PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
CURSO 2017-2018
DEPARTAMENTO DE INGLÉS
NIVEL AVANZADO (B2 do MCERL
1)
CURSO AVANZADO 2
Información para o alumnado
1
2
ÍNDICE
1.
Definición do
nivel avanzado
3
1.1 Obxectivos xerais
3
1.1. 1 Comprensión oral
3
1.1.2. Comprensión escrita
3
1.1.3 Expresión e interacción oral
3
1.1.4 Expresión e interacción escrita
4
2.
Avanzado 2 4
2.1. Obxectivos específicos
4
2.1.1. Comprensión oral
4
2.1.2 Comprensión escrita
4
2.1.3 Expresión e interacción oral
4
2.1.4 Expresión e interacción escrita
5
2.2. Contidos
5
2.3 Libros de texto e materiais didácticos
21
3
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
1.
Definición do nivel avanzado
De acordo co RD 1629/2006 e a Lei Orgánica de Educación de 2006, o programa para Avanzado 2 ten como referencia o nivel B2.2 do Marco Común Europeo de Referencia (MCER). Este nivel é definido no Marco Europeo e especifica que o alumno xa ten conseguido a primeira parte do o nivel B2 (a primeira fase para chegar a ser un Usuario Independente). O nivel B2, que inclúe Avanzado 1 e Avanzado 2, se define como segue.
“É capaz de entender os puntos principais dunha información clara de rexistro estándar en temas cotiáns que se encontran normalmente no traballo, na escola, en situacións de ocio, etc. É capaz de defenderse na maioría de situacións que poden xurdir cando se viaxa por unha zona onde se fala o idioma obxecto de estudo. É capaz de producir textos sinxelos unidos por conectores sobre temas cotiáns ou de interese persoal. É capaz de describir experiencias e sucesos, soños, esperanzas e ambicións e de dar breves razóns e explicacións referentes a opinións e plans.”
Por outra parte, a lexislación galega (DOG 191/2007 do 20 de setembro) declara que este nivel “supón utilizar o idioma con certa seguridade e flexibilidade, receptiva e produtivamente, tanto na forma falada como na escrita, nunha variedade de situacións que requiran comprender e producir textos en lingua estándar, con estruturas habituais e un repertorio léxico de uso frecuente, e que versen sobre temas xerais, cotiáns ou polos que se ten un interese persoal”.
1.1 Obxectivos xerais
1.1.1. Comprensión oral
Comprender textos extensos ben organizados e lingüisticamente complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, incluso de carácter técnico sempre que estean dentro do propio campo de especialización, nunha variedade de lingua estándar, transmitidos mediante calquera canal, articulados a velocidade normal e mesmo nun entorno ruidoso ou con interferencias.
1.1.2. Comprensión escrita
Ler cun alto grao de independencia textos extensos e de certa complexidade lingüística en lingua estándar, en variedade de rexistros, adaptando o estilo e a velocidade da lectura aos distintos textos e finalidades, utilizando fontes de referencia apropiadas de forma selectiva, e cun amplo vocabulario activo de lectura aínda que teña algunha dificultade con expresións pouco frecuentes.
1.1.3 Expresión e interacción oral
Falar e interaccionar oralmente con fluidez, precisión, eficacia e espontaneidade sobre unha ampla serie de temas relacionados cos distintos ámbitos de interacción social, marcando a relación entre as ideas, expresando e defendendo puntos de vista con claridade e proporcionando explicacións e argumentos adecuados cun alto grao de corrección e naturalidade que permita que a comunicación se realice sen esforzo.
4
1.1.4 Expresión e interacción escrita
Escribir textos de extensión variada, claros e ben estruturados, con diferentes propósitos comunicativos, sobre temas relacionados cos diferentes ámbitos da vida social, transmitindo e requirindo información con eficacia, e defendendo, cando cumpra, puntos de vista sobre temas de carácter xeral, destacando as ideas principais, establecendo relación cos puntos de vista doutras persoas, valorando e sintetizando distintas opcións procedentes de varias fontes cando corresponda.
2.
Avanzado 2
2.1. Obxectivos específicos
2.1.1. Comprensión oral
- Comprender monólogos sostidos extensos emitidos en declaracións públicas, conferencias, charlas, informes e outras formas de presentación pública, académica e profesional lingüisticamente complexas.
