• Nenhum resultado encontrado

O nacemento de Nunavut

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "O nacemento de Nunavut"

Copied!
8
0
0

Texto

(1)

1

O nacemento de Nunavut

XERAIS

Título:

O nacemento de Nunavut

Autor:

Xoán Abeleira

Ilustrador:

Jacobo Fernández Serrano

Editorial:

Xerais

Colección:

Nunavut

Nº páxinas:

64

ISBN:

84-8302-937-5

(2)

o autor

Xoán Abeleira

Xoán Abeleira. Un escritor cunha

tra-xectoria vital caracterizada polos

cam-bios: fillo de emigrantes galegos nace

en Venezuela onde vive ata os dez

anos, pasa logo a vivir en Madrid máis

de vintecinco anos e finalmente reside

na Coruña dende 1999.

Autor de varios libros de poesía en

castelán e algún en galego para

adul-tos, esta é a súa primeira obra dentro

da literatura infantil galega.

Anúnciase como a primeira entrega

dunha serie.

(3)

3

resumo argumental

Asistimos ó nacemento dunha nova colección infantil de Xerais «As aventuras de

Nunavut».

Esta é unha incursión no mundo dos esquimós, un pobo primitivo que sobrevive en

durísimas condicións climatolóxicas e sociais xa que os seus territorios foron

esquil-mados polos homes brancos. Teñen unha peculiar cultura onde o real e o suprarreal

están intimamente vencellados.

Este tenro relato inicia as aventuras de Nunavut. Nesta entrega asistimos á narración da

chegada ó mundo da meniña. A causa das condicións tan duras nas que está vivindo esta

xente, decidiu criar só ós bebés que nacen varóns, porque ó seu parecer, serán os que

poi-dan axudar á supervivencia da familia cazando. Por esta razón, a nena será abandonada

á súa sorte, pero sálvase dunha morte segura cando é levada á morada dos ingnersuit, os

trasnos ou espíritos da escuridade, de onde a rescatará o seu arrepentido pai.

O libro comeza cunha carta do autor ós lectores nos que lles informa da historia dos

esquimós, da súa orixe e dos cambios producidos a partir do seu encontro cos

explo-radores brancos.

ilustración

Jacobo Fernández Serrano

Realiza unha ilustración realista na

que as personaxes teñen trazos moi

raciais e os debuxos tons suaves; as

aguadas van poñendo cor nos trazos e

colaboran na expresión dos

sentimen-tos e avatares dos protagonistas.

Aqueles debuxos nos que se representa

o mundo dos trasnos teñen o encanto

especial dos seres representados, cos

trazos da infancia e o máis alá.

Predominan os marróns, azuis e

ama-relos sobre o branco case infindo do

xeo.

(4)

temática

Diferentes pobos sobre a Terra

Por veces esquecemos que os brancos e a nosa civilización occidental non é a única que vive neste planeta. As diferentes razas, a estas alturas mesturadas e dando lugar a unha mestizaxe que nos fai máis ricos achegando unha variedade de trazos e cores. As características dalgúns destes pobos. O respecto que debemos a cada unha destas culturas, linguas, crenzas, costumes… tanto do pasado como do pre-sente, e todo o que debemos resgardar para que lles chegue ós pobos do futuro. A convivencia entre tódalas etnias e culturas é imprescindible para a supervivencia do planeta.

As diferencias entre os pobos

A diferencia é variedade e regalía. Pero non debe confundirse nunca con des-igualdade. Somos diferentes os galegos, os cataláns, os vascos… eso produce unha diversidade que fai as sociedades humanas máis ricas; pero non sería lóxi-co que non tiveramos os mesmos dereitos, que os duns prevaleceran sobre os dos outros. O mesmo pasa coas linguas, que son diferentes, pero que deben ser consideradas igual de dignas. O pobo dos esquimós no Círculo Polar Ártico, os cunas en pana-má, os arhuacos en Colombia… responden a diferentes trazos físicos, a distintas maneiras de entender a vida e o mundo. Tal e como di Xoán Abeleira cada un ten moito que ensinar e igual que é necesario conservar as plantas porque nalgunha delas poden estar os compoñentes nece-sarios para as medicinas que salvarán as nosas vidas é imprescindible que sigan a existir todos os pobos sobre a terra para que esta non sexa máis pobre e uniforme.

Sucede que a civilización preponderante na actualidade, a occidental, engaiola e asusta a estes pobos, impónselles pola forza e tamén polo propio gusto. Por outra banda, dende esta civili-zación occidental temos a teima de que o noso é o mellor e de que aqueles que pensan ou actúan dunha maneira distinta á nosa son inferiores. Sen embargo, moitos destes pobos téñennos ensinado un trato moito máis respectuoso coa natureza, tal e como aparece na Carta do indio Seatle, e un ecoloxismo e desenvolvemento sostible primitivo pero real.

