• Nenhum resultado encontrado

A comunicación persoal e profesional

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "A comunicación persoal e profesional"

Copied!
13
0
0

Texto

(1)

Educación Secundaria semipresencial e a distancia para persoas adultas

4B

Comunicación

Guía do alumno

A comunicación persoal e profesional

XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN

UNIVERSITARIA

(2)

MÓDULO 4B:

A comunicación persoal e profesional

É autora desta Guía Pilar Ponte Patiño DISTRIBUCIÓN DO TRABALLO

Este último modulo titulado A comunicación persoal e profesional está dedicado ó estudio da comunicación no ámbito persoal e profesional, con especial atención a este último.

Partiremos dunha primeira unidade máis teórica que nos achegará ás diferentes variedades da lingua. Pasaremos logo ó estudio de formas concretas de comunicación: en primeiro lugar, de carácter persoal (a carta e os impresos); despois, de carácter profesional (o curriculum vitae, a entrevista e a enquisa).

Como calquera dos outros módulos de Comunicación, trátase dunha materia fundamentalmente práctica que debe ir acompañada tamén dun uso oral da lingua.

Este último módulo está distribuído en catro unidades como os anteriores. Tendo en conta que se lle dedica un cuadrimestre, podemos organiza-lo estudio dedicándolle a cada unidade aproximadamente un mes. Segundo estudies este módulo durante o primeiro ou o segundo cuadrimestre do curso, a distribución das unidades será a seguinte:

– Unidade 1

1º cuadrimestre: mes de outubro.

2º cuadrimestre: 2ª quincena de febreiro e 1ª quincena de marzo. – Unidade 2

1º cuadrimestre: mes de novembro.

2º cuadrimestre: 2ª quincena de marzo e 1ª quincena de abril. – Unidade 3

1º cuadrimestre: mes de decembro.

2º cuadrimestre: 2ª quincena de abril e 1ª quincena de maio. – Unidade 4

1º cuadrimestre: mes de xaneiro.

2º cuadrimestre: 2ª quincena de maio e 1ª quincena de xuño. SISTEMA DE TRABALLO

O sistema de traballo para o que están deseñadas as unidades do módulo é o seguinte:

1. Ler de vagar e con atención o texto de toda a unidade, prestándolle atención á primeira páxina que che indica o que vas aprender nela e as capacidades que debes alcanzar despois de estudiala.

2. Ler de novo o primeiro apartado subliñando as ideas principais. 3. Realiza-las actividades dedicadas a ese apartado.

(3)

4. Comprobar na clave de corrección se as nosas respostas son as correctas. 5. Se as respostas foron correctas, realizarémo-los pasos 2, 3 e 4 cos sucesivos

apartados ata remata-la unidade. Se as respostas non foron correctas, realizaremos de novo os apartados 2 e 3. Se aínda así continuamos a non entende-los contidos, poñerémonos en contacto co noso titor ou titora para que nos axude.

6. Realiza-las actividades para lle enviar ó titor ou titora e que están distribuídas por quincenas. Procurando non atrasa-lo seu envío para que non se acumulen ó final do cuadrimestre.

7. Repasar aqueles aspectos que nos ofreceron maiores dificultades.

8. Memoriza-los aspectos fundamentais da unidade axudándote das notas, esquemas, resumos, etc. que tomaches durante o estudio dos diferentes apartados.

(4)

Unidade 1

A primeira unidade, a máis teórica de todo o módulo, estudia os niveis e rexistros lingüísticos.

Comezaremos cun achegamento ó que son as variedades internas das linguas. Pasaremos despois a estudia-los seus diferentes tipos.

Deterémonos máis polo miúdo nas variedades sinstráticas ou socioculturais, porque son as que van dar orixe ós diferentes niveis de lingua. É moi importante entender ben ese aspecto para a correcta aprendizaxe das seguintes unidades do módulo. Daremos tamén especial importancia ó estudio das interferencias lingüísticas, especialmente ós castelanismos, por seren unha importante fonte de incorreccións no uso da nosa lingua.

