• Nenhum resultado encontrado

Os licitadores poderán presentar oferta para os 3 lotes ou só para algún deles.

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Os licitadores poderán presentar oferta para os 3 lotes ou só para algún deles."

Copied!
11
0
0

Texto

(1)

1 SUBMINISTRACIÓN, POR PREZOS UNITARIOS, PARA A ADQUISICIÓN DE PEZAS DE UNIFORME PARA O PERSOAL LABORAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA (Expediente: 16/31)

1. OBXECTO DO CONTRATO: A adquisición dos uniformes para o exercicio 2016 do persoal laboral do Consello de Contas de Galicia. A subministración inclúe tanto os uniformes de verán como os de inverno (7 uniformes masculinos e 1 uniforme feminino por cada estación).

2. CARACTERÍSTICAS DA SUBMINISTRACIÓN: A subministración divídese nos seguintes lotes:

Lote 1: Uniformes masculinos. Lote 2: Uniforme feminino. Lote 3: Calzado.

Os licitadores poderán presentar oferta para os 3 lotes ou só para algún deles.

2.1. Lote 1: Uniformes masculinos: Comprenderá as seguintes pezas: 2.1.1.- Uniforme de verán:

- Traxe de chaqueta de home, en tecido liso, lá e poliéster, cor gris escura, composto de americana e pantalón recto sen volta.

- Camisa de manga longa, de cor branca, algodón 100%. - Gravata lisa, cor azul, poliéster ou seda.

- Calcetíns de cor negra, algodón 100%. 2.1.2.- Uniforme de inverno:

- Traxe de chaqueta completo de home, en tecido liso, la 100%, en cor gris escuro, composto de americana e pantalón recto sen voltas.

(2)

2 - Camisa de manga ancha, de cor branca, algodón 100%.

- Gravata en cor lisa, azul claro, poliéster ou seda. - Calcetíns de cor negra, la 100%.

As pezas non deben presentar encollemento nin destinguir tras a limpeza en seco. Os tecidos no deben xerar boliñas.

Número de pezas do Lote 1 e orzamento máximo por unidade , IVE excluído:

Peza Unidades Orz. unit. (IVE excluído)

Traxe de chaqueta de home 14 (7 de verán e 7 de inverno) 275 €/unidade Camisas brancas home 42 (21 de verán e 21 de inverno) 40 €/unidade

Gravatas 28 (14 por temporada) 30 €/unidade

Calcetíns negros 42 pares (21 de verán e 21 de inverno) 8 €/par 2.2 Lote 2: Uniformes femininos:

2.2.1.- Uniforme de verán:

- Traxe de chaqueta completo de muller, en tecido liso, la 100%, en cor gris escuro, composto de americana e pantalón recto sen volta ou saia (a elección da usuaria). - Camisa de manga longa, de cor branca, algodón 100%.

- Pano liso, cor azul, poliéster ou seda. - Calcetíns de cor negra, algodón 100%. 2.2.2.- Uniforme de inverno:

- Traxe de chaqueta completo de muller, en tecido liso, la 100%, en cor gris escuro, composto de americana e pantalón recto sen voltas.

- Camisa de manga ancha, de cor branco, algodón 100%. - Pano liso, cor azul, poliéster ou seda.

- Calcetíns de cor negra, lá 100%.

(3)

3 tecidos non deben de xerar boliñas.

Número de pezas do Lote 2 e orzamento máximo por unidade, IVE excluído:

Peza Unidades Orz. unit. (IVE excluído)

Traxe de chaqueta de muller 2 (1 de verán e 1 de inverno) 275 €/unidade

Camisas brancas muller 6 (3 de verán e 3 de inverno) 40 €/unidade

Pano 4 (2 por temporada) 30 €/unidade

Calcetíns negros 6 pares (3 de verán e 3 de inverno) 8 €/par

2.1.3.- Lote 3: calzado:

- Calzado de home e muller en cor negra, pel e feitura lisa, interior forrado e cos materiais adecuados para cada estación.

