• Nenhum resultado encontrado

BOP Núm Sábado, 17 de Abril de 2010

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "BOP Núm Sábado, 17 de Abril de 2010"

Copied!
39
0
0

Texto

(1)

BOP

Núm. 86 - Sábado, 17 de Abril de 2010

LUGO

ANUNCIO

O Excmo. Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día un de marzo de dous mil dez, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar definitivamente a ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE VERTEDURAS DE AUGAS RESIDUAIS DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO do teor literal seguinte:

“ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE VERTEDURAS DE AUGAS RESIDUAIS NO CONCELLO DE LUGO.

PREÁMBULO.

TÍTULO I: VERTEDURAS Á REDE DE SUMIDOIROS.

CAPÍTULO 1º: OBXECTIVOS, ÁMBITO DE APLICACIÓN E DEFINICIÓNS.

Artigo 1. Obxecto.

Artigo 2. Obxectivos xerais. Artigo 3. Ámbito de aplicación. Artigo 4. Definicións.

Artigo 5. Pretratamento.

CAPÍTULO 2º: REGULACIÓN DE VERTEDURAS. Artigo 6. Censo de verteduras.

Artigo 7. Situación de emerxencia.

Artigo 8. Valoración e aboamento de danos.

CAPÍTULO 3º: AUTORIZACIÓNS DE VERTEDURAS. Artigo 9. Solicitude de permiso e autorización de verteduras. Artigo 10.Verteduras ás redes xerais de saneamento.

Artigo 11. Tramitación. Artigo 12. Obrigatoriedade. Artigo 13. Organismo competente. Artigo 14. Denegación de autorizacións. Artigo 15. Instrumentos de planifi cación. Artigo 16. Taxa de saneamento.

(2)

Artigo 17. Modificacións nas autorizacións de verteduras. Artigo 18. Suspensión das autorizacións de verteduras. Artigo 19. Extinción das autorizacións de verteduras. CAPÍTULO 4º: LIMITACIÓNS ÁS VERTEDURAS. Artigo 20. Verteduras prohibidas.

Artigo 21. Verteduras a condutos receptores. Artigo 22. Verteduras ás instalacións municipais. Artigo 23. Revisións.

CAPÍTULO 5º: INSPECCIÓN, VIXILANCIA E TOMA DE MOSTRAS. Artigo 24. Disposicións xerais.

Artigo 25. Obxecto da inspección. Artigo 26. Acceso ás instalacións. Artigo 27. Acreditación.

Artigo 28. Toma de mostras. Artigo 29. Mostras.

Artigo 30. Acta.

Artigo 31. Libro de rexistro. Artigo 32. Análises.

Artigo 33. Métodos.

Artigo 34. Desconformidade.

CAPÍTULO 6º: RÉXIME DISCIPLINARIO. Artigo 35. Normas xerais.

Artigo 36. Cualifi cación das infraccións. Artigo 37. Infraccións leves.

Artigo 38. Infraccións graves. Artigo 39. Infraccións moi graves. Artigo 40. Prescrición das infraccións. Artigo 41. Sancións.

Artigo 42. Graduación.

Artigo 43. Prescrición das sancións. Artigo 44. Procedemento.

Artigo 45. Responsabilidade.

TÍTULO II: VERTEDURAS DE CISTERNAS NA ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR) MUNICIPAL.

(3)

CAPÍTULO 1º. DISPOSICIÓNS XERAIS. Artigo 46. Xustificación.

Artigo 47. Usuarios.

CAPÍTULO 2º.- CONDICIÓNS DE VERTEDURAS. Artigo 48. Réxime de autorizacións.

Artigo 49. Criterios de admisibilidade do residuo. Artigo 50. Cómputo da carga contaminante.

Artigo 51. Aplicación do prezo público pola prestación do servizo. Artigo 52. Obrigacións dos usuarios.

Artigo 53. Denegación puntual de verteduras.

Artigo 54. Revogación da autorización de verteduras. DISPOSICIÓN FINAL.

ANEXO I. Táboa de características e concentracións máximas permitidas nos verteduras ós colectores municipais.

ANEXO II. Actas de inspección.

ANEXO II.1. Observacións á dilixencia de inspección. ANEXO II.2. Acta de toma de mostras.

ANEXO II.3. Condicións de mostraxe.

ANEXO II.4. Documento da cadea de custodia. ANEXO IV. Clasifi cación das actividades.

PREÁMBULO.

A directiva 91/271/CEE, do 21 de maio, relativa ó tratamento das augas residuais urbanas, sinala a necesidade de que as verteduras de augas residuais industriais que sexan incorporadas ó sistema de saneamento e depuración de augas residuais urbanas, sufran un tratamento previo para garantir, principalmente, que non teñan efectos nocivos sobre as persoas e o medioambiente, e que non deterioren a infraestrutura de saneamento e depuración. Esta directiva foi asumida polo Estado español na transcrición que dela se fai polo Real decreto Lei 11/1995 e o Real Decreto 509/1996.

Esta ordenanza, que se fundamenta naquela directiva, toma tamén como referencia, a nivel estatal, o Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas 29/1985, do 2 de agosto, así como o Real Decreto

(4)

606/2003, do 23 de maio, polo que se modifi ca o Real Decreto 849/1986 que aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico.

A nivel autonómico a Lei 8/2001, do 2 de agosto, de protección da calidade das augas das rías de Galicia e de ordenación do servizo público de depuración de augas residuais urbanas aínda que declara de interese de Galicia servizo de depuración, non deixa de recoñecerlle ás administracións locais o exercicio das competencias que lle atribúen tanto a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, que no seu artigo 25.2, dispón que os municipios exercerán, en todo caso e de acordo coa lexislación do Estado e a das Comunidades Autónomas, competencias en materia de redes de sumidoiros e tratamento de augas residuais, como o artigo 80.2 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia.

Con base nesta competencia que ós Concellos se lles asigna, a ordenanza de medio ambiente do Concello de Lugo de agosto de 1995, dedica o seu título IV ás normas particulares relativas ás augas residuais. No obstante, a experiencia adquirida ó longo dos anos de vixencia da ordenanza referida, os cambios estruturais na rede de saneamento, as variacións nos contidos medios das verteduras, os avances tecnolóxicos nos sistemas de medición, análise e depuración da auga e a necesidade de ampliar a regulamentación no sentido das verteduras que se realizan directamente na estación depuradora de augas residuais de Lugo, aconsellan a súa renovación para a adaptación á realidade actual.

TÍTULO I.- VERTEDURAS Á REDE DE SUMIDOIROS.

CAPÍTULO 1º.- OBXECTIVOS, ÁMBITO DE APLICACIÓN E DEFINICIÓNS. Artigo 1.- Obxecto.

Esta ordenanza ten por obxecto establecer as disposicións básicas necesarias para que na vertedura, condución, tratamento e control das augas residuais domésticas, urbanas e industriais, estean garantidas en todo momento a saúde humana, a protección do medio ambiente e mais a preservación dos recursos naturais, así como garantir unha xestión coordinada e eficaz en materia de obras e servizos de evacuación, tratamento e recuperación das augas residuais, comprendendo igualmente o fi nanciamento das obras e servizos mencionados.

(5)

Artigo 2.- Obxectivos xerais.