- Comprender unha gama ampla de textos audiovisuais en lingua estándar, aínda que sexan emitidos en condicións físicas que supoñan algunha dificultade para a comprensión, sendo quen de identificar os puntos de vista e as actitudes dos falantes.
− Comprender con detalle o que se lle di cara a cara en conversacións e transaccións lingüisticamente complexas, en lingua estándar, mesmo nun contorno ruidoso.
− Comprender con detalle declaracións e mensaxes, avisos e textos instrutivos lingüisticamente complexos, en lingua estándar, mesmo con ruído de fondo.
2.1.2 Comprensión escrita
− Comprender con suficiente detalle instrucións extensas e complexas relativas a distintos ámbitos, así como textos legais habituais da súa vida social, sempre que poida reler os apartados difíciles.
− Ler de forma autónoma informes, textos xornalísticos, literarios e de divulgación científica aínda que non sexan da súa especialidade, relativos a temas actuais, e comprender
información, argumentos, ideas e opinións de fontes especializadas dentro de seu campo de interese.
− Ler correspondencia formal e informal relativa a todos os ámbitos da vida social captando a información esencial e os detalles necesarios para poder reaccionar adecuadamente.
− Identificar con rapidez o esencial e detalles relevantes en textos de extensión variada e complexos que versen sobre unha ampla serie de temas cos que se estea familiarizado, para realizar con éxito tarefas relativas aos ámbitos tanto persoal e público como en relación coas necesidades específicas de carácter profesional e educativo.
2.1.3 Expresión e interacción oral
− Participar en entrevistas de xeito eficaz, con fluidez e naturalidade, tomando a iniciativa e mesmo saíndo das preguntas preparadas, dando respostas interesantes e información complementaria.
− Falar en público sobre unha ampla gama de temas xerais ou relacionados coa súa especialidade, con descricións e argumentos desenvolvidos sistematicamente e cadeas argumentais razoadas, poñendo énfase nos aspectos significativos e ofrecendo detalles
5 relevantes que sirvan de apoio á exposición, con claridade, fluidez e certa facilidade de expresión, afastándose espontaneamente, se cumprise, dun texto preparado.
− Participar activamente, con fluidez, naturalidade e eficacia en interaccións formais e informais sobre a maioría de temas xerais e da súa profesión defendendo liñas argumentais complexas de xeito convincente, dando suxestións e sintetizando información e argumentos procedentes de varias fontes.
− Contribuír ao progreso dun traballo ou dunha negociación expoñendo con claridade, fluidez e espontaneidade unha situación dada e as súas ideas e propostas sobre ela, desenvolvendo con precisión e eficacia a súa argumentación.
2.1.4 Expresión e interacción escrita
− Escribir textos nos que se transmita información e ideas sobre temas, tanto abstractos como concretos, propios dos diferentes ámbitos; se expliquen problemas ou se argumente sobre eles apoiando os puntos de vista con detalles e exemplos adecuados, e con suficiente claridade e adecuación do rexistro.
− Escribir informes sobre unha variedade de temas xerais ou relacionados coa propia especialidade nos que se expoñan uns feitos pasados ou previstos, e se emitan consideracións sobre eles, achegando algún tipo de conclusión e recomendación.
− Escribir textos que sinteticen información procedente de varias fontes relativas aos ámbitos profesional, público e educativo, axustándose a un formato e rexistro axeitado.
− Tomar notas ou elaborar esquemas durante unha explicación, conferencia ou evento que permitan reconstruír a continuidade temática do texto ou suceso orixinal.
2.2. Contidos
2.2.1. Resumo
I. Área Social e de Turismo III. Área de Estudo
Asunto: Transaccións Cotiás Actividade 1: Comer fóra. Asunto: Socializar
Actividade 1: Conversas / encontros informais. Actividade 2: Usar servizos financeiros e postais. Asunto: Os Medios de Información
Actividade 1: Ver televisión, películas, documentais, escoitar a radio, ler xornais, utilizar Internet para acceder a emisións on-line.
Asunto: Emerxencias
Actividade 1: Situacións de emerxencia (accidentes, enfermidades, delitos, avaría do coche.)
Asunto: Estudar
Actividade 1: Asistir a unha conferencia, charla, presentación ou demostración.
Actividade 2: Dar unha charla ou conferencia. Actividade 3: Recoller información.
Actividade 4: Escribir redaccións, resumos, textos informativos ou de opinión.
