• Nenhum resultado encontrado

Oficina Virtual Tributaria. Taxa do Bingo

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Oficina Virtual Tributaria. Taxa do Bingo"

Copied!
45
0
0

Texto

(1)

Oficina Virtual Tributaria

Taxa do Bingo

(2)
(3)

Taxa do Bingo na OVT

Índice

Páx.

1. Acceso á Oficina Virtual Tributaria

4

2. Arquivos

a) Formato do arquivo de datos

Autoliquidación da Taxa

8

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

12

b) Subida de arquivos

19

3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria

a) Autoliquidación da Taxa

22

(4)

Acceso a Oficina Virtual Tributaria

Índice

Páx.

1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria

4

2. Arquivos

a) Formato do arquivo de datos

Autoliquidación da Taxa

8

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

12

b) Subida de arquivos

19

3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria

a) Autoliquidación da Taxa

22

(5)
(6)
(7)
(8)

Formato do arquivo de datos

Índice

Páx.

1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria

4

2. Arquivos

a) Formato do arquivo de datos

Autoliquidación da Taxa

8

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

12

b) Subida de arquivos

19

3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria

a) Autoliquidación da Taxa

22

(9)

Formato do Arquivo. Autoliquidación da Taxa

A) CARACTERÍSTICAS DOS ARQUIVOS INFORMÁTICOS A REMITIR ELECTRONICAMENTE

Os arquivos informáticos a remitir electronicamente a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) terán que cumprir as seguintes características:

Nome do arquivo: 043_eeeeeeeee_sssss_nnnn_mm, onde os valores seguintes serán:

• eeeeeeeee: o CIF da empresa operadora (9 carácteres ou díxitos). • sssss: o código de sala (5 díxitos).

• nnnn: os 4 díxitos correspondentes ao exercicio fiscal ao que se refire a declaración. • mm: os dous díxitos correspondentes ao mes ao que se refire a declaración.

Extensión do arquivo: TXT.

O ficheiro contendo os datos para a confección do modelo 043 será de formato texto plano.

Todos os campos alfanuméricos e alfabéticos presentaranse aliñados á esquerda e recheos de brancos pola dereita, en maiúsculas, sen carácteres especiais, e sen vogais acentuadas. Todos os campos numéricos presentaranse aliñados á dereita e recheos a ceros pola esquerda sen signos e sen empaquetar. Todos os campos terán contido, a non ser que se especificase o contrario na descrición do campo. Se non o tiveran, os campos numéricos encheranse a ceros e tanto os alfanuméricos como os alfabéticos a brancos.

B) DESCRICIÓN DOS REXISTROS DOS DATOS DO MODELO 043:

Para cada declarante incluiranse dous tipos diferentes de rexistro, que se distinguen pola primeira posición, consonte cos seguintes criterios:

Tipo 1: Rexistro da declaración: Datos da declaración. Deseño de tipo de rexistro 1 dos recollidos máis adiante nestes mesmos apartados.

Tipo 2: Rexistro dos datos para a autoliquidación. Deseño de tipo de rexistro 2 dos recollidos máis adiante nestes mesmos apartados.

A orde de presentación será a do tipo de rexistro, existindo: • Para o tipo 1: un único rexistro.

(10)

Formato do Arquivo. Autoliquidación da Taxa

POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS

1 Numérica TIPO DE REXISTRO: Constante número '1'. 2-4 Numérica MODELO DECLARACIÓN:

Constante '043'. 5-8 Numérica EXERCICIO:

As catro cifras do exercicio fiscal ao que corresponde a declaración 9-10 Numérica PERÍODO:

As dúas cifras do mes ao que corresponde a declaración. 11 Alfabética DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA:

No caso excepcional de segunda ou posterior presentación de declaracións, deberase cubrir obrigatoriamente este campo do xeito que se describe a seguir:

Consignarase un “C” se a presentación desta declaración ten por obxecto incluír rexistros que, debendo figurar noutra declaración do mesmo exercicio presentada anteriormente, foran completamente omitidos nela. A presentación dunha declaración complementaria que teña por obxecto a modificación do contido de datos declarados noutra declaración do mesmo exercicio presentada anteriormente realizarase dende a OVT, seguindo o mesmo procedemento.

