• Nenhum resultado encontrado

MAPA EMOCIONAL DAS PAISAXES DE LUGO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "MAPA EMOCIONAL DAS PAISAXES DE LUGO"

Copied!
34
0
0

Texto

(1)

PAISAXE E SUSTENTABILIDAE

1º ESO

CENTRO EDUCATIVO GALÉN

MAPA EMOCIONAL DAS

PAISAXES DE LUGO

(2)

INDICE

As paisaxes na literatura galega ……… 3

As nosas paisaxes sentidas ……… 16

Mapa emocional das paisaxes de Lugo ……… 31

(3)

AS PAISAXES NA

LITERATURA GALEGA

Recompilación realizada polo

alumnado

de 1º ESO do

(4)

INTRODUCIÓN

Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe galega na súa obra. A continuación, unhas palabras de Uxío Novoneyra sobre o tema:

“Sempre se di que a natureza ten un valor transcendente na vida das persoas, porque igual que a auga pinga, a pinga vai dando forma á pedra. O medio

xeográfico onde nacemos inflúe e moldea a nosa personalidade.”

AUTOR: Antonio Noriega Varela OBRA: “D’o Ermo”

¿e de vrau?, ¡quixera o rey d’ españa,

pr’ o seu regalo, auga d’ as fontes que calo, sombra d’ as pravias, qu’ eu sei!

……….

AUTOR: Antonio Noriega Varela OBRA: “Tenuis pluvia”

Fastuoso carballo,

â sombra tua Bailaron as brañegas tod’ o día, Mais o día expiróu…,

asoma a lua…

Queira o lunar facernos compañía.

(5)

AUTOR: Xosé Luís Väzquez-Iglesias. POEMA: Sen nome

LIBRO: Costa da morte, paisaxe viva. PÁXINA: 129

Sinto a calor dos fríos penedos

mentres escoito a pandeirada das ondas e os rochedos. Camiño paseniño por a beiramar, lambiscando a dozura dos salgados bicos da brisa. ………

(6)

AUTOR/A: Rosalía de Castro POEMA: “Pasa, río, pasa, río”.

LIBRO:Cantares gallegos. PÁXINA: 123

Pasa, río, pasa, río co teu maino rebulir; pasa, pasa antre as froliñas

color de ouro e de marfil, a quen cos teus doces labios

tan doces cousas lle dis… Pasa, pasa caladiño co teu manso rebulir, camiño do mar salado,

camiño do mar sin fin; e leva estas lagrimiñas, si has de chegar por alí, pretiño dos meus amores,

pretiño do meu vivir.

(7)

OBRA: “Cen poemas do río Eume” AUTOR: César Antonio Molina.

Zunido húmido do vento

Rozamento da chuvia sobre as follas dos carballos Murmurio dun regato

Arrolo dunha lontra en cío. Berro dun lagarteiro

Mansedume dunha vaca marela pacendo. Feixes de luz perforando a follaxe

Goteo do callo nos sacos de xute Xabarís forzando tesouros.

Silencio nos calvarios. A poesía faise nas fragas.

………

AUTOR: Eduardo Pondal

POEMA: “OS PINOS” (Himno Galego)

Que din os rumorosos na costa verdecente,

ao raio transparente do prácido luar? Que din as altas copas de escuro arume arpado

co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido

e de benignos astros, confín dos verdes castros

e valeroso chan.

(8)

AUTORA: Rosalía de Castro OBRA: ” Cantares gallegos”

LIBRO: Escolma poética de Rosalía de Castro. Edicións do Cumio.

Lugar máis hermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba,

que aquel que me dera. Lugar máis hermoso no mundo n’hachara que aquel de Galicia,

¡Galicia encantada! Galicia frorida, cal ela ningunha, de froles cuberta, cuberta de espumas, de espumas que o mare

con perlas gomita, de froles que nacen

ó pé das fontiñas. De valles tan fondos, tan verdes, tan frescos, que as penas se calman

nomáis que con velos; que os ánxeles neles dormidos se quedan, xa en forma de pombas,

xa en forma de niebras.

(9)

AUTOR: Xosé María Díaz Castro POEMA: “Poesía á herba pequerrechiña”

LIBRO: Nimbos

Herba perquerrechiña que con medo sorrís ó sol que vai nacendo

e morrendo sen ti, ¿ por que de ser pequena

te me avergonzas ti? ¡O universo sería máis pequeno sen ti!

………

AUTOR: Manuel María POEMA: “O meu barco” OBRA: Os soños na gaiola.

Teño un barco de xoguete e nel me quero embarcar. Polos mares dos meus soños,

quen me verá navegar! Navegarei por mil ríos, sete mares hei cruzar. No meu barco de xoguete

cansarei de viaxar…!

(10)

AUTOR: Celso Emilio Ferreiro POEMA: “O meu val”.

LIBRO: 50 Anos de poesía” – 1º Tomo , páxina: 116.

