• Nenhum resultado encontrado

BIOLOXÍA 2015/2016 2º BACHARELATO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "BIOLOXÍA 2015/2016 2º BACHARELATO"

Copied!
26
0
0

Texto

(1)

BIOLOXÍA 2015/2016 2º BACHARELATO

(2)

ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA. BIOLOXÍA de 2º BAC

1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS

Non se contempla nesta etapa educativa

2. OBXECTIVOS DA MATERIA

1. Coñecer os principais conceptos da bioloxía e a súa articulación en leis, teorías e modelos, apreciando o papel que estes desempeñan no coñecemento e interpretación da natureza. Valorar os profundos cambios producidos ao longo do tempo na bioloxía como ciencia e a influencia do contexto histórico, percibindo o traballo científico como unha actividade en constante construción. Comprender que o desenvolvemento da bioloxía supón un proceso cambiante e dinámico, mostrando unha actitude flexible e aberta fronte ás diversas opinións pero, ao propio tempo, combatendo os prexuízos tales como o determinismo biolóxico por razón de sexo ou de raza.

2. Comprender a natureza da bioloxía e o seus avances e limitacións, así como as súas complexas interaccións coa tecnoloxía e a sociedade. Valorar as aplicacións de coñecementos da bioloxía como o xenoma humano, a biotecnoloxía, ferramentas como a enxeñaría xenética, a técnica da PCR, etc. e a necesidade de traballar para lograr unha mellora nas condicións de vida actuais.

3. Valorar a información procedente de diferentes fontes, incluídas as tecnoloxías da información e da comunicación, para formarse unha opinión propia dos problemas da sociedade e que lle permita ao alumnado expresarse criticamente sobre problemas actuais relacionados coa bioloxía, como a saúde e o contorno, a biotecnoloxía, etc. Será preciso ter en conta as diferentes repercusións das tecnoloxías nas mulleres e nos homes e o androcentrismo presente en moitas investigacións, particularmente nas médicas.

(3)

4. Utilizar con autonomía algunhas da estratexias características da investigación científica (formular e contrastar hipóteses, planificar deseños experimentais, etc.) e os procedementos propios da bioloxía para realizar pequenas investigacións e, en xeral, explorar situacións e fenómenos descoñecidos.

5. Coñecer as características químicas e propiedades das moléculas básicas que configuran a estrutura celular para comprender a súa función nos procesos biolóxicos.

6. Interpretar a célula como a unidade estrutural, funcional e xenética dos seres vivos. Coñecer os diferentes modelos de organización e a complexidade das funcións celulares.

7. Comprender as leis e mecanismos moleculares e celulares da herdanza, interpretar os descubrimentos máis recentes sobre o xenoma humano e as súas aplicacións na biotecnoloxía, valorando a súas implicacións éticas, sociais, económicas e políticas e de xénero.

8. Analizar as características dos microorganismos, a súa intervención en numerosos procesos naturais e industriais e as súas aplicacións na elaboración de moitos produtos industriais. Coñecer a orixe infecciosa dalgunhas enfermidades provocadas por microorganismos e os principais mecanismos de resposta inmunitaria.

3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS

Calquera libro que se utilice os contidos deberanse adaptar as orientación que foron propostas nos grupos de traballo da CIUGA. Así mesmo para acotar a dimensión dos contidos é necesario revisar as observación que se fan nesta proposta. UNIDADES DIDÁCTICAS Libr o TEMPORALIZACI ÓN SESIÓNS/ MES Proba s Avaliació n 1. 1 Conceptos. Bioelementos. Biomoléculas inorgánicas Tem a 1 5 Setembro

(4)

2. 2 Biomoléculas orgánicas: Carbohidratos Tem a 2 6 Out 3. Os lípidos Tem a 3 5 Outubro 4. As proteínas. Tem a 4 5 Outubro 5. Encimas Tem a 5 6 Out - Nov 6. Os ácidos nucleicos Tem a 6 6 Novembro 7. 3 A célula como unidade fundamental nos seres vivos Tem a 7 4 Novembro 8. 4 Envolturas celulares Tem a 8 5 Decembro 9. 5 Citoplasma: citosol e orgánulos Tem a 9 7 Xaneiro X 10. 6 Os orgánulos celulares de envoltura dobre Tem a 10 7 Xaneiro 11. O metabolismo I. O catabolismo Tem a 11 8 Febreiro 12. O metabolismo II. O anabolismo Tem a 12 6 Feb-Mar

13. O ciclo celular Tem

(5)

14. 7 Xenética clásica ou mendeliana Tem a 14 8 Marzo X 15. A base molecular da herdanza Tem a 15 14 Abril 16. Os microorganism os Tem a 16 6 Abril - Maio 17. O sistema inmunolóxico Tem a 17 8 Maio X Nª UNIDADES DIDÁCTICAS CONTIDOS

BLOQUE 1. A BASE MOLECULAR E FISICOQUÍMICA DÁ VIDA. 1.