E para rematar estudiarémo-las variedades contextuais así como a variedade estándar e os rexistros de lingua.

Criterios de avaliación

Ó remata-lo estudio da unidade deberás ser quen de: – Coñece-las diferentes variedades de lingua.

– Sabe-lo que son os tecnicismos e en qué contextos lingüísticos se empregan. – Coñece-las linguaxes especiais ou específicas e as súas características. – Diferencia-los tres niveis de lingua.

– Recoñecer e corrixir castelanismos que poidan aparecer na lingua. – Coñecer e identifica-los diferentes rexistros lingüísticos.

– Saber o que é a lingua estándar.

Actividades de autoavaliación

A medida que estudias cada apartado da unidade, e unha vez que comprénda-los seus contidos, debes realiza-las actividades propostas. Comproba se as respostas son correctas consultando a Clave de corrección que aparece ó final do libro (páxinas de cor azul). Se é así, podes continuar; senón, debes repasa-lo apartado correspondente.

ACTIVIDADES PARA LLE ENVIAR Ó TITOR OU TITORA

1ª quincena

1. Indica qué outro nome reciben as seguintes variedades da lingua: a) Variedades temporais ou ...

b) Variedades xeográficas ou ... c) Variedades socioculturais ou ...

(5)

d) Variedades contextuais ou ...

2. Na segunda actividade do libro (páx. 17) analizaches a qué variedade diatópica pertencías. Indica a continuación as diferencias que atopes entre a variedade que ti usas e a dos outros dous bloques dialectais galegos.

3. Responde a estas preguntas:

a) ¿Cantos niveis de lingua diferenciamos? ¿Cales son?

b) ¿Que nivel de lingua se caracteriza por utilizar expresións malsoantes?

c) ¿Que nivel de lingua emprega decote frases sinxelas e breves con predominio da coordinación?

d) ¿Que nivel de lingua se caracteriza por unha pronunciación correcta e coidada? 4. ¿Que tres grandes grupos coñecemos de linguaxes especiais ou específicas?

5. Escribe o nome de tres clases de linguaxes sectoriais diferentes e o lugar no cal son empregadas.

2ª quincena

1. ¿Que é un tecnicismo?

2. ¿Que son os castelanismos? ¿Por que son prexudiciais para a nosa lingua? 3. Corrixe os castelanismos que aparecen nas seguintes oracións:

a) O novio era moi cobarde e non quería que a novia se viese a nariz antes da boda porque era unha nariz enorme.

b) Unha costumbre moi extendida por esa zona é subir ós árbores e tirar desde alí arriba flores de colores moi bonitos.

c) O sarampión es unha enfermedad que a padecen sobre todo os individuos de corta edad.

4. ¿Cantos rexistros de lingua podemos diferenciar? ¿Cal deles utilizamos ó falar cos nosos amigos?

(6)

Unidade 2

A segunda unidade está dedicada ó estudio da correspondencia escrita.

En primeiro lugar estudiarémo-los diferentes tipos de correspondencia segundo o carácter da mensaxe (informal ou formal) e segundo o ámbito do seu uso (íntima, comercial, de relacións sociais, publicada e circular).

A continuación pasaremos a estudiar polo miúdo a carta persoal, a tarxeta postal, o telegrama e a carta comercial.

Fixarémonos con especial atención na carta persoal e na carta comercial e lle daremos menor importancia á tarxeta postal e ó telegrama, por ser formas de comunicación escrita a distancia menos empregadas.

Deberás ter en conta que na actualidade a carta persoal está a ser substituída a un ritmo vertixinoso polo correo electrónico (e-mail), mais aínda así a estructura básica de ambos segue a se-la mesma.

Criterios de avaliación

Ó remata-lo estudio da unidade deberás ser quen de:

– Coñece-los diferentes tipos de correspondencia segundo o carácter da mensaxe.

– Coñece-los diferentes tipos de correspondencia segundo o seu ámbito de uso. – Coñecer e recoñece-las diferencias entre unha carta persoal e unha carta

comercial.

