• Nenhum resultado encontrado

PRIMEIRA. Obxecto. SEGUNDA. Número e características dos postos convocados

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "PRIMEIRA. Obxecto. SEGUNDA. Número e características dos postos convocados"

Copied!
12
0
0

Texto

(1)

1

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, DUN (1) CONDUTOR/A DE CAMIÓN CON REMOLQUE AO ABEIRO DA LIÑA 3 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2017 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

PRIMEIRA. Obxecto

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria para a selección e contratación laboral temporal dun (1) CONDUTOR/A DE CAMIÓN CON REMOLQUE ao abeiro dunha subvención da LIÑA 3 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2017 de conformidade coas bases e convocatoria aprobadas pola Deputación Provincial de Pontevedra (acordo plenario núm. 6.6887) e publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO núm. 249 do 30 de decembro de 2016 e extracto BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2017).

SEGUNDA. Número e características dos postos convocados

- Denominación: CONDUTOR/A DE CAMIÓN CON REMOLQUE. - Número de postos: Un (1).

- Tipo: Persoal laboral temporal.

- Modalidade contractual: Contrato laboral por obra ou servizo determinado con autonomía e sustantividade propia dentro da actividade municipal.

- Xornada laboral: A tempo completo, 37,5 horas á semana.

- Duración do contrato: Desde a súa formalización (prevista o 01.06.2017) ata o 31.12.2017. - Retribución mensual: 1.040,38 euros brutos mensuais (incluida a prorrata das pagas

extraordinarias).

TERCEIRA. Obra e servizo a desenvolver

De conformidade coa memoria do proxecto de subvención, Plan de Mellora de Viais do Concello de Lalín 2017. Condución de vehículo municipal e apoio nas tarefas de bacheo de pistas da rede de vías públicas do municipio, pistas de acceso a núcleos e estradas Municipais do Concello de Lalín en: Ameixedo, San Fiz, Vila-Pontenoufe, Fondo Xesta, Barreira-Xaxán, Souto, Piñoi, Moa, Gondoriz, Castro, Vilatuxe, Carballeda, Igrexa-Carballeda, Igrexa-Ponte, Val-Igrexa, Carracedo, Vilar, Pazo Lodeiro, Barreiro-L.Social, Vilamea-Igrexa, Balado-Sello, Rodis De Arriba, Padruxao-Outeiro, Alperiz-Parada, Palio de Arriba-Palio de Abaixo, Cruceiro-Cello, Xonxil, Lamas-Madriñán, Capilla-Lamas, Moimenta-Carballeda, Madriñán-Igrexa, Pista en Lameiro, Sampaio, Samprizón, Bustelo, Lebozan-Espiño, Outeiro-Belelle, Alfonselle, Lagazós, Vales, Goias-Palmaz, Palmaz, Penas, Toimil-Goleta, Galegos-Toimil, Galegos-Igrexa, Salida Galegos, Galegos-Goleta, Xesteira-Goias, Cima do Alle, Cardexia, Outeiro-Cardexia, Hermida-Vilar, Horta-Sello, Bergazos-Hostal, Campo A Fondevila, Estivelle, Eirixe-Donsión, Pena De Abaxio, Entrada Carballude, Filgueiroa, Trascastro, Os Muíños, San Pedro-Taín, Entrada A Penelas, San Xurxo, Gondufe, Loucenzo, Cercio-Abonxo, Castro-Alemparte,Montrigo-Cangas, Ateán, Somoza, Botos-Porto, Vilasoa-Campo, N-525 A Castro, Pista A Igrexa, Barcia-Outeiro, Pista en Outeiro, Pista en Barrio, Pista Cruceiro, Riádigos, Campo De

(2)

2 AbaixoLamela, Orxás, Laxe-Pista Albergue, Vilar Do Rio, Pista Anseán-Rio, Alperiz, Pista Alperiz-Pedroso,

Antuín, Belelle, O Cello.

