• Nenhum resultado encontrado

OTECOREDI O TEATRO NAS COMPETENCIAS DIDÁCTICAS: ANIMAMOS A POESÍA DE MANUEL.

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "OTECOREDI O TEATRO NAS COMPETENCIAS DIDÁCTICAS: ANIMAMOS A POESÍA DE MANUEL."

Copied!
22
0
0

Texto

(1)

UNIDADE DIDÁCTICA

OTECOREDI

O TEATRO NAS COMPETENCIAS DIDÁCTICAS: ANIMAMOS A POESÍA DE

MANUEL.

1.- Xustificación.

Presentamos unha nova obra teatral “CAMIÑANDO CON MANUEL MARÍA” utilizando a poesía de

Manuel María, como un recurso para o desenvolvemento das competencias didácticas de “comunicación

lingüística”, “cultural e artística” e aprender a aprender”. Elaboramos unha guía de traballo que a

continuación será presentada.

Valoramos e utilizamos o teatro como medio para aprender a entoar, memorizar, expresarse,

desinhibirse, desenvolver a imaxinación… Tamén usamos o teatro como medio sociabilizador e integrador

social no campo educativo. Traballamos as Tics como instrumento de traballo (video e ordenador) e como

recurso de comunicación e os diferentes aspectos artísticos como a elaboración do escenario en 3D,

vestiario… , a musicalización de poesías con músicas coñecidas e a elaboración de danzas con algunhas

das mencionadas cancións. Ademais tratamos un tema presente na nosa cultura como é o camiño de

Santiago.

2.- Guía didáctica.

Esta guía está pensada como material de traballo na aula, completando así a interpretación da obra

teatral “CAMIÑANDO CON MANUEL MARÍA” ou a visualización da citada obra. A obra está dirixida para o

alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria. Coa aplicación desta guía de traballo pretendese reforzar

os contidos que aparecen na obra e sacarlles o máximo partido aos mesmos.

Con intención de facilitar a tarefa do mestre, este documento pretende ser unha axuda que achega

información sobre o argumento da obra teatral, a figura e a obra de Manuel María, o camiño de Santiago e a

cultura da nosa terra.

O contido da guía contén un primeiro apartado Que imos interpretar? no que se describe o

desenvolvemento da obra. Logo un segundo apartado Que temos que saber? coa documentación necesaria

sobre Manuel María, a súa obra e o camiño de Santiago. E por último, as propostas didácticas baixo o

encabezado de Que temos que traballar?.

Esta guía é unha proposta flexible e aberta a calquera modificación para unha mellor adaptación ao

alumnado a quen vai dirixida.

2.1.- Obxectivos xerais

*Desenvolver mecanismos de sensibilidade estética e a creación artística para promover a

percepción e expresión de ideas, emocións, sentimentos, e vivencias.

*Formar progresivamente o sentido estético persoal como recurso para apreciar e valorar elementos

constitutivos das artes e obras artísticas.

*Valorar e compartir manifestacións artísticas do patrimonio cultural galego.

*Recoñecer, valorar e apreciar a existencia de identidades sociais e culturais diversas con

características propias e singulares (costumes, celebracións, lingua…).

*Identificar o patrimonio natural, cultural, histórico e artístico galego.

*Utilizar a lingua oral de xeito adecuado na actividade social e cultural adoptando unha actitude

respectuosa e de cooperación.

(2)

*Usar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal, e aproximarse a obras

relevantes da tradición literaria galega.

*Comprender textos literarios de xéneros diversos procedentes da literatura infantil e xuvenil galega.

*Utilizar as Tics e a biblioteca para obter, interpretar e valorar informacións.

2.2.- Obxectivos específicos desta guía de traballo.

*Utilizar o teatro como medio de integración social no ámbito educativo e traballar a

interdisciplinariedade do teatro como recurso educativo.

*Descubrir a Manuel María e a súa obra dentro da literatura galega.

*Potenciar o gozo pola lectura de poesía e pola interpretación dos poemas e da obra teatral.

*Fomentar a utilización das Tics e da biblioteca para obter, interpretar e valorar as distintas

informacións.

*Recoñecer e valorar o camiño de Santiago, os lugares por onde pasa, o patrimonio natural, cultural,

histórico e artístico, ademais dos costumes e celebracións destes pobos.

*Apreciar o papel das matemáticas na vida cotiá, co emprego de instrumentos e estratexias de

medida e a utilización e recoñecementos das formas xeométricas do contorno natural e cultural.

2.3.- Contribución ao desenvolvemento das competencias básicas.

*Competencia social e cidadá:

- Concienciar o respecto por “si mesmo” e por “os demais”.

- Afianzar a convivencia como modelo social.

-Desenvolver habilidades de cooperación para conseguir un resultado grupal satisfactorio.

-Comprender a realidade da pluralidade social actual coa que convivimos e aprender a respectarnos.

-Coñecer, valorar e gozar do contorno natural, social e cultural, fomentando a súa conservación.

-Aceptar nas representacións e nas actividades grupais aos compañeiros sen discriminar a ninguén.

-Participar nas actividades de grupo con interese y sen inhibicións.

*Competencia lingüística:

-Utilizar a linguaxe e o corpo como instrumentos de comunicación, interpretación e representación.

-Valorar o teatro como recurso educativo pola súa interdisciplinariedade.

-Aprender vocabulario, expresións, xogos e cancións populares.

-Potenciar a lectura e interpretación de poemas de autores galegos.

-Conversar e elaborar xuízos críticos sobre a capacidade de convivir e de resolver conflitos.

