• Nenhum resultado encontrado

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS"

Copied!
19
0
0

Texto

(1)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

CURSO 2017-2018

DEPARTAMENTO DE INGLÉS

NIVEL AVANZADO (B2 do MCERL

1

)

CURSO AVANZADO 1

Información para o alumnado

1

(2)

2

ÍNDICE

1.

Definición do

nivel avanzado

3

1.1 Obxectivos xerais

3

1.1. 1 Comprensión oral

3

1.1.2. Comprensión escrita

3

1.1.3 Expresión e interacción oral

3

1.1.4 Expresión e interacción escrita

3

2.

Avanzado 1 4

2.1. Obxectivos específicos

4

2.1.1. Comprensión oral

4

2.1.2 Comprensión escrita

4

2.1.3 Expresión e interacción oral

4

2.1.4 Expresión e interacción escrita

5

2.2. Contidos

6

2.3 Libros de texto e materiais didácticos

18

2.4 Avaliación (Ver documento “Avaliación” na web)

(3)

3

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

1.

Definición do nivel avanzado

De acordo co RD 1629/2006 e a Lei Orgánica de Educación de 2006, o programa para Avanzado 1 ten como referencia o nivel B2.1 do Marco Común Europeo de Referencia (MCER). Este nivel é definido no Marco Europeo e especifica que cando o alumno accede a B2 xa ten conseguido o nivel B1 (a primeira fase para chegar a ser un Usuario Independente). O nivel B2, que inclúe Avanzado 1 e Avanzado 2, se define como segue.

“É capaz de entender os puntos principais dunha información clara de rexistro estándar en temas cotiáns que se encontran normalmente no traballo, na escola, en situacións de ocio, etc. É capaz de defenderse na maioría de situacións que poden xurdir cando se viaxa por unha zona onde se fala o idioma obxecto de estudo. É capaz de producir textos sinxelos unidos por conectores sobre temas cotiáns ou de interese persoal. É capaz de describir experiencias e sucesos, soños, esperanzas e ambicións e de dar breves razóns e explicacións referentes a opinións e plans.”

Por outra parte, a lexislación galega (DOG 191/2007 do 20 de setembro) declara que este nivel “supón utilizar

o idioma con certa seguridade e flexibilidade, receptiva e produtivamente, tanto na forma falada como na escrita, nunha variedade de situacións que requiran comprender e producir textos en lingua estándar, con estruturas habituais e un repertorio léxico de uso frecuente, e que versen sobre temas xerais, cotiáns ou polos que se ten un interese persoal”.

1.1 Obxectivos xerais

1.1.1 Comprensión oral

Comprender textos extensos ben organizados e lingüisticamente complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, incluso de carácter técnico sempre que estean dentro do propio campo de especialización, nunha variedade de lingua estándar, transmitidos mediante calquera canal, articulados a velocidade normal e mesmo nun entorno ruidoso ou con interferencias.

1.1.2

Comprensión escrita

Ler cun alto grao de independencia textos extensos e de certa complexidade lingüística en lingua estándar, en variedade de rexistros, adaptando o estilo e a velocidade da lectura aos distintos textos e finalidades, utilizando fontes de referencia apropiadas de forma selectiva, e cun amplo vocabulario activo de lectura aínda que teña algunha dificultade con expresións pouco frecuentes.

1.1.3

Expresión e interacción oral

Falar e interaccionar oralmente con fluidez, precisión, eficacia e espontaneidade sobre unha ampla serie de temas relacionados cos distintos ámbitos de interacción social, marcando a relación entre as ideas, expresando e defendendo puntos de vista con claridade e proporcionando explicacións e argumentos adecuados cun alto grao de corrección e naturalidade que permita que a comunicación se realice sen esforzo.

(4)

4

1.1.4 Expresión e interacción escrita

Escribir textos de extensión variada, claros e ben estruturados, con diferentes propósitos comunicativos, sobre temas relacionados cos diferentes ámbitos da vida social, transmitindo e requirindo información con eficacia, e defendendo, cando cumpra, puntos de vista sobre temas de carácter xeral, destacando as ideas principais, establecendo relación cos puntos de vista doutras persoas, valorando e sintetizando distintas opcións procedentes de varias fontes cando corresponda.

