• Nenhum resultado encontrado

LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS"

Copied!
21
0
0

Texto

(1)

MEMORIA ACADÉMICA 2015/2016

LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS

FACULDADE DE CIÊNCIAS SOCIAIS E HUMANAS UNIVERSIDADE NOVA DE LISBOA

LECTOR: Isaac Lourido Hermida

VISTO E PRACE:

Prof. Dr. Luiz Fagundes Duarte

Director do Centro de Estudos Galegos Lisboa, 26 de setembro de 2016

(2)

ÍNDICE DE CONTIDOS

1. Presentación do Centro de Estudos Galegos [p. 3] 2. Docencia [p. 4]

3. Divulgación cultural [p. 7]

4. Investigación e apoio externo [p. 10] 5. Comunicación social [p. 12]

(3)

1. PRESENTACIÓN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS

O Centro de Estudos Galegos foi fundado en 1994, como resultado do convenio asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Nova de Lisboa. Os seus obxectivos principais son a promoción da docencia e da investigación sobre a lingua, a literatura e a cultura galegas nos ámbitos académico, social e cultural da cidade de Lisboa. O Centro de Estudos Galegos (CEG) ten a súa sede na Faculdade de Ciências Sociais e Humanas (FCSH) e conta, como un dos seus recursos máis significativos, cunha importante biblioteca que acolle libros e materiais audiovisuais relacionados coa cultura galega. O acervo da biblioteca está integrado no catálogo xeral da biblioteca da facultade (Biblioteca Mário Sottomayo Cardia) e os seus fondos son actualizados periodicamente, ben a través da compra de libros con cargo ao orzamento anual de que dispón o CEG ben a través de doazóns recibidas.

O acordo entre a Xunta de Galicia e a Universidade Nova de Lisboa ten como un dos elementos centrais a provisión dun/ha lector/a que asuma as tarefas de docencia e divulgación cultural antes referidas. A estrutura básica do CEG complétase co figura do director ou coordinador, responsábel da orientación e supervisión da actividade xeral do centro, así como da súa representación institucional. O posto de lector é desempeñado desde outubro de 2013 por Isaac Lourido Hermida, mentres que os traballos de dirección son desenvolvidos desde xuño de 2014 polo profesor Luiz Fagundes Duarte, fundador do CEG en 1994.

Dentro da organización da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas, o CEG está integrado no Departamento de Estudos Portugueses, de cuxa estrutura docente e administrativa dependen todas as súas actividades.

Datos de contacto:

Centro de Estudos Galegos

Faculdade de Ciências Sociais e Humanas Av. de Berna, 26 – C

1060 – 061, Lisboa (Portugal)

Director: Luiz Fagundes Duarte [lfagundesduarte@gmail.com] Lector: Isaac Lourido Hermida [ilourido@fcsh.unl.pt]

Correo do CEG: geral_ceg@fcsh.unl.pt Páxina web do CEG: http://ceg.fcsh.unl.pt

(4)

2. DOCENCIA

A docencia que ten asignada o lector do CEG consiste nunha materia de “opción libre” chamada

Lingua e literatura galega, encadrada no programa oficial da Licenciatura en Estudos Portugueses,

mais cuxa matrícula está aberta a todo o alumnado da facultade. A materia ten unha duración semestral e unha asignación de 6 créditos ECTS. Impártese tanto no primeiro como no segundo semestre, a grupos diferentes.

Obxectivos, metodoloxía e avaliación

Os obxectivos didácticos desta materia no ano lectivo 2015/2016 foron os seguintes:

1. Adquisición de competencias básicas de lingua galega, segundos os criterios fixados polo Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas no nivel B1.

2. Adquisición de coñecementos avanzados sobre a realidade lingüística, social e cultural de Galiza.

3. Adquisición de coñecementos avanzados sobre os principais procesos históricos da literatura e da cultura galegas, así como das referencias máis importantes da cultura contemporánea. En relación cos contidos desenvolvidos, na materia de Lingua e literatura galega preténdese un achegamento inicial e básico do alumnado á realidade lingüística e sociocultural de Galiza, en termos históricos e presentes. Canto aos contidos relacionados coa lingua, a perspectiva é de tipo comunicativo e pragmático. É dicir, concédese prioridade á adquisición de recursos orientados ao desenvolvemento da comunicación oral e escrita na práctica, cun uso só auxiliar dos contidos gramaticais e teóricos. No tocante aos contidos relacionados coa literatura e a cultura, os recursos e as actividades propostas pretenden a interacción entre o rigor da perspectiva histórica e o coñecemento da diversidade e emerxencia da cultura galega actual (nos ámbitos literario, musical, audiovisual, etc.). Os contidos da materia son complementados coas actividades académicas e de dinamización organizadas polo CEG: conferencias, encontros con escritores/as e artistas, e concertos, entre outras.

