• Nenhum resultado encontrado

TEMA 5 - INICIOS E CONSOLIDACIÓN DO RÉXIME LIBERAL TEMA 5-C. O SEXENIO DEMOCRÁTICO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "TEMA 5 - INICIOS E CONSOLIDACIÓN DO RÉXIME LIBERAL TEMA 5-C. O SEXENIO DEMOCRÁTICO"

Copied!
9
0
0

Texto

(1)

TEMA 5 - INICIOS E CONSOLIDACIÓN DO RÉXIME LIBERAL TEMA 5-C. O SEXENIO DEMOCRÁTICO. 1868-1874 I.- A REVOLUCIÓN GLORIOSA E A CONSTITUCIÓN DE 1869

Á revolución de 1868 chegouse polo esgotamento e a impopularidade do moderantismo e da monarquía de Isabel II, e tamén pola crise económica do capitalismo español. Este estado de cousas fixo posible a confluencia de intereses de toda unha serie de forzas marxinadas do sistema e interesadas nun programa de recuperación democrática e de recuperación económica. Tamén deu lugar a que o descontento das clases populares pola grave situación económica as lanzase á insurrección en apoio ao movemento de cambio político.

1.1. A CRISE ECONÓMICA

Gran parte do período moderado estivo caracterizado por unha fase de expansión económica xeralizada, non só en España senón tamén en toda Europa. Pero cara mediados dos sesenta a situación cambiou: houbo unha crise de subsistencias tradicional, xunto a unha crise financeira e industrial de novo tipo.

A crise financeira orixinouse cando, unha vez rematado o período de construción do ferrocarril, sucedeu que o que se investira nel non se puido recuperar (os investimentos no ferrocarril xa non eran rendibles). Como consecuencia, o valor das accións ferroviarias en bolsa caeu estrepitosamente, e a remolque caeron tamén as cotizacións da Débeda Pública e outras entidades financeiras.

A crise industrial afectou sobre todo a Cataluña, porque a Guerra de Secesión americana (1861-1865) provocou a interrupción das súas exportacións de algodón e os prezos deste produto, dada a súa escaseza, sufriron unha alza espectacular. Isto prexudicou a moitas pequenas industrias que non puideron afrontar a alza de prezos da materia prima nun momento no que existía unha grave contracción da demanda de produtos téxtiles.

A crise de subsistencias iniciouse no ano 1866 por unha serie de malas colleitas que provocaron a carestía de trigo, alimento básico para a poboación: entre 1866 e 1868 os prezos deste produto subiron en Madrid un 100%. A crise industrial e agrícola combináronse e agravaron a situación. No agro, a fame conduciu a un grave clima de violencia social, nas cidades algunhas industrias pecharon, o paro aumentou e o nivel de vida das clases traballadoras descendeu aínda máis.

1.2. O DETERIORAMENTO POLÍTICO

En 1868 gran parte da poboación tiña motivos para alzarse contra o sistema isabelino: a burguesía financeira reclamaba un goberno que tomase medidas para salvar os seus

(2)

investimentos na Bolsa; a burguesía industrial reclamaba medidas proteccionistas; os obreiros e campesiños denunciaban a súa miseria e demandaban unha acción gobernamental para mellorar a súa situación.

O 19 de setembro de 1868 a escuadra que estaba concentrada na baía de Cádiz ao mando do brigadier Topete sublevouse contra o goberno de Isabel II, baixo o lema “¡Abaixo os Borbóns!” (manifesto da Xunta de Valencia) e ó berro de ¡”Viva España con honra!” (manifesto da Xunta de Cádiz).

A revolución non tivo orixe popular (aínda que a crise económica tiña creado un amplo descontento que se manifestou en diversos motíns, antes de setembro de 1868, e na manifestación de moitas persoas despois de iniciada a revolta); tampouco foi un movemento impulsado polas forzas contrarias ao sistema liberal (os carlistas) aínda que o viron con esperanza. Foi a revolución dos excluídos do sistema político, especialmente progresistas e unionistas, que unidos ó partido demócrata, usaron o exército e por primeira vez a Mariña para tomar o poder. Foi segundo Pardo Bazán, un pronunciamento “moi grande”, que levou por diante á propia dinastía.

