• Nenhum resultado encontrado

Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal"

Copied!
37
0
0

Texto

(1)Tradução & Comunicação Revista Brasileira de Tradutores Nº. 23, Ano 2011. PRIMEIRA APROXIMACIÓN Á TRADUCIÓN DA LITERATURA GALEGA EN BRASIL E PORTUGAL1 RESUMO. Maria Magdalena Vila Barbosa Universidade de Vigo - Espanha mariamagdavilabarbosa@uvigo.es. Nos sistemas literarios minoritarios a tradución inversa desempeña unha función extraliteraria de prestixio e autorrecoñecemento. A literatura galega traducida ten presenza en 34 comunidades lingüísticas, ocupando o portugués, nos últimos dez anos, o terceiro lugar coma lingua de chegada desas traducións. Se ben o propósito do noso estudo é a análise da política editorial das traducións literarias de obras galegas vertidas ao portugués de Portugal e de Brasil, non podemos pasar por alto determinados fenómenos paratradutivos que actúan como alternativas ou condicionantes. Trataremos de indagar que, cando e por que se traduce do galego ao portugués e analizaremos as funcións que cumpre a literatura importada na cultura de chegada. Ao mesmo tempo, teremos en conta a existencia de autotraducións galego-castelán que funcionan coma orixinais e a conveniencia ou non de ofertar nos países lusófonos obras galegas sen traducir ou adaptadas á normativa reintegracionista. Para acadar estes obxectivos, realizouse un análise contrastivo dos datos extraídos de diferentes fontes (ISBN, Index Translationum, catálogos de editoras, catálogo da Biblioteca Nacional de Portugal e da Biblioteca Nacional do Brasil) e outras informacións co fin de facer unha compilación o máis rigorosa posíbel. Palabras Chave: tradución; literatura galega; recepción; autotradución; Brasil; Portugal.. ABSTRACT. Anhanguera Educacional Ltda. Correspondência/Contato Alameda Maria Tereza, 4266 Valinhos, São Paulo CEP 13.278-181 rc.ipade@aesapar.com. In minority literary systems inverse translations have an extraliterary function as an element of prestige and self-recognition. In the last ten years, Galician literature has been translated into 34 different languages, Portuguese being ranked third. Although the main objective of the present paper is to critically review the editorial policies of Galician works translated into European Portuguese and Brazilian Portuguese, we also have to consider some paratranslational phenomena which act as alternative or determining factors. We try to find out what, when and why works are translated from Galician to Portuguese and we analyze the functions imported literature plays in the receiving culture. At the same time, circumstances such as the existence of self-translations GalicianSpanish functioning like an original and the convenience of offering in Portuguese-speaking countries the Galician literary works without being translated or just adapted to the reintegrationist linguistic norms should be taken into account. To achieve this aim, we have made a contrastive analysis of relevant data retrieved from different sources (ISBN, Index Translationum, editorial catalogs, the Catalog of the National Libraries of Portugal and Brazil) as well as other databases in order to present a strictly rigorous compilation. Keywords: translation; Galician literature; self-translation; Brazil; Portugal.. Coordenação Instituto de Pesquisas Aplicadas e Desenvolvimento Educacional - IPADE Artigo Original Recebido em: 12/01/2012 Avaliado em: 20/02/2012 Publicação: 30 de março de 2012. 1 Traballo de investigación dirixido pola prof. Dra. Ana Luna Alonso, financiado pola Xunta de Galicia a través das Axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan I2C.. 21.