A metodoloxía de ensino-aprendizaxe ten un carácter eminentemente práctico. O enfoque comunicativo previsto para os contidos lingüísticos está ligado a unha perspectiva tamén maioritariamente aplicada para os contidos de literatura e cultura. É potenciado o traballo directo cos materiais de referencia (manuais, dicionarios, gramáticas, historias literarias, libros de creación, páxinas web e aplicacións multimedia, entre outros), o traballo colaborativo e o fornecemento dos recursos necesarios para que o alumnado avance de forma autónoma no coñecemento da lingua e da literatura galegas. A materia é desenvolvida tamén no servizo da plataforma Moodle / Campus Virtual da FCSH, que permite organizar de forma estruturada a planificación das diferentes sesións, os materiais utilizados ou de interese, a comunicación entre profesor e alumnado, ou a entrega de traballos.

O método de avaliación integra varios procedementos co obxectivo de favorecer o desenvolvemento de diferentes competencias por parte do alumnado:

1. A asistencia e participación activa do alumnado nas aulas (incluíndo o Campus Virtual) e nas actividades programadas polo CEG outorga o 30% da nota final.

2. Os coñecementos de lingua son avaliados a través dun exame con exercicios relativos ás catro competencias básicas (comprensións oral e escrita, expresións oral e escrita), que representa o 30% da nota final.

(5)

3. Os contidos de literatura e de cultura son avaliados a partir de dous traballos:

• Unha recensión breve (de 5.000 a 8.000 caracteres con espazos) dunha obra da literatura galega actual. É un traballo de carácter individual. A obra é acordada entre alumno/a e profesor. Outorga o 15% da nota final.

• Un traballo monográfico sobre algún aspecto da cultura galega. O traballo pode ser realizado de forma individual (extensión mínima de 10.000 caracteres con espazos) ou en grupos de dúas persoas (extensión mínima de 15.000 caracteres). O asunto do traballo é acordado previamente entre alumno/a e profesor. Representa o 25% da nota final.

Alumnado

Polos vínculos orgánicos do CEG co Departamento de Estudos Portugueses, a materia de Lingua e

literatura galega é considerada oficialmente unha materia de “opción libre” da licenciatura de

Estudos Portugueses, aínda que como foi referido con anterioridade a matrícula está aberta a alumnos/as de calquera titulación da FCSH. No ano académico 2015/2016 a diversidade de procedencias do alumnado inscrito nesta materia deu continuidade ao proceso iniciado no ano anterior. Deste xeito, para alén dunha importante presenza de persoas procedentes de Estudos Portugueses, contouse cunha significativa matrícula de alumnos/as que están a cursar as licenciaturas de Línguas, Literaturas e Culturas e de Tradução.

Un resumo dos datos máis destacados en relación co número de alumnos matriculados, alumnos aprobados e notas medias alcanzadas, é o seguinte:

1. No primeiro semestre do curso 2015/2016 a materia de Lingua e literatura galega contou con dezaoito alumnos matriculados. Catorce deles conseguiron superar con normalidade a materia no final do semestre. A nota media deste grupo foi de 16.14 [nunha escala de 0 a 20].

2. No segundo semestre a materia contou cun total de catro alumnos inscritos, aos que debemos sumar a asistencia de outro alumno máis como “oínte”. Tres deles asistiron ás aulas con normalidade e aprobaron a materia no final do semestre. A nota media deste grupo foi de 17.66 [nunha escala de 0 a 20].

3. O total de vinte e dúas persoas matriculadas no curso 2015/2016 supón unha rebaixa en relación co número de alumnos do curso 2014/2015 (42 matriculados), mais consegue manterse por enriba do número de alumnos do curso 2013/2014 (14 matriculados) e de cursos anteriores. O baixo número de alumnos inscritos no segundo semestre está directamente relacionado coa mala ubicación da materia no horario da licenciatura de Estudos Portugueses, feito este que non puido ser modificado. A coincidencia con até dúas materias obrigatorias impediu a inscrición de ningún alumno desta licenciatura.

