• Nenhum resultado encontrado

BLOQUE 2 A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E OS MOVEMENTOS OBREIROS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "BLOQUE 2 A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E OS MOVEMENTOS OBREIROS"

Copied!
48
0
0

Texto

(1)

BLOQUE 2

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E OS

MOVEMENTOS OBREIROS

TEMA 3

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Non é ningunha esaxeración afirmar que a Revolución Industrial constituíu o cambio económico máis importante da Historia. A comezos do século XVIII, Gran Bretaña ou Francia eran países con pouca poboación. A esperanza de vida dos seus habitantes non superaba os 30 anos. A maioría dos ingleses e dos franceses traballaba entón no campo. Cada agricultor producía poucos alimentos. As cidades eran pequenas, e nelas os artesáns tamén producían poucos bens industriais. O comercio non era voluminoso e os medios de transporte resultaban rudimentarios.

A baixa produtividade do traballo facía que a produción e o consumo por habitante foran pequenos. Á pobreza engadíaselle o estancamento, xa que as economías preindustriais non conseguían aumentar a riqueza por riba da poboación.

A fins do século XIX –e en contraste con todo o anterior-, Gran Bretaña e Francia eran países con moita poboación a causa do descenso da mortalidade. Só unha minoría dos seus habitantes traballaban non campo, pero con poucos agricultores producíanse moitos alimentos. As cidades eran enormes, porque gran parte dos que antes se dedicaban á agricultura acudiran a elas, para traballar na industria ou nos servizos. Nas cidades, as fábricas producían bens industriais a gran escala. O comercio era voluminoso, e as mercadorías transportábanse por medio do ferrocarril ou dos buques de vapor.

(2)

Ó incrementar a produtividade do traballo, a Revolución Industrial aumentou a produción e o consumo por habitante. Desde entón, a riqueza dos países industrializados creceu por enriba das súas poboacións. Esto último supuxo, sen dúbida, o cambio económico máis importante da Historia, xa que non só tivo e ten un amplo abano de repercusións que abarca desde a tecnoloxía á sociedade, senón que na súa prolongación actual dividiu ós países en dous grupos, desenvolvidos e subdesenvolvidos. De modo que este proceso é decisivo para a historia do equilibrio mundial de forzas, pois ó dar orixe a un novo tipo de economía e de civilización material agravou o desfase entre rexións industrializadas e agrícolas, polo que moitos autores remontan a noción actual de subdesenvolvemento ó arranque do factory system británico.

1. CARACTERÍSTICAS DA REVOLUCIÓN

INDUSTRIAL

Primeira: aplicáronse novas tecnoloxías á producción de bens e servicios. Produciuse máis mediante a utilización de máquinas movidas por enerxía inanimada e empregáronse novas materias primas máis abundantes e eficaces cás anteriores.

Segunda: Xurdiron pouco a pouco unidades de producción distintas das pequenas explotacións agrarias e dos pequenos obradoiros artesanais. No campo aparecen explotacións con maior superficie. Na industria, fábricas onde se concentraban e encadeaban unha tras doutra as operacións necesarias para a elaboración dun producto e onde os obreiros se especializaban nas tarefas propias de cada etapa da produción. Foi desaparecendo así o mundo dos pequenos produtores agrícolas e artesanais, substituído por outro no que a terra, as fábricas e a nova maquinaria pertencían a capitalistas que contrataban man de obra asalariada. Todo isto tamén elevou a produtividade do traballo humano. O sistema fabril, a pesar de todo, non se xeneralizou axiña en todos os ramos da industria: vellos sistemas, como o putting-out ou o traballo artesanal independente conviviron coa fábrica ó longo da Revolución Industrial.

(3)

Terceira: orixinouse unha especialización económica de rexións enteiras. Cada rexión deixou de producir, como se facía antes, un pouco de todo. Naceron así grandes mercados nacionais e internacionais. Esa especialización elevou asemade a produtividade no traballo.

Cuarta: este crecemento económico supuxo que o valor da produción industrial e dos servizos chegara a superar o valor da produción agraria, o que non quere dicir que diminuíra a cantidade de alimentos producidos. Todo o contrario, neste crecemento aumentou a produción de trigo, e doutros produtos industriais, pero o valor monetario dos produtos e do transporte resultou superior ó valor dos bens agrarios.

Quinta: o crecemento económico foi tamén diferente a calquera outro anterior, porque se converteu en sostido. Cada ano produciuse e consumiuse máis. É certo que se deron curtos retrocesos ou crises pero, cando a produción e o consumo se recuperaban, sempre o facían por riba do nivel máximo acadado antes.

2. FACTORES DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A Revolución Industrial é o resultado dunha confluencia de circunstancias:

• Acumulación de capital pola burguesía grazas ó comercio internacional, que financia a mecanización das fábricas, os novos medios de transporte e as vías de comunicación.

• Aumento da poboación

• Introdución de novos métodos de cultivo e cambio de relacións sociais no campo.

Todos estes factores combínanse no tránsito do capitalismo comercial, propio da Idade Moderna, ó industrial, propiamente da Idade Contemporánea.

(4)

2.1. O AUMENTO DE POBOACIÓN

A tendencia demográfica invertíuse na Europa das Luces pasando a unha fase de expansión debida a:

• Mantemento dunha natalidade elevada en contraste coa redución das mortes, sobre todo as catastróficas e infantís.

• Mitíganse os efectos das grandes fames.

• Mellora da alimentación e a dieta –a partir de productos americanos- o que leva a que os organismos se fagan máis resistentes ás enfermidades.

• Ó longo dos séculos XVIII e XIX prodúcense avances na medicina e na hixiene.

Sobre os primeiros tempos desta Revolución demográfica resulta difícil soster que a reducción da mortalidade deste período se debera ós progresos da medicina. No século XVIII, o único adianto salientable foi o descubrimento por Jenner da vacina contra a variola (1796). A vacinación dos nenos reduciu a mortalidade infantil, pero os seus efectos só foron perceptibles xa andado o século XIX e esa caída de mortalidade infantil foi anterior. Tamén é certo que antes de 1850 a medicina logrou diagnosticar algunhas enfermidades ou que se utilizou a quinina para combater a febre. Non obstante, estes e outros progresos resultan insuficientes para explicar ese descenso nas taxas de mortalidade. Só unha minoría da poboación tiña acceso á medicina e tamén é moi probable que os hospitais da época contribuíran máis ó espallamento das epidemias que a curalas.

Un factor que si interveu de xeito decisivo na caída da mortalidade foi a desaparición da peste, para a que aínda agora non hai unha explicación definitiva. A hipótese máis xeneralizada é que se xeneralizou o costume dos cordóns sanitarios. Ó menor brote epidémico, o exército encargábase de impedir o acceso a comarcas ou cidades dos viaxeiros sospeitosos de portar a enfermidade. Algúns progresos na hixiene, na construcción de vivendas e na

(5)

recollida de lixos puideron tamén axudar á súa erradicación. As últimas pestilencias déronse en Marsella (1720), Messina (1743) e Moscú (1789). Na primeira metade do século XIX houbo epidemias de tifos, gripe e cólera, pero as súas secuelas non foron tan catastróficas como as que noutros tempos orixinara a peste.

A mellor alimentación tamén pode ser considerada como unha causa crucial na caída da mortalidade. A revolución agraria permitiu unha dieta máis rica e abundante. Ó parecer, o consumo de patacas desempeñou un importante rol na mellor nutrición das clases populares, aínda que tamén creceu o consumo de pan branco, leguminosas e hortalizas. Con esta mellor alimentación que no pasado, a poboación fíxose máis resistente ás enfermidades. A revolución agraria diminuíu tamén o número de fames. Agora, os anos de malas colleitas combátense co sobrante de anos anteriores ou ben importando trigo, o que foi posible grazas á mellora dos transportes.

Esperanza de vida ó nacer (en anos) nalgúns países (séculos XVIII-XIX)

PERIODO GRAN BRETAÑA FRANCIA SUECIA

1700-1709 36,8 - - 1720-1729 32,5 - - 1740-1749 33,5 24,8 - 1770-1779 36,9 28,9 34 1800-1809 37,3 33,9 36,5 1820-1829 39,6 38,8 42,8 1850-1859 40 39,8 43,3

O comportamento da natalidade entre 1750 e 1850 engadiu máis forza ó crecemento da poboación. A excepción de Francia, onde diminuíu, no resto de Europa mantivo practicamente as súas anteriores altas taxas de natalidade. A razón pódese atopar nas condutas de nupcialidade e fecundidade. O desenvolvemento económico permitiu un emprego elevado, o que fixo que o número de matrimonios fora alto e que as parellas casaran novas, co que as mulleres tiñan de 4 a 6 nenos antes da menopausa.