2.

Avanzado 1

2.1. Obxectivos específicos

2.1.1. Comprensión oral

- Comprender as ideas principais de textos dos ámbitos académico, público e profesional dentro da propia área de coñecemento, desenvolvidos en lingua estándar e articulados a velocidade normal, de certa complexidade lingüística e con marcadores discursivos explícitos. − Comprender as ideas principais e as específicas moi relevantes dunha gama ampla de textos audiovisuais emitidos en lingua estándar, con claridade na fala, e sen condicións externas que dificulten a comprensión.

- Comprender a maior parte do que se lle di directamente en conversacións e transaccións en lingua estándar e lingüisticamente complexas.

- Comprender o esencial de textos orais de carácter instrutivo, mensaxes e avisos detallados, lingüisticamente complexos e emitidos en lingua estándar.

2.1.2 Comprensión escrita

- Comprender a información específica de textos instrutivos de carácter xeral e riqueza léxica, e sobre temas da propia especialidade que conteñan expresións, estruturas e locucións idiomáticas moi frecuentes no campo de especialización de que se trate, sempre que poida reler ou usar materiais que axuden a realizar unha interpretación correcta.

− Ler de forma autónoma informes, textos xornalísticos, literarios e de divulgación científica relativos a temas actuais e nos que os/as autores/as adoptan posturas e puntos de vista concretos.

− Ler textos relativos á interacción social persoal ou profesional, captando o sentido esencial de xeito que lle permita reaccionar adecuadamente.

− Utilizar estratexias variadas que faciliten a comprensión, superando as limitacións dos recursos lingüísticos propios.

2.1.3

Expresión e interacción oral

- Falar en público en intervencións, preparadas previamente, sobre temas xerais ou da súa especialidade, aportando descricións e argumentos, razoando a favor ou en contra dun punto

(5)

5

de vista concreto, e respondendo a preguntas complementarias cun grao de fluidez e espontaneidade que non retraia a intervención dos interlocutores.

− Participar en conversas formais e informais, iniciando, mantendo e rematando a interacción adecuadamente, expresando e defendendo con certa precisión as súas opinións, proporcionando explicacións, argumentos e comentarios adecuados, e avaliando propostas alternativas.

− Colaborar para lograr un obxectivo, esbozando un asunto ou un problema cun bo grao de fluidez e claridade, malia algúns erros esporádicos, especulando sobre causas e consecuencias e comparando as vantaxes e desvantaxes de diferentes enfoques.

− Participar nunha entrevista con fluidez e naturalidade aportando información complementaria, con pouca axuda ou obténdoa do seu interlocutor malia algúns erros que non interfiren na comunicación.

2.1.4 Expresión e interacción escrita

- Escribir textos de diversa extensión relacionados con temas propios dos ámbitos persoal, público, educativo e profesional, salientando os aspectos importantes e expresando as propias opinións claramente e con razoable precisión.

− Escribir textos breves e precisos que conteñan abreviadamente o esencial de textos propios dos ámbitos profesional, público e educativo.

− Compoñer textos nos que se razoe a favor ou en contra ofrecendo unha visión panorámica e á vez crítica sobre producións ou eventos dos ámbitos público e profesional.

− Escribir textos que transmitan información obxectiva centrándose en comunicar algún coñecemento e mantendo a divulgación da información como intención principal do texto.

(6)

6

2.2. Contidos

2.2.1. Resumo

I. Área Social e de Turismo III. Área de Estudo

Asunto: Transaccións Cotiás

Actividade 1: Compras. Actividade 2: Comer fóra.

Actividade 3: Cambiar de aloxamento, procurar un aloxamento temporal.

Asunto: Socializar

Actividade 1: Conversas / encontros informais.

Asunto: Os Medios de Información

Actividade 1: Escoitar a radio, ler periódicos, utilizar Internet para acceder a emisións on-line.

Asunto: Estudar

Actividade 1: Asistir a unha conferencia, charla, presentación ou demostración.

Actividade 2: Dar unha charla ou conferencia. Actividade 3: Recoller información.

Actividade 4: Escribir redaccións, resumos, textos informativos ou de opinión.

Actividade 5: Participar nun debate.

Actividade 6: Ler textos literarios ou xornalísticos.