Ao final de cada semestre é repartida ao alumnado unha enquisa de satisfacción coa materia, co obxectivo de coñecer a súa percepción do desenvolvemento docente, do proceso de ensino-aprendizaxe, así como as preferencias en relación cos contidos abordados. Vinculado a este obxectivo temos outro que é o de mellorar e reformular aqueles aspectos que se considere necesario para ofrecer un mellor servizo docente. Nunha síntese dos resultados podemos destacar:

• Unha avaliación xeral boa ou moi boa do traballo do profesor

• A confirmación ou superación das expectativas previas de aprendizaxe en relación coa materia

(6)

• O interese xeral, e proporcionado, por todos os contidos que integran a materia (de tipo lingüístico, literario e cultural)

• O interese por recomendar a inscrición nesta materia a outros/as alumnos/as da facultade. Ao mesmo tempo, a propia FCSH desenvolveu no primeiro semestre do curso un proceso de avaliación da actividade docente do Departamento de Estudos Portugueses. A materia de Lingua e

literatura galega recibiu as seguintes puntuacións (a escala das puntuacións é de 0 a 6):

Número de alumnos inscritos: 18

Número de respostas: 13 (76% dos alumnos) Comprensión dos contidos: 5.8

Obxectivos claros: 5.8 Obxectivos alcanzados: 5.6 Metodoloxía utilizada: 5.9 Recursos dispoñíbeis: 5.8

Criterios de avaliación informados: 5.9 Criterios de avaliación respectados: 5.9 Progresos realizados: 5.8

(7)

3. DIVULGACIÓN CULTURAL

As actividades de divulgación da cultura galega na cidade de Lisboa realizadas polo CEG teñen dous ámbitos de actuación preferentes. O primeiro deles é a propia FCSH en que o centro desenvolve o seu labor académico, en boa medida como continuación da actividade docente antes referida. En segundo lugar, o resto de espazos sociais e culturais da cidade en que se perciba que as actividades relacionadas coa cultura galega poden suscitar interese ou ter unha boa acollida, ou se considere proveitoso xerar ese interese incluso para un público non familiarizado con ela.

Nos dous casos, os obxectivos básicos do CEG pasan pola divulgación en Lisboa de visións da historia e da cultura galega que, pola súa relevancia histórica ou pola súa importancia actual, contribúan a unha intensificación das relacións entre as culturas galega e portuguesa, para un mellor coñecemento recíproco e, consecuentemente, para unha revisión actualizada dos estereotipos e atrancos que teñen condicionado esta relación.

Unha das estratexias fundamentais do CEG para a planificación das súas actividades reside no estabelecemento de alianzas con outros centros ou grupos de investigación (naquelas actividades realizadas no ámbito académico) ou con outras institucións sociais e culturais (para actividades de público xeral), tanto galegas como portuguesas. Isto materializouse no curso 2015/2016 na colaboración con entidades como Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, a Sociedade Portuguesa de Autores, a Academia Galega da Língua Portuguesa, o Centro de Cultura e Intervenção Feminista (entidade local de estudos sobre o feminismo), a Universidade Sénior de Almada ou, de maneira destacada, na continuación da estreita colaboración que o CEG mantén desde a súa fundación coa Xuventude de Galicia / Centro Galego de Lisboa. Por outro lado, o CEG recibiu durante este ano académico o convite de diferentes colectivos e asociacións para participar no seu programa de actividades –cabe destacar neste ano o convite realizado pola Câmara Municipal de Lisboa– sempre coa vontade de ofrecer ao público lisboeta uns determinados coñecementos sobre a historia ou a realidade cultural galega.