Conceptos. Bioelementos. Biomoléculas inorgánicas

 Clasificación dos compoñentes químicos. Tipos de enlaces químicos presentes na materia viva: covalente, iónico, pontes de hidróxeno, forzas de Van der Waals e interaccións hidrofóbicas.

 Concepto de Bioelemento. Bioelementos primarios (C, O, N, H, P, S) e secundarios (Mg, Ca, K, Na, Cl).

 Concepto de Oligoelemento.

 Biomoléculas inorgánicas. Estrutura e propiedades da auga. Importancia da auga para o desenvolvemento da vida. Funcións das sales minerais. Conceptos de pH, osmose, difusión e diálise.

2.

Biomoléculas orgánicas: Carbohidratos

 Concepto, clasificación (monosacáridos, oligosacáridos e polisacáridos), nomenclatura e función biolóxica.

 Estrutura e propiedades dos monosacáridos. (glicosa). Isomerías

(6)

 Estrutura, propiedades e funcións dos disacáridos (sacarosa e lactosa). O enlace O-glucosídico

 Estrutura, propiedades e funcións dos polisacáridos. Homopolisacáridos de reserva (glicóxeno e amidón) e estruturais (celulosa e quitina)

 Concepto de heteropolisacárido. 3.

Os lípidos  Concepto, clasificación e función biolóxica.

 Estrutura, propiedades e funcións dos ácidos graxos

 Lípidos saponificables: triacilglicéridos e fosfolípidos (recoñecer a súa estrutura e función biolóxica). Explicar o comportamento destas moléculas en medio acuoso.

 Lípidos non saponificables: concepto de esteroides (colesterol)

4.

As proteínas  Concepto e función biolóxica.

 Os aminoácidos: clasificación, estrutura e propiedades máis importantes (carácter anfótero). Fórmula xeral dos aminoácidos

 Enlace peptídico

 Estrutura e propiedades das proteínas

 Definir os distintos niveis estruturais das proteínas e indicar os principais enlaces que manteñen estable cada estrutura

 Relación estrutura e función.

 Propiedades das proteínas: especificidade e desnaturalización. s.

 Clasificación das proteína. Homoproteínas o coláxeno e a albúmina, e como exemplo de heteroproteínas e de estrutura cuaternaria explicar someramente a hemoglobina.

5.

(7)

propiedades dos encimas.

 Características dos encimas como catalizadores  Concepto de coencima e cofactor

 Clasificación das encimas.

 Cinética encimática: curva de actividade encimática (conceptos de Vmax e kM).

 Inhibición e activación encimática.

 Regulación da actividade encimática: alosterismo  Concepto de vitamina. Función das vitaminas

como coencimas..

 O complexo das vitaminas B. Citar explicitamente os seguintes coencimas coa súa función bioquímica: NAD(P)H, FADH2 e CoA.

6.

Os ácidos nucleicos  Concepto, clasificación e función biolóxica.

 Estrutura dos nuclésidos e nucleótidos: coñecer a estrutura xeral dun nucleótido.

 Nucleótidos libres (ATP, GTP, ADP, GDP, AMP).  Polinucleótidos e enlace fosfodiéste

 Funcións biolóxicas dos nucleótidos.

 O ADN. A estrutura primaria do ADN: o modelo de Watson e Crick. Aspectos estruturais e biolóxicos da dobre hélice.

 Desnaturalización e renaturalización

 Os ARNs. Explicar brevemente a súa estrutura xeral sinalando as diferenzas estruturais co ADN. Estrutura, tipos, funcións e localizacións dos distintos tipos de ARN.

BLOQUE 2. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FUNCIÓNS CELULARES 7.

A célula como unidade fundamental nos seres vivos.

 A teoría celula

 Métodos de estudio das células. Preparación e procesado das mostras. Tipos de microscopios, poder de resolución e estimación de tamaños relativos.

(8)

 Modelos de organización celular: a célula procariota e a célula eucariota. Célula eucariótica vexetal e animal.

 Estrutura bacteriana. Bacterias (gram+ e gram-). Funcións de nutrición, relación e mecanismos de reprodución.

 Formas acelulares: os virus. Estrutura e ciclos dos bacteriófagos e dos virus que infectan ás células eucarióticas.

8.

Envolturas celulares  Membrana plasmática e parede celular vexetal  A membrana plasmática: composición, estrutura,

propiedades e funcións.