A empresa adxudicataria deberá ofertar:

Home: tres modelos diferentes de zapatos por estación, un con cordóns, outro sen cordóns e un terceiro modelo apto para a súa utilización con soletas e caracterizado polo seu especial confort.

Muller: tres modelos diferentes de zapatos por estación. Para verán ofrecerá alternativamente outros tres modelos de sandalia.

O persoal elixirá, de entre os propostos e no momento de execución do contrato, o modelo individual de zapatos.

Número de pares de zapatos do Lote 3 e orzamento máximo por unidade, IVE excluído:

Pares de zapatos Unidades Orz. unit. (IVE excluído)

De home 14 (7 de verán e sete de inverno) 150 €/par

(4)

4 2.2.- Etiquetaxe:

Todas as pezas irán etiquetadas de acordo co establecido no Real Decreto 928/1987, de 5 de xuño, relativo á etiquetaxe de composición dos produtos téxtiles. No etiquetado figurará, por tanto, a identificación do responsable do produto así como a súa composición.

3.- ORZAMENTO E VALOR ESTIMADO DO CONTRATO 3.1.- Lote 1: Uniformes masculinos:

Peza Unidades Orz. unit. (€) Przo máx. (€)

Traxe 14 275 3.850,00 Camisas 42 40 1.680,00 Gravatas 28 30 840,00 Calcetíns 42 8 336,00 Subtot. 6.706,00 IVE (21%) 1.408,26 Orz. Máx. 8.114,26 3.2.- Lote 2: Uniformes femininos:

Peza Unidades Orz. unit. (€) Przo máx. (€)

Traxe 2 275 550,00 Camisas 6 40 240,00 Panos 4 30 120,00 Calcetíns 6 8 48,00 Subtot.: 958,00 IVE (21%) 201,18 Orz. Máx. 1.159,18 3.3.- Lote 3: calzado:

Tipo Unidades Orz. unit. (€) Przo máx.

Masculino 14 150 2.100,00

Feminino 2 150 300,00

Subtot.: 2.400,00

IVE (21%) 504,00

(5)

5 De acordo cos cadros anteriores, o valor estimado e prezo máximo da subministración ascende á cantidade de dez mil sesenta e catro euros (10.064 €), aos que haberá que aplicar o correspondente IVE (21%). Entenderanse incluídos no prezo os traballos de adaptación e axuste das prendas adquiridas.

O expediente de gasto ascende á cantidade de doce mil cento setenta e sete euros con corenta e catro céntimos (12.177,44 €). O gasto é imputable á partida 02.01.111C.221.04 do orzamento do Consello de Contas para o exercicio 2016, na que existe crédito axeitado e suficiente.

4.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN

Por razón da súa contía, o presente contrato configúrase como un contrato menor. O Consello de Contas cursará un mínimo de tres invitacións directas para presentar oferta. Ao tempo, co obxecto de garantir unha concorrencia que redunde nunha maior eficiencia do gasto realizado, anunciarase a presente licitación no perfil do contratante do Consello de Contas (http://www.consellodecontas.es). Tanto nun como noutro caso fíxase un prazo de 10 días hábiles para a presentación de ofertas, a contar desde o día seguinte ao de publicación e recepción da invitación a participar.

Transcorrido o prazo de 10 días, á vista das ofertas recibidas, procederase á adxudicación do contrato. A adxudicación atenderá á calidade xeral dos produtos, aos seus valores estéticos e de remate e ao seu prezo. Respecto deste último aspecto, o prezo que se empregará para valorar o calzado será o do prezo medio dos modelos ofertados.

A adxudicación publicarase no perfil do contratante do Consello de Contas de Galicia.

5.- OFERTAS:

(6)

6 Domingo Fontán nº7, 15702 Santiago de Compostela.

No exterior do sobre, dirixido á Secretaría Xeral do Consello de Contas, indicarase con claridade:

Identificación do contrato: Contrato menor para a subministración dos uniformes do persoal laboral do Consello de Contas de Galicia para o exercicio 2016. (Expediente 16/31)

Os licitadores deberán describir nas súas ofertas as características de cada unha das pezas, xustificando o cumprimento dos criterios fixados no prego.