Discriminación polo sexo

Seguramente lembramos as noticias nas que se nos falaba de cómo se abandona-ban as nenas chinas. Aquí atopámonos cun problema semellante, ante unha situa-ción de exceso de poboasitua-ción e poucos recursos a parte máis débil da sociedade é aquela que o vai sufrir: os vellos, as mulleres, os minusválidos… As mulleres esti-veron discriminadas ó longo da historia e continúan a estalo no presente; nunhas civilizacións máis que noutras, pero en todas elas. Podemos ver esa discriminación en aspectos moi distintos: quen ocupa os postos de poder, como as oculta a linguaxe, as diferencias que se fai con elas nas casas, a publicidade… Se aceptamos que a muller está discriminada nesta sociedade, a continua-ción deberiamos realizar unha discriminacontinua-ción positiva, é dicir, a favor delas, para compensar, así o fai o autor cando decide que Nunavut sexa a pequena-grande protagonista desta historia.

(5)

5

temática

alimentos e non outros… A súa vida é o resultado da terra na que viven e do clima que lles permitirá unhas cousas ou outras, tamén será resultado xa da utilización das tecnoloxías ás que teñen acceso…

Os indios

¿A quen chamamos indios?

¿Que poden ter que ver estes con aqueles outros que coñecemos das películas de vaqueiros?

¿Ou con aqueles que apareceran ocupando as terras americanas cando alí che-gou Colón?

¿Somos todos indios? ¿Ou só o son os grupos minoritarios ou minorizados?

Loitar contra un mesmo

O pai de Nunavut ha de loitar contra a súa sombra para facerse merecedor de recuperar a súa filla. Cando descobre que é a súa propia sombra («contra o teu peor inimigo») cre que non vai poder vencela… porque o máis difícil é loitar contra nós mesmos, contra a nosa vontade, os nosos desexos, a nosa maneira de ser… Pero só nos podemos facer mellores cando somos capaces de cambiarnos. É necesario traballar a resistencia á frustración, porque non imos poder conseguir todo canto queremos, porque hai dereitos a ter en conta á parte dos nosos, e porque non somos perfec-tos polo que teremos que permitir que nos critiquen e autocriticarnos, aceptar aquelo no que non somos bos ou facemos mal.

«Vencícheste. Xa es libre» É o que escoita o pai de Nunavut dos trasnos. A liberdade persoal nace desa loita cun mesmo.

Arqueoloxía

Os restos do pasado. Dise que só coñecendo o pasado podemos entender o presente e decidir como queremos o noso futuro; só coñecendo o pasado non estaremos condenados a repetir os mesmos erros unha e outra vez.

Cando o pai de Nunavut entra na cova dos trasnos, buscando a nena, atopa obxectos arqueolóxicos, cousas que os antepasados fixeron e quixeron que se conservaran para que os seus descendentes souberan algo máis deles. Moitas veces estes obxec-tos estaban gardados nas tumbas, ó lado dos resobxec-tos humanos e gracias a eso chegaron a nós. Pensemos nas pirámides de Exipto e todo o que se atopou dentro e agora enche moitos muse-os de mundo. Pensemmuse-os nas machadas prehistóricas, nmuse-os torques e vasillas que están nmuse-os nmuse-osmuse-os museos.

Medio ambiente

Dise que as morsas e focas van a menos a causa dos cazadores furtivos que só cazan polas peles e tamén da contaminación que chega na mareas.

Os furtivos, eses cazadores fóra da lei que depredan os animais nas épocas de crianza, impedindo así que o ciclo vital siga o seu curso; que utilizan recursos non permitidos ou se fan con máis caza da debida.

A contaminación que chega xa a tódolos lugares do planeta, dexenerando o aire, a terra e as augas.

(6)

actividades

Do libro

• Nada máis coller o libro nas mans, podemos xogar a inventar unha historia baseándonos no títu-lo e o debuxo da portada. Outros poden facetítu-lo despois de revisar todas as ilustracións.

Observemos as diferentes partes do libro: Carta do autor ós lectores, o relato e o glosario de pala-bras alleas ou difíciles.

• Despois de ler o libro podemos escribirlle unha carta ó autor, desa maneira será como se res-ponderamos á que nos escribiu ó principio.

–¿Que significa P. S. ó final da súa carta?

–¿Por que cres que a Xoán Abeleira se lle ocorreu escribir sobre os esquimós? –¿Por que razón se di dos esquimós que son un pobo primitivo?

