• Nenhum resultado encontrado

Polo Castelo de Pambre e Torrentes de Mácara (Palas de Rei)

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Polo Castelo de Pambre e Torrentes de Mácara (Palas de Rei)"

Copied!
10
0
0

Texto

(1)

Tf: 649264082 para situacións imprevistas, soamente activo os días de actividades.

C. D. FONTIÑAS ℡ 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [1]

Ruta polo monte de Santa Tegra (A Guarda)

O monte de Santa Tegra erguese de costas A Guarda e aos pes da desembocadura do Miño. A ruta da comezo en A Guarda. Pasado o lugar onde o río convértese en mar, ó chegar a aldea de Camposancos, comeza a subida ó monte Santa Tegra, símbolo do imaxinario galego e coroado polo impresionante castro. A partir de alí resta o descenso que nos leva directamente A Guarda.

Polo Castelo de Pambre e Torrentes de Mácara (Palas de Rei)

Iniciamos a ruta visitando o rehabilitado Castelo de Pambre, único que quedou en pé tras as revoltas Irmandiñas. Seguimos o curso do río Pambre ata o Ulla, onde percorreremos os impresionantes Torrentes

de Mácara ata o abandonado balneario de Fábregas, volvendo desde alí por pistas e corredoiras ao comezo.

PR

®

XANEIRO

Domingo 15 9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas

55 Máx.

15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

16 km 330 m 520 m

2

2

3

3

Rafa Fernández/ Macamen

Domingo 29 9:00 C.S.C.Fontiñas / 9:15 Praza de Vigo

55 Máx.

15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

(2)

C. D. FONTIÑAS ℡ 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [2]

Serra do Xistral: subida ao Cadramón dende Os Coruxos (Muras)

Comezaremos a subida dende a aldea dos Coruxos, dirixíndonos cara ao Coto da Lagoa (1002m), que bordearemos para encarar xa a subida ao Cadramón (1056m). Descenderemos cara ao Rego dos Coruxos, o cal seguiremos ata volver á aldea dos Coruxos. A ruta non é complicada pero ten tramos de campo a través por terreo irregular. Pasaremos por debaixo de cerramentos de arame e atravesaremos terreo enchoupado. Por último, cómpre ter en conta que o vento adoita soprar con forza nesta serra.

Ruta do cocido. Ríos Chonia e Tambre (Trazo-Val do Dubra)

Inicio da ruta na aldea de Oa. Seguiremos o curso do río Chonia en cuxo transcurso poderemos ver os 14 muíños, 3 batans e dúas "fábricas de luz", datados a partires de 1750. Na desembocadura do Chonia no Tambre seguiremos o curso deste por agradables bosques de ribeira, unha antiga central eléctrica, o seu poboado e as saias do Castro de Portomeiro. A ruta segue ata Portomouro onde nos espera un magnífico cocido no restaurante San Cristóbal.

A inscrición para o cocido iniciarase o 3 de Febreiro e acabará o 10 de Febreiro. A inscrición para a ruta seguirá o calendario habitual.

PR

®

FEBREIRO

Domingo 12 9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas

55 Máx.

15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

17 km 600 m 600 m

4

4

3

3

Pedro Carballo

Domingo 19 9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas

55 Máx.

32 €

Socios temporais ou fixos sen federar 35 €

Apuntarse soamente ao cocido 20 €

(3)

C. D. FONTIÑAS ℡ 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [3]

Pola ribeira e canle do encoro do Tambre (Noia-Outes)

Preto de Ponte Nafonso camiñaremos por unha sinuosa e esixente senda pegada á marxe esquerda do Tambre, incluíndo un tramo aéreo pola canle de carga do encoro e tamén o salto dun valo na central hidroeléctrica. Na outra marxe, accesible por unha ponte colgante, subiremos ao monte Castelo desde onde se divisa a ría de Muros e o canón do río.

Ruta infantil - Castro de Baroña (Porto do Son)

Ruta para nenos sinxela pero de gran beleza – necesariamente acompañados dos seus pais – que parte da igrexia parroquial de San Pedro de Baroña. O percorrido lévanos a un lugar destacado da nosa costa, o

Castro de Baroña, de fácil acceso e impresionantes vistas, situado a beira da praia do mesmo nome. Mágoa

que as lapas fixeran algúns estragos preto do camping.

PR

®

MARZO

Domingo 5 9:00 C.S.C. Fontiñas / 9:15 Praza de Vigo

55 Máx.

15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

22 km 600 m 30 m

3

2

3

4

Rafa Fernández / Marian

Domingo 19 9:30 C.S.C. Fontiñas en vehículo propio

5 €

Participantes maiores sen federar 8 € Os nenos non pagan a ruta

(4)

C. D. FONTIÑAS ℡ 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [4]

Desde Camelle a Camariñas (Camariñas)

Saimos de Camelle, na Costa da Morte, onde se atopa o museo de Manfred (o alemán). Pasamos o pequeno pobo mariñeiro de Arou para chegar á praia do Trece, logo de baixar o Monte Branco, unha gran duna de area. No cabo de Trece atópase o Cemiterio dos Ingleses. Continuaremos ata o faro do Cabo Vilán para rematar en Camariñas.