II. Área de Traballo

Asunto: Servizos e Actividades Relacionadas co Traballo

Actividade 1: Atopar traballo.

Actividade 2: Facer chamadas, escribir mensaxes, cartas, faxes, memos, e-mails.

(7)

7

Actividade 3: Participar en reunións, seminarios, presentacións e demostracións.

Actividade 4: Comprender e escribir informes, instrucións e guións e comprender a literatura profesional.

2.2.2. Descrición

I. ÁREASOCIALEDETURISMO 1. Asunto: Transaccións Cotiás

1.1 Compras

Medio: Autoservizos, tendas, mercados.

Escoita / Fala

Pode pedir un reintegro do importe dun artigo defectuoso ou pedir que se lle cambie un artigo non desexado, comunicándose con éxito no mostrador e referíndose ás especificacións do produto e á natureza do problema, incluso si é algo abstracta ou menos obvia (por exemplo, un televisor, unha imaxe defectuosa.)

Pode regatear no mercado con bastante facilidade de expresión e chegar a un acordo ao tempo que se relaciona educadamente.

Comprensión

lectora Pode entender as instrucións de manexo da maioría dos manuais de aparatos, especialmente os relacionados cun entorno coñecido. Pode

necesitar unha segunda lectura das seccións máis complexas ou recorrer a outros materiais para interpretar ou facer comprobacións.

1.2 Comer fóra

Medio: Restaurantes convencionais, autoservizos, cafeterías, restaurantes de comida rápida, bares, restaurantes de buffet.

Escoita / Fala Pode pedir unha comida e pedir clarificacións sobre aspectos referentes aos

pratos dun menú.

Pode manter unha conversa fluída sobre a natureza e calidade da comida e comentar detalles relacionados coa textura, a elaboración e o sabor.

(8)

8

necesite un dicionario / algunha aclaración sobre termos culinarios específicos.

Pode adaptarse ás convencións sociais dos restaurantes e locais onde serven comida en diferentes ocasións culturais, por exemplo, celebracións.

Pode queixarse de xeito eficaz na maioría das situacións comúns que se poden dar nun restaurante, por exemplo, o servizo, a conta.

1.3 Cambiar de aloxamento, procurar un aloxamento temporal

Medio: Axencia, un propietario, familias de acollida.

Escoita / Fala Pode comprender os aspectos principais dun contrato de arrendamento, por

exemplo, as fianzas, o pago das facturas, etc. e facer preguntas directas sobre eses aspectos.

Pode establecer con éxito requirimentos relacionados coa maioría dos problemas, por exemplo, instalar un teléfono, reparar o quentador.

Pode discutir e queixarse de xeito eficaz con relación a aspectos problemáticos que adoitan ocorrer cando te cambias de casa ou despois de terse cambiado.

Comprensión lectora

Pode entender a maioría dos anuncios de aloxamento e comprender a maior parte das abreviaturas e termos que se utilizan (CH, DG, pcm, ct incl, etc.). Pode necesitar algunha clarificación.

Escrita Pode escribir cartas para atopar un aloxamento satisfactorio.

Pode estruturar ideas ben e atopar un aloxamento que satisfaga as súas necesidades, preguntando pola dispoñibilidade de algúns servizos (por exemplo, servizos para discapacitados.)

(9)

9

2. Asunto: Socializar

2.1 Conversas / encontros informais

Medio: Discotecas, festas, escolas, hoteis, cámping, restaurantes, casa, fóra da casa, chats, blogs.

Escoita / Fala Pode entender as ideas principais contidas en textos de audio académicos,

públicos e profesionais nunha variedade estándar a unha velocidade normal. Os textos conterán un certo grao de complexidade lingüística e conectores. Pode encetar e manter unha conversa sobre a maioría dos temas relacionados con experiencias persoais e profesionais, e sobre asuntos de actualidade nas noticias ou outra información emitida. Pode describir, discutir e argumentar a favor ou en contra dun certo punto de vista, cun grao de fluidez e espontaneidade que non afaste o interese do ouvinte.

Pode participar nunha conversa telefónica formal ou informal en persoa ou por teléfono cun coñecido sobre diversos temas.

Pode participar en entrevistas dun xeito fluído e natural proporcionando información adicional cun pouco de axuda extra.