(2) 22. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. 1.. INTRODUCIÓN O obxectivo primixenio da nosa pescuda foi afondar nas relacións literarias entre dúas comunidades lingüisticamente tan próximas como Galicia e dous dos países de lingua portuguesa, Brasil e Portugal. En concreto, queriamos auscultar os latexos do mercado editorial das traducións literarias de autores galegos no alén Miño e no xigante suramericano. O exame das primeiras palpitacións puxo de relevo unha serie de elementos cos que non contabamos nun principio, abríndose así vías interesantes de estudo que serviron para rexistrar as características senlleiras da tradución entre ese par de linguas na dirección galego>portugués. Debemos insistir na importancia desas dúas variábeis: o par de linguas en cuestión e a direccionalidade. O enorme grao de parentesco entre dúas linguas e a situación política e sociolingüística do galego son as causas que explican a existencia de situacións extremas como as alegacións a favor da exportación dos autores galegos a Portugal e Brasil sen pasar polo filtro da tradución ―apostándose así pola intelixibilidade entre esas linguas ou polo uso dun galego reintegracionista― ou a promoción de autores galegos coa etiqueta de escritores españois ―debido ao feito de que eses autores se introducen no mercado lusófono a partir da (auto)tradución en castelán. Desexamos ofrecer unha radiografía da tradución da literatura galega ao portugués para reunir datos e acadar pistas para futuras investigacións que permitan ir respondendo a interrogantes coma: por que se traduciu o que se traduciu e non outras obras e autores; que visión da literatura galega se desexa construír e se constrúe de feito a través desa escolla; que axentes son os que interveñen nesa política de exportación; en que medida influíron ―se o fixeron― esas obras galegas vertidas ao portugués na canonización dos nosos autores, na construción da imaxe da cultura e literatura galega nos dous países receptores e no desenvolvemento da literatura de partida e de chegada. Nun ámbito máis exclusivo das linguas e culturas implicadas, analizaremos, por unha banda, as alternativas defendidas polos escritores e editores galegos que optan polo acercamento total entre as dúas linguas e, por outra, a etiquetaxe de produto castelán coa que se promoven algúns autores galegos (auto)traducidos ao español. Nese senso, o uso do castelán como lingua ponte é, ao mesmo tempo, causa e consecuencia da falta de especialistas que traballen dende o galego cara o portugués. En efecto, moitos tradutores que asinan as versións en portugués son especialistas na tradución dende o castelán e aceptan unha encarga dende o galego por unha suposta regra de tres: o galego comparte unha importante bagaxe léxica co castelán. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(3) Maria Magdalena Vila Barbosa. 23. e mailo portugués e grazas a ese conxunto de intersección entre as tres linguas calquera tradutor capaz de traballar entre o castelán e o portugués, tamén poderá saír airoso nos traballos entre galego e portugués. E, cando xorde algún problema, recorrerase á tradución castelá, se a hai, ou a dicionarios galego-castelán. Como corolario, a tradución dende o galego non se liberará do xugo que a atan ao castelán e a someten a el. Nesta viaxe pola tradución literaria galego>portugués o noso percorrido tivo que desviarse do mundo da tradución para detérmonos nunha vía alternativa, a da presenza dos autores galegos en Portugal e Brasil empregando a chamada norma AGAL . A pescuda dos autores galegos con maior fortuna nos dous países lusófonos conduciunos á figura do escritor e profesor Carlos Quiroga, quen compartiu connosco as súas experiencias como autor intimamente relacionado co universo literario brasileiro e portugués. Coidamos que, nun estudo da tradución literaria galego>portugués, debe haber un lugar para a análise destes fenómenos sociolingüísticos e políticos que afectan a forma e os medios de exportación da nosa literatura e que derivan do chamado estatus de lingua minoritaria e en proceso de normalización co que se etiqueta a lingua galega. Todos estes fenómenos que rodean a (para)tradución actúan coma escultores e axentes determinantes non soamente do produto traducido senón tamén da escolla das obras que se verterán a unha lingua meta, de cómo se fará ese vertido, de que funcións cumprirá a literatura importada, en definitiva, a tradución vista coma ferramenta de creación e afirmación de identidades nacionais (VENUTI, 2005). Se ben as traducións son fenómenos da cultura de chegada (EVEN-ZOHAR, 1990; TOURY, 1995), cando falamos de literaturas aínda en construción, a planificación da exportación dos seus autores cara a outros mercados adquire unha especial relevancia, adquirindo así protagonismo a cultura de partida. Ao carecer do estatus que goza, por exemplo, a literatura en lingua castelá ―coa que compite en desigualdade de oportunidades―, a literatura galega debe levar as rendas da procura de mercados para a exportación directa das súas obras e da forma de manter lazos de intercambios culturais que nos fortalezan. Ignorar ou menosprezar ese elemento redundará nunha exportación e promoción da literatura galega ó chou, é dicir, sen unha liña coherente que lle permita cruzar as nosas fronteiras en condicións óptimas. Trataremos de responder que, cando e por que se traduce, pero tamén por que parece funcionar ben a vía de penetración no mercado lusófono co emprego do galegoportugués. Logo de situar teoricamente o noso traballo, pasaremos a estudar o diálogo ―asimétrico, segundo moitos críticos― entre Galicia e a lusofonía. A continuación,. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(4) 24. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. deterémonos nos condicionantes que modelan a faciana do panorama da tradución dende o galego. Presentaremos os datos estatísticos do número de obras galegas traducidas ao portugués dende o período da transición ata os nosos días, cinguíndonos unicamente á tradución editorial literaria. Antes de rematar, dedicaremos un capítulo aos autores que penetraron no mercado portugués e brasileiro esquivando a tradución.. 2.. METODOLOXÍA DE TRABALLO Para a catalogación das obras literarias en galego traducidas ao portugués en Portugal e Brasil nos últimos trinta e cinco anos combinamos varias fontes ―catálogos das editoriais, bases de datos bibliográficas, bibliotecas nacionais, contacto vía e-mail con tradutores e editores― para poder presentar unha compilación o máis rigorosa posíbel. Advertimos, porén, que probabelmente non estarán recollidas absolutamente todas as obras galegas vertidas ao portugués e, ao mesmo tempo, non garantimos que todos eses produtos foron traducidos directamente do galego. Resulta difícil obter datos fiábeis e exhaustivos vía telemática, porque dependemos da boa vontade das persoas para responderen as nosas cuestións e da calidade e fiabilidade das fontes de consulta existentes en liña, coma o ISBN, o Index Translationum, os catálogos das editoras e as bases de datos bibliográficas da Fundación Cultural Hispano-brasileña (FCHB) e da Biblioteca de tradución galega (Bitraga). As primeiras pescudas déronnos pistas sobre as casas editoriais portuguesas, galegas e brasileiras que adoitan apostar pola inclusión na súa oferta literaria de autores galegos traducidos ao portugués. Identificadas esas editoras, consultamos as súas páxinas e catálogos en liña e puxémonos en contacto con elas, todas nos remitían aos seus catálogos en Internet, sen daren respostas a cuestións relacionadas con todo o que hai por detrás da escolla de ofertar unha determinada obra ou autor. Ao mesmo tempo, fomos identificando os tradutores que traballan con a lingua galega e conseguimos contactar con algúns deles. Tratamos de coñecer cales son os autores galegos que mellor funcionan no mercado lusófono. A partir da lista de autores, tradutores e obras, cotexamos se esas obras foran (auto)traducidas ao castelán antes de penetraren nos mercados brasileiro e portugués. Moitas fontes de consulta non especifican claramente se a lingua de orixe foi o galego ou o castelán, nin é doado saber se o tradutor botou man nalgún momento da versión castelá. Verificar a existencia ou non da versión en castelán pode darnos pistas para desconfiar do uso da lingua ponte ou descartar esa posibilidade. Só unha análise crítica das traducións de cada obra poderá sentenciar definitivamente se houbo un maior ou menor recurso a unha terceira lingua en discordia.. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(5) Maria Magdalena Vila Barbosa. 25. Este traballo de investigación nos permite percibir que o corazón literario galego non latexa con a forza e intensidade merecidas nestes dous países lusófonos. Ao mesmo tempo, pensamos que a publicación dos datos da nosa pescuda axudará a encher un baleiro no eido da investigación en tradución editorial literaria galego>portugués. Abrimos un pequeno camiño de cara a estudos máis profundos e con datos máis oficiais para apalpar as relacións literarias entre Galicia e Brasil e Portugal.. 3.. MARCO TEÓRICO Os campos literarios relaciónanse necesariamente, ningunha literatura pode sobrevivir illada das demais. As importacións e exportacións son os medios de contacto e convivencia entre eses campos literarios. Así nolo recordaba Figueroa (2001, p. 129), citando a Espagne e Werner: “non hai literatura nacional sen contactos interculturais”. Figueroa (2001, p. 136) especifica catro variábeis que se deben ter en conta no estudo das relacións literarias: a situación do sistema importador; as estratexias de importación e función previstas para os produtos importados; as funcións reais cumpridas polos elementos importados; a análise da lóxica semiótica derivada de integrar elementos dunha circunstancia comunicativa a outra diferente e a función, razón e visión das exportacións. Deste