(6)

Asemade, a esperanza de vida aumentou notablemente e a finais do século XIX era xa, tanto en Gran Bretaña como na maioría de países industrializados, de 50 anos.

O retroceso da mortalidade e a alta natalidade cambiaron o vello sistema demográfico, no que a poboación crecía pouco, por outro caracterizado p or un aumento constante do número de habitantes.

Esta nova masa de poboación é absorbida só parcialmente por Europa, polas súas cidades, namentres que o resto se verte cara ó exterior mediante a emigración a continentes semi-baleiros. Os procesos de urbanización e migración intercontinental faranse masivos no século XIX.

Este excedente demográfico demanda cada vez máis alimentos e materias primas polo que cando o abastecemento non se poida satisfacer cos recursos do país as metrópoles europeas terán que acudir a centros de producción extracontinentais.

O crecemento da poboación non é a única premisa necesaria para a Revolución Industrial.

2.2. A MELLORA NOS TRANSPORTES

A mediados do século XVIII, existía un comercio campo-cidade e cidade campo. Era posible colocar mercancías europeas en América ou Asia e viceversa. Tamén se coñecían técnicas comerciais como a letra de cambio, e funcionaban compañías comerciais por accións. Existían, xa logo, unhas canles previas por onde puido ir fluíndo o primeiro gran aumento da producción agraria e industrial.

Porén, esas canles resultaron pronto estreitas por razóns técnicas e políticas. Os camiños eran malos e non se reparaban. Cando chovía, convertíanse en lameiras por onde era imposible transitar. A navegación fluvial

(7)

e marítima resultaba máis rápida e menos cara que a terrestre, pero non barata. Mesmo algúns países europeos conservaban a principios do XIX alfándegas internas que entorpecían os intercambios, porque gravaban as mercadorías ó pasar dunha rexión a outra. Todos estes obstáculos deberon ser suprimidos para que a Revolución Industrial fora cara adiante.

En Gran Bretaña, os vellos camiños e os ríos bastaron nun primeiro momento para que os maiores excedentes de alimentos e de materias primas chegaran ás cidades e para que a maior producción da industria chegase ó campo. Pero moi cedo resultaron incapaces de asegurar rapidez e baratura a uns intercambios cada vez máis voluminosos. Houbo que construír mellores camiños e, sobre todo, Inglaterra encheuse de canles que crearon un comercio interior máis rápido e barato.

O feito de que xa houbera un comercio internacional tamén serviu a Gran Bretaña para atopar mercados onde vender a súa producción industrial a cambio de recibir materias primas, en particular algodón, que transformaba en tecidos que vendía en todo o mundo.

As técnicas de navegación non progresaron ata finais do século XVIII, cando os clippers, veleiros moito máis longos que anchos, con maior capacidade de carga e maior velocidade que os vellos galeóns comezaron a dominar o mar1.

1

O clipper será o buque de referencia xa no século XIX, é a culminación da navegación a vela, en forte competencia cos buques de vapor. A mellora dos cascos e das velas facía que estes elegantes barcos correran como iates polos océanos, competindo entre si por facer as viaxes en cada vez menos tempo –a duración normal entre Europa e América para estes barcos era de só 14 días fronte ós case 40 de épocas anteriores-.

Por outra banda, a pesar da expectación inicial tralo primeiro viaxe de Robert Fulton en 1807, o vapor como método de propulsión dos buques non se impuxo de inmediato á vela por varias razóns. Primeiro, o vento que impulsaba as velas era gratis, a diferencia do carbón. Ademais, as rodas laterais que impulsaban ós primeiros vapores comportábanse mal nas viaxes oceánicas. Por eso, as máquinas de vapor usáronse ó principio como simples auxiliares das velas. Non será ata a chegada das hélices, turbinas e cascos de ferro que se poida dar por rematada a época da navegación comercial a vela.

(8)

Algúns países europeos tiveron que suprimir as súas alfándegas internas para industrializarse. Alemaña é un bo exemplo disto. Ata 1834 non existiu unha unión alfandegueira entre os pequenos estados que formaban a Confederación Xermánica

2.3. A REVOLUCIÓN AGRÍCOLA

En Inglaterra, ó perfeccionarse a maquinaria e introducirse novos métodos de cultivo, a terra esixe o traballo de menos brazos, co que se libera man de obra para a industria.

As renovacións agrícolas foron de distinto signo segundo os países, e aínda que levaron cartos ás aldeas ás veces isto non supuxo riqueza ó desarticularse as formas de vida tradicionais

En Inglaterra as innovacións son moi temperás e desde comezos do século hai melloras técnicas. O primeiro grupo de melloras consistiu na eliminación do barbeito, aumentar a superficie cultivada e obter maiores rendementos de cada hectárea. Os barbeitos foron suprimidos mediante un sistema de rotacion cuadrienal de cultivos. Dúas follas de terra sementábanse con cereais ou leguminosas. As outras dúas con tubérculos (patacas, nabos) e forraxeiras (alfalfa, trevo, colza, lúpulo). A introducción de tubérculos e forraxeiras foi fundamental, porque estas plantas non gastan os solos, senón que, polo contrario, os enriquecen, o que permitía que sobre estes solos foran cultivados ó ano seguinte, os cereais. Ademais, os tubérculos e forraxeiras viñeron resolver o problema da alimentación do gando. O número de cabezas aumentou, co que o fixo tamén a cantidade de esterco. Os solos puideron, xa que logo, fertilizarse mellor e aumentaron os rendementos por hectárea.

Outras melloras técnicas que axudaron a producir máis alimentos foron a selección das sementes; a utilización de arados máis perfeccionados e de

(9)

máquinas sementeiras turradas por cabalos e a drenaxe de zonas pantanosas, que pasaron a ser cultivables grazas ás novas técnicas.

A partir de 1830 as innovacións introducidas na agricultura seguiron a elevar a produtividade dos campesiños. O uso de fertilizantes químicos fixo posible o cultivo de moita máis terra e obter, ademais, maiores rendementos en cada hectárea. A introducción da máquina de vapor nos labores do campo – tractores, segadoras, trilladoras...- tamén contribuíu a elevar a produtividade.

Os custos sociais do cambio non se fixeron esperar, xa que para lograr todos estes avances tecnolóxicos e produtivos foi preciso modificar por completo a propiedade feudal e comunal da terra. Así, as tradicionais terras abertas

(oppenfields) foron pechadas sistematicamente polos terratenentes medios,

que formaban o grupo social da gentry, os cales comezan a combinar as súas explotacións agrícolas co comercio e o exercicio de profesións liberais. Para logralo, o Parlamento Inglés ditou desde mediados do século XVII e ó longo do século XVIII unhas leis coñecidas como Enclosures Acts ou actas de pechamento de terras. Nestas novas parcelas pechadas (enclosures) é onde se aplicarán as novidades técnicas, a costa do pequeno granxeiro arrendatario e do campesiñado pobre –chamados cottagers pola casa que habitaban-, que se ven privados dos pastos e os aproveitamentos comunais e ó non poder afrontar a reforma dos seus pagos vense obrigados a converterse en asalariados ou a emigrar ás cidades como forza de traballo barata.

Francia, pola súa parte, presenta unha evolución agrícola diferente da inglesa, na que os principios fisiocráticos do século XVIII quedaron en formulacións teóricas e as modificacións do sector rural chegaron coa Revolución política. Esta destruíu o sistema feudal e comunal da propiedade da terra en varias fases. Durante as primeiras fases da Revolución, foron suprimidos os dereitos

(10)

feudais que aínda pesaban sobre os campesiños, a nobreza perdeu o privilexio de vincular a súa terra e as propiedades da Igrexa foron vendidas en poxa pública, polo que pasaron a mans de comerciantes e campesiños acomodados que introduciron nelas os novos métodos de cultivo ingleses.

Durante a etapa máis radical do período revolucionario, as terras comunais e as da nobreza exiliada foron repartidas entre os campesiños. Con este xesto tentouse cumprir co ideal xacobino dunha sociedade composta de pequenos productores iguais entre si. Gran parte do campo francés quedou repartido entre unha clase numerosa de pequenos e medianos propietarios cuxa prosperidade aumentou ó non ter que pagar rendas pola terra que traballaban. Mais, nun principio, o paso destes xornaleiros sen terra á condición de propietarios non significou unha transformación no modo produtivo, xa que o cultivo seguirá a ser de corte tradicional, polo que non se producen excedentes comercializables nin aumenta a produtividade. Este retraso da produción agrícola nos campos franceses, que non tomará corpo ate mediados do século XIX, é utilizado por varios autores para explicar a demora da Revolución Industrial en Francia con respecto a Inglaterra.