 A parede celular vexetal: composición, estrutura e función.

 Importancia das membranas nos fenómenos de transporte. Tipos de transporte: pasivo e activo. Exocitose e endocitose.

9.

Citoplasma: citosol e orgánulos

 Citosol ou hialoplasma. Concepto de citosol..

 Compoñentes: citoesqueleto e ribosomas. Inclusións citoplasmáticas

 Citoesqueleto: estrutura e función dos microfilamentos, microtúbulos e filamentos intermedios.

 Ribosomas: composición, estrutura e función. Concepto de polisoma ou polirribosoma.

 Centríolo e centrosoma: estrutura e función. Cilios e flaxelos.

 Orgánulos de membrana simple. Retículo endoplasmático: tipos, estrutura e función. Aparato de Golgi: estrutura e función. Lisosomas: orixe e tipos. Vacúolos e peroxisomas: estrutura e función.

10.

(9)

celulares de envoltura dobre

mitocondrias. Facer referencia á teoría endosimbióntica

 Núcleo. Envoltura nuclear: composición, estrutura e función. Nucleoplasma. Función do nucléolo. O núcleo interfásico: a cromatina. Estrutura do nucleosoma. O núcleo en división: os cromosomas. Niveis de condensación do ADN. Estrutura do cromosoma metafásico.

11.

O metabolismo I. O catabolismo

Introdución ó Metabolismo

 O metabolismo: conceptos básicos (anabolismo, catabolismo, autótrofo, heterótrofo). Rutas metabólicas. Utilizar esquemas xerais que ilustren estes aspectos

 Papel do poder redutor e do ATP nos procesos metabólicos

O catabolismo

 Concepto de catabolismo e mecanismo xeral de obtención de enerxía (ATP, respiración, fermentación). Panorámica xeral do catabolismo (glícidos, lípidos e aminoácidos). Concepto de fermentacións e putrefaccións.

 Glucolise, ciclo de Krebs, β-oxidación. Cadea respiratoria. Fosforilación oxidativa. Significado biolóxico da respiración celular.

12.

O metabolismo II. O anabolismo

O Anabolismo

 Concepto e esquema xeral do anabolismo. Autótrofo e heterótrfo. Os procesos anabólicos consumen enerxía.

A fotosíntese

 Importancia biolóxica da fotosíntese (reacción global da fotosíntese para a formación dunha molécula de glicosa. Tipos de organismos fotosintéticos.

(10)

 A fase luminosa. Esencialmente explicar o esquema en Z (os fotosistemas, xeración de NADPH, ATP e osíxeno) ubicándoo na membrana tilacoide.

 A fase escura: a fixación de CO2 (breve descritiva do ciclo de Calvin).

 Factores que afectan á intensidade fotosintética. Luz, temperatura e CO2.

13.

O ciclo celular  O ciclo celular en células eucariotas: interfase e mitose

 Concepto de ciclo celular (período de biosíntese e crecemento das células ó que sigue unha división celular),

 Estudio das fases da mitose. Citocinese. Importancia biolóxica da mitose

 Meiose: Fases da meiose

 Vantaxes da reprodución sexual como fonte de variabilidade necesaria para que funcione a selección natural.

BLOQUE 3. A HERDANZA. XENÉTICA MOLECULAR. 14.

Xenética clásica ou mendeliana

 Conceptos básicos: xenotipo e fenotipo, caracteres hereditarios cualitativos e cuantitativos, alelos, homocigosis e heterocigosis, dominancia y recesividade, codominancia e dominancia intermedia.

 Formulación actual das Leis de Mendel.

 Enumerar os principios básicos da teoría cromosómica da herdanza.

 Herdanza dos grupos sanguíneos: sistema ABO e factor Rh. Herdanza ligada ó sexo: hemofilia e daltonismo

15.

A base molecular da herdanza

 Os ácidos nucleicos como portadores da información xenética. Concepto de xenoma. Fluxo

(11)

da información xenética nos seres vivos. Concepto de xene.

 Experimentos que demostraron que o ADN é o portador da información xenética.

 Concepto de xene desde un punto de vista mendeliano (unidade da herdanza) e molecular (unidade de

 Fluxo da información xenética A replicación do ADN

 Comentar que a de tódolos modelos propostos para explicar a replicación do ADN.

 O experimento de Meselson. O mecanismo xeral da replicación.

 A técnica da PCR A transcripción

 A Transcrición: síntese e procesamento (maduración) do ARN. Mecanismo xeral da transcrición: as ARN polimerasas e os promotores.  Explicar brevemente a reversotranscripción.

 O código xenético: características xerais e probas experimentais.

