• Nenhum resultado encontrado

1.3.- Caso de estructura feita en fábrica, e transportada en góndola. Según o tipo de vivenda en ocasións e necesario sobredimensionar dita

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "1.3.- Caso de estructura feita en fábrica, e transportada en góndola. Según o tipo de vivenda en ocasións e necesario sobredimensionar dita"

Copied!
24
0
0

Texto

(1)

INTRODUCIÓN:

Este manual foi confeccionado para facilitar tanto a incorporación dun novo empregado como para mellorar os métodos dos que xa están actualmente en plantilla, coa única finalidade de conseguir un traballo o máis perfecto posible, ou o que e o mesmo, un traballo de calidade. Asi pois tamén se pode empregar como manual de consulta en caso de dubidas, ou como material didactico para todos aqueles que se sintan atraidos, por dicilo dalgunha maneira, polo mundo da construcción en madeira.

CAP 1.- BASE VIVENDA.

1.1.- Caso da vivenda construida sobre placa de formigón. Neste caso colocase unha viga perimetral de madeira, sobre a cal van apoiar os tabiques exteriores da vivenda. Esta viga faise en fábrica en forma de L, despois colocase e por último reforzase en obra cunha tabla interior con parafusos de 4,5 x 60. No seu montaxe utilizanse parafusos e cola poliuretano.

1.2.- Caso de vivenda construida sobre muros ou pilares. Realizase unha viga de xeito que esta apoia sobre os muros e a mesma vez colocanse sobre ela os tabiques exteriores. Despóis montase un entramado no seu interior con vigas de 21 cm. a modo de forxado. NOTA: En ningún caso se admitirán vigas perimetrais con un pandeo superior a 3 mm. nunha distancia de 10m, nin se daran por válidas aquelas que mostren unha

merma da capacidade

(2)
(3)

O esquema de montaxe en fábrica é como o que se mostra máis adiante no exemplo. O sistema de anclaxe son parafusos das seguintes medidas:

.- 5x110 .- 5x140 .- 6x160

Non se colocan perpendicularmente a superficie, senon con algo de inclinación para conseguir maior resistencia frente a esforzos.

Cada tres vigas da estructura colocanse un cartabón a modo de reforzo, ditas pezas aparafusanse polos extemos con parafusos de medidas 5.0x110.

NOTA: Os parafusos son bicromatados a media rosca para que fagan presión na unión taboas, e con cabeza TORX ou ASSY. O que varía son as medidas, que sempre se da o espesor pola lonxitude do mesmo.

(4)

No plano da base estructural e necesario ubicar o/os inodoro/os, para a partir del facer o reparto das vigas xa que se non nos fixamos e a colocamos debaixo, despois habrá que cortala para o desaugue e esta perderá toda a sua función estructural.

(5)

CAP 2.- TABIQUES EXTERIORES.

Están compostos por un liston vertical de 7 x3,5, un taboleiro OSB de 1cm, e uns rastreles interiores horizontais de 4’5 x 3’5 cm, o que suma un grosor de 11’5 cm de tabique exterior sen contar os revestimentos tanto exterior como interior. Para unir as pezas utilizanse parafusos bicromatados de 4,5 x 60. A separación entre listóns e de 30 cm, desta maneira sacamos un aproveitamento óptimo da plancha de la de roca que ten un ancho de 120 cm.

O dente de serra aparafusase polo macho para que as cabezas dos parafusos queden ocultas unha vez que se coloca a seguinte peza.

(6)

Según tamaño de paneis existen tres variantes de fabricación:

2.1 Mal acceso: Por mor disto e necesario fabricar pequenos paneis de medida non superior a 220 cm.

2.2 Bo acceso: O terreo permite entrar un camión con pluma e podense construir en fábrica grandes paneles, comprendidos entre as seguintes lonxitudes ( 180 / 400). A estes tabiques colocaselle o dente de serra desplazado 3’5 cm. para que solape a xunta dos bastidores e evitar asi a penetración de auga ou vento. O dente de serra do seguinte panel queda separado do anterior 1’5 cm. e neste caso a xunta queda a vista.