En Gran Bretaña, ademais dos factores demográficos e agrícolas, prodúcese unha acumulación de capitais que se inviste na industria. En principio, a maioría deste capital acumulouse no comercio colonial, co que o realizado entre Inglaterra e América do Norte veu a sumarse ó frutífero comercio triangular entre Europa, que proporcionaba manufacturas, a costa occidental de África cos seus escravos e as plantacións e minas americanas. O sistema capitalista mundial baseábase no sometemento da periferia ó centro das metrópoles.

2.4. A ACUMULACIÓN DE CAPITAL

Mais a rapina colonial non ten por que levar necesariamente ó capital industrial, pois países con colonias como España e Portugal, e en menor medida os Países Baixos, non experimentan a acumulación inglesa. O que significa que

(11)

en moitos casos o capital comercial e as rendas procedentes da terra non se invisten na agricultura. E é que a maioría do capital dos burgueses británicos procede do sistema de traballo doméstico e do propio sector secundario, pois as primeiras inversións son moi baixas, a competencia escasa e os bens véndense a altos prezos.

A carón da definición do mercado exterior, que no século XVIII ve como se incorpora a rexión externa de Asia ó sistema de economía-mundo, o mercado interior beneficiouse da favorable conxuntura para o consumidor, decaendo as feiras en beneficio do mercado diario e semanal e facéndose continuas as compras. O campesiño que se autoabastecía do que producían as súas terras e das aportacións complementarias das terras comunais convértese nun gastador de cartos, xa que todo o que precisaba podíao mercar na tenda. Pero se tiña a desgraza de entrar nunha situación de desemprego esperáballe a pobreza, pois xa non tiña un anaco de terra que o respaldase e, non obstante, precisaba diñeiro para vivir a diario.

Aínda así, a articulación do mercado nacional haberá de retrasarse ata o século XIX, nun proceso no que desaparecerán as trabas ós intercambios rexionais, non só as de tipo xeográfico que dificultaban as comunicacións e as técnicas referidas ós medios de transporte, senón tamén a supresión das alfándegas interiores propias dun sistema de privilexios como era o do Antigo Réxime. A este respecto será senlleiro o caso de Alemaña, onde a unión aduaneira dos pequenos principados (zollverein) será un dos factores que levarán á unificación política.

2.5 AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS

A derradeira condición previa para a Revolución Industrial foi de natureza política. As monarquías absolutas aseguraban os privilexios das clases feudais, e os dereitos destas –vinculación da terra ou dereitos feudais sobre os campesiños- impedían o crecemento económico. Outra barreira institucional eran os gremios. Estas asociacións de artesáns protexíanse da competencia a

(12)

través de normas municipais que coartaban a liberdade de industria en moitas cidades. Prohibíase, por exemplo, a libre instalación de fábricas ou doutros artesáns que non aceptara o gremio. Tamén era vetada a introdución de maquinaria nos obradoiros. Estes e outros obstáculos deberon ser suprimidos para que puidera iniciarse a Revolución Industrial.

As revolucións burguesas encargáronse diso ó crear parlamentos desde os cales a burguesía e as clases medias construíron o marco legal necesario para a industrialización. Foron suprimidos os privilexios e dereitos feudais. Vendéronse as terras da Igrexa e as comunais. Abolíronse os gremios. Desapareceron as alfándegas interiores. Permitiuse a liberdade de industria e de comercio. A revolución burguesa máis temperá foi a inglesa, levada a cabo no século XVII. Os Estados Unidos e Francia fixeron as súas a finais do século XVIII. O resto dos países da Europa Occidental experimentaron este proceso ó longo de todo o século XIX.

3. A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

3.1. CRECEMENTO DA INDUSTRIA E DOS SERVIZOS

As dúas industrias que máis creceron foron a do algodón e a do ferro. Ademais, tamén foron as primeiras industrias que se concentraron en fábricas e que empregaron novas tecnoloxías máis produtivas que as antigas. Pero o aumento da produción industrial non quedou limitada á produción de tecidos de algodón e de ferro. Outras industrias aumentaron tamén as súas producións. Ferrocarrís e barcos a vapor deron pulo a un comercio máis voluminoso. Bancos e sociedades anónimas serviron para financiar as novas empresas. O crecemento económico supuxo, en fin, a expansión doutros servizos: transporte urbano, tendas, servizo doméstico, educación, sanidade, servizos administrativos do Estado...

(13)

3.2. A INDUSTRIA TÉXTIL ALGODOEIRA

2

Non foi casualidade que fora a industria do algodón a que máis crecera durante a primeira fase da Revolución Industrial. A necesidade máis básica é o alimento. Logo, vestirse. En canto a poboación posúe unha renda moi baixa, como sucede nas sociedades preindustriais, case toda esa renda se gasta en alimentos, polo que ó campesiño lle queda pouco poder adquisitivo para poder mercar vestidos. Polo contrario, cando se eleva a renda por habitante, o lóxico é consumir vestidos antes que comprar vidro, por exemplo. Isto explica por que as maiores rendas orixinadas pola revolución agraria beneficiaron a demanda de tecidos en maior grao cá doutros productos industriais. Iso mesmo explica por que a revolución demográfica disparou a demanda de téxtiles. Maior cantidade de xente significa maior consumo de vestidos. O terceiro factor que favoreceu a demanda de tecido foi o mercado exterior. A poboación das zonas máis atrasadas de Europa, de América e da India consumía teas autóctonas, producidas de xeito artesanal. O consumo por habitante era pequeno dada a súa pobreza, pero era unha poboación numerosa. Chegou con ofertarlle teas inglesas ou francesas, máis baratas para que dirixiran as súas preferencias cara a estas e non ás da súa propia artesanía. Nalgúns casos, estes mercados foron coloniais, o que aseguraba o monopolio por parte do país exportador. Gran Bretaña, por exemplo, prohibiu a entrada na India de teas que non foran da súa industria.

Ó aumentar a demanda de téxtiles houbo que incrementar a oferta, o que se conseguiu introducindo innovacións tecnolóxicas que elevaron a productividade da industria téxtil. Así, xurdiron innovacións que fixeron fronte á maior demanda. A primeira foi a lanzadeira volante, inventada por John Kay en 1733, que mesmo permitía fabricar pezas de algodón do ancho desexado. Porén, levaba consigo un novo problema, e é que ó traballar os obreiros con máis

2

Falar do algodón e non da la ten unha explicación ben sinxela. A fibra de algodón é dura e resiste os movementos bruscos feitos polas primeiras máquinas logradas na revolución industrial, en tanto que a la é fráxil. Ademais, a produción a grande escala requiría gran cantidade de materia prima e o algodón era unha materia prima barata e abundante (Inglaterra obtíñao das colonias: América do Norte e a India). É un produto cunha demanda elástica, é dicir, que se pode aumentar a súa produción con facilidade, cousa que non se podía facer coa la.

(14)

rapidez, precisaban unha maior cantidade de fío, ou o que é o mesmo, substituír a roca por un torno de fiado máis rápido. Isto veu a solventalo James Hargreaves no 1765, un carpinteiro de Blackburn, que inventou a máquina fiadora chamada jenny, de usos múltiples, que viña a ser un pequeno muíño dotado de oito fíos grazas ó cal o algodón era fiado e retorto ó mesmo tempo.

A difusión de jennies e a fabricación de exemplares con varias ducias de fusos fíxolle gañar sona de máquina aforradora de traballo, polo que foi obxecto da carraxe dos ludditas, que queimaron e destruíron moitas jennies na rexión do Lancashire. Aínda máis revolucionaria foi a máquina fiadora continua ou water

frame, inventada no 1768 polo barbeiro Richard Arkwright, productora dun fío

resistente que empregaba a forza motriz dun salto de auga e á que máis tarde se lle aplicará o vapor.

Coma híbrido das dúas anteriores aparece en 1779 a mule-jenny, deseñada polo operario Samuel Crompton, que producía á vez a torsión e o enrolado e fabricaba un fío de tal finura e calidade que mesmo podía tecer muselinas. Agora quedaba fabricar un tear que traballara con maior velocidade, problema que soluciona en 1784 o tear mecánico de E. Cartwright, movido primeiro por cabalos e logo por enerxía hidráulica.

O progreso tecnolóxico deu un gran salto cara adiante cando, desde finais do século XVIII, se comece a aplicar a enerxía de vapor tanto ás máquinas de fiar como ás de tecer.

A domesticación do vapor comezou a ter éxito neses tempos, cando o francés Denis Papin desenvolvera nunha marmita a biela que transforma o movemento alternativo do pistón en movemento rotatorio e tentou aplicalo a un barco de rodas e paletas. Pero o desenvolvemento do vapor irá ligado á problemática da industria siderúrxica, dependente do recurso ó carbón mineral ou vexetal. Xa que Europa sufrira un acusado proceso de deforestación, o recurso ás minas presentaba dúas cuestións: o perigo de explosión de grisú e a inundación dos buracos coa auga da chuvia.