Son obxectivos da xestión das augas residuais os seguintes:

a) Garantir a integridade física das canalizacións e instalacións da rede de sumidoiros, colectores, sistema de saneamento, así como ás instalacións de depuración.

b) Garantir a función evacuadora das canalizacións, impedindo a redución, en calquera forma, das capacidades de evacuación para as que foron proxectadas.

c) Asegurar as funcións de mantemento ordinario das canalizacións e instalacións da rede de saneamento e instalacións de depuración, evitando a creación de condicións de perigosidade ou toxicidade para o persoal encargado de levar á práctica as ditas funcións.

d) Asegurar a eficacia dos procesos ou operacións de depuración de augas residuais e de obtención de subprodutos na estación depuradora.

e) Evitar os inconvenientes de calquera tipo no retorno dos efluentes ó medio receptor ou no aproveitamento das augas depuradas ou dos seus subprodutos obtidos no proceso de depuración.”

Artigo 3.- Ámbito de aplicación.

1. O disposto nesta ordenanza é de aplicación xeral en todo o territorio municipal respecto ás verteduras que se efectúen á rede de colectores municipais.

2. Igualmente, é de aplicación para as verteduras que se realicen ós sistemas de depuración autónomos, dentro do termo municipal de Lugo, que non dispoñan de rede de sumidoiros.

3. E tamén é aplicable ás verteduras que se realicen directamente na estación depuradora de augas residuais de Lugo (EDAR).

Artigo 4.- Defi nicións.

Augas residuais municipais: A mestura de augas residuais domésticas, augas residuais industriais e de escorrentía urbana que entra nos sistemas colectores.

Augas residuais domésticas: As augas residuais que proceden das vivendas e que son de orixe humana principalmente.

Augas residuais industriais: As augas residuais que non son augas residuais domésticas nin de escorrentía urbana.

Augas residuais pluviais: Son as producidas simultánea ou inmediatamente a continuación de calquera forma de precipitación natural e como resultado dela.

(6)

Sistema colector: O sistema de condutos que recolle e leva as augas residuais municipais a unha planta de tratamento de augas residuais municipais.

Cloaca: É aquel conduto subterráneo colocado transversalmente á vía pública, que serve para conducir as augas residuais e, se é o caso, as pluviais dende calquera tipo de edificio ou predio á rede de sumidoiros ou a unha cloaca lonxitudinal.

Planta de tratamento de augas residuais municipais: Toda instalación que trata as augas residuais municipais antes de vertelas ás augas receptoras ou á terra.

Tratamento primario: Todo tratamento de augas residuais municipais mediante un proceso físico que inclúe a sedimentación de sólidos orgánicos en suspensión ou outros procesos nos que a DBO5 das augas residuais que entran se reduce dun 20 a un 40 %.

Tratamento secundario: Todo tratamento de augas residuais municipais mediante un proceso que inclúe un tratamento biolóxico con sedimentación secundaria.

Lodos: Todas as lamas residuais, tratadas ou non, das plantas de tratamento de augas residuais municipais ou de fosas sépticas.

Tratamento axeitado: Todo tratamento de augas residuais municipais mediante un proceso tal que, despois da vertedura das ditas augas ás augas receptoras, estas cumpran coa normativa vixente.

Sólidos sedimentables: Entendendo por tales os que a súa análise de decantación se realiza nun tempo de 15 minutos.

Demanda bioquímica de osíxeno: É unha medida de osíxeno consumido na oxidación bioquímica da materia orgánica contida na auga. Determínase por un procedemento de análise normalizado nun período de cinco días (DBO5).

Demanda química de osíxeno: É unha medida da capacidade de consumo de osíxeno dunha auga por mor da materia orgánica e mineral que se atopa presente. A súa determinación realízase mediante un ensaio normalizado no cal se mide o consumo dun oxidante químico, expresándose o resultado en miligramos de osíxenoequivalente por litro de auga estudada.

pH: É o logaritmo cambiado de signo da actividade de ións hidróxenos na auga estudada.

Artigo 5.- Pretratamento.

1. As actividades clasificadas como potencialmente contaminadoras requirirán para a súa instalación, ampliación, modificación ou traslado, a aprobación por parte do

(7)

Concello dos tratamentos previos ás verteduras, necesarios para descargar as súas verteduras cos niveis de calidade esixidos por esta ordenanza.

2. O usuario será responsable da construción, explotación e mantemento das instalacións a que procedesen, co obxecto de satisfacer as esixencias desta ordenanza.

A inspección e comprobación de funcionamento das instalacións é facultade e competencia do Concello.

CAPÍTULO 2º.- REGULACIÓN DE VERTEDURAS. Artigo 6.- Censo de verteduras.

1. Os servizos técnicos municipais elaborarán un censo de verteduras onde se rexistrarán os permisos concedidos, data de concesión do permiso, clase de actividade, tipo, localización, composición, caudal e periodicidade das verteduras, proceso, titular da actividade xeradora das verteduras, punto de verteduras e toda outra circunstancia que se considere relevante e pertinente.

2. Tomando como base o mencionado censo, así como os resultados das comprobacións efectuadas na rede, os servizos técnicos municipais cuantifi carán periodicamente as diversas clases de verteduras, a fin de actualizar as limitacións das descargas e as conseguintes autorizacións, así como tamén dispoñer as actuacións preventivas, reparadoras e/ou correctoras que sexan necesarias.

Artigo 7.- Situación de emerxencia.

1. Prodúcese unha situación de emerxencia cando, a causa dunha descarga (evacuación-inxección-depósito) voluntaria ou fortuíta de verteduras industriais (ou outros potencialmente contaminantes), se orixinan, directa ou indirectamente, substancias de tipo sólido, líquido ou gasoso, que poidan prexudicar a integridade e o correcto funcionamento das instalacións de saneamento, as áreas de verteduras ou o medio lindeiro e zonas adxacentes.

2. Os titulares das instalacións e/ou actividades que, pola súa natureza, poidan ocasionar este tipo de descarga, terán que adoptar os sistemas de prevención e protección necesarios para evitalas ou, se é o caso, reparalas e/ou corrixilas. Os proxectos detallados destasinstalacións e/ou actividades terán que presentarse á administración para a súa aprobación, a cal non eximirá ó titular das responsabilidades derivadas dunha situación de emerxencia.

(8)

3. Ante unha situación de emerxencia, adoptaranse, o máis pronto posible, as medidas necesarias que se teñan ó alcance para diminuír ou reducir ó máximo os efectos das verteduras. Ó mesmo tempo, notificaráselle inmediatamente ó Concello para solicitar axuda, a fin de que este poida tomar as medidas oportunas de protección das instalacións municipais de saneamento, as áreas ou espazos naturais de vertedura ou leitos, se é o caso. Nun prazo máximo de sete días posteriores á vertedura que deu orixe a situación de emerxencia, o interesado terá que remitirlle ó Concello un informe no cal se detallará a data, hora, natureza, causa do suceso, correccións efectuadas in situ e, en xeral, todos aqueles datos que lles permitan ós servizos técnicos municipais unha correcta interpretación da emerxencia, a axeitada avaliación das súas consecuencias e a proposta e posta en acción de medidas preventivas, reparadoras e correctoras para estas situacións.

4. O Concello, como medida preventiva, facilitará un modelo de instrucións para seguir ante unha situación temporal de perigo por descarga perigosa ou fortuíta de verteduras industriais ou outros potencialmente contaminantes.

5. No dito modelo figurarán os números telefónicos ós que o usuario poderá comunicar a emerxencia, o primeiro dos cales será o da estación depuradora receptora do efluente anómalo. No suposto de non poder comunicar coa dita estación, poderá facelo cos seguintes e pola orde que se indique. Establecida a pertinente comunicación, o usuario deberá indicar o tipo de produtos e a cantidade deles que se verteron ó colector.

