• Nenhum resultado encontrado

Tema 1º Astronomía Hipoteses sobre o universo *Teoría Mítica: Aristóteles e Ptolomeo *Hipotese Heliocéntrica: Galileo, Newton e Copérnico

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Tema 1º Astronomía Hipoteses sobre o universo *Teoría Mítica: Aristóteles e Ptolomeo *Hipotese Heliocéntrica: Galileo, Newton e Copérnico"

Copied!
15
0
0

Texto

(1)

Tema 1º Astronomía

*Nun universo formado por miles de millóns de galaxias

*Nunha galaxia (Via Lactea) formada por miles de millóns de estrelas, nebulosas, Cuásares e Sistemas Solares.

*Hai un Sistema Solar formado por unha estrela o sol, 9 planetas coas súas lúas, cometas, meteoritos e asteroides

*No terceiro planeta en distancia ao sol: A TERRA vivimos nós.

*Nesta Terra convivimos 30 millóns de especies, que con toda a diversidade de súas comunidades, constrúen un sistema en equilibrio dinámico.

Hipoteses sobre o universo

*Teoría Mítica:

O universo estaba formado por tres niveis: No primeiro moraban os deuses celestes.

No segundo os deuses atmosféricos como Indra, o deus da choiva O yuda o deus do vento.

No l terceiro nivel aTerra circular e plana donde ademáis dos homes moraban outros deuses como o do fogo.

Foi defendida polos Hindúes.

*Teoría Xeocéntrica:

A Terra se atopa no centro do Universo e todos os planetas incluido o Sol xiran ao seu redor.

Foi defendida por Aristóteles e Ptolomeo.

Tivo vixencia durante toda a Idade Antiga e a Idade Media.

*Hipotese Heliocéntrica:

O sol se atopa no centro do Universo e todos os planetas incluida a Terra xiran en órbitas ao rredor do sol.

Foi defendida por Galileo, Newton e Copérnico. Tivo vixencia en el Renacemento (Séculos XVI y XVII).

Estes científicos foron os primeiros en utilizar o método científico que se basea en :

Observación e experimentación. Elaboración de hipótese.

Comprobación e demostración da hipótese. Conclusions.

*Hipotese Excéntrica:

O Sol é o centro do noso sistema solar pero non é o centro da nosa Galáxia, se atopa na periferia.

Foi defendida por Shappley.

Tivo vixencia durante o século XIX

Hipotese actual: Estrutura do Universo ou Cosmos

• O universo está formado por miles de millóns de Hipergalaxias. É finito pero ilimitado cun espazo-tempo curvo. Non é homoxeneo.

(2)

• As Hipergalaxias están formadas por miles de millóns de Galaxias.

• As Galaxias conteñen: Nebulosas, Quásares, Estrelas e Sistemas Solares.

• Un Sistema Solar: está formado por un sol, planetas, satélites, meteoritos, asteroides e cometas

Científicos destacados

Copérnico: (1473-1543)

Defendeu a teoría heliocéntrica (que di que o sol está no centro do universo e que todos os planetas incluída a Terra xiran a seu redor).

Estudou o movemento de translación de Venus, Marte, Xúpiter e Saturno) Descubriu que o eixe de xiro da Terra estaba inclinado.

Demostrou que a distancia da Lúa á Terra en calquera da súas fases era a mesma.

Descubriu o movemento de rotación e de translación da Terra. Descubriu a distancia dos planetas do sistema solar ó sol.

Galileo: (1564-1642)

Defendeu a teoría heliocéntrica pola que sufriu cárcere (o papa Juan Pablo II en 1992 recoñeceu o "erro" da "Santa" Inquisición.

Construíu o primeiro telescopio.

Descubriu as manchas solares e o movemento de rotación do Sol. Descubriu :

Os aneis de Saturno Fases de Venus

4 satélites de Xúpiter: Io, Calixto, Ganimedes, Europa.... Os cráteres da Lúa

A altura das montañas lunares A lei da gravidade no vacío. Científicos destacados • Kepler: (1571-1630)

Demostrou que os planetas xiran en órbitas elípticas arredor do Sol en vez de ser circulares como se creía, en un dos focos da elipse se atopa o Sol

Demostrou que canto máis cerca do sol está un planeta mais de presa vai Demostrou que a velocidade dos planetas non é uniforme

Explicou os eclipses do Sol e da Lúa Elaborou as taboas planetarias

Explicou o efecto da refracción atmosférica sobre as observacións astronómicas.