A traducción

 A Tradución: mecanismo xeral. Activación dos aminoácidos e a súa unión ó ARNt

Regulación da expresión xénica

 Importancia da regulación da expresión xénica. En eucariotas, a regulación xénica é fundamental en procesos como o desenvolvemento e a diferenciación celular. Cómo as hormonas poden intervir no control da expresión xénica.

As mutacións

 Concepto de mutación. Tipos de mutación. Os axentes mutaxénicos. Mutacións e cancro.

(12)

 A mutación e a súa importancia na evolución dos seres vivos.

 A xenómica e a proteómica. Proxecto Xenoma Humano. Enxeñaría xenética e aplicacións. Organismos modificados xenéticamente. Repercusions sociais e valoración ética da manipulación xenética

BLOQUE 4. O MUNDO DOS MICROORGANISMOS E AS SÚAS APLICACIÓNS 16.

Os microorganismos  Clasificación dos microorganismos, caracterización e formas de vida

 Interaccións con outros seres vivos. A intervención dos microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos. Os microorganismos como axentes infecciosos en humanos. Concepto de antibiótico e modo de acción.

 Utilización dos microorganismos nos procesos industriais: agricultura, sanidade, alimentación e mellora do medio natural.

BLOQUE 5. A INMUNIDADE E AS SÚAS APLICACIÓNS 17.

O sistema

inmunolóxico

 Concepto de inmunidade. Tipos de resposta inmunitaria: inespecífica e adaptativa ou específica. O sistema inmunitario.

 Mecanismos de defensa inespecíficos: Defensas pasivas e activas. Outros mecanismos inespecíficos. O sistema de complemento

 Mecanismos de defensa específicos. Organización do sistema inmune. Órganos e tecidos linfoides: primarios e secundarios. Inmunidade celular e humoral. Células do sistema inmunitario. Linfocitos T e B.

 Concepto de antíxeno e anticorpo. Estrutura e función dos anticorpos. A reacción antíxeno-anticorpo. Memoria inmunolóxica. Hipótese da

(13)

selección clonal. Cooperación celular: cooperación entre células B e T. Resposta inmune primaria e secundaria.

 A inmunidade natural e adquirida ou artificial. Definición de vacinas e soros. Tipos de vacinas.  Disfuncions e deficiencias do sistema inmunitario.

A hipersensibilidade: as alerxias e a hipersensibilidade retardada. Enfermidades de tipo autoinmune: causas e consecuencias. A síndrome da inmunodeficiencia adquirida. Acción do virus da SIDA sobre o sistema inmune. O virus VIH e o seu ciclo vital. Cancro e inmunidade.

 Transplantes de órganos. Reflexións éticas sobre a doazón de órganos.

4. METODOLOXÍA DIDÁCTICA

a) Metodoloxía específica da materia

A metodoloxía que propoñemos parte do enfoque da aprendizaxe como proceso significativo e construtivo que debe ter sempre en conta os conceptos previos e intereses dos alumnos e alumnas para implicalos ó máximo no proceso de ensino-aprendizaxe.

En base a estas consideracións teremos en conta as seguintes directrices:

 Unidades amplas e globais que permitan unha gran flexibilidade pero que garantan un mínimo de conceptos e procedementos a traballar.

 Establecer constantemente referencias e interaccións con outros temas.  Utilizar como punto de partida para o enfoque do tema, debates, elementos

abertos e suxerentes: imaxes, preguntas, actividades colectivas, experiencias, saídas,...

 Analizar textos divulgativos e noticias de actualidade sobre aspectos medioambientais.

(14)

 Facer aplicacións prácticas dos conceptos e procedementos á vida diaria.  Plantexar actividades abertas (de múltiples posibilidades de realización e

resposta) e de aplicación dos conceptos e procedementos a outras situacións para favorecer a reflexión e comparación, a observación, o espírito crítico, a flexibilidade, o respecto polas diferenzas e os xeitos de pensar e actuar.

 Introducir dentro do posíbel, os recentes avances científicos en todos os campos: medicina, tecnoloxía, astronomía...

 Engadir información complementaria de xeito que o libro de texto sexa tamén un libro para ler e informarse sobre diferentes aspectos das ciencias.  Apoiar os contidos con imaxes e gráficos que axuden a establecer

referencias claras e concretas.  Favorecer a autoavaliación.

 Plantexar recursos moi diversificados:

– Deseño e realización de experiencias

– Utilización dos medios de comunicación: vídeos, prensa, publicidade...

– Utilización das TICs – Consulta de bibliografía – Debates.

b) Materiais e recursos didácticos

 Predominantemente as explicacións dos contidos con apoio de apuntes elaborados polo centro e algún libro complementario de consulta de entre os que se recomenden.