Pode expresar ideas xerais nun rexistro formal e informal.

Comprensión lectora

Pode entender información en manuais xerais de instrucións que conteñan expresións, estruturas e frases idiomáticas comúns na área de coñecemento do que trata o texto.

Pode entender asuntos esenciais en textos que traten a interacción persoal ou profesional.

Pode usar estratexias que farán posible a comprensión máis aló das limitacións dos compoñentes lingüísticos que contén o texto.

(10)

10

Escrita Pode escribir textos longos e breves relacionados coas áreas persoal, pública, educativa e profesional, expresando opinións persoais con claridade e un grao razoable de corrección.

Pode argumentar a favor ou en contra dun punto de vista, ofrecendo unha visión crítica sobre sucesos relacionados coas áreas pública e profesional.

3. Asunto: Os Medios de Información

3.1 Escoitar a radio, ler prensa, usar Internet para acceder a emisións on-line

Medio: A casa, o coche ,a rúa.

Escoita / Fala Pode identificar as ideas principais na maioría dos materiais procedentes de

emisións en lingua estándar, sempre que as condicións de escoita sexan aceptables.

Pode entender o tema fundamental e algunhas ideas secundarias da maioría do material de emisión de televisión, radio ou Internet.

Comprensión lectora

Pode consultar con rapidez os medios para obter información cun nivel de comprensión bo dos problemas contemporáneos. Pode necesitar unha segunda lectura nas seccións máis complexas.

Pode identificar diferentes posicións / opinións en artigos, ensaios ou reportaxes.

Escrita Pode escribir unha reportaxe detallada sobre unha noticia.

II. ÁREA DO TRABALLO

(11)

11

1.1 Atopar traballo

Medio: O lugar de traballo (a oficina, a fábrica.)

Escoita / Fala Pode falar con relativa facilidade sobre as distintas etapas no proceso de

procura de traballo, por exemplo, os comezos na procura de obxectivos e opcións profesionais, procura no mercado de traballo aberto e pechado, deseñar un currículo e unha carta de presentación convincentes, presentarse a unha entrevista de traballo, negociar o salario e as condicións laborais e por último aceptar unha oferta de traballo.

Pode falar en termos xerais sobre unha empresa, a súa estrutura e as responsabilidades laborais.

Pode asistir a unha entrevista de traballo estruturada, contestando e facendo preguntas e falando dos seus puntos fortes e débiles, os seus plans futuros, experiencias anteriores.

Comprensión lectora

Pode entender diferentes tipos de anuncios de traballo en xornais ou Internet.

Pode avaliar a experiencia, habilidades e cualificacións requiridas para un traballo en concreto.

Escrita Pode escribir cartas de solicitude seguindo un formato actual en ambas

variedades estándar (británica e americana) explicando as súas razóns para escribir, especificando a experiencia previa de traballo, habilidades e cualificacións.

Pode escribir un currículo seguindo un formato actualizado en ambas variedades estándar.

1.2 Facer chamadas e escribir mensaxes, cartas, faxes, memos , e-mails

Medio: No lugar de traballo (a oficina, a fábrica.)

Escoita / Fala

Pode tomar ou deixar mensaxes de xeito eficaz, incluso sobre temas non coñecidos.

Pode pedir aclaracións ou detalles cando se trata de temas non coñecidos que non estean expresados con claridade, con só algún erro ocasional na interpretación dos feitos.

(12)

12

alguén ou pasarlle a chamada a alguén.

Comprensión

lectora Pode manexarse con e-mails e mensaxes de textos.

Pode entender todas as cartas de habituais.

Pode entender o significado xeral de cartas non habituais.

Escrita

Pode tomar notas ou mensaxes telefónicos no traballo.

Pode escribir e-mails aínda cando tratan sobre asuntos non coñecidos.

Pode escribir, con claridade e cun rexistro adecuado, cartas non habituais que se refiran a datos obxectivos.

1.3 Participar en reunións, seminarios, presentacións e demostracións

Medio: O lugar de traballo, sala de conferencias, centros de conferencias, salas de exposicións, fábricas, laboratorios.

