• Nenhum resultado encontrado

XXV ANIVERSARIO DE NOVA ESCOLA GALEGA: ANOVANDO, APRENDENDO, GALEGUIZANDO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "XXV ANIVERSARIO DE NOVA ESCOLA GALEGA: ANOVANDO, APRENDENDO, GALEGUIZANDO"

Copied!
9
0
0

Texto

(1)

XXV ANIVERSARIO DE NOVA ESCOLA GALEGA: ANOVANDO, APRENDENDO, GALEGUIZANDO 1. PRESENTACIÓN

Nova Escola Galega acaba de celebrar este ano 2008 o seu 25 aniversario, cunha traxectoria marcada polo esforzo galeguizador no marco dun intenso traballo de renovación pedagóxica na defensa da escola pública.

Co gallo deste aniversario, o pasado sábado 13 de decembro, no Museo do Pobo Galego celebrouse un acto do que se ofrece un resumo nesta memoria.

Como mostra deste traballo pedagóxico, Nova Escola Galega entregoulles aos seus asociados e asociadas -e a persoas, institucións e asociacións colaboradoras-, unha memoria USB co obxecto de que poidan gardar os principais documentos elaborados pola asociación durante este tempo, así como distintos materiais didácticos. Este recurso súmase a algúns xa existentes na propia páxina web da asociación www.nova-escola-galega.org, e supón un avance sobre un proxecto de dixitalización das súas publicacións e documentos que se pretende desenvolver no futuro máis inmediato. 2. PROGRAMA E MEMORIA DOS ACTOS XXV ANIVERSARIO

Os actos relacionados co XXV Aniversario de Nova Escola Galega, desenvolvéronse de acordo co seguinte programa:

• 10 h.: Benvida e entrega de documentación.

Aos asociados e asociadas asistentes ao acto e ás persoas convidadas en representación de distintas institucións e organizacións entregóuselles unha carpeta coa seguinte documentación e material:

9 Publicación libro: “Memoria dos 25 anos de NEG: Alicerces para mañá”. 9 Documento: “Alicerces para mañá. Manifesto no XXV aniversario”.

(2)

9 Documento: “A nosa palabra para as novas xeracións de educadores/as no XXV aniversario”.

9 Memoria USB cos logos serigrafados do Aniversario de NEG e da Consellería de Innovación e Industria – Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

• 10:30 h.: Inauguración dos actos polo Presidente de NEG e as autoridades convidadas.

O acto inaugural estivo presidido pola Conselleira de Cultura e Deporte, dona Ánxela Bugallo, acompañada do Presidente de Nova Escola Galega, don Xosé Lastra Muruais, e das seguintes persoas en representación de distintas institucións convidadas:

- Don Elías Torres Feijó, vicerreitor, pola Universidade de Santiago de Compostela,

- Dona Guadalupe Rodríguez Silva, concelleira de Educación e Normalización Lingüística do concello de Santiago de Compostela

- Don Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Vicepresidente do Consello da Cultura Galega.

- Don Isaac Díaz Pardo, Presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.

A Conselleira destacou a traxectoria de NEG nestes vinte e cinco anos de existencia, desexando que os valores que inspiran o seu traballo, anovar, aprender, galeguizar, se vexan reflectidos na realidade educativa do país. Así mesmo as persoas que interviron felicitaron a asociación, recoñecendo e destacando as súas achegas a prol dunha escola máis aberta á realidade e comprometida coa lingua e a cultura propias.

• 11 h.: Mesa redonda “Os MRP: o seu papel na actualidade e prospectiva”.

Os e as participantes nesta Mesa representaban sensibilidades diferentes, como conxunto plural e representativo das organizacións relacionadas coa renovación pedagóxica. Contouse coa presenza de:

(3)

9 Mª Dolores Candedo Gunturiz, Vicepresidenta NEG (moderadora) 9 Ricard Aymerich, presidente da Confederación Estatal de MRP. 9 César Trapiello, en nome do MCEP-FIMEM.

9 Rui Trindade, en nome do Movimento da Escola Moderna portuguesa. 9 Xoán Costa, presidente da ASPG.

No transcurso desta mesa puxéronse de manifesto os avances que se foron producindo neste cuarto de século no modelo de escola pública defendido polos Movementos de Renovación Pedagóxica, así como a potencialidade e limitacións do traballo neste ámbito na actualidade. Os e as relatores/as destacaron o valor das ideas e das accións dos MRP no ámbito da formación do profesorado, na creación de materiais didácticos e na súa adaptación creativa ás características dunha sociedade mediatizada polas tecnoloxías da información e da comunicación, como achegas a transmitir aos novos educadores e educadoras. Así mesmo salientaron o escaso interese que a administración educativa manifesta respecto de experiencias pedagóxicas e formulacións educativas anovadoras, demandando unha maior interlocución.

