• Nenhum resultado encontrado

ACTIVIDADES DE NADAL 2014

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "ACTIVIDADES DE NADAL 2014"

Copied!
7
0
0

Texto

(1)

ACTIVIDADES DE NADAL 2014

ACTIVIDADES DE NADAL 2014

10 de decembro

Charla sobre o Rexurdimento

Local da Asociación veciñal do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo) Xurxo Martínez González

Público adulto Hora: 20:00 h

Información: coñeza e saiba valorar a importancia do propio Rexurdimento na historia de Galicia e do sinalado papel que tivo Vigo: a publicación de Cantares gallegos, o círculo social vigués achegado a Rosalía de Castro, a importancia da imprenta de Juan Compañel, o papel da prensa (La Oliva-El Miño), etc.

12 de decembro

Babamor

Café de Catro a Catro (Girona, 16) Larraitz Urruzola

Público familiar Hora: 18 h

Nesta ocasión Babamá vén de recoller miles de historias que nacen en moitas familias cheas de amor. En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias diversas envolvidas en toneladas de cariño. Ollos que miran outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas.

A narradora utiliza a técnica da manipulación de obxectos e as ferramentas da narración tradicionais, xoga a crear atmosferas poéticas, situacións que xorden da transformación de obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea.

13 de decembro

Obradoiro de improvisación teatral

Verbum (Samil,17) Alba Bermúdez A partir de 6 anos

Hora: 11:30 h (para inscribirse enviar un e-mail co nome completo, teléfono, idade

ao correo actividades.snl@vigo.org)

A través de estruturas dramáticas os nenos e nenas veranse inmersos en mundos, lugares, espazos imaxinarios creados por eles e nos que acontecerá todo o que imaxinen. a docente encargarase de guialos por eses mundos de fantasía incentivando a creatividade dunha maneira lúdica.

(2)

Obradoiro de improvisación teatral

Local da Asociación veciñal do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo)

Alba Bermúdez A partir de 6 anos

Hora: 17:00 h (é necesaria a inscrición previa na propia asociación veciñal,

chamando ao número 986 43 97 99, de 10:30 a 13:30 ou de 17:00 a 20:00)

Información: a través de estruturas dramáticas os nenos e nenas veranse inmersos en mundos, lugares, espazos imaxinarios creados por eles e nos que acontecerá todo o que imaxinen. a docente encargarase de guialos por eses mundos de fantasía incentivando a creatividade dunha maneira lúdica.

18 de decembro

Contos do medio co Apalpador

Escaleiras Pescadores (Torrecedeira, 13) Faia

Público familiar Hora: 18:00 h

Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias fermosas do bo carboeiro.

19 de decembro

Contos do medio co Apalpador

Librería Hobbit (As Teixugueiras, 32) Faia

Público familiar Hora: 18:00 h

Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias fermosas do bo carboeiro.

20 de decembro

Contada infantil

CVC de Valadares (Estrada de Valadares, 261)

Alumnado do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo Publico familiar

(3)

O alumnado do II curso de narración oral do CIOV demostrará os coñecementos acadados neste tempo cunha contada dirixida ao público familiar.

Contos do medio co Apalpador

Librería Andel (Avda. Camelias, 112) Faia

Público familiar Hora:18 h

Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias

fermosas do bo carboeiro. • Unha viaxe polo mundo

Verbum (Samil,17)

As Maimiñas Público familiar

Hora: 12:30 h (as portas abriranse ás 12:15 h. Prazas limitadas ata completar as localidades)

As Maimiñas somos Mai e Miña, ou o que é o mesmo, Lucía e Irene, dúas amigas que un día decidimos saír a camiñar... e andando, andando, andando... polo mundo enteiro fomos viaxando.

Visitamos altas montañas, grandes desertos, longas murallas... e andando, andando... aprendemos que o mundo é un lugar precioso, que hai tantas xentes coma músicas, que hai tantos ritmos coma corazóns diferentes... e aprendemos tamén que a todas e todos os habitantes deste planeta o que máis lles gusta é o mesmo que a nós: cantar e bailar!

