• Nenhum resultado encontrado

PROCEDEMENTO P-PRL 16 XESTIÓN DE NON CONFORMIDADES, ACCIÓNS CORRECTIVAS E PREVENTIVAS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "PROCEDEMENTO P-PRL 16 XESTIÓN DE NON CONFORMIDADES, ACCIÓNS CORRECTIVAS E PREVENTIVAS"

Copied!
14
0
0

Texto

(1)

PROCEDEMENTO

P-PRL 16

Edición

1

Data: Xaneiro 2012

Páxina 1 de 5

XESTIÓN DE NON CONFORMIDADES, ACCIÓNS CORRECTIVAS E PREVENTIVAS

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

INDICE

1. OBXECTO E ALCANCE

2. NORMATIVA DE REFERENCIA

3. DESCRICIÓN

4. ESQUEMA

ANEXOS

F-PRL 16 01: Informe de non conformidade e acción correctiva.

F-PRL 16 02: Listado de non conformidades e accións correctivas

F-PRL 16 03: Informe de acción preventiva.

F-PRL 16 04: Listado de accións preventivas.

Texto extraído do real Decreto Lexislativo Lei 5/2000 Infraccións e Sancións na Orde

Social.

Modificación:

Data:

Elaborado por: Servizo Central de Prevención de Riscos

Laborais e Condicións de Traballo

Data: Xaneiro 2012

Revisado por: Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de

Persoal

Data: Xaneiro 2012

Aprobado por: Dirección de Recursos Humanos

Data: Xaneiro 2012

Este documento é propiedade do SERGAS. Deberase utilizar dito material exclusivamente para os servizos acordados e que requiren o seu emprego. Dito compromiso inclúe a prohibición da reproducción total ou parcial do material mencionado, por calquera medio ou método.

Calquera copia deste documento considerarase non controlada polo que pode non estar actualizada. Só considerase controlado o documento publicado na Intranet do Servicio Galego de Saúde (SERGAS).

(2)

PROCEDEMENTO

P-PRL 16

Edición

1

Data: Xaneiro 2012

Páxina 2 de 5

XESTIÓN DE NON CONFORMIDADES, ACCIÓNS CORRECTIVAS E PREVENTIVAS

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

1. OBXECTO E ALCANCE

O obxecto deste procedemento é definir a sistemática para a definición, implantación e seguimento

das accións tomadas pola organización para a eliminación das causas das non conformidades

reais (Accións Correctivas) ou potenciais (Accións Preventivas) do sistema de xestión de

prevención de riscos laborais.

Exceptuándose do ámbito de aplicación deste procedemento as accións derivadas da avaliación

de riscos, que se xestionarán a través do aplicativo informático PREVEN CS/32.

O presente procedemento será de aplicación a Unidade Central de Prevención de Riscos Laborais

do Servizo Galego de Saúde e aos centros e unidades aos que se estende o ámbito competencial

deste.

No prazo de dous meses dende a aprobación do presente procedemento cada Xerencia de

Xestión Integrada deberá realizar a adaptación do mesmo.

Nota: “Naqueles ámbitos territoriais que non teñan configurada a estrutura de xestión integrada,

dita adaptación realizarase polas direccións xerencias de atención primaria e especializada do

respectivo ámbito”.

2. DOCUMENTACIÓN DE REFERENCIA



Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.



R.D. 39/1997 Regulamento dos Servizos de Prevención.



OHSAS 18001: Revisión pola dirección (punto 6). Accidentes, incidentes, non

conformidades e accións correctivas e preventivas (punto 4.5.2).



Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal.



Plan de Prevención de Riscos Laborais na Administración Xeral do Estado.



Plan de Prevención de Riscos Laborais. Xunta de Galicia.



Real Decreto Lexislativo 5/2000, texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na

Orde Social (LISOS).

3. DESCRICIÓN

3.1 Definicións

Non conformidade: Falta de cumprimento puntual o sistemático dos requisitos

especificados no sistema de xestión de prevención de riscos laborais. A súa

existencia supón a apertura dunha non conformidade.

Non conformidade grave: Aquela que afecta a incumprimentos (infraccións)

graves o moi graves da LISOS.

Non conformidade leve: Aquela que afecta a incumprimentos simplemente

formais ou documentais, cuxas infraccións están tipificadas como leves na Lisos.

Accións Correctivas: Conxunto de actividades encamiñadas a eliminar as causas

dunha non conformidade.

Accións Preventivas: Conxunto de actividades encamiñadas a eliminar a causa

potencial ou calquera outra situación indesexable. Estas pretenden eliminar a

causa antes da súa existencia.