A oferta económica deberá axustarse ao modelo que se acompaña como Anexo I, expresando os prezos unitarios ofertados e o prezo global ofertado coa debida separación do importe de Imposto sobre o Valor Engadido que deba soportar a Administración, que figurará como partida independente na oferta económica.

A presentación de ofertas supón a aceptación incondicional do contido da totalidade deste prego de cláusulas e condicións técnicas, sen excepción ou reserva algunha.

Este prego, sumado a oferta presentada que finalmente resulte adxudicataria, constitúe o documento contractual que vinculará a ambas as partes.

6.- EXECUCIÓN DO CONTRATO:

O contrato executarase mediante dúas entregas, en función da época do ano, verán ou inverno, que corresponda aos uniformes a subministrar. Unha vez adxudicada a subministración, e sempre con posterioridade ao 1 de abril para os uniformes de verán e ao 1 de setembro para os de inverno, o Consello de Contas determinará, cunha antelación mínima de cinco días naturais, a data na que o/os adxudicatario/s deberán presentarse no edificio sede da Institución para determinar as tallas das pezas e dos zapatos. A partir dese día serán

(7)

7 de aplicación os seguintes prazos:

- Lote 1: A entrega das pezas deberá producirse nun prazo máximo de 10 días a contar desde o día seguinte a aquel en que se produciu a determinación das tallas. O prazo ampliarase a 20 días para o caso de que a subministración comprenda tallas especiais ou precise a realización de axustes.

- Lote 2: A entrega das pezas deberá producirse nun prazo máximo de 10 días a contar desde o día seguinte a aquel en que se produciu a determinación das tallas. O prazo ampliarase a 20 días para o caso de que a subministración comprenda tallas especiais ou precise a realización de axustes.

- Lote 3: Unha vez indicada as tallas dos zapatos a subministrar, fixarase un día para a elección do modelo de zapatos polo persoal. A entrega dos zapatos deberá producirse nun prazo máximo de 10 días a contar desde o día seguinte a aquel en que se produciu a elección do modelo de zapatos.

7.- PAGAMENTO

O pagamento do contrato realizarase á entrega de cada uniformidade, verán e inverno, no importe que resulte para cada unha delas e previa presentación de factura regulamentaria e recepción de conformidade desta, nos termos e condicións previstos nos artigos 216 e concordantes do TRLCSP.

O Consello de Contas emprega como punto de entrada automatizada para as facturas que lle sexan emitidas o Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Comunidade Autónoma de Galicia, ao que pode acceder desde https://factura.conselleriadefacenda.es/eFactura_web/. O Código de Unidade de Contratación é o 1666. Este código ou o literal do nome da Institución serán identificación suficiente para a presentación da factura.

(8)

8 8.- DEMORA NA EXECUCIÓN DO CONTRATO

En caso de producirse algún atraso na entrega das pezas por causas imputables ao contratista, aplicarase un desconto no prezo de 1€ por día de atraso. Si o atraso debido a causas imputables ao contratista excede de 15 días, entenderase resolto o contrato, declarándose na mesma resolución a prohibición de celebrar contratos menores entre ese contratista e o Consello de Contas de Galicia por un prazo de 6 meses.

9.- PRAZO DE GARANTÍA

Fíxase un período de garantía de 2 meses.

Si durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados, o Consello de Contas terá dereito a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente.

