• Nenhum resultado encontrado

ADMINISTRACIÓN LOCAL

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "ADMINISTRACIÓN LOCAL"

Copied!
50
0
0

Texto

(1)Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 28. ADMINISTRACIÓN LOCAL AYUNTAMIENTOS PONTEVEDRA EXPEDIENTE: Ordenanza municipal para a simplificación administrativa no concello de Pontevedra, reguladora da tramitación das declaracións responsables para a tramitación de servizos, instalación e apertura de establecementos comerciais e actividades inocuas, cambios de titularidade e licenzas para obras e instalacións menores por actuación comunicada.. TRÁMITE: Anuncio aprobación definitiva. O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión de data 30.10.2012, acordou desestimar a alegación presentada, durante o período de exposición pública (BOP nº 152 de 08.08.2012), contra o acordo de aprobación inicial de 23.07.2012 e aprobar definitivamente a Ordenanza municipal para a simplificación administrativa no concello de Pontevedra, reguladora da tramitación das declaracións responsables para a tramitación de servizos, instalación e apertura de establecementos comerciais e actividades inocuas, cambios de titularidade e licenzas para obras e instalacións menores por actuación comunicada. Polo tanto, e segundo o art. 70.2 da referida Lei 7/1985, procédese á publicación do texto íntegro da ordenanza definitivamente aprobada, para a súa entrada en vigor, o que se producirá unha vez transcorrido o prazo previsto polo art. 65.2 da mesma lei: "ORDENANZA MUNICIPAL PARA A SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA NO CONCELLO DE PONTEVEDRA, REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS DECLARACIÓNS RESPONSABLES PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS, INSTALACIÓNS E APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS, CAMBIOS DE TITULARIDADE E LICENZAS PARA OBRAS E INSTALACIÓNS MENORES POR ACTUACIÓN COMUNICADA.. Exposición de motivos A aprobación o 12 de decembro de 2006 da Directiva comunitaria 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa aos servizos no mercado interior, está a xerar unha fonda transformación dos mecanismos legais que rexen o acceso e o exercicio de actividades de servizos dentro da Unión Europea. Nesa Directiva establécense unha serie de principios como o de simplificación administrativa e o da eliminación dos obstáculos nas actividades de servizos entre os estados membros, que teñen por finalidade impulsar e mellorar a regulación vixente, suprimindo trabas inxustificadas ou desproporcionadas. Este proceso está a mudar os mecanismos legais tradicionais de intervención na esfera dos particulares prestadores de servizos, pasando do sometemento a licenza ou autorización previa a outros mecanismos de comunicación e control “a posteriori”. Por mor da necesaria transposición da referida Directiva ao ordenamento xurídico estatal, aprobáronse dúas leis: a Lei 17/2009, de 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio e a Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á referida Lei 17/2009 e que son coñecidas coloquialmente como “lei paraugas” e “lei ómnibus” estatais. O obxectivo principal de ámbalas foi adaptar o sector servizos á regulación europea; deste xeito, mentres que a Lei 17/2009 ten por obxecto facilitar o libre establecemento de prestadores de servizos así coma a libre prestación dos mesmos, mediante a simplificación dos procedementos e o fomento da calidade dos servizos, a Lei 25/2009, realiza modificacións de preto de medio cento de normas estatais sobre diversas materias, co fin de levar a cabo a transposición da mencionada Directiva e asemade crear un contorno máis favorable e transparente no exercicio de actividades económicas. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(2) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 29. A “lei ómnibus” estatal, co carácter de norma básica, introduce novas formas de control de actividades máis eficaces e menos gravosas para a cidadanía. Fundamentalmente, substitúese a figura da autorización previa (control “ex ante”), por meras comunicacións de inicio da actividade ou declaracións responsables, ou, máis correctamente, incorpora esta nova modalidade de control administrativo que convivirá coas licenzas urbanísticas e de actividades clasificadas. Neste novo marco regulador, ademais da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, víronse afectadas e modificadas diversas normas estatais que atinxen ao eido da Administración Local, como poden ser a Lei 7/1985, de bases de réxime local, ou mesmo o Regulamento de servizos das corporacións locais, aprobado por Decreto de 17 de xuño do 1955, que se modifica polo Real Decreto 2009/2009, do 23 de decembro. Neste senso, introduciuse unha alínea 4 no art. 70 bis na Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a fin de garantir a quen desexe prestar un servizo que poida realizar os oportunos trámites por medio dun portelo único e por vía electrónica e a distancia, amais de outorgar unha nova redacción ao art. 84, relativo aos xeitos de intervención das entidades locais na actividade da cidadanía, ampliando a relación dos mecanismos interventores, para prever, xunto ás licenzas, as comunicacións previas, as declaracións responsables e os controis posteriores ao inicio das actividades. No procedemento administrativo xeral, a modificación da Lei 30/92, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, engade un novo art. 39bis, relativo aos principios de intervención das administracións públicas para o desenvolvemento dunha actividade, modifica o art. 43, sobre o réxime do silencio administrativo e engade tamén o art. 71bis, baixo o epígrafe declaración responsable e comunicación previa, que introduce as definicións destes novos instrumentos de intervención administrativa, no xeito que se expresa no articulado da presente. No ámbito galego aprobouse a Lei 1/2010, de 11 de febreiro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á directiva servizos así coma, entre outras, a Lei 7/2009, de 22 de decembro, de modificación da Lei do comercio interior de Galicia, normas todas elas nas que se introducen os conceptos de comunicacións previas e declaracións responsables, aínda que sen regular ou determinar a súa concreta aplicación. De feito, a Lei 7/2009, sometía a previa licenza a apertura de comercios en Galicia, mentres que a citada Lei 1/2010, no seu artigo 1, modifica o artigo 286 da Lei 5/97, de administración local de Galicia, limitándose a reproducir o novo contido do art. 84 da Lei de bases do réxime local, consonte á redacción conferida pola lei 17/2009, de 23 de novembro. Máis acaída ao espírito simplificador da Directiva de Servizos e con moita máis incidencia práctica, tanto neste Concello como en todos os do país, vai ter a Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, que derroga á anterior Lei 10/1998, do 20 de xullo, -modificada pola Lei 9/2003, do 23 de decembro, de medidas tributarias e administrativas e pola citada 7/2009, do 22 de decembro-, regulando, por primeira vez de forma expresa no ámbito galego, o sometemento de determinadas actividades comerciais ao réxime de declaración responsable ou comunicación previa, optando expresamente por esta última para os supostos de cambio de titularidade. Da interpretación conxunta do disposto nos artigos 2 e 28 da citada lei 13/2010 resulta un ámbito concreto de actividades que quedan suxeitas ao novo réxime simplificado para a súa apertura, de xeito que fóra daquelas que a propia lei autonómica exclúe, tanto de modo taxativo como xeral, o resto das actividades comerciais ás que alcanza a reforma estaría constituído polas coñecidas como “actividades inocuas”, isto é, non suxeitas ao trámite de incidencia, efecto ou impacto ambiental nin a informe da Consellería de Sanidade. Asemade, no caso dos cambios de titularidade das licenzas de actividade ou apertura de establecemento e actividades comerciais, a devandita Lei 13/2010 esixe unicamente o deber de presentar unha comunicación previa, asinada polo transmitinte e polo adquirente. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(3) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 30. Por mor destes cambios, o Concello elaborou uns novos modelos normalizados de declaración responsable/comunicación previa, substitutivos da licenza municipal de apertura para os referidos establecementos comercias inocuos e para os de cambios de titularidade, que figuran actualizados na páxina web municipal Http://www.pontevedra.eu. Todo este proceso de cambio lexislativo tiña o seu cumio a nivel estatal, -ata a entrada en vigor do Real Decreto Lei 19/2012, de 25 de maio- coa aprobación da Lei 2/2011, de 4 de marzo, de economía sustentable, publicada no Boletín Oficial do Estado, número 55, de 5 de marzo, con entrada en vigor ao día seguinte da súa publicación, que introduce unha serie de novidades vinculadas directamente ao impulso da competitividade e a eliminación dos obstáculos administrativos. Deste xeito, no seu título II, baixo o epígrafe de “competitividade”, dedica o capítulo I á “simplificación administrativa”, e modifica no seu art. 41 a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, por medio da incorporación de dous novos preceptos, a saber o art. 84 bis e o artigo 84 ter. O primeiro deles dispón que, con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá a obtención de licenza ou outro medio de control preventivo, agás aquelas actividades que afecten á protección do medio ambiente ou do patrimonio histórico-artístico, á seguridade ou saúde pública, ou que impliquen o uso privativo e/ou ocupación dos bens de dominio público, sempre que a decisión de sometemento estea xustificada e resulte proporcionada. Tamén determina que, no caso de existencia de licenzas ou autorizacións concorrentes entre unha entidade local e algunha outra administración, a entidade local deberá motivar expresamente, na xustificación da necesidade de manter a autorización ou licenza, o interese xeral concreto que se pretende protexer e que este non se atope xa cuberto mediante outra autorización xa existente. Polo súa banda, o artigo 84 ter obriga ás entidades locais a estabeleceren e planificaren os procedementos de comunicación necesarios, cando o exercicio das actividades non precise da autorización habilitante previa, así