Prim reuniuse cos sublevados e rapidamente conseguiron o apoio da poboación de Cádiz, que se fixo dona da cidade. Nos días seguintes, con tres fragatas, Prim fixo que se fosen sublevando sucesivamente Málaga, Almería e Cartaxena. Rapidamente, en moitas cidades españolas (Sevilla, Córdoba, Huelva, Ferrol, Barcelona, etc.) constituíronse Xuntas Revolucionarias que organizaron o alzamento e lanzaron chamamentos ó pobo. As consignas utilizadas eran semellantes en todos os lugares:

➢ Sufraxio universal

➢ Liberdade de prensa, ensino e asociación

➢ Abolición do imposto de consumos e do sistema de quintas ➢ Elección a Cortes constituíntes

O goberno e a Coroa atopáronse completamente soas. A súa actitude provocou que só os apoiasen os máis beneficiados pola súa política, e estes eran en 1868 moi poucos, nin sequera todos os moderados, senón só a pequena “camarilla” situada arredor da raíña. O apoio incondicional de Isabel aos moderados ligou a súa sorte á do moderantismo e os sublevados deixaron moi claro que a desaparición da raíña era esencial para a rexeneración da vida pública española.

A sorte decidiuse o día 28 de setembro na batalla de Alcolea (Córdoba), onde as tropas leais ao réxime mandadas polo xeneral Pavía foron derrotadas polas dos insurrectos, dirixidas polo xeneral Serrano. O goberno dimitiu e Isabel II cruzou o día 30 a fronteira de Irún, desde San Sebastián, onde pasaba ese verán, e abandonou España.

Durante as primeiras semanas o poder efectivo estivo en mans das Xuntas, pero a primeiros de outubro, os progresistas e unionistas tomaron a dirección do movemento constituíndo un Goberno Provisional. E deixaron patente que unha cousa era derrocar

(3)

aos Borbóns e outra poñer en dúbida a propiedade privada ou querer proclamar a república federal.

Cando se ordenou aos campesiños que devolvesen as terras ocupadas, moitos acusaron ao Goberno de dar un xiro conservador á revolución; e a república federal converteuse para algúns nun símbolo capaz de solucionar todos os males; de feito, houbo revoltas de carácter republicano federal no ano 1869, pero todas quedaron sufocadas á altura do mes de outubro.

No goberno provisional, o presidente era Serrano, Prim ministro de guerra, Topete de Mariña, e había tamén outros líderes progresistas como Sagasta, ou unionistas; quedaron fóra os demócratas, aínda que o goberno contou co seu apoio.

1.3. A ACTUACIÓN DO GOBERNO PROVISIONAL

O principal problema ao que tivo que enfrontarse o goberno provisional e os grupos políticos triunfantes na revolución foi a concreción do modelo político e de goberno que debía establecerse.

Carlistas e moderados defendían os dereitos monárquicos dunha das dúas ramas dos Borbóns; unionistas e progresistas eran partidarios do novo concepto de monarquía democrática e da busca dun novo rei; os demócratas escindíronse en dous grupos: uns aceptaron a monarquía democrática e outros declaráronse favorables a unha república (ben federal ou unitaria), có argumento de que a monarquía negaba en principio a soberanía nacional e a igualdade.

As primeiras medidas aprobadas polo goberno foron claramente revolucionarias, no sentido de que con elas esperaba contar có maior apoio social posible. Así decretouse a liberdade de expresión, asociación, reunión, de cultos, a supresión das ordes relixiosas (especialmente dos xesuítas), a reanudación da desamortización dos bens eclesiásticos, a reforma da tributación (supresión dos impopulares consumos), a modificación do sistema arancelario nun sentido librecambista (no que chocaron cá burguesía catalá, que temía que se viran prexudicados os seus intereses), a imposición da peseta como unidade monetaria e a convocatoria de eleccións municipais e xerais mediante sufraxio universal masculino dos maiores de 25 anos. Unha nova lei de concellos restaurou a elección popular dos alcaldes e eliminou a ríxida centralización administrativa imposta polos moderados desde 1845.