*Competencia matemática:

-Interpretar e expresar con claridade e precisión informacións, datos e argumentacións.

-Aplicar estratexias de resolución de puzzles, xogos, danzas…

-Seleccionar técnicas adecuadas para representar e interpretar a realidade a partir da información

dispoñible en mapas.

-Secuenciar situacións inventadas e da vida cotiá.

-Traballar as figuras xeométricas no contorno natural e cultural.

*Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:

-Interactuar co mundo físico traballando os xogos populares.

(3)

-Moverse no espazo determinado e resolver problemas nos cales interveñen os obxectos e a súa

posición.

-Traballar a correcta utilización do movemento do corpo por medio da actividade física.

-Realizar observacións directas, identificar problemas, propoñer e contrastar solucións.

*Tratamento da información e competencia dixital:

-Utilizar os recursos tecnolóxicos para recoller información, ser transmisores e xeradores da

información e dos coñecementos.

-Traballar con recursos tecnolóxicos para resolver problemas reais de modo eficiente, mediante

xogos que posibilitarán a autoavaliación.

*Competencia cultural e artística:

-Coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e

artísticas.

-Utilizar a imaxinación e a creatividade para expresarse mediante códigos artísticos (interpretación,

danza, canto,…).

-Usar diferentes técnicas para a creación de obras plásticas (vestiario, decorados…)

-Potenciar a expresión corporal na dramatización e na danza.

-Identificar as relacións destas manifestacións e a sociedade.

*Competencia para aprender a aprender:

-Aprender a ter capacidade autocrítica, reflexionando sobre o esforzo e logros conseguidos por

medio da autoavaliación.

-Ter iniciativa persoal na execución de xogos e actividades respectando as normas de convivencia.

-Ter curiosidade e interese individual na aprendizaxe do desenvolvemento da personalidade.

-Aprender e practicar estratexias lingüísticas para poder expresar solucións pacíficas dos conflitos.

*Autonomía e iniciativa persoal:

-Desenvolver a confianza en si mesmos mediante a dramatización con xestos individuais e grupais,

ademais das coreografías.

-Fomentar o espírito de superación nas actividades individuais grazas ás loubanzas e ánimos do

profesorado.

-Valorar o coidado do corpo xa que é un medio de expresión e comunicación.

3.- Qué imos interpretar ou visualizar?

3.1.- A obra teatral “CAMIÑANDO CON MANUEL MARÍA”.

O Camiño é unha obra teatral escrita por un grupo de catro mestres que traballamos en diferentes

centros pero con parecidas expectativas, polo que sentimos a necesidade de seguir constituíndo un

seminario permanente que nos permita realizar actividades como esta, para poñer en práctica co noso

alumnado e dalo a coñecer ao resto de compañeiros.

CAMIÑANDO CON MANUEL MARÍA

(De fondo as murallas de Lugo, catro nenos len un poema nun cartel) Matrona e nai, bosque sagrado:

(4)

Agora as túas árbores son torres de laxe, cantería e cemento. A muralla é

a sebe que protexe e pecha

o teu círculo máxico e sagrado como ollo misterioso e xigantesco, a espreitar as grandes nubes tráxicas

que choran sobor de ti a súa tristura inconsolable. (Aparece Manuel Mª)

-Bos días, nenos, parece que vos gusta ese poema. ROSIÑA -É ben bonito.

XAN -Quén será este Manuel Mª ?

MANUEL MARÍA - Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha caste rexa de labregos fieles á súa terra e ao seu Deus. Agora son un namorado.

Eu son Manuel María,

cantor da Terra Chá que algunhos din. Cantor da terra chá que leva un clavada nas entrañas, penso eu. Eu son Manuel María,

labrego con algo de poeta. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño, e pídolles ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade. Non teño máis tarefa:

son unha humilde folla que salaia na noite escura movida polo vento. Eu son Manuel María,

un son tan só, lonxano e feble. MANUEL MARÍA – E vós, como vos chamades? ROSIÑA - Eu son Rosiña, filla doutra Rosa. XAN - Eu Xan, o máis pillabán.

CARMELA - Eu Carmela, filla da Manuela

BIEITO- E eu o Bieito, que nunca ando ao dereito.

MANUEL MARÍA- Pois eu, como vos dixen, Manuel María, o que pasea de noite e dorme de día. CARMELA - Así que ti escribiches este poema sobre Lugo?

MANUEL MARÍA – Si, escribín ese e moitos máis. E logo vós que facedes por aquí?

BIEITO - Nós iamos facendo o camiño de Santiago, pero parece que nos perdemos. ROSIÑA - Ti como dis que es de aquí podíasnos axudar.

XAN- Ou mellor, podías vir con nós.

(5)

MANUEL MARÍA- Ben, eu vou con vós, pero con dúas condicións. A primeira, que temos que volver ao Cebreiro, que é alí onde empeza o camiño galego. E a segunda, que en cada lugar que paremos vouvos pór unha proba.

BIEITO - Unha proba? Xa estamos cos exames! Non será moi difícil?

MANUEL MARÍA- Non, será ben doada, eu vouvos regalar uns libros coa miña poesía e vós teredes que atopar poemas sobre as cousas que vos vou contando. Todos de acordo?

ROSIÑA, XAN, CARMELA e BIEITO - Si, si.

MANUEL MARÍA- Pois entón, camiñante ao teu camiño! (Paisaxe, o sol movéndose, soa “camiño longo”…)

(O Cebreiro)

MANUEL MARÍA - Aquí estamos, en Pedrafita do Cebreiro. Esta pequena igrexa que vedes aquí é a de Santa María A Real, do século IX. E nela tivo lugar o chamado milagre do Cebreiro, o Santo Graal. ROSIÑA - O santo que?