(3)

PROCEDEMENTO

P-PRL 16

Edición

1

Data: Xaneiro 2012

Páxina 3 de 5

XESTIÓN DE NON CONFORMIDADES, ACCIÓNS CORRECTIVAS E PREVENTIVAS

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

Coordinador do servizo de prevención: Persoa responsable da unidade central

do Servizo de Prevención do Servizo Galego de Saúde.

Interlocutor en materia de prevención de riscos laborais: Persoa designada

pola Dirección/Xerencia que debe pertencer ao equipo directivo e ter

responsabilidades en materia de Recursos Humanos.

3.2 Informe de non conformidades e acción correctiva



Identificación de non conformidades e accións correctivas.

A orixe das non conformidades será debida as deficiencias detectadas por:

Avaliación interna do sistema de xestión de riscos laborais.

Avaliación/Auditoría externa do sistema de xestión de riscos laborais.

Intervención da Inspección de Traballo.

Dependendo do ámbito da detección das non conformidades, o coordinador do

servizo de prevención cubrirá o formato F-PRL16 01 “Informe de non

conformidades e acción correctiva” no ámbito da unidade central de prevención, e

si se detecta nun Centro dependente dunha dirección Xerencia do Servizo Galego

de Saúde, o cubrirá o interlocutor en materia de prevención de riscos laborais do

centro afectado.

A persoa responsable da cumprimentación do F-PRL 16 01, coa colaboración das

unidades implicadas, estimará como grave ou leve as non conformidades de

acordo á LISOS e anotará a data da súa apertura e establecerán as accións

correctivas que se correspondan.



Identificación de accións preventivas.

As oportunidades de mellora ou suxestións abrirán, no seu caso, unha acción

preventiva.

O coordinador do servizo de prevención, ou no seu caso, o interlocutor en materia

de prevención de riscos laborais, coa colaboración das unidades implicadas,

cumprimentará o F-PRL 16 03 “Informe de acción preventiva” co fin de establecer

unha acción preventiva necesaria para evitar situacións que poidan xerar non

conformidades do Sistema de Xestión de Riscos Laborais.

3.3 Solución e comprobación.

As non conformidades detectadas nas avaliacións internas, avaliación/auditorías

externas ou nas intervencións da Inspección de Traballo abrirán sempre unha

acción correctiva.

As Direccións Xerencias, asesoradas polo servizo de prevención e demais

unidades implicadas, establecerán as accións necesarias para solucionar as non

conformidades, asignando responsables e prazos.

As non conformidades se rexistrarán de inmediato polo coordinador de prevención

ou no seu caso, o interlocutor de prevención; periodicamente levará a cabo unha

análise dos informes de non conformidades e decidirá se procede iniciar accións

correctivas para evitar a súa repetición.

No caso de que a acción implantada non houbese resultado eficaz, abrirase unha

nova acción reiniciando todo o proceso descrito anteriormente.

Unha vez feito o seguimento, o coordinador de servizo de prevención, ou no seu

caso o interlocutor en materia de prevención no ámbito das súas funcións e coa

colaboración dos responsables das unidades implicadas procederá ao peche da

acción cando se constate a eficacia das medidas adoptadas asinando no formato

(4)

PROCEDEMENTO

P-PRL 16

Edición

1

Data: Xaneiro 2012

Páxina 4 de 5

XESTIÓN DE NON CONFORMIDADES, ACCIÓNS CORRECTIVAS E PREVENTIVAS

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

F-PRL 16 01 “Informe de non conformidades e acción correctiva”. Asemade

comunicará o seu peche os implicados.

Os rexistros das non conformidades e accións correctivas e preventivas

manteranse actualizado polo coordinador de prevención ou, no seu caso, o

interlocutor en materia de prevención cumprimentando os formatos F-PRL 16 02 e

F-PRL 16 04, co fin de realizar o seguimento das mesmas e informar a Dirección

Xerencia correspondente.

A revisión do estado das non conformidades e accións correctivas e preventivas

realizarase cada 12 meses.

3.4 Rexistro



As non conformidades e as súas correspondentes accións correctivas

rexistraranse no formato F-PRL 16 02: Listado de non conformidades e

accións correctivas.



As accións preventivas rexistraranse no F-PRL 16 04: Listado de accións

preventivas.

(5)

PROCEDEMENTO

P-PRL 16

Edición

1

Data: Xaneiro 2012

Páxina 5 de 5

XESTIÓN DE NON CONFORMIDADES, ACCIÓNS CORRECTIVAS E PREVENTIVAS

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

4. ESQUEMA

NORMATIVA REFERENCIA

Lei 31/1995, RD 39/1997 Regulamento dos servizos de prevención, LOPDCP

OHSAS 18001: 4.5.2

Obxecto:

Alcance:

Definir a sistemática para a definición, implantación e

seguimento das accións tomadas pola organización

para a eliminación das causas das non conformidades

reais (Accións Correctivas) ou potenciais (Accións

Preventivas) do sistema de xestión de prevención de

riscos laborais.