como os posteriores de inspección ou verificación do cumprimento dos requisitos precisos para o exercicio da mesma polos interesados, previstos na lexislación sectorial. Son estes procesos os que deberán acadar maior dimensión e reforzo, por mor deste novo enfoque da intervención na actividade dos particulares que implica un cambio conceptual e nas dinámicas da actuación administrativa, no senso de reforzar os servizos de inspección administrativa e controis periódicos “ex post”, ao desaparecer o tradicional control preventivo mediante título xurídico habilitante e substituírse por un control “a posteriori” na actuación administrativa. Asemade, estas actuacións comunicadas reforzan tamén a figura e responsabilidade dos profesionaistécnicos particulares á hora de certificar, validar e xustificar, aos prestadores, que os establecementos e locais nos que se van desenvolver as actividades dispoñen dos requisitos técnicos legalmente esixibles. A Disposición Adicional 8ª da devandita Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable, outorgaba ao Goberno do Estado un prazo de seis meses para presentar proxecto de modificación das normas nas que procede eliminar a esixencia de licenza, substituíndoa por outros xeitos de verificación e control administrativo, e ás Comunidades Autónomas e Entidades Locais un prazo de doce meses para adaptación da normativa e ordenanzas ao previsto no novo art. 84 bis, amais de obrigar aos Concellos a adoptar acordos que dean publicidade aos procedementos nos que subsista o sometemento a licenza local de actividade, debendo manter a referida relación adecuada á normativa vixente en cada intre. A figura senlleira do novo sistema que define a presente ordenanza será a da declaración responsable, que xunto coa comunicación previa, é configurada pola doutrina como un acto de natureza xurídico privada, cunha eficacia propia de carácter xurídico-pública, ao habilitar para o desenvolvemento dunha actividade ou exercicio dun dereito preexistente, sen precisar ulterior confirmación administrativa, mais estritamente suxeito ao control administrativo posterior para verificar e asegurar o cumprimento dos requisitos aplicables. Na práctica culmínase a tendencia á desaparición da antiga licenza de apertura de establecementos, agás para aquelas que estean excluídas do ámbito de aplicación da directiva 2006/123/CE ou as que polo seu especial impacto ambiental deban de tramitarse polo sistema de licenza previa así como aqueloutras que precisen de informes ou autorizacións preceptivas doutras administracións. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(4) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 31. Doutra banda, no caso das licenzas urbanísticas de obras, que en principio non se vexan afectadas pola Directiva de 2006/123/CE nin pola Lei 17/2009, parece razoable aproveitar as súas sinerxias e as posibilidades de simplificación de procedementos e axilización da tramitación administrativa, que se ofrece nas normas anteriormente referidas, para estender a súa filosofía ás licenzas de obra menor en que iso sexa posible, tal e como xa fai para as instalacións e as obras de acondicionamento o recente Real Decreto Lei 19/2012, de 25 de maio. Neste orde de cousas, significar que, en lembranza do deber de conservación dos inmobles e para facilitar as obrigas de conservación dos edificios e a seguranza das persoas e cousas, este Concello vén ditando anualmente dende hai décadas, bandos de ornato que habilitaron, cunha áxil ferramenta de simplificación administrativa, a execución de intervencións menores de arranxo, adecentamento e pequenos amaños e reparacións das fachadas e cubertas dos edificios, tendentes a acadar o mantemento das devanditas condicións. Trátase de que tal habilitación se inclúa, con carácter xeral e permanente, nesta ordenanza, para cohonestar este tipo de intervencións coas pautas que vén marcando nos últimos tempos a normativa de transposición da Directiva de Servizos. En definitiva, apostamos por remover os atrancos burocráticos e facilitar á veciñanza as xestións para que poidan executar as reparacións menores ás que veñen obrigados, tentando que o que se esixe por imperativo da lexislación urbanística e a Ordenanza reguladora das medidas de conservación e seguridade dos elementos exteriores das edificacións, modificada en 24 de novembro de 2001 (Boletín Oficial da Provincia do 26 de febreiro de 2002), ademais de obrigatorio, sexa doado de cumprir. En atención ao principio de eficacia administrativa que consagra o artigo 103.1 da Constitución e ao principio de celeridade no procedemento que recollen os artigos 74 e 75 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que acadan máis importancia, se cadra, nun contexto de grave crise económica como o que padecemos, e, en cumprimento da Lei 2/2011, de 4 de marzo, de economía sostible, procede aprobar unha nova ordenanza municipal reguladora dos novos procedementos e instrumentos de control de actividades que, superando o limitado ámbito da lei galega de comercio interior, traslade ou estenda os mecanismos da comunicación previa e declaración responsable a outros tipos de licenzas de instalación, actividade, aperturas e mesmo ás licenzas urbanísticas para certas obras menores, que se transforman en licenzas comunicadas, na procura dos devanditos obxectivos de axilidade e simplificación de trámites administrativos e de eliminación de obstáculos nas actividades de servizos. É dicir, que actualice e xeneralice os trámites de control a posteriori que substitúan aos actuais controis preventivos. Xa que logo, trátase de perfeccionar aqueles aspectos da burocracia administrativa que supoñen demoras e cargas innecesarias, de xeito que calquera emprendedor/a ou promotor/a poida proceder á apertura de novos negocios sen licenza previa e sen necesidade de esperar ao remate do control municipal. Os criterios de subsidariedade, motivación e excepcionalidade recolleitos na Directiva de Servizos, lévannos a esta conclusión malia non terse completado, a día de hoxe, a adaptación do ordenamento xurídico galego como requiría a Lei de economía sustentable, o que impide construír, de arriba cara abaixo, un ordenamento xurídico coherente neste eido da policía administrativa urbanística, sen prexuízo de recoller, xa nesta ordenanza, as determinacións contidas no recente Real Decreto-lei 19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, malia non adaptación á mesma da lexislación galega urbanística e sectorial que segue a esixir licenza previa para obras e instalacións, co fin de evitar responsabilidades ao Concello. A presente ordenanza pretende, pois, dar cobertura xurídica á aplicación destes novos procedementos reguladores das actuacións comunicadas, acomodadas ao ordenamento vixente e dítase ao abeiro da potestade regulamentaria recoñecida as entidades locais – artigo 4.1º a) da Lei reguladora das bases do réxime local e artigo 6 da Lei de administración local de Galicia, para determinar en qué supostos a técnica de intervención administrativa se efectuará a través de “Comunicación Previa”,“Declaración Responsable”, ou ben se manterá, excepcionalmente, por aplicación do art. 5 da lei 17/09, básica estatal, o sometemento a “Licenza” ou outros “actos de control preventivo”, cuxa regulación pormiudada, neste último caso, posponse ata a aprobación do novo Plan Xeral en tramitación. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(5) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 32. Estrutura A presente ordenanza Municipal estrutúrase en cinco capítulos, e consta de dezasete artigos, catro Disposicións Adicionais, unha Disposición Transitoria, unha Disposición Derrogatoria e unha Disposición Derradeira ademais de tres anexos. No Capítulo I, baixo o epígrafe “Disposicións Xerais” delimítase o obxecto e o fin da presente ordenanza, o seu ámbito de aplicación e aquelas definicións de conceptos de aplicación xeral. En canto ao Capítulo II, nel determínase o ámbito de aplicación obxectivo, concretamente que actuacións poden acollerse ao procedemento de declaración responsable, ao da comunicación ao de cambio de titularidade, así coma ao procedemento de actuación comunicada para obras menores. No Capítulo III, establécense os requisitos e a documentación xeral a achegar, e aqueles de carácter específico segundo o procedemento de que se trate. O Capítulo IV, dedícase a regulamentar os procedementos e o réxime xurídico aplicable, tanto as declaracións responsables e comunicacións previas de troco de titularidade como ás licenzas por actuación simplificada ou comunicada. Por último, no Capítulo V, baixo o epígrafe “Inspección, verificación e control posterior de actividades, obras e servizos”, regula as actividades de comprobación, control e inspección que se levaran a cabo polos servizos municipais, o deber de colaboración dos titulares de actividades e servizos, e o réxime de infraccións e sancións que será tipificado pola lexislación urbanística de aplicación.. ÍNDICE Índice Exposición de motivos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. 1-5. Capítulo I. Disposicións xerais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. 7-9. Artigo 1.—Obxecto e Fins. Artigo 2.—Ámbito territorial e obxectivo. Artigo 3.—Definicións. Capítulo II. Ámbito de aplicación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. 9-14. Artigo 4.—Declaración responsable de aperturas comerciais, de actividades inocuas e das instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais. Artigo 5.—Cambios de titularidade. Artigo 6.—Licenzas para obras menores por actuación comunicada. Capítulo III. Requisitos e documentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14-18 Artigo 7.—Requisitos Xerais. Artigo 8.—Requisitos e documentación específica das declaracións responsables de apertura de establecementos comerciais e actividades inocuas, instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais. Artigo 9.—Documentación específica da comunicación dos cambios de titularidade. Artigo10.—Documentación específica e requisitos da tramitación do procedemento simplificado de licenzas para obras menores por actuación comunicada. Capítulo IV.—Procedemento e réxime xurídico . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 19-24 Artigo 11.