Paralelamente a todo o proceso revolucionario, desde 1868, có “Grito de Yara” iniciouse en Cuba un forte conflito secesionista (a guerra dos dez anos), no que se mesturaban as críticas á dominación política e económica española e o desexo da abolición da escravitude. En España a opinión pública era maioritariamente partidaria de non facer concesións, aínda que Prim buscou desesperadamente un acordo e incluso estaba disposto a concederlle a autonomía ou incluso a vendela aos EE.UU. As tímidas reformas adoptadas non solucionaron o conflito, a guerra agravouse causando cuantiosos gastos á facenda española e elevadas perdas humanas, e prolongouse ata que en 1878 o xeneral

(4)

Martínez Campos logra un acordo cos rebeldes e asina a Paz de Zanxón. 1.4. A CONSTITUCIÓN DE 1869

As eleccións deron o triunfo aos partidarios da monarquía, e a constitución, despois de ser debatida durante longo tempo, foi promulgada en xuño de 1869. A constitución de 1869 era monárquica pero democrática, a máis progresista do seu tempo e a primeira democrática da nosa historia. Proclama que a nación reunida en cortes convocadas por sufraxio universal, é a única depositaria da soberanía (soberanía nacional), a declaración de dereitos e liberdades é a máis ampla ata o momento, e algúns deles, como o dereito de asociación, reunión ou liberdade de cultos (aínda que o Estado se comprometía a manter ó clero e o culto católicos), figuran por primeira vez nun texto constitucional en España. Tamén se contemplan a seguridade persoal, a inviolabilidade de domicilio, de correspondencia, dereito á propiedade privada, e á liberdade de expresión. Establécese a división de poderes: o rei exerce o poder executivo a través dos seus ministros, libremente escollidos e responsables ante as Cortes, sanciona e promulga as leis sen capacidade de vetalas, e pode suspender e disolver as Cortes pero só unha vez por lexislatura e estas deben reunirse tras un prazo fixado. O rei aparece como un monarca constitucional que exerce o poder mediante os seus ministros (“o rei reina pero non goberna”). En canto ao poder xudicial, quedou asegurada a independencia dos tribunais tentando evitar a arbitrariedade dos nomeamentos gobernamentais, a través dun sistema de oposicións a xuíz e a democratización da xustiza rematouse coa lei do xurado.

As forzas políticas:

O panorama político das novas Cortes estaba dominado por catro grandes tendencias: á dereita os carlistas, un grupo dos cales aceptaba por primeira vez o xogo parlamentario, presentándose ás eleccións cun programa que defendía esencialmente a unidade relixiosa do país fronte á pluralidade de cultos, e a monarquía tradicional. A súa área de influencia era o País Vasco e Navarra.

Próximos estaban os moderados, que se mantiveron fieis a Isabel II reclamando a súa volta ó trono. Tiñan o apoio da burguesía agraria latifundista e entre os seus líderes destacaba Cánovas del Castillo.

No centro estaba a conxunción monárquico-democrática, formada por uns 69 unionistas dirixidos por Ríos Rosas, e unha maioría de progresistas (159) en torno a Prim, Sagasta e Ruíz Zorrilla, e uns 20 monárquicos demócratas. Defendían unha forma de goberno monárquica pero subordinada á soberanía nacional e a un amplo respecto polas liberdades públicas. Tiñan o apoio da burguesía industrial e financeira, clases medias urbanas, amplos sectores do exército e un bo grupo de intelectuais e profesións liberais. Á esquerda estaba o partido republicano federal, separado do demócrata a mediados de 1868, cando se declararon monárquicos parte dos seus membros. Contaba cuns 69 deputados dirixidos por Pi i Margall, Figueras e Castelar, e eran partidarios das máis amplas reformas políticas (defendían a forma republicana) e sociais (supresión do sistema

(5)

de quintas –servizo militar obrigatorio do que se redimían os ricos-, abolición da escravitude, aínda vixente en Cuba).