–¿Considerarías «salvaxes» ós esquimós? ¿Sabes que «bárbaros» quería dicir algo parecido cando os romanos chamaron así ós pobos do norte que estaban máis alá das súas fronteiras?

–¿Como se chaman as casas dos esquimós? –¿Que animais cazan as xentes do poboado? –¿Cal é a marca dos inuit coa que nace Nunavut? –¿Quen son os furtivos?

–¿Como se chaman os pais de Nunavut? –¿Cales son os animais de tiro que utilizan?

–¿Cal é o papel do paxaro colimbo ó longo da historia? –¿Quen ven sendo o tal paxaro?

–¿Cal é o trato ó que chega o pai de Nunavut cos trasnos?

–¿Onde leva o pai á meniña mentres viaxa na zorra? ¿En que lugar a abandona? –¿Que che parece a maneira que ten o paxaro colimbo de se converter en home? –Explica a razón pola que o pai se di a si mesmo: «¡Ogallá che apodreza a lingua!» –¿Como explicas que no seixo estea a chama e a onda?

–¿Que significa o nome de Nunavut?

–Elixe a ilustración que menos che guste e explica as razóns. –¡Faille unha nova portada ó libro!

–Ponlle un título que che pareza máis axeitado.

• ¿Que pasará despois desa noite de celebración coa que remata o libro? ¡Continuade a historia!

Do que aparece no libro

• Leamos a dedicatoria e fagamos cábalas acerca de quen pode ser Nuna e a razón pola que o autor a define como o fai. ¿Como entendes que será unha «paisaxe abraiada»?

• Agora, xoga ti a poñerlle cualificativos inesperados á paisaxe, e incluso podes ilustrar cada un deles.

• Seguindo a carta do autor podemos facer unha táboa cronolóxica da historia dos esquimós.

• Situemos o pobo dos esquimós no mapa. Busquemos máis datos acerca deles: como é o clima, a que se lle chama tundra e en que consiste a súa vexetación… É un momento privilexiado para explicar a duración das estacións dependendo do lugar no que se vive na Terra.

(7)

7

actividades

• Os pobos máis poderosos cando entran en contacto cos máis débiles vannos arrinconando, qui-tándolles as terras mellores e obrigándoos a que estes se repreguen ós lugares máis inhóspitos. –¿Pode ser eso o que sucedeu tamén cos esquimós?

• Hai lendas que contan como nalgúns casos o home branco ía avanzando pola montaña ocu-pando as terras dos indios e os indíxenas subían ós lugares máis fríos, de onde seguían sendo empuxados cara ás neves eternas… ata que deciden tirarse dende o máis alto pois non lles queda a onde fuxir fóra dese suicidio colectivo. Busquemos lendas indias.

• Dinos o autor que os esquimós viviron en paz, durante séculos, illados do resto do mundo e créndose as únicas persoas da Terra. ¿Eso pódenos estar sucedendo a nós co resto do universo?

• Sería interesante buscar datos dalgún dos exploradores que foron penetrando nos territorios do Norte ata chegar ó Polo.

• Podemos realizar un debate ou un barómetro de opinión acerca de se apoiamos a integración--adaptación destes pobos a civilizacións impostas ou non, incluso poderiamos introducir a pro-blemática dos inmigrantes a súa adaptación ó país no que viven. A defensa do propio fronte ó alleo ou a adaptación á moda. Explícase no libro que a meirande parte dos esquimós foran para a cidade esquecendo os costumes dos devanceiros e converténdose en «homes sen espírito». ¿En que consistirá perder o espírito?

• Cando non poden saír de caza, os esquimós quedan no poboado reparando as armas e contan-do as lendas ¿para que cres que as contan? ¿A quen llas contan?

• Nos pobos antigos, a xente conta e canta, tal e como fai o pai mentres espera o parto. ¿En que casos contamos e/ou cantamos na nosa civilización?

• Na páxina 18 podemos recoller «O seu corpo era tan branco coma…» e a seguir unha enume-ración de elementos que o son. Podemos facer o mesmo con calquera das cores.

• Moitas destas etnias teñen sucumbido ante determinadas drogas do mundo occidental para as que non teñen defensas nin están preparados para resistir, como o alcohol. Vexamos como cada pobo ten as súas e está máis ou menos preparado para manexalas?

• No texto dise que os esquimós teñen unha peculiar cultura onde o real e o supranatural están inti-mamente vencellados. ¿Como entendes esto? ¿En que momento se pode demostrar esta afirmación?

• Pintemos icebergs e documentémonos acerca deles.

• O trato feito cos trasnos: se gana leva a pequena pero se perde ha de traballar como escravo seu durante o resto da súa vida. Lembremos outras historias nas que o protagonista ha de enfrontar probas deste tipo.