Durante o curso 2015/2016 o CEG estruturou o seu programa de actividades de acordo cun eixo básico, ao cal foron sumadas outras actividades complementarias. Ese eixo básico foi o ciclo de conferencias e actividades (Des)Encontros Galego-Portugueses, que se estendeu ao longo de oito sesións celebradas nos meses de marzo, abril e maio e que contou co apoio da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. O obxectivo do ciclo foi o de tratar de estudar as visións mutuas existentes entre Galiza e Portugal, analizar e superar os estereotipos e, a través do coñecemento e do debate, actualizar os marcos desta relación. Tanto para as sesións de carácter máis académico como para aquelas de tipo máis divulgativo foron convidados especialistas e persoas directamente relacionadas con cada unha das áreas abordadas nas seis sesións que constituíron o ciclo: Lingua, Historia e cultura da fronteira, Emigración galega en Portugal, Democracia, A Lisboa máis galega, Especial Día das Letras Galegas: Manuel María e Portugal.

As outras actividades programadas foron deseñadas ao longo de todo curso principalmente como complemento das aulas de Lingua e literatura galega (e tiveron por iso como palco principal a propia FCSH), aínda que foi desenvolvido tamén un número significativo de eventos en colaboración con outras áreas departamentais ou en espazos alleos ao ámbito académico.

Con estas orientacións fundamentais, o CEG organizou as seguintes actividades durante o curso 2015/2016:

15 de outubro. Conferencia de Fernando Venâncio (Universidade de Amsterdam): “Entre Latim e Português: o Galego”. Faculdade de Ciências Sociais e Humanas.

(8)

30 de outubro. Presentación do libro de Joel R. Gômez Ernesto Guerra da Cal: do exílio a

galego universal (Através Editora). Organizada en colaboración con Através Editora e a

Sociedade Portuguesa de Autores. Auditório da Sociedade Portuguesa de Autores (Lisboa). 5 de novembro. Conferencia de Ramom Pinheiro (aCentral Folque): “A Chave Mestra da tradição oral e musical da Galiza”. Preludio musical do zanfonista Ariel Ninas. Faculdade de Ciências Sociais e Humanas.

6 de novembro. Visita de Ariel Ninas e Ramom Pinheiro, membros de aCentral Folque, á Escola Secundária D. Luísa de Gusmão (Agrupamento de Escolas Nuno Gonçalves). Sesión didáctica sobre historia da música galega, os seus repertorios e instrumentos. Actividade organizada en colaboración co profesorado das áreas de Español e Música da Escola.

6 de novembro. Concerto do dúo galego Senhora Asem no espazo da Associação Renovar a Mouraria, Palco Planisfério. Organizado con apoio do Centro de Estudos Galegos.

7 de novembro. Festa galega no Tradicional Bar (Alfama). Lectura de textos galegos e intervención musical do dúo Senhora Asem. Organizada con apoio do Centro de Estudos Galegos.

4 de marzo. Debate sobre “Lingua”. Con participación de Marco Neves (FCSH/NOVA) e José R. Pichel (imaxin | software, AGAL). Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses.

17 de marzo. Presentación do libro Ostrácia (Através Editora), de Teresa Moure (escritora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela). Livraria Letra Livre (Bairro Alto, Lisboa).

19 de marzo. Conferencia de Teresa Moure: “Se o Édipo falasse galego(-português)...”. Faculdade de Ciências Socias e Humanas. Organizada en colaboración coa profesora Isabel Branco, do Departamento de Línguas, Culturas e Literaturas Modernas.

20 de marzo. Conferencia “O Couto Misto no Tratado de Limites de 1864: o interesse dos Estados e a resistência das populações”, de Paula Godinho (Profesora de Antropoloxía da FCSH/NOVA). Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses.

8 de abril. Conferencia “Dos gallegos de exportação à Eurorregião. Visões lusas da Galiza e os galegos”, de Carlos Pazos Justo (Universidade do Minho). Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses.

13 de abril. Conferencia de Paulo Martínez Lema (Universidade de Santiago de Compostela / Universidade de Lisboa): “Toponimia galega: ou ler o palimpsesto da paisaxe”. Faculdade de Ciências Sociais e Humanas.

19 de abril. Presentación do libro de Luzia Oca González: Caboverdianas en Burela.

Migración, relacións de xénero e intervención social (Premio Vicente Risco de Ciencias

Sociais 2014). Associação Caboverdeana de Lisboa. Organizada co apoio da Academia Galega da Língua Portuguesa.

(9)

20 de abril. Presentación do libro de Luzia Oca González: Caboverdianas en Burela.

Migración, relacións de xénero e intervención social (Premio Vicente Risco de Ciencias

Sociais 2014). Centro de Cultura e Intervenção Feminista / União de Mulheres Alternativa e Resposta.