• Newton (1642-1727)

Deduciu a lei da gravitación universal: F = G . m . M / d2(G = 6,67. 10-11 ) Calculou o radio da Terra

Construíu o primeiro telescopio de reflexión Calculou as masas do sol e dos planetas

(3)

Descubriu que a luz branca se descompoñía nos seus compoñentes, as cores do arco da vella

Explicou os equinoccios e o achatamento da Terra Científicos destacados

Hubble:

• Investigóu nebulosas espirais calculando a súa distancia á Terra mediante a observación das Cefeidas.

• As Galaxias se separan cunha velocidade directamente proporcional á distancia que as separa.

• A expansión das Galaxias se pon de manifesto polo desprazamento cara o vermello do espectro da nebulosa.

• Cefeidas:Estrelas cunha luminosidade intrínseca é igual en todas elas e a luminosidade aparente varía según o aloxada que esté:

• Sería como un grupo de bombillas todas de 50 w e parpadeando 10 veces/sg.Outro grupo de 100 w parpadeán 17 veces/sg. Bastaría unha bombilla nunha habitación escura para saber si é de 50 ou 100 w

Unidades astronómicas

UA: (Para moverse polo Sistema Solar)É a distancia media entre a Terra e o Sol

1 UA = 150 x 106Km

AL: (Para moverse polas Galaxias)É a distancia que percorre a luz viaxando durante un ano

1AL = 9,5 x 1012 Km

PARSEC: (Se utiliza para movernos polas hipergalaxias) 1 parsec = 3,26 AL = 3,08 x 1013 Km

Para pensar

Plutón está a 39,78 UA da Terra

A Galaxia Via Láctea ten 100.000 AL de “D” e 30.000 AL de “d”

O Sistema Solar está a 27.000 AL do centro da Via Láctea

Na Hipergalaxia: Grupo Local las galaxias Via Láctea e Andrómeda (As mais próximas)atópanse a 2,2 millóns de AL

Idade do Universo Teoría do Big-Bang

• A Gran explosión se cree que foi hai 10.000 millóns de anos, cando as galaxias, hoxe distantes millóns de km, se atopaban comprimidas nunha única acumulación de materia: neutronio (protóns e electróns fundidos nunha masa de neutróns) cunha presión e temperatura moi elevada, que fixo romper o equilibrio e ocurriu a gran explosión: os fragmentos desta materia saíron lanzados en todas direccións a gran velocidade polo espacio, e pola Ley de Newton foron recombinándose primeiro en partículas (protóns…) e

(4)

logo en átomos químicos gasosos coñecidos (H, He, O, N..).A gravedade comprimiu ese gas e se orixinaron as estrelas, galaxias, hipergalaxias….. Compoñentes dunha Galaxia

Nebulosas

Cuásares

Estrelas e

Sistemas solares Cuásares

• Son radiofuentes cuasi estelares.

• Son os obxectos observábles mais distantes coñecidos polo home

• Emiten unha enerxía extraordinaria (dita enerxía parte dun espacio pequeno e sae desbocada). Esta enerxía provén da e. gravitacional que se libera cando o gas e o polvo caen hacia os seus centros mais densos.

• Podería tratarse de núcleos galácticos donde se están a formar fenómenos explosivos.

Nun primeiro momento, a nube colapsa e a radiación escapa libre. Na segunda etapa se forma un núcleo más denso e opaco á radiación o cal fai que se quente. Finalmente, a caída de material sobre ese núcleo quenta a súa superficie por lo que a protoestrela empeza a emitir radiación.