Será de aplicación a unidade central de prevención

de Riscos Laborais do Servizo Galego de Saúde e

aos centros e unidades aos que se estende o ámbito

competencial deste.

As accións derivadas da avaliación de riscos

xestionase a través do aplicativo PREVEN CS/32.

Metodoloxía:

Lista de Actividades Responsabilidade Descrición

1.Coordinador servizo de prevención ou interlocutor prevención no seu ámbito e unidade implicada no proceso.

1. Ao detectar unha non conformidade, ben sexa real ou potencial o coordinador de prevención/interlocutor prevención a canalizará para a súa xestión, indicando a procedencia da non conformidade no formato F-PRL 16 01 ou F-PRL 16 03 e estimará a súa gravidade (leve ou grave) co asesoramento das unidades implicadas, de acordo a LISOS, así como as accións correctivas.

2. Dirección /Xerencia. Coordinador servizo de prevención/Interl ocutor prevención no seu ámbito. Servizo de Prevención e unidades implicadas.

2. En función da non conformidade, e unha vez detectadas as causas que a orixinan, a Dirección/Xerencia, asesorada polo servizo de prevención e demais unidades implicadas, establecerá as accións a implantar asignando responsables e prazos.

O coordinador de prevención/interlocutor de prevención no seu ámbito verificará a eficacia das accións. En caso de que a acción non resultase eficaz reiniciarase de novo o proceso. 3. Coordinador servizo de prevención/interl ocutor prevención no seu ámbito 3. Peche da acción:

As non conformidades se rexistrarán de inmediato polo coordinador de prevención/interlocutor prevención, que pechará o proceso cando se verifique a eficacia da acción, asinando sobre os rexistros F-PRL 16 01 ou F-PRL 16 03. Periodicamente o coordinador de prevención/interlocutor levará a cabo unha análise dos informes de non conformidades e decidirá iniciar, cando sexa necesario a correspondente acción correctiva para evitar a súa repetición.

Asemade comunicará o peche das acción a os implicados. O coordinador de prevención/interlocutor prevención informará cada 12 meses do estado das accións preventivas e correctivas á Dirección/Xerencia mantendo actualizado os formatos F-PRL 16 02 e F-PRL 16 04. 1. Identificación de non

conformidades derivada dunha: avaliación interna do SXPRL, avaliación/auditoría externa do SXPRL ou detectada por inspección de traballo. Potencial 2. Acción Correctiva 2. Acción Preventiva  Determinar as causas  Implementar acción

 Verificar eficacia da acción

3. Peche acción correctiva o preventiva Acción eficaz?

SI

NON Real

(6)

FORMATO

F-PRL 16 01

Edición 1

Data: Xaneiro 2012

Páxina 1 de 1

INFORME DE NON CONFORMIDADE E ACCIÓN CORRECTIVA

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

IDENTIFICACIÓN DA NON CONFORMIDADE

Nº Data: Descrición: GRAVE LEVE

DETECTADA POR:

Avaliación interna do sistema de xestión de riscos laborais.

Avaliación/Auditoría externa do sistema de xestión de riscos laborais. Intervención da Inspección de Traballo.

Causa:

APERTURA DA ACCIÓN CORRECTIVA

Nº...

DATA

DESCRICIÓN DAS MEDIDAS/ACCIÓNS A TOMAR

Medida/acción: Responsable implantación (nome):

Data (prazo fin de implantación):

Comprobación da eficacia (nome):

Data:

Validado por 1(nome).

Data:

Medida/acción: Responsable implantación (nome):

Data (prazo fin de implantación):

Comprobación da eficacia (nome):

Data:

Validado por 1(nome).

Data:

Medida/acción: Responsable implantación (nome):

Data (prazo fin de implantación):

Comprobación da eficacia (nome):

Data:

Validado por 1(nome).

Data:

Peche:

SI

Data:

Sinatura do Coordinador Servizo de Prevención /Interlocutor de Prevención

NON (reiniciar o proceso)

Data:

Sinatura do Coordinador Servizo de Prevención /Interlocutor de Prevención

1

Coordinador de prevención / interlocutor prevención

(7)

FORMATO

F-PRL 16 02

Edición 1

Data: Xaneiro 2012

Páxina 1 de 1

LISTADO DE NON CONFORMIDADES E ACCIÓNS CORRECTIVAS

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

Nº NC DESCRICIÓN DA NON CONFORMIDADE (NC) DATA DE PECHE

ACCIÓN CORRECTIVA

(8)

FORMATO

F-PRL 16 03

Edición 1

Data: Xaneiro 2012

Páxina 1 de 1

INFORME DE ACCIÓN PREVENTIVA

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

IDENTIFICACIÓN DA ACCIÓN PREVENTIVA:

Data de apertura:

Afecta a:

DESCRICIÓN:

Medida/acción: Responsable implantación (nome):

Data (prazo fin de implantación):

Comprobación da eficacia (nome):

Data:

Validado por 1(nome).