II.- A MONARQUÍA DE AMADEO DE SABOIA (1871-1873) 2.1. Á PROCURA DUN REI

Despois de promulgada a Constitución o xeneral Serrano foi nomeado rexente provisional mentres se buscaba un novo rei para España, posto que na Constitución de 1869 establecíase unha monarquía democrática. O rei tiña que ser católico, liberal e contar coa aprobación das potencias europeas. Prim foi o encargado de sondear aos embaixadores estranxeiros co fin de atopar un consenso internacional sobre o candidato.

Os carlistas defenderon a opción de entronizar ó seu candidato: Carlos María de los Dolores (VII), neto do primeiro pretendente ó trono e xefe da rama carlista. Pero esta candidatura desataría a sublevación de todas as forzas liberais.

Cánovas del Castillo conseguiu que Isabel II abdicase no seu fillo, Afonso (xuño de 1870) e defendeu a súa candidatura, pero o infante Afonso era aínda moi novo.

Outra candidatura era a do duque de Montpensier, Antonio de Orleáns (cuñado de Isabel II e fillo do ex-rei francés Luís Filipe de Orleáns) pero fracasou pola oposición do emperador francés Napoleón III, que derrubara a Luís Filipe en 1848 (e tamén se dicía que matara a un home en duelo).

Non quedaba outro camiño que buscar unha candidatura estranxeira e ofrecéuselle a un príncipe portugués, quen ó principio aceptou pero despois negouse porque nin Francia nin Gran Bretaña o apoiaron debido ós receos suscitados ante a hipotética posibilidade da unión de ambas coroas.

Pensouse logo no príncipe alemán Leopoldo de Hohenzollern (“Ole-ole si me eligen”), vetado por Francia ante o temor dunha posible unión dinástica hispano-xermana. [o empeño francés en lograr unha renuncia alemá oficial, cuestión á que Bismarck se negou provocativamente no telegrama de Ems, converteuse na causa inmediata da guerra franco-prusiana].

Finalmente, volvéronse os ollos á casa reinante en Italia, a casa de Savoia, concretamente a Amadeo, duque de Aosta, e fillo do rei de Italia, Víctor Manuel II, que foi a candidatura triunfadora.

A súa candidatura foi aprobada polas Cortes en novembro de 1870 aínda que cunha forte oposición (moitos votos en contra) e a opinión pública tamén o acolleu con frialdade. Chegou a España o 30 de decembro e tres días antes fora asasinado nun atentado o

(6)

xeneral Prim, o seu principal valedor. Os móbiles do asasinato e os autores non estaban claros aínda que se apuntou cara os republicanos exaltados.

2.2. UN REINADO CHEO DE DIFICULTADES

O 2 de Xaneiro de 1871 foi proclamado Amadeo rei en Madrid iniciándose unha nova etapa de monarquía constitucional. O monarca tiña só 26 anos, a súa formación era esencialmente militar, tiña un escaso carisma persoal e descoñecía absolutamente o español, polo que en seguida apareceu a oposición. Non o querían nin a aristocracia (que o consideraba un inimigo do Papado e o tiña por un estranxeiro advenedizo), nin a Igrexa (por admitir a liberdade de cultos e aprobar as desamortizacións), nin o pobo en xeral, que inventou numerosos alcumes (Don Macarrone I por italiano, Don Melone I polas escasas dotes para aprender o español) e contou co rexeitamento sistemático das distintas forzas políticas:

Os moderados continuaban fieis ós Borbóns e comezaron a organizar, paseniñamente, un partido afonsino, defensor dunha restauración borbónica na persoa do príncipe Afonso. O artífice desta postura era Antonio Cánovas del Castillo, quen, aos poucos, ía gañando para a súa causa a moitos disidentes unionistas e antigos progresistas. Inmediatamente esta opción contou co apoio da Igrexa (a dinastía Savoia era anticlerical) e tamén os grupos privilexiados se decantaron por esta opción, desconfiando dunha monarquía que atentaba contra os seus intereses: abolición da escravitude en Cuba, regulación do traballo infantil, etc.

