• Nenhum resultado encontrado

Letras, Galegas Maria Marino

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Letras, Galegas Maria Marino"

Copied!
12
0
0

Texto

(1)

1. Noia. Nacemento

NOIA

Campanas que tocades todas do mismo xeito,

unhas chegádesme á alma e outras ó pensamento.

Pobos donde eu vivín! Algúns eran máis feitos e querianme engañar,

mais eu nunca sentín neles o meu fogar.

O meu fogar téñoo en ti:

no teu vivir e nas tres pontes e das campanas os toques, toques que eran pra mín.

Fóra de ti cando as oio, e sendo o mismo tocar, recólloas no pensamento xa non pasan máis alá.

María Mariño. Noia. De Palabra no tempo. Ed. Celta. Lugo. 1963

Letras Galegas

2007

(2)

2. Torres de Goián.

O achegamento aos libros

CRUCEIRO

Entre o cruceiro vou indo e del non me sei volver.

Somos terra de cruceiro, somos coroa esquecida, somos bágoa doutro peito

María Mariño. De Palabra no tempo. Ed. Celta. Lugo. 1963

Letras Galegas

2007

(3)

3. A paisaxe do Courel.

O marco que define o cadro

27

Baixa a aiga, baixa,

tecendo voltas e máis voltas, facendo caracol sin casa.

Avisa o galo,

a pita nun berro longo fuxe. A chuvia fala,

peneira o rego.

Casiñas vellas fumean e din: “Delas son,

delas son”.

María Mariño. 27. De Verba que comenza. Concello de Noia. 1990

Letras Galegas

2007

(4)

4. O oficio de labrego.

Unha vida dura

A vida tradicional no campo, a comezos do século XX, cando nace María Mariño, era moi dura. O sistema agrario, baseado nun cultivo arcaico e extensivo das leiras, apenas producía o necesario para subsistir. De sol a sol, e con pouca axuda técnica, os labregos investían o seu esforzo en ocupacións moi fatigosas, como a carda de carros, as mallas e as estivadas. Nesas circunstancias, dende o máis vello ao máis pequeno, todos os membros da familia víanse obrigados a participar nas múltiples

tarefas que, acotío, precisaba a pequena explo-tación agrícola que era a casa.

A situación agrávase máis no caso dos nenos que, cando podían acudir á escola, tiñan que seguir colaborando nos labores, especialmente no pastoreo e coidado do gando.

Texto: M.ª Dolores Orellán

Letras Galegas

2007

(5)

5. As lavandeiras.

Voces no río

FURNA SON DE SAN PAIO

Furna son de San Paio

A ponte de San Paio veome nun vello cantar. Vía pombiñas nela,

vía o río cabalgar

por entre redondas pedras de espellado bon mirar. Tiña casiñas brancas cas tellas colorear.

Foise o cantar en vello. A ponte en min a brilar...

María Mariño. De Palabra no tempo. Ed. Celta. Lugo. 1963

Letras Galegas

2007

(6)

6. Os polbeiros.

Unión de mar e terra

O polbo poucas veces falla nas feiras, á parte de certos días do ano en que é

prato de obriga nas festas “de pote”.

Os polbeiros mercan o polbo seco que pre-paran os da costa: téñeno en sacos.

Levan tamén a caldeira de cobre para o cocer e os pratos e garfos de madeira para o servir. Como complemento, figuran os trespés, as tesoiras e os ganchos, todo de ferro. Algúns levan tamén o aceite, o allo e o pemento para condimentalo,

aínda que outros deixan que o consumidor merque estes produtos onde queira.

Texto: M.ª Dolores Orellán

Letras Galegas

2007

(7)

7. Gaiteiros.

A outra poesía

Non hai, claro está, festa sen música. As ledas angueiras do noso agro contan con mozos

que saben tocar a gaita ou a frauta e que se encargan de facelo, cando é preciso, nas festas e romaxes. É necesario que se toque moito e seguido, con instrumentos variados e

acordes para que luza a festa. Os gaiteiros adoitan seren tres: gaita, caixa e bombo. Por

veces, engaden outra gaita e, modernamente, outro instrumento que desentoa definitivamente: o cornetín.

Os gaiteiros (a caixa e o bombo) ensaian ao longo do

ano na casa dun deles, cando os deixa libres o traballo.