Meu lagasio val de Celanova que o meu tempo de neno alomiñache con sombras de outros paxaros, con ventos

cantando polos bosques de amieiros. As mazairas en frol,

os acebos i os pinos que te arrolan, apreixanche a cintura tan galana,

tan cinguida de ríos namorados, meu rumoroso val dos pitorreises, das calandrias, das rolas, das papuxas

polo serán arriba.

Nun solpor de lonxanos hourizontes.

(11)

AUTOR: Álvaro Cunqueiro. POEMA: “Xa foi a terra”.

Xa foi a terra, xa non é. Ou mellor dito, foise a terra, quizaves polo áer, quizaves pola mar.

—Nuben e illa deberían ter a mesma definición nas xeografías. Xa foi a terra. Dende onde vivo prisoeiro

non podo dar testimoño de que haxa arbres, pasteiros, ríos, montes, o deserto de Arabia, i aquela chaira

lamagosa, onde nun outeiro estaba o pobo en que nascín, e de onde ollaba coma o Adigio iba pro mar.

Cemento e cemento, ferro e ferro. Soio. Pro, e cando voa unha anduriña i eu sei que é abril,

ou cando chove, ou cando neva, podería eu decir que non hai terra, que xa foi,

que é cousa de historia, dende a fiteira da celda de cemento na que vivo?

(12)

AUTOR: Bernardino Graña.

POEMA: “Poema do home que quixo vivir”.

O vento díxome cousas Que non atopo nos libros. Resoaba a súa voz no mundo

igual que un soño perdido. E o mar buscaba unha aperta,

Buscaba un peito ou un niño, E non atopaba nada Senón penedos espidos.

Recordo que era Nadal E eu bebía moito viño. Estabamos todos xuntos, Os anxos meus, os amigos …

O vento e o mar berraban Coma cans adoecidos. E nós calados, fumando,

Bebendo, mirando fixos, Por se chegaba algún día

Un forasteiro ou escrito Que nos dixese que existe

Máis alá de todo un brillo, Un sol que non ten solpores,

Nin vacas tristes, nin grilos.

(13)

No meu silencio metidos, Querendo que nos chegara Algo estraño, de outro signo Que nos sacara cal gando

E nos mostrar o camiño Para pacer herba nova E choutar noutros eixidos.

………

AUTOR: MANUEL MARÍA

OBRA: O MIÑO, CANLE DE LUZ E NÉBOA POEMA: BIOGRAFÍA DO MIÑO

O deus Minius, nas orixes do tempo, percurou, con teimuda paixón, o lugar máis fermoso do universo:

non atopou nada que puidera compararse, nin de lonxe, con Galiza.

Despois de contemplala longamente namorouse dela para sempre … … Existe un Miño poderoso e terrestre.

Mais a intuición e o sentimento estannos a dicir moi claramente que o Camiño de Santiago ou Vía Láctea

é o Miño celeste: un río de luz

(14)

……….

AUTOR: Manuel María.

POEMA: “Égloga para que floreza unha mimosa”.

Agardamos, con impaciencia e tremor, a túa chegada para embebedarnos

co teu recendo escandaloso e para encher os nosos ollos coas túas puras chamas poderosas que incendian a un mundo de alegría.

Ti desfás as atoutiñantes brétemas e chamas polo azul, mimosa amiga.

(15)

“Se a paisaxe galega non fora como é, a fala galega non sería

asina. Tampouco o sería a música do noso pobo. A paisaxe é

unha “efusión” que se mete na ialma, sin saber cómo nin por

qué. Iste sentimento é unha gracia da nosa sensibilidade. Cuase

sempre menancónico. A contemplación do solpor non ten precio.

Sin iste sentimento da paisaxe nós non seríamos nós”.

(16)

AS NOSAS PAISAXES

SENTIDAS

(17)

Desde o alto da muralla

vexo xente pasar

espazo transformado

persoas cun pasado

sempre imos recordar.

Álvaro Rodríguez

(18)

Un sol brillante, enriba da muralla

a mosqueira, unha sombra abraiante

Miguel Real

Un sol brilante, enriba da muralla

a mosqueira, unha sombra abraiante

Miguel Real

Paisaxe verde,

Susurros do río,

Tranquilidade e vida,

Río Rato, río amigo.

Carme Lodos

(19)

Día escuro,

xente paseando en Lugo.

Praza mollada,

xente desgustada,

praza mollada,

tristeza non desexada.

Anaïs Zin

O magnolio deixa

florecer ás súas

magnolias, mentres o

tempo pasa.

Beatriz Torrón

(20)

O río móvese debaixo da ponte.

Os coches pasan co ruído da corrente,

carreiros vellos que rexuvenecen a auga

aí está o río

Kevin Rodríguez

Unha imaxe de persoas

andando alegres pola rúa,

contando a súa vida

que é alegre coma a túa.

(21)

A area tan abundante

lémbrame tantas veces que caín;

o ceo escuro lémbrame a morriña que teño

porque chova por fin.