 De cara a unha aprendizaxe significativa débense usar a maioría dos materias curriculares dispoñibles, textos de diversa procedencia, revistas, periódicos, transparencias, gráficos, vídeos, diapositivas, discos compactos, programas informáticos, aparellos diversos, material de laboratorio para a aplicación práctica de contidos teóricos, etc.

 Recursos informáticos PC

(15)

Canón

Procesador de textos Power Point.

Vídeos específicos para axudar a comprender determinados procesos  Outros recursos

Laboratorio

5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

CRITERIOS MÍNIMOS

Recoñecer os diferentes tipos de macromoléculas que constitúen a materia viva e relacionalas coas súas funcións biolóxicas na célula. X Enumerar as razóns polas que a auga e os sales minerais son fundamentais nos procesos celulares, indicando algúns exemplos das repercusións da súa ausencia.

X

Recoñecer e representar a estrutura xeral dun monosacárido. Recoñecer e representar o enlace O-glucosídico. Recoñecer ás estruturas dos disacáridos e polisacáridos.

X

Recoñecer ás estruturas dos ácidos graxos e dos lípidos saponificables. Saber explicar o comportamento dos lípidos en medio acuoso.

X

Aprender a fórmula xeral dos aminoácidos. Recoñecer e

representar o enlace peptídico. X

Recoñecer e representar o enlace fosfodiéster.Recoñecer as

estruturas dos polinucleótidos. X

Interpretar a estrutura interna dunha célula eucariota e dunha célula procariota (tanto co microscopio óptico como co microscopio electrónico), identificando os orgánulos da primeira e describindo a función que desempeñan.

X

Explicar a teoría celular e a súa importancia no desenvolvemento

da bioloxía. X

Analizar e representar esquematicamente o ciclo celular e as modalidades da división do núcleo e do citoplasma, xustificando a X

(16)

importancia biolóxica da mitose.

Diferenciar os mecanismos de síntese da materia orgánica respecto dos de degradación e os intercambios enerxéticos a eles asociados. Explicar o significado biolóxico da respiración celular indicando as diferenzas entre a vía aerobia e a anaerobia respecto da rendibilidade enerxética, os produtos finais orixinados e o interese industrial destes últimos. Enumerar os diferentes procesos que teñen lugar na fotosíntese e xustificar a súa importancia como proceso de biosíntese, individual para os organismos, pero tamén para o mantemento da vida.

X

Comparar as características dunha célula vexetal e unha célula animal. Describir, localizar e identificar os compoñentes dunha célula eucariota en relación coa súa estrutura e función.

X

Explicar os diferentes procesos mediante os cales a célula incorpora sustancias: permeabilidade celular e endocitose. X Explicar o metabolismo desde un punto de vista global. Indicar o papel do poder redutor e do ATP nos procesos metabólicos. X Definir e localizar: glucolise, ciclo de Krebs, β–oxidación, cadea respiratoria e fosforilación oxidativa. Compre recoñecer a) con que composto empeza e con cal remata, b) onde teñe lugar, c) que se xera (sen aprender a cuantitativa) e d) para que serven. Dá gluconeoxénese e lipoxénese hai que saber onde empezan e rematan, onde teñen lugar e que se consume (sen aprender cuantitativa).

X

Diferenciar as fases da fotosíntese e localizalas intracelularmente. Identificar os sustratos e os produtos que interveñen nas fases da fotosíntese e establecer o balance enerxético desta.

X

Aplicar os mecanismos de transmisión dos caracteres herdables segundo a hipótese mendeliana e a teoría cromosómica da herdanza á interpretación e resolución de problemas relacionados coa herdanza.

X

Describir as vantaxes da reprodución sexual e relacionar a meiose

(17)

Explicar o papel do ADN como portador da información xenética, a natureza do código xenético e a relación coa síntese das proteínas. X Relacionar as mutacións coas alteracións da información e a súa repercusión na variabilidade dos seres vivos e na saúde das persoas.

X

Coñecer algunhas das ferramentas da enxeñaría xenética e as

súas aplicacións. X

Explicar as características estruturais e funcionais dos microorganismos, resaltando as súas relacións cos outros seres vivos, a súa función nos ciclos bioxeoquímicos, valorando as aplicacións da microbioloxía na industria alimentaria e farmacéutica e na mellora do medio natural, así como o poder patóxeno que poden ter nos seres vivos.

X

Analizar os mecanismos de autodefensa dos seres vivos, en particular o desenvolto polos vertebrados ante a presenza dos antíxenos.