CUARTA. Requisitos dos/as aspirantes

1. Os/as aspirantes deberán reunir e acreditar os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, a respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.

b) Ter cumpridos dezaséis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. c) Posuír o permiso de conducir C+E.

d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto á que aspira, non padecer enfermidade nin estar afectado/a por ningunha limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a do que estivese separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.

f) Non incorrer en causa de incapacidade ou incompatibilidade de acordo coa lexislación vixente. g) Ter a condición de persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia como

demandante non ocupado/a e estar dispoñible para o emprego (base reguladora 8ª do Plan Concellos 2017).

h) Ser convocado/a polo Servizo Público de Emprego de Galicia: figurar no listado remitido pola oficina de emprego de Lalín correspondente á oferta pública de emprego presentada polo Concello na categoría profesional que se pretenda optar.

2. Non poderán participar nesta convocatoria as persoas que estiveran contratadas polo Concello de Lalín durante máis de vinte catro (24) meses nun periodo de trinta (30) meses sumada a totalidade ou parte do tempo desta contratación, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo ou diferente posto de traballo, mediante dous ou máis contratos temporais, sexa directamente ou a través da súa posta a disposición por empresas de traballo temporal, na mesma ou diferente modalidade contractual de duración determinada, a efectos do previsto no artigo 15.5 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores.

3. Todos os requisitos deberán posuílos os/as aspirantes no momento da selección e conservalos ata a data de formalización do contrato como persoal laboral temporal do Concello de Lalín.

QUINTA. Preselección de aspirantes

(3)

3 1. De conformidade coa base reguladora 8ª do Plan Provincial de Obras e Servizos Municipais, PLAN

CONCELLOS 2017, para a selección de aspirantes o Concello de Lalín solicitará aos traballadores/as mediante a presentación da correspondente oferta de emprego na categoría profesional na oficina pública de emprego de Lalín (Avda. Buenos Aires nº 45 baixo, 36500 Lalín – Pontevedra). A selección de traballadores/as realizarase de entre as persoas candidatas que sexan remitidas por este organismo, non sendo admitido/a ningún candidato/a que non sexa preseleccionado/a e convocado/a polo Servizo Público de Emprego.

2. Os/as aspirantes preseleccionados/as e convocados/as pola oficina de emprego deberán achegar a carta remitida por este organismo e manifestar, mediante declaración xurada, que reúnen todas as condicións esixidas na base CUARTA (ANEXO III) o día que concorran a realización da primeira proba. Esta declaración xurada enténdese sen prexuízo de ter que acreditar estas condicións de xeito documental. A verificación do non cumprimento das condicións esixidas neste punto, en calquera momento do proceso selectivo, será motivo de exclusión automática.

SEXTA. Publicidade da convocatoria

1. As bases do proceso selectivo estarán a disposición das persoas interesadas na páxina web municipal (www.lalin.gal).

2. Os anuncios do procedemento publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal.

SÉTIMA. Contido e desenvolvemento do proceso selectivo

A selección de candidatos/as realizarase a través do sistema de concurso-oposición.

a) Fase de oposición

1. A fase de oposición constará de dous (2) exercicios:

a) PROBA ESCRITA TIPO TEST. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización dun cuestionario de dez (10) preguntas tipo test e tres (3) preguntas de reserva, sobre o temario da convocatoria contido no ANEXO II. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de corenta (30) minutos.

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas e só unha delas será a correcta. As preguntas mal contestadas ou en branco non restarán puntos.

A proba cualificarase cunha puntuación de cero (0) a cinco (5) puntos. Os/as aspirantes que non acaden unha puntuación de dous con cinco (2,5) puntos terán a consideración de non aptos/as e quedarán excluidos/as do resto do proceso selectivo.

(4)

4 Sen prexuízo do anterior, no caso de non existir candidatos/as suficientes para proseguir co proceso

selectivo, o Tribunal poderá establecer unha nova nota de corte co obxecto de garantir a cobertura dos postos de traballo a seleccionar.

A data e lugar de realización da proba teórica será comunicada ás persoas preseleccionadas no documento remitido pola oficina do Servizo Público de Emprego.

b) PROBA PRÁCTICA. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización dun suposto práctico relacionado coas funcións do posto a desempeñar. O tempo máximo para a realización desta proba será de trinta (30) minutos.