(15)

É para sacar ese exceso de auga das galerías que, primeiro Thomas Savery e logo Thomas Newcomen idearan, xa a comezos do século XVIII a máquina atmosférica, que actuaba coma unha bomba extractiva pola forza motriz debida á presión atmosférica. O éxito práctico deste invento foi enorme, pero consumía enormes cantidades de carbón mineral e perdía moita calor.

Será James Watt quen dea o paso decisivo en 1769 cando patenta unha máquina que resolve a dispersión da enerxía, incorpora un condensador e transforma o movemento alternativo e rectilíneo noutro continuo e circular. Esta máquina logra crear por vez primeira na Historia unha fonte de enerxía inanimada moito máis eficaz cá da auga. O invento de Watt proporcionou unha enerxía máis barata, potente e regular. Adaptada ó fiado e ó tecido, revolucionou a produtividade da industria téxtil: a produción de tecidos de algodón ingleses multiplicouse por cen entre 1780 e 1850, namentres que o número de traballadores na industria algodoeira só o fixo por sete.

A aplicación do vapor constituíu a fase máis espectacular do sistema fabril, revolucionando non só a industria, senón tamén a minería e os transportes. As fábricas deixaron de localizarse forzosamente na beira dos ríos, apegadas á enerxía hidráulica, e foron levadas a rexións máis poboadas ou mellor comunicadas. A concentración xeográfica, industrial e financeira dará lugar ó nacemento das grandes cidades industriais3.

A maior producción de tecidos de algodón tivo efectos positivos para o crecemento económico. Chamarémolos “efectos de arrastre”: a industria de algodón “turrou” doutros sectores –químico (tintes), siderúrxico (maquinaria)-, facendo que estes tamén creceran. Ademais, para producir máis teas foi preciso aumentar o número de obreiros nas fábricas, o que fomentou a construción de vivendas para os traballadores. Estes demandaban alimentos, o que, á súa vez, arrastrou ó sector de servizos urbanos. Por último, a maior

3

En Inglaterra esa concentración fíxose arredor do condado de Lancashire, preto do que se situaban cidades como Leeds, Manchester e Chester, e que tiña un importante porto como Liverpool á súa beira.

(16)

produción de teas contribuíu á creación duns medios de transporte máis eficaces para a súa comercialización.

3.3. A INDUSTRIA DO FERRO

Foi o outro sector industrial que revolucionou a súa tecnoloxía no século XVIII, baseado no protagonismo da hulla, que debía facer fronte ás esixencias que lle chegaban das distintas industrias, da agricultura e da creación de novas vías de comunicación. Se ata entón o carbón de leña fora utilizado como materia prima e a enerxía se extraía da forza dos ríos, todo isto comezaba a volverse problemático debido á gran deforestación experimentada4, o que fai que desde agora se acuda ó carbón de pedra para fins domésticos e industriais. A comezos de século, o mestre ferreiro Abraham Darby funde mineral de ferro coa axuda de hulla transformada en coque para obter arrabio. Este sistema estaba abocado ó éxito debido a que as reservas de hulla eran tan abundantes que fixeron desaparecer o problema da escaseza de combustible. Ademais, o coque posúe un maior poder calorífico se é inxectado no alto forno un potente chorro de aire, o que se logrou a partir de 1776, cando John Wilkinson substituíu os foles hidráulicos por máquinas de vapor, conseguindo que o alto forno recibira unha corrente de aire máis potente e regular.

A partir de aquí as instalacións siderúrxicas e os altos fornos podíanse localizar en sitios lonxe dos bosques, producíase arrabio máis barato e xurdía a necesidade técnica de obter a descarburación do mesmo, xa que o ferro doce que quedaba para os apeiros de labranza e maquinaria despois de usar o colado para fabricación de armas e vigas resultaba moi crebadizo . Este paso deuno o empresario siderúrxico Henry Cort no ano 1786 cando inventou o

puddlage system ou descarburación da fundición líquida para obter unha

produción industrial de ferro dúctil e maleable. A pudelaxe, xunto co perfeccionamento do martelo pilón e á aplicación da máquina de vapor

4

O feito de incrementar a produción dos altos fornos de modo ininterrompido era de todo punto imposible, xa que iso significaba destruír o bosque e, por tanto, reducir o carbón dispoñible. Unha testemuña do século XVIII fala así da situación de Irlanda: “O estrago causado polas forxas nos bosque é inimaxinable. Irlanda estaba hai 60 anos ben provista de carballos, pero as forxas que se foron instalando desde entón limparon en pouco tempo os seus montes, ate o punto de que os industriais xa non teñen suficientes árbores para producir o carbón”.

(17)

multiplicarán a produción de ferro. Ademais mellora a súa calidade con novos procesos, como as laminadoras de Cort, a pulimentadoras e perforadoras de Wilkinson, o torno metálico de Mandsley, o convertidor de Bessemer (1860) – que mellorou a produción de aceiro.

Desde comezos do século XIX, construiranse novas máquinas movidas pola enerxía do vapor: perforadoras, fresadoras, trefiladoras ou tornos mecánicos cortarán, estirarán e moldearán o ferro a gran velocidade.

A maior produción de ferro arrastrou a outros sectores como a minería, os transportes e a construción de máquinas, sendo utilizada como índice para medir o grao de desenvolvemento dun país. Debido ó desenvolvemento da metalurxia, a extracción de minerais experimentou un forte crecemento xa na primeira etapa da industrialización.

3.4. O SECTOR TRANSPORTE

A Revolución Industrial creou grandes excedentes para vender. Os maiores rendementos da terra fixeron que as rexións agrícolas produciran moito máis do que podían consumir. O mesmo sucedeu nas rexións industriais, como consecuencia da súa maior produtividade. Este aumento dos excedentes elevou a cantidade de mercancías intercambiadas entre rexións dun mesmo país ou entre distintos países. Un comercio cada vez máis voluminoso esixiu renovar os medios de transporte. Era preciso acadar un tráfico voluminoso, rápido e barato. Do contrario, o crecemento económico estrangularíase, ó non poder colocarse os excedentes en mercados afastados.

Como xa vimos, as primeiras respostas diante do problema de atopar solución ó transporte foron a construcción de mellores camiños e de canles, o aumento das flotas a vela e os clippers permitiron un comercio maior e máis barato durante a primeira metade do século XIX. Pero o progreso tecnolóxico non se detivo aquí: deu un gran salto adiante despois de 1850, cando se xeneralizou o emprego da enerxía do vapor tanto no transporte terrestre coma no marítimo.

(18)

Os primeiros intentos de aplicar a enerxía de vapor á tracción datan de comezos do século XIX. O inglés Richard Trevithick enxeñou, no 1804, a primeira locomotora. A máquina serviu para arrastrar, sobre raís de ferro, vagóns que antes eran turrados por cabalos, e utilizouse para o transporte do ferro na fábrica Penydaren, en Gales. Seguindo os pasos de Trevithick, outro enxeñeiro inglés, George Stephenson, construíu entre 1814 e 1829 varios modelos de locomotoras. A máis perfeccionada recibiu o nome de Rocket –

Cohete- e logrou acadar unha velocidade media de 24 quilómetros por hora. O

éxito destas máquinas fixo que se crearan as primeiras liñas de ferrocarril para mercancías e pasaxe. En 1825, as locomotoras foron utilizadas nos 13 quilómetros da liña Darlington-Steckson, e en 1830 foi inaugurada a liña Manchester-Liverpool. Logo, o “boom” ferroviario. A construcción de ferrocarrís precisou de grandes inversións de capital aportadas tanto por empresarios como polo Estado. Así, en Inglaterra o ferrocarril foi financiado por compañías privadas, en tanto que nos demais países europeos e nos Estados Unidos foi o Estado o que fomentou a creación da infraestrutura ferroviaria.

En canto á navegación marítima, todos os obstáculos cos que se atopara a navegación a vapor foron superados de modo paulatino ó longo da segunda metade do século XIX. Agora os buques a vapor acadaron unha capacidade de carga moi superior ós de vela (2.000 ou 3.000 Tm máis por termo medio). Viaxaban con maior velocidade, o que lles permitía facer máis viaxes cós veleiros e levar así máis carga ó mesmo tempo. Ademais, o establecemento dunha rede mundial de estacións ou portos carboeiros, onde os barcos podían repostar, abaratou o prezo do combustible e fixo diminuír o espazo necesario para almacenar carbón.

Esta renovación dos medios de transporte tivo, pois, importantes consecuencias económicas que podemos sistematizar deste modo:

1ª. Logrou que o aumento dos excedentes agrarios e industriais puidera colocarse con facilidade nos mercados dun mesmo país ou nos internacionais.

(19)

2ª. Os prezos do transporte terrestre e marítimo caeron durante o século XIX porque aumentou moito o rendemento dos sistemas de acarreo.