—Procedemento para tramitación das declaracións responsables e comunicacións de cambio de titularidade e réxime xurídico de aplicación. Artigo 12.—Procedemento simplificado de licenzas para obras e instalacións menores por actuación comunicada, réxime xurídico e efectos. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(6) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 33. Capítulo V.—Inspección, verificación e control posterior de actividades, obras e servizos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25-27 Artigo 13.—Réxime de control posterior e verificación da actividade declarada ou comunicada. Artigo 14.—Infraccións e Sancións. Artigo 15.—Das labores de inspección e verificación. Artigo 16.—Do deber de colaboración dos titulares das actividades e servizos. Artigo 17.—Denuncias. Disposicións adicionais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 27-28 D.A. Primeira.—Modelos Normalizados. D.A. Segunda.—Tramitación Electrónica. D.A. Terceira.—Visado colexial. D.A. Cuarta.—Obrigas Tributarias Disposicións transitoria única.—Procedementos en Tramitación . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. 28. Disposición derrogatoria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. 28. Disposición derradeira . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. 29. ANEXOS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. 30. Capítulo I Disposicións xerais ARTIGO 1.—OBXECTO E FINS.. 1. A presente ordenanza dítase para dar cumprimento, neste eido municipal, ao mandato contido na Disposición Adicional 8ª da Lei 2/2011, de 4 de marzo, de economía sostible, e ten por obxecto regular os procedementos de intervención municipal para habilitar, ou, no seu caso autorizar, o exercicio de actividades e a prestación de servizos así como a execución de determinadas obras menores que pola súa menor entidade e incidencia urbanística e medio-ambiental, someteranse, respectivamente, á presentación dunha declaración responsable, comunicación previa ou a unha tramitación simplificada a través de actuacións comunicadas, consonte ao determinado na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, Real Decreto-lei 19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos e demais normativa estatal e autonómica de transposición da Directiva de Servizos 2006/123 CE. 2. As súas finalidades xenéricas residen en acadar unha simplificación dos procedementos administrativos e na eliminación de obstáculos para facer efectivas, no eido das actividades de ámbito local, as liberdades de estabelecemento e prestación de servizos en exercicio de dereitos preexistentes. Asemade, páutanse e planifícanse os procedementos de comunicación necesarios así como os de verificación posterior do cumprimento dos requisitos esixidos para o exercicio da actividade que se prevén na lexislación urbanística, medio-ambiental e sectorial de aplicación, ademais de xustificárense os supostos de concorrencia de interese xeral para o mantemento da licenza previa municipal de actividade, apertura ou de obras. 3. A presente ordenanza fixa, en particular, as condicións, requisitos e procedementos que deberán observarse para a eficacia das declaracións responsables do inicio de actividades comerciais polo miúdo, incluídas as correspondentes instalacións e obras ligadas ao acondicionamento dos locais comerciais, e, en xeral, dos servizos e das actividades económicas inocuas por non estaren sometidas a avaliación ambiental ou autorización sanitaria, así coma para a eficacia das comunicacións dos cambios de titularidade tanto de licenzas urbanísticas como dos títulos xurídicos habilitantes para o desenvolvemento de actividades e a prestación de servizos. Asemade, arbitra un procedemento www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(7) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 34. simplificado e comunicado para habilitar, de xeito inmediato, a realización de determinadas obras menores. ARTIGO 2.—ÁMBITO TERRITORIAL E OBXECTIVO.. 1. O ámbito de aplicación da presente ordenanza cínxese territorialmente ao termo municipal do Concello de Pontevedra. 2. Dende o punto de vista obxectivo regúlanse e quedan pautados os supostos, os requisitos e os procedementos de comunicación e verificación posterior para o inicio das seguintes actividades e obras: 2.1. O inicio ou apertura, incluídas as instalacións e acondicionamentos correspondentes que non precisen proxecto segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro de ordenación da edificación, de calquera actividade comercial, polo miúdo e realizada en estabelecementos permanentes cunha superficie útil de exposición e venda ao público non superior a 300 metros cadrados, previstas no art. 2 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia e no anexo do Real Decreto-lei 19/2012, de 25 de maio, así como, en xeral, das actividades económicas inocuas que non se atopen incluídas no eido do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental ou calquera outra cautela ambiental previa, que non estean sometidas á tramitación propia da normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, que non requiran o oportuno informe da Consellería de Sanidade, ou que estean excluídas do eido de aplicación da normativa de transposición da Directiva de Servizos. 2.2. Os cambios de titularidade tanto de licenzas de obras, e/ou de licenzas de apertura/actividade como os das de actividades declaradas responsablemente, que se efectúan ao abeiro do disposto no artigo 13 do Regulamento de servizos das corporacións locais e/ou do artigo 28.4 da devandita Lei de comercio interior de Galicia ou norma que a substitúa. 2.3. A execución de determinadas obras menores de escasa entidade técnica, económica e incidencia urbanística e ambiental que se especifican no artigo 6.2 desta norma. 3. As restantes actividades, instalacións e obras non incluídas no ámbito de aplicación da presente ordenanza regulado no seu capítulo II, quedan suxeitas ao procedemento de licenza previa, agás disposición legal en contrario, polos motivos de interese xeral que se expresan nesta ordenanza. 4. Todas as actividades, servizos, instalacións e obras, comunicadas ou declaradas polos mecanismos de intervención pautados na presente ordenanza, entenderanse habilitadas sempre agás o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros. ARTIGO 3.—DEFINICIÓNS.. Aos efectos da aplicación da presente ordenanza defínese como: 1. Declaración Responsable: documento subscrito por un suxeito interesado no que manifesta, baixo a súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos establecidos na normativa vixente para acceder ao recoñecemento dun dereito ou facultade ou para o seu exercicio, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a manter o seu cumprimento durante o período de tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio. Tales requisitos recóllense de xeito expreso e preciso na presente ordenanza e reflíctense nos correspondentes modelos normalizados de declaración responsable incorporados como anexo III. 2. Comunicación Previa: documento polo que os interesados poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos identificativos e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade. 3. Licenza: acto administrativo regrado, expreso ou tácito, polo que o Concello autoriza, previa comprobación das condicións establecidas pola normativa aplicable, actos de ocupación, construción, edificación, uso do solo ou subsolo ou o exercicio de actividades. 4. Licenzas para obras menores por actuación comunicada: aquelas licenzas para determinado tipo de obras menores expresamente enumeradas na presente ordenanza, para as que se arbitra un www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(8) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 35. procedemento simplificado de comunicación, que se pauta nesta norma, dada a suficiencia dun coñecemento e control inmediato para determinar a súa adecuación á normativa urbanística aplicable, por mor do seu reducido impacto urbanístico, medio-ambiental e escasa entidade técnica, económica e de volume de obra. 5. Obras menores: obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade construtiva e económica que non supoñan alteración do volume, do uso, das instalacións e servizos de uso común e do número de vivendas e locais, sen que poidan afectar ao deseño exterior, á cimentación, á estrutura ou ás condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de tódalas clases. Abranguen as pequenas obras de simple conservación,reparación, decoración e ornato que non precisan de proxecto técnico e non implican un orzamento elevado. En ningún caso se entenderán como tales os parcelamentos urbanísticos, os muros de contención, os peches con muros de fábrica de calquera clase, as intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terra. 6. Obras Maiores: obras ou instalacións que non estean incluídas na categoría de obras menores. Necesitan de proxecto técnico e abranguen, basicamente, os conceptos de obra nova ou nova edificación, as obras de restauración estrutural, de ampliación, de reestruturación, ou de instalación e/ou acondicionamento de locais para as actividades, e de conservación, rehabilitación e restauración, que afecten a elementos estruturais, e as obras de demolición ou derrube.. Capítulo II Ámbito de aplicación ARTIGO 4.—DECLARACIÓN RESPONSABLE DE APERTURAS COMERCIAIS, DE ACTIVIDADES INOCUAS E DAS INSTALACIÓNS E OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DE LOCAIS COMERCIAIS.. 