• 12:30 h.: Pausa-café.

• 12:45 h.: Nomeamento de socios/as de honra:

O acto de nomeamento de socios/as de honra estivo presidido polo alcalde de Santiago de Compostela, Xose A. Sánchez Bugallo, acompañado polo Presidente e o Secretario de Nova Escola Galega. A asociación, por acordo do seu Secretariado Nacional, nomeou socios e socias de honra as seguintes persoas, que foron presentados por distintos asociados e asociadas:

9 Dona Rosa Liñares García, presentada por Esther Vázquez Otero . 9 Don Valentín Arias López, presentado por Agustín Fernández Paz

9 Dona Mª Luísa De la Torre Gómez, presentada por Xosé M. Rodríguez Abella . 9 Don Xesús Alonso Montero, presentado por Antón Costa Rico .

(4)

9 Dona Cristina Álvarez Rodríguez, presentada por Cecilia Bello Rodríguez. 9 Don Xoán Babarro González, presentado por Manuel Bragado Rodríguez.

Nunhas emotivas intervencións destacaron que os seus nomeamentos están sustentados no recoñecemento ás traxectorias profesionais dos e das

homenaxeados/as, desenvolvidas ao longo de moitos anos en Galicia e guiadas polos principios de traballo e loita a prol dun ensino galego, público, democrático e laico, coincidentes cos valores que vén defendendo Nova Escola Galega nos 25 anos de vida. O alcalde rematou o acto, no que se fixo entrega dos correspondentes diplomas de socio/a de honra, agradecendo a Nova Escola Galega o seu labor de recoñecemento e posta en valor do traballo pedagóxico dos ensinantes homenaxeados, como exemplo das posibilidades transformadoras da educación no noso contexto.

(5)

• 13:30 h.: Lectura do “Manifesto dos 25 anos de NEG”.

O Presidente de Nova Escola Galega procedeu á presentación das seguintes publicacións:

9 “Memoria dos 25 anos de NEG: Alicerces para mañá”

9 Documento: “Alicerces para mañá. Manifesto no XXV aniversario”.

9 Documento: “A nosa palabra para as novas xeracións de educadores/as no XXV aniversario”.

9 Publicación sobre normalización lingüística (en proceso).

Helena Zapico Barbeito, membro do Secretariado Nacional, deulle lectura ao “Manifesto dos 25 anos de NEG”.

• 14:15 h.: Clausura dos actos polo Presidente de Nova Escola Galega, acompañado de todas as persoas que exerceron a Presidencia de NEG nestes anos.

Logo da clausura, o remate musical correu a cargo de Xosé V. Ferreirós, e finalmente os/as asistentes procederon a facer unha ofrenda floral no Panteón de Galegos e de Galegas Ilustres.

(6)

Deixaron constancia da súa presenza neste acto cunha foto colectiva na propia escaleira de acceso ao Museo, rematando a intensa xornada cun xantar de irmandade.

3. HISTORIA E INICIATIVAS DE NEG NO ÁMBITO DAS TIC

Co nome de NOVA ESCOLA GALEGA nacía, o 11 de Xuño de 1983, en Santiago de Compostela, un movemento asociativo de base, coa finalidade xeral de impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización lingüística e curricular do sistema educativo de Galicia, e no que confluíron naquel momento grupos de ensinantes de colectivos como Albe, Avantar, Escola Aberta, Escola Dramática Galega, Lubricán, Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega, Preescolar na Casa, Sociedade Galega de Xeografía, Xilbarbeira; todos eles cunha clara traxectoria de compromiso no ámbito da normalización lingüística e da innovación pedagóxica.

Nos seus comezos a posibilidade de introduci-lo galego na escola e a necesidade de abrir camiño cara a maiores cotas de galeguización, tiveron acaparada a capacidade dos diferentes grupos de traballo da asociación en tarefas de elaboración de libros de texto e todo tipo de materiais curriculares (unidades didácticas, renovación de contidos, traducións, materiais audiovisuais...).

Paralelamente, a formación do profesorado para esta tarefa galeguizadora, así como o debate e a reflexión sobre a súa dimensión sociopolítica, constituíron outros dos eixes de traballo do conxunto da asociación.

(7)

Na década dos noventa NEG dálle continuidade a iniciativas normalizadoras de difusión xeral, xa iniciadas anteriormente, como son: a “Revista Galega de Educación”, que comezara a publicarse en 1986, única revista de ámbito pedagóxico editada en lingua galega e con clara vontade galeguizadora; o “Novapaz”, boletín do grupo de Educadores/as pola paz; e distintas publicacións de carácter didáctico.

A preocupación normalizadora resulta en NEG un eixe transversal para o conxunto da asociación e particularmente para os grupos de traballo. Nese sentido cómpre prestarlle tamén atención ás iniciativas levadas a cabo no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación.