Domingo 26 9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas

55 Máx.

15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18€

(5)

C. D. FONTIÑAS ℡ 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [5]

PR

®

ABRIL

Viaxe á Serra do Açor (Portugal)

O Club Deportivo Fontiñas programa para esta Semana Santa unha viaxe á Serra do Açor, unha cadea de montañas no centro de Portugal, que se estende por oito municipios: Arganil, Pampilhosa da Serra,

Covilhã, Seia, Oliveira do Hospitalario e Góis (estes últimos tamén na Serra da Estrela); con vilas

históricas e pintorescas coma Piódão, Vide, Avó e Fajãotos. Ten varios puntos de grande elevación, destacando: Monte Colcurinho (1242 m) Alto de S. Pedro (1341 m) Alto Ceira e Pico de Cebola (1418 m). O prezo inclúe:

- Autobús viaxe + excursións mencionadas no programa

- 3 noites de aloxamento a media pensión no HOTEL INATEL PIODAO****

- Hotel 4**** construído en lousa con vistas panorámicas de Piódão e da Serra do Açor - Almorzos e ceas tipo bufet (bebidas non incluídas)

- Habitacións dobres con decoración especial, wifi e ximnasio - Guía local de montaña

NOTA: A orde, programa e horario das rutas poderán ser modificados polos guías, en función da

climatoloxía e outros condicionantes, sempre en beneficio do grupo e da súa seguridade.

Xoves 13:

8:00h –Saída desde o C.S.C. Fontiñas de Santiago en autobús para a Serra do Açor.

A mediodía comezamos a coñecer estas montañas cunha pequena ruta circular, saíndo de Piódão e pasando por Chaz e Foz d’Egua. Logo de rematar a camiñada aloxámonos no HOTEL INATEL PIODAO**** que será a nosa base para esta viaxe. Bus 425km-6h Ruta 12km-5h

Saídas de Verán e de Semana Santa

Programación suxeita a cambios. Máis información na nosa web

Xoves 13-Domingo 16 8:00 C.S.C. Fontiñas

30Máx.

255 €

Exclusivamente socios propios ou de clubs con convenio

(6)

C. D. FONTIÑAS ℡ 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [6]

Venres 14: Ruta Fraga da Pena

08:30h - Durante a xornada faremos unha ruta circular empezando na aldea dos Pardieiros, Mata da

Margaraça, Relva Velha, Pardieiros, Benfeita, Ribeira do Carcavão, Fraga da Pena. Regreso ao noso

hotel en Piódão. Bus 45km-2h Ruta 18km-7h

Sábado 15: Ruta Penhas Douradas–Loriga

08:30h - Hoxe faremos una andaina pola Serra da Estrela, empezando en Penhas Dourada–Torre da Serra e rematando na vila de Loriga. Bus 75km-2h Ruta 18km-7h

Domingo 16:

Ruta Cartamil

Ruta de media xornada desde Cartamil, pasando por Ponte de Fajao, Mata e Casal Novo. Pola tarde viaxe de volta a Santiago. Chegada 21:30h aprox. Bus 435 km-6h Ruta 12km-4h

Prazos de pre-inscrición, inscrición e pago:

Está aberto un prazo de pre-inscrición ata o 27 de

Xaneiro, realizándose un pago por adiantado de 70 € para a reserva. En caso de cubrirse as prazas

dispoñibles na devandita data, pecharase a lista de admisións. En caso contrario, seguirá o prazo de inscrición ata o 15 de Marzo, data límite ata a que se poderá dar de baixa por escrito (por e-mail ou presencialmente) recuperando o sinal entregado. O resto do pago realizarase antes do 1 de Abril.

(7)

C. D. FONTIÑAS ℡ 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [7]

Viaxe ao Val de Aosta (Italia)

O Club Deportivo Fontiñas está a programar para este verán unha viaxe de 28 de Xullo ata o 6 de Agosto ao Val de Aosta, que é a rexión extrema do noroeste de Italia. Está percorrida na súa totalidade polo val

Doura Baltea que recolle todas as augas dos cumes circundantes, os máis elevadas de Europa: (Mont Blanc

4.810m, Cervino 4..478m, Monte Rosa 4.634m, Gran Paradiso 4.061m). Está constituído por un val principal (Doura Baltea) e por unha serie de vales perpendiculares que veñen tanto desde o sur (Alpes Saboianos) como do norte (Alpes Peninos).

