• Nenhum resultado encontrado

Dirección e proxecto editorial. Gravación e produción Francisco Cerdeira Castiñeiras Tomi López Serrano Gloria M. Roel

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Dirección e proxecto editorial. Gravación e produción Francisco Cerdeira Castiñeiras Tomi López Serrano Gloria M. Roel"

Copied!
14
0
0

Texto

(1)
(2)

O libro Miau, miau Música 1 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial Primaria. © GALINOVA EDITORIAL, SL Depósito legal: C 1843-2010 ISBN: 978-84-9737-128-5 1ª edición 2010 Printed in Spain Autoras

Susa Herrera Ruiz Gloria Mosquera Roel

Contos

Cristina Sanmartín Veiga

Asesor lingüístico

Xosé Sánchez Puga

Gravación e produción

Francisco Cerdeira Castiñeiras Tomi López Serrano

Gloria M. Roel

Voces nenos/as

CEIP de Tarrío (Culleredo)

Músicos

Pablo Dalama Piñeiro (frautas) Diego Maceiras Pedreira (acordeón)

Rodrigo López Muñoz (batería)

Francisco Cerdeira Castiñeiras (guitarra eléctrica/voz) Tomi López Serrano (baixo/guitarra)

Gloria Mosquera Roel (voz)

Ilustracións

Marta Rivera Ferner Mónica Malvar Rodríguez

Deseño e maquetación

Mónica Malvar Rodríguez Bernardo Romay Mos

Imprime

Galigraf

Dirección e proxecto editorial

Telmo Eiriz López

Queda prohibido, agás excepción prevista pola Lei, calquera forma de reprodución, comunicación pública ou transformación desta obra sen contar coa autorización dos titulares da propiedade intelectual. A infracción dos dereitos mencionados pode ser constitutiva de delito contra a Lei de Propiedade Intelectual, artigos 270 e seguintes, do código penal.

Reservados todos os dereitos. GaliNova Editorial SL puxo todos os medios ao seu alcance para recoñecer en citas ou referencias os eventuais dereitos a terceiros e cumprir todos os requisitos establecidos pola Lei de Propiedade Intelectual.

GALINOVA EDITORIAL, SL

Rúa Rafael Bárez Vázquez, 8-bis 15009 A CORUÑA

Teléfono: 981 139 057 Fax: 981 175 364

e-mail: galinova@galinovaeditorial.com Web: www.galinovaeditorial.com

(3)

UNIDADE 1

FICHA 1

(4)

Conto: Valentín vai á escola

Hoxe Valentín esperta con moito sono, é máis cedo que outras veces, cústalle abrir os ollos cando a súa nai o chama: “Arriba, durmiñón, hai que ir ao cole!” De seguida lembra, hoxe empeza no novo cole! El xa foi á gardería os outros anos, pero agora vai ir ao dos maiores, a onde vai tamén a súa irmá.

Pola rúa, da man da súa nai, Valentín nota un remuíño na barriga, como será o novo cole?, haberá moitos nenos e nenas? A súa irmá xa lle ten falado de que é moi grande, que ten randeeiras e tobogáns... Está desexando chegar!

– Que ben peiteado vas Valentín!– saúdao Fuco, o panadeiro do seu barrio.

– Vou ao cole novo, ao dos maiores!– contesta Valentín. O colexio está a pouca distancia da súa casa. Cando se van achegando, Valentín vai vendo como outros nenos e nenas camiñan tamén, coas súas mochilas ao lombo, cara á escola. El tamén leva a súa mochila nova. É vermella cun debuxo de Spiderman, gustoulle en canto a viu na tenda. Spiderman é o seu heroe. Dentro leva o mandilón, un pano para os mocos, e unhas galletas das que máis lle gustan, de chocolate.

Cando entran no patio do cole, Valentín sente medrar as cóxegas na barriga.

– Mamá, dóeme a barriga –di o neno.

A mamá mírao con cariño e xa sabe o que lle pasa.

– Non te preocupes, iso pásalle a todos os nenos antes de coñecer a súa nova escola.

No patio, Valentín ve moreas de nenos e nenas, algúns moi grandes, como a súa irmá. Estanse colocando en filas. A súa mamá lévao á fila dos máis pequenos. Algúns choran, por que? Toca o timbre e unha muller de pelo case vermello e con rizos saúdaos cun gran sorriso. A Valentín gústalle a súa “profe”, ese pelo lémbralle ao dos pallasos, e estes fano rir.

A súa irmá vai cara a unha aula do andar baixo. Entran todos, as mamás despídense. Algúns choran máis, pero el non está triste, sabe que a súa mamá o estará esperando cando saia, coma sempre. Mira ao seu redor e gústalle a aula: as mesas de cores, os debuxos nas paredes, unha alfombra cun montón de xoguetes, un andel cheo de libros; a Valentín encántanlle os libros, sobre todo de animais. Tamén hai nun recuncho unha morea de instrumentos que Valentín recoñece: pandeiretas, cunchas, maracas, paus. Neste cole tamén se fai música, Valentín está encantado. Na súa familia todos tocan algún instrumento e el vai a aprender a tocar o violín coma o seu tío Martín.

