Manual de seguridade e saúde
en oficinas
Páxina
•
Riscos Xerais . . . 5
•
Traballo con Pantallas de Visualización . . . 11
•
Traballos de Atención ao Público . . . 17
•
Prevención de Incendios . . . 21
•
Evacuación . . . 25
•
Seguridade Viaria . . . 27
•
Primeiros Auxilios . . . 31
•
Obrigas dos Traballadores en Prevención de Riscos . . . 37
R
ISCOS
X
ERAIS
Medidas Preventivas
• Caídas ao mesmo nivel e a distinto nivel por escaleiras e zonas de paso.
• Cortes e picadas con tesoiras, abrecartas, chatolas e demais pequeno material de ofici-na.
• Golpes contra obxectos inmóbiles, (caixóns abertos, obxectos en zona de paso, corredores de anchura insuficiente...).
• Fatiga por adoptar posturas e xestos inadecua-dos.
• Contactos eléctricos durante o uso de equipos e instalacións.
Xerais
•Mantén as zonas de tránsito libres de obstáculos (caixas, papeliras, cables).
•As mesas de traballo e mobles accesorios deberán quedar ordenados e recollidos ao finalizar a xorna-da.
•Respecta os sinais de advertencia de chan mollado.
•Garda os obxectos cortantes ou punzantes (chatolas, tesoiras, abrecartes) tan pronto como remates de empregalos.
•Mantén os caixóns pechados.
• Evita almacenar obxectos, especial-mente os pesados, onde sexa difícil alcanzalos ou onde se poidan caer.
Riscos
Medidas Preventivas
Medidas Preventivas
Escaleiras
•Cando transites por unha escaleira lembra que é acon-sellable empregar o pasamáns.
•Antes de empregar escaleiras de man, comproba que están en correcto estado (tirantes de seguridade, dispo-si tivos de apoio antiesvarante na parte inferior...). •Non intentes acadar obxectos afastados da escaleira.
Baixa da escaleira, desprázaa e volve subir.
•Non traballes nos últimos chanzos nin manexes pesos elevados. Procura sempre manter polo menos unha man libre para poder suxeitarte.
•Non empregues cadeiras, mesas ou papeleiras como “escaleiras”.
NON!
Estantes, armarios e arquivadores
•Se un armario comeza a envorcar, non o intentes parar. Apártate, o máis rapidamente posible, da súa liña de caída.
•Se advirtes que un armario se cambalea, avisa ao persoal de mantemento.
•Enche os caixóns de abaixo para arriba, e de atrás cara a adiante. Os elementos máis pesados colocaranse sempre nos caixóns inferiores.
•Evita colocar sobre os armarios obxectos susceptibles de caer.
•Pecha cada caixón (especialmente os telescópicos) despois de empregalo, e sempre antes de abrir o seguinte, para evitar entorpecer a circulación.
NON MANIPULES AS
INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS
Medidas Preventivas
Medidas Preventivas
Electricidade• Emprega sempre bases de enchufe con toma de terra. Non usar conexións intermedias (“ladróns”), que non garanticen a continuidade da toma de terra.
• Nunca desconectes os aparellos tirando do cable. • Nunca manipules ou intentes reparar obxectos ou
ins-talacións eléctricas. Só debe facelo persoal especiali-zado.
Outros
• Non retires as proteccións nin anules os dispositivos de seguridade das máquinas. En caso de avaría comunica a incidencia e non efectúes reparacións a menos que esteas autorizado.
• Garda os produtos químicos (alcohol, lixivias...) en recipientes claramente etiquetados; non empre-gues recipientes que poidan inducir a erros (botellas de refrescos, auga, ...).
• Nunca se deben tirar á papeleira vidros rotos ou materiais cortantes.
Medidas Preventivas
Medidas Preventivas
R
IESGOS YM
EDIDASP
REVENTIVASG
ENERALESNon adoptes posturas incorrectas como:
• Sentarse sobre unha perna ou sentarse coas pernas cruzadas.