Artigo 8.- Valoración e aboamento de danos.

A valoración de danos que puidesen producirse como consecuencia dunha descarga accidental ou voluntaria comunicaráselle ó seu causante para o seu aboamento por este, con independencia de calquera outra responsabilidade en que puidese incorrer, tanto a nivel administrativo como penal.

CAPÍTULO 3º.- AUTORIZACIÓNS DE VERTEDURAS. Artigo 9.- Solicitude de permiso e autorización de verteduras.

1. Todas as actividades do termo municipal, calquera que sexan as súas características, deben ter resolto o sistema de verteduras das súas augas residuais de tal xeito que evite a contaminación do medio. As actividades que opten por verter ós

(9)

colectores municipais están obrigadas a solicitar do Concello o permiso de verteduras á rede de saneamento.

2. Igualmente, estarán suxeitas á previa obtención do permiso as verteduras que se efectúen en lugares onde non exista rede de saneamento. Neste caso, deberán presentar un proxecto de xustifi cación da vertedura e das medidas previstas para evitar calquera tipo de contaminación.

Artigo 10.- Verteduras ás redes xerais de saneamento.

1. As verteduras a redes xerais de saneamento provenientes das actividades clasificadas e calquera outro susceptible de alterar o medio só serán autorizados cando sexan asimilables ós de natureza urbana.

2. O resto das verteduras que se atopen comprendidos nalgún dos supostos seguintes presentarán un proxecto alternativo de medidas preventivas e correctoras, con carácter previo á autorización:

- Que supoñan algún tipo de risco para a rede xeral, xa sexa polas súas características corrosivas, pola concentración de materiais sólidos viscosos, pola súa natureza inflamable ou explosiva ou por producirse fortes oscilacións no caudal das verteduras;

- Que por si mesmos, ou en combinación con outras verteduras, incidan significativamente na eficacia do funcionamento da estación depuradora de augas residuais;

- Que conteñan contaminantes tóxicos de tal entidade e cantidade que supoñan unha ameaza para a calidade das augas receptoras das verteduras.

3. Todo iso entenderase sen prexuízo das autorizacións ou licenzas que teñan que conceder outros organismos competentes na materia.

Artigo 11.- Tramitación.

1. Para tramitar o permiso de verteduras deberáselle xuntar á correspondente solicitude a seguinte documentación:

a) Filiación:

* Nome e domicilio social do titular do establecemento ou actividade. * Localización e características da instalación ou actividade.

b) Produción:

(10)

* Materias primas ou produtos utilizados como tales, indicando as cantidades en unidades usuais.

* Produtos finais e intermedios, se os houbese, consignando as cantidades en unidades usuais así como o ritmo de produción.

c) Verteduras:

* Descrición do réxime de verteduras (horarios, duración, caudal medio e punta, e variacións diarias, mensuais e estacionais, se as houbese) e características e concentracións deles, previo a calquera tratamento.

d) Tratamento previo ás verteduras:

* Descrición dos sistemas de tratamento adoptados e do grao de eficacia previsto para eles.

* Composición final das verteduras descargadas, cos resultados das análises de posta en marcha realizados.

A analítica das verteduras, como mínimo, deberá analizar os parámetros indicados na táboa 1 do anexo I.

Os servizos técnicos poderán esixir unha ampliación da analítica, que comprenda algún, varios ou a totalidade dos parámetros indicados na táboa 2 do anexo I nos seguintes supostos:

1. No caso de que na analítica entregada polo solicitante se detectasen anomalías, ou algún parámetro superase a concentración máxima permitida.

2. No caso de que a actividade da que se trata constitúa un especial risco para o correcto funcionamento do sistema de saneamento e depuración de augas municipal.

3. No caso de que os servizos municipais, con posterioridade a unha visita de inspección ou ben de oficio, considerase oportuno ampliar a información acerca das verteduras dunha determinada actividade.

e) Planos:

* Planos de situación.

* Planos da rede interior de recollida e instalación de pretratamentos.

* Planos detallados das obras en conexión, das arquetas de rexistros e dos dispositivos de seguridade.

f) Varios:

* Subministración de auga (rede, pozo, etc.)

(11)

* Dispositivos de seguridade adoptados para previr accidentes nos elementos de almacenamento de materias primas, compostos intermedios ou produtos elaborados susceptibles de ser vertidos á rede de sumidoiros.

* Proxecto de medidas preventivas, correctoras, de seguridade e/ou reparadoras para supostos de accidente ou emerxencia de verteduras.

* E, en xeral, todos aqueles datos que a administración considere necesarios, para o efecto de coñecer todas as circunstancias e elementos involucrados nas verteduras de augas residuais.

2. O permiso de vertedura non se entende concedido ata que o solicitante obteña expresa autorización.

3. Calquera modificación dos termos referidos esixirá solicitar novamente o permiso de vertedura. A infracción ás prescricións desta ordenanza e/ou a falta de pagamento das taxas de depuración e vertedura das augas residuais poderán determinar a revogación do permiso de vertedura.

Artigo 12.- Obrigatoriedade.

1. Todas as augas residuais domésticas deberán verterse á rede de sumidoiros municipal. En caso de non existir esta, deberán ser evacuadas a través dun sistema autónomo de saneamento.

2. En todo caso, queda prohibido verter augas pluviais á vía pública. Artigo 13.- Organismo competente.

O Concello autorizará a descarga á rede de saneamento, con suxeición ós termos, límites e condicións que se indiquen.

Artigo 14.- Denegación de autorizacións.

As actividades enumeradas nas letras a) a g) deste artigo, ambas as dúas inclusive, que contemplen o vertido das augas residuais ás redes de saneamento municipais, non se autorizarán polo Concello se, previa ou simultaneamente, non se obtén o correspondente permiso municipal de vertido:

a) A apertura, ampliación ou modifi cación dunha industria;

(12)

c) A posta en funcionamento de actividades industriais potencialmente contaminantes, se previamente non as aprobasen, instalasen e, de ser o caso, comprobasen os servizos técnicos municipais a eficacia e mais o correcto funcionamento dos tratamentos previos ás verteduras nos termos requiridos.

d) Acometidas á rede que non sexan independentes para cada industria. Cando isto non sexa posible, deberá propoñerse como alternativa unha solución técnicamente axeitada que permita diferenciar as verteduras. O Concello poderá esixir, en caso de que distintos usuarios vertan a unha mesma rede de sumidoiros, a instalación de equipos de control separados se as condicións de vertedura o aconsellan. As instalacións de vixilancia e control construiranse de acordo cos requisitos do Concello.

e) A descarga a unha rede de sumidoiros que estea fóra de servizo.

f) A utilización de augas procedentes de canles públicas ou da rede coa única finalidade de diluír as augas residuais.

g) A descarga a instalacións autónomas. Artigo 15.- Instrumentos de planifi cación

1. Os instrumentos de planificación municipal conterán medidas de adecuación da capacidade de depuración dispoñible na rede municipal, coas necesidades de depuración existentes ou previsibles.

2. Igualmente, deberán incluír nos programas de actuación os convenios, prazos e medios fi nanceiros dispoñibles para realizar a política de saneamento.

Artigo 16.- Taxa de saneamento.

Os titulares das verteduras de augas residuais satisfarán a taxa de saneamento, de conformidade, se é o caso, co establecido na ordenanza fi scal correspondente.

Artigo 17.- Modifi cacións nas autorizacións de vertedura.