A proba cualificarase cunha puntuación de cero (0) a cinco (5) puntos. Os/as aspirantes que non acaden unha puntuación de dous con cinco (2,5) puntos terán a consideración de non aptos/as e quedarán excluidos/as do resto do proceso selectivo.

Sen prexuízo do anterior, no caso de non existir candidatos/as suficientes para proseguir co proceso selectivo, o Tribunal poderá establecer unha nova nota de corte co obxecto de garantir a cobertura dos postos de traballo a seleccionar.

A data e lugar de realización da proba práctica faráse publica co listado de persoas que superen o primeiro exercicio.

2. As persoas aspirantes concorrerán á realización dos exercicios provistas do seu DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do Tribunal e dos medios materiais necesarios para a realización das probas. Serán convocadas en chamamento único, quedando excluídas as que non comparezan, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo Tribunal. A orde de actuación dos/as aspirantes será a alfabética e o Tribunal poderá requirir en calquera momento do proceso que acrediten a súa identidade.

3. Finalizados os exercicios, o Tribunal fará pública a relación de aspirantes coas puntuacións obtidas e os/as declarados/as non aptos/as a efectos de exclusión do resto do proceso selectivo.

b) Fase de concurso

1. A fase de concurso consistirá na valoración dos méritos curriculares aportados polos/as aspirantes, tendo en conta a natureza e características da praza convocada, e na aplicación dos criterios de preferencia social establecidos nas bases reguladoras do Plan Concellos 2017.

2. De conformidade coa base reguladora 8ª do Plan Concellos 2017, sen prexuízo das obrigas legais que poidan existir, para a selección daráselles preferencia por esta orde aos seguintes criterios: a) Vítimas de violencia de xénero.

b) Persoas candidatas maiores de 45 anos.

c) Persoas candidatas que formen unha familia monoparental con fillos/as ao seu cargo.

(5)

5 d) Persoas candidatas con niveis de renda máis baixa.

e) Persoas candidatas con cargas familiares.

Estos criterios priorizaranse por puntuación conforme ao establecido no ANEXO I.

3. Os/as aspirantes disporán dun prazo de 5 días hábiles desde a publicación da lista de persoas que superen as probas selectivas da fase de oposición para achegar a documentación que consideren oportuna para a valoración de méritos e para a acreditación da condición de colectivo con preferencia segundo o establecido no punto anterior.

4. A presentación de méritos e demais documentación realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Lalín, en horario de 8.00 a 15.00 horas, mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Lalín. O modelo de instancia figura no ANEXO IV destas bases.

5. A instancia deberá ir acompañada da seguinte documentación:

- Méritos debidamente acreditados con arreglo ao baremo establecido no ANEXO I. Únicamente serán valorados os méritos debidamente xustificados con arreglo a este baremo.

- Documentación acreditativa da condición de colectivo con preferencia conforme ao establecido no ANEXO I.

- Documento nacional de identidade (DNI) ou tarxeta acreditativa expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns nacionais doutros estados.

- Permiso de conducir C+E.

- Informe de vida laboral actualizado.

6. A valoración dos méritos curriculares, formación complementaria e experiencia profesional, poderá acadar unha puntuación máxima de cinco (5) puntos. A valoración dos criterios sociais de preferencia non terá límite máximo de puntuación.

OITAVA. Tribunal Cualificador

1. O Tribunal encargado da selección estará integrado por cinco (5) membros, coa seguinte composición:

- Presidente/a. - Secretario/a. - 3 Vogais.

2. A composición nominal dos membros do Tribunal axustarase ao disposto no artigo 60 do Real Decreto 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e ao artigo 59 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia e aprobarase por Resolución da Alcaldía que será publicada no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal. Na designación de membros terase en conta a paridade entre homes e mulleres.