(5)

ESTRELAS

• No interior das estrelas durante a sua evolución se van xerando todos os elementos químicos coñecidos a partir do hidróxeno:

• 2 protóns + 2 neutróns =1 núcleo de He • 3 núcleos de He = 1 núcleo de C • 4 “ “ “ = 1 “ O • 5 = 1 Neón • 6 1 de Mg • 7 1 de Si • 8 1 de S

ESTAMOS FORMADOS POR MATERIA PROCEDENTE DAS ESTRELAS AS ESTRELAS SON AS FÁBRICAS DE DONDE PROCEDEN OS

ELEMENTOS QUÍMICOS Estrelas

(6)

• É o brillo co que a vemos

• As hai de 1 a 6ª magnitude

• Noméanse coas letras gregas: alfa, beta… seguidas do nome da constelación na que estamos.Sirius é alfa canis maior

• O astro mais brillante de noso sistema solar é o Sol seguido da Lúa chea, Venus, Sirius…

Coordenadas Astronómicas:

AR: Ascensión recta: É a distancia de un punto calquera da bóveda celeste á eclíptica.Mídese en horas, minutos e segundos e sempre hacia o Leste. D: Declinación: É a distancia de un punto calquera da bóveda celeste ao

ecuador celeste. Mídese en graos, minutos e segundos cara ao Norte ou cara ao Sur.

Constelacións

Busco a Osa maior

• Seguindo 5 veces a distancia das dúas estrelas opostas ao mango do carro

aparece a estrela polar, pertence ao carro da osa menor

Busco a Casiopeia: Facendo centro na estrela polar diametralmente oposta

á osa maior atópase casiopeia

Busco á “Familia de Casiopeia”: Cefeus, Andrómeda, Perseus, pleiades e

o gran cuadrado de Pegaso.

• Poniendo a Casiopeia en forma de w a igual distancia e diametralmente

opostas atópanse duas estrelas moi brilantes: Capela (alfa Auriga) e Deneb (alfa Cignus)

Busco “O triángulo do verano” formado por: Vega (alfa Lira), Deneb (alfa

Cignus) e Altair (alfa Aquila)

Busco Orión (Betelgueuse e Rigel e os seus cans: Canis maior (Sirius)e

Canis minor(Procion)

• Busco os doce signos do zodiaco que forman un círculo e están por orden • Par acabar a “festa”busco a cometa de Bootes(o boyero) con Arturus e a

Corona borealis.

Componentes do Sistema Solar

A estrela o Sol

9 Planetas: Mercurio Venus, Terra , Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno e Plutón.

Satélites o Lúas

Cometas

Meteoritos

Asteroides

(7)

Hai 5000m.a. había unha nebulosa formada por polvo estelar (elementos químicos procedentes de mortes de estrelas) e gas hidróxeno.

A gravidade atraía cara o centro da nebulosa ao gas H e a os outros elementos. Empezaron a xirar facendo un disco e no centro colocouse o sol (recen nado), H e os outros elementos químicos que gracias á gravidade xirando foron formando agregacións de materia: os planetas.

Cometas

Son obxectos pequenos (poucos km de diámetro) que xiran arredor do Sol.

Cando están lonxe do sol son unha masa rochosa xeada: amoniaco, auga,

metano e ácido cianídrico.

Cando se aproximan ao sol o núcleo rodéase dunha cola que apunta en dirección oposta ao sol ao ser repelidos os gases que a forman debido á presión da radiación solar.

A cola se forma ao ser expulsado do núcleo o polvo e o gas que se xeneran debido á proximidade ao Sol.

Meteoritos

• Son obxectos sólidos que debido ao rozamento, ó entrar en contacto coa atmósfera daTerra, sofren un brusco quecemento volvéndose incandescentes porque o meteorito ardeu. Enton vemos a traza, chámanse “Estrelas Fugaces”

• As mais pequenas se volatilizan totalmente; as de mediano tamaño (de hasta 1 tm) apenas perden masa e chocan contra a superficie da Terra e outros planetas..producindo os cráteres.

• A orixe:

• Se cree que poden ser asteroides que se escaparon do cinto

• restos de cometas

• Materia orixinal do Sistema solar Asteroides

Pequenos corpos rochosos (uns 50.000) teñen a órbita ben delimitada: entre Marte e Xúpiter formando “O cinto de asteroides”.

Teñen formas esféricas pero irregulares

Orixe:

Se cree que son corpos formados no mesmo proceso que os planetas: e decir formados a partir da mesma materia na que se formaron os planetas e que a forza gravitatoria entre Marte e Xúpiter impidiu a acumulación e consolidación dos fragmentos nun corpo único.

Fases da Lúa Mareas:

(8)

Chámase Baixamar: Cando o mar se retira da costa.