MANUEL MARÍA- O Santo Graal. Nesta terra os invernos son moi duros, neva moitas veces e segundo conta a lenda nun día de duro inverno un veciño dunha aldea de por aquí subiu para escoitar a misa, como facía todos os días, o cura pensou, tamén fai falta ser parvo para nun día coma o de hoxe vir ata aquí para ver un cacho de pan e un vaso de viño, no momento da consagración o pan e o viño convertéronse en carne e sangue diante dos ollos do incrédulo cura. No altar consérvanse nunha vitrina o cáliz e a patena na que tivo lugar o milagre, e un relicario coa sangue e a carne de Xesucristo. Tamén hai unha imaxe de Santa María A Real coa cabeza inclinada, din que lle quedou así de mirar para o milagre.

XAN – Moi interesante, despois quero ir velo todo.

CARMELA – E logo aquela casa redonda co tellado de palla que é?

MANUEL MARÍA - É unha palloza, e aquí hai varias, que eran as casas que había por estes lugares hai moito tempo. E esa que vedes aí está convertida nun museo etnográfico.

BIEITO – Etno qué?

MANUEL MARÍA - Etnográfico, un museo dedicado a recoller a historia dun pobo, e neste podemos ver como eran estas casas coa súa lareira, os cuartos para durmir e as cortes dos animais e tamén ferramentas e apeiros de labranza. Por certo, primeira proba, atopar un poema que eu escribín a un apeiro de labranza.

(... miran nos libros) ROSIÑA – Eu atopei un! XAN – Eu teño outro!

ROSIÑA – O meu chámase “O carro”. XAN – O meu “ O arado”.

MANUEL MARÍA – Moi ben, primeiro o do arado, le. XAN – Labrado da miña mao

fixen coa miña navalla, un aradiño de pao... Leva timón e chavella ¡E unha rella furadora feita dunha lata vella! ... Ten orelleiras; rabela tan luída e rematada ¡que namora mirar pra ela! O meu arado é tan feito ¡que pode mesmo esfender Labradíos a barbeito…!

(6)

¡Teño xa que darlle estreno ao meu arado arador, ao meu arado pequeño…! ¡E non sei a onde hei de ir busca-los bois que preciso, busca-los bois pra xunguir!

MANUEL MARÍA - E agora tócalle ao carro. ROSIÑA – Non canta na Cha ninguén.

Por eso o meu carro canta. Canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai carro tan fermoso: fino como un asubío.

Anque é, ás vegadas, saudoso, faise, no ar, rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. ¡Que fermosa a súa feitura! ¡Que lixeireza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde o meu carro pasa. ¡Carrétame herba pro gando! ¡Tráeme a colleita pra casa!

MANUEL MARÍA - Ben, ben, proba superada. Imos ver entón todo isto e logo ... camiñante ao teu camiño.

(Paisaxe, o sol movéndose, soa “camiño longo”…) (Samos, o mosteiro)

MANUEL MARÍA- Boa camiñata fixemos. ROSIÑA – E ese castelo?

XAN – Non ves que ten campás, é unha catedral.

MANUEL MARÍA – Isto é un mosteiro, o Mosteiro de San Xulián de Samos, ben antigo pero ben conservado, e que poden usar os peregrinos coma nós para descansar nel, e ademais aquí cómense boas troitas e anguías deste río que pasa por aquí.

CARMELA – Entón imos velo e descansar. MANUEL MARÍA – Ben, pero antes outra proba.

BIEITO – Temos que buscar unha poesía sobre o mosteiro?

MANUEL MARÍA – Non, mirade para aquel prado, coñecedes aquel animal que está alí pacendo. ROSIÑA – Si, é un cabalo pequeno.

XAN – Non oh!, ese é un burro.

MANUEL MARÍA – Un burriño, si. E o poema que tedes que buscar está dedicado ao burro. Xa. BIEITO – Xa o teño eu.

O meu burriño ¡Arre, corre, meu burro trotón, meu burriño manso, meu burriño …

MANUEL MARÍA – Xoooooo! Para o carro, ou, mellor dito, para o burro.

(7)

Quen ten boa cabeza para levar unhas orellas de burro? XAN – Eu, que a teño ben grandiña.

MANUEL MARÍA – Pois poñémosche as orellas a ti. Agora precisamos doutro que non lle importe levar rabo. BIEITO – Eu levarei o rabo.

MANUEL MARÍA- Non se fale máis, ti levas o rabo. E ti Carmela colles o ramal e chamas ao burro. ROSIÑA – E logo eu non vou facer nada?

MANUEL MARÍA – Si, si. Ti poste detrás e coa vara esa vaslle afalando, pero amodiño, eh!, non nos vaias derrear o burro.

E a miña capa ben lle serve de albarda. Todos preparados..., atento burriño. (O meu Burriño)

¡Arre, corre, meu burro trotón, meu burriño manso, meu burriño bon! -¡Corre meu burriño, non galopes, voa! ¡A ver se lle gañas Ó vento que zoa! -¡Arre, meu burriño, que es un preguiceiro! ¡A ver se lle gañas ao vento lixeiro…! -¡Corre, meu burriño, nos cascos pon ás! ¡Se queres, o vento deixarás atrás…! -¡Arre, meu burriño! ¡Corre máis deprisa! ¡Que se perde o vento xa verás que risa…!

MANUEL MARÍA – Eu creo que lle gustou ben, aínda que ornear non orneou. Imos logo ao Mosteiro e despois... camiñante ao teu camiño.