1. Quedan suxeitas ao réxime de declaración responsable regulado na presente ordenanza todos aqueles servizos, actividades, instalacións e obras ligadas ao acondicionamento de locais comerciais polo miúdo, cunha superficie útil de exposición e venda ao público non superior a 300 metros cadrados, que non precisen da redacción dun proxecto de obra consonte á Lei 38/1999, do 5 de novembro, que atinxan a locais situados en edificacións que conten con licenza de primeira ocupación ou se atopen legalmente acondicionados e se refiran a usos permitidos ou compatibles segundo as ordenanzas do planeamento xeral que se atope en vigor, tales como a apertura de comercios, polo miúdo, en estabelecementos permanentes, para o exercicio de actividades inocuas, o exercicio de profesións liberais e colexiadas, os servizos de carácter financeiro, de transportes, de seguros, academias, oficinas administrativas e institucionais, así coma, en xeral, as actividades económicas que non se exclúan expresamente no seguinte punto e sempre e cando no interior do local onde se desenvolvan non se dispoña de instalacións ou aparellos que, polo seu funcionamento, puideran seren merecedoras da súa cualificación como actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas ou suxeitas a incidencia ambiental. Considéranse expresamente incluídas no ámbito de aplicación do réxime de declaración responsable pautado na presente ordenanza os servizos e as actividades comerciais incluídas no anexo do Real Decreto Lei 19/2002, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos. As instalacións e obras ligadas ao acondicionamento de locais comerciais suxeitaranse tamén ao réxime de declaración responsable, exclusivamente ,cando se refiran as actividades e servizos incluídos no anexo do Real Decreto Lei 19/2002, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, sempre que as correspondentes obras de acondicionamento non requiran de proxecto consonte á Lei /38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Este anexo entenderase modificada consonte aos cambios que se poidan introducir na normativa estatal ou autonómica de superior rango. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(9) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 36. No anexo I desta ordenanza incorpórase, a título informativo e non excluínte, unha relación doutras actividades e servizos que se suxeitan ao réxime de declaración responsable exclusivamente para o seu exercicio ou prestación. 2. Quedan excluídas expresamente deste procedemento e sometidas a licenza de primeira ocupación, instalación, obras e apertura ou actividade previa, segundo proceda, ademais daquelas obras e actividades que se refiran a establecementos non permanentes ou locais cunha superficie útil de exposición e venda ao público superior a 300 metros cadrados, as seguintes: 2.1. As instalacións, obras de acondicionamento e actividades suxeitas ao trámite de incidencia, efectos ou impacto ambientais ou a calquera clase de avaliación ambiental. 2.2. Actividades que requiran de informe previo á autorización municipal da consellería titular da competencia en sanidade para ao seu exercicio. 2.3. As actividades, instalación e obras de acondicionamento que requiran informe ou autorización previa e preceptiva doutra administración sectorial, de natureza demanial ou de protección patrimonial, como por exemplo, en materia de estradas, costas, augas, patrimonio cultural, etc. 2.4. Todas as actividades e instalacións relacionadas no Decreto 160/2005, do 2 de xuño, que modifica o Decreto 294/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, suxeitas á regulamentación e ao procedemento previsto no Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, aprobado polo Real decreto 2816/1982, de 27 de agosto. Inclúense entre estas os servizos prestados por empresas de ocio e espectáculos tales como cinemas, teatros, circos, ludotecas, parques infantís ou similares e tamén, os hoteis, así como as cafetarías, bares, restaurantes e hostalería en xeral. 2.5. Os servizos de reparación, mantemento e asistencia técnica, sempre que non vaian asociados á venda, con carácter ordinario ou habitual e as industriais en xeral e no se inclúan expresamente no anexo I desta ordenanza. 2.6. As vivendas e usos residenciais en xeral. 2.7. As que atinxan, se desenvolvan ou impliquen uso privativo ou ocupación de bens demaniais de uso ou servizo público e a venda ambulante ou en feiras e mercados tradicionais que se desenvolven no espazo público. 2.8. As que atinxan ou se desenvolvan en edificacións en situación urbanística de fóra ordenación, en edificacións construídas sen licenza ou que conten con expediente incoado por presunta infracción urbanística. 2.9. As actividades expresamente excluídas do ámbito de aplicación da Directiva 2006/13/CE ou as actividades comerciais para as que se esixa licenza previa en aplicación da Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia ou de calquera outra lei ou disposición regulamentaria de carácter xeral con competencias sectoriais na actividade ou servizo de que se trate. 2.10. As obras de edificación de nova construción e as vencelladas ao acondicionamento dos locais que requiran dun proxecto de obra consonte á Lei 38/1999, de 5 de novembro de ordenación da edificación ou norma que no futuro a substitúa, as cales se seguirán regulando, en canto á esixencia de licenza previa, requisitos xerais e competencia para o seu outorgamento, pola normativa vixente. 2.11. As obras de ampliación, modificación, reforma ou rehabilitación que alteren a configuración arquitectónica do edifico, por mor da variación esencial da composición xeral exterior, da volumetría, que afecten aos elementos estruturais, impliquen sobrecargas respecto dos cálculos estruturais preexistentes, incidan nos elementos comúns ou nas redes de servizos xerais. 2.12. As obras e actividades que teñan por obxecto o cambio dos usos característicos do edificio. 2.13. As obras e actividades que teñan impacto no patrimonio histórico artístico por afectar a edificacións declaradas BIC, catalogadas ou inventariadas. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(10) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 37. ARTIGO 5.—CAMBIOS DE TITULARIDADE.. Abrangue tódolos supostos de transmisión da titularidade de licenzas urbanísticas, de obras, de actividade e/ou apertura así como da titularidade de actividades declaradas responsablemente, que se efectúen ao abeiro do disposto no artigo 13 do Regulamento de servizos das Corporacións Locais e/ou do artigo 28.4 da Lei 13/2010, de 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, ben sexa por traspaso, sucesión, fusión, absorción, cambio de nome, transformación de fórmula xurídico‐mercantil ou semellante, tanto inter-vivos como mortis-causa, sempre que se cumpra cos seguintes requisitos: 1. O local ou instalación en cuestión ten que se corresponder e axustar en canto ao seu acondicionamento, instalacións e distribución ao que obtivo licenza de primeira ocupación ou apertura inicial e cumprir a instalación con tódalas medidas correctoras esixidas nos títulos xurídicos habilitantes de obras e de actividade. 2. O novo titular debe manifestar que é coñecedor de que a obra ou actividade se ten que axustar e dar cumprimento a todas as condicións impostas no/s acto/s administrativo/s habilitante/s para o exercicio da actividade ou a execución da obra ou instalación, e que non se menoscabaron as medidas de seguridade e correctoras da actividade que se vén desenvolvendo. 3. Nos supostos de cambio de titularidade relativos a licenzas de apertura ou a actividades declaradas responsablemente, ao se tratar de autorizacións de tracto sucesivo, a actividade acomodarase á normativa reguladora que vaia entrando en vigor e sexa esixible, previa obtención das preceptivas autorizacións que, no seu caso, resulten necesarias para tal finalidade. ARTIGO 6.—LICENZAS PARA OBRAS MENORES POR ACTUACIÓN COMUNICADA.. 1. Por este procedemento simplificado tramitaranse as licenzas que se soliciten para aquelas actuacións, definidas no artigo 3 desta ordenanza, nas que, por mor do seu reducido impacto urbanístico ou medio-ambiental e escasa entidade técnica e orzamentaria, sexa dabondo a súa comunicación e un control inmediato para determinar a súa adecuación á normativa aplicable, seguindo a tramitación que se determina nos artigos 10 e 13 da presente ordenanza. 2. Someteranse ao procedemento simplificado de tramitación por actuación comunicada as solicitudes de licenza para a realización das seguintes obras menores, coas condicións indicadas e sempre que concorran as circunstancias expresadas nesta ordenanza e particularmente no punto 3 deste artigo: 2.1. Obras de conservación exteriores. Deberan manter, en todo caso, as características compositivas básicas das fachadas e cubertas, así como a uniformidade estética e dos materiais empregados nas obras exteriores que afecten á fachada, á cuberta e ás carpinterías exteriores e non figurar como excluídas no epígrafe 2.1.6 deste artigo. Poderán consistir en: 2.1.1. Fachadas e medianeiras: a) Branqueo, revoco ou pintado de paramentos, pintado de portas, fiestras, beirados, enreixados e balcóns. b) Inspección e revisión de fachadas e medianeiras e reparacións puntuais que non supoñan cambio dos materiais de acabado da fachada. c) Branqueo ou pintado con cores claras ou acordes coa contorna das medianeiras. d) Colocación de cristais, reparación puntual e parcial dos elementos da fachada e das medianeiras. 2.1.2. Cubertas, canles e baixantes: a) Inspección e reparación puntual dos elementos da cuberta (antenas individuais ou colectivas, chemineas...) b) Limpeza e/ou reposición puntual de tellas deterioradas ou rotas e, en xeral, reparación puntual e parcial do material da cuberta en mal estado, así como reposición ou reparacións de canles e baixantes. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(11) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 38. 2.1.3. Pasaxes permanentes dos vehículos: Reposición da sinalización autorizada que se atope deteriorada. 2.1.4. Baixos das edificacións, limpezas de soares, mantemento dos espazos libres privados das parcelas: a) Mantemento ou reparación dos cerramentos dos baixos de edificacións desocupados. b) Limpeza e pequenas reparacións de conservación e mantemento de soares e espazos libres das parcelas edificadas, tales como podas, axardinamentos, pavimentación, implantación de bordos, instalacións de rego e obras menores de conservación dos espazos libres de dominio privado, agás que se refira a inmobles catalogados ou incluídos no ámbito do PEPRICA e sen que se poida afectar coas obras a calquera uso, servizo ou instalación pública. 2.1.5. Rótulos e toldos: Limpeza e adecentamento dos toldos e rótulos instalados con licenza que se atopen deteriorados segundo as ordenanzas municipais. 