Data:

NOTA IMPORTANTE: Exclúense as accións derivadas da avaliación de riscos (xestiónanse no programa PREVEN CS/32) 1

(9)

ANEXO

F-PRL 16 04

Edición 1

Data: Xaneiro 2012

Páxina 1 de 1

LISTADO DE ACCIÓNS PREVENTIVAS

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

DESCRICIÓN ACCIÓN PREVENTIVA

PROCEDENCIA

DATA DE PECHE

(10)

ANEXO

Edición 1

Data: Xaneiro 2012

INFRACCIÓNS EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS–(REAL DECRETO

LEXISLATIVO 5/2000)

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

Texto refundido:

SECCIÓN II. INFRACCIÓNS EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.

Artigo 11. Infraccións leves.

Son infraccións leves:

1. A falta de limpeza do centro de traballo da que non se derive risco para a integridade física ou saúde

dos traballadores.

2. Non dar conta, en tempo e forma, á autoridade laboral competente, conforme ás disposicións

vixentes, dos accidentes de traballo ocorridos e das enfermidades profesionais declaradas cando teñan a cualificación de leves.

3. Non comunicar á autoridade laboral competente a apertura do centro de traballo ou a reanudación ou

continuación dos traballos despois de efectuar alteracións ou ampliacións de importancia, o consignar con inexactitude os datos que debe declarar ou cumprimentar, sempre que non se trate de industria cualificada pola normativa vixente como perigosa, insalubre ou nociva polos elementos, procesos ou sustancias que se manipulen.

4. As que supoñan incumprimentos da normativa de prevención de riscos laborais, sempre que carezan

de transcendencia grave para a integridade física ou a saúde dos traballadores.

5. Calquera outras que afecten a obrigacións de carácter formal ou documental esixidas na normativa de

prevención de riscos laborais e que no estean tipificadas como graves ou moi graves.

6. Non dispoñer o contratista na obra de construción do Libro de Subcontratación esixido polo artigo 8

da Lei Reguladora da subcontratación no sector da construción.

7. Non dispoñer o contratista ou subcontratista da documentación o título que acredite a posesión da

maquinaria que utiliza, e de canta documentación sexa esixida polas disposicións legais vixentes.

Artigo 12. Infraccións graves.

Son infraccións graves: 1.

a. Incumprir a obrigación de integrar a prevención de riscos laborais na empresa a través da

implantación e aplicación dun plan de prevención, co alcance e contido establecidos na normativa de prevención de riscos laborais.

b. Non levar a cabo as avaliacións de riscos e, no seu caso, as súas actualizacións e revisións,

así como os controis periódicos das condicións de traballo e da actividade dos traballadores que procedan, ou non realizar aquelas actividades de prevención que fixeran necesarias os resultados das avaliacións, co alcance e contido establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

2. Non realizar os recoñecementos médicos e probas de vixilancia periódica do estado de saúde dos

traballadores que procedan conforme á normativa sobre prevención de riscos laborais, ou non comunicar o seu resultado aos traballadores afectados.

3. Non dar conta en tempo e forma á autoridade laboral, conforme as disposicións vixentes, dos

accidentes de traballo ocorridos e das enfermidades profesionais declaradas cando teñan la cualificación de graves, moi graves ou mortais, ou non levar a cabo unha investigación en caso de producirse danos á saúde dos traballadores ou de ter indicios de que as medidas preventivas son insuficientes.

4. Non rexistrar e arquivar os datos obtidos nas avaliacións, controis, recoñecementos, investigacións ou

informes a que se refiren os artigos 16, 22 y 23 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais.

5. Non comunicar á autoridade laboral competente a apertura do centro de traballo ou a reanudación ou

continuación dos traballos despois de efectuar alteracións ou ampliacións de importancia, ou consignar con inexactitude os datos que debe declarar ou cumprimentar, sempre que se trate de industria cualificada pola normativa vixente como perigosa, insalubre ou nociva polos elementos, procesos ou substancias que se manipulen.

6. Incumprir a obrigación de efectuar a planificación da actividade preventiva que derive como necesaria

da avaliación de riscos, ou non realizar o seguimento da mesma, co alcance e contido establecidos na normativa de prevención de riscos laborais.

(11)

ANEXO

Edición 1

Data: Xaneiro 2012

INFRACCIÓNS EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS–(REAL DECRETO

LEXISLATIVO 5/2000)

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

7. A adscrición de traballadores a postos de traballo cuxas condicións fosen incompatibles coas súas

características persoais ou de quen se encontren manifestamente en estados ou situacións transitorias que non respondan as exixencias psicofísicas dos respectivos postos de traballo, así como a dedicación de aqueles á realización de tarefas sen tomar en consideración as súas capacidades profesionais en materia de seguridade e saúde no traballo, salvo que se trate de infracción moi grave conforme ao artigo seguinte.