3ª A posibilidade de colocar os excedentes en mercados lonxanos a prezos baixos orixinou unha especialización de rexións enteiras e, por tanto, un incremento na producción total.

4. A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. A

INDUSTRIALIZACIÓN

Esta segunda revolución sitúase a partires a segunda metade do século XIX e, desde o punto de vista tecnolóxico caracterizarase pola utilización industrial da electricidade a gran escala, o perfeccionamento do motor de combustión lenta, a invención das comunicacións telegráficas e telefónicas e o protagonismo crecente do petróleo. A nova fornada de países industrializados terá como trazos comúns a súa dependencia dos capitais estranxeiros, a súa maior lentitude e as desigualdades rexionais.

Tal é o caso do Imperio Austro-Húngaro, dependente do capital alemán e inglés, cuxo foco industrial sitúase no territorio austríaco do imperio, namentres que as provincias húngaras e balcánicas permanecen nun estadio agrícola. En Italia sucede outro tanto, cando á unidade política suceda a industrialización, pois esta concentrarase nun triángulo norteño –Milán, Turín e Xénova-, deixando o Mediodía cunha estructura agraria latifundista. En España tamén se contrapón o centro deprimido cos polos industriais da periferia e as elevadas inversións de capital estranxeiro. En Rusia a dotación industrial do país será iniciada polos últimos tsares e, diante da falta de interese da nobreza, apoiarase en capital francés e inglés. Fóra de Europa destacan os focos industriais de Canadá, onde se asenta o sistema fabril por proximidade ós Estados Unidos, e en Xapón, onde a revolución Meiji trata de liquidar o pasado feudal e a nova dinastía Hito adícase a reproducir as formas políticas e económicas de Occidente.

No resto do mundo non prospera a vía cara á industrialización, porque as grandes potencias bloquean calquera intento de despegue que se produza fóra

(20)

das súas fronteiras. Esta é a actitude que teñen para os territorios de Asia, África e América Latina, nos que o colonialismo impediu o desenvolvemento das manufacturas autóctonas, e os converteu en mercados para as súas exportacións e en fontes de subministro de materias primas. Cando a dominación das metrópoles esgote as medidas de control indirecto, como podía ser o contrabando con Iberoamérica, pasará a alentar conflitos rexionais, como a chamada Guerra do Opio en China (1840-42), ou o reparto puro e duro das áreas de influenza como sucede na Conferencia de Berlín (1885) con respecto ó continente africano. En última instancia, créase unha estrutura de intercambio desigual e de división internacional do traballo.

4.1. NOVOS INVENTOS E NOVAS FONTES DE ENERXÍA

Sen dúbida, o feito máis importante na economía europea no tránsito entre os séculos XIX e XX é a nova revolución tecnolóxica que se produce. Si a revolución industrial clásica, a de finais do XVIII e comezos do XIX, foi a do carbón, o ferro e o téxtil, a máquina de vapor, o ferrocarril e o telégrafo, podemos falar dunha segunda que, sen que aqueles grandes adiantos foran abandonados, sería a do petróleo e a electricidade, a do motor de explosión e o automóbil, a dos plásticos, os novos produtos químicos e o teléfono.

Os grandes adiantos técnicos que deron lugar á primeira das expansións industriais, é dicir, a de finais do século XVIII, víronse substituídos e superados a finais do XIX por outra serie de invencións tecnolóxicas que ían transformar a industria. Á vella fonte de enerxía por excelencia, o carbón, engadiránselle outras dúas de posibilidades insospeitadas, o petróleo e a electricidade. Iso é posible pola creación das máquinas que son capaces de aproveitar a enerxía xerada por ambas as dúas fontes: o motor de combustión interna ou de explosión e a máquina eléctrica, tanto as capaces de producir electricidade – dinamo e alternador- como as que producían forza transformando a corrente eléctrica.

(21)

A comezos do século XX hai outro invento de excepcional importancia relacionado tamén co motor de explosión: o dos primeiros artefactos que voan, entre os que destacan os dos irmáns Wright en América, que levarían á revolución da aviación.

Outro dos progresos decisivos é o da química. Invéntanse procesos como o da electrólise, ou o da invención de aceiros de diversas cualidades a partir de inventos anteriores dos convertedores ou fornos (Siemens-Martin e Bessemer). O aceiro é agora o produto fundamental de toda a industria da construción mecánica, coma pontes ou mercados. O máis marabilloso exemplo desta nova forma de construír é, sen dúbida, o da torre Eiffel de París, realizada en 1889. A produción de ácido sulfúrico, de abonos derivados del, doutros tipos de abonos sintéticos e os primeiros plásticos, son tamén indicadores do progreso industrial a finais do século XIX e comezos do XXl.

Asemade prodúcese unha revolución nos transportes, coa aplicación do motor de explosión, que emprega a gasolina obtida por refinado do petróleo. O americano Henry Ford produce o primeiro tipo de coche fabricado en serie, en 1903. Ford é o pai e símbolo da industria mundial do automóbil. En 1913, as súas fábricas producían en EE.UU. 250.000 coches ó ano. En Europa destacan os franceses Panhard e Louis Renault e o alemán Daimler, que, xunto con Otto, figuran coma os inventores do automóbil. En Alemaña invéntase despois, por Rudolf Diesel, un motor que funcionaba cun combustible máis pesado, e máis barato, que a gasolina, o gasóleo. O petróleo convértese así nun dos máis importantes negocios mundiais que pronto capitanean os americanos. O máis célebre dos empresarios petrolíferos é Nelson Rockefeller, fundador da Standard Oil Company. A hulla seguía a ser, de todas formas, o primeiro combustible en 1913, pero avanza a competencia dos combustibles líquidos e da electricidade. Esta última ten extraordinarias aplicacións desde que Siemens inventara a dinamo para producila, en 1867.

En 1879, Thomas Alva Edison inventa nos Estados Unidos a lámpada eléctrica, e en 1882 instálase a primeira fábrica de electricidade en Nova York. A electricidade transforma pouco a pouco as fábricas arrombando as vellas

(22)

máquinas de vapor coma fonte de forza. As grandes compañías nacionais produtoras de enerxía eléctrica aparecen nestes anos: a AEG alemá, a Metropolitan Vickers británica, a Thompson en Francia, etc..

4.2. O NOVO MODELO EMPRESARIAL E BANCARIO

Os movementos de concentración empresarial están estimulados por toda unha gama de elementos que aceleran o proceso no último terzo do século XIX.:

-A chamada segunda revolución industrial é causa e consecuencia de innovacións técnicas que afectan ó proceso industrial na súa totalidade: maquinaria máis sofisticada, técnica de distribución máis perfeccionada. Todo iso impón unha maior carestía da utillaxe en xeral. As empresas xa non poden autofinanciarse enteiramente e teñen que acudir a recursos alleos proporcionados polos mercados financeiros. En suma, o progreso técnico, a nova tecnoloxía industrial para ser aplicada con criterio e racionalidade esixe a ampliación de plantas industriais e unha maior dispoñibilidade de capital-cartos, de aí a difusión das sociedades anónimas, que substitúen definitivamente á empresa individual nos sectores punteiros da producción.

-As crises económicas e o incremento da competencia conxugan os seus esforzos: seleccionan empresas e deixan no camiño ás menos competitivas, que desaparecen ou son absorbidas polas máis resistentes. Guerra de prezos e guerra de mercados que, por outra parte, favorecen os convenios entre empresas e estimulan a consecución de acordos económicos que fixen prezos, regulen a oferta ou establezan áreas de influenza.

-Tanto a estrutura como a actividade bancaria sofren profundas transformacións ó longo do século. Asistimos ó nacemento dun sistema bancario máis complexo que substitúe ó banqueiro individual anterior, ó comerciante capitalista que utilizando sobre todo recursos propios é máis ben un prestamista, a pequena ou grande escala, que un promotor empresarial. Agora é o predominio dos bancos mixtos, dos bancos de depósitos, que

(23)

canalizan o aforro privado cara as súas arcas e practican asiduamente o préstamo a longo prazo e toda unha serie de operacións que favorecen a irrupción dos bancos no mundo empresarial, estimulando á súa vez a concentración empresarial, ata facer real a coñecida definición de Hilferding: Capital financeiro é o capital que está a disposición dos bancos e que utilizan os industriais. A compra de accións industriais por parte da banca ou a creación de sociedades de participación son instrumentos de penetración bancaria cada vez máis habituais.

-Se o modelo de capitalismo liberal que cobre o período 1850-1873 defínese pola súa tendencia ó librecambismo, a finais do século cambia a tónica e xorden as primeiras tendencias proteccionistas, co relanzamento dunhas políticas arancelarias que buscan a reserva dos mercados interiores para a producción nacional. Sucesivamente, España, Rusia e Francia defenden os seus mercados con gravames cada vez máis acusados. Tan só Gran Bretaña manterá unha economía librecambista.