Chámase Pleamar:Cando o mar penetra na costa,e chega hasta onde alcanzan as salpicaduras do auga

Isto ocorre porque o sol e a lúa exercen unha atracción cara a Terra que unhas veces se suma e outras se resta:

Mareas mortas:

Cando se restan as atraccións do Sol e a Lúa sobre a Terra. Apenas se notan. Mareas vivas: Cando se suman as atraccións do Sol e a Lúa. É o momento no que mais se afasta o mar na baixamar e no momento no que máis se adentra o mar na pleamar.

Solsticios e Equinocios: Equinocios:

Son os puntos de corte da eclíptica e o ecuador celeste. Se lles chama E. vernal o punto Aries e E Autonnal.

Son dous días ao ano nos que hai igual nº de horas de luz que de oscuridade. Estes días: ó 21-23 de Marzo e 21-23 de Setembro, o Sol sae XUSTO polo punto Este e se pon XUSTO polo punto Oeste.

Marcan o comezo da Primavera e Outono.

O comezar a primavera o Sol pasa do Sur ao Norte do Ecuador. Así durante a primavera e o verán está no Hemisferio Norte.Hasta que declina en Outono atravesando outra vez o Ecuador e pasando cara ó Hemisferio Sur onde pasará o Outono e o Inverno.

Solsticios:

Son dous días ao ano que marcan o comezo do Verán e do Inverno. Solsticio de Verán: Entre o 21-23 de Xuño. É o día máis longo do ano, xa que ten máis horas de luz.

Solsticio de Inverno: Entre o 21-23 de Decembro é o día máis curto do ano , xa que ten mais horas de noite que de día.

Planetas do sistema solar. Mercurio: o máis próximo ao sol Distancia ao So:l57,9 millóns de km. Diámetro ecuatorial:4880 km.

Temperatura media: 420 ºC

Movimiento de rotación:58 días e 16 horas Movemento de translación:88 días

Número de satélites:ningun

Forma e movemento: É moi parecido á lúa terrestre con cráteres e unha superficie rochosa.O seu núcleo probablemente consta de ferro e níquel.

(9)

Mercurio o o planeta "máis rápido", móvese ao longo da súa órbita a 47 km/s.

Temperaturas: Xa que Mercurio atópase tan preto ao Sol, as temperaturas ao mediodía elévanse a 370 graos centígrados. Pero como case non ten atmosfera para reter a calor, as temperaturas descenden a -185 ºC na noite. Nome: Foi nomeado en honra ao deus romano de mensaxeiros, quen tiña ás

nos seus talóns para levalo con velocidade da Terra aos ceos. Investigación: Só unha nave espacial, Mariner 10, visitou a Mercurio. Venus:

o máis cálido

Distancia ao Sol102,8 millóns de km. Diámetro ecuatorial:12104 km. Temperatura media:464ºC Movimiento de rotación:243 días

Movemento de translación:224,7 días Número de satélites:ningun

Temperaturas e presións: As nubes que cobren a Venus fan que se quente como un invernadoiro de plantas. A temperatura é de 460 ºC. O "efecto invernadoiro" en Venus é debido á súa atmosfera: A enerxía solar chega a través da súa atmosfera, pero esta non pode escapar cara ao espazo debido ás nubes. A calor atrapada aumenta, facendo que o planeta se quente máis e máis. A presión atmosférica é 90 veces a da Terra.

Diámetro e masa: case idénticos aos da Terra. Esta atmosfera é principalmente dióxido de carbono, ademais as nubes producen pingas de ácido sulfúrico. Movemento: Venus vira ao revés sobre o seu eixo.

Composición e relevo: Aínda que hai montañas e vales en Venus, a maioría do planeta é bastante plano, con outeiros pequenos. Hai algo de po e grava, pero non hai terra, só rocas planas e crebadas. A nave Magallanes descubriu montañas máis altas que calquera na Terra. Tamén revelou que a superficie de Venus pode conter volcáns activos.

Marte: o planeta vermello

Distancia ao Sol: 227,9 millóns de km. Diámetro ecuatorial: 6787 km.