8. O incumprimento das obrigacións en materia de formación e información suficiente e adecuada aos

traballadores acerca dos riscos do posto de traballo susceptibles de provocar danos para a seguridade e saúde e sobre as medidas preventivas aplicables, salvo que se trate de infracción moi grave conforme ao artigo seguinte.

9. A superación dos límites de exposición aos axentes nocivos que, conforme á normativa sobre

prevención de riscos laborais, orixine risco de danos graves para a seguridade e saúde dos traballadores, sen adoptar as medidas preventivas adecuadas, salvo que se trate de infracción moi grave conforme ao artigo seguinte.

10. Non adoptar as medidas previstas no artigo 20 da Lei de Prevención de Riscos Laborais en materia de

primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dos traballadores.

11. O incumprimento dos dereitos de información, consulta e participación dos traballadores recoñecidos

na normativa sobre prevención de riscos laborais.

12. Non proporcionar a formación ou os medios adecuados para o desenvolvemento da súas funcións aos

traballadores designados para as actividades de prevención e aos delegados de prevención.

13. Non adoptar os empresarios e os traballadores por conta propia que desenvolven actividades nun

mesmo centro de traballo, ou os empresarios a que se refire o artigo 24.4 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, as medidas de cooperación e coordinación necesarias para a protección e prevención de riscos laborais.

14. Non adoptar o empresario titular do centro de traballo as medidas necesarias para garantir que

aqueles outros que desenvolven actividades no mesmo reciban a información e as instrucións adecuadas sobre os riscos existentes e as medidas de protección, prevención e emerxencia, na forma e co contido establecidos na normativa de prevención de riscos laborais.

15.

a. Non designar a un ou varios traballadores para ocuparse das actividades de protección e

prevención na empresa ou non organizar ou concertar un servizo de prevención cando elo sexa preceptivo, ou non dotar aos recursos preventivos dos medios que sexan necesarios para o desenvolvemento das actividades preventivas.

b. A falta de presenza dos recursos preventivos cando elo sexa preceptivo ou o incumprimento

das obrigacións derivadas da súa presenza.

16. As que supoñan incumprimento da normativa de prevención de riscos laborais, sempre que dito

incumprimento cree un risco grave para a integridade física ou a saúde dos traballadores afectados e especialmente en materia de:

a. Comunicación á autoridade laboral, cando legalmente proceda, das substancias, axentes

físicos, químicos e biolóxicos, ou procesos utilizados nas empresas.

b. Deseño, elección, instalación, disposición, utilización e mantemento dos lugares de traballo,

ferramentas, maquinaria e equipos.

c. Prohibicións ou limitacións respecto de operacións, procesos e uso de axentes físicos,

químicos e biolóxicos nos lugares de traballo.

d. Limitacións respecto do número de traballadores que podan quedar expostos a determinados

axentes físicos, químicos e biolóxicos.

e. Utilización de modalidades determinadas de mostraxe, medición e avaliación de resultados.

f. Medidas de protección colectiva ou individual.

g. Sinalización de seguridade, etiquetado e envasado de substancias perigosas, en cuanto estas

se manipulen ou empreguen no proceso produtivo.

h. Servizos ou medidas de hixiene persoal.

i. Rexistro dos niveis de exposición a axentes físicos, químicos e biolóxicos, listas de

traballadores expostos e expedientes médicos.

17. A falta de limpeza do centro ou lugar de traballo, cando sexa habitual ou cando de ilo se deriven

riscos para a integridade física e saúde dos traballadores.

18. O incumprimento do deber de información aos traballadores designados para ocuparse das

actividades de prevención ou, no su caso, ao servizo de prevención da incorporación á empresa de traballadores con relacións de traballo temporais, de duración determinada ou proporcionados por empresas de traballo temporal.

19. Non facilitar aos traballadores designados ou ao servizo de prevención o acceso á información e

documentación sinaladas no apartado 1 do artigo 18 e no apartado 1 do artigo 23 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

(12)

ANEXO

Edición 1

Data: Xaneiro 2012

INFRACCIÓNS EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS–(REAL DECRETO

LEXISLATIVO 5/2000)

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

20. Non someter, nos termos regulamentariamente establecidos, o sistema de prevención da empresa ao

control dunha auditoría ou avaliación externa cando non se houbera concertado o servizo de prevención cunha entidade especializada allea á empresa.