Actividade 5: Participar nun debate.
6 II. Área de Traballo
Asunto: Servizos e Actividades Relacionadas co Traballo
Actividade 1: Atopar traballo.
Actividade 2: Facer chamadas, escribir mensaxes, cartas, faxes, memos, e-mails.
Actividade 3: Participar en reunións, seminarios, presentacións e demostracións.
Actividade 4: Comprender e escribir informes, instrucións e guións e comprender a literatura profesional.
2.2.2. Descrición
I. ÁREA SOCIAL E DE TURISMO 1. Asunto: Transaccións Cotiás
1.1 Comer fóra
Medio: Restaurantes convencionais, autoservizos, cafeterías, restaurantes de comida rápida, bares, restaurantes de buffet.
scoita / Fala Pode pedir unha comida e pedir aclaracións, de ser necesarias, sobre calquera aspecto relacionado cos pratos do menú. Pode expresar as súas preferencias dietéticas (por exemplo, comida halal para os musulmáns, comida kosher para os xudeus, intolerancia ao glute ou á lactosa.)
Pode manter unha conversa fluída sobre a natureza e calidade da comida, aportando información detallada sobre a súa textura, elaboración e sabor. Pode entender explicacións sobre o menú sen dificultade algunha (por exemplo, ingredientes, elaboración e termos relacionados coa nova cociña.) Pode queixarse sobre a maioría das situacións que poidan darse nun restaurante, comunicando cómo se sente e negociando unha posible
7 solución.
Pode adaptarse de xeito efectivo ás convencións sociais en restaurantes e outros contornos en diferentes ocasións culturais, por exemplo, en celebracións.
Lectura Pode entender un menú na súa totalidade (por exemplo, ingredientes,
elaboración e termos relacionados coa nova cociña.)
Pode entender textos especializados ou artigos sobre comida, hábitos alimentarios e preferencias con respecto á comida por razóns culturais ou relixiosas.
2. Asunto: Socialising
2.1 Conversas / encontros casuais
Medio: Discotecas, festas, escolas, hoteis, campings, restaurantes, casa, fóra da casa, chats, blogs.
scoita / Fala Pode encetar espontaneamente unha conversa e mantela sobre unha gran
variedade de temas relacionados coa vida persoal e profesional, e sobre acontecementos de actualidade nas noticias, así coma sobre temas que queden un tanto fóra do entorno máis inmediato do falante.
Pode expresar opinións sobre aspectos concretos, abstractos ou culturais, desenvolvendo liñas de argumento complexas con fluidez e expresando as súas ideas adecuadamente.
Pode interactuar con fluidez e de xeito exitoso coa finalidade de informar, facer obxeccións, predicir, debater / opinar, eloxiar. Pode participar en situacións algo máis complexas de natureza abstracta, cultural ou persoal que requiran elementos lingüísticamente complexos.
Pode entender e ser consciente da actitude e sentimentos do interlocutor e reaccionar adecuadamente a eles.
Pode entender matices en conversas sociais e participar nelas, respondendo ó humor, ironía e referencias culturais implícitas. Pode entender o ton e o estado de ánimo en afirmacións.
Pode usar unha gran variedade de rexistros segundo a situación, dirixíndose e saudando a outros falantes apropiadamente.
Escrita Pode escribir un reconto detallado dun encontro social, facendo referencias
ás diferenzas culturais, expresando opinións, aportando razoamentos e sintetizando a información.
8 Pode escribir cartas persoais de agradecemento, condolencia e felicitación.
2.2 Usando os servizos financeiros e postais
Medio: Bancos, oficinas de correos, oficinas de cambio.
Escoita / Fala Pode manexar con efectividade a maioría das transaccións bancarias e usar os
servizos postais, incluso os que sexan pouco coñecidos, pedindo aclaracións cando sexa necesario. Pode entender explicacións sobre os distintos pasos do proceso e pedir aclaracións.
Pode facer preguntas sobre diferentes tipos de servizos postais e entender as respostas e explicacións posteriores.
Pode entender explicacións habituais, por exemplo, sobre envío de extractos, e cargos de retirada de efectivo en certos tipos de conta.
Pode pedir aclaracións de termos técnicos ou específicos. Comprensión
lectora
Pode entender a maioría dos textos dun banco e comunicacións recibidas por escrito.
