• Nenhum resultado encontrado

TEMA 2: A MONARQUÍA HISPÁNICA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "TEMA 2: A MONARQUÍA HISPÁNICA"

Copied!
11
0
0

Texto

(1)

TEMA 2:

A MONARQUÍA HISPÁNICA

VOCABULARIO DO TEMA: Monarquía autoritaria Unión dinástica Corrixidores Inquisición Conversos Comunidades Xermanías Consellos Mouriscos Provincias Unidas Bancarrota

(2)

PARTE I: O SÉCULO XV 1. O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO

As monarquías autoritarias

No século XV os reis europeos seguiron reforzando o seu poder. Para iso, tiveron que debilitar os poderes da nobreza, da Igrexa, dos municipios e dos Parlamentos. Esta loita provocou graves enfrontamentos, que nalgunhas ocasións causaron guerras civís.

Os reis estableceron unha serie de mecanismos para facer efectivas as súas decisións.

Crearon unha burocracia e unha administración centralizada e profesional que dependía directamente do rei.

Fortaleceron o exército. As tropas estaban pagadas polo monarca e obedecían as súas ordes.

Aumentaron os impostos para obter ingresos cos que financiarse. Non obstante, a aprobación de novos impostos continuou estando sometida aos Parlamentos.

Crearon unha rede diplomática para manter relación cos países veciños.

Así xurdiron as chamadas monarquías autoritarias. A corte, ou casa do rei, abandonou o seu carácter itinerante típico da Idade Media, e instalouse nunha cidade fixa desde onde se dirixía o goberno.

(3)

2. OS REIS CATÓLICOS

Na primeira metade do século XV a península Ibérica estaba dividida en cinco grandes territorios: a Coroa de Castela, a Coroa de Aragón, o reino de Navarra, o reino de Portugal e o reino islámico de Granada.

A unión dinástica

En 1469 casaran Fernando, fillo do rei de Aragón, e Isabel, irmá do rei de Castela. En 1477 Isabel converteuse en raíña de Castela, e en 1479 Fernando sucedeu o seu pai no trono aragonés. Produciuse daquela a unión da Coroa de Castela e da Coroa de Aragón.

Pero esta unión era só unha unión persoal. Isabel e Fernando, os chamados Reis Católicos, gobernaban conxuntamente os seus territorios, pero cada reino mantivo as súas propias leis e institucións. Por esta razón, á morte de Isabel (1502), a unión dinástica estivo en perigo. O trono castelán pasou á súa filla Xoana (alcumada a Tola) mentres que Fernando continuou sendo rei de Aragón. A loucura da raíña Xoana incapacitouna para o trono, e foi Fernando quen acabou por exercer a rexencia ata que Carlos I, fillo de Xoana a Tola, ocupou o trono de ambas as coroas en 1516. Deste xeito a unión dinástica quedou confirmada definitivamente nas persoas de Carlos e dos seus sucesores.

A política interior

Unha vez terminada a guerra de sucesión en Castela, Fernando e Isabel dedicáronse a pacificar os seus reinos. Para facelo crearon a Santa Irmandade en Castela, un corpo policial que se dedicaba a loitar contra os bandidos que arrasaban os camiños e contra os desmáns da nobreza. Tamén reorganizaron a xustiza, e reforzaron a Chancelaría, que era o máximo organismo xudicial.

(4)

Os Reis Católicos decidiron ademais aumentar o seu poder fronte ás cidades. Para facelo nomearon corrixidores, uns funcionarios encargados de impoñer a autoridade dos reis en todos os municipios de Castela.

Reforzaron a Facenda real, para o que arrebataron privilexios e terras que os seus antecesores lle outorgaran á nobreza. E crearon un exército profesional e permanente que se converteu nun dos máis efectivos de Europa.

A expansión territorial

Os Reis Católicos ampliaron moito os seus territorios. Na península Ibérica conquistaron en 1492 o último territorio en poder dos musulmáns, o reino de Granada, que incorporaron á Coroa de Castela. En 1512, unha vez morta Isabel, tamén se conquistou o reino de Navarra.

Fóra da Península expandironse por diversos territorios. En 1504, incorporaron o reino de Nápoles á Coroa de Aragón. En África conquistaron varias prazas, como Melilla e Orán. No océano Atlántico tomaron as illas Canarias e comezaron a conquista de América.