Obxectivos da ficha:

Introducir ao alumnado nos instrumentos da aula. Escoitar ou ler o conto co apoio visual da lámina.

(5)

UNIDADE 1

M O

Z

A

R

T

M

O

Z

A

R

T

FICHA 5

NOME:

(6)

Serenata nocturna

Wolfie, como lle chamaban a Mozart de pequeno, era un neno ao que lle gustaban tanto os animais como a música. Nas tardes de verán encantáballe saír ao xardín da súa casa e coller bechos: escaravellos, formigas, arañas, e outros. Logo metíaos en caixiñas e gardábaos na súa habitación, agochados, ata que a súa nai os atopaba e berráballe, botando de volta os bechos ao xardín.

O que máis lle gustaba era coller grilos. Metía unha palliña polo furadiño do seu escondedoiro e facíalles cóxegas ata que saían. Tamén era moi rápido para atrapar as ras que nadaban no estanque dos peixes; aínda que ás veces se lle escorregaban entre os dedos e o neno caía á auga. Daquela, mamá berraba outra vez porque estaba mollado e metíao na casa para cambiarlle a roupa, pero el aproveitaba calquera ocasión para volver ao xardín e seguir cazando bechos.

Pero cando máis lle gustaba o xardín era polas noites. Despois de cear o seu pai sentábase no salón a tocar o piano e Wolfie saía de novo ao xardín. A noite coas estrelas brillando no ceo, estaba chea de música co canto dos grilos, cri, cri, cri! e a chamada das ras, croac, croac, croac! Wolfie colocábase debaixo da ventá aberta do salón, por onde saía a música do piano e, pechando os ollos, facía correr os seus dedos polo banco de pedra como se tocase o piano. Imaxinaba que era o pianista dunha grande orquestra e os grilos e as ras acompañábano cos seus instrumentos. Era feliz e saudaba a un público imaxinario cando remataba como se lle aplaudisen. Cando Mozart foi máis grande e comezou a escribir música, lembraba aquelas noites coa súa orquestra de grilos e ras do xardín e decidiu escribir unha obra musical chamada Pequena serenata

nocturna que lle gustou moito á xente, xa que lles facía

lembrar tamén aquelas noites de serenatas do verán cos grilos e as ras cantando.

Desenvolver o gusto pola música clásica.

Escoitar Pequena serenata nocturna de W. A. Mozart.

Escoitar o son do piano na audición Marcha turca de W. A. Mozart.

Aprender o nome e algúns dos aspectos máis relevantes do compositor da obra.

(7)

UNIDADE 1

FICHA 6

(8)

Obxectivos da ficha:

Coñecemento instrumental: o piano. Colorear as teclas negras do piano.

(9)

UNIDADE 3

FICHA 11

(10)

Obxectivos da ficha:

Recoñecer e identificar sons da natureza. Sinalar cando recoñezamos os sons. Imitar os que escoitamos.

Aprender unha adiviña:

CON VARIÑAS ME SOSTEÑO E COA CHOIVA VOU E VEÑO.

(11)

UNIDADE 4

FICHA 15

(12)

Elaborar instrumentos con materiais de uso cotián.

Levar a ficha á casa e buscar obxectos parecidos para traer á clase e facer un conxunto instrumental.

(13)

UNIDADE 7

FICHA 29

(14)

Obxectivos da ficha:

Coñecemento instrumental: a trompeta.

Escoitar: Trumpet concerto de Haydn. Levantar a man cando recoñezamos o instrumento. Colorear o instrumento mentres escoitamos o seu son.

Aprender o texto rítmico:

A TROMPETA TROMPETEIRA ENTRE DÚAS TROMPAS ESTÁ,

TROMPA TEN O ELEFANTE QUE A TROMPETA TOCARÁ.

Referências

Documentos relacionados

d) independentemente dos registros contábeis cabíveis, nas notas explicativas aos balanços da sociedade - conforme determinado pelo item XVI do Título 4 do Capítulo II

Apesar do glicerol ter, também, efeito tóxico sobre a célula, ele tem sido o crioprotetor mais utilizado em protocolos de congelação do sêmen suíno (TONIOLLI

Esperar que as mudas de regeneração natural atinjam aproximadamente 20 cm de altura na floresta e transferi-las para recipientes que são levados para um viveiro e

Os exemplos de proteção aos cadáveres e, conseqüentemente, às armas do guerreiro abatido são inúmeros: Ájax, Telamônio, ao matar Ânfio, corre para despojá-lo, mas os troianos

Os resultados indicam que a desidratação osmótica dos chips de batata-doce biofortificada em concentrações de 50°, 60° e 70°Br ix apresentou diferenças nas duas

Quando as carnes in natura (bovina, suína, frango, peixe e outros) e seus produtos cárneos, que são utilizados na alimentação humana, iniciam o processo

Figura 4.1 - Variação da pressão na cavidade do molde com o tempo - PEAD 7731 Figura 4.2 - Variação da pressão na cavidade do molde com o tempo - PEAD 7625 Figura 4.3 -

Os candidatos deverão enviar para o e-mail que será divulgado no dia do Resultado da etapa de Dinâmica de Grupo, as cópias dos comprovantes de escolaridade e experiência