(Paisaxe, o sol movéndose, soa “camiño longo”…) (Un monte, con toxos, ao fondo un pobo...)

MANUEL MARÍA – Amodiño rapaces, que eu xa vou canso. Vedes aquel pobo aló ao fondo, é Palas de Rei. Bo sitio para unha nova parada.

XAN – Neste monte hai moitos toxos.

ROSIÑA – E mira que flores máis bonitas teñen.

MANUEL MARÍA – E vós sabedes como se chama a flor do toxo? ROSIÑA, XAN, CARMELA e BIEITO – Non, non, eu tampouco.

MANUEL MARÍA – Un xeroglífico. Empeza pola primeira sílaba de algo doce que bos gusta moito aos rapaces para a merenda.

CARMELA – Eu, xa, chocolate. BIEITO – Entón, empeza por cho.

(8)

MANUEL MARÍA – Si, e sigue con algo que usamos moito os poetas para que a nosa poesía quede bonita e soe ben.

ROSIÑA – Bonita e soe ben?, a gaita, a gaita!

XAN – Ti viches algunha vez facer poesía cunha gaita? Ti non pensas Rosiña. BIEITO - Eu, eu, eu! A rima, a rima. Cho, chorrima!

MANUEL MARÍA – Aplícalle a ortografía, Bieitiño.

CARMELA – Claro, o r no medio soa suave, por iso ti suspendías as linguas, e votábaslle a culpa á profe. É chorima.

MANUEL MARÍA – Chorima, chorima, así se chama a flor do toxo. E... proba, poema á flor do toxo, buscar.

CARMELA – Aquí está, atopeino eu.

MANUEL MARÍA – Moi ben Carmela, pois a ti che toca lelo. CARMELA – Soio para competir co sol naceron

as chorimas amarelas, bágoas da terra, lume do torrón, forza primeira e misteriosa, chagas que queiman o peito esmorecente e tristeiro do serán,

aturuxos de luz enfebrecida.

MANUEL MARÍA – Outra proba superada. Seguimos cara a Palas e ... camiñante ao teu camiño. (Paisaxe, o sol movéndose, soa “camiño longo”…)

(Cruceiro de Melide)

MANUEL MARÍA – Xa andamos ben, xa estamos en Melide. ROSIÑA – E esta cruz de pedra?

MANUEL MARÍA – Este é un cruceiro, Galicia é terra de boa pedra e bos canteiros, por iso ao longo dela atopamos moitos destes cruceiros, pero este que teñen aquí en Melide din que é o máis antigo de Galicia. Así que ben merece ... outra proba, poema ao cruceiro. Buscar.

BIEITO – Esta vez fun eu o máis rápido. Cruceiro, aquí o teño. MANUEL MARÍA – Pois ponlle voz de canteiro e recítanos ese poema. BIEITO – Semella un soño o cruceiro

soñado por non sei quén. ¡Un soño tan verdadeiro que foi soñado moi ben! O cruceiro é parecido a un carballo en vixía, ¡un asombro frolecido na gracia da cantería! O cruceiro é o gran amigo das nubes e máis do vento. ¡Pedra queda, el é testigo das cousas en movemento!

MANUEL MARÍA – E despois desta pequena homenaxe á nosa arquitectura popular imos comer un pouco polbo, que aquí en Melide din que se come o mellor polbo de Galicia, ninguén o prepara como a polbeira de Melide, e logo, camiñante ... ao teu camiño.

(Paisaxe, o sol movéndose, soa “camiño longo”…) (Prados, vacas, carballo, ... )

(9)

MANUEL MARÍA – Si, porque andamos pola terra de Arzúa, onde son bos e famosos os queixos, e claro, para facer queixo hai que ter leite, e o leite dano as vacas.

XAN – E as ovellas.

CARMELA – E tamén as cabras.

MANUEL MARÍA – Pero o queixo de Arzúa é feito con leite de vaca. Por iso hai tantas por estes prados.

BIEITO – Escoitastes? Calade..., escoitade. É un cuco, está cantando un cuco.

MANUEL MARÍA – Caladiños, amodo, ... mirade nas polas daquel carballo, alí está o cuco. Tivemos sorte porque é un paxaro que se escoita, pero é ben raro velo. Non facer ruído para non espantalo. Sabedes que o cuco non fai niño, nin cría aos seus cuquiños?

XAN – E logo como fan para reproducirse?

MANUEL MARÍA – Pois o cuco pon un ovo, mellor dito a cuca, que os machos non poñen ovos. Pois pon un ovo no niño dun paxaro máis pequeno ca el, o paxaro choca todos os ovos pensando que son os del. Cando nacen o cuquiño é máis grande caos outros paxariños e vainos tirando do niño, ata que queda el só. Os paxaros aliméntano e críano pensando que é fillo deles.

E así o cuco ten descendencia sen pasar traballos cos fillos.

BIEITO – Pois de boa se librou, pois miña nai sempre di que criar un fillo dá moito traballo.

MANUEL MARÍA – O cuco sempre tivo fama de pillabán e de moi espelido. E como vós tamén sodes espelidos...

Proba, poema do cuco, buscar caladiños. ROSIÑA - Eu pillei ao paxaro este. Aquí está.

MANUEL MARÍA – Desta vez imos dicirllo cantando, imos arremedar ao cuco. ROSIÑA, XAN, CARMELA e BIEITO – O cuco, cuco cuqueiro.