2.1.6. Obras menores de conservación no centro histórico, en edificios sen declaración expresa de BIC: a) Hidrolimpezas parciais de fachada con auga a baixa presión controlada, sen produtos químicos e sen alterar as condicións físicas dos materiais e hidrofugación parcial de fachadas, tratamentos impermeabilizantes, incoloros, con produtos estables. b) Colocación de cristais sen troco de perfilaría da carpintería. c) Limpeza e pintado, nas cores tradicionais autorizadas polo PEPRICA, da carpintería e ferraxaría exterior e das canles e baixantes existentes en situación de deterioración, que se reporá en pedra, cinc ou materiais tradicionais. d) Substitución de tellas deterioradas ou rotas por outras da mesma tipoloxía. 2.1.7. Obras menores de rede interior para a acometida á rede xeral de auga e/ou sumidoiro. 2.1.8. Quedan excluídas expresamente do ámbito de aplicación deste procedemento simplificado as obras menores exteriores, que deseguido se relacionan: a) As obras que precisen da instalación de estadas de máis de seis metros de altura ou elementos equivalentes. Nestes supostos a licenza que debe solicitarse tramitarase segundo o procedemento ordinario e requirirá da achega á solicitude do correspondente proxecto ou estudo técnico no que se inclúa o estudo de seguridade e saúde subscrito por técnico competente que acredite o cumprimento da normativa de seguridade e saúde e demais documentación normativamente esixida. No suposto de que se prevea a colocación da estada en espazo público, precisará de previa autorización específica de ocupación. b) As obras de peche de balcóns e terrazas, as de apertura de novos ocos na fachada ou de tapiado dos existentes e as que leven aparelladas variacións parciais dos materiais, cores ou composición das fachadas e das cubertas. 2.2. Obras de reforma e reparacións menores interiores en vivendas e locais. 2.2.1. Obras menores interiores en vivendas 2.2.1.1. Obras de reforma parcial non estrutural de escasa entidade, tales como pequenas reparacións, obras de mellora, renovación, modificacións o substitucións menores dos elementos e acabados interiores que deseguido se relacionan, nas que concorran as circunstancias expresadas no punto epígrafe 2.2.1.2 deste artigo: a) Obras de decoración e pintura interior. b) Levantado/demolición e substitución dos materiais de acabado tales como pavimentos, solados, revestimentos, lucidos, azulexados e chapados. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(12) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 39. c) Demolición e substitución de falsos teitos. d) Substitución de carpintaría e do acristalamento interior. e) Pequenas reparacións, substitucións e instalacións parciais da rede eléctrica, de fontanaría, de calefacción, dos radiadores, do mobiliario de cociña, dos sanitarios e dos seus accesorios. f) Obras menores de supresión de barreiras arquitectónicas que permitan converter as vivendas ou edificios en accesibles ou practicables ou mellorar as condicións de accesibilidade. 2.2.1.2. Para poder acollerse ao procedemento simplificado de actuación comunicada para obras interiores en vivendas, deberán concorrer as circunstancias seguintes: a) Non poderán afectar aos elementos estruturais, implicar sobrecargas respecto dos cálculos estruturais preexistentes ou incidir nos elementos comúns ou nas redes de servizos xerais. Tampouco modificarán a distribución interior ou a tabicaría, nin poderán implicar a apertura ou ampliación de ocos en muros. b) Non poderán afectar ás condicións de seguridade contra incendios ou de seguridade de utilización nin empeorar ás condicións de habitabilidade e accesibilidade. c) Non poden precisar da instalación de estadas de máis de seis metros ou elementos equivalentes. Nestes supostos será de aplicación o sinalado no epígrafe 2.1.7. a) deste artigo. d) Non poden implicar a modificación substancial do uso residencial nin do número de vivendas. e) Non poden afectar a edificacións declaradas BIC, catalogadas, inventariadas ou en situación de fóra de ordenación. 2.2.2. Obras menores interiores en locais comerciais. 2.2.2.1. Obras menores interiores en locais e naves comerciais que posúan licenza de apertura ou conten con declaración responsable, legalmente formalizada, para actividades e servizos non incluídos no anexo do Real Decreto-lei, 19/2012, do 25 de maio ou norma que o substitúa, que consistan en pequenas reformas e reparacións de escasa entidade, obras de mellora, renovación, modificacións ou substitucións menores dos elementos e acabados interiores, que deseguido se relacionan, nas que concorran as circunstancias expresadas no epígrafe 2.2.2.2: a) Obras de decoración e de pintura interior. b) Levantado/demolición e substitución dos materiais de acabado tales como pavimentos, solados, revestimentos, lucidos, azulexados e chapados. c) Demolición e substitución de falsos teitos. d) Substitución de carpintaría e do acristalamento interior. e) Pequenas reparacións, substitucións e instalacións parciais da rede eléctrica, de fontanería, de calefacción, dos radiadores, do mobiliario de cociña, dos sanitarios e accesorios. f) Obras menores interiores de supresión de barreiras arquitectónicas que permitan converter os locais en accesibles ou practicables ou mellorar as condicións de accesibilidade. 2.2.2.2. Para poder acollerse ao procedemento simplificado de actuación comunicada para obras interiores en locais deberán concorrer as circunstancias seguintes: a) Non poderán afectar aos elementos estruturais, implicar sobrecargas respecto dos cálculos estruturais preexistentes ou incidir nos elementos comúns ou nas redes de servizos xerais. Tampouco modificarán a distribución interior, a tabicaría, os percorridos de evacuación, o ancho dos corredores ou o aforamento, nin poderán implicar a apertura ou ampliación de ocos en muros. b) Non poderán implicar a modificación do uso nin menoscabar ou reducir as condicións de accesibilidade ou de seguridade contra incendios, de seguridade de utilización, de accesibilidade ou as esixibles en calquera normativa sectorial aplicable, por requirir, nestes supostos, a obtención de licenza previa de obras de acondicionamento, que se tramitará polo procedemento normal. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(13) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 40. c) Non poden precisar da instalación de estadas de máis de seis metros ou elementos equivalentes. Nestes supostos será de aplicación o sinalado no epígrafe 2.1.7 a) deste artigo. d) Que non se trate de actividades clasificadas ou sometidas a incidencia ou calquera outra cautela ambiental, nin á regulamentación de espectáculos públicos e actividades recreativas. e) Non afectarán ao aspecto exterior nin aos elementos comúns. f) Non poden afectar a edificacións declaradas BIC, catalogadas, inventariadas ou en situación de fóra de ordenación. 3.—Con carácter xeral, e sen prexuízo do indicado nos parágrafos precedentes, exclúense deste procedemento simplificado de licenza de tramitación comunicada e sométense ao procedemento normal de previa licenza as obras menores non incluídas nos epígrafes anteriores e, expresamente, aquelas si enumeradas nas que concorran as seguintes circunstancias: 3.1 Obras cuxa execución requira de informes sectoriais preceptivos e previos á licenza municipal. 3.2 Obras no ámbito do PEPRICA, agás as sinaladas no epígrafe 2.1.6, e en xeral tódalas que afecten a inmobles catalogados, inventariados ou declarados ben de interese cultural. 3.3 Obras en edificacións en situación urbanística de fóra ordenación. 3.4 Obras en edificacións construídas sen licenza ou que conten con expediente incoado por presunta infracción urbanística.. Capítulo III Requisitos e documentación ARTIGO 7.—REQUISITOS XERAIS.. En tódolos casos regulados na presente ordenanza deberá achegarse a seguinte documentación: 1. Instancia correspondente que, obrigatoriamente, deberá utilizar o modelo normalizado. 2. Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante. 3. Escritura de sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando proceda. 4. Xustificante acreditativo do pagamento das taxas e tributos correspondentes que sexan preceptivos. 5. Documentación acreditativa da referencia catastral ARTIGO 8.—REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA DAS DECLARACIÓNS RESPONSABLES PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS, APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS E ACTIVIDADES INOCUAS, INSTALACIÓNS E OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DE LOCAIS COMERCIAIS. Deberá achegarse a declaración, obrigatoriamente, no modelo normalizado, que se inclúe no anexo III desta ordenanza e que abrangue, ademais da documentación relacionada no artigo 7, a seguinte: 1. Declaración responsable da certeza do manifestado na instancia normalizada, que incluirá a manifestación explícita do cumprimento dos requisitos esixibles consonte á normativa vixente, incluído estar en posesión de proxecto subscrito por técnico competente para o caso de que as obras previas de acondicionamento a realizar así o requiran consonte ao establecido na lexislación vixente. 2. Compromiso de cumprimento dos requisitos normativamente esixidos e mantemento de tódalas medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período de tempo a el inherente. 3. Compromiso de acomodación ás esixencias derivadas da nova normativa que de xeito sucesivo vaia entrando en vigor, previa obtención das autorizacións que, no seu caso, resulten necesarias para tal finalidade, ao tratarse dunha actividade continuada. 4. Indicación da data de inicio da actividade e, no seu caso das instalacións e/ou obras de acondicionamento, con presunción de inicio no mesmo día de presentación da instancia no seu defecto. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(14) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 41. 5. Declaración de que posúe no local comercial, a disposición do persoal técnico inspector municipal e da policía local, ademais da propia instancia selada polo rexistro administrativo correspondente, a seguinte documentación: 5.1. Nos supostos de licenza previa de obras. 5.1.1. Licenza municipal de obras outorgada e proxecto licenciado subscrito por técnico competente. 5.1.2. Certificado de remate da obra asinado por técnico competente e, no seu caso, visado colexialmente, así como a restante documentación técnica esixida na licenza de acondicionamento con carácter previo ao exercicio da actividade. 5.2. Nos supostos de actividades sen obras. 5.2.1. Memoria de actividade subscrita por técnico competente . 5.2.2. Certificado de seguridade e solidez das instalacións, subscrito por técnico competente. 