Todo usuario da rede de saneamento deberá notificarlle inmediatamente ó Concello calquera cambio na natureza e réxime das súas verteduras.

O Concello poderá modifi car as condicións da autorización de vertedura cando as circunstancias que motivaron o seu outorgamento se alterasen ou sobreviñesen outras que, de ter existido anteriormente, carían a súa denegación, podendo entón decretar a suspensión temporal ata que se superen as ditas circunstancias.

(13)

Artigo 18.- Suspensión das autorizacións de vertedura.

O Concello poderá recorrer á suspensión temporal dunha vertedura autorizada, podendo clausurar as instalacións de verteduras cando concorra algunha ou algunhas das seguintes circunstancias:

a) Cando se modificaran as características da vertedura autorizada, sen coñecemento e aprobación expresa do Concello.

b) Cando o titular das verteduras autorizara ou permitira o uso das súas instalacións de vertedura a outro ou outros usuarios non autorizados.

c) Cando o titular das verteduras impida ou culte a acción inspectora do Concello. d) Cando, como consecuencia da función inspectora, se detectasen verteduras de substancias prohibidas ou de substancias toleradas en concentracións superiores ás máximas fixadas nesta ordenanza.

e) Cando se detectase a existencia de risco grave de danos para persoas, o medio ambiente ou bens materiais que derive das condicións da vertedura.

Nos supostos a), b) e c), o Concello comunicaralle, por escrito, ó titular da vertedura a súa intención de suspendela temporalmente e a causa ou causas que motivan a suspensión, e daralle audiencia ó interesado para que, no prazo de quince días hábiles contados dende a data da comunicación, presente as alegacións que teña por oportunas.

Pasado o dito prazo, se non se presentasen alegacións, procederase á suspensión temporal das verteduras.

Se se presentan alegacións e non resultasen estimables, comunicaráselle ó titular da vertedura indicando as razóns da desestimación das alegacións e a data prevista para a suspensión temporal das verteduras.

Nos supostos contemplados nas letras d) e e), procederase á suspensión inmediata das verteduras e a dar conta ó responsable destas. Nun prazo non superior a tres días, contados dende o momento da suspensión, o Concello daralle conta ó titular da vertedura das accións realizadas, causas que as motivaron e medidas correctoras xerais que terá que implantar con carácter previo a calquera reanudación das verteduras”.

As suspensións das autorizacións de verteduras terán efecto ata o cesamento da causa ou causas que as motivaron cunha limitación máxima no tempo de seis meses contados dende o inicio da suspensión. Pasado este tempo sen que o titular da vertedura corrixa as causas que motivaron a suspensión, o Concello extinguirá definitivamente a autorización de verteduras.

(14)

Artigo 19.- Extinción das autorizacións de verteduras.

As autorizacións de verteduras extinguiranse por calquera das causas seguintes: - A petición do titular da vertedura.

- Por cesamento ou cambio na actividade orixe das verteduras autorizadas.

- Por modifi cación substancial das características físicas, químicas ou biolóxicas das verteduras.

- Por verter, de forma non emendable, substancias prohibidas.

- Por accións derivadas das verteduras, non emendables e causantes de riscos graves para terceiros, ó medio ambiente ou ás instalacións.

- Por permanecer máis de seis meses en situación de suspensión conforme o establecido no artigo anterior.

- Por utilización dunha instalación de vertedura sen ser o seu titular.

- A falta de pagamento das taxas de depuración e verteduras das augas residuais. A extinción da autorización de verteduras dará lugar á clausura das súas instalacións. CAPÍTULO 4º.- LIMITACIÓNS ÁS VERTEDURAS.

Artigo 20.- Verteduras prohibidas.

Queda prohibido verter, directa ou indirectamente, á rede de colectores municipais calquera dos seguintes produtos, a composición química ou contaminación bacteriolóxica das cales poidan impurifi car as augas, producindo dano na saúde pública, nos aproveitamentos inferiores e nos recursos en xeral, e se realice mediante evacuación, inxección ou depósito:

- Materias sólidas ou viscosas en cantidades ou tamaños tales que, por si soas ou por interacción con outras, poidan producir obstrucións ou sedimentos que impidan o correcto funcionamento dos colectores ou difi culten os seus traballos de mantemento;

- Sólidos, líquidos ou gases combustibles, infl amables ou explosivos. - Sólidos, líquidos ou gases irritantes, corrosivos ou tóxicos e perigosos. - Aceites e graxas flotantes.

- Radionucleidos de natureza, cantidades ou actividades tales que teñan carácter de residuo radioactivo, segundo a lexislación vixente.

- Residuos industriais ou comerciais que, polo súa concentración ou natureza, poidan ser considerados tóxicos ou perigosos, segundo a normativa vixente.

- Microorganismos nocivos de natureza, cantidade ou concentración que infrinxan as regulamentacións establecidas verbo disto polas institucións competentes.

(15)

- Calquera outro que teña efectos negativos sobre o medio. Artigo 21.- Verteduras a condutos receptores.

As augas residuais industriais, xunto con todas aquelas potencialmente contaminantes, recollidas nos colectores xerais e sistemas autónomos de depuración, para as que non exista tratamento posterior axeitado en plantasde tratamento municipais antes de ir a un leito receptor, axustaranse en todo momento ás leis e disposiciónslegais en vigor.

Artigo 22.- Verteduras ás instalacións municipais.

En todo caso, queda prohibido verter directa ou indirectamente ás instalacións de sumidoiros e saneamento municipais verteduras coas características ou con concentracións de contaminantes iguais ou superiores ós valores límite, ou fóra dos intervalos expresados nas táboas 1 e 2 do anexo I.

Artigo 23.- Revisións.

1. As relacións establecidas nas táboas 1 e 2 do anexo I serán revisadas periodicamente, e en ningún caso se considerarán exhaustivas nin excluíntes.

2. Se algunha instalación industrial vertese produtos non incluídos na citada relación, a Administración municipal procederá a sinalar as condicións e limitacións para a vertedura de cada un dos produtos.

CAPÍTULO 5º.- INSPECCIÓN, VIXILANCIA E TOMA DE MOSTRAS. Artigo 24.- Disposicións xerais.

1. Os servizos correspondentes do Concello realizarán periodicamente a inspección e vixilancia das instalacións da vertedura de auga á rede de sumidoiros, arquetas de rexistro e instalacións do usuario, co obxecto de comprobar o cumprimento do disposto nesta ordenanza.

2. Por iniciativa do Concello, cando o considere oportuno, ou a pedimento dos interesados, poderán realizarse inspeccións e/ou controis da vertedura das augas residuais.

(16)

Artigo 25.- Obxecto da inspección.

O obxecto da inspección á que se refi re este artigo é o de garantir o cumprimento da presente ordenanza, colaborar no óptimo funcionamento das instalacións de saneamento e de depuración para evitar afeccións á saúde humana e ó medio natural como receptor final das augas residuais. A este obxecto a inspección poderá desenvolver calquera das actividades seguintes:

a) Control rutineiro dos puntos de vertedura de industrias á rede de saneamento, co obxecto de garantir cumprimento dos límites establecidos e dos fins anteriores.

b) Toma de mostras para a súa análise posterior. c) Realización de análise in situ.

d) Levantamento de actas de inspección.

e) A identificación de focos contaminantes co obxecto de determinar as responsabilidades administrativas e/ou penais a que dean lugar as verteduras incontroladas.

f) Calquera outro aspecto relevante da vertedura ou da instalación inspeccionada. Artigo 26.- Acceso ás instalacións.