12-23 Numérica NÚMERO QUE IDENTIFICA Á DECLARACIÓN ANTERIOR:

No caso de que se consignara un “C” no campo “Declaración complementaria”, consignarase o número correspondente que identifica á declaración á que complementa. En calquera outro caso deberase cubrir a CEROS. 24 Alfabética FRACCIONAMENTO/APRAZAMENTO LXT:

Sinalarase se a débeda tributaria se fracciona ou apraza ou non (X, N), onde:

•X: consignando esta letra, se estará a sinalar que se pretende solicitar un aprazamento ou fraccionamento consonte coas disposicións xerais da LXT.

•N: non fracciona nin apraza a débeda. 25 Alfabética ESTIMACIÓN BI:

Identificarase por un valor que será ‘D’, no caso de estimación directa e ‘O’, no caso de estimación obxectiva. 26-30 Numérica NÚMERO DE AUTORIZACIÓN DA SALA:

Consignarase o número de autorización da sala, identificado por cinco díxitos.

(11)

Formato do Arquivo. Autoliquidación da Taxa

POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS

1 Numérica TIPO DE REXISTRO.:

Constante número '2'.

2-8 Numérica VALOR FACIAL DO CARTÓN:

Identifícase por sete díxitos, expresados en céntimo de euro. 9-20 Numérica NÚMERO DE CARTÓNS:

Identifícase por 12 díxitos.

Formato dos rexistros de tipo 2

Exemplo:

Número de cartóns xogados nun mes determinado: • de 1’5 €: 253.057; • de 2€: 64.025; • de 3 €: 2.672 • de 6 €, ningún. Rexistros: 20000150000000253057 20000200000000064025 20000300000000002672 20000600000000000000

(12)

Formato do arquivo de datos

Índice

Páx.

1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria

4

2. Arquivos

a) Formato do arquivo de datos

Autoliquidación da Taxa

8

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

12

b) Subida de arquivos

19

3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria

a) Autoliquidación da Taxa

22

(13)

Formato do Arquivo. Declaración da Taxa

A) CARACTERÍSTICAS DOS ARQUIVOS INFORMÁTICOS A REMITIR ELECTRONICAMENTE

Os arquivos informáticos a remitir electronicamente a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) haberán de cumprir as seguintes características:

Nome do arquivo: D043_nnnnnnnnn_sssss_aaaa_mm, onde os valores seguintes serán:

• nnnnnnnnn: o CIF da empresa operadora (9 carácteres ou díxitos). • sssss: o código de sala (5 díxitos).

• aaaa: os 4 díxitos correspondentes ao exercicio fiscal ao que se refire a declaración. • mm: os dous díxitos correspondentes ao mes ao que se refire a declaración.

Extensión do arquivo: TXT.

O ficheiro contendo os datos para a confección do modelo D043 será de formato texto plano con codificación ISO-8859-1. Todos os campos alfanuméricos e alfabéticos presentaranse aliñados á esquerda e recheos de brancos pola dereita, en maiúsculas, sen carácteres especiais, e sen vogais acentuadas. Todos os campos numéricos presentaranse aliñados á dereita e recheos a ceros pola esquerda sen signos e sen empaquetar. Todos os campos terán contido, a non ser que se especificase o contrario na descrición do campo. Se non o tiveran, os campos numéricos encheranse con ceros e tanto os alfanuméricos como os alfabéticos a brancos.

B) DESCRICIÓN DOS REXISTROS DOS DATOS DO MODELO D043:

Para cada declarante incluiranse cinco tipos diferentes de rexistro, que se distinguen pola primeira posición, consonte cos seguintes criterios:

Tipo 1: Rexistro único da declaración. Datos de identificación da declaración.

Tipo 2: Rexistro dos datos para a declaración informativa e para a Autoliquidación. Recolle a información correspondente ao período ao que se refire a declaración. Un rexistro por cada valor facial aprobado na Comunidade Autónoma.