Temperatura media-53ºC

Movemento de rotación:24 horas e 37 minutos Movemento de translación:687 días

Número de satélites:2

Atmosfera e relevo. Marte é máis pequeno e máis Frío que a Terra pero é bastante parecido ao noso planeta.Ten unha atmosfera delgada e capas Polares de xeo, e canles de ríos secos que cruzan A súa superficie dun lado a

outro. Podería existir auga Conxelada por baixo do chan. É posible que Marte algunha vez tivese unha atmosfera algo parecida Á da Terra. E é case

(10)

ríos,lagos, e talvez até océanos. Hoxe en día non hai auga sobre a superficie marciana pero si hai escarcha cubrindo os seus polos. Estas capas polares de xeo son case totalmente de dióxido de carbono conxelado (xeo seco), aínda que a capa polar do norte probablemente contén unha boa cantidade de auga.

Materiais. Marte vese vermello debido a que no pasado o ferro sobre a súa superficie reaccionou coa pequena cantidade de osíxeno que quedaba en Marte, oxidándose.

Superficie. A superficie ten volcáns antigos e un "gran canón" que é tan longo como o ancho dos Estados Unidos. O volcán máis grande, Olympus Mons, é quizais o volcán máis grande no sistema solar. Elévase 27 kms sobre o deserto que o rodea.

A superficie é polvorienta e vermella, e de cando en vez hai enormes tormentas de area. En lugar dun ceo azul vese un ceo polvoriento de cor rosa.

Satélites. Ten dúas lúas pequenas, Phobos e Deimos Xúpiter: o máis grande

Distancia ao Sol778,3 millóns de km. Diámetro ecuatorial142600 km. temperatura media-180ºC

Movemento de rotación9 horas e 50 minutos Movemento de translación11,84 anos

Número de satélites16

Forma e relevo. Júpiter é o planeta máis grande do sistema solar, nalgúns aspectos compórtase como un pequeno sol que non chegou a desenvolverse completamente. O seu núcleo pode chegar ao redor dos 30 000 ºC.

Composición e temperatura. A súa superficie non é sólida como da Terra, senón gasosa. Por baixo das nubes pode haber un océano de hidróxeno líquido cun núcleo de hidróxeno metálico - hidróxeno comprimido a gran densidade polo peso do material que o rodea.

Como Xúpiter produce máis calor do que recibe do Sol, poida que sexa responsable do seu propio clima. Unha sonda que descendeu cara á atmosfera de Xúpiter desde a nave espacial Galileo, descubriu que as condicións eran máis secas, máis quentes, e con moito máis vento do que se esperaba. Pero a sonda puido entrar nunha rexión da atmosfera diferente ao resto do planeta.

C ircundan a Xúpiter uns aneis de rocas de varios tamaños pero menos impresionantes que os aneis de Saturno.

Satélites. Os máis grandes son Io, Europa, Ganímides, e Calisto. Europa, está cuberta por unha grosa capa de xeo. A nave espacial Galileo descubriu que debaixo da superficie de xeo puidesen existir vastos mares ou océanos de auga líquida, produto da calor interna da lúa.

Investigación. O día unicamente dura cinco horas, pero a luz solar non pode penetrar as nubes grosas. A presión da atmosfera de Júpiter é tan forte que

(11)

a sonda da nave espacial Galileo sobreviviu unicamente unha hora ao descender con paracaídas pola atmosfera.

Saturno: o dos aneis

Distancia ao Sol1427 millóns de km. Diámetro ecuatorial120200 km. Temperatura media-180ºC

Movimiento de rotación10 horas e 14 minutos Movemento de translación29,46 anos

Número de satélites18

Tamaño e aspecto. Saturno coñécese como o "planeta de aneis". Só Júpiter gáñalle en tamaño a este xigante de gas. Aínda que Saturno é o sexto planeta en orde de distancia do Sol, pódese ver claramente a primeira ollada como unha estrela brillante dourada. Os seus aneis son visibles a través dun telescopio pequeno.

Densidade e composición. Saturno non é un planeta moi denso; os materiais que o forman non están comprimidos como noutros planetas, de feito a súa densidade é menor que a da auga. Os seus principais compoñentes son hidróxeno e helio, e a súa atmosfera, como a de Júpiter, tamén contén gas metano. Un océano de hidróxeno líquido, de miles de quilómetros de profundidade, cobre completamente o núcleo sólido de Saturno

As nubes de Saturno cambian, un fenómeno que os astrónomos estudan. Os ventos causados pola rotación de Saturno fan que as nubes formen bandas horizontais ao redor do planeta. Estes ventos alcanzan velocidades de 1770 km/h no ecuador de Saturno.

