• Nenhum resultado encontrado

Estaba o acivro de garda na fraga, pasou o carballo e non lle dixo nada. Chegou o eucalipto á porta a petar, nono (no) deixou pasar.

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Estaba o acivro de garda na fraga, pasou o carballo e non lle dixo nada. Chegou o eucalipto á porta a petar, nono (no) deixou pasar."

Copied!
16
0
0

Texto

(1)

o acivro de garda (Retrouso) nono (no) deixou pasar.

Entrou o bidueiro e máis o salgueiro, tamén o cerquiño e o ameneiro. Retrouso………. Pasou o pradairo seguido do freixo, tamén a abelaira e o castiñeiro. Retrouso……….. Logo entrou o buxo

e máis a sobreira, despois veu a faia xunto coa ulmeira.

Retrouso……… - Vaite eucalipto

non insistas máis

que aquí na fraga (remate-duas veces) non podes entrar.

(2)

Para facer a portada

Colorea as siluetas destas árbores. Tamén podes enchelas con follas de papel charol, con boliñas de papel de seda, con anacos de follas de verdade ou con plastilina

(3)

Para pensar

1. Une cada árbore co seu nome

acivro carballo eucalipto bidueiro salgueiro cerquiño freixo abelaira castiñeiro buxo pradairo faia ulmeira ameneiro

(4)

Para cantar

Aproveitando o tema xeral da canción “As árbores da fraga”, propoñemos tra-ballar as actividades de ritmo desde unha perspectiva máis lúdica, recreando a fraga que se describe na canción. Introdúcense nesta unidade nocións básicas sobre o papel da harmonía na música, e estimúlase a creatividade dos alumnos a través de actividades de invención en grupo.

1. Actividades co ritmo: 1.1. O Corre-vai-e-dille:

Dispoñemos ao alumnado sentado no chan en roda e pedímoslle que peche os ollos. O profesor pensará unha secuencia rítmica sinxela e escollerá a un/unha alumno/a, ao que lle transmitirá dita secuencia mediante palmadas no lombo. Unha vez recibida e comprendida, o alumno percutirá a secuencia no lombo do compañeiro do lado, e así sucesivamente ata chegar ao último, que deberá revelar a mensaxe percutindo con palmas para todos os compañeiros. O profesor comentará as diferencias en-tre a mensaxe orixinal e a mensaxe “mutada” por mor do paso por toda a roda. 1.2. A contraseña:

Para esta actividade, dispoñemos ao alumnado en varios grupos formando rodas, e o/a profesor/a repartirá a cada un/unha un recorte de papel no que haberá escrita unha secuencia rítmica ou contraseña. Cada grupo (as árbores da fraga) elixen a un membro, que permanecerá fóra da roda e non terá acceso á contraseña rítmica. O grupo percutirá con palmas dita con-traseña, e o alumno deberá reproducila correctamente. Se o fai, será admiti-do na fraga. Se non, será identificaadmiti-do coma o eucalipto e non terá acceso. 2. Actividades para cantar:

2.1. Cantamos a melodía con acompañamento. Despois de escoitar varias veces a canción, e co acompañamento do profesor, os alumnado cantará a melodía do retrouso e as estrofas.

(5)

Para cantar

axuda do profesor crearán un acompañamento vocal sinxelo para a mesma. O/a profesor/a plantexará unha guía do traballo a realizar, suxerindo diferentes posibilidades para o acompañamento desta melodía. As posibilidades para esta actividade son varias segundo o nivel educativo e a creatividade do alumnado. É aconsellable que a actividade se plantexe coma un traballo de creación en grupo. Outra posibilidade sería que o alumnado cantase un acompañamento elaborado previamente polo/a profesor/a.

3. Educación auditiva:

3.1. Coñecemos a harmonía:

Despois de plantexar a actividade anterior na que os alumnos tiveron a opor-tunidade de experimentar coa harmonía a través da creación dun acompaña-mento vocal máis ou menos intuitivo, facemos unha reflexión sobre a función da harmonía na canción:

- Cantas voces aparecen na canción?