X

Coñecer o concepto actual de inmunidade e explicar as características da resposta inmunitaria, incidir para reforzar e estimular as defensas naturais.

X

6. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION

a) Para as avaliacións ordinarias

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS

Probas escritas  Unha proba escrita por avaliación na que terá as mesmas características que a proba a que deberán enfrontarse na selectividade e que constará: a) Catro cuestións cun valor de 2 puntos cada unha, b) Unha pregunta na que terá que relacionar conceptos, cun valor de 1 punto, c) Un test de verdadeiro-falso (as respostas erróneas puntúan negativamente) cunha valoración de 1 punto.

(18)

Traballos en grupo  Prácticas no laboratorio (obrigatorias). A non realización determinará a non superación da materia

Observación e rexistro

 De non acudir a unha proba escrita, só se lle repetirá a mesma, a aqueles alumnos que presenten o mesmo día que se incorporan ao centro, xustificación médica ou de deber inescusable, de carácter público ou privado para a non asistencia a dita proba. A data da proba será fixada polo profesor da materia.

 Anotarase a asistencia e puntualidade do alumno.

 Anotarase a actitude negativa do alumno en forma de apercibimentos que figurarán na xefatura de estudos por escrito ou tendo en conta o número de interrupcións, que non veñen ao caso, perante as explicacións da materia. Comunicarase ao alumno na aula, quedando constancia no libro do profesor. Anotarase a actitude positiva cando, requirida a súa participación explícita ou voluntaria,nas actividades da aula a súa colaboración é absolutamente correcta. Comunicarase ao alumno na aula, quedando constancia no libro do profesor.

b) Para a avaliación extraordinaria PROCEDEMENT

OS

INSTRUMENTOS

Proba escrita  Deberá facer unha proba escrita, na que se demostren os coñecementos da materia. Terá as mesmas características que as propostas na avaliación ordinaria. A data e fixada pola xefatura de estudos.

7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Establécense como requisitos para unha avaliación positiva os seguintes:

(19)

 Traballo regular das actividades tanto na clase como na casa.  Realización das probas escritas e conseguir o mínimo esixido.  Manter actitudes de acordo cos obxectivos fixados.

 Probas de seguimento que se farán ao longo do curso.

O/a alumno/a será avaliado da súa aprendizaxe ó longo de tres períodos avaliativos na propia clase durante o desenvolvemento dos bloques de contidos.

Os criterios empregados deben ser coñecidos polo alumnado coa anticipación suficiente; os xerais no inicio do curso, e os específicos dalgunha proba ou actividade coa anticipación necesaria.

A avaliación dos bloques de contidos consta de dous apartados: a) Traballo e actitude do alumnado

– Na aula:

– Faltas de asistencia non xustificadas, de puntualidade, actitudes pasivas ou negativas na aula poden descontar 0,1 puntos cada vez. A reiteración do anterior ou actitudes negativas graves, poden supoñer un suspenso na avaliación, se antes houbo os apercibimentos escritos con comunicación os pais ou titores legais. – Do mesma xeito sumaranse 0,1 puntos cada vez, no caso de

actitudes destacables no traballo na aula. Tamén sumarán 0,1 puntos as probas de seguimento que se farán ao longo do curso, estas probas serán breves e servirán de autoavaliación para o alumnado, cabe destacar que non restarán puntos na avaliación final. – O traballo a realizar fóra da aula:

– SON OBLIGATORIOS: prácticas de laboratorio. Se non se fan suspéndese a materia.

b) Exame (Puntúa 10 puntos)

– Farase un único exame por avaliación no que o alumno deberá demostrar os coñecementos dos contidos correspondentes a dita avaliación.

– Faltas de ortografía ou expresións incorrectas (-0,15 por cada unha, ata un máximo de 1 punto.)

(20)

– A falta de asistencia a unha proba debe ser xustificada ou supón un suspenso, previo informe do feito á xefatura de estudos.

– Si se observa que algún alumno/a está copiando nunha probade de verificación ou se demostra que así o fixo, aínda que non fora observado será cualificado coa nota mínima.

– O exame terá as mesmas características que presenten os exames de selectidade e que son indicadas polo grupo de traballo de Bioloxía da CIUG

– A nota total será a suma dos apartados anteriores – Menos de 5 puntos na nota total, equivalen a suspenso.

– Lémbrase que para aprobar a materia en xuño hai que aprobar tódalas avaliacións. Sendo a nota final a media aritmética das obtidas nos tres períodos avaliativos. A nota da terceira avaliación será a nota media das tres avaliación e será considerada como a nota final, tendo en conta as sumas ou restas especificadas polo traballo e actitude na aula.