22 de abril. Proxección do filme Santa Liberdade (2004), de Margarita Ledo Andión. Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses. 7 de maio. A Lisboa máis galega. Itinerario guiado polos espazos e a historia da comunidade galega en Lisboa. Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses.

20 de maio. Especial Día das Letras Galegas. Conferencia de Mercedes Queixas Zas (AELG): “Voltar a Portugal: dourada luz que ilumina”. En colaboración coa AELG. Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses. 21 de maio. A Lisboa máis galega (Segundo grupo). Itinerario guiado polos espazos e a historia da comunidade galega en Lisboa. Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses.

Por outro lado, o lector do CEG foi convidado para pronunciar as seguintes conferencias:

16 de febreiro. “Das Irmandades da Fala ao Ano Castelao: Cen anos de cultura galega moderna”. Universidade Sénior de Almada. Organizada pola Área de Línguas e Literaturas desta institución.

23 de febreiro. “A importancia da literatura escrita por mulleres na cultura galega actual”. Conferencia inserida no programa da materia Literaturas contemporâneas da Península

Ibérica, vinculada á licenciatura de Línguas, Literaturas e Culturas da FCSH e impartida pola

profesora Isabel Branco.

O CEG foi convidado a participar no Dia Internacional da Língua Materna (21 de febreiro) organizado pola Câmara Municipal de Lisboa. No ámbito xeral dun programa que incluíu manifestacións teatrais, musicais e literarias, a colaboración do CEG centrouse nos seguintes puntos:

• Participación do lector do CEG no “Recital de Sussurros” celebrados na Biblioteca Municipal de São Lázaro.

• Apoio na organización da sesión “Nós Lemos”, celebrada no espazo do Goethe Institut e na cal participou a escritora galega Maria Dovigo.

• Apoio na organización da sesión de clausura, celebrada na Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa, consistente no recital colectivo de poesía galega e portuguesa “Eu leo”. O CEG colaborou na selección dos textos e o lector foi un dos participantes no recital.

Na sección de anexos desta memoria foron incluídos carteis e convites realizados para a divulgación destas actividades, así como algunhas fotografías realizadas durante o transcurso das mesmas.

(10)

4. INVESTIGACIÓN E APOIO EXTERNO

No ámbito da investigación, o cometido xeral do Centro de Estudos Galegos é o de estimular a introdución do alumnado da FCSH no ámbito dos Estudos Galegos, quer a través dos traballos propiamente realizados no ámbito da materia de Lingua e literatura galega quer en niveis do posgrao e o doutoramento. As liñas preferidas neste ámbito son as que teñen que ver coas relación históricas e contemporáneas entre Galiza e Portugal, nos aspectos lingüístico, literario e cultural. Sen obviar, naturalmente, o interese dos/as alumnos/as e investigadores/as polo estudo de cuestións exclusivamente galegas.

Neste mesmo ámbito da investigación cumpre un papel fundamental a Biblioteca do Centro de Estudos Galegos, cuxa xestión corre por conta do propio CEG e do seu lector no que atinxe os traballos de xestión do préstamo, información sobre os materiais dispoñíbeis e proposta de compra de novos materiais para a actualización do seu fondo. As persoas usuarias foron, preferentemente, os alumnos e as alumnas da materia de Lingua e literatura galega, mais tamén se interesaron pola consulta e o préstamo dos materiais da Biblioteca (libros, CD e DVD) outros membros da FCSH e incluso de outras facultades e universidades.

Ao longo do curso recibíronse os seguintes libros en categoría de doazón:

Ernesto Guerra da Cal. Do exílio a galego universal, de Joel R. Gômez (Através Editora) Curso de Linguística Geral, de Igor Lugris (Através Editora)

Eu violei o lobo feroz, de Teresa Moure (Através Editora)

Politicamente incorreta. Ensaios para um tempo de presas, de Teresa Moure (Através

Editora)

Ostrácia, de Teresa Moure (Através Editora)

Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional, de Antón Villar Ponte (Reedición non

venal da Libraría Couceiro) Foron compradas as seguintes obras:

Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo (Xerais) Celebración, de Gonzalo Hermo (Apiario Editora) Lourenço, xograr, de Manuel Portas (Editorial Galaxia)

Galiza, um povo sentimental?, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora) A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga (Através Editora)

Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena

(Xerais)

Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia, de Francisco Calo Lourido (Xerais)

Vinculado aos traballos de docencia, investigación e divulgación da cultura galega en Lisboa, o CEG desenvolve un importante labor de apoio e consultoría, tanto para outras unidades de investigación da Universidade Nova de Lisboa, como para outras universidades do medio académico portugués ou, xa noutro nivel de traballos, para o alumnado das materiais de lingua e

(11)

literatura galega e, en xeral, das persoas interesadas pola cultura galega na cidade.