• Suxeitar o auricular co ombro.
Non efectúes movementos inadecuados como:
•Xirar sobre a cadeira mediante movementos bruscos do tronco, en lugar de facer o xiro con axuda dos pés.
•Forzar a posición para alcanzar obxectos distantes, en lugar de levantarse para collelos.
T
RABALLO CON
P
ANTALLAS
DE
V
ISUALIZACIÓN
Medidas Preventivas
• Microtraumatismos en dedos e/ou pulsos, pola incorrecta colocación da man combinada coa frecuencia de pulsación.
• Fatiga visual: proído ocular, aumento do pes-tanexo, lagrimexo, pálpebras e ollos cansa-dos.
• Fatiga física: dor habitual en rexión cervical, dorsal ou lumbar, tensión en ombros, pescozo ou costas, molestias nas pernas (adormecemento, cambras...).
• Fatiga mental: relacionada coas características das tarefas e o esgotamento.
NON
Xerais
• O espazo destinado ao posto de traballo deberá ter dimensións axeitadas e facilitar a mobilidade do usuario.
• O ambiente físico (temperatura, ruído e iluminación) non debe xerar situacións de desconforto. • As cadeiras terán base estable e regulación en altura. O respaldo lumbar será axustable en inclinación
e, se a utilización da pantalla é prolongada, tamén en altura. • A pantalla, o teclado e os documentos escritos
deben atoparse a unha distancia similar dos ollos (entre 45 e 55 cm), para evitar a fatiga visual.
• A pantalla debe estar entre 10˚ e 60˚ por debaixo da horizontal dos ollos do opera-dor.
• De empregar portacopias, non deberán oca-sionar posturas incorrectas. A súa situación á altura da pantalla evita movementos pre-xudiciais do pescozo en sentido vertical.
SI
Riscos
Riesgos
Medidas Preventivas
Medidas Preventivas
Deslumbramentos
• O medio situado detrás da pantalla debe ter a menor intensidade lumínica posible (evitar colocar a pantalla diante das ventás).
• A colocación da pantalla debe evitar reflexos de focos luminosos.
• Na figura danse orientacións sobre a mellor situación das pantallas con obxecto de reducir deslumbramentos.
Situación incorrecta / correcta das pantallas
Normas Específicas
A Ao iniciar o Traballo
• Adecuar o posto ás características persoais (cadeira, mesa, teclado, etc.). Se é necesario empregar repousapés.
• Axustar o apoio lumbar e a inclinación do respaldo que deberá ser inferior a 115˚. • Situar, orientar e graduar correctamente a pantalla.
• Evitar o contraste entre a luz da ventá e da pantalla. • Eliminar calquera tipo de reflexo sobre a pantalla.
• Situar o bordo superior da pantalla lixeiramente por debaixo da liña horizontal de visión. • Para introducir datos, colocar a pantalla lixeiramente cara a un lado.
• Evitar oscilacións das letras, os caracteres e/ou fondo de pantalla. • Controlar o contraste e brillo da pantalla.
B Durante o Traballo
• Distribuír racionalmente os medios a empregar.
• Dispor de espazo para o “rato”, o teclado e os documentos.
• Manter ordenados os documentos, planos, etc., evitando que se acumulen na mesa de traballo. • Retirar da mesa todo aquilo que non sexa necesario.
• Evitar os xiros bruscos do tronco e da cabeza.
• Evitar os xiros mantidos e forzados do tronco e da cabeza.
Medidas Preventivas
• O antebrazo e a man deben permanecer aliñados.
• Manter o ángulo do brazo e antebrazo por encima de 90˚. • Non copiar documentos introducidos en fundas de plástico. • Para reducir ruído, manter colocadas as carcasas das impresoras. • Limpar periodicamente a superficie de visión (pantalla ou filtro).
• Realizar breves paradas ou alternar as tarefas, se se mantén unha actividade permanente coa pantalla.
Inicio dereita esquerda Primeiro
Mover lentamente a cabeza.