O cuco, cuco, cucón. ¡Madrugueiro e cantareiro! ¡Cantareiro e madrugón! Óese pola carballeira o vello cuco souril ó nacer a primaveira entre o marzo e o abril. ¡O vello cuco cucou e moito máis cucará! ¡O cuco non me capou e nunca me capará! Polas manás ben cediño o cuco canta: Cu-cu… ¡Como o teño por veciño eu trato ó cuco de tu!

MANUEL MARÍA – Non lle debeu gustar moito, que marchou voando. E nós ... camiñante ... ao teu camiño.

(Paisaxe, o sol movéndose, soa “camiño longo”…)

( No Monte do Gozo, ollando Santiago, o arco da vella...) MANUEL MARÍA – Ánimo rapaces, que xa queda pouco.

BIEITO – Mirade, alí ao fondo xa se ve Santiago, vese a catedral.

MANUEL MARÍA – Si, porque xa estamos no Monte do Gozo, e chámanlle así porque cando os peregrinos chegan aquí xa poden ver Santiago, a fin da súa viaxe, e séntense contentos, gozosos. E mirando ao ceo, paréceme que vos ides mollar antes de dar chegado. Por algo Santiago ten fama de moita choiva.

(10)

CARMELA – E ademais hai un arco da vella.

ROSIÑA – Que bonito está! Pódense ver perfectamente as sete cores.

MANUEL MARÍA – Moi bonito, e dános pé para a derradeira proba. Poema ao arco da vella. Buscar antes de que chova.

XAN – Eu atopei o arco das cores.

MANUEL MARÍA – Pois a ti che toca lelo. XAN – O arco da vella

no ceo subido co seu colorín, co seu colorido. O arco da vella con sete colores que teñen, no ceo, beleza de flores. O arco da vella no ceo chantado co seu colorín, co seu colorado. O arco da vella é un arco triunfal con sete guerrreiros que a ninguén fan mal. O arco da vella de luz feito é. ¡Resulta un milagre que siga de pé!

MANUEL MARÍA – Ben rapaciños, moi cucos, superastes todas as probas. E aquí nos toca separarnos, eu volto para a miña casa e vós a rematar o voso camiño, que agora xa ben pouco vos falta. No medio daquelas pedras vos espera o xubíleo. Pero quero despedirvos ,como non, cun poema, neste caso vóuvolo ler eu, está dedicado á Berenguela e as outras moitas campás de Santiago.

Campanas de Compostela, almas de anxo: Faládeslle ó vento coa vosa fala nidia coa vosa canción de prego e gracia e chegades ó corazón humildemente. Campanas de Compostela:

Non sei os vosos segredos, non sei da vosa anguria, non sei do voso agoiro,

campanas de Compostela que chorades no refrexo da sombra aluarada.

XAN – Adeus, Manuel.

CARMELA – Adeus, e moitas grazas polos teus poemas e pola túa compañía. BIEITO – Contigo foi moito máis doado o camiño. Adeus.

(11)

4.- Qué temos que saber?

Con esta guía de traballo pretendemos dinamizar a integración do teatro no ámbito escolar dunha

maneira globalizada, innovadora, activa e participativa.

A incorporación das competencias básicas no currículo require considerar a práctica educativa para

permitir ao alumnado integrar as súas aprendizaxes relacionándoas cos diferentes tipos de contidos.

A nosa unidade didáctica relaciona as competencias anteriormente descritas cos distintos tipos de

contidos, enfocándoos de maneira globalizada para o alumnado do terceiro ciclo de primaria.

4.1.- Conceptos.

*Manuel María. Vida e obra.

*Poemas de Manuel María.

*Lendas: A lenda do santo Greal.

*O Camiño de Santiago. O peregrino.

*Arte no camiño: edificacións (pallozas – casas, mosteiro – catedral, pazos – castelos), museo

etnográfico (oficios).

*Flora e fauna do camiño.

*Gastronomía no camiño.

*Danzas.

4.2.- Destrezas.

*Busca de información sobre a vida de Manuel María.

*Lectura dos poemas de Manuel María que aparecen na obra teatral.

*Escritura de novos poemas inventados polo alumnado.

*Interpretación dalgún poema mediante cancións xa populares (O carro).

*Execución de danzas con algún dos poemas de Manuel María (O burro e O cuco) .

*Lectura e comprensión da lenda do Santo Graal. Recompilación de lendas dos lugares por onde

pasa o Camiño de Santiago. Invención de lendas.

*Interpretación gráfica do camiño francés (mapa). Identificación dos pobos por onde pasa o camiño.

*Busca de información sobre o peregrino e a peregrinaxe.

*Diferenciación das diferentes edificacións que atopamos no camiño.

*Elaboración de informes sobre os oficios que se atopan no museo etnográfico de Melide.

*Elaboración de fichas técnicas sobre as plantas e os animais que atopamos nos poemas de Manuel

María.

*Degustación de comidas típicas galegas.

*Memorización e interpretación da obra teatral.

*Elaboración de vestiario e decorados para a posta en escena.

*Elaboración dunha campaña de publicidade (carteis, adhesivos, video…)

*Traballo de recursos tecnolóxicos mediante xogos.

4.3.- Actitudes.

*Atención e interese por participar nas actividades individuais e colectivas.

*Coidado do material.

*Valoración do traballo propio e alleo.

*Respecto por “si mesmo” e por “os demais”.

(12)

5.- Que temos que traballar?

5.1.- Actividades para antes da interpretación ou visualización da obra.

Coa utilización das Tics ou en libros da biblioteca realizarase a busca da biografía de Manuel María

(A CAZA DO TESOURO: “Camiñando con Manuel María”).

Lectura e interpretación dos seguintes poemas de Manuel María.

