• Nenhum resultado encontrado

O VOLUNTARIADO CAS PERSOAS XORDAS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "O VOLUNTARIADO CAS PERSOAS XORDAS"

Copied!
5
0
0

Texto

(1)

Q-35g

O VOLUNTARIADO

CAS PERSOAS XORDAS

A HETEROXENEIDADE DO

COLECTIVO DE PERSOAS XORDAS

A pesares de que ó longo dos derradeiros anos produciuse un progresivo medre do nivel de sensibilizazón da sociedade cara as necesidades e barreiras coas que se atopan as persoas xordas a cotío, mediante a aprobación de leis e normativas de promoción da accesibilidade, o noso colectivo atopa dificultades dabondo para reivindica-los seus dereitos e acadar un acceso e participazón plenas á sociedade actual.

A Xordeira é unha eiva que socialmente non existe, é invisíbel para aqueles que a cotío crúzanse con persoas xordas no transporte público, as rúas, os lugares de cultura e lecer, a ocupación, etc.

Esta invisibilidade repercute negativamente na igualdade de oportunidades e de acceso das persoas xordas, dado que sinxelamente iñóranse, descoñécense. Na meirande parte da sociedade oínte, aínda existe un grande descoñecemento das necesidades deste colectivo, incluso sobre o que siñifica verdadeiramente ser unha persoa xorda e o que pode facerse para doar o seu acceso ós servizos sociais, educativos, laborais e lúdicos dos que goza o resto da sociedade.

En primeiro lugar, gostaríanos aclarar un aspecto que trouxo confusión dabondo, e é a enorme heteroxeneidade do colectivo de persoas Xordas, que presenta importantes diferenzas a nivel individual.

O grao de perda auditiva, o intre de adquisición da mesma, o redor socio-educativo da persoa, etc. marcan uns perfís concretos que son os que definen esta variedade.

Esta, ó mesmo intre, determina uns xeitos de comunicazón diferentes, que poden agruparse basicamente en dous:

- a Lingua de Signos, lingua natural das persoas xordas,

- e a comunicazón oral, apoiada en diferentes mecanismos (audífonos, implantes cocleares,...)

(2)

O que si é certo, é que, a pesares desta diversidade, existen dous aspectos comúns a todas aquelas persoas con déficit auditivo:

- as barreiras de comunicazón coas que atópanse na súa vida cotiá e - a configurazón do seu redor en base ós seus aspectos visuais.

Diante desta heteroxeneidade, existe un erro bastante común a nivel social e é o feito de pensar que tódalas persoas xordas podan acceder á lingua oral mediante a lectura labial.

Esta idea é errónea xa que a lectura labial é unha opción de comunicazón que compre dunha serie de elementos que aseguren a súa comprensión, así como un dominio completo da lingua falada, unha habilidade dabondo elevada, un coñecemento concreto do tema a tratar, unha boa alumeazón, unhas características do emisor axeitadas (que vogalice claro, fale lentamente, pronuncie correctamente,...) etc.

Facer coincidir todos estes puntos é dabondo difícil, e polo tanto podemos dicir que verdadeiros expertos en lectura labial hai moi poucos.

ALGÚNS ASPECTOS EN RELAZÓN COA LINGUA DE

SIGNOS

En primeiro lugar, podemos dicir que tratase da lingua natural das persoas xordas e sobre todo as que presentan xordeira na primeira etapa da súa vida, xa que "sendo unha lingua de recepción visual e produzón xestual resulta completamente accesíbel para eles"

É a lingua propria das persoas xordas, e é a que utilizan para comunicarse en todas as situacións da súa vida cotiá. Nembargantes, tamén utilizan a lingua oral para comunicarse co resto da sociedade, maioritariamente oínte.

Outro punto a esclarecer é a non universalidade da Lingua de Signos, igual que pasa co resto de linguas. Cada unha delas esta unida a unha cultura e unha historia, tanto nos aspectos formais como lingüísticos, e así a Lingua de Signos de Cataluña desenrolouse vencellada á comunidade Xorda catalana, á súa historia e á súa cultura, sendo tamén diferente da Lingua de Signos utilizada no resto do estado español, onde utilizase a Lingua de Signos Española.

Nestes intres, residen en Cataluña mais de 12.000 persoas xordas que utilizan como primeira lingua de comunicazón a lingua de Signos Catalana. A esta cifra engadiranse os/as 2.000 alumnos que anualmente están aprendendo Lingua de Signos nos diferentes cursos orgaizados pola FESOCA e os seus centros afiliados, así como tamén cuantificarase todas aquelas persoas que, por relazón familiar e/ou profisional, teñen algunha relazón con persoas Xordas. Deste xeito, o número medra substancialmente e pódese establecer ó redor das 25.000 persoas.

AS BARREIRAS DE COMUNICAZÓN

(3)

impídenllelo acceso á informazón, a cultura, o lecer, etc., sexan ou non usuarias da Lingua de Signos.

É doado comprensíbel que as persoas xordas atópense a cotío con moitas destas barreiras xa que, dada a súa "invisibilidade" para o resto de cidadáns, pasan xeralmente desapercibidas tanto polos axentes sociais como polos lexisladores.