3. Asunto: Os Medios de Información
3.1 Ver a televisión, películas,
documentais, escoitar a radio, ler os xornais, usar Internet para acceder a emisións online. Medio: A casa, o coche, o cinema, o teatro.
scoita / Fala
Pode entender a maioría dos programas de televisión e radio e outro material online.
Pode ver a maioría dos programas de ficción e non ficción na televisión en inglés estándar (películas, series, obras de teatro.)
Comprensión lectora
Pode identificar a idea principal e os detalles en case todos os materiais emitidos en linguaxe estándar.
Pode ler rapidamente os medios para atopar información, obtendo un bo coñecemento de asuntos actuais e temas especializados relacionados coa súa área de coñecemento.
9
Escrita Pode escribir unha crítica ben estruturada dunha película, libro ou obra,
incluíndo unha opinión persoal ó respecto. Pode escribir unha reportaxe ben estruturada.
Pode escribir unha carta clara, concisa e ben estruturada ao editor dun xornal, na que manifeste de xeito efectivo unha opinión sobre un asunto de actualidade.
4. Asunto: Emerxencias
4.1 Situacións de emerxencia (accidentes, enfermidade, crime, avaría do coche)
Medio: Lugares públicos, casa, hospital, comisaría, na estrada.
scoita/ Fala Pode dar unha descrición detallada dun incidente nunha emerxencia (por exemplo, describir as circunstancias dun roubo á policía, dar detalles sobre unha avaría no coche e / ou a maioría das irregularidades que acontezan na estrada.
Pode explicar con claridade no hospital ou ao médico as doenzas, e explicar síntomas ou sensacións menos claras, posibles alerxias ou reaccións a certas sustancias. Pode explicar a súa historia médica ou problemas médicos anteriores con relativa facilidade.
Pode entender facilmente as instrucións do médico e pedir consello e aclaracións. Pode informarse e rexistrarse con efectividade para facer uso dos servizos nos centros de saúde. Pode entender o diagnóstico e as recomendacións do médico e asegurarse de que entendeu correctamente e / ou pedir aclaracións.
Comprensión lectora
Pode ler un informe da policía e entender a información incluída relacionada con incidentes delictivos.
Pode entender prospectos e folletos sanitarios sobre campañas de vacinación, posibles efectos secundarios ou reaccións alérxicas.
Escrita Pode escribir unha descrición detallada dunha situación de emerxencia, un
delito ou un accidente (por exemplo, a unha aseguradora.)
Pode entender e encher formularios sen dificultades, empregando a lingua apropiada (por exemplo, un impreso de reclamación, un impreso para facer un seguro, ou un impreso para reclamar obxectos persoais.) Pode proporcionar a información necesaria adecuadamente.
10 II. ÁREA DO TRABALLO
1. Asunto: Servizos e Actividades Relacionados co Traballo.
1.1 Atopar traballo Medio: O lugar de traballo (oficina, fábrica.)
scoita / Fala Pode falar sen dificultade sobre as diferentes etapas no proceso de procura de traballo, por exemplo, seleccionar opcións sobre a carreira e obxectivos laborais, facer procuras no mercado laboral aberto e oculto, elaborar un currículo convincente e unha carta de presentación, asistir a unha entrevista de traballo, negociar salario e condicións laborais, e finalmente, aceptar unha oferta de traballo.
Pode falar con precisión e de forma detallada sobre unha empresa, o seu organigrama e as responsabilidades laborais.
Pode asistir a unha entrevista de traballo cun guión flexible que permita improvisar segundo as necesidades conversacionais, falando sobre aspectos positivos e negativos, plans de futuro, experiencia anterior e facer e responder preguntas.
Comprensión lectora
Pode entender detalles específicos en distintos tipos de anuncios de traballo, en xornais e no Internet.
Pode avaliar información xeral e detallada sobre a experiencia, habilidades e cualificacións requiridas para un traballo.
Escrita Pode escribir cartas de solicitude tanto para traballos ofertados coma sen
ofertar, explicando as súas razóns para escribir, detallando experiencia laboral, habilidades e cualificacións, e pechando a carta, todo seguindo un formato apropiado.
Pode escribir un CV, detallando experiencia, habilidades e cualificacións da forma máis axeitada para os requisitos presentes en anuncios de traballo, e cun formato estándar apropiado.