(6)

6 3. Poderán formar parte do Tribunal os funcionarios/as ou persoal laboral fixo municipal ou de

calquera outra Administración Pública, con titulación ou especialización igual ou superior a esixida para o posto convocado. Non poderán formar parte as persoas de elección ou designación política, os/as funcionarios/as interinos/as, o persoal laboral temporal, o persoal eventual e as persoas que nos cinco (5) anos anteriores á publicación da convocatoria realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas ou colaborasen durante ese período con centros de preparación de opositores/as.

4. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual e non se poderá ostentar en representación nin por conta de ninguén.

5. O Tribunal actuará de forma colexiada, con plena autonomía no exercicio da súa discrecionalidade técnica, de conformidade cos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros. Non poderán actuar ou constituírse sen a presenza, polo menos, de tres dos seus membros (titulares ou suplentes) e coa asistencia, en todo caso, do Presidente/a e do Secretario/a (titulares ou suplentes). Os seus actos procederán con suxeción ás bases de convocatoria e ao previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, quedando facultado para resolver cantas cuestións se susciten na súa interpretación. Os seus membros serán persoalmente responsables da transparencia e obxectividade do procedemento, da confidencialidade das probas e do estrito cumprimento das bases da convocatoria e dos prazos establecidos para o desenvolvemento do proceso selectivo.

6. O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas o aconselle, limitándose os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

7. Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, comunicándollo ao Alcalde cando concorra neles/as algunha das circunstancias previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público. Igualmente, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando concorra algunha das circunstancias a que se refire o parágrafo anterior.

NOVENA. Cualificacións finais e proposta do Tribunal

1. Finalizadas as fases do procedemento, o Tribunal fará pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación, coa cualificación final acadada por cada un deles/as.

2. A cualificación final será a resultante da suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e na fase de concurso. No caso de producirse un empate entre candidatos/as, dirimirase conforme a: 1º/ Maior puntuación nos criterios sociais de preferencia. 2º/ Maior puntuación na proba práctica da fase de oposición. 3º/ Maior puntuación na proba escrita tipo test da fase de oposición. 4º/ Maior puntuación na valoración de méritos da fase de concurso. No caso de persistir o empate resolverase por sorteo.

(7)

7 3. O Tribunal elevará á Xunta de Goberno Local esta relación propoñendo a contratación do

candidato/a que obtivera a maior puntuación final.

4. Os/as aspirantes que superasen o proceso pero non resultasen seleccionados/as, se os houbera, determinados/as por orde descendente de puntuación, serán propostos/as polo Tribunal para formar unha lista de reserva para cubrir posibles renuncias, baixas, vacantes temporais ou circunstancias sobrevidas do persoal durante o desenvolvemento do plan.

DÉCIMA. Incompatibilidades

O réxime de incompatibilidades será o previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas e o seu Regulamento.

DÉCIMO PRIMEIRA. Protección de datos

Os/as aspirantes, para os distintos actos de trámite que se deriven do proceso selectivo e que conteñan datos de carácter persoal, coa sinatura da súa solicitude de participación dan o seu consentimiento para que a Administración actuante proceda ao seu tratamento para o desenvolvemento do proceso selectivo de conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e o Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento. Os datos pasarán a formar parte dun ficheiro xestionado polo departamento de Persoal do Concello de Lalín, con sede na Praza de Galicia nº 1, 36500 Lalín (Pontevedra).

DÉCIMO SEGUNDA. Carácter vinculante das bases

As bases desta convocatoria vinculan ao Concello de Lalín, ao tribunal cualificador e os/as aspirantes que participen nos proceso selectivo convocado.

DÉCIMO TERCEIRA. Incidencias

O Tribunal queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e para adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

DÉCIMO CUARTA. Réxime Xurídico

O proceso selectivo réxese polas presentes bases. Asimesmo, son de aplicación as bases e convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017 da Deputación Provincial de

(8)

8 Pontevedra publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO núm. 249 do 30 de decembro de 2016

e extracto BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2017). Igualmente, o Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, a Lei 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público,a Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, o Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia, a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de las Bases de Réxime Local, o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, a Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, o Real Decreto-Lei 10/2011, de 26 de agosto, de medidas urxentes para a promoción do emprego dos mozos, o fomento da estabilidade no emprego e o mantemento do programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego, o Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de Igualdade e demais normativa concordante, así como as normas convencionalmente aplicables que así se dispoñan.