– Coñece-las principais características da carta persoal.

– Producir cartas persoais propias atendendo ás características básicas desta forma de comunicación.

– Coñece-las principais características das tarxetas postais. – Producir tarxetas postais propias.

– Coñece-las principais características dos telegramas. – Producir telegramas propios.

– Coñece-las principais regras de formación de xentilicios. – Coñece-las principais características da carta comercial.

– Coñece-las principais abreviaturas máis utilizadas nas cartas comerciais. – Producir cartas comerciais propias atendendo ás características básicas desta

forma de comunicación.

Actividades de autoavaliación

Lembra que a medida que estudias cada apartado da unidade, e unha vez que comprénda-los seus contidos, debes realiza-las actividades propostas. Comproba se as respostas son correctas consultando a Clave de corrección que aparece ó final do libro (páxinas de cor azul). Se é así, podes continuar; senón, debes repasa-lo apartado correspondente.

(7)

ACTIVIDADES PARA LLE ENVIAR Ó TITOR OU TITORA

1ª quincena

1. Indica cáles son as seis partes básicas dunha carta persoal.

2. Escríbelle unha carta a un amigo ou a unha amiga contándolle os teus plans para o vindeiro verán. Antes de enviarlla ó teu titor ou titora, comproba que estean ben na túa carta tódolos elementos que se sinalan na actividade 23 da páxina 81 do libro de texto.

3. ¿En que se diferencia unha tarxeta postal dunha carta persoal? ¿Que é o máis salientable da tarxeta postal, a transmisión de información ou a transmisión de aspectos afectivos?

4. ¿Que diferencia o telegrama doutras formas de comunicación escrita?

2ª quincena

1. ¿Que é unha carta comercial? ¿Que tipos de cartas comerciais coñeces?

2. Escribe unha carta comercial no teu caderno sinalando mediante frechas as diferentes partes que configuran a súa estructura.

3. Escribe as abreviaturas correspondentes ás seguintes palabras:

código postal: dona:

peso neto: vostede:

departamento: praza:

asinado: atentamente:

avenida: rúa:

4. Escribe o xentilicio (en masculino e feminino) correspondente a cada un dos seguintes topónimos (nomes de lugar): Nova York, Santiago de Compostela, Marrocos, Vigo, Austria, Ferrol, Nova Zelandia, Vilalba e Kenya.

5. Explica a diferencia entre os seguintes tipos de carta: carta de denegación de pedimento ou pedido, carta de reclamación e carta de devolución.

(8)

6. Escribe unha carta de reclamación. Imaxina unha situación na que unha empresa non cumprira adecuadamente un contrato contigo, ou che venderan un producto en mal estado, ou calquera outra razón que ti consideres. Non esquezas respecta-la estructura deste tipo de cartas.

(9)

Unidade 3

A terceira unidade está dedicada ó estudio dos diferentes tipos de impresos, isto é, da documentación que a administración utiliza para se relacionar con nós, os cidadáns.

En primeiro lugar, veremos cáles son os tipos de impresos máis utilizados. Despois estudiaremos cinco deles: a instancia, a solicitude, o recurso, a denuncia e a declaración.

Para rematar estudiarémo-la acta e o informe como dous tipos de textos que están presentes na nosa vida cotiá como cidadáns.

Tamén aproveitarémo-la unidade para repasar algunhas cuestións gramaticais como os principais verbos irregulares, a colocación do pronome átono na frase, a acentuación diacrítica e o artigo.

Criterios de avaliación

Ó remata-lo estudio da unidade deberás ser quen de:

– Coñece-los tipos de documentos administrativos máis usados. – Recoñecer unha instancia e os seus principais elementos. – Producir unha instancia cunha determinada finalidade.

– Diferencia-los diferentes tipos de documentos administrativos. – Coñece-los informes e as súas funcións.

– Coñece-las actas e as súas principais características. – Producir unha acta.

– Coñece-la correcta colocación do pronome átono na frase. – Coñece-la utilización da acentuación diacrítica.