BIOGRAFÍA

Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha caste rexa de labregos fieles á súa terra e ao seu Deus. Agora son un namorado.

Eu son Manuel María,

cantor da Terra Chá que algunhos din. Cantor da terra chá que leva un clavada nas entrañas, penso eu. Eu son Manuel María,

labrego con algo de poeta. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño, e pídolles ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade. Non teño máis tarefa:

son unha humilde folla que salaia na noite escura movida polo vento. Eu son Manuel María,

un son tan só, lonxano e feble.

ODA Á CIDADE DE LUGO

Matrona e nai, bosque sagrado:

Agora as túas árbores son torres de laxe, cantería e cemento. A muralla é

a sebe que protexe e pecha o teu círculo máxico e sagrado como ollo

misteriosos e xigantesco, a espreitar as grandes nubes tráxicas

que choran sobor de ti a súa tristura inconsolable. Os teus paxaros convertéronse en graves, melancólicas campanas lembradoiras e gardan, pra sempre endexamais, na súa fina lembranza estremecida,

(13)

cantos celtas, romanos e suevos que resoan, no meu canso e vello corazón inmemorial, co marmurio -nidio, musical, cecais eterno- das ondas máxicas do Miño, ¡ouh cidade pra vivir e non morrer!

O ARADO

Labrado da miña mau fixen, coa miña navalla, un aradiño de pau... Leva temón e chavella ¡e unha rella furadora feita dunha lata vella! Ten orelliñas; rabela tan luída e rematada ¡que namora mirar pra ela! O meu arado é tan feito ¡que pode mesmo esfender labradíos e barbeito...! ¡Teño xa que darlle estreno ao meu arado arador, ao meu arado pequeno...! ¡E non sei a onde hei de ir buscar os bois que preciso, buscar os bois a xunguir!

O CARRO

Non canta na Cha ninguén. Por eso o meu carro canta. Canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai carro tan fermoso: fino como un asubío.

Anque é, ás vegadas, saudoso, faise, no ar, rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. ¡Qué fermosa a súa feitura! ¡Qué lixeireza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde o meu carro pasa. ¡Carrétame herba pró gando! ¡Traime a colleita a do eixo!

(14)

O BURRO

O meu burriño ¡Arre, corre, meu burro trotón, meu burriño manso, meu burriño bon! -¡Corre meu burriño; non galopes, voa! ¡A ver si lle gañas ao vento que zoa! -¡Arre, meu burriño, que es un preguiceiro! ¡A ver se lle gañas ao vento lixeiro...! -¡Corre, meu burriño, nos cascos pon ás! ¡Se queres, o vento deixarás atrás...! -¡Arre, meu burriño! ¡Corre máis deprisa! ¡Que se perde o vento xa verás que risa...!

BADALADA DAS CHORIMAS

Soio para competir co sol naceron as chorimas amarelas, bágoas da terra, lume do torrón, forza primeira e misteriosa, chagas que queiman o peito esmorecente e tristeiro do serán,

aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas, potentes labaradas que xorden de súpeto enchendo de resplandor rabioso as chousas centeeiras, as doces searas florecidas no medio da soedade inmensurable, aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas, irmás e compañeiras das cotovías i as lavercas, brasas que queiman o escuro das uces e as carqueixas e se refrexan nas pucharcas porque elas non precisan outro espeso, aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas, estrelas pequeniñas, candeeiros que iluminades ó

(15)

silencio: para vós o vento improvisa cancións i a choiva cae máis de vagar e musical soio pra non mancarvos aturuxos de luz enfebrecida.

CRUCEIRO

Semella un soño o cruceiro soñado por non sei quén. ¡Un soño tan verdadeiro que foi soñado moi ben! Polo seu porte elegante e o seu aspecto baril, ¡o cruceiro é semellante A abidueira xentil! O cruceiro é parecido a un carballo en vixía, ¡un asombro frolecido na gracia da cantería! O cruceiro é o gran amigo das nubes e máis do vento. ¡Pedra queda, el é testigo das cousas en movemento! O cruceiro é cousa humán cos seus dous brazos abertos: ¡un é o camiño cercán,

Outro, os camiños incertos!

O CUCO

O cuco, cuco cuqueiro. O cuco, cuco, cucón. ¡Madrugón e cantareiro! ¡Cantareiro e madrugón! Óese pola carballeira o vello cuco souril ó nacer a Primaveira entre o Marzo e o Abril. ¡O vello cuco, cucou e moito máis cucará! ¡O cuco non me capou e nunca me capará! Polas mañás ben cediño o cuco canta: “cú-cú...” ¡Como o teño por veciño eu trato ó cuco de tu!

(16)

ARCO DA VELLA

O arco da vella no ceo subido co seu colorín, co seu colorido. O arco da vella con sete colores que teñen, no ceo, beleza de flores. O arco da vella no ceo chantado co seu colorín, co seu colorado. O arco da vella é un arco triunfal con sete guerreiros que a ninguén fan mal. O arco da vella de luz feito é. ¡Resulta un milagre que siga de pé!

CAMPANAS

Campanas de Compostela, almas de anxo: Faládeslle ó vento coa vosa fala nidia coa vosa canción de prego e gracia e chegades ó corazón humildemente. Campanas de Compostela a tremelar na doce humanidade da brétema difusa, desfacéndovos sinxelamente en luz como a alma agonizante dun pardal.