Tipo 3: Rexistro dos datos para a declaración informativa e para a Autoliquidación. Recolle a información correspondente de forma acumulada dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración. Un rexistro por cada valor facial aprobado na Comunidade Autónoma.

Tipo 4: Rexistro único dos datos para a declaración. Recolle a información resumo correspondente á relación de premios superiores ao importe establecido pola consellería de Facenda.

Tipo 5: Rexistro dos premiados para a declaración informativa. Recolle a información correspondente á relación que identifica aos premios superiores ao importe establecido pola consellería de Facenda. Un rexistro por cada premiado.

(14)

Formato do Arquivo. Declaración da Taxa

POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS

1 Numérica TIPO DE REXISTRO: Constante número '1'. 2-5 Numérica MODELO DECLARACIÓN:

Constante 'D043'. 6-9 Numérica EXERCICIO:

As catro cifras do exercicio fiscal ao que corresponde a declaración 10-11 Numérica PERÍODO:

As dúas cifras do mes ao que corresponde a declaración. 12 Alfabética DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA:

No caso excepcional de segunda ou posterior presentación de declaracións, deberá cumprimentarse obrigatoriamente este campo da maneira que se describe a seguir:

Consignarase un “C” se a presentación desta declaración ten por obxecto incluír rexistros que:

- debendo figurar noutra declaración do mesmo exercicio presentada anteriormente, fosen completamente omitidos nela ou/e

- figurando na declaración á que se complementa, os datos que se comunican supoñen a presentación dunha autoliquidación complementaria de acordo á Lei xeral tributaria.

13-24 Numérica NÚMERO QUE IDENTIFICA A DECLARACIÓN ANTERIOR:

En caso de que se consignase un “C” no campo “Declaración complementaria”, se consignará o número correspondente que identifica á declaración á que complementa, que será sempre a primeira presentada para ese período. En calquera outro caso deberase encher a CEROS.

25-29 Numérica NÚMERO DE AUTORIZACIÓN DA SALA:

Se consignará O número de autorización da sala, identificado por cinco díxitos. 30 Alfabética ESTIMACIÓN BI:

Se identificará por un valor que será ‘D’, no caso de estimación directa e ‘O’, no caso de estimación obxectiva. 31 Alfabética FRACCIONAMENTO/APRAZAMENTO LXT:

Sinalarase se a débeda tributaria fracciona ou apraza ou non (X, N), onde:

X: consignando esta letra, se estará sinalando que se pretende solicitar un aprazamento ou fraccionamento de acordo coas disposicións xerais da LXT.

N: non fracciona nin apraza a débeda.

(15)

Formato do Arquivo. Declaración da Taxa

POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS

1 Numérica TIPO DE REXISTRO.: Constante número '2'.

2-8 Numérica VALOR FACIAL DO CARTÓN:

Identifícase por sete díxitos, expresados en céntimo de euro. 9-11 Alfabética MATRIZ/SERIE:

Consignarase a identificación da matriz dos cartóns. 12-23 Numérica NÚMERO DE CARTÓNS:

Identifícase por 12 díxitos. Consignarase o número total de cartóns xogados no período ao que se refire a declaración. 24-29 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS OBTIDOS NO MES:

Expresarase con seis díxitos o número total de premios obtidos nas sesións celebradas no mes ao que se refire a declaración. 30-40 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS OBTIDOS NO MES:

Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos o importe total dos premios obtidos nas sesións celebradas no mes ao que se refire a declaración.

41-46 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS PAGADOS NO MES:

Expresarase con seis díxitos o número total de premios pagados nas sesións celebradas no mes ao que se refire a declaración. 47-57 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS PAGADOS NO MES:

Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos o importe total dos premios pagados nas sesións celebradas no mes ao que se refire a declaración.

(16)

Formato do Arquivo. Declaración da Taxa

POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS

1 Numérica TIPO DE REXISTRO.: Constante número ‘3'.

2-8 Numérica VALOR FACIAL DO CARTÓN:

Identifícase por sete díxitos, expresados en céntimo de euro. 9-11 Alfabética MATRIZ/SERIE:

Consignarase a identificación da matriz dos cartóns. 12-23 Numérica NÚMERO DE CARTÓNS:

Identifícase por 12 díxitos. Consignarase o número total de cartóns xogados dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración.