Porén, o renacemento dos nacionalismos económicos vai paralelo á consolidación do mercado mundial, sobre todo cando o auxe imperialista finisecular abre novos espazos económicos. Iso fai que non sexa estraño aparezan neste proceso de integración económica supranacional as grandes empresas e o capital financeiro. É dicir, os monopolios trascenden as fronteiras dos Estados e internacionalízanse. O proceso de concentración empresarial ten, por tanto, a súa vertente mundial moi relacionada co apoxeo imperialista.

Entre os tipos de concentración empresarial destacan os seguintes tipos:

• Convenios que regulan niveis de producción, prezos ou reparto de mercado, baixo formas diversas que van desde a máis simple, os

gentlemen’s agreements: acordos provisionais para fixar os prezos

nunha determinada rexión, ós cárteles: sólido compromiso a longo prazo, no que empresas participantes aínda manteñen a súa independencia xurídica.

(24)

• Os holdings. Sociedades de participación que facilitan o dominio financeiro doutras empresas con gran aforro de capital. Normalmente, é o instrumento de penetración financeira máis utilizado polos bancos. O mecanismo é moi simple: un banco ou grupo financeiro constitúen un

holding, do que controlan o 51% das accións; á súa vez, o holding

adquire a maioría das accións das empresas que interesan ó banco patrocinador. Grazas a esta fórmula, un banco pode dominar un número considerable de empresas sen comprometer a totalidade dos recursos dispoñibles; basta unha inversión que asegure unha maioría cómoda no consello de administración da empresa que se quere controlar. Sen dúbida, este sistema de participación foi o instrumento que fixo posible o ensamblaxe entre a banca e o mundo fabril, é dicir, a irrupción do capital bancario no desenvolvemento industrial.

• A fusión empresarial ou trust. É a forma máis elevada de concentración. As empresas que se aglutinan no trust perden a súa independencia xurídica. A finais do século XIX este tipo de concentración é aínda minoritario respecto ós dous anteriores.

Ademais da empresa privada, o Estado, xunto co seu labor de favorecer o crecemento económico mediante a promulgación de leis favorables ó desenvolvemento capitalista e industrial, foi nalgúns países promotor das inversións de capital, para fomentar o desenvolvemento da economía e a industria.

O Estado alemán, por exemplo, construíu ás súas expensas boa parte da rede ferroviaria, pero foi o Estado xaponés quen máis directamente interveu na financiación da industria, suplindo desde xeito a falta de iniciativas privadas. Os gobernos Meijí, empeñados nun proceso de modernización do país, construíron fábricas e asteleiros que, despois de 1882 venderon a baixo prezo ás empresas privadas.

(25)

5. CONCLUSIÓN: O SISTEMA ECONÓMICO

CAPITALISTA

A consecuencia máis importante do triunfo do sistema fabril e do maquinismo é a conversión do sistema económico capitalista en hexemónico. Todas as liñas que partían do mundo subdesenvolvido confluían en Europa. Os operarios deixan de elaborar por completo os obxectos, como antes facían os artesáns e apoiándose en máquinas fan unha serie de operacións especializadas. Ó aplicarse este principio da división do traballo, o normal é que o productor xa non sexa o propietario dos medios de traballo, senón que a súa forza e a maquinaria que manexa estea integrada nunha fábrica e esta é propiedade dun empresario.

Porén, a partir dos anos setenta do século XIX a fase de desenvolvemento industrial capitalista a base do burgués emprendedor, dos capitáns de empresa audaces, dos primeiros resultados acadados polos ferrocarrís axudando á formación de mercados nacionais, da fabricación de ferros usando en altos fornos combustible mineral, tocaba teito ó diminuír forzosamente o ritmo da súa expansión se non se cambiaban elementos tecnolóxicos, financeiros e estructurais. Nos países de primeira orde (Inglaterra, Francia, Alemaña, Estados Unidos) creceu a preocupación dos empresarios, diante da problemática da competencia, da loita polos mercados, de precisar unha verdadeira masa de cartos para as inversións (que logo se tardaba máis ou menos en amortizar). En poucas palabras, rematara a idade de ouro, sen risco ningún. Ademais, o terremoto social que supuxera a Comuna de París (agrandado e deformado na conciencia de empresarios, propietarios e conservadores en xeral) e a preocupación tal vez maior pola Internacional crisparon aínda máis ás clases dominantes e fixéronas ver perigos por todas as partes.

Agora ben, observando máis de preto os acontecementos, vemos que a realidade é moi diferente. Nos vinte anos que levarán a Europa cara ó novo século van a crearse as bases de substitución da empresa familiar pola

(26)

sociedade anónima na gran industria, do progreso tecnolóxico que fará medrar a producción e reducirá os custos unitarios da mesma, vai dominar por todas as partes o proteccionismo alfandegueiro e, en definitiva, vaise plantexar o problema dun novo reparto do mundo (polas grandes potencias) con obxecto de disputarse os mercados, as fontes de materias primas e as zonas de exportación e inversión de capitais (xa fora encargándose dos servizos públicos que das fontes de enerxía, etc.).

Cando chegue a última década do século XIX xa se producira un fabuloso movemento de concentración de capitais e de plantas industriais. As fortunas iranse concentrando, sen dúbida, nos países desenvolvidos, así como as aglomeracións urbanas nas zonas industriais. Estanse a dar as condicións para o salto de século.

BIBLIOGRAFÍA:

Aróstegui, Julio. La Europa de los Nacionalismos (1848-1898), Madrid, 1991 Aróstegui, Julio. La Europa de los Imperialismos (1898-1914), Madrid, 1991 Deane, P., La Primera Revolución Industrial, Barcelona, 1968

Escudero, Antonio. La Revolución Industrial, Madrid, 1988

García Martín, Pedro. La revolución industrial, Cuadernos Historia 16, Madrid, 1995

Hobsbawn, Eric., Industria e Imperio. Una historia económica de Gran Bretaña

(27)

TEMA 4

OS MOVEMENTOS OBREIROS

O despegue do industrialismo nos países occidentais de Europa tivo unha extraordinaria importancia tamén na transformación da sociedade. As novas formas da economía deron lugar á aparición de novos grupos sociais. O caso máis claro é o da aparición do obreiro, traballador asalariado que desenvolve a súa actividade nunha fábrica e que non ten máis ingreso económico ca un incerto salario. A fábrica, como xa indicamos, é tamén unha invención típica da nova era industrial.

O outro tipo social que, aínda cando non nace nesta época, experimenta unha gran transformación é o do burgués. A burguesía a mediados do século XIX é, desde logo, unha clase social na que se inxiren sentes de diversa condición; desde certas capas do vello artesanado da cidades ate os grandes “capitáns da industria” ou grandes patróns. No medio atópanse a pequena e mediana burguesía compostas por comerciantes, profesionais, como avogados, médicos ou profesores, funcionarios e donos de pequenas industrias. A burguesía é a clase máis heteroxénea de todas e coa que ás veces mesturase a antiga aristocracia.

Así pois, a segunda metade do XIX foi a época do gran crecemento deses dous novos tipos sociais: burguesía e proletariado. Claro está que a sociedade real era bastante máis complexa do que da a ver esta imaxe simplificadora. Existían e eran moi numerosos os grupos sociais procedentes da era preindustrial: a vella aristocracia, o artesanado da cidades, un campesiñado enormemente diverso. Pero as clases “emerxentes”, novas, eran as dúas sinaladas, burguesía e proletariado, e iso estaba moi claro na propia linguaxe e pensamento da época.

(28)

A burguesía industrial era o grupo que de xeito máis claro superara as formas de vida e as prácticas económicas do Antigo Réxime. Agora ben, xunto a esa burguesía industrial había “outras burguesías”. Por iso dicimos que esta clase nin era homoxénea nin tiña o mesmo poder en tódolos Estados. Polo pronto, a diferenza entre o que ocorría nas potencias realmente industrializadas, coma Gran Bretaña, Francia ou Bélxica, e o que ocorría en Alemaña, ou especialmente na Europa Mediterránea ou do Leste era bastante notable. Con todo non é inexacto dicir que a Europa da segunda metade do século XIX ben puidera ser chamada a do “advenemento da burguesía”.

Da outra parte, o novo mundo obreiro nacido co sistema fabril constitúe a clase subordinada, que tamén é heteroxénea pero que está unida por unha condición común: a de vivir dun salario sen outra protección, diferenciándose niso dos antigos oficiais dos gremios anteriores á industrialización. Dicíase que este novo tipo social non tiña máis riqueza cos seus fillos, a súa prole, e xeneralizouse o nome de proletario.