Deberá facilitárselles o acceso dos inspectores ás distintas instalacións, a fi n de que poidan proceder con maior eficacia nas tarefas de control e vixilancia. Deben pórse á súa disposición todos os datos, análises e información xeral que estes soliciten, evitando entorpecer e obstaculizar a inspección.

Artigo 27.- Acreditación.

1. Os inspectores deberán acreditar a súa identidade mediante documentación expedida polo Concello, e poderán ir acompañados de persoal externo para a realización dos traballos auxiliares como toma de mostras e o seu transporte ata o laboratorio correspondente.

2. Non será necesaria a cación previa das visitas, sempre que se efectúen dentro do horario oficial de funcionamento da actividade, debendo facilitarse o acceso ás instalacións no momento en que aquelas se produzan.

(17)

Artigo 28.- Toma de mostras

1. As instalacións produtoras de augas residuais deberán contar, necesariamente, cos dispositivos, rexistros, arquetas e demais utensilios pertinentes que fagan posible a realización de medicións e a toma de mostras representativas.

2. Toda instalación que produza verteduras de augas residuais non domésticas disporá dunha única arqueta de rexistro, situada augas abaixo da última vertedura, que sexa accesible para o fin ó que se destina. A súa localización deberá ser, ademais, nun punto no que o fluxo do efluente non poida alterarse.

Artigo 29.- Mostras.

1. Dende a presentación do inspector nas instalacións, establécese un prazo máximo de tempo ata a toma de mostras de 15 minutos, co fin de dificultar calquera actuación por parte do suxeito inspeccionado que poida alterar a normal produción de augas residuais da súa actividade (peche de circuítos de auga contaminada, dilución da vertedura con augas limpas, etc.). No caso de superar o dito tempo queda a criterio do inspector continuar coas actuacións, o cal se fará constar na acta correspondente.

Se o punto de mostraxe é externo ás instalacións obxecto da inspección, se conta coa presenza dun axente da autoridade e se produce un retardo na presentación do representante da empresa no dito punto, poderase tomar unha mostra dentro do prazo de 15 minutos con total validez.

2. As mostraxes realizaranse sobre un ou varios puntos de vertedura, con independencia do número total a toma no último punto de conexión antes da rede de saneamento en arqueta visitable. Se a vertedura se realiza mediante unha impulsión, a mostraxe realizarase no propio pozo de bombeo.

3. As mostras tomaranse cun tomamostras, enxaugado previamente na mesma auga que se vai analizar. A auga do enxaugadura non se devolverá sobre o punto de mostraxe, agás que a corrente garanta que non vaia afectar sobre a mostra. Evitarase, en todos os casos, tocar as paredes e fondo para evitar o arrastre de sólidos non representativos. De igual xeito, adoptaranse as cautelas necesarias no caso de presenza de sólidos flotantes.

4. O material do envase no que se recolle a mostra será escollido en función dos parámetros que se van analizar, e con carácter xeral:

. Vidro: Botella de 1 litro. Para determinacións orgánicas, debendo encherse sen que quede aire retido.

(18)

. Plástico: Botella de 2 litros para os resto das determinacións analíticas.

5. No momento de recoller as mostras, informaráselle ó interesado do seu dereito a que lle sexa entregada unha mostra xemelga, e farase constar en acta a súa entrega ou rexeitamento. Tomarase unha soa mostra nun único recipiente integrador, onde se procederá á súa homoxeneización e división en tres fraccións. Pechados os recipientes procederase á súa identifi cación e precintado, facendo entrega dunha mostra precintada ó interesado, outra a laboratorio acreditado e a outra quedará en poder do Concello.

6. Nas mostras que se analizarán haberá unha etiqueta que garanta a súa fácil identificación, así como que a súa orixe non sexa pública, de xeito que os laboratorios traballen sobre mostras cegas. Os datos mínimos para incluír na etiqueta serán:

. Código de referencia, que será o mesmo para as tres fraccións de cada mostra. . Descrición da materia que contén o envase.

. Lugar da toma. . Data da mostraxe. . Hora da mostraxe.

. Nomes e sinaturas do inspector e persoa responsable da instalación obxecto de inspección.

Para a práctica da análise inicial e da contraditoria deberá entregarse ó laboratorio de que se trate a mostra correspondente, debidamente conservada a temperatura non superior a 6 grados centígrados, e sen chegar a súa conxelación (arredor de 4 grados centígrados), no prazo máximo de corenta e oito horas dende a toma de mostras, para os efectos de iniciar o procedemento de análise nese prazo.

Artigo 30.- Acta.

O inspector levantará unha acta da inspección realizada polo Concello, no modelo ofi cial que fi gura no anexo II.1 e 2 desta ordenanza. Esta acta asinarana o inspector e mais o usuario, entregándoselle a este unha copia dela. Se o inspeccionado non a asina, farase constar este aspecto na propia acta.

Artigo 31.- Libro de rexistro.

As copias das actas deberán ser recollidas nun arquivo e estar a disposición da autoridade competente cando esta as requira.

(19)

Artigo 32.- Análise.

As determinacións analíticas da mostra inicial e da contraditoria levaranse a cabo en laboratorios acreditados por ENAC baixo o marco da norma UNE-EN-ISO 17025 ou a vixente nese momento.

Unha vez realizada a análise, o laboratorio acreditado fará tres copias, enviando unha ó Concello e para os efectos oportunos; unha segunda copia ó industrial; e a terceira copia permanecerá no laboratorio, para poñela, en caso necesario, a disposición da autoridade xudicial ou administrativa.

Artigo 33.- Métodos.

Os métodos analíticos que se empregarán para a análise das augas residuais urbanas e industriais para os efectos desta ordenanza, serán os identificados no Standard Methods ou nas correspondentes normas UNE-EN-ISO.

Artigo 34.- Disconformidade.

Se o industrial manifesta a súa disconformidade co resultado da análise, procederase a realizar unha nova noutro laboratorio acreditado, o resultado da cal será definitivo, sendo os gastos de realización a cargo do industrial. A manifestación de desconformidade deberá ser realizada polo titular das verteduras, fundada e por escrito, ante o Concello que acordará a análise.

CAPÍTULO 6º.- RÉXIME DISCIPLINARIO. Artigo 35.- Normas xerais.

As verteduras á rede de sumidoiros que non cumpran calquera das limitacións ou prohibicións que se especifican nesta ordenanza darán lugar a que o Concello adopte algunha ou algunhas das medidas seguintes:

- Prohibición total da vertedura cando, existindo o incumprimento, esta non poida ser corrixida nin nas instalacións municipais nin nas do usuario.

- Esixencia ó usuario da adopción de medidas preventivas, correctoras e/ou reparadoras necesarias verbo da modificación das verteduras, mediante un tratamento previo deste ou modificación no proceso que o orixina.

- Esixencia ó responsable de ter efectuado, provocado ou permitido a descarga, do pagamento de todos os gastos e custos adicionais a que o Concello tivese que facer

(20)

fronte como consecuencia das verteduras polas súas deterioracións, avarías, limpeza, etc..

- Imposición de sancións, segundo se especifica nesta ordenanza. - Revogación, cando proceda, da autorización de vertedura concedida. Artigo 36.- Cualifi cación das infraccións.

As accións ou omisións que infrinxan o previsto nesta ordenanza clasifícanse en leves, graves e moi graves.

Artigo 37.- Infraccións leves.