24-29 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS OBTIDOS NO MES:

Expresarase con seis díxitos o número total de premios obtidos nas sesións celebradas dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración.

30-40 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS OBTIDOS NO MES:

Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos o importe total dos premios obtidos nas sesións celebradas dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración.

41-46 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS PAGADOS NO MES:

Expresarase con seis díxitos o número total de premios pagados nas sesións celebradas dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración.

47-57 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS PAGADOS NO MES:

Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos o importe total dos premios pagados nas sesións celebradas dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración.

(17)

Formato do Arquivo. Declaración da Taxa

POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS

1 Numérica TIPO DE REXISTRO.: Constante número ‘4'.

2-10 Numérica Nº TOTAL REXISTROS INCORPORADOS NA DECLARACIÓN INFORMATIVA:

Expresarase con nove díxitos o número total de rexistros de premiados incluídos na declaración informativa. 11-16 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS OBTIDOS NO MES SUPERIORES AO IMPORTE REGULAMENTARIO:

Expresarase con seis díxitos o número total de premios obtidos nas sesións celebradas no mes. 17-27 Numérica

IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS OBTIDOS NO MES SUPERIORES AO IMPORTE REGULAMENTARIO: Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos.

28-33 Numérica

TOTAL NÚMERO PREMIOS PAGADOS NO MES SUPERIORES AO IMPORTE REGULAMENTARIO: Expresarase con seis díxitos o número total de premios pagados nas sesións celebradas no mes.

34-44 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS PAGADOS NO MES SUPERIORES AO IMPORTE REGULAMENTARIO: Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos.

(18)

Formato do Arquivo. Declaración da Taxa

POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS

1 Numérica TIPO DE REXISTRO.: Constante número ‘5'. 2-10 Alfanumérica NIF:

9 díxitos

11-130 Alfabética NOME e APELIDOS:

Figurarán por esta orde, o primeiro apelido, o segundo apelido e o nome simple ou composto, separados por un espazo en branco. 131 Alfabética PREMIO:

Consignarase a identificación do premio ao que corresponden os datos, de xeito que se consignara: L, no caso de que se trate do premio da liña

B, no caso de que se trate do premio do bingo P, no caso de que se trate do premio da prima U, no caso de que se trate do premio da prima plus O, no caso de que se trate doutro tipo de premio. 132-142 Numérica IMPORTE:

Consignarase o importe en 11 díxitos expresados en céntimos de euro. 143 Alfabética COBRADO:

Consignarase: S: se SI se cobrara N: se NON se cobrara

144-151 Numérica DATA PAGAMENTO PREMIO:

8 posicións co formato aaaammdd, onde, aaaa: corresponde aos catro díxitos do ano, mm: corresponde aos dous díxitos do mes e dd: corresponde aos dous díxitos do día.

152-159 Numérica DATA DE CELEBRACIÓN DA SESIÓN:

8 posicións co formato aaaammdd, onde, aaaa: corresponde aos catro díxitos do ano, mm: corresponde aos dous díxitos do mes e dd: corresponde aos dous díxitos do día.

160-165 Numérica IDENTIFICACIÓN DA PARTIDA:

Consignarase mediante 6 díxitos o número de orde da partida na sesión. 166-172 Numérica VALOR FACIAL DA PARTIDA:

Identifícase por sete díxitos expresados en céntimo de euro.

(19)

Subida de Arquivos

Índice

Páx.

1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria

4

2. Arquivos

a) Formato do arquivo de datos

Autoliquidación da Taxa

8

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

12

b) Subida de arquivos

19

3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria

a) Autoliquidación da Taxa

22

(20)

Subida de Arquivos

Para acceder á aplicación de subida de arquivos

seleccione o menú «Outos Contidos» no menú principal da aplicación. Despois prema en «Subida de Arquivos».