QUÉ IMOS VER:

Aosta:

É a capital da rexión e ten cerca de 45.000 habitantes. Estivo habitada pola tribu da Salassi en tempos remotos. Despois os romanos fundaron a cidade co nome de Augusta Praetoria, conservando dese tempo parte das murallas e outros monumentos (Porta Praetoria, Arco de Augusto, Ponte e Teatro Romano)

Courmayeur:

Situada a 30 km de Aosta, a 1224 m de altitude e aos pés do Mont Blanc, é unha localidade famosa do mundo pola súas excelentes pistas de esquí, e é tamén punto de partida de excursións de sendeirismo de gran interese.

Turín :

Importante centro cultural e de negocios do norte de Italia, capital da rexión de Piamonte, localizada principalmente na marxe esquerda do río Po e rodeada polos Alpes. A área metropolitana de

Turín ten unha poboación de 2.200.000 habitantes. É coñecida polos seus numerosos museos de arte,

restaurantes, igrexas, palacios, teatros de ópera, prazas, parques, xardíns e as súas bibliotecas, entre outros atractivos. Moitas das prazas públicas da cidade, castelos, xardíns e elegantes palacios (como o Palazzo

Madama), foron construídos polo arquitecto siciliano Filippo Juvarra.

PR

®

XULLO-AGOSTO

Venres 28- Domingo 6 19:00 C.S.C. Fontiñas

30 Máx.

720 €

Imprescindible licenza federativa internacional (modalidade C) non valerá seguro privado

(8)

C. D. FONTIÑAS ℡ 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [8]

Parque Nacional Gran Paradiso:

A declaración de Parque data de 1821, promovida pola Casa Savoia. Esténdese sobre 70.000 hectáreas con alturas entre os 800 e 4.061 m, cun perímetro de 180 km, incluíndo 60 glaciares, con lagos poboados por unha colonia de 3.000 cabras montesas, rebezos e marmotas. Só tres vales do parque pertencen ao Val de Aosta: Val de Rhemes, Valsavarenche e Val de

Cogne. O seu cumio principal é o Gran Paradiso, o único catromil dos Alpes en territorio Italiano.

Val de Cogne:

Está situado xusto detrás do Monte Emilius (a gran mole que ensombrece á capital

Aosta) É o val principal do parque, e no seu tempo o propio rei Víctor Manuel estableceu aquí unha

reserva real. A vila de Cogne conta entre outros edificios de interese coa Igrexa Parroquial de San Urso, (do ano 1200) e o castelo onde os bispos de Aosta administraban xustiza, que foi transformado en Palacete polo rey. O seu val máis característico é o chamado Valnontey, que permite ascender á cima do

Gran Paradiso polos seus glaciares no cara noroeste. Aquí tamén está o Xardín Botánico Alpino Paradisia que ten por obxeto conservar especies raras. A fervenza de Lillaz ofrece un magnífico

espectáculo coa caída das súas augas.

Val Ferret:

É sen dúbida un punto de descontinuidade no Macizo Mont Blanc. Segundo ascendemos podemos ver á dereita as ladeiras herbosas do Mont da Saxe, e á nosa esquerda as Grandes Jorasses, referentes no ambiente alpino. Desde este punto subiremos ao refuxio Bert.

O prezo inclúe:

- Autobús viaxe + excursións mencionadas no programa

- 7 noites de aloxamento en Aosta a media pensión no HOTEL TURÍN*** (bebidas non incluídas) - Habitacións dobres e taxa estancia aloxamento turista en Aosta

- Seguro de viaxe internacional

- Guía de montaña con titulación oficial e seguro de responsabilidade civil

Opción de voo: (O prezo corre por conta do que opte polo avión e non lle exime do pago do total)

Pódese levar a equipaxe no autobús para evitar o custo de facturación. Este pode esperar como máximo ata as 19:00h no aeroporto de Xenebra para chegar a cear ao hotel. En caso de atraso terían que ir pola súa conta ata Aosta (144 km). Na volta, os desprazamentos aos aeroportos van por conta do socio.

(9)

C. D. FONTIÑAS ℡ 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [9] PROGRAMA DA VIAXE:

NOTA: O programa de rutas non é definitivo, estando aínda en estudo en función da climatoloxía e outros

condicionantes, sempre en beneficio do grupo e da súa seguridade.

Venres 28 Xullo:

19:00h Saída desde o C.S.C. Fontiñas de Santiago de Compostela, percorrendo a costa Cantábrica ata a fronteira de Irún (etapa nocturna en bus).