A modiño, foi xurdindo unha lexislación de alcance municipal ou autonómico, que tende a "a eliminazón de barreiras", pero á hora de elaborarse e, sobretodo, levarse á práctica limitouse á eliminazón de barreiras arquitectónicas, deixando as barreiras de comunicazón nun segundo termo. A informazón que reciben as persoas xordas é mínima xa que, actualmente, os canais de transmisión están pensados por e para a maioría ointe.

A falla de recursos técnicos e humáns que faciliten a supresión destas barreiras provoca que as persoas xordas enfróntense a unha situazón de desvantaxe social.

PERFIL DO VOLUNTARIADO CON PERSOAS

XORDAS

Por todo o que comentouse ata o de agora, é obvio que a persoa que queira facer unha tarefa de voluntariado coas persoas xordas usuarias da lingua de signos, terá un bo dominio da lingua de signos xa que senón non poderá manter unha boa comunicazón coa persoa xorda.

E a tarefa que desenrolará dependerá do perfil da persoa xorda coa que realice o voluntariado (acompañamento a persoas xordas maiores, reforzo escolar a nenos xordos, colaborazón con asociacións de persoas xordas e con recreativos de nenos xordos, etc.)

(4)

CONSELLOS E PAUTAS DE ACTUACIÓN PARA

MELLORA-LA COMUNICACIÓN COAS PERSOAS

XORDAS.

Aínda que moitas persoas xordas levan unha prótese auditiva (audífono), esto non implica que oian do mesmo xeito que unha persoa ointe.

A pesares de que moitas persoas xordas non levan próteses auditivas, e utilizan a lingua de signos para comunicarse, esto non implica que a comunicazón coas persoas oíntes sexa imposíbel.

Así pois, sexan cales sexan as características particulares de cada persoa xorda, á hora de comunicarse con elas, compre seguir, perante a conversa, algunhas pautas, como por exemplo:

¾ Antes de falar, chame a súa atenzón e nunca lle fale se el non está a ollar.

¾ Para chamala atenzón compre buscar o mellor método (tocándolle suavemente as costas, facéndolle un aceno coa man, pedindo a outra persoa que o avise, dando uns golpeciños na mesa ou incluso no chan, utilizando avisos visuais como acender e apagar as luces, etc.)

¾ Probe facerlle unha breve referenza sobre o tema do que se falará, para que él estea ubicado, cando troque de tema fágallo saber.

¾ Vocalice sempre correctamente, pero sen exagerar. Nunca fale con obxectos diante da boca (un bolígrafo, a man, un cigarro, etc.. Tampouco fale de costas á persoa, ou nunha situazón na que ela non poda vela súa boca.

¾ Diríxase á persoa xorda con voz, pero sen berrar.

¾ Non fale demasiado rápido, pero tampouco demasiado lento.

¾ Fale con estructuras lingüísticas sinxelas, pero correctas, non fale con palabras illadas. Chame cada cousa polo seu nome, en frases completas e claras.

¾ As persoas xordas acostuman a ter dificultades para comprender frases feitas ou refráns.

¾ Se compre, axúdese dun aceno, unha verba escrita, un debuxo ou calquera cousa que asegure a comunicazón.

¾ Aínda que a persoa xorda teña moi boa competencia oral, (que fale moi ben), esto non implica necesariamente que o seu nivel de lectura labial sexa igualmente satisfactorio (que comprenda moi ben).

¾ Para doala comprensión daquelas partes da conversa que a persoa non entende, repita a mensaxe con diferentes palabras ou estructuras. Asegúrese que a persoa xorda entendeu aquelo que se lle explica.

¾ Non deixe de comunicarse cunha persoa xorda por medo que non a entenda. Son persoas que posúen moitos recursos para comunicarse, só compre ter paciencia e gañas de comunicarse con elas.

¾ Por outra banda, é importante coñece-la existencia da figura do interprete de lingua de signos. Se a persoa xorda coñece a lingua de

(5)

será moito mais efectiva e fluída. Nembargantes, vostede, como persoa oínte, tamén adaptarase e ira xurdindo automaticamente o xeito mais axeitado e específico para a comunicazón con aquela persoa xorda en concreto.

Referências

Documentos relacionados

Para os empregados residentes nos respectivos edifícios ou condomínios, fica assegurado um prazo improrrogável de 30 (trinta) dias, após a comunicação da

Caso não pretenda usufruir desta facilidade, os pagamentos deverão ser efectuados da seguinte forma: depósito mínimo de 20% à data da reserva + 50% do valor da viagem até 120 dias

E) pela variação da resposta do detector com a taxa de com que a radiação incide nele.Em geral, depende de todo o circuito eletrônico do detector.. Em radioterapia, garantia

“E a unção que vós rece- bestes dele, fica em vós, e não tendes ne-cessidade de que alguém vos ensine; mas, como a sua unção vos ensina todas as coisas, e é ver-dadeira, e não

2 — Se a zona de caça incluir terrenos sem o con- sentimento dos titulares de direitos sobre os prédios, nos termos do número anterior, aqueles podem, a todo o tempo de duração

A criação do Curso de Licenciatura em Letras – Língua Portuguesa/Língua Brasileira de Sinais, tendo a Língua Portuguesa, tendo como segunda língua para surdos, na

Será eliminado do processo seletivo, sem prejuízo das sanções penais cabíveis, o candidato que, em qualquer tempo: cometer falsidade ideológica com prova

A282 Projeto cadastro de fontes de abastecimento por água subterrânea, estado do Piauí: diagnóstico do município de Pau D’Arco do Piauí / Organização do texto [por]