(21)

Subida de Arquivos

Unha vez na pantalla de subida de arquivos

seleccione o arquivo que desexa subir e seleccione «Xeito – Bingo» de entre as opcións que teña dispoñibles (estas dependerán dos accesos dos que dispoña na Oficina Virtual Tributaria).

Cando teña seleccionado o arquivo e a opción do Bingo prema en «Subir».

A aplicación daralle unha mensaxe confirmando a subida do arquivo ou dos erros se se tiveran producido.

(22)

Taxa do Bingo na OVT

Índice

Páx.

1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria

4

2. Arquivos

a) Formato do arquivo de datos

Autoliquidación da Taxa

8

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

12

b) Subida de arquivos

19

3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria

a) Autoliquidación da Taxa

22

(23)
(24)
(25)

Autoliquidación da Taxa do Bingo

Nesta pantalla deberá seleccionar a sala coa que desexa operar para a autoliquidación da taxa.

Unha vez seleccionada a sala deberá introducir o exercicio e período que desexa liquidar. A continuación prema na imaxe da lupa que está á dereita destes campos para obter as orixes de datos dispoñibles. Se a sala está na modalidade de estimación obxectiva poderá escoller entre os datos que constan na Administración e os dos ficheiros previamente cargados polo usuario nos servidores da ATRIGA (Vexa como cargar estes arquivos e o seu formato ao final deste documento). Se a sala estivera na modalidade de estimación directa non terá opción de cargar os datos da Administración.

Unha vez escollida a sala, período impositivo e a orixe dos datos da autoliquidación deberá premer no botón «Cargar» para que os datos aparezan na pantalla. Se ten seleccionado un ficheiro e estima que xa non o necesita ou que é incorrecto, pode eliminalo premendo en «Borrar». Teña en conta que esta última acción non se pode desfacer.

Se a opción escollida na orixe de datos é «Cargar datos da Administración» poderá escoller se desexa ou non aprazar a débeda tributaria consonte á LXT. Cando a orixe dos datos sexa un ficheiro cargado previamente a opción do aprazamento virá indicada no mesmo (Vexa as especificacións do formato dos ficheiros ao final deste documento).

En Estimación Directa o procedemento é idéntico ao descrito con anterioridade, coa salviedade de que só poden cargar un arquivo do usuario.

(26)

Autoliquidación da Taxa do Bingo

Unha vez calculada a autoliquidación mostraranse os

datos nas cuadrículas correspondentes, incluíndo o importe a ingresar resultante.

Se todo é correcto prema en «Continuar» para avanzar na presentación da autoliquidación. Se necesita corrixir algún dato prema no botón «Editar». Se o importe a ingresar é positivo porque non se seleccionou o aprazamento da débeda a aplicación levarao ao módulo de ingresos para que faga o pagamento da débeda calculada.

No caso de ter seleccionado o aprazamento mostrarase o botón «Presentar» nesta mesma pantalla. Neste caso, continúe na páxina 16 desta guía para ver a explicación do proceso.

(27)

Autoliquidación da Taxa do Bingo

Unha vez no módulo de ingresos cubra os datos do

tipo de ingreso (número de conta ou tarxeta, entidade,...) e prema en validar.

(28)

Autoliquidación da Taxa do Bingo

Se os datos son válidos prema en «Continuar» para

(29)

Autoliquidación da Taxa do Bingo

Verifique que os datos do titular e do suxeito pasivo

son correctos e prema en «Ingresar» para facer o ingreso do importe indicado.

(30)

Autoliquidación da Taxa do Bingo

Agora vai asinar os datos correspondentes ao

ingreso. Verifique que son correctos e seleccione o certificado co que desexa asinar a operación. Despois prema en «Asinar»

(31)

Autoliquidación da Taxa do Bingo

Unha vez rematada a confección da autoliquidación,

e, de ser o caso, feito o ingreso deberá proceder á presentación.

(32)

Autoliquidación da Taxa do Bingo

Agora seleccione o certificado co que desexa asinar a

operación e prema en «Asinar». Con esta acción levará a cabo a presentación telemática da autoliquidación da Taxa do BINGO.

(33)

Autoliquidación da Taxa do Bingo

Unha vez presentada a Autoliquidación a aplicación

emitirá un documento xustificante de presentación telemática da autoliquidación da taxa do Bingo.