Os aneis de Saturno. Medidos dun extremo ao outro, esténdense aproximadamente 600,000 millas (un millón de km), comparable a dous e media veces a distancia da Terra á Lúa.

Os aneis de Saturno están formados de xeo e roca. Non son sólidos, senón consisten de pequenos pedazos de material conxelado nunha capa de centos de pés de groso. Os aneis puidéronse configurar ao mesmo tempo que Saturno, ou máis tarde cando algunhas das lúas de Saturno chocaron entre si ou foron golpeadas por un cometa ou asteroide, formando os fragmentos que vemos hoxe en día.

Satélites. Até agora descubríronse 20 lúas, máis que calquera outro planeta do sistema solar. Do mesmo xeito que as lúas de Júpiter, as de Saturno teñen características singulares. Por exemplo, Titán, cuxo tamaño é maior que o planeta Mercurio, ten unha atmosfera de nitróxeno, e é posible que estea cuberta por inmensos lagos ou océanos de metano líquido. A lúa Iapetus é dunha cor clara e contén xeo nun lado e po e obscuridad do outro lado. Consentes, unha lúa pequena, foi impactada por un asteroide que case partiu á lúa en pedazos. Enceladus, a lúa que segue despois de Consentes, ten unha brillante capa de xeo. De cando en vez é posible que volcáns arroxen xeo e auga desde o interior da lúa.

O Telescopio Espacial Hubble descubriu varias "aglomeracións" de materia preto do bordo externo dos aneis, puidesen ser parte de lúas que foron

(12)

desintegradas por impactos recentes e que agora se atopan nun proceso de dispersión para formar novos aneis.

Urano: vira de lado

Distancia ao Sol 2871 millóns de km. Diámetro ecuatorial 51118 km. Temperatura media -210ºC

Movimiento de rotación 17 horas e 14 minutos Movemento de translación 84,05 anos

Número de satélites 15

Composición. Do mesmo xeito que Xúpiter e Saturno, Urano é un xigante de gas. A súa atmosfera nubrada componse principalmente de hidróxeno e helio. Non existe unha superficie. no seu lugar, a atmosfera simplemente faise máis e máis espesa, cambiando de gas a líquido.

Se Urano ten un núcleo sólido, atópase máis aló dun "océano" profundo de amonia e metano. A forza de gravidade en Urano non é moi diferente á da Terra, con todo o peso da súa atmosfera é tan densa que sería difícil moverse en Urano.

Rotación. Urano ten o seu eixo de rotación inclinado, polo cal vira de lado en comparación aos demais planetas do noso sistema solar. É posible que hai moito tempo chocase cun obxecto xigante que cambiou a inclinación do planeta. Urano xira ou rota na dirección oposta á rotación da maioría dos demais planetas. Ademais, o campo magnético de Urano non está aliñado cos seus polos norte e sur, cambia de orientación.

Satélites e aneis. Cinco lúas grandes e outras máis pequenas fan a súa órbita ao redor de Urano. Como Urano xira lateralmente, as orbitas das súas lúas tamén están de "lado." A lúa máis grande, Titania, ten 1,610 km. de diámetro. Outra lúa, Miranda, está tan cicatrizada por cráteres e fracturas que algúns científicos pensan que nalgunha ocasión foi desintegrada, e máis tarde converteuse de novo en lúa. Miranda é unha das lúas máis raras do sistema solar.

Ademais das súas lúas, Urano tamén ten aneis moi tenues ao seu ao redor, similares aos que se atopan ao redor de Júpiter.

Descubrimento e denominación. En 1781 Urano foi descuberto por William Herschel. Anteriormente, non se coñecía como parte do noso sistema solar e no outrora algúns afeccionados de astronomía anotaron a Urano nos seus mapas como unha estrela. O planeta foi nomeado en honra ao pai de Saturno segundo a mitoloxía romana.

Neptuno: o azul.

Distancia ao Sol4497 millóns de km. Diámetro ecuatorial4528 km.

Temperatura media -210ºC

Movimiento de rotación 16 horas e 7 minutos Movemento de translación 164,79 anos Número de satélites 8

(13)

Composición. En Neptuno pode haber un océano profundo de auga e outros líquidos cun núcleo rochoso. Na superficie non hai osíxeno pero se hai bastante metano e amonia, que son venenosos para os humanos. Os ventos da atmosfera teñen velocidades de centos de millas por hora.