– Coñece-los verbos irregulares máis comúns.

Actividades de autoavaliación

Lembra que a medida que estudias cada apartado da unidade, e unha vez que comprénda-los seus contidos, debes realiza-las actividades propostas. Comproba se as respostas son correctas consultando a Clave de corrección que aparece ó final do libro (páxinas de cor azul). Se é así, podes continuar; senón, debes repasa-lo apartado correspondente.

ACTIVIDADES PARA LLE ENVIAR Ó TITOR OU TITORA

(10)

2. Contesta as seguintes preguntas: a) ¿Que é unha instancia?

b) ¿De que partes fixas consta? ¿Que datos persoais se deben incluír sempre nun documento deste tipo?

c) ¿Que dous tipos de instancias especiais coñeces? ¿Cales son? 3. Inventa unha instancia para que che sexa concedida unha subvención.

4. ¿En que se diferencian unha solicitude dunha denuncia? ¿Cal dos dous documentos empregarías para que atopasen a un familiar teu desaparecido?

5. Escribe cinco oracións nas que aparezan os seguintes pronomes átonos: te, che, me, lles e nos.

2ª quincena

1. ¿Que é unha acta? ¿Que tipos de actas existen?

2. Redacta a acta, por exemplo, da última reunión da asociación de veciños do teu barrio. Se non pertences a ela, inventa ti unha reunión e redacta a acta correspondente

3. ¿Que é un informe? ¿Que tipos de informes coñeces?

4. Escribe oracións nas que aparezan as seguintes palabras: dás, cás, coa, pór, té, vés, póla, óso, cómpre, é.

5. Completa as seguintes oracións no teu caderno coa forma de pretérito de indicativo que corresponda:

a) Eu e os meus amigos ____________ (estar) toda a tarde xogando no ordenador. b) Ti non ___________ (saber) a verdade do asunto ata que veu a policía.

c) Sempre _________ (ir) que non vos gustaban os filmes de medo. d) O teu xefe ________ (dar) os parabéns polo teu extraordinario traballo. e) O outro ________ (andar) pola túa casa pero non te vin.

(11)

Unidade 4

A cuarta e última unidade divídese en catro apartados:

• O primeiro está dedicado ó curriculum vitae, un elemento fundamental para a busca de emprego. Comezaremos estudiando as características específicas do currículo e despois analizarémo-las súas diferentes clases e a súa peculiar estructura.

• O segundo apartado céntrase no estudio da entrevista en xeral, e con especial atención á de carácter laboral. Estudiarémo-los diferentes elementos dunha entrevista, os seus tipos, as súas partes e o que de seguro é máis importante: cómo afrontar unha entrevista laboral.

• No terceiro apartado analizarémo-las enquisas, os seus elementos e os pasos que se deben seguir ata chegar á elaboración do informe final.

• Para rematar, no cuarto apartado, achegarémonos ós anuncios, con especial atención ós anuncios por palabras de carácter laboral. Estudiarémo-las súas principais características e a estructura máis clásica deste tipo de textos.

Criterios de avaliación

Ó remata-lo estudio da unidade deberás ser quen de: – Elaborar un currículo propio.

– Saber diferencia-los diversos tipos de currículos.

– Coñecer e saber analiza-los elementos dunha entrevista.

– Coñece-las principais valoracións que se levan a cabo nunha entrevista de carácter laboral.

– Coñece-los diferentes elementos dunha enquisa. – Saber valora-los resultados dunha enquisa.

– Coñece-los diferentes elementos que forman parte dun anuncio laboral. – Saber elaborar un anuncio laboral.

Actividades de autoavaliación

Lembra que a medida que estudias cada apartado da unidade, e unha vez que comprénda-los seus contidos, debes realiza-las actividades propostas. Comproba se as respostas son correctas consultando a Clave de corrección que aparece ó final do libro (páxinas de cor azul). Se é así, podes continuar; senón, debes repasa-lo apartado correspondente.