Escoita / Fala Pode seguir os puntos fundamentais dunha presentación, demostración ou

reunión sobre un tema coñecido relacionado co traballo ou a profesión. Pode expoñer as súas opinións de modo convincente con certa fluidez ou espontaneidade cando fala de temas profesionais ou relacionados co traballo. Pode pedir información factual ou clarificacións, reformular o que a xente dixo e comprender a resposta.

Con preparación previa, pode dar unha presentación complexa / demostración sobre un tema coñecido con certa fluidez e espontaneidade e responder a maior parte das preguntas inesperadas que se refiran a datos concretos sobre o tema.

Sen preparación previa, pode facer unha presentación curta e sinxela sobre un tema coñecido relacionado co traballo.

Pode facer preguntas despois dunha presentación seguindo unha estrutura convencional consistente en eloxiar ao conferenciante, recapitular un punto

(13)

13

para contextualizar a pregunta e facer a pregunta en cuestión.

Escrita Pode escribir a orde do día e as actas dunha reunión habitual.

Pode tomar notas sinxelas nunha reunión ou seminario onde o tema sexa coñecido e predicible.

1.4 Comprender e escribir informes, instrucións e normas orientativas e comprender a literatura profesional

Medio: O lugar de traballo (oficina, fábrica.)

Escoita / Fala Pode entender o significado xeral dun informe.

Pode entender a literatura que proporciona información obxectiva sobre un produto dentro do seu campo de traballo.

Pode seguir instrucións de traballo de certa complexidade e extensión.

Escrita Pode resumir información escrita contendo unha secuencia de acontecementos, como un primeiro paso para redactar un informe.

Pode escribir un informe proporcionando datos, información sobre feitos, xente, procesos ou estados expoñendo as súas ideas.

III. ÁREA DE ESTUDO 1. Asunto: Estudar

1.1 Asistir a unha conferencia, charla, presentación ou demostración

Medio: Sala de conferencias, clase, laboratorio.

Escoita / Fala Pode entender unha presentación ou demostración clara sobre un tema

coñecido, sempre que as condicións de escoita sexan boas. Pode interactuar co falante ou outros membros da audiencia. Pode facer preguntas pertinentes e comprender as respostas. Pode dar unha opinión e reaccionar ás opinións de outros.

(14)

14

Pode pedir aclaracións cando sexa necesario.

Escrita Pode tomar nota dos puntos máis importantes da presentación.

Pode responder preguntas curtas sobre os aspectos máis importantes da presentación.

1.2 Dar unha conferencia ou charla

Medio: Sala de conferencias, clase, laboratorio.

Escoita / Fala Con algún tempo previo de preparación e investigación, pode dar unha charla

ou conferencia claras sobre un tema coñecido, usando o vocabulario e expresións apropiadas. Pode cometer erros, pero estes non impedirán a comunicación.

Pode argumentar a favor ou en contra de diferentes puntos de vista e explicar as avantaxes e desvantaxes de distintas accións.

Pode conseguir unha boa interacción coa audiencia provocando reaccións e suscitando opinións.

Pode contestar preguntas da audiencia e dar aclaracións cando sexa necesario.

Escrita Pode escribir notas para organizar unha conferencia.

Pode preparar transparencias e material de apoio adicional.

1.3 Recoller información

Medio: Estudio, biblioteca, ordenador.

Escoita / Fala Pode entender as ideas esenciais en instrucións orais en inglés estándar,

incluíndo anuncios detallados ou complexos (por exemplo, titorías audiovisuais en Internet ou instrucións orais sobre utilización de aparatos ou máquinas). Pode necesitar repeticións ou aclaracións.

Pode entender as ideas principais nunha selección ampla de materiais audiovisuais, en inglés claro de variedade estándar sempre que haxa boas condicións de escoita.

(15)

15

Escrita Pode entender información específica en textos informativos sobre temas

xerais, cun amplo espectro lingüístico de variedade de expresión.

Pode entender textos especializados sobre temas coñecidos, incluíndo vocabulario e expresións especializadas. Pode necesitar a axuda do dicionario ou un manual.

Pode ler informes, artigos e textos científicos sobre temas de actualidade. Pode entender a postura e o punto de vista do autor.

Pode inferir o significado de palabras e expresións descoñecidas a partir do contexto ou de ilustracións, empregando regras de formación de palabras ou por comparación con outras linguas.