A atmosfera de Neptuno é moi espesa e está composta primordialmente por hidróxeno. Na parte superior da atmosfera hai gas metano que lle dá unha fermosa cor azul. Fileiras de brillantes nubes brancas cruzan a atmosfera azul. Varios sistemas grandes de tormentas foron observados en Neptuno. Unha tormenta, chamada a Gran Mancha Escura, desvaneceuse do hemisferio sur como ao mesmo tempo que unha tormenta similar apareceu no norte.

Satélites. Neptuno ten oito lúas coñecidas: Naiad, Thalassa, Despina, Galatea, Larissa, Proteus, Tritón, e Nereida. Tritón, a máis grande, é un terzo tan masiva como a lúa terrestre. Tritón tamén é a lúa máis rara, xa que orbita a Neptuno na dirección oposta dos demais satélites. Metano e nitróxeno conxelados sobre a superficie de Tritón reflicten gran parte da luz solar que chega ao satélite. Este feito, combinado coa gran distancia de Tritón ao Sol, fan que a lúa sexa moi fría. De feito, cunha temperatura na súa superficie de aproximadamente -435 graos Fahrenheit (-259 C), Tritón é aínda máis frío que Plutón. Tamén existe evidencia de que ocorren erupciones volcánicas de auga e metano sobre a superficie de Tritón. Debido á súa órbita estraña, os astrónomos pensan que Tritón puido ser capturado por Neptuno, en lugar de formarse á mesma vez que o planeta. Dentro de millóns de anos, a órbita de Tritón achegarao a Neptuno, e a gravidade do planeta esnaquizará a lúa. Descubrimento. Neptuno é o cuarto e máis afastado xigante de gas no noso

sistema solar. Foi descuberto en 1846, cando astrónomos déronse conta que algún obxecto descoñecido estaba a afectar a órbita do planeta Urano. Comezaron a buscar outro planeta e atoparon a Neptuno. Neptuno e Urano son tan similares que en ocasións son considerados xemelgos. Neptuno móvese tan amodo na súa órbita ao redor do Sol que non completou unha soa órbita desde que foi descuberto.

O Voyager 2, unha sonda espacial americana, paso preto de Neptuno en 1989. Confirmou a presenza de varios aneis delgados ao redor do planeta.

Plutón: planeta ou planetoide?. Distancia ao Sol 5914 millóns de km. Diámetro ecuatorial 2400 km.

Temperatura media -220ºC

Movimiento de rotación 6 días e 9 horas Movemento de translación 248,54 anos Número de satélitesUno, Charón

Descubrimento e movemento. Foi o último do nove planetas do noso sistema solar en ser descuberto. En comparación aos outros planetas, a órbita de Plutón é máis elíptica, ou alargada. Atópase 39 veces máis afastado ao Sol que a Terra.

Durante os anos 20, os astrónomos buscaron un noveno planeta xa que pensaban que algo estaba a interferir coa órbita de Neptuno. En 1930, Clyde

(14)

Tombaugh, un astrónomo novo do Observatorio Lowell en Arizona, descubriu a Plutón.

Como é tan diferente aos demais planetas, algúns científicos dubidan se é ou non un planeta. A súa órbita cruza a traxectoria de Neptuno e está inclinada, a diferenza das órbitas dos outros planetas. Pero probablemente formouse mediante os mesmos procesos que crearon os outros planetas e foi empuxado cara á súa órbita excéntrica por Neptuno.

Composición. Está formado por xeo e roca e unha pequena cantidade de metano conxelado. Tamén se detectou unha atmosfera moi tenue de gas metano que se forma cando a súa órbita achégao ao Sol, cuxo calor evapora parte do xeo da superficie. Ao afastarse do Sol o gas atmosférico vólvese a conxelar, creando unha capa de neve fresca. As temperaturas na superficie mantéñense preto de -400 graos Fahrenheit. A atmosfera de Plutón é moito máis fina que a atmosfera terrestre e carece de osíxeno. A superficie é unha pista de xeo: frío, duro e sucio.