Neste sentido, o CEG colaborou puntualmente na elaboración de programas docentes de outras materias, normalmente da área das linguas e as literatura ibéricas e a tradución, e a través da súa biblioteca forneceu asesoramento e o servizo de préstamo para un número significativo de investigadoras e investigadores da facultade. É moi frecuente, ademais, que o CEG reciba consultas sobre bibliografía e informacións xerais da cultura galega a través do seu correo electrónico.

Un proxecto específico de investigación que o CEG comezou a apoiar neste curso foi o de Joana Silva, alumna do mestrado de Empreendedorismo e Estudos da Cultura do Instituto Superior de Ciências do Trabalho e da Empresa do Instituto Universitário de Lisboa (ISCTE-IUL), que pretende desenvolver un traballo de investigación sobre os Camiños Portugueses a Santiago e a súa dinamización cultural e turística. Foille facultado o acceso á biblioteca do CEG e continúa a dárselle apoio na resolución de dúbidas e apoio bibliográfico.

Outro proceso de investigación que apoia o Centro é o do investigador mexicano Armando Aguilar de León, que está a realizar a súa tese de doutoramento na FCSH, cun traballo centrado no uso dos mitos na historia do teatro. Dado que un capítulo da súa tese está dedicado ao teatro galego e á obra de Manuel Lourenzo, o contacto deste investigador co Centro e coa súa biblioteca é frecuente durante todo o ano académico.

O labor de mediación exercido polo CEG entre o alumnado da materia de Lingua e literatura

galega e as institucións galegas debe ser tamén mencionado. A referencia máis importante é o apoio

para a solicitude e asistencia aos “Cursos de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras e españolas de fóra de Galicia”, organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en Santiago de Compostela. En 2016 o CEG apoiou dúas solicitudes de alumnas interesadas en acudir a estes cursos, que foron admitidas e asistiron ao curso: Vanessa Filipa Clara Gouveia e Sara Filipa Russo Lourenço.

Finalmente, o lector do CEG asesorou e apoiou as solicitudes das alumnas Adriana Marques, Ana Sofia Martins, Silvia de Frías Vicente e Tatiana Beirante na convocatoria de lectorados de portugués para o ensino secundario no Estado español, con destinos preferentes de adxudicación no territorio galego. Todas as solicitudes tiveron éxito, se ben as prazas foron adxudicadas en centros de Castela e León e Andalucía.

(12)

5. COMUNICACIÓN SOCIAL

No ámbito da comunicación social, o CEG utiliza varios recursos para a divulgación da súa actividade docente, investigadora e cultural: páxina web, perfil na rede social Facebook, envío de convites por correo electrónico, envío de notas de prensa e elaboración de carteis.

Polas súas características técnicas, a web é utilizada para a definición da vertente máis institucional do CEG. Nela inclúense os seus principios fundamentais, información sobre a biblioteca, información sobre recursos relacionados coa lingua, a literatura e a cultura galegas, os contactos do Centro e, de forma destacada, a información sobre as actividades culturais organizadas.

[Captura de pantalla do páxina web do Centro de Estudos Galegos]

O perfil creado en Facebook [“Estudos Galegos Lisboa”] incrementou de forma significativa o número de persoas “amigas” durante o curso 2015/2016, chegando neste momento ao número de 1.520. Con todo, a comezos de setembro de 2015 foi creado un perfil de tipo institucional nesta mesma rede social [“Centro de Estudos Galegos – Universidade Nova de Lisboa”], que representou desde esa data a vía central de divulgación de actividades e de contacto con outras institucións académicas e culturais neste tipo de canais informativos. É utilizada tamén para unha divulgación diaria de noticias e acontecementos significativos da cultura galega. A día de hoxe conta con case 700 seguidores.