Sábado 29 Xullo:

Despois de atravesar Francia de oeste a leste e cruzar o famoso túnel de Mont Blanc chegamos ás 20:00h á cidade de Aosta, que será a nosa base-hotel nesta viaxe Alpina bus 1720 km-22h

Domingo 30 Xullo-Luns 31 Xullo-Martes 1 Agosto:

3 posibles rutas no Parque Nacional Gran Paradiso-Courmayeur : *Val de Cogne * *Val Ferret /Mont da Saxe* *Val de Ayas*

Mércores 2 Agosto:

Xornada turística en Turín. O xantar é por conta do socio bus 240 km-3h

Xoves 3

Agosto-Venres 4 Agosto:

2 posibles rutas: *Breul Cervinia* *Val Ferret/San Bernardo*

Sábado 5 Agosto:

Saída de Aosta e posible visita a Lyon na viaxe de regreso para coñecer esta cidade. Viaxe de volta a Santiago (etapa nocturna en bus)

Domingo 6 Agosto:

Percorremos de volta a costa Cantábrica con pequenas paradas técnicas ata chegar Santiago 15:00h aprox

.

Prazos de pre-inscrición, inscrición e pago:

Está aberto un prazo de pre-inscrición ata o 31 de

Xaneiro, realizándose un pago por adiantado de 60 € para a reserva. En caso de cubrirse as prazas

dispoñibles na devandita data, pecharase a lista de admisións. En caso contrario, seguirá o prazo de inscrición ata o 30 de Xuño, data límite ata a que se poderá dar de baixa por escrito (por e-mail ou presencialmente) recuperando o sinal entregado. A partir de dita data, recuperaríanse os prazos entregados, pero perderíanse os 60 € da reserva.

O resto do pago realizarase en dous prazos: 1º prazo de 330 € ata o 31 de Marzo 2º prazo de 330 € ata o 30 de Xuño

(10)

C. D. FONTIÑAS ℡ 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [10]

Horario Severidade do medio natural

Desnivel de subida Orientación no itinerario

Desnivel de baixada Dificultade no desprazamento

Distancia horizontal Cantidadede esforzo necesario

Tipo de percorrido

Método Información De Excursións

É un sistema de comunicación entre excursionistas para valorar e expresar as exisencias técnicas e físicas dos percorridos. O seu obxetivo é unificar as apreciacións

sobre a dificultade das excursións para permitir a cada practicante unha mellor elección.

M

edio

Severidade do medio natural

1 O medio non está exento de riscos 2 Hay maís de un factor de risco 3 Hay varios factores de risco 4 Hay bastantes factores de risco 5 Hay moitos factores de risco

I

tinerario

Dificultade para orientarse no itinerario

1 Camiños e cruzamentos ben definidos

2 Sendas ou señalización que indica a continuidade

3 Esixe a identificación precisa de accidentes xeográficos e puntos cardinais 4 Esixe técnicas de orientación e navegación fóra da traza

5 A navegación é interrumpida por obstáculos que hai que bordear

D

esprazamento

Dificultade no desprazamento

1 Marcha por superficie lisa 2 Marcha por camiños de ferradura

3 Marcha por sendas escalonadas ou terreos irregulares 4 É preciso o uso das mans para manter o equilibrio 5 Require pasos de escalada para a progresión

E

sforzo

Cantidade de esforzo necesario

1 Hata 1 h. de marcha efectiva

2 Máis de 1 h. e ata 3 h. de marcha efectiva 3 Máis de 3 h. e ata 6 h. de marcha efectiva 4 Máis de 6 h. e ata 10 h. de marcha efectiva 5 Máis de 10 h. de marcha efectiva

Calculado para un excursionista

medio pouco cargado

O MIDE está recomendado pola FEDME.

Referências

Documentos relacionados

O CES é constituído por 54 itens, destinados a avaliar: (a) cinco tipos de crenças, a saber: (a1) Estatuto de Emprego - avalia até que ponto são favoráveis, as

O primeiro passo para introduzir o MTT como procedimento para mudança do comportamento alimentar consiste no profissional psicoeducar o paciente a todo o processo,

Curvas da Função Condutividade Hidráulica para os processo de umedecimento ou infiltração, obtidas por métodos de campo método do permeâmetro Guelph e indireto de laboratório no

forficata recém-colhidas foram tratadas com escarificação mecânica, imersão em ácido sulfúrico concentrado durante 5 e 10 minutos, sementes armazenadas na geladeira (3 ± 1

complexa. De fato, o pensamento cartesiano opera a partir de causalidades simples. Assim, as políticas públicas apenas detectam uma variável e, com isso, tendem a perder

En este sentido, el concepto de interés general, ahora abierto a la participación por exigencias de un Estado que se presenta como social y democrático de Derecho, presenta

29 Table 3 – Ability of the Berg Balance Scale (BBS), Balance Evaluation Systems Test (BESTest), Mini-BESTest and Brief-BESTest 586. to identify fall

Este estudo tem por objetivo determinar até que ponto os acontecimentos da vida são entendidos como indutores de stress e os níveis de burnout e de satisfação com