21. Facilitar á autoridade laboral competente, as entidades especializadas que actúen como servizos de

prevención alleos ás empresas, as persoas ou entidades que desenvolven a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas ou as entidades acreditadas para desenvolver e certificar a formación en materia de prevención de riscos laborais, datos de forma ou con contido inexactos, omitir os que houbera debido consignar, así como non comunicar calquera modificación das súas condicións de acreditación ou autorización.

22. Incumprir as obrigacións derivadas de actividades correspondentes a servizos de prevención alleos

respecto dos seus empresarios concertados, de acordo coa normativa aplicable.

23. No ámbito de aplicación do Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as

disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción:

a. Incumprir a obrigación de elaborar o plan de seguridade e saúde no traballo co alcance e

contido establecidos na normativa de prevención de riscos laborais, en particular por carecer dun contido real e adecuado aos riscos específicos para a seguridade e a saúde dos traballadores da obra ou por non adaptarse ás características particulares das actividades ou os procedementos desenvolvidos ou do contorno dos postos de traballo.

b. Incumprir a obrigación de realizar o seguimento do plan de seguridade e saúde no traballo,

co alcance e contido establecidos na normativa de prevención de riscos laborais.

24. No ámbito de aplicación do Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as

disposicións mínimas de seguridade saúde nas obras de construción, o incumprimento das seguintes obrigacións correspondentes ao promotor:

a. Non designar os coordinadores en materia de seguridade e saúde cando ilo sexa preceptivo.

b. Incumprir a obrigación de que se elabore o estudio ou, no seu caso, o estudio básico de

seguridade e saúde, cando ilo sexa preceptivo, co alcance e contido establecidos na normativa de prevención de riscos laborais, ou cando tales estudios presenten deficiencias ou carencias significativas e graves en relación coa seguridade e a saúde na obra.

c. Non adoptar as medidas necesarias para garantir, na forma e co alcance e contido previstos

na normativa de prevención, que os empresarios que desenvolvan actividades na obra reciban a información e as instrucións adecuadas sobre os riscos e as medidas de protección, prevención e emerxencia.

d. Non cumprir os coordinadores en materia de seguridade e saúde as obrigacións establecidas

no artigo 9 do Real Decreto 1627/1997 como consecuencia da súa falta de presenza, dedicación ou actividade na obra.

e. Non cumprir os coordinadores en materia de seguridade e saúde as obrigacións, distintas das

citadas nos parágrafos anteriores, establecidas na normativa de prevención de riscos laborais cando tales incumprimentos teñan ou poden ter repercusión grave en relación coa seguridade e saúde na obra.

25. Incumprir as obrigacións derivadas de actividades correspondentes ás persoas ou entidades que

desenvolven a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas, de acordo coa normativa aplicable.

26. Incumprir as obrigacións derivadas de actividades correspondentes a entidades acreditadas para

desenvolver e certificar a formación en materia de prevención de riscos laborais, de acordo coa normativa aplicable.

27. No ámbito da Lei Reguladora da subcontratación no sector da construción, os seguintes

incumprimentos do subcontratista:

a. O incumprimento do deber de acreditar, na forma establecida legal ou regulamentariamente,

que dispón de recursos humanos, tanto no seu nivel directivo como produtivo, que contan coa formación necesaria en prevención de riscos laborais, e que dispón dunha organización preventiva adecuada, e a inscrición no rexistro correspondente, a do deber de verificar dita acreditación e rexistro polos subcontratistas cos que contrate, salvo que proceda a súa cualificación como infracción moi grave, de acordo co artigo seguinte.

b. Non comunicar os datos que permitan ao contratista levar en orden e ao día o Libro de

Subcontratación esixido na Lei Reguladora da subcontratación no sector da construción.

c. Proceder a subcontratar con outro ou outros subcontratistas ou traballadores autónomos

superando os niveis de subcontratación permitidos legalmente, sen dispoñer da expresa aprobación da dirección facultativa, ou permitir que no ámbito de execución do seu subcontrato outros subcontratistas ou traballadores autónomos incorran no suposto anterior e sen que concorran neste caso as circunstancias previstas na letra c do apartado 15 do artigo seguinte, salvo que proceda a súa cualificación como infracción moi grave, de acordo co mesmo artigo seguinte.

(13)

ANEXO

Edición 1

Data: Xaneiro 2012

INFRACCIÓNS EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS–(REAL DECRETO

LEXISLATIVO 5/2000)

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

28. Consideranse infraccións graves do contratista, de conformidade co previsto na Lei Reguladora da

subcontratación no sector da construción:

a. Non levar en orden e ao día o Libro de Subcontratación esixido, ou non facelo nos termos

establecidos regulamentariamente.

b. Permitir que, no ámbito de execución do seu contrato, interveñan empresas subcontratistas

ou traballadores autónomos superando os niveis de subcontratación permitidos legalmente, sen dispoñer da expresa aprobación da dirección facultativa, e sen que concorran as circunstancias previstas na letra c do apartado 15 do artigo seguinte, salvo que proceda a súa cualificación como infracción moi grave, de acordo co mesmo artigo seguinte.