Realizar con suavidade os seguintes exercicios de relaxación, en caso de fatiga muscular, ou durante as pausas:
Dereita esquerda Segundo
Xirar lateralmente a cabeza.
Á dereita á esquerda Terceiro
Xirar lentamente a cabeza co queixo levantado.
Medidas Preventivas
C Outras Normas
• Obter información/formación sobre os programas cos que se vai traballar. • Organizar as tarefas de forma axeitada e lóxica.
• Manter os cables fóra das zonas de paso ou protexidos con guías. • Desenchufar os equipos sen tirar dos cables.
• Para evitar contactos eléctricos, non manipular no interior dos equipos nin desmontalos. • Non sobrecargar os enchufes empregando ladróns ou regretas de forma abusiva.
• Vixilancia periódica do estado da saúde.
T
RABALLOS DE
A
TENCIÓN
AO
P
ÚBLICO
As tarefas e actividades que implican o trato directo con persoas externas á empresa (clientes, pacien-tes, alumnos, usuarios, etc.) é moi variado e implica condicións de traballo moi dispares.
Tamén os medios de traballo poden ser moi diversos, desde os informáticos e telefónicos, ás visitas domiciliarias ou a atención persoal en oficinas, despachos, consultas, aulas, etc.
En ocasións, a relación e o trato directo co público, pode ocasionar fatiga debida a:
• A tensión xerada por “desbordamentos de diversos tipos como présas, prazos estritos, implicación emocional co paciente, traballo illado, traballo de noite, etc.”
• Tamén por falta de claridade das peticións realizadas, dos obxectivos, das prioridades do traballo, da autonomía na toma de decisións, etc. Isto pode producir incerteza sobre os resultados ou as conse-cuencias das decisións tomadas, especialmente respecto ao nivel de satisfacción dos clientes ou o cumprimento dos obxectivos.
• Pódense producir, igualmente, sobrecargas ou saturacións mentais, como o producido polo mante-mento simultáneo da atención e a comunicación, con varios sistemas á vez como os informáticos-teléfono-persoas.
Se unha persoa está sometida a tensións no seu traballo...
... acostuma responder a estas, realizando un esforzo. Se esta situación se prolonga demasiado...
... pode incidir no traballador.
Riscos
Medidas Preventivas
Dez Consellos para Manexar o Estrés Persoal
Normas Específicas
• Manter ao día e dispoñibles as axudas e procedementos de traballo (documentación, claves, accesos, códigos, etc.).
• Manter localizables as alternativas de consulta e asistencia para os casos de fallo do sistema principal.
• Coñecer as axudas da organización e de consulta para cada deman-da ou situación especial que saia do seu ámbito de decisión. • Solicitar as aclaracións sobre as pautas de comportamento a seguir
nas diferentes situacións potencialmente conflitivas e recadar información sobre os resultados aos que non se teña acceso. • Crear un grao de autonomía axeitado no ritmo e organización
bási-ca do traballo. Facer pausas para os bási-cambios posturais, a redución da fatiga físibási-ca e mental e a tensión ou saturación psicolóxica.
T
RABALLOS DEA
TENCIÓN AOP
ÚBLICOAdaptado da Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo (FEMCVT)
1 Aprenda a recoñecer as súas reaccións ao estrés. Véxaas como un aviso.
2 Concrete as causas inmediatas do seu estrés. Traballo, familia, diñeiro? Estarase, tal vez, esixindo demasiado?
3 Quizais se estrese por cousas que se esquecen rápido. Non se deixe “acelerar” por pequenas preo-cupacións. Só son preocupacións, non desastres.
4 Non se atormente polos “ e se...”. Como alguén dixo: “A miña vida está chea de preocupacións. A maioría por cousas que non sucederon”.
5 Non perda a cabeza sobre o que non ten remedio. Respire profundo. (É difícil de crer, se non se experimentaron, o que poden facer algúns exercicios respiratorios).