En segundo lugar estaban os sectores republicanos, apoiados por campesiños e proletarios; e para os que o problema consistía no cambio de sistema social.

A chegada deste rei deu argumentos a un sector do carlismo para volver á insurrección armada.

Así as cousas, os case tres anos que durou o reinado de Amadeo I estiveron marcados polas dificultades constantes, derivándose diso unha permanente inestabilidade:

1. O levantamento carlista iniciado en 1872 (Terceira Guerra Carlista, 1872-1876) tivo un amplo apoio popular nas provincias vascas e Navarra, e menor en Cataluña. Os carlistas, partidarios de sentar no trono ó seu candidato Carlos VII, ocuparon a case totalidade do territorio vasco e navarro coa excepción das capitais, e estableceron unha sólida administración que lles permitiu resistir ata a súa derrota en 1876.

2. A guerra dos dez anos (1868-1878) en Cuba: que comezara co “Grito de Yara” e que, animada polos propietarios crioulos, contou co apoio do pobo ao prometerlles a fin da escravitude na illa. Amadeo quixo sacar adiante un proxecto de abolición da escravitude e reformas políticas, pero a oposición dos sectores económicos españois con intereses en Cuba frustrou a posibilidade dunha solución pacífica ó conflito e converteu a guerra nun grave problema para o goberno.

3. Durante a monarquía de Amadeo produciuse a radicalización da esquerda e a división dos republicanos en federalistas e centralistas (máis moderados). En 1872 prodúcense insurreccións federalistas como a de Ferrol (republicanos + anarquistas).

(7)

4. O elemento decisivo para a crise final do reinado de Amadeo foi a desintegración da coalición gobernamental formada por unionistas, progresistas e demócratas, e as tensións entre os diferentes líderes (Serrano, Sagasta e Ruiz Zorrilla), agravadas trala morte de Prim. En dous anos houbo seis gobernos e convocáronse eleccións tres veces. Privado de todo apoio (o monarca só tiña un apoio, os radicais de Ruiz Zorrilla, e este era un círculo moi restrinxido) o 10 de febreiro de 1873 Amadeo de Savoia presenta a súa renuncia ó trono.

Trala a súa abdicación, o Congreso e o Senado, reunidos conxuntamente, ante a falta de alternativas e a pesar de ser os seus membros maioritariamente monárquicos, proclamaron a república o 11 de febreiro de 1873. [A implantación da república produciuse por un procedemento non totalmente legal, pois as Cortes, en lugar de disolverse e convocarse de novo para instaurar un novo réxime, declaráronse en sesión permanente].

III.- A PRIMEIRA REPÚBLICA (1873-1874)

Tratábase dunha situación provisional ata que dese tempo a organizar unha alternativa monárquica que supuxera a volta dos Borbóns. A República non foi recoñecida por ningunha potencia agás EE.UU. e Suíza, porque era vista como un réxime revolucionario que podía poñer en perigo a estabilidade dunha Europa maioritariamente burguesa e conservadora (a Europa dos Imperios, Austria-Hungría, Alemaña, Rusia).

As diferencias sobre a organización da república eran notables: uns defendían a creación dunha república unitaria (republicanos unitarios de Emilio Castelar), outros, federal, aínda que todos estaban de acordo na existencia dunha única nación española.