Pode entender instrucións para bases de datos, catálogos de biblioteca, regras de uso de biblioteca. En xeral non necesitará axuda, aínda que poida necesitar unha segunda lectura.

1.4 Escribir redaccións, resumos, textos que expoñen opinións ou proporcionan información

Medio: Estudio, biblioteca, aula de exame.

Escrita Pode escribir textos sobre unha variedade de temas, destacando os aspectos

máis importantes e expresando opinións de xeito claro e preciso.

Pode escribir un pequeno resumo sobre una tema educativo ou sobre asuntos de actualidade.

Pode escribir unha opinión estruturado e crítica sobre un tema de actualidade ou un tema cercano á súa profesión.

Pode escribir un texto informativo para comunicar información de carácter obxectivo.

1.5 Participar nun debate

Medio: A clase.

Escoita / Fala Pode participar nun debate formal, cunha boa interacción e respectando as

quendas de intervención.

(16)

16

Pode falar con facilidade e fluidez, para non cansar ao interlocutor.

Pode entender a outras persoas cando dan unha opinión sobre un tema complexo.

Escrita Pode tomar notas rápidas sobre o que outras persoas dixeron nun debate. Pode escribir notas para organizar o que van dicir nun debate.

1.6 Ler textos literarios ou xornalísticos

Medio: A clase, a casa.

Comprensión lectora

Pode ler textos auténticos de literatura contemporánea usando un dicionario se é necesario.

Pode ler textos xornalísticos dunha publicación non especializada, usando un diccionario se é necesario.

2.2.3. Tarefas

AREA SOCIAL E DE TURISMO TRANSACCIÓNS DIARIAS

Comer fóra

Escoller o restaurante máis axeitado para saír cos amigos un venres pola noite. Desenvolverse nun restaurante.

Solucionar un problema nun restaurante (calidade da comida / servizo) e facer unha queixa.

Pedir unha rolda de bebidas ó camareiro. Escribir unha crítica dun restaurante.

Ir de compras

Devolver un obxecto defectuoso.

Avaliar o mellor lugar para mercar, considerando as diferentes formas de mercar (grandes almacéns, online, pequeno comercio, mercadillos, etc.)

Mercar algo barato online.

Narrar unha mala experiencia nun centro comercial.

Escribir unha carta ou e-mail de reclamación a e-Bay, por exemplo, en relación a un produto mercado online.

(17)

17

Cambiar de aloxamento, procurar un aloxamento temporal.

Avaliar información sobre alugueres. Vantaxes e desvantaxes. Describir unha propiedade que decidiches mercar.

Escribir unha carta de reclamación ó caseiro.

Pedir información a unha axencia inmobiliaria sobre unha propiedade en particular. Describir a túa casa ideal.

SOCIALIZAR

Conversas / encontros informais.

Relacionarse e participar en conversas con estudantes e xentes doutros países. Debater sobre temas coñecidos coma estudios, hobbies, música, películas e pasar a debater temas culturais e costumes.

Comentar a comida.

Debater sobre internet e as redes sociais (como e para que usalas, etc.)

Os medios de información: escoitar a radio, ler xornais, acceder en Internet a emisións online.

Comparar xornais británicos e americanos e facer unha valoración.

Avaliar a parcialidade ou imparcialidade nas noticias da prensa escrita / online. Interpretar fotografías.

Identificar o punto de vista do autor en textos. Escribir unha carta ó editor.

Analizar os diferentes medios de información: prensa escrita, online, TV, etc.

SERVIZOS E ACTIVIDADES RELACIONADAS CO TRABALLO

Atopar traballo

Seleccionar a mellor oferta de traballo de entre os traballos anunciados, de acordo coas propias cualificacións.

Contestar a un e-mail no que piden información sobre a súa situación laboral actual. Analizar as diferentes formas de atopar traballo (prensa, axencia de colocación, online, etc.) e a súa efectividade.

Redactar un CV completo e unha carta de presentación. Ensaiar unha entrevista de traballo.

Debater a situación actual do emprego entre os mozos.

Comparar e contrastar empresas británicas e americanas segundo os requirimentos do protocolo.

(18)

18

Facer chamadas e escribir mensaxes, cartas, faxes, memos, e-mail.