xeito, o autor inclúe un elemento a veces descoidado no estudo dos intercambios literarios: a exportación. No tocante á situación do sistema importador e a función prevista para o produto importado, Even-Zohar (1990, p. 46-47) apunta dúas formas de relación entre a obra traducida e a literatura orixinal. Trátase, por unha banda, da selección, por parte da literatura de recepción, dos textos que van ser traducidos e, por outra, da forma en que as obras traducidas asumen unhas normas, un comportamento e unha política específica. Cando se especula sobre os motivos de importación literaria é frecuente mencionar o feito de que a obra traducida vai encher un baleiro no sistema importador (TOURY, 2004). A obra importada viría a compensar certa deficiencia, a miúdo puntual, do sistema receptor e a tradución ocuparía unha posición central dentro do polisistema literario receptor participando activamente na súa conformación. Esta premisa verifícase, sobre todo, cando se trata de literaturas periféricas, non cristalizadas ou que se atopan nun punto de inflexión (EVEN-ZOHAR, 1990, p. 47). Ningunha destas tres circunstancias sería aplicábel ao caso da importación de obras galegas por parte dos sistemas literarios portugués e brasileiro. Se atendemos ao feito de que tanto a literatura brasileira coma a portuguesa contan co soporte do estatus. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(6) 26. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. de nacións (re)coñecidas mentres que a literatura en lingua galega carga aínda co peso dunha historia de asoballamento, será de supoñer que as relacións entre as primeiras e a segunda serán asimétricas e non responderán as leis de Even-Zohar cando falemos da tradución dende o galego cara o portugués. Poderiamos especular que as funcións previstas para as obras galegas exportadas a Brasil e Portugal sería o de acercamento e (re)coñecemento entre culturas tan afíns que comparten unha longa traxectoria. Dende o sistema exportador, cunha etiqueta de pequena literatura (FIGUEROA, 2001, p. 140), a exportación faise con certo desexo militante, non soamente para darse a coñecer senón tamén para gañarse un recoñecemento interno e externo, para afianzarse e autoafirmarse. Emporiso, unha cousa é a función pretendida e outra é a acadada. Sabemos que a obra exportada instalarase no sistema de chegada nunha posición distinta á ocupada no sistema de orixe. Unha vez dentro do campo literario meta, a obra escapará do control daqueles axentes que interviñeron na importación abríndose un abismo entre as funcións pretendidas e as realizadas, non soamente no campo literario, senón tamén noutros campos, coma o político. Como ben sentencia Figueroa (2001, p. 153): “na previsión importadora hai unha certa consciencia que controla o que escolle, consciencia que non se produce igualmente dentro do campo de orixe nin dentro do campo de recepción”, como consecuencia, o resultado non é totalmente controlable. A tradución, coma un momento de supervivencia dunha obra, fai posible que a literatura galega chegue a universos culturais alleos ó noso sen perder esa pegada netamente galega. A exportación de literaturas minoritarias e pouco coñecidas corre, na opinión de Figueroa (2001, p. 161), o perigo de ser acollida unicamente coma produto exótico e non coma produto cun valor artístico e literario. Deste xeito, caberíanos indagar se unha determinada obra galega, xa dentro do sistema literario brasileiro ou portugués, é acollida por algún ingrediente enxebre que lles pareza exótico ou polo seu valor real coma obra literaria. Que imaxe do noso país e da nosa cultura se forma a partir desas traducións? Son acollidos os nosos autores coma representantes da literatura galega autónoma ou da literatura gallega de expresión española (FIGUEROA, 2001, p. 161)? Ou se dá o extremo en que se produce un apagamento total da pegada galega e estes autores son considerados representantes da literatura española, malia nunca escribiren en castelán? Non se pode negar unha triste realidade, a dependencia do castelán coma lingua ponte dende a que se incorporan ao noso sistema obras literarias de determinadas linguas dominadas por un grupo menor de tradutores e coma lingua de paso obrigado para verter as nosas obras a esas mesmas linguas. As chamadas traducións de segunda mano (VON. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(7) Maria Magdalena Vila Barbosa. 