(12)

ACTIVIDADES PARA LLE ENVIAR Ó TITOR OU TITORA

1ª quincena

1. Describe no teu caderno tres situacións nas que precisaches ou poidas precisar no futuro presenta-lo teu currículo.

2. As innovacións técnicas e tecnolóxicas mudaron significativamente o mundo laboral facendo que desapareceran certos oficios e profesións, e aparecesen outros novos. Escribe no teu caderno dez oficios ou profesións que non existisen a mediados do século pasado ou que mudasen moito desde aquela.

3. Escribe no teu caderno os elementos esenciais de toda entrevista e os tipos de entrevistas que coñeces.

4. Busca nun xornal desta semana unha entrevista periodística . Contesta despois no teu caderno as seguintes cuestións:

a) ¿Quen realiza a entrevista? b) ¿Que personaxe é entrevistado/a? c) ¿Cal é o tema da entrevista?

d) ¿A entrevista ten cunha introducción? En caso afirmativo, explica qué información se ofrece nesa primeira parte do texto.

e) Se foses o entrevistador, ¿ que idea salientarías como titular para a entrevista? 5. Inventa un anuncio para un xornal no que ofertes un posto de traballo. Non esquezas

indica-los requisitos que deben reuni-los candidatos e candidatas nin tampouco as condicións laborais que ofreces.

2ª quincena

1. Elabora o teu currículo tendo en conta os aspectos sinalados no Lembra que... da páxina 208 do libro.

(13)

2. Explica as diferencias entre un currículo cronolóxico, un currículo funcional e un currículo de acreditación.

3. Imaxina que tes unha empresa que se dedica a repartir publicidade e desexas contratar a unha persoa. Escribe as características desa persoa que terías en conta na entrevista persoal para contratala ou non.

4. Busca nun xornal algunha noticia que faga referencia a algunha enquisa e contesta as seguintes preguntas:

a) ¿Quen realizou a enquisa?

b) ¿Dise a que persoas se lles realizou?

c) ¿Que conclusións tira o xornalista dos resultados?

d) Cos mesmos datos, ¿poñeríaslle outro titular á noticia ou cres que o titular elixido salienta o dato máis importante dos resultados obtidos?

5. Propoñémosche aquí afondar un pouco máis na análise que realizaches dos anuncios na actividade 65 da páxina 233 do libro de texto. Para isto contesta no teu caderno as seguintes cuestións:

a) ¿Cres que tódolos anuncios teñen como finalidade ofertar un posto de traballo? b) ¿Que outros tipos de anuncios podemos atopar inseridos entre as ofertas de

emprego?

c) Escribe a túa opinión sobre a aparición destoutros tipos de anuncios nas páxinas dedicadas ás ofertas laborais.

Referências

Documentos relacionados

A prova do ENADE/2011, aplicada aos estudantes da Área de Tecnologia em Redes de Computadores, com duração total de 4 horas, apresentou questões discursivas e de múltipla

17 CORTE IDH. Caso Castañeda Gutman vs.. restrição ao lançamento de uma candidatura a cargo político pode demandar o enfrentamento de temas de ordem histórica, social e política

O enfermeiro, como integrante da equipe multidisciplinar em saúde, possui respaldo ético legal e técnico cientifico para atuar junto ao paciente portador de feridas, da avaliação

O Museu Digital dos Ex-votos, projeto acadêmico que objetiva apresentar os ex- votos do Brasil, não terá, evidentemente, a mesma dinâmica da sala de milagres, mas em

nhece a pretensão de Aristóteles de que haja uma ligação direta entre o dictum de omni et nullo e a validade dos silogismos perfeitos, mas a julga improcedente. Um dos

Equipamentos de emergência imediatamente acessíveis, com instruções de utilização. Assegurar-se que os lava- olhos e os chuveiros de segurança estejam próximos ao local de

E, mesmo que o alcance deste novo modo de elaboração de texto não tenha sido largamente analisado, os pesquisadores do hipertexto têm ido a tal direção, procurando determinar

The feature reduction procedure adopted included two stages: first, human domain knowledge helped in defining fourteen hypotheses materialized in fourteen groups of few features