- Que instrumento ou instrumentos fan o acompañamento?

- Hai outros instrumentos na canción? Que papel levan a cabo?

- Existen instrumentos que poidan tocar varias notas a un tempo?

- E nós podemos cantar varias notas a un tempo?

(6)

Para comprender

1. Responde ás seguintes preguntas sobre a canción: - Quen son os protagonistas da canción?

- Quen facía a garda na fraga?

- A que árbore non deixaron pasar?

- Quen petou na porta?

2. Rodea os personaxes desta historia e risca os que non aparecen nela.

acivro piñeiro castiñeiro palmeira

rosal carballo ameixeira eucalipto

freixo salgueiro mazairo bidueiro

cerdeira cerquiño faia chopo

(7)

Para comprender

3. Dentro de cada unha destas árbores hai frases desordenadas. Ordénaas e escribe debaixo só as que sexan verdadeiras.

4. Escribe verdadeiro (V) ou falso (F):

- O acivro era o gardián da fraga 

- O carballo e o acivro saudáronse. 

- O acivro deixou pasar ao eucalipto. 

- A faia entrou acompañada do pradairo. 

- O buxo entrou en compañía da sobreira. 

- O eucalipto non insistiu moito para que o deixaran pasar.  O sobreira entrou coa salgueiro Eucalipto porta petou na Eucalipto non pasar puido O estaba festa de acivro

(8)

Para debuxar

1. Debuxa a carón de cada frase quen a dixo.

Eu son o gardián desta fraga. Ninguén me deixa pasar. Vou petar na porta

Non deixarei pasar ao eucalipto

(9)

Observo, imaxino e invento

1. Inventa ti unha historia fixandote no que lle pasan a estas árbores das viñe-tas.

2. Completa as seguintes frases utilizando os teus coñecementos e imaxinación: a. As árbores son importantes para os animais porque .

b. Grazas ás árbores temos .

c. Os incendios forestais .

d. Temos que coidar das árbores porque senon .

e. Se talamos moitas árbores .

(10)

Para xogar

1. Busca nesta sopa de letras o nome de oito árbores da fraga que aparecen na canción. A continuación escríbeas debaixo.

P R A D A I R O L K S E E O P B U X O S C S U E R U I L B A A E C F A I A M N L R X A R X O C L G G B O L E R X I F U U A I I I X O V R I E L L P X A S R S D I L S T O B A O G V R O X O Z X C M C N O

Para aprender e coñecer

1. Podemos elaborar unhas láminas grandes (tamaño DIM A3) con fotos das árbores da fraga poñendo debaixo o seu nome. Deste xeito o alumnado poderá ter un referente gráfico do novo vocabulario que vai aprender, ao tempo que nos servirá para falarlles deles, de como son, onde viven, como é a folla, que pa-xaros soen aniñar neles ou se alimentan deles…etc. Estas láminas ademais de ser un referente gráfico servirannos de pretexto para establecer unha especie de asemblea sobre o tema.

(11)

Para ler mellor

1. Busca e rodea as árbores que aparecen nos recadros seguintes. Fíxate ben porque hai palabras que te queren enganar.

2. Fíxate no exemplo:

Buxo

rima con cuxo

Completa ti agora con palabras que rimen con:

Salgueiro Abelaira

Sobreira Fraga

Cerquito

3. Fíxate na silueta desta árbore e separa as palabras que forman a frase. Escríbea debaixo.

castiñeiro

galiñeiro castiñeiro mariñeiro catiñeiro astilleiro castiñeiro salgueiro bidueiro castiñerio

freixo

queixo teixo freixo breixo fixo feixo

buxo

buxo cuxo puxo muxo buxo bullo puño toxo buxo

(12)

Para aprender e saber máis

1. Investiga e busca máis información sobre as árbores da fraga. Pregunta a teus pais, avos…etc. Recolle información sobre os nomes, aspecto que teñen, onde viven, tipo de folla, utilidade que teñen…etc.