Na década dos noventa créase en NEG un grupo de traballo para o intercambio de experiencias no campo do que daquela se denominaba “Pedagoxía da Imaxe”, organizador entre 1992 e o ano 2000 de nove Congresos de carácter internacional “Pé de imaxe”, e que na súa terceira edición en 1995 se completou cun Encontro mundial, que pretenderon e conseguiron ser un espazo de aprendizaxe, encontro e intercambio para todas aquelas persoas vinculadas á Educación para os Medios (EpM), e de indubidable proxección das iniciativas galegas neste ámbito. Todas as actividades

(8)

relacionadas con “Pé de Imaxe”, mantiveron un inequívoco compromiso coa galeguización, conscientes de que a renovación das prácticas educativas a partir da EpM deberían complementarse coa necesaria normalización lingüística e a defensa do noso idioma.

No ano 2005 NEG retoma para un novo debate esta temática, coa celebración en Silleda do “I Congreso Ibérico: A Fenda Dixital. As TIC: retos da educación para o futuro”, que tivo como froito xa no ano 2007 a publicación das súas Actas no libro do mesmo nome.

Nos dous últimos anos, desde “Pé de Imaxe” estableceuse un marco de colaboración co Consorcio Audiovisual de Galicia no programa “Audiovisual nas aulas”, mediante a redacción de distintas unidades didácticas, a participación na organización de senllos “Encontros de Educación Audiovisual” e no Seminario de expertos nesta mesma temática, quen se encargou de elaborar unha proposta sobre os pasos a dar para a integración da Educación Audiovisual no curriculum escolar. O grupo “Pé de Imaxe” promove tamén, xunto cun grupo de debuxantes de banda deseñada, a difusión de conferencias sobre medios de comunicación audiovisuais (cine, televisión, banda deseñada, novas tecnoloxías) que se lles ofertan ós centros do ensino.

Ademais das publicacións mencionadas e doutras moitas de carácter didáctico, NEG encárgase desde o ano 2006 do “Vieiros da escola” sección do xornal dixital Vieiros.com. O “Vieiros da escola”, do que van xa 24 números diferentes sobre outras tantas temáticas é un proxecto aberto que pretende ofrecer ideas e recursos para o traballo na escola e coa comunidade educativa (pais, nais, profesorado) partindo das posibilidades que ofrece a rede, e realizando, respecto dos múltiples asuntos que aborda, un importante esforzo normalizador nun ámbito de vital importancia para a infancia e a mocidade.

Como pode constatarse, unha das liñas de traballo de Nova Escola Galega relaciónase coa análise e a produción de materiais didácticos, asunto ao que se dedicaron distintas

(9)

edicións do “Congreso sobre Materiais e Recursos Educativos”, e no que de maneira crecente cobran protagonismo experiencias e recursos asentados nas ferramentas TIC.

Igualmente no ano 2007 publicouse un novo número da “Revista Galega de Educación”, dedicado á “Competencia dixital e ferramentas TIC”, proxectado no coñecemento das ferramentas tecnolóxicas máis avanzadas.

Finalmente, durante os días 21, 22 e 23 de novembro de 2008, Nova Escola Galega, xunto coas tres universidades galegas organizou o “II Congreso Ibérico: a fenda dixital. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), entre a escola e a comunidade”. Preténdese crear un espazo de encontro entre os profesionais de Galicia e Portugal arredor do estado actual das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), nos contextos escolares e non escolares.

Referências

Documentos relacionados

Segundo Éric Laurent, a psicose ordinária se caracteriza pela não resposta aos significantes-mestres tradicionais, manifestando o fim do poder do Nome-do-Pai como

Apesar dos esforços para reduzir os níveis de emissão de poluentes ao longo das últimas décadas na região da cidade de Cubatão, as concentrações dos poluentes

Os dados referentes aos sentimentos dos acadêmicos de enfermagem durante a realização do banho de leito, a preparação destes para a realização, a atribuição

O canabidiol é um composto presente na planta Cannabis sativa, que promove diversos benefícios à saúde humana, como por exemplo sobre as doenças neurológicas como epilepsia,

Neste artigo serão apresentados os dois sistemas de an- daimes metálicos mais utilizados para elaborar obras arqui- tetônicas utilizando andaimes como elementos estruturais: o tubo

A Sementinha dormia muito descansada com as suas filhas. Ela aguardava a sua longa viagem pelo mundo. No entanto, sempre vivera junto ao pomar do António Seareiro e até

E, a certa altura, ela murmurava para o seu prostrado e inconsciente guerreiro: «não te deixarei morrer, David Crockett!» Não sei porquê, esta frase e esta cena viajaram comigo

Combinaram encontrar-se às 21h