Consideraranse infraccións leves as seguintes: - As accións e omisións que, como consecuencia

dunha vertedura, causen danos ás instalacións de depuración, redes de saneamento ou bens de terceiros, cuxa

valoración non supere os 3.000 €.

- A modificación das características dunha vertedura autorizada ou os cambios producidos no proceso que poidan afectar o efluente, sen coñecemento do Concello.

- O incumprimento ou omisión do prazo establecido nesta ordenanza para a comunicación dunha descarga accidental ou voluntaria, sempre que non estea considerado como infracción grave ou moi grave.

- Ter canlóns ou baixantes rotos ou deteriorados que vertan á vía pública. Artigo 38.- Infraccións graves.

Consideraranse infraccións graves as seguintes:

- Entorpecer ou obstaculizar dalgún xeito a tarefa de inspección, de xeito que esta quede incompleta.

- Non facilitarlles ós inspectores municipais o acceso ás instalacións ou a información solicitada por eles.

- As accións e omisións que, como consecuencia dunha vertedura, causen danos ás instalacións de depuración, redes de saneamento ou a bens de terceiros, cuxa valoración estea comprendida entre 3.001 e 800.000 €.

- As verteduras efectuadas sen autorización do Concello.

- A ocultación ou falseamento dos datos esixidos na solicitude de autorización de verteduras.

(21)

- O incumprimento de calquera das condicións impostas polo Concello na autorización de verteduras.

- O incumprimento das accións esixidas para situacións de emerxencia establecidas nesta ordenanza.

- A evacuación de verteduras sen tratamento previo, cando estas o requiran, ou sen respectar as limitacións especificadas nesta ordenanza.

- O consentimento do titular autorizado dunha vertedura para o uso das súas instalacións para verter a terceiros non autorizados.

- A reincidencia en dúas infraccións leves no prazo dun ano. Artigo 39.- Infraccións moi graves.

Consideraranse infraccións moi graves as seguintes:

- As infraccións cualificadas como graves no artigo anterior, cando pola cantidade ou calidade das verteduras se derive a existencia de risco para o persoal relacionado coas actividades de saneamento e depuración.

- As accións e omisións que, como consecuencia dunha vertedura, causen danos ás instalacións de depuración, redes de saneamento o a ben de terceiros, cuxa valoración supere os 800.000 €.

- O uso das instalacións de saneamento nos supostos de denegación, suspensión ou extinción da autorización de verteduras.

- A evacuación de calquera vertedura prohibida relacionada nesta ordenanza. - A reincidencia de dúas faltas graves no prazo dun ano.

Artigo 40.- Prescrición das infraccións.

As infraccións leves prescribirán ós seis meses, as graves ós dous anos e as moi graves ós tres anos, e empezarán a computar dende o día en que se comete a infracción ou, se é o caso, se tivese coñecemento dela.

Artigo 41.- Sancións.

As infraccións previstas nesta ordenanza serán sancionadascoas seguintes multas: - Infraccións leves: Multa de 100 € a 750 €.

- Infraccións graves: Multa de 751 € a 1.500 €. - Infraccións moi graves: Multa de 1.501 € a 3.000 €.

(22)

Artigo 42.- Graduación.

Para graduar a contía das multas e das sancións accesorias, teranse en conta os seguintes criterios:

a) A transcendencia social ou sanitaria e o prexuízo causado. b) O ánimo de lucro e a contía do benefi cio obtido,

c) A reincidencia e

d) A intencionalidade e demáis circunstancias concorrentes. Artigo 43.- Prescrición das sancións.

As sancións impostas por infraccións moi graves prescribirán ós tres anos, as impostas por infraccións graves ós dous anos, e as impostas por infraccións leves ó ano. Artigo 44.- Procedemento.

A imposición de sancións e a esixencia de responsabilidades de conformidade con esta ordenanza realizaranse mediante a instrución do correspondente expediente sancionador e segundo o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no Real Decreto 1.398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora e demais normativa aplicable. Artigo 45 - Responsabilidade.

A responsabilidade de carácter administrativo prevista nesta ordenanza entenderase sen prexuízo da esixible nas vías penal e civil.

TÍTULO II.- VERTEDURAS DE CISTERNAS NA ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR) MUNICIPAL.

CAPÍTULO 1º. DISPOSICIÓNS XERAIS. Artigo 46. Xustifi cación.

O obxecto deste título é regular a vertedura de residuos de cisternas na EDAR de Lugo, co fin de:

1. Establecer o réxime de autorizacións de verteduras. 2. Protexer o correcto funcionamento da EDAR de Lugo.

3. Determinar a idoneidade do punto de verteduras na planta en función das características de humidade do residuo.

(23)

4. Establecer a distribución das verteduras no tempo.

5. Imputar o custo de depuración da vertedura ó seu xerador. Artigo 47. Usuarios.

A solicitude para a vertedura de residuos na EDAR poderá ser realizada por: 1. Empresas concesionarias de servizos municipais no ámbito do concello de Lugo. 2. As persoas físicas ou xurídicas, en xeral, radicadas no mesmo ámbito territorial. CAPÍTULO 2º. CONDICIÓNS DE VERTEDURA.

Artigo 48. Réxime das verteduras.

1. A vertedura de residuos das fosas sépticas na EDAR de Lugo deberá contar coa autorización específica do Concello de Lugo.

2. A solicitude de autorización presentarase acompañada da seguinte documentación: a) Localización da fosa séptica ou depósito.

b) Estimación das características do residuo especificando o seu volume anual e a periodicidade da súa retirada.

c) Analítica do residuo se a houbese dispoñible. Nos casos que se considere necesario, o laboratorio da EDAR municipal realizará unha caracterización do residuo, sendo os custos a cargo do titular solicitante.

d) Tipos de actividades produtoras das augas recollidas na fosa séptica ou depósito; tratamento depurador se existise.

e) Plano xeral ou esquema da rede de saneamento que desemboca na fosa séptica ou planta de tratamento.

f) Empresa responsable do transporte.

3. Informada a solicitude polos servizos técnicos municipais, acordarase a súa autorización ou denegación,xuntando no primeiro caso as condicións de vertedura.

4. A modifi cación dalgunha das características declaradas na solicitude debe ser comunicada ó Servizo de Medio Ambiente, para o seu estudo e, se procede, proposta de modifi cación da autorización.

5. Os residuos admitidos estarán suxeitos na súa recepción a controis aleatorios das súas características.

(24)

Artigo 49. Criterios de admisibilidade do residuo.

1. Poderán ser admitidos todos os residuos procedentes de fosas sépticas ou depósitos que reciban augas residuais de orixe exclusivamente doméstica.

2. Nos casos de fosas sépticas ou depósitos que reciban xunto coas augas residuais de orixe doméstica outras achegas de orixe industrial asimilables a augas domésticas, considerarase a carga de metais media contida nos lodos da EDAR de Lugo como criterio de valoración para a admisión de lodos potencialmente contaminados por augas non domésticas.

3. Non serán admitidas verteduras que pola súa composición se considere que poidan inhibir os procesos de depuración da EDAR.

Artigo 50. Cómputo da carga contaminante.

1. O cómputo da carga contaminante dos residuos procedentes de industrias que non se abastezan da subministración de auga municipal así como o de pobos de fóra do termo municipal de Lugo determinaranse segundo a seguinte fórmula:

C = (0.5*SS/200+0,5*DQO/500)*F*Q Sendo:

C: Carga contaminante total. SS: Sólidos en suspensión (mg/l).