27. STACKELBERG, 1984) sempre existiron e, no caso das linguas peninsulares, é frecuente que, por exemplo, as traducións de obras do éuscaro ao galego fanse a partir do castelán. O caso extremo prodúcese cando as traducións da lingua minoritaria orixinal cara a lingua central ―o castelán― fírmanas os propios autores, pasando a ser considerados orixinais as traducións ao castelán e non os orixinais reais nunha das linguas cooficiais. Pascale Casanova (2002) defendía que a tradución é unha das canles a través das que os escritores poden acumular capital simbólico, gañar notoriedade e facerse un nome máis alá das fronteiras do seu país. O capital simbólico está relacionado co prestixio, renome, reputación e autoridade que se lles outorga a un determinado autor, obra ou editor, pero tamén a unha lingua: “se trata del prestigio, de la creencia propiamente literaria asociada a una lengua, del valor que se le da literalmente” (CASANOVA, 2002, p. 8). Por esta razón, linguas e literaturas coma a nosa deben valorar a tradución inversa coma ferramenta imprescindíbel para acadar un recoñecemento exterior que se conduce a un fortalecemento interno, tanto para a lingua, a literatura coma para os nosos autores que poderán así competir en mellores condicións sen renunciar a escribir en galego. Retomando o concepto e tipoloxía de capital de Bourdieu (1998) e aplicándoos ao mundo da tradución editorial, Fukari (2005, p. 144-145) propón catro criterios para medir os diferentes capitais dos que pode dispoñer ou mobilizar un editor: capital económico ou volume de negocio e dimensións da empresa; capital cultural ou prestixio dos títulos cos que conta no seu acervo; capital social ou a rede de contactos e influencias coas que conta; capital simbólico ou o lugar que ocupan o editor e os autores e obras que se publican no campo literario e editorial nacional e internacional. Interésanos, pois, a figura do editor coma un elemento esencial na engrenaxe do mercado da tradución editorial, non soamente coma axente influente na incorporación de autores estranxeiros senón coma promotor da exportación de autores da casa a través da tradución a outras linguas. Por esta razón, analizaremos tamén o papel desempeñado polos editores galegos na promoción dos nosos autores no Brasil e en Portugal. Establecen acordos ou alianzas, coñecen suficientemente ben os mercados lusófonos e os circuítos de exportación/importación, colaboran activamente no proceso de escolla dos libros que deben penetrar no mercado lusófono?. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(8) 28. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. 4.. BREVES APUNTES SOBRE O DIÁLOGO ENTRE GALICIA E PORTUGAL E BRASIL. 4.1. Galicia e o alén Miño Porque, namentres Galicia significa só para Portugal a recuperación do pasado, dun pasado que, como calquera outro, se añora pero ninguén pensa en serio resucitar, Portugal representa para Galicia a demostración de que, coa súa lingua e a súa cultura, resulta viable como proxecto nacional, e de que, malia ter dilapidado tanto da súa Historia, aínda lle queda un futuro de país que en tamaño, potencial humano e riqueza non ten nada que envexar a outros moitos de Europa. Por iso, se o coñecemento de Galicia é para Portugal un luxo que pode e debe permitirse, o de Portugal para Galicia constitúe para esta unha verdadeira necesidade, a mellor solución a complexos que a inmobilizan e dos que unicamente o seu exemplo a liberará (VÁZQUEZ CUESTA, 1995, p. 19).. Esta longa cita de Pilar Vázquez Cuesta é a mellor síntese da relación asimétrica que durante séculos caracterizou ―e quizabes aínda caracteriza― a convivencia e o intercambio cultural entre Galicia e Portugal. Irmáns siameses que gozaron xuntos do esplendor medieval, cada quen correu unha sorte ben diferente cando unha operación histórico-política se encargou de practicar a escisión definitiva. Dende entón, a lingua e literatura portuguesas, evolucionadas nun proceso normalizador e protexidas ao abeiro dunha nación de navegantes e conquistadores, significaron para Galicia o vivo exemplo de o que poderían ter chegado a ser se tivesen gozado de similar liberdade histórica. Recuperar os lazos con Portugal significaba para moitos intelectuais galegos liberarse do xugo castelán. Murguía foi un dos primeiros intelectuais galegos en propor o reencontro galaico-portugués, como tamén o faría Carvalho Calero. O contacto do galego co portugués sería coma un antídoto contra o veleno da contaminación castelá: “el gallego leyendo en portugués se desenvuelve y enriquece; traduciendo del castellano languidece, degenera y muere” (CARRÉ ALDAO, 1911, p. 21). Os intelectuais galegos de principios do século XX reivindicaron a custodia compartida do sentimento de saudade. Signo da identidade da alma portuguesa, a saudade tamén será considerada como esencia e motor da literatura romántica practicada en Galicia e sobre ela ou influenciados por ela escribirán Cabanillas, Risco e Noriega Varela. Dende Portugal tamén soan voces que recoñecen esa copropiedade, coma Teixeira de Pascoaes, “o único povo que sente a Saudade é o povo português, incluindo talvez o galego, porque a Galiza é um bocado de Portugal sob as patas do leão de Castela” (TEIXEIRA DE PASCOAES en RIBERA LLOPIS, 1983, p. 203) . Destacamos nesta cita o feito de que se considera que Galicia é, malia todo, parte de Portugal, sendo os lazos que a aprisionan en España totalmente artificiais.. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(9) Maria Magdalena Vila Barbosa. 