1. PROLETARIADO: ORIXES E CONDICIÓN

A introducción de novos medios de producción durante a Revolución Industrial foi acompañada dunha organización do traballo diferente, destinada a ordear o proceso de fabricación e asegurar o máximo de beneficio ó capital. A máquina movida por enerxía hidráulica, e máis tarde por vapor, impuxo a concentración do proceso industrial en establecementos que puideran ter dentro e aproveitar a correspondente forza motriz.

A división do traballo na fábrica confirmou e profundou a parcelación das actividades: o traballador deixaba de elaborar un artigo do que puidera sentirse responsable, e só interviña nunha fase da producción, converténdose nun elemento máis –como os restantes traballadores, e do mesmo xeito que a maquinaria- do proceso de fabricación.

(29)

A pretensión de amortizar a maquinaria no menor tempo posible e obter dela o máximo rendemento deu lugar a prolongadas xornadas de traballo e a un ríxido e uniforme sistema laboral, con estrictos horarios e un severo réxime disciplinario. O alumeado artificial permitiu o traballo nocturno. O descanso dominical foi recortado ou simplemente desapareceu.

Esta implantación do sistema fabril non supuxo a desaparición inmediata dos pequenos obradoiros nin da industria doméstica dispersa, notablemente desenvolvida durante a etapa manufactureira anterior. Agora ben, imposibilitados para competir coa nova industria mecanizada polas súas inversións, foron relegados a unha posición subordinada respecto desta, deixándolles só determinadas fases da producción, en especial aquelas que aínda precisaban da habilidade do traballador e dun maior emprego de man de obra. Formalmente non había relación entre fabricante e artesán autónomo, xa que o primeiro compráballe a producción por unha tarifa establecida e a cotío tamén lle adiantaba a materia prima. Estes obradoiros tiveron que basear a súa rendibilidade na intensificación do traballo persoal. O traballo facíase entón a

destajo, por volume de contratación.

Tanto nas factorías como nos obradoiros, os asalariados víronse sometidos a novas condicións de traballo. A experiencia común do traballo, da forma de vida e da protesta crearon as condicións para que se formara unha conciencia colectiva de clase.

1.a. A condición traballadora

As vantaxes da urbanización pasaron inadvertidas para quenes contribuíron a facela posible. Á marxe das novas edificacións medraron suburbios obreiros desprovistos das mínimas condicións de habitabilidade. O amoreamento e a insalubridade eran o decorado sobre o que o traballador debía desenvolverse: as fábricas, as vivendas, os hospicios, a escola para os máis afortunados.

(30)

Os informes oficiais da época sobre os establecementos industriais deixaron constancia do que William Blake deu en chamar “sombrías máquinas infernais”: locais reducidos, con mala ventilación e iluminación, onde a duración da xornada, de catorce a dezaseis horas de media, a monotonía do traballo, a curta idade dos traballadores e a ausencia total de medidas de protección contribuíron a que os accidentes –a miúdo con amputacións- e as enfermidades graves resultaran inseparables da actividade laboral.

Outro elemento distorsionador da familia foi a demanda de traballo feminino. Os nenos quedaron desatendidos, xa que ou ben non había escola ou esta era moi deficiente. Mal alimentada e maltratada, a infancia foi a primeira víctima do desenvolvemento industrial, como aparece retratada tanto nos informes oficiais como na obra do autor contemporáneo Charles Dickens.

As consecuencias da industrialización no nivel de vida dos traballadores son tan discutidas coma evidentes. En Gran Bretaña, despois dun descenso das taxas de mortalidade de 1780 a 1810, houbo un aumento ate 1840, en particular entre a poboación laboral, o que fai que dito aumento non se poida desligar das condicións nas que o traballador había de gañarse a vida. Así, en Manchester, corazón industrial de Inglaterra, a esperanza de vida entre as clases superiores estaba nos 38 anos, a dos artesáns en torno a 20 e a dos obreiros en 17, cando nas rexións agrarias podía chegar a ser máis do dobre. Isto podemos aplicalo tamén ás taxas de mortalidade infantil (57% en familias obreiras e 20% nas acomodadas), de tal xeito que o nacemento no seo dunha ou outra clase non só determinaba as oportunidades que podían agardar a calquera, senón tamén algo tan elemental como a vida.

Os presupostos das familias obreiras publicados na maioría dos países poñen de relevo a dificultade da subsistencia. Aproximadamente dous terzos do salario eran destinados á alimentación, na que o pan e a pataca constituíron a base esencial; outros tubérculos, verduras, salazóns e conservas completaban a dieta ordinaria; o consumo de carne era xa de cando en vez. O elevado grao de adulteración dos alimentos reducía o seu valor nutritivo e daba lugar a frecuentes intoxicacións.

(31)

1.b. Mecanización e protesta obreira: a destrucción das

máquinas ou luddismo.

A introdución de maquinaria no proceso produtivo significou a posibilidade de incrementar a produción empregando un menor número de traballadores. A máquina espertou de inmediato a hostilidade dos artesáns da industria domiciliaria, aínda que tamén a dos que xa estaban integrados en manufacturas fabrís e tiñan medo de verse desprazados. A mecanización implicou para amplos sectores a perda do emprego e para outros un descenso dos ingresos; para todos supuxo un sinalado deterioro profesional, pois a técnica incorporada á maquina simplificaba a actividade do traballador e prescindía dos coñecementos do operario. A máquina, ó reducir o esforzo físico, permitía a contratación de mulleres e nenos, empregados para substituír ós varóns debido a que cobraban un salario menor co pretexto –a miúdo falso- de que producían menos.

Durante as primeiras fases da revolución industrial os artesáns exteriorizaron as súas protestas destruíndo as máquinas. Unha destrucción orientada principalmente cara aquelas máquinas que polo seu elevado custo resultaban inaccesibles para o artesán e suprimían un maior número de postos de traballo; nese sentido, esta destrucción representaba unha forma violenta e desesperada de loita por restituír formas de traballo anteriores, ou de facer fronte a cortes salariais, unha vez que había que competir coa maior productividade da máquina, poñendo en evidencia o conflito entre o sistema industrial e o doméstico e manufactureiro. Noutras ocasións, a destrución converteuse nun medio primitivo de presión sobre os patróns para acadar vantaxes salariais ou laborais.

Esta protesta por medio da destrución de máquinas foi coñecida co nome de

luddismo; pois os amotinados firmaban as súas demandas e ameazas como

“Ned Lud”, un liberador imaxinario disposto a impartir xustiza nos lugares máis lonxanos.

(32)

O luddismo representou un fenómeno limitado en tódolos países, pois atentaban contra o signo máis representativo do progreso. Os gobernos dispuxeron penas severas contra os destrutores de máquinas, chegando á pena capital.

1.c. A ausencia de dereitos

O auxe da conflitividade laboral provocou a intervención dos gobernos, como acabamos de ver, con medidas represivas: as folgas foron consideradas actos de sedición e as asociacións de traballadores, entidades subversivas. A súa prohibición formalizouse en Francia coa chamada Lei de Le Chapelier (1791) (confirmada logo no Código de Napoleón) e en Inglaterra coas Combination

Acts (1799-1800). Por iso, os traballadores víronse na obriga de enmascarar as

súas asociacións para que aparecesen como confrarías de carácter relixioso, festivo ou asistencial, despregando un ritual que lles permitía organizar actos públicos, ó tempo que mantiñan a cohesión entre os seus membros e ocultaban os obxectivos reivindicativos. Por outra parte, esta resposta gobernamental, claramente favorable ós patróns, achegou ás asociacións de traballadores ós movementos radicais que, herdeiros da Revolución Francesa, propugnaban unha reforma democrática do Estado e da sociedade. Tratábase de artesáns independentes, traballadores, pequenos comerciantes etc., das cidades, que celebraban as súas reunións en tabernas e noutros lugares públicos, e debatían sobre a reforma política o sufraxio universal e sobre cuestións sociais. Estas asociacións tamén foron prohibidas.

Ó mesmo tempo, as experiencias anteriores achegaron ós traballadores ás diversas correntes de pensamento críticas coa emerxente sociedade capitalista. Por un lado, estaban as que propugnaban un cambio na organización da sociedade a partires da reforma da propiedade agraria ou a expansión da educación universal como medio para conseguir unha nova sociedade igualitaria. Por outro, as que denunciaban as inxustizas xeradas polo progreso económico tal como se estaba a producir e apuntaban cara un novo tipo de desenvolvemento máis xusto, menos doloroso e que puxera a máquina

(33)

ó servizo dos homes. Desde 1815 estas primeiras reflexións críticas adquirirían unha nova dimensión da man do socialismo utópico.