• Podemos buscar información sobre o paxaro colimbo e toda a fauna destes lugares.

• A luz é quen pode coas sombra, as cores contra o negro. O seixo ó recibir a luz do sol crea as sete cores do arco da vella, ¡é a descomposición da luz! Busquemos datos deste fenómeno atmosférico.

• As ilustracións nas que aparecen os trasnos parecen diferentes ás outras. Opina.

• Cando Ukapi decide volver buscar a filla que abandonara, só atopa o camiño gracias ás estalag-mitas que aparecen como lanzas fitas na neve e que foran formadas polo vento coas súas bágoas. Pode ser esto ó que nos referimos cando dicimos que «teñen unha peculiar cultura onde o real e o suprarreal están intimamente vencellados». ¿En que outras situacións da historia se mostraría esta característica? ¡Busquémolas!

• «Unha nena que co tempo será o orgullo dos inuit». Todas o serán. Se o pensamos todas as nenas e os nenos poden ser o orgullo dos seus pobos, teñen o futuro nas súas mans. ¿Que hai que facer para iso? No pobo dos esquimós o simple feito de continuar as tradicións, de contar as lendas e cantar os cantos, de axudar na supervivencia, de falar a súa lingua, facendo que perdure como pobo; todo esto, son actos de valentía e tamén unha razón de orgullo. ¿Non pasará algo parecido en Galicia cos nenos e nenas que falan galego?

(8)

actividades

• ¿Que mundos de misterio hai detrás das fendas das rochas?

• O mundo dos soños e as anunciacións. O menciñeiro soña o futuro. ¿Algunha vez tivemos un soño que nos resultara premonitorio?

•Comecemos unha narración autobiográfica. Podemos engadirlle ingredientes imaxinarios… «O día que eu nacín…».

• Preguntemos ós nosos pais como foi o noso nacemento, tamén podemos pedirlles que nos can-ten a primeira nana… a ver se a lembramos.

• Falamos dos esquimós como dos habitantes do xeo. A partir de aí, pensaremos en pobos que habiten outros entornos difíciles como a selva, ou inventemos quen habite lugares imposibles como os volcáns.

• Neste momento, debido á inmigración e tamén á adopción de nenos e nenas doutras terras, temos acceso a compañeiros doutras razas, con trazos diferentes ós nosos. Eso fai, que o noso mundo teña máis cor, que asuma todas as pinceladas coma un arco da vella… Observemos esto, falemos da xente que coñecemos e de onde veñen. Indaguemos canto poidamos dos seus países, cultura e lingua.

Doutros libros

Os outros libros da colección Nunavut: Un día de caza, O caribú enamorado, e Sedna, a deusa do mar. Lendas, vestixios do pasado. Literatura de creación oral e coral dos pobos antigos.

Dentro da nosa literatura hai algúns autores como Xoán Babarro e Ana Mª Fernández que pres-tan unha atención especial a outros pobos. Podemos buscar entre os seus títulos algún que garde relación cos temas que estamos tratando.

Pedidos a: C o m e r c i a l G r u p o A n a y a P o l í g o n o d e B e r g o n d o 1 ª Tr a v e s í a - P a r c e l a B 1 15.165 Bergondo (A Coruña) Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660 XERAIS

Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo Apartado Postal 1446. 36200 Vigo Teléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80

Referências

Documentos relacionados

Consoante à citação acima, destaca-se mais uma vez a contraposição de Pascal em relação ao racionalismo hegemônico no século XVII, pois, enquanto os filósofos implicados

A maneira expositiva das manifestações patológicas evidencia a formação de fissuras devido a movimentação térmica das paredes, Figura 9, que não foram dimensionadas com

 Para os agentes físicos: ruído, calor, radiações ionizantes, condições hiperbáricas, não ionizantes, vibração, frio, e umidade, sendo os mesmos avaliados

Graças ao apoio do diretor da Faculdade, da Rede de Museus e em especial da Pro Reitoria de Extensão, o CEMEMOR tem ampliado e mantido suas atividades junto

Equipamentos de emergência imediatamente acessíveis, com instruções de utilização. Assegurar-se que os lava- olhos e os chuveiros de segurança estejam próximos ao local de

Mesmo com a maioria dos centenários apresentando elevado percepção qualidade de vida, viu-se que o nível de atividade física e a média de número passo/dia, foram inferiores

De acordo com estes resultados, e dada a reduzida explicitação, e exploração, das relações que se estabelecem entre a ciência, a tecnologia, a sociedade e o ambiente, conclui-se

Com o objetivo de compreender como se efetivou a participação das educadoras - Maria Zuíla e Silva Moraes; Minerva Diaz de Sá Barreto - na criação dos diversos