29. É feito máis ca evidente que entre Galicia e Portugal as afinidades culturais e os trazos comúns entre as súas linguas son elementos que os unen e fan posíbel a reivindicación dunhas relacións máis estreitas e duns intercambios máis fluídos. Porén, o significado desas relacións non será o mesmo para uns ca para outros, como o advirte Vázquez Cuesta na cita que abría este apartado. Esa circunstancia irá marcar o perfil e a intensidade dos intercambios culturais nunha e noutra dirección. O entusiasmo co que Galicia acolle e difunde aos irmáns portugueses parece non ter a mesma forza en Portugal co respecto aos galegos: “qué pobre de tódolos modos a colleita en comparanza coa fartura que atopamos do outro lado da raia!” (VÁZQUEZ CUESTA, 1995, p. 8). Ademais dos xestos de agarimo e de acercamento a Portugal e a súa lingua manifestados por moitos intelectuais galegos ―de máxima intensidade nos representantes da corrente reintegracionista―, os galegos foran sempre os maiores e máis fieis divulgadores das letras portuguesas en territorio español. Tradutores de obras portuguesas, lectores entusiastas de todo canto se escribe naquel país e grandes visitantes de Portugal, os galegos nunca deron as costas a esa nación. Porén, a divulgación da cultura e da literatura galega en Portugal semella moito máis discreta e menos entusiasta. Moitas son as voces que se alzan queixándose dese diálogo desigual e das relacións viciadas por prexuízos históricos non superados. Nunha noticia sobre un encontro de tradutores portugueses e galegos a finais do ano 2000, facíase eco dos atrancos que deben superar os autores galegos para penetrar no mercado luso: As traducións de obras literarias escritas na nosa lingua á lusa non empezaron a facerse ata hai pouco máis dun ano. E con bastantes problemas para atopar bos tradutores, como sinalou na mesma xornada o galego Miguel Vázquez Freire. Este autor sufriu nunha obra súa, a primeira que lle traducen ó portugués, os resultados do mal coñecemento da nosa lingua no outro lado da raia. Xa lle pasara, aínda que o corrixiu a tempo, a Manuel Rivas cunha das últimas novelas, que lle estaban a traducir do castelán en vez do galego. (PINO, 2000).. Fernando Venâncio (2008) comentaba que malia un certo incremento no número de obras galegas traducidas ao portugués ―destacando as figuras de Manuel Rivas e Méndez Ferrín―, seguen as mesmas eivas nas traducións portuguesas debido á semellanza das linguas e ás circunstancias da propia lingua de chegada. Deste xeito, o produto final (mal)traducido ao portugués chega ao público con erros como os que comenta Venâncio en relación ao volume Ser ou Não, de Xurxo Borrazás. Exemplos coma o uso abusivo dos palavrões e os falsos amigos evidentes están esmiuzados neste artigo. Como colofón, o autor nos indica o remedio caseiro para aliviar eses males: Pessoalmente, eu sugeriria aos editores portugueses a seguinte experiência: publicarem (primeiro em obras curtas, depois mais longas) o exacto texto galego em ortografia portuguesa, com adaptação dos mais inoportunos castelhanismos, e concluindo (como acontece com textos brasileiros e doutras proveniências) por um glossário sucinto, ou tão desenvolvido quanto o justificar o público-alvo. Essa mesma edição seria, depois,. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(10) 30. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. comercializada na Galiza. Graças à filtragem do elemento castelhano (que, assim, também não atingiria Portugal por via galega), o texto serviria, na Galiza, para fortalecer e salvaguardar a genuinidade do galego. Por fim, esse processo de edição, se por um lado se valia do renome dos consagrados galegos, abriria também caminho à escrita e à edição imediata para os dois países. (VENÂNCIO, 2008).. Unha idea similar á que xa están a aplicar dende a AGAL, onde se publican os autores en galego-portugués en Galicia e dende a que se impulsa a exportación destas obras a Portugal e Brasil, pero sen a necesidade de adaptar as pequenas diferenzas ortográficas que separan a normativa AGAL do acordo ortográfico da lingua portuguesa. En Galicia existen editoras que apostan pola entrada do libro portugués e brasileiro sen o estorbo da tradución. En 2004 Candeia publicou Vozes do deserto, de Nélida Piñon, en versión orixinal, con prólogo de Vilarino Pardo, estudosa da traxectoria literaria da escritora brasileira. Esa mesma política editorial, asentada na plena intelixibilidade entre os falantes das dúas linguas, deu lugar á publicación en 2008 da novela de Eça de Queirós, O Mandarim, en versión orixinal íntegra destinada aos lectores galegos a partir de 3º de ESO. O libro inclúe un apéndice con léxico e unha serie de exercicios para a aula de lingua e literatura galega. Apóstase, segundo os responsábeis da edición, Patricia Chachero e Manuel Sarille, por unha Galicia europea que se apoie en Portugal, xa que na Europa e no mundo