11 1.2 Facer chamadas e escribir mensaxes, cartas, faxes, memos, e-mail
Medio: O lugar de traballo (oficina, fábrica.)
scoita / Fala Pode tomar e deixar mensaxes complexas con precisión, tanto sobre asuntos descoñecidos e en condicións en que haxa barullo. Pode pedir aclaracións ou máis información.
Pode encetar e finalizar chamadas telefónicas con fluidez, así como pedir que lle pasen con alguén en particular ou poñer alguén ó teléfono.
Comprensión lectora
Pode entender e-mails e mensaxes de texto por móvil, incluso sobre temas descoñecidos.
Pode entender información esencial e detalles relevantes en tódalas cartas habituais.
Pode entender o significado xeral de cartas non habituais e entender a maior parte do contido.
Escrita Pode escribir e-mails incluso cando traten de temas descoñecidos.
Pode escribir unha carta habituais, comunicando información, noticias, ideas e puntos de vista con eficacia, moi poucos erros gramaticais e un amplo léxico.
12 1.3 Participar en reunións, seminarios, presentacións e demonstracións
Medio: O lugar de traballo, salón de conferencias, centro de conferencias, salas de exposicións, fábricas, laboratorios.
scoita / Fala Pode seguir unha presentación, demostración, o reunión sobre un tema relativamente coñecido que trate do traballo ou area profesional, incluíndo liñas argumentativas complexas.
Pode expoñer os seus puntos de vista sobre temas relacionados con traballo ou a area profesional de xeito convincente e con fluidez
Pode pedir información adicional ou aclaracións, e pedir que reformulen a información e entender a resposta.
Pode dar unha presentación / facer unha demostración complexa preparada con anterioridade sobre un tema coñecido, con gran fluidez e con capacidade para apartarse do guión con naturalidade, e responder a maioría das preguntas inesperadas ao respecto.
Pode dar unha presentación sinxela sobre un tema coñecido relacionado co traballo.
Pode facer preguntas e participar en debates extensos despois da presentación, recapitulando certos puntos e especulando sobre diferentes aspectos.
Escrita Pode escribir a orde do día e as actas dunha reunión.
Pode tomar notas precisas nunha reunión ou nun seminario onde a materia a tratar sexa coñecida e predicible.
Pode tomar notas sobre temas pouco coñecidos nunha presentación ou demostración, incluíndo información relevante para reconstruír o texto orixinal.
13 1.4 Comprender e escribir informes, instrucións e normas orientativas, e entender a literatura profesional
Medio: O lugar de traballo (oficina, fábrica)
Comprensión lectora
Pode entender o significado xeral dun informe incluso cando o tema non sexa totalmente predicible.
Pode entender a maior parte dos textos producidos na propia área laboral. Pode entender a intención e detalles específicos de instrucións detalladas e extensas, mesmo fóra da área laboral inmediata.
Escrita Pode resumir información escrita obtida de distintas fontes, coma un
primeiro paso para escribir un informe.
Pode escribir un informe claro e detallado, incluíndo tendencias e cambios que se poidan reflectir en forma de diagrama, coma gráficas, gráficas de barras, e gráficos de queixiños así como avaliar, aconsellar e persuadir.
III. ÁREA DE ESTUDO 1. Asunto: Estudar
1.1 Asistir a unha conferencia, charla, presentación ou demostración
Medio: Sala de conferencias, clase, laboratorio.
scoita / Fala Pode entender conferencias, charlas, presentacións o demostracións, incluíndo conferencias, clases extensas de argumentación complexa, sempre e cando o tema sexa coñecido e a charla estea claramente estruturada e inclúa conectores explícitos.
Pode inferir o significado de palabras ou estruturas descoñecidas.
Pode entender unha grande variedade de materiais audiovisuais en lingua estándar. Pode identificar as actitudes e os puntos de vista dos falantes. Pode interactuar co interlocutor e outros membros da audiencia. Pode facer preguntas relevantes e entender as respostas.
14 Pode dar unha opinión e reaccionar ás opinións de outros falantes.
Pode pedir aclaracións cando sexa necesario.
Escrita Pode tomar notas sobre os puntos máis salientables da presentación.
Pode responder a preguntas sobre os puntos principais da presentación, aportando certa variedade de detalles, usando notas tomadas durante a presentación.
1.2 Dar unha conferencia ou charla Medio: Sala de conferencias, clase, laboratorio.
scoita / Fala Pode dar unha charla ou conferencia sobre unha grande variedade de temas xerais ou relacionados co eido da súa experiencia. Pode usar liñas de razoamento e pensamento ben relacionadas e sistemáticas.