– En certos casos poderase ter en conta o punto de partida do alumno/a ou circunstancias que puideran influír nos resultados, sempre coa intención de favorecelo/a.

8. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO

a) Das materias pendentes de cursos anteriores

 Comunicar os alumnos implicados, os contidos e criterios de avaliación, para a superación da materia de Bioloxía e Xeoloxía de primeiro de BAC.

 Dividir as materias mencionadas en dúas partes, que serán obxecto das respectivas probas por separado. Sen excluír a proba final do mes de maio á que tódolos alumnos teñen dereito.

 As probas realizaranse nos meses de xaneiro ou febreiro, e de abril ou maio, (fechas concretas a determinar en reunión de coordinación co Xefe de Estudios).

(21)

 Se o alumno supera as dúas probas previas, no terá que presentarse a proba final en maio

b) Da materia do propio curso

Procedementos e instrumentos de avaliación para : a. Unha proba non superada

 Non se contempla neste nivel.

b. Unha avaliación parcial

 Serán mediante un exame dos contidos correspondentes a materia da avaliación.

 Faise un exame e só un por cada avaliación suspensa.

c. A avaliación final ordinaria

 Poderá haber un exame final de graza en maio, sempre que o alumno/a non fora apercibido por escrito pokla súa actitude pasiva ou negativa ó longo do curso. Sen ter correxido a súa actitude.

 O alumnado cunha avaliación sen recuperar, tendo as restantes aprobadas, poderá facer un exame de graza no mes de xuño sobre os contidos dese bloque non superado tendo en conta os requisitos do punto anterior.

 Na recuperación dunha proba a nota obtida fará media para a nota final.

d. A avaliación final en caso de perda do dereito á avaliación continua

 No caso dos alumnos que perdan o dereito a avaliación continua farán unha proba escrita no mes demaio, na que se demostren os coñecementos da materia.

(22)

9. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE

No desenvolvemento desta programación de Bioloxía tratamos de evitar os escollos que supón a lóxica diversidade en ritmos de aprendizaxe, motivación e coñecementos previos. Para elo:

 Partimos do que o alumno xa sabe.

 Introducimos actividades diversificadas: a) de lapis e papel, experiencias cortas e documentos breves o longo do desenvolvemento do tema; b) de autoevaluación con grados variables de dificultade, ó finalizar o tema e, c) deseños experimentais, con grados de liberdade diferentes que permiten subsanar os distintos puntos de partida en cuanto a capacidades se refire, sempre sen esquecernos dos contidos mínimos e obxectivos a acadar establecidos polo coordinador do grupo de traballo para a proba de selectividade

 En casos individuais especias farase coa colaboración do departamento de orientación unha adaptación personalizada.

10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

 Non se contemplan de forma sitemática neste nivel.

11. ACCIÓNS DE CONTIRBUCIÓN AO PLAN LECTOR

 Utilización de información de orixe diversa, procurando secuenciala en orde de complexidade.

 Á hora de realizar traballos por escrito, se son informatizados, evitarase o uso do copiado de textos.

 Na realización dun traballo escrito, informarase ao alumno de qué se lle pide e como ten que estar organizado.

Nos criterios de avaliación da materia están incluídos aspectos como:  Expresión.

 Faltas de ortografía.

(23)

12. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C.

 Visualizar páxinas web onde se amosan diversos applets de simulacións de procesos biolóxicos (Replicación, transcripción, tradución, etc.)

 Utilización dos buscadores para a obtención de información á hora de facer traballos relacionados co tema ou coas experiencias de laboratorio.  Utilización da pizarra interactiva para a explicación do tema ou para ver simulacións dinámicas, imposibles de visualizar na pizarra convencional.  Facilitarlle ao alumno direccións de páxinas web relacionadas cos

contidos da materia para o seu uso fora do centro.

13. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

 Aplicación das normas do plan de convivencia vixente no noso centro.

14. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL)

EDUCACIÓN PARA O CONSUMO

 Crear unha conciencia crítica ante o consumo.

 Adquirir esquemas de decisión que consideren todas as alternativas e efectos individuais e sociais de consumo.

 Desenvolver un coñecemento dos mecanismos do mercado, así como dos dereitos do consumidor.

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

 Desenvolver hábitos de saúde.

 Adquirir un coñecemento progresivo do corpo, das súas principais anomalías e enfermidades, e da forma de previlas e curalas.

EDUCACIÓN PARA OS DEREITOS HUMANOS E A PAZ

 Preferir a solución dialogada ou censurada antes que o conflito.

 Xerar posicións de defensa da paz mediante o coñecemento de persoas e institucións significativas.

EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE ENTRE SEXOS  Considerar hábitos non discriminatorios.