A unidade relixiosa

Os Reis Católicos intentaron lograr a unificación relixiosa dos seus reinos. Con permiso do Papa fundaron o Tribunal da Inquisición en 1478, para perseguir os herexes. O tribunal tiña xurisdición sobre todos os territorios, tanto de Castela coma de Aragón, e é famoso polas súas duras condenas.

O seguinte paso na unificación relixiosa foi a expulsión dos xudeus en 1492. Por un decreto real todos os xudeus tiñan que converterse ao cristianismo ou abandonar España. Unhas 80.000 persoas tiveron que saír do país. Os que adoptaron o cristianismo, chamados conversos ou xudeuconversos, sufriron despois unha dura persecución inquisitorial.

En 1512 un decreto similar establecía a conversión ou a expulsión dos musulmáns españois. Este decreto contraviña as cláusulas da rendición de Granada, que establecían tolerancia cos habitantes de relixión islámica. Aos musulmáns que se converteron chamóuselles mouriscos.

PARTE II: O SÉCULO XVI 3. O IMPERIO DE CARLOS V

(5)

• Os seus avós maternos eran os Reis Católicos e deles obtivo o trono español en 1516. Estas posesións incluían as coroas de Castela e Aragón e todos os seus territorios en América, Italia, o Mediterráneo e África. Como rei de España recibiu o nome de Carlos I. • Os seus avós paternos eran Maximiliano I, emperador do Sacro Imperio, e María de Borgoña. Deles obtivo o título de emperador, e as terras da familia en Alemaña, nos Países Baixos e Francia. Como emperador recibiu o nome de Carlos V.

Carlos V naceu en Flandres. Cando chegou a España, en 1516, era un rei estranxeiro que trouxo consigo a moitos nobres flamengos aos que lles deu os principais postos do goberno. Ademais, gastou grandes cantidades de diñeiro castelán para conseguir o nomeamento como emperador do Sacro Imperio.

A herdanza de Carlos V (Fonte: ed. Santillana)

Estes feitos provocaron a rebelión das Comunidades en Castela, que fracasou, pero supuxo un cambio na forma de gobernar de Carlos: a partir daquela os casteláns ocuparon os principais postos no seu goberno. Pola súa parte, no reino de Aragón tivo lugar a revolta das Xermanías, nas que o rei e a nobreza se uniron para aplastar aos rebeldes.

O goberno do imperio

O imperio de Carlos V estaba formado por unha infinidade de territorios diferentes, coas súas propias leis e coas súas propias institucións. O seu principal punto en común era a existencia dun mesmo rei, que exercía o goberno, dirixía a política exterior e que se ocupaba da administración, do exército e da recadación de impostos. Un conxunto de consellos axudábao no goberno. Pero Carlos V non tiña un poder absoluto. Algunhas das súas decisións, como o establecemento de impostos, tiñan que ser aprobadas polos Parlamentos ou Cortes de cada reino.

(6)

En época de Carlos V non había unha cidade que fose a capital do imperio. A corte era itinerante, xa que o rei se desprazaba persoalmente a aqueles territorios onde había problemas. En cada territorio existía un vicerrei ou un gobernador que gobernaba no nome do rei mentres este estaba ausente. Tamén había unha audiencia, encargada de administrar xustiza.

A maioría dos ingresos do rei proviñan do cobro de impostos, especialmente de Castela. Pero os impostos non eran suficientes para financiar a política e o rei recorreu a pedir préstamos. Por iso a monarquía se foi endebedando progresivamente.

Os problemas exteriores

O principal obxectivo de Carlos V foi unificar a cristiandade baixo o seu mando, pero a súa política topou con tres grandes focos de oposición:

• Francia foi o seu principal rival pola hexemonía en Europa; os dous países estiveron en guerra durante todo o reinado.

• O outro gran rival foron os turcos otománs, que supoñían unha ameaza constante no Mediterráneo e na fronteira oriental do Sacro Imperio.

• O problema máis grave foi a rebeldía dos príncipes protestantes alemáns. Carlos intentou frear a expansión do luteranismo no Sacro Imperio, pero fracasou.