2.3 Casa montada en fábrica: Os tabiques teñen unha lonxitude comprendida entre ( 180 /350 ) para ser fácilmente manexables. Ditos tabiques unense con un cordon de silicona para evitar a penetración de auga ou vento. O dente de serra neste caso colocase de forma corrida e na xunta das testas levan outro cordon de masilla de poliuretano.

A

C B

(7)

Cando o recubrimento se leva a cabo con Viroc ( B ) o sistema e o seguinte: Ditos taboleiros teñen unhas medidas de ( 260 x 125 x 1’6 ), e deixaselle unha xunta de 1 cm. a cal queda a vista. Para a sua colocación ponse un rastrel de 7 cm. donde cadre o final do taboleiro de maneira que este monte 3 cm sobre o rastrel. Por último dicir que o esquema de montaxe e idéntico tanto se se trata de montaxe en fábrica como en obra.

Aclaradas as tres variantes pasamos pois a explicar o proceso de fabricación dos tabiques exteriores partindo dunha vivenda real.

(8)

Unha vez acotada a vivenda, repasanse as medidas de xeito que se algún fallo existira este fora repasado, xa que con solo 0,5 cm de defecto ou de demasía nun tábique, os problemas multiplicanse por mil.

Chegados a este punto seccionanse os tabiques exteriores de forma que estes cortes queden da maneira maís estética ou procurando facer varios iguais para que as medidas se repitan, e ademáis numéranse e acótanse, como se mostra no seguinte exemplo. NOTA: O acotado dunha vivenda realizase da seguinte forma. 1º acotanse os ocos de carpintería, e os tramos entre eles. 2º medidas interiores e grosores de tabiques. 3º subtotais ( casa – porche). 4º totais.

(9)

O paso seguinte e o trazado dos alzados para poder levalos a fabricación, estes tamén se acotan e marcanselle os ocos da carpintaría.

CAP. 3.- DIVISIÓNS INTERIORES.

Para o esquema de montaxe das divisións interiores siguese un sistema de triple rastrel deixando un oco na parte interior de maneira que por ai pasan tuberías das diversas instalacións necesarias. O sistema de anclaxe son parafusos bicromatados de (¿) Primeiro montase o bastidor, coas medidas totais e despois colocanselle os rastreles que tamén van aparafusados. As medidas son sempre de 250 de alto, por unha medida comprendida entre o intervalo de ( 180 – 220 ) aprox. Isto debese a que as divisións hai que montalas a man, sin axuda de gruas, e para o peso que deben levantar duas persoas este e o aconsellado. Toda a madeira coa que se montan as divisións interiores é de piñeiro tratado en sales de cobre-

3.1.-Divisións vivenda dunha planta.

(10)

Para as divisións existen variantes según sexan vivendas dunha ou duas plantas; que evidentemente para o segundo caso serán de maior espesor para soportar o peso da segunda planta. Asi en vivendas dunha planta as medidas das divisións son as do exemplo anterior, namentres que para as de duas plantas son as seguintes:

3.2 Para as da primeira planta en casas de duas vivendas.

3.3 Para as da segunda planta en vivendas de duas plantas.

NOTA: En casas de duas plantas e necesario que as divisións coincidan o máximo posible coas da primeira planta de maneira que se suprime na maior medida posible o esforzo a cizalladura sobre as vigas de teito.

(11)

3.4.- No caso de que a porta sexa corredoira, instalase un sistema de parede doble. Esta e identica nas da primeira planta tanto si a casa e de unha planta ou de duas.

3.5.- Pero si se trata da segunda planta as divisións teñen maior espesor como mostra o debuxo.

NOTA: As portas interiores teñen un espesor de 3.5 cm. por iso cando e división doble se lle deixa 1 cm. de orgura ( 4,5 cm. )

(12)

O despece das divisións e idéntico o dos tabiques exteriores solo que nestes a medida máxima debe estar comprendida entre 180 – 220, xa que estas hai que montalas a man e non poden pesar moito para ser fácilmente manexables. A continuación mostrase un exemplo dun secciónado das divisións cos seus respectivos números.

(13)

Continuadamente fanse os alzados, e estes pasan a fábrica para a sua construcción.