Satélite Charón. Plutón só ten unha lúa, chamada Charón, cun tamaño da metade do de Plutón. A súa órbita ao redor de Plutón dura o mesmo tempo que un día no planeta. Así, a lúa sempre se coloca "arriba" do mesmo lugar na superficie de Plutón, e sempre mostra a mesma cara cara a Plutón.

A procura de planetas novos continúa despois do descubrimento de Plutón. Se existise un décimo planeta do tamaño de Urano ou Neptuno probablemente xa fose descuberto. Algúns astrónomos pensan que é máis lóxico que varios sistemas de planeta e lúa do tamaño de Plutón e Charón puidesen estar escondidos nos arredores do sistema solar. Descubrimentos recentes indican que hai millóns de obxectos rochosos e conxelados que efectúan as súas órbitas no Cinto de Kuiper, unha enorme rexión que se estende máis aló de Neptuno. Talvez outros mundos aínda non descubertos existen na obscuridad máis aló de Plutón e Charón.

Condicións para que haxa vida nun planeta

Que existan en abundancia os bioelementos químicos: C,H,O e N

Auga en calquera estado

Rotación non moi rápida nin moi lenta

Distancia ao Sol menor de 1,5 UA

Temperatura adecuada

Que sexa sólido???

• Que non exista na atmósfera nin CH4, NH3

Etapas na formación da Terra

• Sábese que os materiais que están formando o universo tamén son os

materiais dos que está formada a Terra.

Se formou o campo gravitatorio: Pola Lei de atracción dos corpos (Newton) cada agregado de materia atraía a outros agregados coa forza de atracción

(15)

Ó constituírse o campo gravitatorio os elementos mais lixeiros H e He escaparon á acción do campo gravitatorio en cambio os mais pesados quedaron retidos.

Formación da atmosfera primitiva: O C e o N, recen formados a partir do H e He, se combinaron co H para formar gases: CH4 e NH3. Estes gases, e o H

e He que tamén o son, formaron a atmosfera primitiva que rodeaba á Terra sólida que se estaba formando e arrefriando.

Formación da parte sólida: as rochas: O Si e o O combinándose co Al, Ca, Na, Fe...formaron os silicatos que forma a parte sólida da Terra. O Fe e o Ni, moi pesados caeron hacia o centro da Terra formando o núcleo tamén chamado NIFE.

Formación da Hidrosfera: O vapor que saia dos volcáns que se evaporaba porque a superficie da Terra estaba moi quente , se convertían en nubes que descargaban sobre a superficie da Terra, que como estaba moi quente evaporábase. Así moitas veces...

A superficie do planeta foise arrefriando por (debaixo dos 100ºC)e cando o auga tocaba a superficie permanecía en estado líquido ocupando calquera depresión do terreo así apareceu a capa líquida.

Aparición da vida: en esta atmósfera de Metano, amoniaco e vapor de auga, apareceron as primeiras moléculas orgánicas: os aminoácidos, componentes do ADN..

Referências

Documentos relacionados

O Museu Digital dos Ex-votos, projeto acadêmico que objetiva apresentar os ex- votos do Brasil, não terá, evidentemente, a mesma dinâmica da sala de milagres, mas em

nhece a pretensão de Aristóteles de que haja uma ligação direta entre o dictum de omni et nullo e a validade dos silogismos perfeitos, mas a julga improcedente. Um dos

Este trabalho buscou, através de pesquisa de campo, estudar o efeito de diferentes alternativas de adubações de cobertura, quanto ao tipo de adubo e época de

09:15 - 10:00 Aula híbrida sobre: Para os alunos presenciais: atividade prática – E-Class Não é necessário enviar atividade Dodgeball e Rouba-bandeira. Para os alunos

Para Vilela, embora a locação de bens móveis não seja contrato de prestação de serviços (aquele que dá origem a uma obrigação de fazer, enquanto a locação gera a obrigação

A prova do ENADE/2011, aplicada aos estudantes da Área de Tecnologia em Redes de Computadores, com duração total de 4 horas, apresentou questões discursivas e de múltipla

17 CORTE IDH. Caso Castañeda Gutman vs.. restrição ao lançamento de uma candidatura a cargo político pode demandar o enfrentamento de temas de ordem histórica, social e política

O enfermeiro, como integrante da equipe multidisciplinar em saúde, possui respaldo ético legal e técnico cientifico para atuar junto ao paciente portador de feridas, da avaliação