Carlos V, decepcionado por este fracaso, decidiu ceder o poder. Para iso dividiu as súas posesións. Entregoulle o Sacro Imperio ao seu irmán Fernando e o resto das súas posesións ao seu fillo Filipe.

4. A MONARQUÍA HISPÁNICA DE FILIPE II

En 1556 Carlos V abdicou e cedeulle os seus territorios españois, italianos e flamengos ao seu fillo Filipe II. O imperio de Filipe II era o máis poderoso da súa época: estaba formado por España, os Países Baixos, gran parte de Italia e outros territorios en Europa central, así como polo imperio castelán en América e numerosas posesións no norte de África e en Extremo Oriente.

Ademais, Filipe II era fillo dunha infanta portuguesa. En 1580 o rei de Portugal morreu sen herdeiros e Filipe II reclamou os seus dereitos sobre a coroa portuguesa, que obtivo ese mesmo ano. As posesións de Portugal estendíanse por África, Asia e Brasil.

(7)

O imperio de Filipe II era o máis grande que coñecera ata daquela a humanidade. O rei gobernaba todas as súas posesións desde a capital do Imperio, Madrid, onde instalou a súa corte, porque consideraba que España era o centro da súa monarquía. Por iso se lle deu ao seu imperio o nome de Monarquía Hispánica.

O imperio de Filipe II (Fonte: Ed. Santillana)

Os obxectivos de Filipe II

A política de Filipe II tivo dous obxectivos principais: conservar os seus territorios e defender o catolicismo.

• A conservación da súa herdanza patrimonial. Filipe II consideraba que tiña a obriga de manter todos os territorios que herdara e de transmitilos aos seus sucesores. Se perigaba o seu poder nun territorio, non dubidaba en defendelo polas armas.

• A defensa do catolicismo. Para Filipe II a Monarquía Hispánica era a gran defensora do catolicismo fronte ao islam e fronte á expansión do protestantismo. O rei sempre se negou en rotundo a concederlles a liberdade relixiosa aos seus súbditos e foi implacable contra calquera brote de protestantismo nos seus territorios.

Por esta razón, a Inquisición actuou con gran dureza contra os herexes e creceu a intolerancia. Estas liñas marcaron toda a súa política exterior e foron a orixe de gran parte das guerras que mantivo o monarca tanto nos Países Baixos coma contra outras potencias europeas.

(8)

Os problemas do seu reinado

Filipe II foi o rei máis poderoso do seu tempo (dicía que no seu imperio “non se poñía o Sol”), pero tivo unha gran cantidade de problemas tanto no interior de España coma no exterior.

No interior tivo que facer fronte a una serie de revoltas. A primeira foi a Guerra das Alpujarras, tralo levantamento dos mouriscos do reino de Granada. A segunda foi a Revolta do Reino de Aragón, posto que os aragoneses acusaban ao rei de romper as leis dese reino e atacar os seus dereitos.

No exterior os principais conflitos foron:

• A guerra con Francia. Filipe II derrotou os franceses ao inicio do seu reinado e obrigounos a asinar a Paz de Cateau-Cambresis de 1559. Ao final do reinado o conflito entre ambos os países reactivouse.

• O enfrontamento cos turcos. O imperio turco era una gran potencia que ameazaba as posesións españolas no mar Mediterráneo. España, o papa e mais Venecia asinaron unha alianza e, en 1571, derrotaron os turcos na batalla de Lepanto.

• A revolta dos Países Baixos. O calvinismo estendeuse polos Países Baixos e a política relixiosa de Filipe II provocou forte oposición. En 1566 as provincias do norte rebeláronse contra Filipe II e declaráronse independentes co nome de Provincias Unidas. O rei non o aceptou, e iniciouse así unha longa e custosa guerra que durou 80 anos.

• O enfrontamento con Inglaterra. Desde a subida de Isabel I ao trono inglés as relacións con Inglaterra empeoraron. O apoio inglés aos rebeldes dos Países Baixos levou a Filipe II a enviar contra Inglaterra a Armada Invencible, unha poderosa frota que foi derrotada en 1588.

Todas estas guerras provocaron uns gastos tan grandes que colapsaron a economía española e Filipe II tivo que declarar varias bancarrotas.