Pode destacar aspectos significativos e aportar detalles relevantes. Pode falar de forma espontáneo cando se solicite.
Pode describir, narrar, argumentar, dar información ou opinión ou formular unha hipótese, cun vocabulario e gramática apropiados, así coma pronunciación clara e natural. Podería cometer algúns erros, aínda que non impedirán a comunicación.
Pode usar unha variedade de conectores e marcadores do discurso con facilidade.
Pode argumentar a favor ou en contra de diferentes puntos de vista e explicar as vantaxes e desvantaxes de outras posibles liñas de acción.
Pode conseguir unha boa interacción coa audiencia, suscitando reaccións e pedindo opinións.
Pode responder a preguntas da audiencia e aportar aclaracións cando sexa necesario.
15 Pode preparar transparencias ou material de apoio adicional.
1.3 Recoller información Medio: Estudio, biblioteca.
scoita / Fala Pode entender mensaxes de audio en inglés estándar, por exemplo, titorías audiovisuais en Internet, mensaxes polo sistema PA (anuncios públicos) ou instrucións orais sobre como utilizar aparatos e maquinaria. As mensaxes longas non deberían presentar problemas. É posible que atope certas dificultades á hora de escoitar con malas condicións auditivas, discurso mal estruturado, xerga, expresións idiomáticas e dialecto.
16 Comprensión
lectora
Pode entender textos complexos e longos sobre temas relacionados co seu entorno persoal, público ou educativo, incluíndo condicións, advertencias, consecuencias e situacións hipotéticas. Poden ser necesarias varias lecturas para pasaxes complexas.
Pode entender textos estruturados, detallados e extensos, coma por exemplo regulamentos, manuais, manuais de estilo e folletos instrutivos.
Pode entender documentos legais comúns coma por exemplo un contrato de aluguer, concesións, citacións, incluíndo detalles e consecuencias.
Pode atopar información nunha base de datos ou biblioteca. Pode empregar técnicas de lectura intensiva, extensiva e selectiva.
Pode empregar técnicas de lectura para buscar información xeral e información particular ou detallada.
Pode usar un dicionario monolingüe con facilidade.
Pode inferir o significado de palabras ou expresións descoñecidas a través do contexto ou de ilustracións, aplicando regras de formación de palabras ou por comparación con outras linguas.
Escrita Pode tomar notas de fontes auténticas para redactar ensaios ou coma
repaso, recollendo os puntos máis importantes e seleccionando as ideas salientables.
Pode resumir a información procedente de distintas fontes, incluídos materiais auténticos.
1.4 Escribir redaccións, resumos, informes e críticas
Medio: Estudio, biblioteca, sala de exames.
Escrita Pode escribir unha redacción descritiva para dar información, explicar un
tema ou definir un concepto, mediante feitos e información estatística, relacións de causa e efecto ou exemplos.
17 Pode escribir unha redacción persuasivo sobre un tema ben definido, para convencer ao lector dun punto de vista ou liña de acción recomendada, dando razóns e usando probas específicas, exemplos e estatísticas ( en vez de xeneralizacións ou opinións persoais) para persuadir ó lector de que a opinión defendida é válida.
Pode escribir un ensaio narrativo, contando unha historia dende un punto de vista definido e aportando detalles relevantes para involucrar o lector nos elementos e a secuencia da historia.
Pode escribir un resumo estruturado dun artigo, capítulo, ou libro, ofrecendo de forma condensada o sentido completo presente no orixinal, nas súas propias palabras, e citando o texto orixinal correctamente.
Pode escribir un informe estruturado que amose que se investigou ou analizou un problema en particular. O informe debería esbozar o problema, aportar datos e ideas relevantes e recomendar unha liña de acción; os encabezamentos e a organización deberían contribuír á súa estrutura.
Pode escribir unha crítica estruturada ou un resumo crítico dun libro, película ou obra, facendo citas, resumindo o contido, valorando os seus méritos e dando unha opinión persoal ponderada.
Pode redactar un título conciso e significativo nun inglés correcto para un traballo escrito.
1.5 Participar nun debate Medio: A clase e fóra da clase.
scoita / Fala Pode dar opinións e hipóteses e explicalos con claridade, cunha linguaxe específica e acertada e con certo grao de detalle. Pode dar unha opinión detallada sobre o que outros dixeron nun debate. Pode adoptar unha postura nun debate e explicar por qué.