DÉCIMO QUINTA. Disposición Final

As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións do Tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, así como a Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. A Administración local tamén poderá, no seu caso, revisar as resolucións do Tribunal segundo o previsto na citada Lei 39/2015.

Lalín, a 24 de abril de 2017.

A Concelleira de Comercio, Emprego e Réxime Interno.

Katia M. Procino Toimil

(9)

9

ANEXO I – CRITERIOS DE PREFERENCIA E BAREMO DE MÉRITOS

A/ CRITERIOS DE PREFERENCIA (Base reguladora 8ª do Plan Concellos 2017) - Sen límite máximo PUNTOS

1. VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Acreditarase por calquera das formas que establece o artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

2,50

2. PERSOAS CANDIDATAS MAIORES DE 45 ANOS

Acreditarase coa aportación do Documento nacional de identidade (DNI) ou tarxeta acreditativa expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns nacionais doutros estados.

2,00

3. PERSOAS CANDIDATAS QUE FORMEN UNHA FAMILIA MONOPARENTAL CON FILLOS/AS AO SEU CARGO

Acreditarase con algún dos seguintes documentos: certificado de convivencia, libro de familia, sentencia xudicial de separación/divorcio e/ou sentencia aprobatoria do convenio regulador no que se determine a garda e custodia dos/as menores a cargo ou certificado administrativo de monoparentalidade expedido pola Comunidade Autónoma. No caso de separacións de feito: informe dos Servizos Sociais do Concello de Lalín acreditativos do feito de ser familia monoparental.

1,50

4. PERSOAS CANDIDATAS CON NIVEIS DE RENDA MÁIS BAIXA

Acreditarase cos seguintes documentos: Declaración xurada, e xustificada, dos ingresos da unidade familiar. No caso dos/as aspirantes sen ingresos, sumarase a esta declaración a certificación negativa do Servizo Público de Emprego Estatal máis certificación negativa da Xunta de Galicia e certificación negativa do INSS.

1,00 (Sen ingresos) 0,50 (Ingresos iguais ou inferiores ao 75% do IPREM)

5. PERSOAS CANDIDATAS CON CARGAS FAMILIARES

Acreditarase con algún dos seguintes documentos: No caso de fillos/as menores de 26 anos a cargo, certificado de convivencia ou libro de familia. No caso doutras persoas a cargo, certificado de convivencia máis informe médico ou certificado de discapacidade ou certificado de dependencia ou resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos, no seu caso.

0,25 (por persoa a cargo)

B/ BAREMO DE MÉRITOS - Máximo 5 puntos PUNTOS

1. FORMACIÓN COMPLEMENTARIA. Cursos de especialización, formación continua en materias relacionadas coas funcións do posto convocado.

Acreditaranse mediante documento xustificativo da formación cursada (certificación, diploma ou título acreditativo). Só se valorará a formación convocada, impartida ou homologada polas Administracións Públicas, Universidades, Colexios profesionais, Organizacións sindicais e Cámaras de Comercio. Non se valorarán os cursos nos que non se especifiquen as horas de duración ou o número de créditos. Cando o documento xustificativo especifique a duración en créditos, salvo que certifique outra cousa, entenderase que 1 crédito equivale a 10 horas e 1 crédito ECTs equivale a 25 horas.

0,01 por cada 10 horas (MAXIMO 2,5 PUNTOS)

2. EXPERIENCIA PROFESIONAL. Experiencia en tarefas directamente relacionadas co posto convocado.

Acreditarase mediante vida laboral actualizada máis copia do contrato de traballo ou certificado de empresa, copia do contrato de servizos e alta no réxime da Seguridade Social correspondente no caso de traballadores/as autónomos/as ou certficación expedida pola Administración pública na que prestou servizos no caso das traballadores/as públicos/as, facendo constar o posto que desempeñou e o cómputo total de días, meses ou anos traballados.