PARTE III: O RENACEMENTO EN ESPAÑA O Renacemento español

A arte renacentista non se impuxo plenamente en España ata o século XVI. A partir daquela, a influencia do novo estilo fíxose notar en todas as ramas da arte.

(9)

En arquitectura, o gótico continuou sendo o estilo predominante en España durante o século XV e principios do XVI. Podemos falar de tres estilos arquitectónicos renacentistas en España (por orde cronolóxica):

Estilo plateresco (finais do século XV e primeiro terzo do XVI): caracterizado pola súa decoración abundante e detallada, que semella o traballo dos plateiros.

A fachada da universidade de Salamanca é o seu mellor exemplo. En Galicia destaca o Hospital Real (actualmente Hostal dos Reis Católicos) en Santiago de Compostela.

Estilo clasicista (metade do século XVI): o estilo renacentista italiano é moi escaso en España. Os edificios están menos decorados; importa máis o equilibrio e a harmonía. Só se utilizou para algunhas construcións concretas, como o palacio de Carlos V na Alhambra de Granada, de Pedro Machuca. Destaca tamén a Escaleira Dourada da Catedral de Burgos, de Diego de Siloé.

Estilo herreriano (último terzo do século XVI): está caracterizado pola súa austeridade e a sobriedade. Case non ten decoración e predominan as formas xeométricas e as liñas rectas. O seu mellor exemplo é o mosteiro de San Lourenzo do Escorial, un dos monumentos máis importantes do seu tempo, ideado por Juan de Herrera.

A escultura española recibiu a influencia do Renacemento italiano, pero é moi diferente daquela. As obras están feitas principalmente en madeira pintada con cores moi vistosas. Os escultores buscaron plasmar os sentimentos relixiosos, máis que a beleza ideal: son esculturas dramáticas que buscan conmover ao espectador. Traballábase principalmente para a Igrexa. Os dous escultores máis importantes foron Alonso de Berruguete e Juan de Juni, influídos por Miguel Anxo.

Na pintura, O Greco sobresaíu por riba dos demais pintores. Realizou pinturas relixiosas e retratos cun estilo moi orixinal, que se caracterizaba por:

 Cores vivas e contrastadas (cores frías e cálidas)  Sensación de movemento

 Dramatismo  Espiritualidade  Figuras alongadas  “Horror vacui”

Entre as súas obras destacan O expolio, O enterro do conde de Orgaz e o retrato do Cabaleiro da man no peito.

(10)

1. Fachada da catedral de Salamanca 2. Hospital Real de Santiago

3 e 4. Palacio de Carlos V en Granada (exterior e interior)

(11)

7. Santo Enterro, de Juan de Juni

8. Sacrifizo de Isaac 9. Martirio de San Sebastián

10. O cabaleiro da man no peito, de O Greco

Referências

Documentos relacionados

5 “A Teoria Pura do Direito é uma teoria do Direito positivo – do Direito positivo em geral, não de uma ordem jurídica especial” (KELSEN, Teoria pura do direito, p..

Tendo como parâmetros para análise dos dados, a comparação entre monta natural (MN) e inseminação artificial (IA) em relação ao número de concepções e

Quando contratados, conforme valores dispostos no Anexo I, converter dados para uso pelos aplicativos, instalar os aplicativos objeto deste contrato, treinar os servidores

Curvas de rarefação (Coleman) estimadas para amostragens de espécies de morcegos em três ambientes separadamente (A) e agrupados (B), no Parque Estadual da Ilha do Cardoso,

Com base no trabalho desenvolvido, o Laboratório Antidoping do Jockey Club Brasileiro (LAD/JCB) passou a ter acesso a um método validado para detecção da substância cafeína, à

hospitalizados, ou de lactantes que queiram solicitar tratamento especial deverão enviar a solicitação pelo Fale Conosco, no site da FACINE , até 72 horas antes da realização

dois gestores, pelo fato deles serem os mais indicados para avaliarem administrativamente a articulação entre o ensino médio e a educação profissional, bem como a estruturação

Para preparar a pimenta branca, as espigas são colhidas quando os frutos apresentam a coloração amarelada ou vermelha. As espigas são colocadas em sacos de plástico trançado sem