5.2.3. Documentación técnica subscrita por técnico competente, que xustifique o cumprimento de: 5.2.3.1. A normativa sectorial de aplicación vixente. 5.2.3.2. O Código Técnico da Edificación. 5.2.3.3. A normativa reguladora da protección contra incendios. 5.2.3.3. O Regulamento electrotécnico para baixa tensión. 5.2.3.4 A normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a. contaminación acústica.. 5.2.3.5. A normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. 5.2.3.6. A normativa sanitaria. 5.2.3.7.O cumprimento das determinacións contidas nas Ordenanzas e Regulamentos Municipais e no Planeamento urbanístico do Concello, en vigor. 5.2.4. Documentación xustificativa do cumprimento do artigo 5 da Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, cando proceda. 5.2.5. Autorizacións e rexistros sectoriais que resulten necesarios para o exercicio da actividade. 5.2.3. Plano de situación. 5.3. Nos supostos de actividades con simultánea execución da instalación ou das obras de acondicionamento suxeitas a declaración responsable. Ademais da documentación sinalada no punto 5.2 deberase dispor no local antes do inicio das instalacións e obras: 5.3.1. Proxecto técnico que describa as instalación e/ou obras de acondicionamento a executar e xustifique o cumprimento da normativa urbanística e sectorial de aplicación, oficio de dirección de obra e certificado oficial de remate de obras ou instalacións unha vez culminadas estas; documentación que deberá estar subscrita por técnico competente, e de ser procedente, debidamente visada polo correspondente colexio profesional. 5.3.2. De non ser preceptivo proxecto: a) Plano de situación e localización do inmoble no que se solicita a obra. b) Orzamento debullado ou por partidas das obras que se pretenden executar que deberá ter en conta a ordenanza fiscal en vigor. c) Certificado de remate da obra asinado por técnico competente e, no seu caso, visado colexialmente, unha vez culminadas as obras e instalacións. O referido certificado acreditará que coas instalacións ou obras de acondicionamento executadas non se menoscaba o cumprimento da normativa sectorial de aplicación vixente, o Código Técnico da Edificación, a normativa reguladora da protección contra incendios, o Regulamento electrotécnico para baixa tensión, a normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a contaminación acústica, a normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(15) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 42. a normativa sanitaria, o cumprimento das determinacións contidas nas ordenanzas e regulamentos municipais e no Planeamento Xeral urbanístico do Concello e, no seu caso, o cumprimento do artigo 5 da Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia ou norma que o substitúa. ARTIGO 9.—DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA DA COMUNICACIÓN DOS CAMBIOS DE TITULARIDADE.. Deberá achegarse a comunicación no modelo normalizado que se inclúe no anexo III desta ordenanza e que abrangue ademais da documentación relacionada no artigo 7, a seguinte: 1. Copia ou referencia exacta do título xurídico habilitante cuxa titularidade se transmite (licenza urbanística, de obras, de actividade de apertura ou posta en funcionamento, comunicación previa ou declaración responsable). 2. Fotocopia do NIF/ NIE do/a anterior titular e do/a novo/a titular. 3. Sinatura do/da anterior e do/da novo/a titular en transmisións inter-vivos, ou, no seu caso, a documentación acreditativa da transmisión mortis-causa. ARTIGO 10.—DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA E REQUISITOS DA TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO DE LICENZAS PARA OBRAS MENORES POR ACTUACIÓN COMUNICADA.. 1. Deberá achegarse xunto coa solicitude de licenza comunicada que deberá obrigatoriamente formularse no modelo normalizado que se incorpora no anexo III desta ordenanza, e que abrangue, ademais da documentación relacionada no artigo 7, e segundo corresponda, a seguinte: a) Plano de situación e localización do inmoble no que se solicita a obra. b) Orzamento debullado ou por partidas das obras que se pretenden executar que deberá ter en conta a ordenanza fiscal en vigor. c) Fotografías do estado actual do inmoble, exteriores ou interiores segundo proceda. d) Copia ou referencia exacta da licenza de apertura, comunicación do cambio de titularidade ou declaración responsable que ampare a actividade ou servizo que se desenvolva ou preste, no caso de obras interiores en locais; licenza de vao permanente, rótulo ou toldo, no caso de obras menores referidas a estes elementos e/ou licenza de acometida de auga e/ou sumidoiro, no caso de obras menores de rede interior. e) Nas solicitudes de intervencións menores de reparación de cuberta achegáranse á solicitude, canda menos, dúas fotografías recentes nas que se poida apreciar, en conxunto, con exactitude e claridade, a situación actual e volumetría da edificación coa cuberta ou tellado que se pretende reparar ou limpar. 2. Obrigatoriamente, deberanse conservar as características de construción e compositivas das edificacións e o deseño exterior das fachadas nas intervencións menores que lles afecten. 3. As reparacións de cuberta non poderán modificar a estrutura portante da edificación existente nin implicar cambios de altura ou de volume do inmoble. Tampouco poderán alterar as pendentes das augas da cuberta. 4. As ordenanzas vixentes para o centro histórico son de obrigado cumprimento para calquera intervención que se realice no conxunto histórico-artístico. Lémbrase, en particular, nas intervencións exteriores en fachada a prohibición de revocaduras con acabados en ton forte ou brillante, a imitación a pedra ou tixolo e as paredes cubertas de tea asfáltica ou fibrocemento. As portas, fiestras, galerías e balcóns deberán levar as cores tradicionais e terán como material a madeira na carpintaría e o ferro, fundición ou bronce na ferraxaría, seguindo as normas do Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do centro histórico declarado conxunto histórico artístico, agás os supostos excepcionais que se prevén no devandito PEPRICA. 5. Nas solicitudes de obras exteriores en fachadas e cubertas deberase indicar obrigatoriamente na instancia o medio auxiliar a empregar na súa execución. www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(16) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 43. Cando o medio auxiliar a empregar deba colocarse en espazo público deberá solicitar e obter a correspondente autorización específica para a súa ocupación con carácter previo ao inicio das obras. 6. Nos procedementos de licenza de tramitación simplificada por actuación comunicada para a execución de obras menores no interior de locais con licenza de apertura ou declaración responsable, unha vez rematadas as obras, deberá obrigatoriamente disporse no local, a disposición do persoal do Concello, de certificación subscrita por técnico competente, acreditativa de que coas obras menores executadas non se menoscaba o cumprimento da normativa sectorial de aplicación vixente, o Código Técnico da Edificación, a normativa reguladora da protección contra incendios, o Regulamento electrotécnico para baixa tensión, a normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a contaminación acústica, a normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, a normativa sanitaria, o cumprimento das determinacións contidas nas ordenanzas e regulamentos municipais e no Planeamento Xeral urbanístico do Concello e, no seu caso, o cumprimento do artigo 5 da Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia.. Capítulo IV Procedemento e réxime xurídico ARTIGO 11.—PROCEDEMENTO PARA TRAMITACIÓN DAS DECLARACIÓNS RESPONSABLES E COMUNICACIÓNS DE CAMBIO DE TITULARIDADE E RÉXIME XURÍDICO DE APLICACIÓN. 1. Formalización e presentación. 1.1. Tanto as declaracións responsables como as comunicacións do cambio de titularidade reguladas na presente ordenanza, deberán formalizarse obrigatoriamente no impreso normalizado incluído no anexo III correspondente. 1.2. Presentaranse debidamente cumprimentados no rexistro do Concello, nas oficinas desconcentradas que se poidan determinar, en calquera dos rexistros ou por calquera medio válido consonte ao artigo 38 da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, incluído o portelo único, por vía electrónica e a distancia, cando sexa posto en funcionamento. 1.3. A data que conste no selo do rexistro de entrada correspondente segundo o disposto no parágrafo precedente, presumirá a data de inicio da actividade agás que na instancia se signifique outra data distinta. 1.4. Cando deban realizarse diversas actuacións relacionadas coa mesma actividade comercial ou de servizos prevista no anexo do Real Decreto-lei 25/2012, do 25 de maio ou no mesmo local en que se desenvolve tal actividade, tramitarase unha única declaración responsable que abranga tanto a actividade como a instalación e acondicionamento no seu caso. 1.5. A correcta e completa formalización, segundo os requisitos esixidos nos artigos reguladores, da declaración responsable ou da comunicación do cambio de titularidade habilita para o exercicio inmediato da actividade ou prestación de servizo e no seu caso para a execución da instalación ou as obras de acondicionamento declaradas responsablemente sen necesidade de ditar resolución administrativa expresa confirmatoria ou habilitante. No suposto de comunicacións de cambio de titularidade a habilitación para continuar executando a obra ou desenvolvendo a actividade queda suxeita ás condicións e medidas correctoras impostas na licenza ou declaración responsable que se transmite. 1.6. A persoa declarante ou a nova titular, ademais da manifestación responsable da certeza do declarado, deberá posuír no local comercial, a disposición do persoal técnico inspector municipal e da policía local, a documentación que se determina na presente ordenanza e facilitará o acceso ao local e ás instalacións ao devandito persoal municipal para as inspeccións, verificacións e comprobacións oportunas. 2. Emenda ou mellora da declaración ou comunicación Recibida a declaración responsable ou a comunicación do cambio de titularidade, se o servizo tramitador aprecia insuficiencia emendable nos datos achegados ou na documentación presentada www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