0,05 por cada mes (na Administración Pública) 0,02 por cada mes (en entidades privadas) (MAXIMO 2,5 PUNTOS)

(10)

10

ANEXO II – TEMARIO DA CONVOCATORIA

I. PARTE COMÚN

1. O municipio. Territorio, organización, poboación e competencias. Dereitos e deberes dos veciños/as.

II. PARTE ESPECÍFICA

1. Condución, circulación e manobras do vehículo, só, co remolque e con carga.

2. Seguridade Vial. Normas de transporte relativas á maquinaria especial de obras e servizos. 3. Mecánica e mantemento preventivo básico do vehículo. Mantemento básico e control de

desgastes habituais. Control de presións, niveis e tensións 4. Técnicas de carga e descarga.

5. Métodos de bacheo e mantemento de vías. 6. Prevención de riscos laborais.

(11)

11

ANEXO III – DECLARACIÓN XURADA

NOME APELIDOS

DNI DATA DE NACEMENTO

ENDEREZO

TELÉFONO EMAIL

Convocado/a polo Servizo Público de Emprego no proceso de selección do Concello de Lalín para a contratación laboral temporal, por obra ou servizo determinado:

DENOMINACIÓN DO POSTO

DECLARA

1) Reunir os requisitos sinalados na convocatoria, que declara coñecer.

2) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto, non padecer enfermidade nin estar afectado/a por ningunha limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

3) Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparme en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario/a do que estivese separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparme inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no meu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.

4) Non estar incurso/a en ningunha das causas de incompatibilidade do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas determinadas pola lexislación vixente.

Asímesmo,

AUTORIZA

á Administración actuante para que proceda ao tratamento dos seus datos persoais para o desenvolvemento do proceso selectivo.

Lalín, a __________ de ____________________ de 2017 Asdo. (sinatura)

DECLARACIÓN XURADA

PLAN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS (PLAN CONCELLOS) 2017

1 a 12

(12)

12

ANEXO IV – INSTANCIA

NOME APELIDOS

DNI DATA DE NACEMENTO

ENDEREZO

TELÉFONO EMAIL

Convocado/a polo Servizo Público de Emprego no proceso de selección do Concello de Lalín para a contratación laboral temporal, por obra ou servizo determinado:

DENOMINACIÓN DO POSTO

Aporta a seguinte

DOCUMENTACIÓN:

DNI, TARXETA DE IDENTIDADE VIDA LABORAL CARNÉ C+E

RELACIÓN DE MÉRITOS

(Debidamente acreditados con arreglo ao baremo establecido no ANEXO I): 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. Lalín, a _______ de ____________________ de 2017 Asdo. (sinatura)

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE LALÍN

INSTANCIA DE PRESENTACIÓN DE MÉRITOS

PLAN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS (PLAN CONCELLOS) 2017

Referências

Documentos relacionados

Na sala de informática, o professor apresentará o software Scratch para realizarem a programação em blocos, no qual através dos comandos os alunos irão construir um QUIZ

É o SILÊNCIO do PAE, do TUDO e do TODO MANIFESTADO como sendo um puro rito e uma sublime oração sentida e absorvida pelo AMOR da MÁE TERRA, recolhendo os elementos do seu

• limite inferior de explosão (LEL) esta informação não está disponível • limite superior de explosão (UEL) esta informação não está disponível Limites de explosão de

Os vários modelos analisados mostram consistência entre as diferenças de precipitação do experimento do século vinte e os experimentos com cenários futuros, no período de

O campus de Araranguá da Universidade Federal de Santa Catarina ofereceu uma série de atividades para a comunidade interna e externa no âmbito da Semana Nacional de Ciência e

partes, que não seja sanado no prazo estabelecido em notificação encaminhada nesse sentido pela parte lesada, prazo esse não inferior a 10 (dez) nem superior a 30 (trinta) dias.

a) Requerimento do militar estadual da Polícia Militar do Estado de Pernambuco ao seu Comandante, Chefe ou Diretor, solicitando a autorização para

Mobilidade Reduzida: promover debates sobre políticas públicas voltadas à atenção integral da pessoa com deficiência e mobilidade reduzida; apoiar os portadores de