É tan desesperante

que non haxa xente abundante …

Cores grises, vermellas e negras

no ceo, nas árbores, nas pedras.

Miras atrás, miras ao verán

acórdaste de todo

acórdaste da xente que non está

non sei como pasa

pero pasa dalgún modo.

A min transmíteme soidade

pero pasa co tempo

o tempo todo o cura

incluso a amargura.

(22)

un lugar tranquilo ou aburrido? Este lugar é seguro, protexido polo noso gran xigante lugués que desde tempos inmemoriais garda a nosa praza. A nosa praza, praza segura, tranquila e xoguetona coa xente transcorrendo por ela, nenos, nenas e maiores fan que a nosa praza sexa feliz. Hoxe témola e debemos de gozala pero tal vez mañá xa non. Pero, pase o que pase, nunca deixará de estar gardada polas vidas que por alí pasaron, castrexos, romanos e medievais puxeron a súa vida, facendo que a nosa praza fose tan segura como é hoxe. Martina Babío

(23)

Un fermoso río,

un reflexo,

unhas nubes,

un desexo.

Seres vivos,

sen humanos,

só o meu río,

admirado.

Iris González

Río Miño,

fas que a través

do teu percorrido

a xente mire para

os lados e vexa

natureza e auga.

Jorge Mosquera

(24)

Situado no mirador

mirando ao redor

unha suave brisa

refresca a miña cara .

Bastantes árbores grandes

todas son impresionantes

os seus olores e as súas cores

Cian Díaz

Ponte vella,

andantes da ponte,

por riba do río Miño,

vixía do tempo.

Laura Tato

(25)

Camiñando amodo ata o mar.

Juan Rodríguez

Grandes columnas, mofo crecente

natureza apuntando a oriente

as vellas vías do tren están oxidadas

vén o tren e déixaas cheas de bágoas

Julio Darriba

(26)

Chan mollado, tristeza no meu corazón ao mirar ao redor ,

a histórica pedra gravada ilumina o meu ánimo.

Nicolás Lombardero

Chuvia que cae sobre a muralla.

Catedral, presenza infinita

casas decadentes

xente apagada

camiñando pola muralla

con chuvia deprimente.

Sandra Cillero

(27)

A ponte colgante

voa sobre o río

voa a voo rasante

sen deixar pasar nin pío

De cables e metal

feito está,

e o seu nome

é moi orixinal

por debaixo a verás

se en piragua ou nadando vas

e nese mesmo instante

moita seguridade sentirás.

Seguridades esaxerada

ti terás,

seguridade tanta

que non poderás máis

Pode que o metal

pareza artificial

pero coa posición desde arriba

boas vistas terás.

Mario Rodríguez Estévez

(28)

Porta que se abre,

muralla fortificada,

camiño da xente.

Miguel Vázquez

Comeza a chuvia de follas

no parque Rosalía de Castro.

Vanesa López

(29)

Morriña

porque é a miña terra,

mire onde mire

sempre estará ese lugar

chamado Lugo.

Manuel Durán

Tristeza e soidade,

rúa solitaria,

sen ver a ninguén,

casas solitarias

rúas solitarias,

ninguén na rúa,

soidade tan grande

na vella rúa.

(30)

É tranquilidade. Se pechas os ollos ves as árbores

movéndose lixeiramente co vento,

a auga movéndose polo río, o sol quentándome a

cara deitado mirando ás nubes.

Gabriel Chousa

O punto máis abstracto da Praza de Santo Domingo.

Aguia que vixías polo día e no medio da noite.

Luís Lombó

(31)

111111111111111111

O MAPA EMOCIONAL

DAS PAISAXES DE

LUGO

(32)

https://mapaemocional.wordpress.com/

(33)
(34)

Referências

Documentos relacionados

vulcânica. Muito da mudança do clima neste período foi devido à variação tectônica da geografia da Terra. Houve o fechamento do Mar Tropical Tétis há cerca de 30 milhões de

0 20 40 60 80 100 120 140 160 180 Outros usos Tóxicos Veterinária Maneio agrosilvopastoril Industrial e artesanal Alimentação animal Folclore Alimentação humana Ornamental

Nesse contexto, o objetivo do trabalho foi avaliar o hábito de frutificação, crescimento, produção e qualidade de peras das cultivares de pereira Carrick,

Ethephon was also applied (150 and 300 mg L -1 ) as an attempt to improve flower bud differentiation; Trial 2) PCa was selectively applied to dormant-headed (1/3rd removed)

RENATA PASA

(Districtos municipaes de Santa Rita, Sacramento a

um levantamento nas redes sociais, de perfis de mulheres negras que produzem conteúdo sobre turismo para identificar, em especial, as que atuam de fato no mercado

Não vejo concessão alguma em alivio da Provincia, por quanto não se tendo de despender toda quan- tia de trezentos contos immediatamente e sim por prestações