c. O incumprimento do deber de acreditar, na forma establecida legal ou regulamentariamente,

que dispón de recursos humanos, tanto no seu nivel directivo como produtivo, que contan coa formación necesaria en prevención de riscos laborais, e que dispón dunha organización preventiva adecuada, e a inscrición no rexistro correspondente, a do deber de verificar dita acreditación e rexistro polos subcontratistas cos que contrate, e salvo que proceda a súa cualificación como infracción moi grave, de acordo co artigo seguinte.

d. A vulneración dos dereitos de información dos representantes dos traballadores sobre as

contratacións e subcontratacións que se realicen na obra, e de acceso ao Libro de Subcontratación, nos termos establecidos na Li Reguladora da subcontratación no sector da construción.

29. No ámbito da Lei Reguladora da subcontratación no sector da construción, é infracción grave do

promotor da obra permitir, a través da actuación da dirección facultativa, a aprobación da ampliación excepcional da cadea de subcontratación cando manifestamente non concorran as causas motivadoras da mesma prevista en dita Lei, salvo que proceda a súa cualificación como infracción moi grave, de acordo co artigo seguinte.

Artigo 13. Infraccións moi graves.

Son infraccións moi graves:

1. Non observar as normas específicas en materia de protección da seguridade e a saúde das

traballadoras durante os períodos de embarazo e lactancia.

2. Non observar as normas específicas en materia de protección da seguridade e a saúde dos menores.

3. Non paralizar nin suspender de forma inmediata, a requirimento da Inspección de Traballo e

Seguridade Social, os traballos que se realicen sen observar a normativa sobre prevención de riscos laborais e que, a xuízo da Inspección, impliquen a existencia dun risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores, ou continuar os traballos sen haber subsanado previamente as causas que motivaron a paralización.

4. A adscrición dos traballadores a postos de traballo cuias condicións fosen incompatibles coas súas

características persoais coñecidas ou que se encontren manifestamente en estados ou situacións transitorias que non respondan ás exixencias psicofísicas dos respectivos postos de traballo, así como a dedicación de aqueles á realización de tarefas sen tomar en consideración as súas capacidades profesionais en materia de seguridade e saúde no traballo, cando de ilo se derive un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

5. Incumprir o deber de confidencialidade no uso dos datos relativos á vixilancia da saúde dos

traballadores, nos termos previstos no apartado 4 do artigo 22 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

6. Superar os límites de exposición aos axentes nocivos que, conforme á normativa sobre prevención de

riscos laborais, orixinen riscos de danos para a saúde dos traballadores sen adoptar as medidas preventivas adecuadas, cando se trate de riscos graves e inminentes.

7. Non adoptar, os empresarios e os traballadores por conta propia que desenvolven actividades nun

mesmo centro de traballo, as medidas de cooperación e coordinación necesarias para a protección e prevención de riscos laborais, cando se trate de actividades regulamentariamente consideradas como perigosas ou con riscos especiais.

8.

1. Non adoptar o promotor ou o empresario titular do centro de traballo, as medidas necesarias

para garantir que aqueles outros que desenvolven actividades no mesmo reciban a información e as instrucións adecuadas, na forma e co contido e alcance establecidos na normativa de prevención de riscos laborais, sobre os riscos e as medidas de protección, prevención e emerxencia cando se trate de actividades regulamentariamente consideradas como perigosas ou con riscos especiais.

(14)

ANEXO

Edición 1

Data: Xaneiro 2012

INFRACCIÓNS EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS–(REAL DECRETO

LEXISLATIVO 5/2000)

Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais

2. A falta de presenza dos recursos preventivos cando ilo sexa preceptivo ou o incumprimento

das obrigacións derivadas da súa presenza, cando se trate de actividades

regulamentariamente consideradas como perigosas ou con riscos especiais.

9. As accións ou omisións que impidan o exercicio do dereito dos traballadores a paralizar a súa

actividade nos casos de risco grave e inminente, nos termos previstos no artigo 21 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

10. Non adoptar calquera outras medidas preventivas aplicables ás condicións de traballo en execución da

normativa sobre prevención de riscos laborais das que se derive un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

11. Exercer as súas actividades as entidades especializadas que actúen como servizos de prevención

alleos ás empresas, as persoas ou entidades que desenvolven a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas ou as que desenvolven e certifiquen a formación en materia de prevención de riscos laborais, sen contar coa preceptiva acreditación ou autorización, cando esta houbera sido suspendida ou extinguida, cando houbera caducado a autorización provisional, así como cando se excedan na súa actuación do alcance da mesma.