DQO: Demanda química de osíxeno (mg/l).

F: Factor corrector en función do tipo de actividade considerada. Q: Volume de residuo vertido.

2. Os valores de DQO e S.S. son os obtidos dunha mostra da vertedura tomada na recepción da cisterna en planta ou da caracterización previa realizada para a obtención da autorización de verteduras.

3. As determinacións analíticas dos parámetros sinalados realizaranse segundo os métodos “Standard Methods for the Examination of Water and Wastewater” ou os recollidos nas correspondentes normas UNE-EN-ISO, ou outros métodos oficiais.

4. O anexo III recolle a clasifi cación de actividades que permite determinar o valor de F segundo a táboa seguinte:

F = 0,50 para actividades da clase 1. F = 1,00 para actividades da clase 2. F = 1,50 para actividades da clase 3.

(25)

5. Para os residuos procedentes de lugares localizados fóra do termo municipal o valor de F é de 2.

Artigo 51. Aplicación do prezo público pola prestación do servizo.

1. A aplicación do prezo público regularaa a norma de prestación do servizo municipal de augas e tratamento de residuais, incluída nas ordenanzas fiscais municipais para cada exercicio.

2. A cota calcularase baseándose na seguinte expresión: PT = C * PF

Sendo:

PT: Prezo total.

C: Carga contaminante.

PF: Custo fixo asociado a cada m3 de residuo vertido por tratamento de depuración. 3. O termo PF establecerao anualmente o Concello mediante a ordenanza fi scal reguladora da taxa pola vertedura de augas residuais procedentes de cisternas na EDAR de Lugo.

Artigo 52. Obrigacións dos usuarios.

O depósito dos residuos na EDAR de Lugo virá condicionado pola concesión da autorización previamente tramitada e da comunicación previa á EDAR municipal. É responsabilidade das persoas físicas e xurídicas produtoras e transportistas dos residuos facilitarlle ó responsable da planta a información, inspección, toma de mostras e supervisión que considere oportuna para garantir a correcta explotación da EDAR.

Tanto na recepción das cisternas na planta como nas operacións de descarga se deberán seguir as instrucións do responsable dela.

Artigo 53. Denegación puntual de verteduras.

En caso de incumprimento da responsabilidade indicada no artigo 52 -e a criterio do xestor da EDAR municipal-, poderá denegarse a descarga puntual da vertedura en cuestión, aínda que se estea en posesión dunha autorización previamente concedida. Así mesmo, de producirse a circunstancia indicada no parágrafo 3 do artigo 49. “Criterios de admisibilidade do residuo”, procederase á denegación puntual da vertedura polo responsable da EDAR municipal. Esta denegación puntual de vertedura deberá

(26)

comunicarse por parte do xestor da EDAR ó Servizo de Medio Ambiente, para a súa constancia no expediente.

Artigo 54. Revogación da autorización de vertedura.

As autorizacións de verteduras concédense tendo en consideración a documentación presentada polo solicitante no parágrafo 2 do artigo 48. A modificación dalgunha das características da solicitude sen notifi cación previa ó Servizo de Medio Ambiente, tal e como vén expresado no artigo 48 alínea cuarta, implicará a revogación da autorización de vertedura. Así mesmo -tras o informe do xestor da EDAR municipal e os servizos técnicos municipais-, poderá revogárselle a autorización de vertedura a aquel usuario do servizo que incorra en máis dunha ocasión nalgunha das circunstancias contidas no artigo 53.

DISPOSICIÓNS FINAIS.

Esta ordenanza entrará en vigor ós quince días da súa publicación no BOP, e quedarán derrogadas cantas disposicións municipais se opoñan ou contradigan o aquí disposto.

ANEXO I: Táboa de características e concentracións máximas permitidas nas verteduras ós colectores municipais.

A documentación para a obtención da autorización de vertedura debe incluír unha analítica das verteduras que, como mínimo, deberá analizar os parámetros indicados na táboa 1. Os servizos técnicos poderán esixir unha ampliación da analítica, que comprenda algún, varios ou a totalidade dos parámetros indicados na táboa 2 nos seguintes supostos:

1. No caso de que na analítica entregada polo solicitante se detectasen anomalías, ou algún parámetro superase a concentración máxima permitida.

2. No caso de que a actividade da que se trata constitúa un especial risco para o correcto funcionamento do sistema de saneamento e depuración de augas municipal.

3. No caso de que os servizos municipais, con posterioridade a unha visita de inspección ou ben de oficio, considérase oportuno ampliar a información acerca das verteduras dunha determinada actividade.

En todo caso, queda prohibido verter directa ou indirectamenteás instalacións de sumidoiros e saneamento municipais verteduras coas características ou con

(27)

concentracións de contaminantes iguais ou superiores en todo momento ós valores límite, ou fóra dos intervalos expresados nas táboas 1 e 2.

(28)

Táboa 2.

(29)
(30)
(31)
(32)
(33)
(34)
(35)

ANEXO II. 4. Condicións de mostraxe.

Este anexo ten por obxecto definir as condicións de mostraxe para a realización das medidas tendentes á detenninación dos parámetros analíticos que van definir a carga da vertedura.

1. No momento da mostraxe recolleranse, polo menos, dúas mostras, que serán analizadas nos parámetros necesarios seguindo os métodos analíticos indicados no punto 3 do artigo 50 desta ordenanza.

2. Todos os resultados obtidos ponderaranse para obter os valores medios que se utilizarán na determinación do coeficiente de contaminación.

3. Tendo en corita o carácter perecedoiro das mostras, e polas limitacións impostas para a súa conservación, a actividade poderá nomear ó seu cargo un perito de parte, para que xunto co responsable municipal realice conxuntamente as análises inicial e contraditoria no mesmo acto. A non presenza na análise inicial dun representante da actividade supón a aceptación do resultado emitido polo laboratorio municipal.

4. No caso de desconformidade do representante da actividade cos resultados iniciais, procederase á análise dunha segunda mostra, dentro das 24 horas seguintes á análise inicial. Esta segunda análise será levada a cabo polo perito de parte no propio laboratorio da EDAR municipal.

ANEXO III. Clasificación de actividades.

Esta clasifi cación afectaralles ás empresas en función non da súa actividade principal, senón da actividade con máis repercusión sobre as augas residuais. A adscrición da vertedura a unha determinada clase de actividade realizaraa o persoal técnico da EDAR municipal, atendendo á procedencia da vertedura, refl ectida no parte de entrega do produtor ó transportista ou xestor autorizado que verta o residuo na EDAR.

CLASE I.

151 Produción, transporte e distribución de enerxíaeléctrica. 152 Fabricación e distribución de gas.

153 Produción e distribución de auga quente.

161 Captación, depuración e distribución por tubo deauga para núcleos urbanos. 223 Fabricación de tubo de aceiro.

246 Fabricación de vidro plano, oco, técnico, fibra de vidro, manipulado do vidro. 311 Fundición de pezas.

(36)

312 Forxado, estampado, embutición, cuñaxe, cortee repulsado. 314 Carpintería metálica, estruturas metálicas.

315 Construción de grandes depósitos e caldeirería grosa.

316 Fabricación de ferramentas manuais e agrícolas, artigos de ferraxería e cerrallaría, aparafusaría e artigos derivados do arame, artigos metálicos de enxoval, cociñas, etc., non eléctricas, mobiliario metálico, de recipientes e envases metálicos, armas lixeiras e municións, etc.

319 Mecánica en xeral (transformación de metais con máquina-ferramenta) e talleres mecánicos en xeral, de soldadura, etc.