Pode relacionar o tema dun debate coas súas propias experiencias persoais, e destacar as implicacións para a súa vida persoal do que se está a debater. Pode entender a outras persoas cando dan unha opinión sobre temas complexos.
Escrita Pode tomar notas breves sobre o que outros dixeron nun debate.
18 1.6 Ler textos literarios ou xornalísticos Medio: Na clase, casa, fóra da casa.
Comprensión lectora
Pode ler artigos con facilidade e identificar contido esencial.
Pode ler artigos e informes complexos e de certa extensión sobre temas abstractos ou concretos, e identificar contido esencial.
Pode empregar o contido da lectura para unha tarefa comunicativa coma, por exemplo, preparar unha conferencia, escribir un artigo ou un reportaxe, ou escribir protocolos, plans de acción e actas.
Escrita Pode escribir un resumo claro dun texto de literatura contemporánea ou un
artigo extraído dun xornal ou revista, incluíndo todos ou a maioría dos puntos principais do texto e omitindo a información non esencial.
Pode dar unha opinión persoal clara e coherente sobre a corrección ou os méritos dun texto de literatura contemporánea ou un artigo dun xornal ou revista.
Pode escribir unha crítica estruturada dun texto de literatura contemporánea ou un artigo dun xornal ou revista, incluíndo citas.
2.2.3. Tarefas
TRANSACCIÓNSCOTIÁS
Comer fóra
● Escoller un supermercado e analizar os hábitos e preferencias alimentarios no teu entorno.
● Preparar un informe cultural baseándose nos hábitos alimentarios dun país que vaian visitar os membros do grupo.
● Entrevistar a un compañeiro sobre a comida máis memorable que tivo para logo contalo na clase.
● Preparar e participar non programa de cociña explicando cómo preparar certos pratos. ● Levar a cabo un debate sobre os riscos e beneficios da biotecnoloxía na industria
alimentaria.
RELACIONARSE
19 ● Conversar e dar opinión sobre temas culturais: arte, cine, música, etc.
● Conversar sobre asuntos económicos: a crise económica, en que investir os aforros, etc.
● Debater o papel das novas tecnoloxías nas relacións sociais e no dia a dia (escoitar música, mercar, ler, etc.)
● Debater os pros e contras dos diferentes xeitos de viaxar (viaxes organizados, urbano/natureza, medios de transporte, etc.)
● Debater sobre a medicina tradicional fronte ás medicinas alternativas.
● Conversar sobre os hábitos alimenticios e a mellor maneira de levar unha vida saudable.
● Buscar o curso de inglés ideal, atendendo ós diferentes estilos de aprendizaxe. ● Escoller a mellor opción educativa dende a escola á universidade.
● Escoller un curso de formación.
● Debater os problemas medioambientales e a súa posible solución.
Usar servizos financeiros e postais
● Informe cultural. Os alumnos buscan información sobre cómo funcionan as institucións financeiras nun país que van visitar.
● Facer compras on-line.
● Os alumnos buscan on-line unha organización sen ánimo de lucro e deciden cal é máis saneada economicamente para colaborar con ela. Facer unha presentación en clase ao respecto.
OS MEDIOS DE INFORMACION
Ver películas, documentais, escoitar a radio, ler os xornais, acceder a emisións on-line. ● Comparar distintas fontes de noticias e avalialas.
● Analizar os propósitos das reportaxes.
● Avaliar os reportaxes de TV / radio / fontes on-line. ● Interpretar fotografías.
● Identificar o punto de vista do autor en textos.
● Buscar artigos que reflictan os eventos da realidade cun sesgo sensacionalista. ● Escribir unha carta ó editor / unha contribución a un blof.
● Escribir unha reportaxe.
● Ver unha película e escribir unha crítica. ● Avaliar anuncios publicitarios de televisión. EMERXENCIAS
● Buscar artigos xornalísticos on-line sobre o tema das discapacidades e como mellorar o entorno laboral e o acceso dos discapacitados, ou como enfocar as súas necesidades educativas. Preparar unha presentación oral breve. Decidir qué cidades / países están mellor preparados para cubrir as súas necesidades especiais.
● Investigar sobre o sistema sanitario no Reino Unido e os USA. Comparación co de España.