6 Busque compensacións. Se o está a pasar mal no traballo, busque apoio na familia, e non traballo se falla a vida familiar.
7 Dea e acepte apoio social. Comparta as cargas. 8 Sexa realista e evite loitar contra pantasmas.
9 Faga exercicio físico para descargar a enerxía contida polo estrés. Evite licores e o tabaco. 10 Cambie o que poida cambiar. Acepte o que non pode e intente unha compensación se a situación
P
REVENCIÓN DE
I
NCENDIOS
Medidas para a Prevención de Incendios
• Mantén sempre a orde e a limpeza.
• Non sobrecargues os enchufes. Se se empregan regretas ou prolongadores, para conectar diversos aparellos eléctricos a un mesmo punto da rede, consulta previamente a persoal cualificado.
• Os espazos ocultos son perigosos: non acumular materiais nos recunchos, debaixo de estantes, detrás das portas, etc.
• Non fumes onde poida resultar perigoso (sala de ordenadores, arquivos, almacéns ou ascensores). • Non achegues focos de calor a materiais combustibles.
• Non deposites vasos con líquido sobre ordenadores, impresoras ou outros aparellos eléctricos. • Emprega cinceiros, asegurándote de que non queda ningunha cabicha acendida e non tires nunca a
cinza nas papeleiras.
• Inspecciona o teu lugar de traballo ao finalizar a xornada laboral; se é posible, desconecta os aparellos eléctricos que non teñas que manter conectados.
• Se detectas calquera anomalía nas instalacións eléctricas ou de protección contra incendios, comunícallo ao responsable da oficina.
• Non obstaculices en ningún momento os percorridos e saídas de evacuación, así coma a sinalización e o acceso a extintores, bocas de incendios, cadros eléctricos, etc.
• Identifica os medios de loita contra incendios e as vías de evacuación e familiarízate con eles.
NON!
Actuación en Caso de Incendio
• Se descobres un incendio, mantén a calma e inmediatamente dá a alarma.
• Se te atopas só, sal do local incendiado e pecha a porta sen chave. Non poñas en perigo a túa integri-dade física.
• Comunica a emerxencia conforme as vías establecidas no teu centro de traballo.
• Non abras unha porta que se atope quente, o lume está próximo; de ter que facelo, ábrea moi lenta-mente.
• Se se prenden as roupas, non corras, tírate no chan e bótate a rodar.
• Se tes que atravesar unha zona ampla con moito fume, procura ir agachado; a atmosfera é máis respi-rable e a temperatura máis baixa. Pon un pano húmido que che cobra o nariz e a boca.
• Se te atopas atrapado nun recinto (despacho, sala de reunións...): » Pecha todas as portas.
» Tapa con trapos, a ser posible húmidos, todas as fendas por onde penetre o fume. » Fai saber da túa presenza (a través da fiestra, por exemplo).
• Se cres posible apagar o lume mediante extintores, emprégaos actuando preferiblemente con outro compañeiro. Sitúate entre a porta de saída e as lapas.
• Emprega o axente extintor máis apropiado á clase de lume.
Clases de Lumes
Clase A: Lumes de materiais sólidos. Clase B: Lumes de combustibles líquidos. Clase C: Lumes producidos por combustibles
gasosos ou líquidos baixo presión. Clase D: Lumes por metais quimicamente moi
activos (sodio, magnesio, etc.).
E
VACUACIÓN
Actuación en Caso Evacuación
• Ao oír o sinal de evacuación por megafonía ou a través do responsable de evacuación da oficina, prepá-rate para abandonar o Centro.
• Desconecta os aparellos eléctricos ao teu cargo.
• Se te atopas con algunha visita, acompáñaa ata o exterior. • Non empregues os ascensores.
• Evacúa o Centro con rapidez, pero non corras.
• Non volvas ao Centro de traballo para recoller obxectos persoais. • Durante a evacuación, segue as seguintes instrucións:
» Realiza a evacuación de forma rápida e ordenada.
