usual que, como
se indica en Cuenca / Hilferty (1999: 98), en ocasións non é posíbel identificármo-la no proprio discurso. E non cabe dúbida de que o seu éxito, coas súas subse-cuentes implicacións, como pode ser o alargamento no plano do significado, está detrás de moitas ampliacións semánticas producidas no galego contemporáneo nos séculos XIX e XX, como cerna, ‘corazón ou parte interior da madeira’, que pasa a significar tamén ‘esencia íntima de algo ou de alguén’; cal espallar, ‘estender a palla nos labores do campo’, que incorpora o máis xenérico de ‘estender’; ou aínda ceibar, inicialmente ‘soltar o gado’, que ve adicionado o valor de ‘libertar’ (un país, unha persoa), etc. Todas estas palabras demostraron unha singular rendibili-dade na lingua literaria, especialmente na do século anterior, e algunhas delas, segundo xa foi exposto noutro lugar (véxase Freixeiro Mato / Sanmartín Rei / Sánchez Rei [no prelo]: “Ampliacións semánticas e preferencias vocabulares”), comezan xa no XIX a súa particular e exitosa viaxe polos textos dos nosos clási-cos modernos.
Máis unha cuestión que desexaríamos salientar de Metáforas do Nosso Tempo é o facto de os artigos compilados non estaren centrados única e exclusivamente na variedade padrón do portugués europeu, senón que os fenómenos analisados, sendo todos englobábeis baixo o epígrafe relacional de ‘portugués’, abranxen igualmen-te outras variedades xeográficas para alén do estándar lisboeta. É o caso, por exem-plo, do traballo “Corrupção, clientelismo, cabritismo, boy(sismo) ou alguns dos estereótipos do nosso tempo”, que, a tratar cuestións léxico-semánticas do portu-gués de Europa, se refere en ocasións ao de Mozambique. Como se torna obvio de imaxinarmos, a cuestión da variedade americana do portugués está tamén presente na obra, contemplada desde o ensino e aprendizado da lingua (“O ensino da língua na encruzilhada das normas”). Nese artigo Mário Vilela confronta as dúas modali-dades lingüísticas centrándose nomeadamente na componente lexical, embora haxa tamén apartados específicos en que se analisan novas formas de construcións dia-téticas de certo suceso no Brasil, a sempre recorrente posición dos pronomes áto-nos, a función destes como complementos, etc.; o autor, que se baseou en corpora orais e escritos, conclui a cuestionar a distinción clásica entre correcto e incorrec-to, xa que “tem de ser novamente aferida: o ‘uso’ também tem o seu peso na defi-nição da norma” (p. 334).
Un dos asuntos a que dedica Vilela a súa atención neste mesmo traballo sobre as variedades americana e europea do portugués é a “mudança de regências” dos ver-bos e dalgúns nomes adxectivos que transparece nos dous países lusófonos (pp. 327-328). Através dos exemplos que expón o profesor do Porto tírase que o uso non sanciona a mesma partícula preposicional como introdutora do cuarto actante (A4) en Portugal e no Brasil, o que nalgún caso vén subliñar máis unha similitude entre o galego e portugués brasileiro: o verbo precisar, por exemplo, preférese na Galiza construído cun A2 (Precísote), aínda que a estruturación con A4 é tamén posíbel

Ferreiro, M. (1997): Gramática histórica galega. Vol. II. Lexicoloxía (Santiago de Compostela: Laiovento).
Freixeiro Mato, X. R. / Sanmartín Rei, G. / Sánchez Rei, X. M. (no prelo): A lin-gua literaria galega no século XIX(A Coruña).
Inchaurralde, C. / Vázquez, I. (eds.) (1998): Una introducción cognitiva al len-guaje y la lingüística(Zaragoza: Mira Editores).
Lapa, M. Rodrigues (1984) [s.d.]: Estilística da Língua Portuguesa (Coimbra: Coimbra Editora).
Silva, A. Soares da (org.) (2001): Linguagem e Cognição. A Perspectiva da Linguística Cognitiva (Braga: Associação Portuguesa de Linguística / Universidade Católica Portuguesa / Faculdade de Filosofia de Braga). Vilela, M. (2002): Metáforas do Nosso Tempo (Coimbra: Livraria Almedina). Vilela, M. / Silva, F. (orgs.) (1999): Actas do 1º Encontro Internacional de
Linguística Cognitiva (Porto, 29/30-5-98)(Porto: Faculdade de Letras do Porto).
outra todos eses recursos lingüísticos e culturais que se achan na sociedade. No caso galego, para alén dos xa case convencionais tipos de españolización que se encontran enumerados nos manuais dos escolinos (fonética e fonolóxica, morfoló-xica, sintáctica, semántica e lexical), nen todos presentes nas mesmas proporcións, habería que falar así mesmo de castelanización “proverbial” e das frases feitas. Todo ese ricaz conxunto de textos tradicionais e populares, transmitido de xeración en xeración, é asemade beliscado polo castelán. A relación entre lingua e socieda-de faise aquí, outravolta, evisocieda-dente: non só resulta o idioma pruído por un outro, mais tamén o proprio colectivo social; dito con outras palabras, non se españoliza unicamente o galego, senón que se alienan a respeito de si proprios a mesma nación e os seus sinais de identidade.
Como síntese final destas reflexións sobre as Metáforas do Nosso Tempo, quererí-amos, aínda a risco de sermos repetitivos, parabenizar a oportunidade de contarmos con diversos artigos de Mário Vilela coleccionados na mesma obra e revisitados desde a súa primeira publicación. Mais, igualmente, desexaríamos subliñar a súa utilidade para todo o sistema lingüístico galego-portugués quer no seu conxunto, quer nas súas variantes europeas, americana, africana e mesmo asiática. A lingua non corresponde unicamente a unha súa variedade común, mais debaixo dela sub-xace toda unha riqueza de diversidade comunicativa de carácter diatópico, de variacionismo social, de mudanza diacrónica. Entendido así, é claro que através dun idioma e das palabras que o conforman, parafraseándomos Almada Negreiros, pode comprenderse o universo; reducido, porén, a un único modelo lingüístico, mingua tamén a capacidade expresiva do colectivo humano que o emprega e dimi-nui, pois, o potencial expresivo das persoas.
Xosé Manuel Sánchez Rei [email protected]
Referencias bibliográficas
Buescu, M. L. Carvalhão (1984) [1958]: Monsanto. Etnografia e Linguagem (Lisboa: Presença).
Busse, / Vilela, M. (1986): Gramática de Valências (Coimbra: Almedina). Cuenca, M. J. / Hilferty, J. (1999): Introducción a la lingüística cognitiva