12. Manter as entidades especializadas que actúen como servizos de prevención alleos ás empresas ou as

persoas ou entidades que desenvolven a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas, vinculacións comerciais, financeiras ou de calquera outro tipo, coas empresas auditadas ou concertadas, distintas ás propias da súa actuación como tales, así como certificar, as entidades que desenvolven ou certifiquen a formación preventiva, actividades non desenvolvidas na súa totalidade.

13. A alteración ou o falseamento, polas persoas ou entidades que desenvolven a actividade de auditoría

do sistema de prevención das empresas, do contido do informe da empresa auditada.

14. A subscrición de pactos que teñan por obxecto a elusión, en fraude de lei, das responsabilidades

establecidas no apartado 3 do artigo 42 desta Lei.

15. No ámbito da Lei Reguladora da subcontratación no sector da construción, os seguintes

incumprimentos do subcontratista:

1. O incumprimento do deber de acreditar, na forma establecida legal ou regulamentariamente,

que dispón de recursos humanos, tanto on seu nivel directivo como produtivo, que conten coa formación necesaria en prevención de riscos laborais, e que dispón dunha organización preventiva adecuada, e a inscrición no rexistro correspondente, ou do deber de verificar dita acreditación e rexistro polos subcontratistas cos que contrate, cando se trate de traballos con riscos especiais conforme á regulación regulamentaria dos mesmos para as obras de construción.

2. Proceder a subcontratar con outro ou outros subcontratistas ou traballadores autónomos

superando os niveis de subcontratación permitidos legalmente, sen que dispoña da expresa aprobación da dirección facultativa, ou permitir que no ámbito de execución do seu subcontrato outros subcontratistas ou traballadores autónomos incorran no suposto anterior e sen que concorran neste caso as circunstancias previstas na letra c deste apartado, cando se trate de traballos con riscos especiais conforme á regulación regulamentaria dos mesmos para as obras de construción.

3. O falseamento nos datos comunicados ao contratista ou a súa subcontratista comitente, que

dea lugar ao exercicio de actividades de construción incumprindo o réxime da subcontratación ou os requisitos legalmente establecidos.

16. No ámbito da Lei Reguladora da subcontratación no sector da construción, os seguintes

incumprimentos do contratista:

1. Permitir que, no ámbito de execución do seu contrato, interveñan subcontratistas ou

traballadores autónomos superando os niveis de subcontratación permitidos legalmente, sen que se dispoña da expresa aprobación da dirección facultativa, e sen que concorran as circunstancias previstas na letra c do apartado anterior, cando se trate de traballos con riscos especiais conforme á regulación regulamentaria dos mesmos para as obras de construción.

2. O incumprimento do deber de acreditar, na forma establecida legal ou regulamentariamente,

que dispón de recursos humanos, tanto no seu nivel directivo como produtivo, que contan coa formación necesaria en prevención de riscos laborais, e que dispón dunha organización preventiva adecuada, e a inscrición no rexistro correspondente, ou do deber de verificar dita acreditación e rexistro polos subcontratistas cos que contrate, cando se trate de traballos con riscos especiais conforme á regulación regulamentaria dos mesmos para as obras de construción.

17. No ámbito dea Lei Reguladora da subcontratación no sector da construción, é infracción moi grave do

promotor da obra permitir, a través da actuación da dirección facultativa, a aprobación da ampliación excepcional da cadea de subcontratación cando manifestamente non concorran as causas motivadoras da mesma previstas en dita Lei, cando se trate de traballos con riscos especiais conforme á regulación regulamentaria dos mesmos para as obras de construción.

Referências

Documentos relacionados

Como já afirmei, esta pesquisa tentou compreender o olhar das crianças negras sobre sua realidade e suas relações no ambiente escolar. Através deste olhar, na simplicidade das vozes

1)  Ver o gráfico: Definição de produto. 2)  1 sigma, 0 % object transmission.. 3)  Em objetos opacos e alinhamento exato

O resultado Ward favoreceu a formação mais clara de pares de grupos, onde inicialmente ficou evidente dois grandes grupos, mas optou-se em um corte melhor que

Pró-Reitora Relações Internacionais e do Desporto

O Museu Digital dos Ex-votos, projeto acadêmico que objetiva apresentar os ex- votos do Brasil, não terá, evidentemente, a mesma dinâmica da sala de milagres, mas em

nhece a pretensão de Aristóteles de que haja uma ligação direta entre o dictum de omni et nullo e a validade dos silogismos perfeitos, mas a julga improcedente. Um dos

A Pró-Reitoria de Assuntos Estudantis, por intermédio da Divisão Multidisciplinar de Assistência ao Estudante (DIMAE/PROAES) torna público o lançamento do presente edital

De acordo com estes resultados, e dada a reduzida explicitação, e exploração, das relações que se estabelecem entre a ciência, a tecnologia, a sociedade e o ambiente, conclui-se