Para facer un libro

1. Podes facer un libro das árbores da fraga. A portada que fixeche ao comenzo poderíache tamén servir de portada deste libro. Este modelo de ficha podería facilitarche o labor de recoller e organizar a información:

Nome da árbore:

Debuxo ou fotografía:

Lugar onde vive:

Forma e cor da folla:

(13)

Para adiviñar

1.

Vive de pé constantemente cos brazos cara á fora íspese en outono

e vístese en primavera

Para traballar todos xuntos

1. Podemos facer un mural imaxinando unha fermosa fraga chea de árbores distintas. Cada neno/a pódese encargar de debuxar ou de buscar fotografías grandes dunha árbore en concreto. Despois podense ir pegando todas no mural. O mural pode decorar a nosa aula ou algún pasillo do colexio.

Outra actividade para facer todos xuntos podería ser unha saída en cada estación do ano coa finalidade de observar os cambios que se producen na paisaxe e nas árbores da fraga (as cores, as follas…), tamén se poden sacar fotos a unha mesma paisaxe ou a unha mesma árbore en distintas epocas do ano para despois plasmalas nun mural a modo de secuencia temporal.

(14)

Para reflexionar

e aprender a convivir

1. Do mesmo xeito que outros elementos da natureza ( paxaros, peixes….), as árbores necesitan que os humanos nos comportemos de manera axeitada e saibamos convivir con eles respetándoos e coidándoos. Investiga, pregunta e anota todas aquelas accións que poden perxudicar ás árbores. Propoñémosche algunhas preguntas para a que penses e reflexiones:

- Que pasaría cos animais se non houbese árbores nas fragas?

- Nós respiramos osíxeno, sabes quen o fabrica?

- Que nos pode pasar aos humanos se as árbores desaparecen?

- De que maneiras estamos axudando a que as fragas e as árbores desapa-rezan?

- Que sucedería se cortamos demasiadas árbores?

(15)

Para reflexionar

e aprender a convivir

1. Agora imaxina que es unha árbore, unha das árbores da fraga que aparecen na canción e contesta as seguintes preguntas:

- Gustaríache que te cortaran sen ningún motivo?

- E que che prenderan lume?

- Que che parecería se cunha navalla ou coitelo che escribisen no tronco cousas absurdas?

- Gustaríache estar rodeado de animais ou incluso servir de casa para algún paxaro?

(16)

Para xogar máis

1. Recorta as fichas deste dominó e xoga con el asociando cada imaxe co seu nome correspondente. eucalipto carballo salgueiro cerquiño castiñeiro bidueiro freixo

Referências

Documentos relacionados

Para estudar as obras de José de Albuquerque e saber como e quais foram as influências na construção de seu discurso sobre a necessidade da educação sexual, vimos necessário

Com base na investigação prévia do TC em homens com sobrepeso na meia- idade (LIBARDI et al., 2011) e outras que utilizaram o treinamento aeróbio ou de força de moderada

elas expressam por excelência o espaço do sujeito na sua relação com alteridade, lutando para interpretar, entender e construir o mundo (JOVCHELOVITCH, 2002, p.82). Nesse processo

Los alumnos a los que convencionalmente se dirige la educación especial son los niños y jóvenes con retraso mental, dificultades de aprendizaje, trastornos emocionales y

As ramificações foram mais freqüentes na região apical (17%), menos freqüente no corpo da raiz (8,8%) e ainda menor na base radicular (1,6%). Canais laterais foram encontrados

Neste capítulo, procuraremos propor uma maneira correta da utilização do cinema em sala de aula de forma que não apenas as aulas sejam enriquecidas, mas que também os alunos tenham

Sendo assim, este estudo irá propor uma solução para a seguinte problemática: é possível validar um modelo de tomada de decisão empregando a técnica Fuzzy-TOPSIS, com os critérios

Com o objetivo de identificar a região de fase isotrópica vesicular (ISO), construímos diagramas de fases ternários parciais (triângulo de Gibbs) até a concentração de água de