» Tranquiliza ás persoas que durante a evacuación, perdesen a calma. » Axuda ás persoas impedidas ou diminuídas.
» Non permitas o regreso ao Centro de traballo a ningunha persoa.
• Abandona o Centro, diríxete ao punto de reunión e non te deteñas xunto á porta de saída. • Permanece no punto de reunión e segue as instrucións dos encargados de emerxencias.
S
EGURIDADE
V
IARIA
Seguridade para peóns
• Cando camiñes pola beirarrúa:
» Presta atención á saída e entrada de vehículos dos garaxes. » Circula sempre pola dereita, sen impedir a marcha dos demais. • Cando teñas que cruzar a calzada:
» Antes de baixar da beirarrúa mira a ambos lados para comprobar que todos os vehículos están deti-dos.
» Atende ás indicacións do axente de tráfico.
» É perigoso cruzar por lugares onde hai vehículos aparcados, se estes ocultan aos que circulan pola calzada.
• Cando camiñes pola estrada:
» Circula sempre pola esquerda, xa que así verás os vehículos de fronte e evitarás o perigo de ser arro-lado.
» De noite, é preciso que os condutores te vexan, leva unha lanterna, ou prendas que reflictan a luz.
Riesgos
S
EGURIDADEV
IARIASeguridade para Condutores
Forma de Conducir e Circular
Os accidentes de tráfico son un dos problemas máis graves que afectan ás sociedades modernas: » É a causa de morte non natural máis frecuente.
» É a causa de morte máis frecuente (natural e non natural) entre os 18 e 25 anos. » É o factor que fai perder máis anos de esperanza de vida á poboación.
Se conduces un vehículo, LEMBRA: Mantemento do vehículo:
• Mantén o teu vehículo nas mellores condicións técnicas: freos, rodas, luces, etc. • Limpa os cristais e espellos, en especial se prevés unha condución nocturna. • Leva os repostos necesarios.
• Cumpre coa obriga de pasar o vehículo pola Inspección Técnica (I.T.V.). Estado Físico do Condutor
• Non conduzas baixo os efectos do alcohol, drogas, fármacos ou outras substancias que poidan dimi-nuír as túas facultades.
• Algúns medicamentos poden producir somnolencia e perda de reflexos. Consulta o teu médico, se tes que conducir.
• Se usas gafas, leva outras de reposto coa mesma graduación.
• Conduce prudentemente e respecta o Código da Circulación.
• Adáptate á velocidade do tráfico e extrema as precaucións se viaxas en condicións climáticas adversas como: choiva, xeo, néboa, etc.
• Mantén a distancia de seguridade co vehículo que te precede. • Emprega sempre o cinto de seguridade.
• Para manobrar con seguridade, mira polos espellos retrovisores e indica coas luces intermitentes, e con suficiente antelación, a manobra.
• Presta a maior atención cando conduzas. Non te distraias con aspectos alleos á condución.
• Mentres conduzas, non empregues teléfonos móbiles. Se é urxente a comunicación, para o vehículo nun lugar seguro.
P
RIMEIROS
A
UXILIOS
Actuación en Caso de Accidente
1
PROTEXER
2
AVISAR
3
SOCORRER
RECOÑECEMENTO
DE SIGNOS VITAIS
A
CONSCIENCIA
B
RESPIRACIÓN
C
PULSO
▼
▼
▼
▼
LEMBRA QUE AO ACCIDENTADO
HAINO QUE TRATAR CON URXENCIA.
NON TRASLADALO CON URXENCIA.
Resucitación Cardiopulmonar
BOCA A BOCA MASAXE CARDÍACA O ritmo no boca a boca e masaxe cardíaca é:
30 COMPRESIÓNS Y 2 INSUFLACIÓNS (100 COMPRESIÓNS POR MINUTO)
• Asegúrate de que as vías respiratorias estean libres.
• Mantén cara a atrás a cabeza do accidentado.
• Mantén cara a arriba a súa mandíbula.