¿Que mar, campanas, vos deu o seu segredo? ¿Por que flor murcha chora o voso son? ¿Que tristeza de morte

Naceu nas vosas palabras voandeiras? Campanas de Compostela, triste outono, cadáver dun silencio tremelante,

nacendo cada día atormentadas por un laio de dor e de misterio. Campanas de Compostela: ¿que tebra sulagada vos falou? Non sei os vosos segredos, non sei da vosa anguria, non sei do voso agoiro,

campanas de Compostela que chorades no refrexo da sombra aluarada.

(17)

Invención de poemas a cousas que temos no noso arredor (mesa, lapis, cadeira, mestre…)

Interpretar dúas danzas co poema O BURRO e O CUCO.

DANZA O BURRO

Un neno colócase as orellas de burro e outro o rabo, por riba deles unha capa fará de albarda. Outro dos nenos levará o ramal para guiar o burro.

Durante a base musical e as estrofas o burro camiña guiado por o neno do ramal a ritmo de negras. Cando chegue o momento do retrouso, o burro para e os nenos xuntan os xeonllos e levantan os pés ao mesmo tempo marcando o pulso.

DANZA O CUCO

Introdución: Base musical que marcaremos con claves catro silencios de branca e catro brancas. Este esquema musical repítese. Estrofas: Cara a dereita a ritmo de brancas, abrimos perna dereita, pechamos con perna esquerda, abrimos perna dereita e

pechamos dando dúas palmas.

Cara a esquerda a ritmo de brancas, abrimos perna esquerda, pechamos con perna dereita, abrimos perna dereita e pechamos dando dúas palmas.

Cara adiante, paso adiante con perna dereita, xuntamos con perna esquerda, paso adiante con perna dereita e xuntamos dando dúas palmas.

Cara atrás, paso atrás con perna esquerda, xuntamos con perna dereita, paso atrás con perna esquerda e xuntamos dando unha palma e erguendo os brazo para comezar de novo.

Cantar a canción do poema O CARRO

Lectura da lenda do Santo Graal e comprensión oral:

O Santo Graal. Nesta terra os invernos son moi duros, neva moitas veces e segundo conta a lenda nun día de duro inverno un veciño dunha aldea de por aquí subiu para escoitar a misa, como facía todos os días, o cura pensou, tamén fai falta ser parvo para nun día coma o de hoxe vir ata aquí para ver un cacho de pan e un vaso de viño, no momento da consagración o pan e o viño convertéronse en carne e sangue diante dos ollos do incrédulo cura. No altar consérvanse nunha vitrina o cáliz e a patena na que tivo lugar o milagre, e un relicario coa sangue e a carne de Xesucristo. Tamén hai unha imaxe de Santa María A Real coa cabeza inclinada, din que lle quedou así de mirar para o milagre.

Busca de lendas que falen de Samos, Palas de Rei, Melide, Arzúa e Santiago de Compostela.

Invención de novas lendas seguindo o esquema propio deste escrito. (Taller de escritura)

Elaboraremos un mapa cos distintos camiños de Santiago, resaltando o camiño francés que é no

que nos centraremos. Buscaremos fotos importantes dos diferentes lugares por onde pasa o citado camiños

e elaboración de debuxos.

Buscaremos información sobre o sentido da peregrinación. E tamén nos interesaremos polos

utensilios máis importantes que debe levar un peregrino e o sentido da cuncha e o bordón.

(18)

Bieito Rosiña Carmela Xan

Elaboraremos maquetas dunha palloza típica do Cebreiro con plastilina e dunha casa típica

galega. Tamén podemos elaboras con pasta de modelar unha reprodución do cruceiro de Medide.

Buscaremos fotos da catedral de Santiago y do mosteiro de Samos. Identificaremos as

diferenzas. Elaboraremos puzzles.

Estudaremos os oficios representados no museo etnográfico de Melide. Cubriremos un

encrucillado onde aparecerán os nomes dos diferentes oficios.

Unha vez visto que na obra de Manuel María fai mención á flora e fauna galega faremos fichas

técnicas de cada un dos animais e plantas que menciona.

Degustaremos un pouco de queixo de Arzúa e polbo á feira e buscaremos receitas de pratos

típicos galegos. Sopa de letras.

Interpretaremos a obra teatral unha vez memorizada, entoando e interpretando debidamente.

Elaboraremos os decorados e o vestiario e faremos unha pequena campaña publicitaria para que os nosos

compañeiros poidan ir vernos. Haberá grupos que non interpretarán a obra, entón a poderán visualizar no

video gravado na actuación preparada por nós.

5.2.- Actividades para despois da interpretación ou visualización da obra.

Executaremos unha serie de actividades elaboradas en LIM que resumirá o traballado coa

obra teatral CAMIÑANDO CON MANUEL MARÍA.

Exercicios con Lim: “Caminando”

Exercicios con Ediprex e Dex do proxecto xogamos: “Xogo paxaros”, “Xogo de árbores”, “Xogo do camiño”

6.- Criterios e procedemento de avaliación.

Ante este proxecto globalizado a avaliación concíbese como reguladora da aprendizaxe e será

formativa. Trátase dunha avaliación continua que precisa estar presente en todos os aspectos e momentos

do proceso de ensinanza – aprendizaxe.

Os criterios de avaliación que pretendemos conseguir no noso proxecto didáctico son:

*Interesarse por a nosa cultura: escritores, o noso entorno e patrimonio artístico e cultural.

*Boa disposición para axustarse ás actividades de expresión individual e grupal.

(19)

*Cooperar para conseguir bos resultados individuais e grupais.

*Participar nas actividades con entusiasmo e interese.