(34)

Taxa do Bingo na OVT

Índice

Páx.

1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria

4

2. Arquivos

a) Formato do arquivo de datos

Autoliquidación da Taxa

8

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

12

b) Subida de arquivos

19

3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria

a) Autoliquidación da Taxa

22

(35)
(36)

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

Nesta pantalla deberá seleccionar a sala coa que desexa operar para a autoliquidación da taxa. Tamén se define o idioma no que se construirán dos documentos.

Unha vez seleccionada a sala deberá introducir o exercicio e período que desexa liquidar. A continuación prema na imaxe da lupa que está á dereita destes campos para obter as orixes de datos dispoñibles. Se a sala está na modalidade de estimación obxectiva poderá escoller entre os datos que constan na Administración e os dos ficheiros previamente cargados polo usuario nos servidores da ATRIGA (Vexa como cargar estes arquivos e o seu formato ao final deste documento). Se a sala estivera na modalidade de estimación directa non terá opción de cargar os datos da Administración.

Unha vez escollida a sala, período impositivo e a orixe dos datos da autoliquidación deberá premer no botón «Cargar Datos». Se ten seleccionado un ficheiro e estima que xa non o necesita ou que é incorrecto, pode eliminalo premendo en «Borrar Ficheiro». Teña en conta que esta última acción non se pode desfacer.

Se a opción escollida na orixe de datos é «Cargar datos da Administración» poderá escoller se desexa ou non aprazar a débeda tributaria consonte á LXT. Cando a orixe dos datos sexa un ficheiro cargado previamente a opción do aprazamento virá indicada no mesmo (Vexa as especificacións do formato dos ficheiros ao final deste documento).

En Estimación Directa o procedemento é idéntico ao descrito con anterioridade, coa salviedade de que só poden cargar un arquivo do usuario.

Unha vez pulsado o botón «Cargar Datos», amosarase unha mensaxe informativa.

(37)

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

Mediante a mensaxe infórmase que se borrarán as cargas realizadas anteriormente que non fosen confirmadas e incorporaranse os novos datos. Se se preme o botón «Aceptar», pódese continuar coa operación.

Se volverá á transacción anterior, na que xa se pode observar o período que se vai declarar así como o botón «Continuar», para realizar a carga do ficheiro ou dos datos elixidos.

(38)

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

Se o ficheiro contén erros, amosarase un cadro que informe deles para que o usuario proceda á corrixilos. Para realizar esta operación, débese proceder a borrar o ficheiro actual e subir a versión corrixida do mesmo.

(39)

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

Unha vez resoltos os erros contidos o ficheiro de carga, amósanse na pantalla os datos contidos nel (ou os datos que dispón a administración.

Os datos correspondentes se detallan por cada un dos valores faciais autorizados na comunidade autónoma coa súa correspondente totalización. Estes datos pódense ver en dous apartados da pantalla. Por unha banda están os movementos que se produciron no período que se está a declarar e debaixo deles amósanse os datos acumulados dende a data de devindicación. No caso de que o acumulado que se carga non coincida coa suma do período e o acumulado anterior, amósase unha mensaxe informativa e unha marca nas liñas diferentes.

No último apartado indícase o primeiro e o último NIF do ficheiro da relación de premios superiores ao importe da lei. Tamén se indica a súa pegada dixital SHA-1. Tamén se inclúe un botón que nos permite ver a listaxe completa incluída no ficheiro de carga. Se o que se está a facer é unha carga de datos da administración, este apartado non conterá ningún valor.

Despois de comprobar que estes datos son correctos, débese proceder á súa confirmación para continuar coa declaración. Se se considera que os ditos datos non son válidos, pódese anular a operación para cargar un novo ficheiro ou optar polos datos da administración utilizando o botón «Anular».

No proceso de confirmación pódense producir outros erros e avisos referentes a operacións pendentes, prazos de presentación, etc. Se son avisos, pódese elixir continuar ou non, e se se trata de erros, débense corrixir para poder finalizar a declaración.