• Aplica os beizos sobre a boca do accidentado e insufla ar obturándolle o nariz.
• Se a boca da vítima está pechada e os seus dentes apertados, tápanselle os beizos co dedo polgar para evitar que o ar se lle esca-pe, ao lle ser insuflado polo nariz.
• Punto da masaxe cardíaca.
• Posición dos talóns das mans na masaxe cardíaca.
• Aplica gasas ou panos limpos sobre o punto sangrante.
• Se non cede, engade máis gasa encima da anterior e fai máis compresión. • Aperta cos dedos encima da arteria sangrante.
• Traslada a vítima ao centro médico máis próximo.
Hemorraxias
Feridas
Queimaduras
➡
➡
• Non uses pomadas. • Tápaas con gasa estéril. • Non manipules a ferida.
• Lávaa con auga e xabón.
• Aplica auga abundante sobre a zona queimada un mínimo de 15 minutos. • Quítalle á vítima a roupa,
aneis, pulseiras, etc., impregnadas de líquidos
• Non uses pomadas. • Cobre as queimaduras
con gasa estéril. • Traslada a vítima ao
centro médico máis
Desmaios
Convulsións
Tóxicos
• Tómbate coa cabeza máis baixa que o resto do corpo.
• Non impidas os movementos. • Coloca a vítima deitada onde non
se poida facer dano.
• Impídelle que se morda a lingua, póndolle un pano dobrado entre os dentes.
En Todos os Casos:
• Recadar información do tóxico (ficha de seguridade e etiqueta). No seu defecto, ou se se require máis información, chamar ao Servizo de Información Toxicolóxica: Tel. 91 562 04 20.
• Se hai signos de asfixia, facer a respiración artificial boca a boca. • Colocar a vítima tendida en posición de seguridade (véxase
figura) e evitar que se arrefríe tapándoa cunha manta. • Trasladar a un centro médico.
En Caso de Inxestión:
• Se está consciente, provocar o vómito, a menos que a informa-ción do produto non o aconselle (corrosivos, hidrocarburos).
O
BRIGAS DOS
T
RABALLADORES EN
P
REVENCIÓN DE
R
ISCOS
Obrigas dos Traballadores en
Prevención de Riscos
O artigo 29 da Lei de Prevención de Riscos Laborais asígnalle ao traballador a obriga de velar pola súa
propia seguridade e saúde no traballo e pola daqueloutras persoas ás que poida afectar a súa activi-dade profesional.
En particular, os traballadores, de conformidade coa súa formación e seguindo as instrucións do empre-sario, deberán:
• Empregar de forma axeitada as máquinas, aparellos, ferramentas, substancias perigosas, equipos de transporte e, en xeral, calquera outros medios cos que desenvolva a súa actividade.
• Empregar e manter correctamente os medios e equipos de protección facilitados polo empresario, solicitando a súa reposición en caso de deterioro.
• Non pór fóra de funcionamento e empregar correctamente os dispositivos de seguridade existentes. • Informar de inmediato ao seu superior xerárquico directo acerca de calquera situación, que ao seu
xuízo entrañe un risco para a seguridade e a saúde dos traballadores.
• Cooperar co empresario para que este poida garantir unhas condicións de traballo que sexan seguras e non entrañen riscos para a seguridade e a saúde dos traballadores.
• O incumprimento das obrigas en materia de prevención de riscos aos que se refiren os apartados anteriores terán a consideración de incumprimento laboral aos efectos previstos no artigo 58.1 do Estatuto dos Traballadores.
Riesgos
Recibín o Manual de Seguridade e Saúde que inclúe os riscos e as medidas preventivas básicas no traba-llo en oficinas e un resumo das obrigas dos traballa-dores contidas no Artigo 29 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
D.N.I.:
Data:
Nome e sinatura do traballador:
MANUAL DE SEGURIDADE E SAÚDE EN OFICINAS
Edita: FREMAP
Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social n.º 61.
Deseña: Imagen Artes Gráficas, S.A.