2. OS PRIMEIROS MOVEMENTOS

2.a. As primeiras organizacións sindicais

As primeiras formas de asociación obreira foron as Sociedades de Socorros Mutuos, nacidas da solidariedade e da cooperación. Reproducían o sistema de irmandades e confrarías gremiais, e tiñan por finalidade auxiliar ós asociados ou ás súas familias no caso de enfermidade, accidente ou falecemento por medio dunha prestación limitada (subsidio ou anticipo) sufragada polas cuotas dos seus membros. Das caixas de socorros comezou a pasarse, na segunda metade dos anos vinte, ás Caixas de Resistencia, destinadas a manter ós asociados o tempo que abandonaran o traballo como medida de presión para obter as súas demandas. As coalicións circunstanciais foron transformándose en organizacións permanentes.

A primeira entidade asociativa produciuse entre individuos do mesmo oficio e, dentro deste, da mesma especialidade, conforme á tradición corporativa artesá. Ó desenvolver a mesma actividade, buscaron a unificación das condicións laborais no lugar de traballo, e despois na cidade, seguindo a máxima de “a igual traballo, igual salario”, da que as mulleres quedaban excluídas, pos os propios traballadores aceptaban a súa discriminación. Pero da mesma maneira que os sectores económicos estaban interrelacionados e as fases da producción capitalista dependían unhas das outras, tamén os traballadores atoparon vantaxes nas unións interprofesionais estables dentro dun obradoiro, fábrica ou localidade. O seguinte paso sería constituír federacións nacionais.

En 1830 creouse a Asociación Nacional para a Protección do Traballo, agrupación das diversas unións de oficios (Trade Unions) locais, fundada polo fiador John Doherty, que basicamente encadraban a obreiros cualificados cunha longa tradición de loita e que pagaban unha cuota sindical que non

(34)

estaba ó alcance de todos. Por outra parte, no 1833 constituíuse a Great Trade

Union, que impulsou unha nova etapa de loita reivindicativa protagonizada por

traballadores non cualificados. Chegou a mobilizar a case 500.000 obreiros, plantexando folgas nas fábricas que fracasaron diante da intransixencia da patronal e do Estado. As principais reivindicacións das Trade Unions eran a redución da xornada laboral, o aumento dos salarios e o dereito de asociación.

No continente fóronse multiplicando as organizacións sindicais desde a década de 1830, no contexto da destrución da orde tradicional e de forxa da nova conciencia dos asalariados en oposición ós empresarios. En Francia, cunha tradición asociativa preindustrial parecida á inglesa, as folgas de París el Lyon (1831) contribuíron á aparición de sociedades de resistencia e socorro mutuo, e á formación dunha primeira Unión Obreira (1843). En España, a Asociación de Tecedores de Barcelona (1840) foi o primeiro sindicato organizado que utilizou a folga como medida de presión. Sometido a unha forte represión polas autoridades, pasou á clandestinidade. Iso foi o que fixo que a loita polo dereito a asociarse fora o obxectivo principal do obreirismo catalán, e un dos motivos fundamentais da primeira folga xeral en Barcelona (1855).

2.b. O Cartismo

A demanda do dereito electoral converteuse no eixo do recoñecemento dos dereitos políticos e a utilización destes para ampliar os dereitos sociais. A elaboración en 1838 dunha Carta do Pobo, promovida pola Asociación de Traballadores de Londres, creada en 1836 por William Lovett para interesar ós obreiros na democratización do Estado, deu lugar ó máis amplo movemento de masas que ate entón protagonizaran os traballadores. Máis de un millón de firmas –incluída unha apócrifa da raíña Victoria- apoiaron no 1839 a primeira petición ó Parlamento; en 1842, os peticionarios chegaron a ser tres millóns. Aínda que o cartismo se propuxo un obxectivo fundamentalmente político, a “democracia para todo o pobo” (en vez de o “dereito ó poder” para a clase obreira), esperábase da democratización o desenvolvemento de políticas sociais que elevaran o nivel de vida da maioría. Como xa dixera Stephers, un

(35)

dos seus dirixentes en 1838: “O cartismo, meus amigos, non é un problema político, segundo o cal se trataría de que acadedes o dereito ó voto, etc.; senón que o cartismo é unha cuestión de coitelo e garfo, é dicir, que a Carta significa boa vivenda e bebida, un bo pasar e unha xornada de traballo breve”.

O cartismo perdurou ate 1848, ano no que se fixo a terceira presentación da Carta á Cámara dos Comúns, acompañada de miles de firmas de apoio, folgas, manifestacións, etc., pero que os deputados se negaron a admitir. Non obstante, a soa existencia do fenómeno obrigou ó Estado a rachar coa política de inhibición nas relacións económicas e emprender a regulación do traballo, lográndose así algúns éxitos parciais, como a reducción da xornada laboral a 12 horas e, logo, a 10; e, sobre todo, mostraron a concienciación dos traballadores en torno a obxectivos políticos.

Noutros países europeos déronse tamén experiencias análogas, aínda que englobadas nos movementos radicais-republicanos e sen acadar a envergadura do cartismo británico.

3. AS DOCTRINAS SOCIAIS

3.1. O Socialismo Utópico

Os efectos de degradación física, cultural e moral dos traballadores que acompañaron ós procesos de industrialización, ademais de mover á protesta, alentaron a construción de alternativas teóricas á sociedade establecida. Estas alternativas coñécense xenericamente por socialismo utópico, debido a que prescindiu de explicar historicamente o capitalismo e non tivo presente as relacións de dominación predominantes no momento. Non obstante, a crítica á forma en que se levara a cabo a revolución industrial e ás consecuencias da súa exclusiva orientación individualista fixo máis doada a elaboración de propostas teóricas posteriores. Moitas das súas preocupacións e propostas, incapaces de resolver as necesidades do momento no que foron formuladas,

(36)

cobraron vixencia na sociedade actual; neste sentido poderíamos falar dun smo de anticipación”.

auténtico “sociali

Henri de Saint-Simon imaxinou un desenvolvemento racional da industria mediante a superación dos enfrontamentos sociais, poñendo o progreso científico e técnico ó servicio da producción, rexeitando o liberalismo económico e entregando o goberno á intelixencia. Charles Fourier propugnou o ordenamento da producción como premisa para

aumentar o benestar; para iso sostivo a creación de comunidades de produción e consumo (falansterios), nas que o traballo debería ser variado e atractivo, experimentándose formas de vida máis libres; baseou os seus plans no asociacionismo dos traballadores, pero esperou das autoridades que impulsaran a súa realización.

Robert Owen propúxose inicialmente a reforma do sistema industrial para rematar coas secuelas de sobreexplotación e pauperismo, para o cal introduciu na súa fábrica de fiados de New Lanark (Escocia) métodos máis humanizados: reduciu a xordana, estableceu subsidios e se ocupou da educación infantil creando os primeiros parvularios. De xeito inútil recorreu numerosas capitais tentando de persuadir ós gobernantes das vantaxes do seu sistema. Propuxo ademais a organización autónoma do traballo para evitar o desemprego, sendo o fundador do movemento cooperativista de produción e consumo. Non satisfeito cos resultados acadados, sostivo a creación de comunas, que debían federarse ate constituír unha entidade mundial. En 1824 empeñou a súa fortuna en adquirir nos Estados Unidos uns terreos sobre os que levantar unha comuna agrícola, Nova Harmonía, na que ensaiou sen éxito a reeducación dos oitocentos colonos que conseguira recrutar. O incipiente movemento sindical británico adoptou algúns dos seus postulados na creación das primeiras federacións sindicais.

Referências

Documentos relacionados

Foi-me, por isso, proposto realizar o estágio no Gabinete de Comunicação e Imagem, que se situa na sede da Unidade Local de Saúde da Guarda (ULSG), onde poderia também,

Este trabalho buscou, através de pesquisa de campo, estudar o efeito de diferentes alternativas de adubações de cobertura, quanto ao tipo de adubo e época de

Os interessados em adquirir quaisquer dos animais inscritos nos páreos de claiming deverão comparecer à sala da Diretoria Geral de Turfe, localizada no 4º andar da Arquibancada

O valor da reputação dos pseudônimos é igual a 0,8 devido aos fal- sos positivos do mecanismo auxiliar, que acabam por fazer com que a reputação mesmo dos usuários que enviam

O enfermeiro, como integrante da equipe multidisciplinar em saúde, possui respaldo ético legal e técnico cientifico para atuar junto ao paciente portador de feridas, da avaliação

By interpreting equations of Table 1, it is possible to see that the EM radiation process involves a periodic chain reaction where originally a time variant conduction

O desenvolvimento desta pesquisa está alicerçado ao método Dialético Crítico fundamentado no Materialismo Histórico, que segundo Triviños (1987)permite que se aproxime de

Para preparar a pimenta branca, as espigas são colhidas quando os frutos apresentam a coloração amarelada ou vermelha. As espigas são colocadas em sacos de plástico trançado sem