(40)

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

Despois de corrixir todos os erros detectados e confirmados os avisos correspondentes, chégase a transacción na que se realiza o cálculo da taxa.

Nela atópase un resumo das cantidades declaradas que serven de base para o cálculo da taxa do bingo. Para realizar o cálculo débese premer o botón «Calcular» para obter os valores numéricos da declaración.

Se a declaración dese como resultado un valor negativo, pódese solicitar a devolución dos cartos ou realizar a renuncia a eles. En caso contrario, e se se está de acordo con ela, débese premer o botón «Continuar». Se nón se solicitou o aprazamento da operación, e preciso realizar o pagamento, seguindo os mesmos pasos que se describen no apartado “Autoliquidación da taxa”.

Se se solicitou aprazamento, ou non existe importe a ingresar, chegaremos directamente a presentación da operación.

(41)

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

Realizado o pagamento da operación ou atopándose nos supostos nos que non é precisa tal operación, chégase a transacción da presentación.

Amósase na pantalla un resumo dos datos da operación: o período e carácter, suxeito pasivo, representante, datos base do cálculo, autoliquidación, ingreso (se o houbese) e texto a asinar.

Débese premer o botón «Presentar» para rematar o proceso. Solicítase ao usuario que elixa un dos certificados dispoñibles e procédese ao seu asinado dixital.

Se a operación finalizou con éxito, o botón cambia a «Imprimir» para permitir navegar na visualización dos distintos documentos xerados.

(42)

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

Se se preme o dito botón, chégase a esta transacción que permite visualizar o modelo 043 da autoliquidación da taxa, así como o D043 da declaración e o anexo de premios. Estes dous últimos non existirán se se trata dunha operación feita cos datos da administración.

Tamén se pode navegar á listaxe das distintas operacións que se realizaron, ou voltar ao menú para iniciar unha nova declaración, realizar outras xestións ou finalizar a sesión.

(43)

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

Unha vez presentada a operación a aplicación emitirá

un documento xustificante de presentación telemática da autoliquidación da taxa do Bingo.

(44)

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo)

Tamén podemos obter copia do modelo D043 da

declaración cargada, no caso de non tratarse da carga de datos da administración.

Neste modelo incorpórase unha segunda páxina na que se resume a información dos premiados cun importe superior ao indicado na lei.

Ademais, tamén podemos visualizar un ficheiro de texto plano coa relación de premiados remitida, sempre que non se trate dunha carga de datos da administración. Debaixo desta liñas podemos ver unha imaxe do mesmo.

(45)

Fin da presentación

Centro Informático para a Xestión Tributaria,

Económico-Financeira e Contable

Referências

Documentos relacionados

Inquérito de Prevalência de Infeção Associada aos Cuidados de Saúde e Uso de Antimicrobianos em Unidades de Cuidados. Continuados

armários armários 5220 armário de instrumentos 5200 armário de parede 5240 armário de instrumentos c/ cacifo 5230 armário de instrumentos 5250 armário de instrumentos c/ cacifo 25

11.1. Na hipótese de inadimplemento pelo CLIENTE em suas obrigações assumidas com terceiros através do Sistema RODOCRED, fica o CLIENTE desde logo ciente e de acordo que a DBTRANS, no

Nesse caso, todos os municípios apresentaram conformidade quanto a esse quesito, uma vez que o máximo valor encontrado foi de 140mg/L de CaCO 3 nas amostras de água

Portanto, o ciclo obsessivo advém a partir da luta contra o retorno do recalcado. Há defesas para apagar este retorno, defesas secundárias, como foi visto ante- riormente. São

Para a organização da estratégia grupal foi pactuado com o serviço: a concentração do agen- damento dos adolescentes na terceira terça-feira do mês; o horário de desenvolvimento

a)Peso de grãos e/ou espigas espalhadas, em kg/ha, ajustado para 13% de umidade, da cultivar de milho a ser inscrita no RNC e das cultivares testemunhas avaliadas, por

Angela Maria Plath da Costa UFRGS A partir das diferentes interpretações da lei sobre a adoção por homossexuais, buscamos refletir sobre o modo de constituição dos sentidos