21 de decembro

Vermú regueifeiro

Taberna A Regueifa (San Vicente, 1 -baixo a curva de Elduayen) Regueifeiros e alumnado do CIOV

Público familiar Hora: 12:30

Chámase regueifa ás cantigas improvisadas en verso, onde dúas ou máis persoas empregan unha determinada métrica e ritmo nunha disputa verbal sobre un tema determinado, sempre cun punto de humor. Nesta ocasión o tema das regueifas xirará a redor do Nadal.

22 de decembro

Contos do medio co Apalpador

Biblioteca Neira Vilas (Martínez Garrido, 21) Faia

Público familiar Hora: 18:00 h

(4)

Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias fermosas do bo carboeiro.

Cantos de Reis

Galerías Colón (r/Colón, 7) Xandobela

Público familiar

Hora: de 17:00 a 20:00 h

Na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas tradicións orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e

costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para acompañar os cantos.

23 de decembro

Cine

Verbum (Samil,17)

Hora:17:30 h (as portas abriranse ás 17:15 h. Prazas limitadas ata completar as localidades)

A tropa de trapo

Duración: 70 minutos

Todos os públicos: recomendado para nenos e nenas entre os 3 e os 7 anos

O día que Mumu descobre un branco rabaño de ovellas pastando no parque onde xoga cos seus amigos, non pode evitar comparar o seu perfecto branco aspecto co del e dos membros da tropa. Avergoñada e sentindo envexa das ovellas decide que unha vaca tan especial non pode perder tempo co grupo de amigos equivocados, Camuflada entre o rabaño, sobe ao tren que a levará ao país onde sempre brilla o sol, onde aprenderá que ser diferente é o que nos fai realmente especiais e únicos.

Cantos de Reis

Local da Asociación de comerciantes do Calvario (San Roque, 109) Xandobela

Público familiar Día: 23 de decembro Hora: de 17:00 a 20:00 h

Na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas tradicións orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para acompañar os cantos.

(5)

26 de decembro

Cine: Copito de neve

Verbum (Samil,17)

Hora:17:30 h (as portas abriranse ás 17:15 h. Prazas limitadas ata completar as localidades)

Duración: 90 minutos

Todos os públicos: recomendado para nenos e nenas entre os 5 e os 9 anos

Copito de neve, o único gorila branco do mundo, chega ao zoo de Barcelona. A súa cor fai que acapare todas as miradas e aplausos das persoas visitantes, pero tamén provoca o rexeitamento dos seus novos compañeiros gorilas, que non o aceptan como un dos seus. Cando Copito descobre que a famosa Bruxa do Norte está de paso na cidade, decide ir na súa procura para que lle dea unha poción que o converta nun gorila negro normal e corrente.

Contada

Café La Llave de Oro (Camelias, 112)

Alumnado do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo Publico adulto

Hora: 21:00 h

O alumnado do CIOV demostrará os coñecementos acadados neste tempo cunha contada dirixida ao público adulto.

27 de decembro

O soño de Zalo

Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) As Maimiñas

Público familiar

Hora: 18:00 h (as portas abriranse ás 17:45 h. Prazas limitadas ata completar as localidades)

As Maimiñas somos Mai e Miña, ou o que é o mesmo, Lucía e Irene, dúas amigas que un día decidimos facer unha longa viaxe na que vivimos un monte de aventuras. Nesa viaxe atopámonos con Zalo, un cabalo moi simpático. Zalo non é un cabalo coma outro calquera, non. Vive nunha granxa con outros animais e pasta na herba verde do prado, pero el non quere ser un cabalo. El soña con ser outra cousa, pero claro, os soños son soamente iso: soños... ou non?

28 de decembro

Carola, a carteira centola

Centro de Visitantes das Illas Atlánticas (Palma, 4) Polo correo do vento

(6)

Hora: 12:30 h

Protagonizado polos mariscos máis habituais da natureza galega (a centola, o lagostino, a vieira, a ameixa, o camarón…), abordándose, ademais, os instrumentos e xéneros musicais populares e a localización dalgúns dos faros da costa galega. Mestura a narración dunha historia con ilustracións de personaxes mentres se está contando a historia. Promover a lectura, a comprensión oral en galego e a creatividade dos nenos e nenas son algúns dos obxectivos que queremos acadar con esta actividade.