3.1. Os partidos políticos

O Partido Demócrata Republicano Federal nace en 1868 debido a unha escisión do Partido Demócrata e estaba dirixido por Francisco Pi i Margall. Propugna a realización dun sistema de pactos libremente establecidos entre os pobos ou rexións históricas de España como forma de articular o Estado, é dicir, o Goberno Central renuncia a parte das súas atribucións. [Defendía o laicismo do Estado, era antimilitarista e anticlerical e sostiña un proxecto de transformación dos dereitos democráticos cunha defensa e intervención do Estado na regulación das condicións laborais]. Contaba co apoio das clases populares urbanas e do campesiñado e dos obreiros, antes de que estes fosen atraídos polas ideas anarquistas e socialistas]. Os federalistas non eran un bloque homoxéneo senón que estaban divididos en federais gradualistas, transixentes ou benévolos, que controlaban a dirección do partido e que consideraban prioritario conseguir a orde social para logo construír a república federal dende arriba. Amosaban especial preocupación polo respecto á legalidade, sendo contrarios ás insurreccións armadas e ás mobilización populares reivindicativas. Os federais intransixentes ou cantonalistas (José María de Orense) defendían que a federación debía facerse dende abaixo, mediante a proclamación inmediata da soberanía das unidades políticas inferiores, os cantóns, para construír desde eles, e por acordos libres entre iguais, a federación española: unha vez construída a federación, chegarían sen remedio a paz e a orde.

(8)

Os republicanos unitarios (Emilio Castelar): partidarios tamén do modelo republicano de Estado pero neste caso, dun Estado centralizado (non federal) e de posturas máis conservadoras desde o punto de vista político e social.

3.2. Os gobernos republicanos

Estableceuse un primeiro goberno presidido por Estanislao Figueras (era á vez xefe de estado e de goberno), con Nicolás Salmerón, Pi i Margall e Castelar como ministros e proclamouse unha república unitaria.

Os principias problemas ós que tivo que facer fronte a república eran a terceira guerra carlista, a guerra de Cuba, a situación económica, etc. Pero a república unitaria carecía de apoios, así que cando Figueras convocou eleccións a Cortes, estas foron gañadas polos republicanos federais ante o retraemento da maior parte da oposición e unha abstención de máis do 60% do electorado.

O 1 de xuño Figueras devolveu o poder ás novas Cortes, e estas proclamaron a república democrática federal, sendo proposto como presidente do goberno o catalán Pi i Margall. Unha comisión encabezada por Castelar redactou unha constitución que non chegou a ser aprobada.

No preámbulo do proxecto de constitución federal de 1873 afirmábase que e pretendía consolidar as liberdades e a democracia alcanzadas en setembro do 68, crear unha división territorial que asegurase a federación e a unidade nacionais e delimitar os poderes públicos para que sempre foran democráticos. A parte máis interesante era a que establecía a estrutura territorial do Estado, integrado por 17 estados federais [Andalucía Alta, Baixa, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Castilla la Nueva, Castilla la Vieja, Cataluña, Cuba, Estremadura, Galicia, Murcia, Navarra, Puerto Rico, Valencia e Vascongadas]. Todos podían elaborar a súa propia constitución e organizarse con total liberdade, sempre que respectasen a constitución federal. Asumíase a declaración de dereitos da constitución de 1869. A xefatura do Estado correspondía ao presidente da república, elixido por sufraxio universal, quen posuía o poder chamado relacional, de relación entre os distintos poderes. O presidente da república nomeaba ao presidente do goberno e aos ministros. O executivo só estaba no goberno. Ás Cortes correspondíalles en exclusiva o poder lexislativo e estaban compostas por dúas cámaras: o Senado, representativo dos estados federados, e o Congreso, elixido por sufraxio universal directo dos homes maiores de 21 anos. Establecíase a separación Igrexa-Estado. Estableceuse a sanción civil dos matrimonios, nacementos e defuncións, e por suposto, a soberanía nacional e a separación de poderes e o xuízo por xurado. Tamén estaba recoñecida a autonomía municipal.

Baixo a presidencia de Pi i Margall estouraron focos de insurrección cantonalista (autonomía para os municipios) en puntos de Andalucía, Levante e outras poboacións, no mes de xullo (o norte non se viu afectado). Proclamáronse os cantóns de Cartaxena (o principal, que se mantivo desde o 12 de xullo do 73 ata o 12 de xaneiro do 74), Sevilla, Cádiz, Torrevieja, Almansa, Granada, Castellón, Málaga, Salamanca, Valencia, Alicante,

(9)

Tarifa, Algeciras, etc. alentados polos federais intransixentes, sen agardar a que a Asemblea Nacional promulgase a constitución federal.