32 Construción de máquinas agrícolas, máquinas para traballar os metais, a madeira, etc., máquina-ferramenta, máquinas téxtiles, de fundición, etc., fabricación de engrenaxes, cadeas de transmisión, maquinaria elevación, rodamentos.

330 Construción de máquinas de oficina e ordenadores.

34 Fabricación de fíos e cables eléctricos, material eléctrico e equipamentos, excepto fabricación de pilas e acumuladores, fabricación de contadores e aparellos a medida, electrodomésticos, lámpadas e material de iluminación.

35 Fabricación de aparellos de equipo telefónico e telegráfico, aparellos de radiocomunicación e televisión, aparellos electromédicos, profesionais e científi co, etc., compoñentes electrónicos e circuitos integrados.

36 Construción e montaxe de vehículos automóbiles e os seus motores, carrocerías, remolques, etc.

38 Construción, reparación e mantemento de material ferroviario, aeronaves, bicicletas, motocicletas, etc.

39 Fabricación de instrumentos de precisión, medida e control, material médico-cirúrxico, equipos ópticos e fotográficos, reloxos, etc.

41 Fabricación de aceite de oliva, extracción de aceites de sementes oleaxinosas, extracción de aceites de graxas animais, refi nado e hidroxenado doutros corpos graxos, obtención de margarina e graxas alimenticias.

413 Sacrificio de gando, preparación e conservas de carne e incubado de aves. 414 Industrias lácteas.

415 Fabricación de xogos e conservas vexetais.

416 Fabricación de conservas vexetais e outros produtos. 417 Fabricación de produtos de moedura.

(37)

419 Industria do pan, pastelería e galletas.

42 Industria do cacao e chocolate, elaboración de produtos de confeitería, produtos para a alimentación animal (pensos). Elaboración de café, té e sucedáneos, de sopas preparadas, extractos e condimentos, de produtos dietéticos e de réxime, etc.

420 Industria do azucre.

424 Industria de alcohois etílicos de fermentación. 425 Industria vinícola.

426 Sidrerías.

427 Fabricación de cervexa e malte.

428 Industrias da auga mineral, augas gaseadas e outras bebidas alcohólicas. 429 Industrias do tabaco.

451 Fabricación en serie do calzado e do calzado de artesanía.

46 Serrado e preparación industrial da madeira. Fabricación de produtos semielaborados de madeira (chapas, taboleiros, etc.). Fabricación en serie de pezas de carpintería, parqué, etc. Fabricación de envases e embalaxes de madeira, de obxectos de madeira, de produtos de cortiza, artigos de xunco, cana, cestería, etc. De mobiliario de madeira para o fogar, escolar, de oficina, ataúdes.

CLASE II.

121 Prospección de petróleo e gas natural.

122 Extracción e distribución de derivados do petróleo. 123 Extracción, depuración e distribución de gas natural. 124 Extracción de lousas bituminosas.

211 Extracción e preparación de minarais de ferro. 212 Extracción e preparación de minerais non férreos. 221 Siderurxia integral.

222 Siderurxia non integral.

224 Trefi laxe, estirado, perfilado, laminado en frío do aceiro.

241 Fabricación de produtos de tercas cocidas para a construción, excepto artigos refractarios.

242 Fabricación de cementos, cales e xesos.

243 Fabricación de materiais de construción en fonnigón, cemento, xeso, escaiola e outros.

(38)

316 Fabricación de mobiliario metálico con fosfatado. Fabricación de armas lixeiras con pavonado.

431 Industria do algodón, fi ado e tecido de algodón.

432 Preparación de fi bras de la, fi ado, retorcido e tecido de la e mesturas. 433 Industrias da seda natural e as súas mesturas.

434 Industrias das fi bras duras e as súas mesturas.

435 Fabricación de xéneros de punto en peza, fabricación de calcetería, prendas interiores e exteriores.

436 Acabados téxtiles.

437 Fabricación de alfombras, tecidos impregnados. 439 Outras industrias téxtiles.

442 Fabricación de artigos de marroquinería e vine, guantes de pel, outros artigos de coiro.

468.5 Actividades anexas á industria do moble (dourado, vernizado).

473.4 Fabricación de artigos de decoración e uso doméstico (papel pintado).

473.9 Fabricación doutros manipulados de papel e cartón non clasificados (papel revestido de cera, parafina, alcatrán, etc.).

474 Impresión gráfi ca, serigrafi a, fotocomposición, e reprodución. Actividades anexas á impresión.

475 Actividades anexas ás artes gráficas. 481 Transformación do caucho.

482 Transformación de materias plásticas. 491 Xoiería e bixutería.

917 Lavanderías, tinturerías e servizos similares. CLASE III.

225 Produción e primeira transformación de metais non férreos. 245 Fabricación de abrasivos.

247 Fabricación de produtos cerámicos.

251 Fabricación de produtos químicos orgánicos de orixe petroquímico, outros produtos químicos orgánicos, produtos inorgánicos, primeiras materias plásticas, fabricación de caucho e látex sintéticos.

(39)

253 Fabricación de gases comprimidos, colorantes e pigmentos, pinturas, vernices e lacas, tintas de imprenta, aceites e graxas industriais, explosivos, etc.

254 Fabricación de produtos farmacéuticos de base,especialidades e outros produtos farmacéuticos.

255 Fabricación de xabóns, deterxentes, lixivias, produtos de perfumería e cosmética, derivados de cera e parafinas. Fabricación de material fotográfi co sensible. Fabricación de artigos pirotécnicos, mistos, fósforos, etc.

313 Tratamento e recubrimento superfi cial dos metais. 343 Fabricación de pilas e acumuladores.

493 Laboratorios fotográficos e cinematográficos. 441 Curtume e acabados de coiro e peles.

472 Fabricación de pasta papeleira, de papel e cartón, cartón ondulado e artigos de cartón ondulado.”

Contra a presente ordenanza poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte a aquél no que o texto desta ordenanza fose publicado integramente no Boletín Ofi cial da Provincia.

Lugo, 8 de marzo de 2010.- O ALCALDE, José C. López Orozco.- O SECRETARIO XERAL DO PLENO, Luis Regal Pavón.

Referências

Documentos relacionados

Os maiores coeficientes da razão área/perímetro são das edificações Kanimbambo (12,75) e Barão do Rio Branco (10,22) ou seja possuem uma maior área por unidade de

1. A delimitação da plataforma continental entre Estados com costas adjacentes ou situadas frente a frente deve ser feita por acordo, de conformidade com o

libras ou pedagogia com especialização e proficiência em libras 40h 3 Imediato 0821FLET03 FLET Curso de Letras - Língua e Literatura Portuguesa. Estudos literários

Trata-se, segundo Sidney Chalhoub, do predomínio da ideologia do paternalismo, entre os anos de 1850 e 1860, que se pode definir como sendo uma política de domínio na qual a

Detectadas as baixas condições socioeconômicas e sanitárias do Município de Cuité, bem como a carência de informação por parte da população de como prevenir

•   O  material  a  seguir  consiste  de  adaptações  e  extensões  dos  originais  gentilmente  cedidos  pelo 

Nesse artigo serão apresentados os resultados tanto da análise dos livros como da aplicação de uma atividade sobre produto vetorial a dois estudantes do curso de Licenciatura

A mídia social Instagram atendeu ao seu propósito que era o ensino do marketing e do português, bem como, provocou a percepção dos alunos perante seu comportamento nas