(20)

POEMAS DE PAXAROS

O CORVO

Grazna o señor Corvo, mouro e agoreiro, na xeada fría do mes de xaneiro. Grazna o señor Corvo con grazna inquedo: ¡a súa voz é un agoiro que nos mete medo! Mouro como a noite é o señor Corvo. ¡Máis mouro que a noite o seu berro torvo! Grazna o señor Corvo, ¡mete medo velo! ¡E o seu graznido semella un coitelo! ¿Semella un coitelo a cortar o vento, a cortar as cousas e máis o contento! Grazna o señor Corvo con graznar maldito. ¡Non lle teño medo que me importa un pito!

O MERLO

O señor Merlo larpeiro na ponla mais alta está. ¡Está subido á cerdeira e, dela, non baixará! Está come que te come, non ten trazas de parar. ¡O señor Merlo larpeiro sen cereixas nos ha deixar! O señor Merlo lambón, o señor Merlo larpeiro, ¡coa inchente que colleu ten rebentado o peteiro! - Ai, home: ¿non tes vergoña? ¡debes de estar a estoupar! coa inchente que colliches, ¿como has de poder cantar?

O CARRIZO

O carrizo, carriceiro; o carrizo, carrizón. ¡O carrizo pequeneiro do tamaño dun botón! O carrizo fai o niño moi redondo, ben lousado. ¡O carrizo pequeniño! ¡O carrizo carrizado!

(21)

¡E a choiva non a pasa anque ten a porta aberta! ¡O carrizo, carriciño! ¡O carrizo, carrizota! ¡O carrizo fai o niño semellante a unha pelota!

O ESCRIBENTE

Agachado nunha frouma moi espesa e verdecente sei dun niño de paxaro que se chama o escribente. Ten tres ovos moi pequenos. Ten tres ovos nada máis. Son tres ovos moi fermosos. Son tres ovos.¡Nin un máis! Teñen liñas como letras que semellan escrituras. ¡Unhas liñas misteriosas con palabras moi escuras! O que din eu non o sei, gustaríame saber:

¿serán cousas, serán letras que os paxaros poden ler?

ANDURIÑAS

Guiada da man dun soño a Primavera chegou. ¡E todas as anduriñas no ceo azul convocou! Todo é voar e voar e andar daquí pra alá. ¡Todo nun ir en un vir dende aquí deica acolá! ¡Voan pra riba, pra baixo! ¡Van ao alto, van ao fondo! ¡Voan en liña seguida, en picado e en redondo! Anduriñas en concello, sobre dun poste pousadas. ¡Que de palabras secretas e razós apaixoadas…!

PAZPALLÁR

Pazpallár que cantas ledo no centeo floreado: ¡milagre que lle dás voz á luz do maio emaiado! Pazpallár: eu só escoito o teu cantar no verán. No inverno, as túas cancións meu pazpallár, ¿onde están? ¿Onde van as túas cancións cando chega o tempo frío? ¿É que chas tapan as néboas? ¿Tómache a voz o resío…? Se non oio o teu cantar

(22)

¡Dime ónde estás, pazpallár, e non te fagas o tolo…!

O CUCO

Canta, cuco, ou cala, cuco: eu en ti xa non che creo desde que sei que vas poñer o teu ovo en niño alleo. Desdeixado e preguiceiro, tan só pensas en folgar. ¡Soamente dis dúas notas e xa tes que descansar! ¡Canta, cuco, ou cala, cuco, preguiceiro, nugallón: a min pouco che me importa que esteas cantando ou non!

O PARDAL

O pardal é moi humilde. Moi humilde e pobretón. ¡Sempre anda pía, pía sen dicir unha canción! O pardal é moi humilde e anda sempre mal vestido. ¡E non ten porte fermoso nen vistoso colorido…! O pardal é moi pobriño: nunca sae de viaxe. ¡O pardal é tan pobriño que non ten senón un traxe! O pardal viste de gris, o pardal viste cincento. O seu tiste pío, pío, ¿non ten aires de lamento?

AS PEGAS

Está a pega vella, coma unha señora, riba dun ramallo cantando a deshora. A pega carniceira, vestida de loito, quixera merengue, quixera biscoito. A pega carniceira biscoito non ten ¡e come a carniza que non cheira ben! A pega carniceira chama á rebordá. ¡Cando unha graznea di a outra; “gra, gra…”!

Referências

Documentos relacionados

The authors thank the Coordination for the Improvement of Higher Education Personnel (CAPES) for the master‟s scholarship granted to the first author.. Morphological and

B Use os botões  para selecionar um arquivo MP3/WMA no menu do disco e pressione OK para iniciar a reprodução. C Durante a reprodução de MP3/WMA, use os botões 

Pelo exposto, conclui-se que a tendência da evolução dos custos marginais de distribuição em futuro próximo é função da relação entre os valores dos

Para as estimativas dos métodos DEA e as estimativas dos intervalos de confiança pelo método Simar e Wilson (1998) foram utilizados os packages Benchmarking e FEAR.. Para as

A Prefeitura Municipal de Bastos, Estado de São Paulo, torna público na forma prevista no artigo 37 da Constituição Federal a abertura de inscrições ao CONCURSO PÚBLICO DE

c) Prova de Conhecimentos Específicos e prova de suficiência em idioma estrangeiro (compreensão de texto escrito em inglês, francês ou espanhol) de acordo com a

Na Tabela 12 estão apresentados os valores dos balanços energéticos analisando a energia armazenada nos resíduos e a energia armazenada nos resíduos e

Nas ligações permanentes (ex.: PDE – PDF) os conetores de compressão F de rosca devem ser apertados aos dispositivos de modo a que o corpo do conetor fique solidário com