Texto: M.ª Dolores Orellán

Letras Galegas

2007

(8)

8. Emigración.

O sangue derramado

Arbre núo e triste, con ollos de pinguada, nas miñas ondas entrabas.

Hoxe que xa saín á praia da soedá,

Arbre aboia contento nas froriñas do seu mar.

Lévame nas ondas túas como flaira de enxendrar! Lévame como nacida, nacida na Primavera,

-marea soia da Verdá!-.

María Mariño. Sen título. De Palabra no tempo. Ed. Celta. Lugo. 1963

Letras Galegas

2007

(9)

9. Faladoiros no Courel.

Fuxindo do illamento

“revelación dunha intimidade impresio-nante do ego da escritora cas cou-sas, de un desvelamento e senso tráxico do ser do tempo na serra”.

[…]

“poeta abisal, posuidora dunhas vivencias líricas en nivel máximo”.

Ramón Otero Pedrayo. Prólogo a Palabra no tempo. Ed. Celta. Lugo. 1963

Méndez Ferrín. Artigo publicado en La Noche. 1964

Letras Galegas

2007

(10)

10. Palabra no tempo.

Alma cristalizada

Ó muíño, hoxe, da laxe

fáltalle auga e cantar ben. Laxe trocada en area.

A ponte arcos non ten. Cegoume hoxe a mirada onde onte medrou o ter. Pombiñas alí non voan nin o sapo canta ben. O cuco é o que sabe... que o seu cantar vello é.

María Mariño. Sen título. De Palabra no tempo. Ed. Celta. Lugo. 1963

Letras Galegas

2007

(11)

Elexía previa a María Mariño

Quedou sin nome o cor escuro

a chamada xorda o muricego i a silveira, os bichiños pequenos i a súa escura vida.

A fala galega xa non se moverá en cen anos: as palabras seguirán ehí.

A tua cara de elexía volta cara a vida.

Ven a noite mesta de tanta perda e guíndase contra min.

Estounte vendo einda

i escríboche esta elexía. Onde

podería eu levar a forza contra´o meu o golpe-inorde que ven que chega,

deixando o teu corpo como unha voce.

Pecharal´os ollos cun vento do revés zoando tódalas follas de costas na direución do luito. Sombra mesta, grande mesta,

Péchate co mundo i esconde todo para non ver. pra que esto non medre así.

Parece que canto a miña morte. E verche sorrir dentro dun intre.

Non sabes que logo te irás sin despedir. Baixa esa mao para pecharme o corazón.

Uxío Novoneyra. Courel. Febreiro de 1966

Letras Galegas

2007

(12)

Créditos

Colexio de Educación Especial “Santiago Apóstolo” As Xubias, 15 • 15006 A Coruña

Xilografías

Mª Jesús Amado Amado Mª Victoria Amado Amado

Textos

Mª Dolores Orellán Valiño

Colaboran

Dolores Aurora Suárez Paradela Elia Díaz Taboada

Esther García González Miguel Ángel Peña Rodríguez

Mª Luz Barreiro Garea Patricia Rodríguez Bardanca

Virginia Morán Núñez

Letras Galegas

2007

Referências

Documentos relacionados

Deliberação: Aprovado por unanimidade de votos pelo indeferimento do cancelamento de registro profissional REDISTRIBUIDO AO CONSELHEIRO ANDRE BERNARDI CANDEIA..

Assim sendo, naqueles municípios goianos cujo número total de bicudos adultos capturados no segundo período de avaliação, superou à média de 12,4 vezes de aumento em relação

17 CORTE IDH. Caso Castañeda Gutman vs.. restrição ao lançamento de uma candidatura a cargo político pode demandar o enfrentamento de temas de ordem histórica, social e política

O enfermeiro, como integrante da equipe multidisciplinar em saúde, possui respaldo ético legal e técnico cientifico para atuar junto ao paciente portador de feridas, da avaliação

Procura criar novo valor para os clientes e compartilhar esse valor entre produtor e consumidor. Reconhece a importância dos clientes individuais, não apenas como

O Tema 793 argumenta sobre: “A correta judicialização da saúde pública deve compatibilizar as regras de financiamento da assistência farmacêutica com a responsabilidade

•   O  material  a  seguir  consiste  de  adaptações  e  extensões  dos  originais  gentilmente  cedidos  pelo 

Realmente, as contribuições da formação continuada de professores são inúmeras e possibilitam aos profissionais de educação aprimoramento do seu perfil