(17) Núm. 219. Mércores 14 de novembro de 2012. Páx. 44. requirirá, ao abeiro do artigo 71 da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á persoa declarante ou ao novo suxeito titular a súa emenda no prazo de dez días hábiles con advertencia expresa de que, de non facelo, teráselle por desistido/da da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada no termos previstos no artigo 42 da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A persoa declarante ou o novo suxeito titular poderán instar unha ampliación do prazo se no termo concedido non puidera emendar a deficiencia. A ampliación deberá solicitarse obrigatoriamente a través do modelo normalizado recollido no anexo III desta ordenanza e sempre antes do vencemento do prazo outorgado. Neste caso, entenderase concedida sen necesidade de ditar resolución administrativa confirmatoria por un prazo de cinco días. 3. Efectos xurídicos e consecuencias 3.1. A presentación da declaración responsable, co conseguinte efecto habilitante a partir do intre da súa presentación para o inicio da actividade e no seu caso da instalación ou acondicionamento, non prexulgará de xeito algún a situación e efectivo acomodo das condicións do estabelecemento á normativa aplicable, nin limitará o exercicio das competencias municipais de comprobación, control, inspección e sancionadoras. 3.2. As declaracións responsables ou comunicacións de cambio de titularidade que se acheguen incompletas, incorrectas ou erróneas non producirán efectos xurídicos. Tampouco producirán efectos xurídicos as declaracións responsables relativas ao desenvolvemento de actividades que infrinxan o réxime de usos previstos no plans territoriais ou urbanísticos vixentes. 3.3. En ningún caso se entenderan adquiridas por silencio administrativo facultades ou autorizacións en contra da lexislación ou do planeamento urbanístico aplicable. A declaración responsable ou a comunicación do cambio de titularidade non eximen da obtención das licenzas e autorizacións que esixa calquera norma sectorial nin do deber de presentación doutras declaracións, comunicacións ou inscricións en rexistros que a devandita normativa impoña para o desenvolvemento da actividade ou a prestación do servizo de que se trate. 3.4. Só poderá utilizarse o procedemento de declaración responsable para as actividades, instalacións e obras de acondicionamento relacionadas no artigo 4 desta norma, nos supostos e coas condicións e requisitos que se establecen na presente ordenanza e na lexislación de desenvolvemento e transposición da Directiva 2006/123/CE. As restantes obras, actividades e servizos quedarán suxeitas ao procedemento de licenza municipal previa por mor da súa incidencia urbanística, medio-ambiental ou de interese xeral, e serán tramitadas consonte á lexislación que sexa de aplicación segundo a actividade de que se trate. 3.5. O sistema de acceso á libre prestación de actividades e servizos e o particular réxime procedimental que se pauta pola presente ordenanza non exonera, aos prestadores de servizos e titulares das actividades, nin aos promotores de instalacións e obras de acondicionamento, das obrigas de carácter tributario, fiscal, administrativo e de orde civil que se estabelecen no ordenamento xurídico vixente. Tampouco poderán ser invocadas as declaracións responsables nin as comunicacións de cambio de titularidade para diminuíren ou excluíren a responsabilidade civil ou penal en que puideran ter incorrido os titulares no exercicio das actividades autorizadas coa presentación da declaración ou da comunicación. 3.6. As declaracións responsables e as comunicacións de cambio de titularidade producirán efectos entre o Concello e os suxeitos solicitantes e non alterarán as situacións xurídicas entre estes e as demais persoas. 3.7. Os efectos habilitantes inmediatos para o inicio das actividades e prestación de servizos, ou mesmo para a execución de instalacións e obras de acondicionamento, que xeran as declaracións responsables ou os cambios de titularidade regulados pola presente ordenanza, deixarán a salvo, sempre, www.bop.depo.es. N. bop@depo.es. N. Dep. Legal: PO 1-1958.