 Desenvolver a autoestima e a concepción do propio corpo como expresión da personalidade.

(24)

 Analizar criticamente a realidade e corrixir xuízos sexistas. EDUCACIÓN AMBIENTAL

 Concienciar acerca da deterioración do medio e as causas que o producen.

 Influír nas actitudes que favorecen a conservación do medio. EDUCACIÓN MULTICULTURAL

 Desenvolver un espírito de tolerancia, respecto e valoración crítica de actitudes, crenzas, formas de vida, etc., de persoas, ou grupos pertencentes a sociedades ou culturas diferentes á nosa.

 Espertar o interese por coñecer outras culturas e indagar nas súas particularidades.

EDUCACIÓN VIARIA

 Desenvolver condutas e hábitos que melloren a seguridade viaria.

 Espertar a sensibilidade ante os accidentes de tráfico e as súas repercusións económicas e sociais.

EDUCACIÓN PARA A CONVIVENCIA

 Favorecer o diálogo como forma de solucionar as discrepancias entre individuos e grupos.

 Respectar a autonomía, as formas de pensar e os comportamentos doutros.

EDUCACIÓN SEXUAL

 Consolidar actitudes de naturalidade e respecto no tratamento de temas relacionados coa sexualidade.

 Adquirir información suficiente e científica de todos os aspectos relativos á sexualidade.

15. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS

Para os alumnos que queiran matricularse desta materia sen haber cursado previamente a asignatura de Bioloxía e Xeoloxía de 1º BAC. O comezo do curso fará unha proba escrita tipo test de resposta múltiple combinado con cuestión de resposta breve dos contidos dos coñecementos previos básicos que acrediten a o alumno a posibilidade de seguir con normalidade o desenvolvemento desta materia.

(25)

A proba deberá incluír conceptos básicos de:

 Bioquímica: Elementos bioxénicos; Biomoléculas inorgánicas;

 Biomoléculas orgánicas: glicidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.  Bioloxía celular: concepto de célula e tipos de organización celular.  Funciones xerais dos orgánulos celulares.

 Conceptos de respiración e fotosíntese

 Algunha característica dos principais grupos taxonómicos dos seres vivos.

 Xenética mendeliana.

16. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN

 Reunións de departamento, nas que se analizará o grao de cumprimento da programación, así como diversos cambios propostos para adaptarse ás necesidades educativos do alumnado.

 Memoria de final de curso, ode se reflexará o exposto da programación anual, cambios na mesma ou defectos á hora de por en práctica o acordado na mesma.

17. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO

 Nos primeiros días de clase, o profesor informará das características académicas da materia impartida neste nivel.

 Igualmente, informará a secuenciación temporal da materia ao longo do curso.

 Informará do tipo de material a usar (libro de texto oficial, fotocopias, boletíns de cuestiones, resumes do tema, ...), onde se impartirán as clases (aula e laboratorio).

 Explicar o sistema de avaliación.

 Finalmente, indicar ao alumnado a dispoñibilidade da programación didáctica para a súa consulta. Dita dispoñibilidade pode ser de dúas formas:

o Por escrito. Para elo, o departamento posuirá unha copia por escrito da programación didáctica.

(26)

o Por arquivo electrónico. Para elo, o centro dispón dunha páxina web dende a que se pode descargar a programación didáctica, aportada polo seminario, para a súa consulta.

Referências

Documentos relacionados

No primeiro dia de oficna os participantes da oficina foram divididos em grupos de trabalho temáticos tendo como temas de debate Direitos Humanos, Economia

Para além do programa de desparasitação instituído, estes animais com níveis de OPG mais elevados são potenciais candidatos para um controlo anti-helmíntico através

Ao longo do processo evolutivo, o ser vivencia as mais diversas personalidades, nos mais diversos momentos e nas mais diversas situações, e quase sempre, tendo

(639) 56.2 O diferimento de que trata este item será autorizado mediante regime especial concedido pelo Diretor da Superintendência de Tributação (SUTRI), observado, no que

Todos os candidatos deverão comparecer obrigatoriamente a entrevista (sob pena de eliminação em caso de ausência) na data e horário previamente combinado, tendo por tolerância

Em agosto de 2014 Associação Saúde da Família firmou Contrato de Gestão com a Secretaria Municipal de Saúde da cidade de São Paulo para gerenciar e executar as ações dos

9.1. No horário indicado no Preâmbulo, será aberta a sessão de processamento do Pregão, iniciando-se com o credenciamento dos interessados em participar do certame. No

No entanto, as perdas ocasionadas na cultura do milho em função da interferência imposta pelas plantas daninhas têm sido descritas como sendo da ordem de 13,1%, sendo que em casos