Na revolución cantonal, na que cada poboación se proclamaba cantón independente do poder central, confluíron tres revolucións distintas: a rexionalista, a política e a social. As clases populares, crendo encontrar no federalismo a solución a todos os seus males seguiron aos federais intransixentes, que querían dar o poder de decisión ás rexións e acabar co centralismo. Obreiros e campesiños protagonizaron folgas e protestas, ocuparon terras e esixiron melloras das súas condicións sociais. Entre estas accións destaca a revolta de Alcoy (xullo de 1873), onde as masas populares asasinaron ás autoridades e queimaron diversas fábricas, o que causou gran temor na burguesía. Estas revoltas cantonalistas fixeron fracasar o proxecto de implantar a federación desde arriba, produciron unha elevada disgregación do poder e provocaron a dimisión de Pi.

3.3. A fin da República

Os dous últimos presidentes da república inclinarana cara ao unitarismo e á dereita. O terceiro goberno republicano estivo presidido por Nicolás Salmerón, quen dedicou todas as súas forzas a sufocar o movemento cantonalista en Levante e Andalucía e a guerra carlista no norte, pero para iso tivo que apoiarse no exército e acceder ás súas peticións de restaurar a autoridade e a orde. A necesidade de ter que firmar unhas penas de morte para os insurrectos levou a Salmerón a dimitir.

O cuarto goberno estivo presidido por Emilio Castelar (setembro 1873), quen conseguiu poderes extraordinarios da Asemblea para facer fronte ás guerras cantonalistas, carlista e cubana, co ánimo de salvar á república establecendo a orde. Puido así gobernar varios meses por decreto, tomando medidas drásticas e represivas e apoiándose nos militares conservadores.

Os federais descontentos pretenderon escoller un novo presidente e, mentres se celebraba a sesión, o xeneral Pavía entrou nas Cortes, con forzas da Garda Civil, dando un golpe de Estado, o 3 de xaneiro de 1874. Castelar dimitiu porque non quixo sosterse pola forza.

Tralo golpe de Estado, disolveuse a Asemblea Nacional e o xeneral Serrano, ante o baleiro de poder, asumiu o poder executivo, contando co apoio dalgúns xefes militares e de políticos constitucionais e radicais (coalición de unionistas e progresistas) que formaron parte do seu goberno. O réxime republicano seguiu en vigor case un ano máis pero os sectores contrarios á república foron apoiando a solución afonsina (Cánovas).

Referências

Documentos relacionados

A ideia da pesquisa, de início, era montar um site para a 54ª região da Raça Rubro Negra (Paraíba), mas em conversa com o professor de Projeto de Pesquisa,

Quem pretender arrematar dito(s) bem(ns), deverá ofertar lanços pela Internet através do site www.leiloesjudiciais.com.br/sp, devendo, para tanto, os interessados,

c) ter revelado comportamento exemplar, não tendo sofrido nenhuma punição disciplinar; e, d) ter cumprido o curso no prazo mínimo de integralização. 2o O controle da média

A teoria das filas de espera agrega o c,onjunto de modelos nntc;máti- cos estocásticos construídos para o estudo dos fenómenos de espera que surgem correntemente na

Pedro Antonio dc Miranda, Religiofo da Ordem de noíla Senhora do Monte do Carmo da Proviiicia dc Portugal, para defpcdir-fc do dito Doutor, com quem no tempo

Crisóstomo (2001) apresenta elementos que devem ser considerados em relação a esta decisão. Ao adquirir soluções externas, usualmente, a equipe da empresa ainda tem um árduo

Ainda nos Estados Unidos, Robinson e colaboradores (2012) reportaram melhoras nas habilidades de locomoção e controle de objeto após um programa de intervenção baseado no clima de

Folha estreito-elíptica, elíptica a ovada, 1,6-6,7 x 0,7-3,4 cm, pubérula, tricomas esbranquiçados; ápice agudo arredondado; base arredondada a cuneada; nervura média plana a