Referências

Documentos relacionados

As instruções sobre a atividade foram dadas por meio de apresentação em formato Microsoft PowerPoint e incluíam desde a orientação para baixar o CmapTools, a leitura de

Carmo (2013) afirma que a escola e as pesquisas realizadas por estudiosos da educação devem procurar entender a permanência dos alunos na escola, e não somente a evasão. Os

Tais orientações se pautaram em quatro ações básicas: apresentação dessa pesquisa à Secretaria de Educação de Juiz de Fora; reuniões pedagógicas simultâneas com

O capítulo I apresenta a política implantada pelo Choque de Gestão em Minas Gerais para a gestão do desempenho na Administração Pública estadual, descreve os tipos de

O presente trabalho objetiva investigar como uma escola da Rede Pública Municipal de Ensino de Limeira – SP apropriou-se e utilizou o tempo da Hora de

de professores, contudo, os resultados encontrados dão conta de que este aspecto constitui-se em preocupação para gestores de escola e da sede da SEduc/AM, em

É importante destacar também que, a formação que se propõem deve ir além da capacitação dos professores para o uso dos LIs (ainda que essa etapa.. seja necessária),

Acrescenta que “a ‘fonte do direito’ é o próprio direito em sua passagem de um estado de fluidez e invisibilidade subterrânea ao estado de segurança e clareza” (Montoro, 2016,