29 de decembro

Cantos de Reis

Local da Asociación veciñal do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo) Xandobela

Público familiar

Hora: de 17:00 a 20:00 h

Información: na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas tradicións orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para acompañar os cantos.

30 de decembro

Cine: Espírito do bosque

Verbum (Samil,17)

Hora:17:30 h (as portas abriranse ás 17:15 h. Prazas limitadas ata completar as localidades)

Duración: 80 minutos

Todos os públicos: recomendado para nenos e nenas entre os 6 e os 8 anos

Un poderoso home de negocios pretende construír unha estrada e a malvada Sra. D'Abondo ve a oportunidade perfecta para acabar co bosque. Os animais teñen que fuxir, pero as toupas Furi e Linda e o rato Piorno non pensan renderse. E tampouco Cebolo, unha toupa asustadiza que acaba de chegar á cidade.

2 de xaneiro

Cine: Pinocho 3000

Verbum (Samil, 17)

Hora:17:30 h (as portas abriranse ás 17:15 h. Prazas limitadas ata completar as localidades)

(7)

Todos os públicos: recomendado para público familiar

Gepetto consegue, coa colaboración do seu axudante de confianza pingüin-ciborg, Spencer, crear a Pinocho. Pinocho é un robot moi especial, equipado cun procesador P3k único que o dota da poderosa imaxinación dun rapaz. A pesar de que Gepetto acepta de inmediato a Pinocho como a un fillo, o maior desexo do robot é converterse nun neno de verdade. Pero primeiro debe aprender algunhas das calidades necesarias para ser humano de verdade.

Cantos de Reis

Galerías de AETRAVI (Galerías Gran Vía, 176 -Local 7 ) Xandobela

Público familiar Hora: de 17 a 20 h

Na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas tradicións orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para acompañar os cantos.

3 de xaneiro

Misterios de Nadal

Local da Asociación NovoVigo (As Teixugueiras, 11-P 6-entrechán, local 9B) Polo correo do vento

Público familiar Hora: 18:30 h

A investigador Pe e o seu inseparable can Magnum chegan a Vigo polo Nadal. E coma sempre, atoparanse cun novo e misterioso caso. Estes intrépidos detectives, poderán descubrir o misterio? ...elemental, querido Magnum!

3 e 4 de xaneiro

Crebanoces

Verbum (Samill, 17) Larraitz Urruzola Público familiar

Hora: 12:30 (as portas abriranse ás 12:15. Prazas limitadas ata completar as localidades)

O Crebanoces é un espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

Referências

Documentos relacionados

Para muitas pessoas o sistema Common Law não se utiliza das normas legais como no Civil Law, mas podemos concluir que isso não é verdade visto que o que muda é a interpretação da

Esta dissertação pretende explicar o processo de implementação da Diretoria de Pessoal (DIPE) na Superintendência Regional de Ensino de Ubá (SRE/Ubá) que conforme a

O capítulo I apresenta a política implantada pelo Choque de Gestão em Minas Gerais para a gestão do desempenho na Administração Pública estadual, descreve os tipos de

A presente dissertação é desenvolvida no âmbito do Mestrado Profissional em Gestão e Avaliação da Educação (PPGP) do Centro de Políticas Públicas e Avaliação

É importante destacar também que, a formação que se propõem deve ir além da capacitação dos professores para o uso dos LIs (ainda que essa etapa.. seja necessária),

Porém, as narrativas dos diários reflexivos selecionados para essa análise não somente trouxeram a voz do aluno de modo reflexivo para que o professor também possa pensar com

Figura 3 - Efeito do volume de calda sobre a eficiência dos inseticidas tiametoxam + lambda-cialotrina e endossulfam no controle de Piezodorus guildinii em cultivo de soja..

O SCORE é constituído por duas tabelas (cada qual relativa ao sexo masculino ou feminino), subsequentemente divididas em duas outras: fumadores e não fumadores. As