Non entanto, no caso de que os defectos observados nas pezas e zapatos subministrados sexan de tal magnitude que os faga manifestamente inadecuados para o seu fin, o Consello de Contas poderá rexeitalos, e terá dereito á devolución do prezo abonado.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016

A secretaria xeral

Conforme, apróbase O conselleiro maior

/ /16 Isabel Torralba Mena

(9)

9 ANEXO I.- MODELO DE OFERTA ECONÓMICA

Identificación do Contrato: Contrato menor para a subministración dos uniformes do persoal laboral do Consello de Contas de Galicia para o exercicio 2016. (Expediente 16/31)

D/Dna. ………. con DNI ………. en nome propio ou en representación da empresa ……… con CIF nº. ... , DECLARO RESPONSABLEMENTE (marque cada casa segundo corresponda):

1. (Só en caso de declaración asinada polo representante da entidade) Que estou facultado para efectuar a presente oferta en nome da entidade ofertante.

2. Que o licitador ofertante coñece e acepta na súa integridade o prego de condicións que serve de base a presente contratación.

3. Que o licitador que efectúa a oferta reúne todas as condicións esixidas para contratar coa Administración e comprométese a cumprir o contrato con estrita suxeición ao prego e a súa oferta.

OFERTA ECONÓMICA

Lote 1: Uniformes masculinos - De verán:

Peza Unidades Przo. unit. (€) Totais (€)

Traxe 7 Camisas 21 Gravatas 14 Calcetíns 21 pares Subtot. IVE (21%) Total:

Prezo máximo total ofertado: ……….. (sen IVE) ……… (IVE)

(10)

10 - De inverno:

Peza Unidades Przo. unit. (€) Totais (€) Traxe 7 Camisas 21 Gravatas 14 Calcetíns 21 pares Subtot. IVE (21%) Total:

Prezo máximo total ofertado: ……….. (sen IVE) ……… (IVE)

Prezo máximo total ofertado ……… (IVE incluído).

Lote 2: Uniforme feminino: - De verán:

Peza Unidades Przo. unit. (€) Totais (€)

Traxe 1 Camisas 3 Panos 2 Calcetíns 3 Subtot. IVE (21%) Total:

Prezo máximo total ofertado: ……….. (sen IVE) ……… (IVE)

Prezo máximo total ofertado ……… (IVE incluído). - De inverno:

Peza Unidades Przo. unit. (€) Totais (€)

Traxe 1 Camisas 3 Panos 2 Calcetíns 3 Subtot. IVE (21%) Total:

(11)

11 Prezo máximo total ofertado: ……….. (sen IVE)

……… (IVE)

Prezo máximo total ofertado ……… (IVE incluído). Lote 3: calzado: indicar prezos individuais, en euros e sen IVE.

- De verán:

1º proposta 2º proposta 3º proposta

Identif. Prezo Identif. Prezo Identif. Prezo Home

Muller zap. Muller sandalia

- De inverno

1º proposta 2º proposta 3º proposta

Identif. Prezo Identif. Prezo Identif. Prezo Home

Muller zap.

En ………, a … de ……….de ……… (Lugar e data)

Referências

Documentos relacionados

• Quando o navegador não tem suporte ao Javascript, para que conteúdo não seja exibido na forma textual, o script deve vir entre as tags de comentário do HTML. <script Language

Nos tempos atuais, ao nos referirmos à profissão docente, ao ser professor, o que pensamos Uma profissão indesejada por muitos, social e economicamente desvalorizada Podemos dizer que

As IMagens e o texto da Comunicação (com as legendas incluídas) devem ser enviadas por correio eletrônico. Comitê

esta espécie foi encontrada em borda de mata ciliar, savana graminosa, savana parque e área de transição mata ciliar e savana.. Observações: Esta espécie ocorre

O valor da reputação dos pseudônimos é igual a 0,8 devido aos fal- sos positivos do mecanismo auxiliar, que acabam por fazer com que a reputação mesmo dos usuários que enviam

Sendo os resultados experimentais (verde) obtidos nas amostras sem desvolatilizacão da Figura 37, fizeram-se a descrição feita acima onde a media final serviu

Os resultados são apresentados de acordo com as categorias que compõem cada um dos questionários utilizados para o estudo. Constatou-se que dos oito estudantes, seis

Ficou com a impressão de estar na presença de um compositor ( Clique aqui para introduzir texto. ), de um guitarrista ( Clique aqui para introduzir texto. ), de um director