● Atopar o mellor plan de cobertura sanitaria e de que xeito pode o historial médico afectar a cobertura.
20 ● Usar diversas fontes para buscar información sobre un desastre natural e as súas
consecuencias.
● Ver unha película de desastres e presentar unha crítica.
SERVIZOS E ACTIVIDADES RELACIONADAS CO TRABALLO Atopar traballo
● Busca e informe sobre traballo social comunitario.
● Avaliando / valorando as capacidades e destrezas requiridas polos patróns. ● Valorando o lugar mellor para abrir un pequeno negocio.
● Debater tendencias laborais actuais e comparar actitudes sobre o traballo. ● Escribir documentos formais: carta de solicitude e currículos.
● Identificar características culturais de certas empresas. ● Deseñar un estilo de conversa telefónica apropiado.
● Relacionar estilos de traballo e de comunicación con certas culturas en particular. ● Explorar situacións de negocios que diferentes culturas afrontan de forma tamén
diferente.
● Deseñar un código de normas para lograr unha reunión eficaz.
● Avaliar as vantaxes e desvantaxes de empregar o inglés como lingua internacional. Facer chamadas e escribir mensaxes, cartas, faxes, memos, e-mail.
● Facer e coller chamadas e mensaxes mediante unha simulación nunha oficina. ● Escribir e-mails relacionados co traballo mediante unha simulación nunha oficina.
Participar en reunións, seminarios, presentacións e demostracións
● Participar con éxito nunha reunión nunha oficina mediante unha simulación. ● Presidir unha reunión nunha oficina de xeito eficaz mediante unha simulación.
● Asistir a conferencias e charlas de falantes invitados ou membros da comunidade escolar.
● Dar conferencias e charlas sobre as áreas de coñecemento dos propios alumnos. Entender e escribir informes, instrucións e normas orientativas e entender literatura profesional.
● Nunha oficina, entender e actuar segundo as actas dunha reunión mediante unha simulación.
● Nunha oficina, entender informes e considerar as implicacións que teñan para os negocios nun contexto dunha simulación.
21 ESTUDAR
Asistir a unha conferencia, charla, presentación ou demostración.
● Asistir a conferencias e charlas organizadas pola escola (alumno / persoal / conferenciantes invitados)
● Dar conferencias e charlas a grupos de alumnos.
● Participar con efectividade en seminarios organizados polo departamento de inglés. Recoller información
● Usar as instalacións da escola: biblioteca, aula multimedia. Usar a aula virtual on-line (Aula Cesga).
Escribir redaccións, resumos, informes e críticas
● Escribir unha redacción descritiva baseada na experiencia persoal. ● Escribir un ensaio de opinión.
● Escribir narracións e avaliar as dos compañeiros.
● Escribir un resumo, distinguindo entre a información esencial e os detalles prescindibles.
● Escribir e entender informes e considerar as súas implicacións. ● escribir un email solicitando unha beca.
Participar nun debate
● Preparar presentacións e debater os temas suscitados. Ler textos literarios ou xornalísticos
● Participar nun club de lectura
● Organizar e participar nunha biblioteca na aula. ● Organizar seminarios debatendo distintos textos.
22
2.3 Libros de texto e materiais didácticos
Libro de texto:New Language Leader. Upper Intermediate. (Nova Edición) by Cotton, Falvey, Kent, Lebeau, Rees. Ed. Pearson & Longman ISBN: 9781447961550 (Consultar co profesor antes de comprar o material).
Material Recomendado
Práctica gramatical: Advanced Grammar in Use by Martin Hewings (3rd Edition) CUP
Longman Advanced Learner’s Grammar by Mark Folley & Diane Hall. Pearson
Práctica vocabulario: English Vocabulary in Use Advanced by Michael McCarthy & Felicity O’Dell. Ed. CUP
Oxford Word Skills. Advanced by Ruth Gairns & Stuart Redman. Ed. OUP
Plan de fomento da lectura
Recoméndase aos alumnos ler como mínimo dous libros ao longo do curso, para acceder as lecturas do teu nivel podes consultar o fondo bibliográfico da biblioteca da EOI entrando na páxina da EOI (www.eoidevigo.org). Na pestana de biblioteca accedes á túa extensión e na pestana de busca, seleccionas "Materia", logo introduces "Inglés" e, finalmente, "Lectura Adaptada". Aí encontrarás os títulos clasificados por nivel.