Facer e coller chamadas e mensaxes mediante unha simulación nunha oficina. Escribir e-mails relacionados co traballo mediante unha simulación nunha oficina

Participar en reunións, seminarios, presentacións e demostracións

Participar con éxito nunha reunión simulada na oficina.

Presidir unha reunión con eficacia actuando coma presidente. Mediante unha simulación na oficina.

Asistir a conferencias e charlas dadas por falantes invitados ou membros da comunidade escolar.

Dar conferencias e charlas sobre as áreas de coñecemento dos propios alumnos.

Entender e escribir informes, instrucións e normas orientativas e entender literatura profesional.

Redactar as actas dunha reunión (materiais reais.) Entender informes recollidos de Internet.

ESTUDAR

Asistir a unha conferencia, charla, presentación ou demostración

Tomar notas en conferencias e charlas organizadas en clase. Preparar e facer presentacións a grupos de estudantes en clase.

Recoller información

Empregar de forma activa as instalacións da escola para recoller información: biblioteca, aula multimedia, Internet e Aula Cesga.

Escribir redaccións, resumos, informes e críticas

Escribir unha redacción narrativa relatando unha experiencia persoal. Escribir un ensaio de opinión.

Avaliar por escrito. Escribir un resumo.

Participar nun debate

Preparar e participar en debates.

Analizar os diferentes estilos de aprendizaxe e como mellorar a competencia comunicativa nas catro destrezas.

(19)

19

Ler relatos breves de diferentes países anglófonos.

Ler artigos xornalísticos de distintas fontes escritos en ambas variedades estándar.

2.3 Libros de texto e materiais didácticos

Libro de texto

Gateway B2 student’s by David Spencer. Ed McMillan. Second edition ISBN: 9780230473188

(Consultar co profesor antes de comprar o material).

Material recomendado

Práctica gramatical: Advanced Grammar in Use by M. Hewings (3rd Edition) CUP

Longman Advanced Learner’s Grammar by Mark Folley & Diane Hall Pearson

Práctica vocabulario: English Vocabulary in Use Advanced McCarthy&O’Dell CUP

Oxford Word Skills. Advanced by Ruth Gairns & Stuart Redman OUP

Plan de fomento da lectura

Recoméndase aos alumnos ler como mínimo dous libros ao longo do curso, para acceder as lecturas do teu nivel podes consultar o fondo bibliográfico da biblioteca da EOI entrando na páxina da EOI (www.eoidevigo.org). Na pestana de biblioteca accedes á túa extensión e na pestana de busca, seleccionas "Materia", logo introduces "Inglés" e, finalmente, "Lectura Adaptada". Aí encontrarás os títulos clasificados por nivel.

Referências

Documentos relacionados

Território e sociedade no mundo globalizado: Geografia Geral e do Brasil... TERRA, Lygia; ARAÚJO, Regina; GUIMARÃES,

Nesse sentido, diante do fato de ser consenso entre os profissionais da área da saúde que a atividade física é um fator determinante no sucesso do processo do envelhecimento e,

No trabalho, seja ele presencial ou não, o assédio moral pode ser entendido como toda e qualquer conduta – executada por meio de palavras ou mesmo de gestos ou atitudes – que

Os filmes de PBRPP caracterizados por técnicas espectroeletroquímicas apresentaram uma eficiência coulômbica de 61,1 %, contraste cromático da ordem de 20 % e

O guia traz resenhas das obras aprovadas pelo Programa Nacional do Livro Didático (PNLD/2015) e apresenta os critérios de escolha das obras aprovadas, além de

suplente 37 JACIRA GIL BERNARDES suplente 38 JAIR LUIZ FERNANDES ROLIM suplente 39 TOMAZ EDISON SIQUEIRA RIBEIRO suplente 40 RONALDO TORMA BERNARDO suplente 41 ALBERTO

SANTA CASA DE SALTO DE PIRAPORA SANTA CASA DE MISERICÓRDIA DE SANTA ISABEL HOSP BENEF PORT - HOSP SÃO PEDRO* HOSP SÃO LUCAS..

Essas informações contêm exemplos de dados e relatórios usados em operações diárias de negócios. Para ilustrá-las da forma mais completa possível, os exemplos incluem nomes