CAP. 4.- FORXADOS ( Teitos)

Os teitos poden ter duas funcións ou construirse baixo duas variantes. No caso de ser unha casa dunha vivenda, este funcionará como recubrimento e aportará solidez o conxunto da estructura, amarrando fortemente as divisións contra os tabiques exteriores. Pero no caso de ser unha casa de duas vivendas ademáis do anterior, terá que servir de forxado da segunda planta.

4.1.- Casa feita en fábrica ou en obra con vigas estructurais vistas. Aquí os teitos son paneis ( A ) que se fan en fábrica de maneira que se sobrepoñen nas vigas vistas e non e necesario poñer molduras de remate e o outro caso e cando se coloca o friso en obra ( B ), que nesta ocasión si e necesario rematar con molduras. O intervalo de distancia de colocación entre vigas e de ( 60 / 80 cm. ) ademáis colocaranse de forma equidistante según as medidas de cada habitáculo.

(14)

Cada viga vista componse de duas encoladas de ( 5’5 x 14’5 ), e as suas testas apoian 3’4 cm sobre o rastreles dos tabiques e das divisións, deixandolle desta maneira 1 mm. de orgura en cada extremo.

4.2.- Casa feita en fábrica ou en obra coas vigas estructurais ocultas. Estas apoian as suas testas contra as tabiques exteriores e o seu canto enriba das divisións interiores, despois colocaselle o friso corrido.

(15)

E caso de que o cliente o solicite, colocaranse vigas postizas de ( 5’5 x 11’5).

Un exemplo de forxado ou teito é o seguinte, en donde as liñas verdes reflicten a posición das vigas de teito, que terán que ir equidistantes en caso de ir vistas, ou buscando o mellor aproveitamento para o taboleiro OSB en caso de ir ocultas.

NOTA: No distribuidor non se colocan vigas de forxado para poder instalar unha escada de acceso ó baixo-cuberta.

(16)

paneis de teito. Fabrícanse uns bastidores e colocaselle o friso, despois estes paneis montanse sobre as vigas de teito de maneira que a xunta entre uns e outros coincida no centro da viga.

CAP. 5.- FORXADO PORCHE.

Cando as casas non teñen unha planta rectangular realizase, por norma xeral, un entramado ou forxado de vigas no porche para que a cuberta si sexa de base rectangular. Aquí tamen existen duas variantes

5.1.- Paneles de teito montados de fábrica. Neste caso montanse os bastidores, e colocaselle o friso, pero primeiro montase o forxado e situanse os pilares separados do chan 13 cm. por unha pletina regulable.

(17)

5.2.- Sistema utilizado en casas de duas plantas en donde as vigas de forxado do porche teñen que quedar a mesma altura que o interior da vivenda, ademáis que ten que funcionar como teito soporte para o teito do porche, e como forxado da segunda planta, normalmente para o balcón. O friso aquí vai clavado por abaixo

aquí o friso

do teito colocase en obra e a viga de apoio ten a seguinte forma

(18)

CAP. 6.- PINCHOS. Chegamos xa ó apartado da cuberta, e empezamos polos pinchos, xa que a partir deles se construe a cuberta. Para empezar temos que consultar a caída ou ángulo da cuberta, 22º normalmente, a non ser que o concello, o modelo da casa, ou os propios donos, dicten outra diferente. Despois compre engrosar sobre esas liñas de caida os anchos das vigas de pincho, e concertar unha medida de aleiro, a cal dependerá da tella; e dicir, a tella ten 32 cm, debemos facer os pinchos de maneira que contando cos aleiros nos dea un número exacto de tellas, para despois non ter que andar a cortar en obra. E necesario contar tamén coa viga de aleiro, e coa sua distancia de separación ó colocala ( 4 cm.) NOTA: As tellas sobresaen da viga de aleiro 6 cm. Esta medida e preciso tela en conta a hora de calcular a lonxitude de aleiro.

(19)

A viga de aleiro, son duas pezas xuntas de 14’5 x 5’5, colocase sempre a 4 cm. do extremo das vigas tanto das de cuberta como das de pinchos. A sua función e de remate entre os paneis de aleiro, os cales morren contra ela, e as vigas. Colocase en todo o perímetro da cuberta e vai aparafusada contra as vigas.