(13)

[Captura de pantalla do Facebook do Centro de Estudos Galegos – Universidade Nova de Lisboa] O envío de notas de prensa ten como obxectivo abrir a visibilización do noso traballo, e especialmente do noso programa de actividades, ao público xeral da cidade de Lisboa. A mesma estratexia é seguida co Departamento de Comunicação e Relações Externas da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas. A través da aplicación habilitada para a auto-publicación de eventos ou noticias na axenda da facultade, as actividades do CEG teñen un protagonismo regular neste importante medio de comunicación para a comunidade académica da Universidade Nova de Lisboa.

(14)

[O Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses na Agenda Cultural de Lisboa]

O envío de convites personalizados a través do correo electrónico á nosa lista de contactos permite dar unha información detallada a un grupo de persoas especificamente interesadas no noso programa de actividades. O número de integrantes da dita lista de contactos foise incrementado paulatinamente nos últimos tres anos e atinxe na actualidade a máis de cen persoas. Segundo o acto de que se trate, son realizados convites específicos a profesorado, grupos de investigación ou institucións que o CEG considera que poden ter interese nunha actividade dada. Todo este traballo complétase co deseño e impresión de carteis para cada actividade, que son colocados nos diferentes espazos habilitados na FCSH, sempre coa inclusión dos logos institucionais da Xunta de Galicia, do propio CEG e da facultade. A tiraxe normal de cartelaría inclúe tres carteis a cor de tamaño A3 e 5 carteis a cor tamaño A4. Na sección de anexos ofrecemos algúns modelos de tarxetas de convite e carteis deseñados no curso 2015/2016.

Finalmente, durante este curso a actividade do CEG acadou unha especial visibilización, en momentos puntuais, na prensa galega. De maneira destacada, foron publicadas dúas reportaxes monográficas no xornal La Voz de Galicia. A primeira delas, publicada o 2 de novembro de 2015 deixou constancia do traballo realizado no Centro a través dunha entrevista co director e co lector, completada cun breve encontro cunha parte do alumnado de Língua e literatura galegas. Con posterioridade, o 16 de maio, foi publicada outra reportaxe informando da realización e do éxito alcanzado polo roteiro “A Lisboa máis galega”, integrado no ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/05/16/lisboa-descubre-corazon-gallego/0003_201605E16P40991.htm). O lector do CEG foi tamén convidado a participar no programa da TVG “Boas tardes” do día 19 de xaneiro, espazo en que presentou o seu traballo como profesor. Outras informacións referidas á actividade do CEG foron publicadas en medios como Sermos Galiza ou o Portal Galego da Lingua.

(15)
(16)
(17)
(18)

[Presentación do libro de Joel R. Gômez | 30 de novembro de 2015 ]

(19)

[Conferencia de Carlos Pazos | 8 de marzo de 2016 | Centro Galego de Lisboa]

(20)

[Conferencia de Mercedes Queixas Zas | 20 de maio de 2016 | Centro Galego de Lisboa]

(21)

Referências

Documentos relacionados

Em relação às medidas de concentração e velocidade com qualidade, os resultados mostraram que houve correlação significativa com o Teste de Concentração, embora não tenha

Para a sociedade, pode-se dizer que as respostas aos riscos e impactos variam, comumente, de acordo com as classes sociais: pelas de menor padrão econômico,

Violeta fez uma viagem ao campo durante o verão. Não gostava era de saber que lá existia uma alcateia que aterrorizava as ovelhas da quinta “Ramalhete”. Sublinha todos os nomes

Esses tratamentos são também eficientes em outras espécies de Fabaceae que apresentam as mesmas características de tegumento, tal como paricarana (Bowdichia

Concederanse 2 puntos cando a redacción exprese con claridade as opinións, presente teses e argumentos de xeito ordenado, haxa boa organización e secuenciamento

Assim, Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega (2015) foi redigida em língua galega e publicada pela Editora Xerais, uma das mais importantes editoras

As três velhas conversaram por largo tempo, não porque muitas coisas se tivessem a dizer a respeito do que se acabava de passar, porém porque a comadre, remontando ao mais

Os convidados, que cuidavam ter chegado tarde para a cerimônia, ficaram desagradavelmente surpreendidos com a demora, e Justiniano Vilela confessou ao ouvido da mulher