Este e comezo da cuberta, aquí o primordial e representar o ancho da casa e a caida da cuberta ( 22 º por norma ) despois situase a viga central e as vigas de cuberta, a continuación os aleiros que han rondar os 100 cm. de longo según a tella, para non cortala. O seguinte paso e engrosar 13 cm. que suman o pontón ( 8 cm. ), OSB ( 1cm. ), doble rastrel para colocar a tella ( 4cm.), chegados a este punto e cando xa temos o largo total, e xa empezamos a definir o pincho.

Exemplo: O largo total do pincho 2 e de 512 cm. dividido entre 32 cm. de cada tella, danos un total de 16 tellas.

(20)

A viga central está composta por 4 semivigas de 14’5x5’5, encoladas e atornilladas, e vai topeada contra os pinchos. Despois leva outra viga na parte superior, facendo de encontro das vigas de cuberta. Esta vai colocada no centro das outras duas. Nos extremos colocanse os complementos, que van atornillados contra a viga central, estes levan caida en forma de cumio ós dous lados como podemos observar na figura anterior. Como estas vigas teñen que salvar grandes luces, como medida de reforzo,

(21)

colocaselle un pilar a unhas distancias de 3 m. aproximadamente, e estes apoian sobre unha viga durminte de ( 14’5x5’5).

(22)

Aquí describense os materiais para os aleiros, detallase unha viga central e cubrense todolos materiais necesarios para a cuberta, xa

que a cuberta montase toda normalmente en obra, con cubrir os materiais necesarios xa está.

Para sacar a cantidade de pezas e necesario saber certos valores. O ratrel consúmese en 7 m.l./ m², ademáis este vai colocado a doble senso para que se rompe unha tella a auga non se acumule contra o rastrel horizontal e a

(23)

cuberta. As tellas colocanse como se pode ver na imaxe, e peganse con espuma de poliuretano, para evitar que voen ante ráfagas de vento e ó mesmo tempo poder ser sustituidas fácilmente en caso de rotura.

No pontón de cuberta ( 8 x 4,5 ) necesitanse 3’5 m.l. por cada m² e colocanse horizontalmente sobre as vigas de cuberta. O taboleiro OSB cubre 3,12 m² cada unidade, dividindo o número de m² da cuberta xa sacamos as unidades necesarias.

Neste apartado mencionar tamén que entre o taboleiro OSB e o doble rastrel para a tella, colocase unha lamina impermeabilizante e o mesmo tempo transpirable (TYVEK).

(24)

Referências

Documentos relacionados

Este trabalho buscou, através de pesquisa de campo, estudar o efeito de diferentes alternativas de adubações de cobertura, quanto ao tipo de adubo e época de

09:15 - 10:00 Aula híbrida sobre: Para os alunos presenciais: atividade prática – E-Class Não é necessário enviar atividade Dodgeball e Rouba-bandeira. Para os alunos

Para Vilela, embora a locação de bens móveis não seja contrato de prestação de serviços (aquele que dá origem a uma obrigação de fazer, enquanto a locação gera a obrigação

A prova do ENADE/2011, aplicada aos estudantes da Área de Tecnologia em Redes de Computadores, com duração total de 4 horas, apresentou questões discursivas e de múltipla

17 CORTE IDH. Caso Castañeda Gutman vs.. restrição ao lançamento de uma candidatura a cargo político pode demandar o enfrentamento de temas de ordem histórica, social e política

O enfermeiro, como integrante da equipe multidisciplinar em saúde, possui respaldo ético legal e técnico cientifico para atuar junto ao paciente portador de feridas, da avaliação

O Museu Digital dos Ex-votos, projeto acadêmico que objetiva apresentar os ex- votos do Brasil, não terá, evidentemente, a mesma dinâmica da sala de milagres, mas em

De seguida, vamos adaptar a nossa demonstrac¸ ˜ao da f ´ormula de M ¨untz, partindo de outras transformadas aritm ´eticas diferentes da transformada de M ¨obius, para dedu-