actual, para afirmar a personalidade e identidade, deben prevalecer o interese polas visóns amplas, a aproximación, a cooperación e a concordancia. Existe igualmente un tímido espazo para os escritores galegos que publican en galego-portugués en Portugal e Brasil sen a necesidade da tradución. Agora ben, o significado de reivindicación que ten a publicación de obras en portugués en Galicia e en galego ―ou galego-portugués― en Portugal afecta maioritariamente a Galicia. Ver como o público lector accede ás letras portuguesas ou brasileiras sen necesidade de tradución é un aliciente máis para os que defenden un acercamento entre as dúas linguas ―ou, como moitos cren, as dúas variantes dunha mesma lingua. As relacións entre Galicia e Portugal son asimétricas porque, entre outras cousas, ambas as dúas comunidades culturais atópanse en situacións moi distintas. Galicia viuse asolagada en varias ocasións e durante longos períodos de tempo, aínda hai pouco que comezou a erguerse e a facerse un oco como comunidade lingüística e cultural, como sistema literario e como nación. O significado que ten Portugal e a lingua portuguesa para Galicia xustifica o feito de que esta se amose máis interesada en recuperar o esplendor e as raíces que compartiron un día, en tempos nos que as fontes poéticas galaico-portuguesas discorrían por un mesmo manancial. Pero, para os portugueses, todos eses séculos de guerras e conquistas, de grandes travesías marítimas, de colonias africanas e americanas, de Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(11) Maria Magdalena Vila Barbosa. 31. xestación e florecemento artístico e literario, de historia nacional, de caraveis, de democracia e de rota europea non pasaron en van e hai menos interese en recuperar o pasado común. E moito máis difícil aínda sería acadar que os portugueses admitisen ou aceptasen estas verbas de Barreto Rocha sobre as orixes da súa lingua: O que desejo revelar é o fato de que a língua portuguesa, como já se sabe de longuíssima data, não é propriamente portuguesa; ou seja, a língua falada em Portugal, queira-se ou não, veio de fora das suas fronteiras de hoje, e é anterior aos Cancioneiros galegoportugueses, anterior ao Estado português: nasceu numa terra que constitui o que ontem era a Gallaecia e ainda hoje é a Galiza, uma Comunidade Autônoma. Logo, o idioma aqui gerado e desenvolvido deve ser chamado de “galego”. (BARRETO ROCHA, 1998, p. 128).. 4.2. Galicia e Brasil As palabras de Barreto Rocha que acabamos de citar enmárcanse no seu discurso sobre a lingua que se fala no Brasil. Nunha especie de regra de tres, o autor argumenta que, sendo o portugués fillo lingüístico do galego e habendo os portugueses levado consigo a lingua na travesía atlántica, a lingua que se fala no Brasil non é outra que o galego. E destacamos fala porque o propio autor sinala que os seus argumentos se centran na lingua oral e non na escrita, máis arbitraria e menos representativa. Dicir que no Brasil se fala galego supón engadir máis leña ao fogo da discusión sobre que lingua se fala no Brasil. Dende hai moito a lingua que se fala e se escribe no Brasil foise afastando da variedade continental. Marcos Bagno (2001), doutor en Língua Portuguesa pola Universidade de São Paulo e profesor do departamento de Lingüística da Universidade de Brasília, sinalou a existencia de notorias diferenzas no ámbito lusófono, e bautizou a variedade do país suramericano como portugués do Brasil ou portugués brasileiro. Con esta denominación recoñécese, por unha banda, a pegada deixada polos conquistadores portugueses e, por outra, as achegas das diferentes culturas que poboaron este país e que fixeron posíbel un harmónico e variado abano cultural. O citado investigador brasileiro encabezou sempre a loita contra o mito de que o brasileiro non sabe falar portugués e que, polo tanto, soamente en Portugal se fala ben o portugués. As diferenzas entre o portugués brasileiro e o portugués de Portugal non se limitan unicamente ao vocabulario, senón que se rexistran importantes desviacións con respecto á gramática da metrópole. Ao mesmo tempo, na lingua oral, a diferenza de pronunciación ―o sotaque brasileiro― é facilmente distinguíbel incluso para os estranxeiros. Emporiso, hai que puntualizar que esas diferenzas non implican unha completa inintelixibilidade entre os falantes dunha e doutra marxe do Atlántico. O portugués do Brasil penetrou en Portugal a través da televisión, sobre todo das telenovelas, que ensinaron aos espectadores a gíria brasileira. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(12) 32. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. O Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa pretende un acercamento entre todas as comunidades lusófonas acabando con certas diferenzas ortográficas de menor importancia, co obxectivo de facerse máis fortes coa unión en troques de debilitarse coa segregación. Pero, sobre todo, búscase que impere o sentimento de respecto por toda a comunidade lusófona, sen xamais pretender inferir que unha ou outra variedade sexa máis correcta ca outra, que un escritor portugués escriba nunha lingua máis correcta ca o seu homólogo brasileiro ou africano. Pese as reticencias dos lingüistas portugueses que temen unha abrasileiração da lingua de Camões, o devandito acordo seguirá adiante e xa entrou nas clases e nas imprentas. O acordo refírese á ortografía, polo que as diferenzas existentes no léxico e na sintaxe seguirán aí. Razóns, entre outras, que explican o feito de que, no ámbito lusófono, os portugueses non len traducións brasileiras nin os brasileiros len traducións portuguesas. E non soamente iso, libros brasileiros son adaptados ao portugués de Portugal, apagando todas as pegadas da lingua falada no Brasil. Sobre as diferenzas entre Portugal e Brasil sobre a forma de enfrontar unha tradución resulta ilustrativo recordar as traducións de Harry Potter en lingua portuguesa na versión de Portugal e na versión do Brasil. Os tradutores brasileiros traduciron ou adaptaron varios antropónimos, inventaron unha forma á la brasileira para o deporte nacional de Potterlandia, enxeñáronse uns curiosos nomes para as catro irmandades de Howgards e para os seres imaxinarios inventados por J. K. Rowling. A versión lusa, pola contra, prefire seguir a moda europea e incorporar neoloxismos sen traducilos ou adaptalos. Esa práctica ten recibido moitas críticas, xa que a mera repetición de nomes fai con que o lector do TM non reciba a mesma carga informativa que o lector do TO, principalmente nos antropónimos con carga semántica que reflexa o carácter ou matices da actividade profesional do personaxe. Secretos de Harry Potter que permanecerán eternamente ocultos para o lector descoñecedor da lingua inglesa. Este breve inciso que fixemos sobre a práctica tradutora nos dous países lusófonos sírvenos de reflexión sobre a estratexia de penetración da literatura galega en cada un deses países. Se desexamos que o libro galego teña unha firme proxección na lusofonía, non abonda garantir unha tradución asinada por un tradutor portugués, senón que hai que combinala cunha tradución brasileira. Así o fixo Manuel Rivas, como comenta Dasilva Fernández (2008d, p. 401): “O lapis do carpinteiro, traducido primeiro ao portugués de Portugal por Pedro Tamen ―Publicações Dom Quixote― e logo trasladado novamente ao portugués do Brasil, en versión abondo diferente, pola poetisa Ladusha Spinardi ―Editora. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(13) Maria Magdalena Vila Barbosa. 33. Objetiva”. E resaltamos o feito de que se tratan de versións ben diferentes para un público tamén moi diferente. Pero, volvendo ao tema central deste apartado, cal é a imaxe que se ten de Galicia no Brasil? Que perspectivas existen para a nosa literatura traducida por aquelas terras? Hai realmente un terreo favorábel para a recepción dos nosos autores? Que relacións se fomentan dende os organismos públicos e privados galegos? Como inflúe o feito de que no Brasil exista unha importante comunidade de inmigrantes e descendentes galegos? Algunhas destas cuestións foron tratadas no Encontro galego-brasileiro celebrado no Consello da Cultura Galega en São Paulo no verán de 2009. Malia a proximidade lingüística e a importancia da inmigración galega, a presenza galega é limitada e, para as maiorías, descoñecida, segundo as conclusións deste encontro. Os participantes sinalaron que a visión da cultura galega estaba, en liñas xerais, mediatizada polo Camiño de Santiago e por unha imaxe folclórica ou anticuada do país. Ademais de discutir sobre a actual visibilidade galega no Brasil, nesta cimeira tamén se falou das estratexias existentes ou posíbeis para aumentar esa presenza. Ademais das iniciativas xa existentes desenvolvidas polo Consorcio Audiovisual de Galicia ou os acordos entre editoras galegas e brasileiras para a compra común de dereitos de autor, suxeríronse medidas coma campañas de difusión entre os estudantes brasileiros, unha exposición no Museo da Língua Portuguesa en São Paulo dunha ampla mostra sobre a cultura galega, proxectos de máis longa duración entre editoriais para publicar autores galegos no Brasil, programas de intercambio de investigación ou de alumnado (FRANCO, 2009). Destacamos esa proposta de posta en práctica dunha política de promoción de escritores galegos no Brasil, que, segundo o xornalista Luiz Ruffato debería empezar por unha antoloxía de narrativa galega de carácter panorámico que fose o primeiro paso de publicación de libros individuais dos autores galegos. No tocante ao papel desempeñado polos inmigrantes galegos no Brasil, o vigués Corbacho Quintela, investigador e docente da Universidade Federal de Goiás, sinalou que, á diferenza do que aconteceu en Arxentina, Cuba, Uruguai ou México, a inmigración galega no Brasil non desenvolveu un importante labor cultural, en parte pola súa fácil integración e asimilación na sociedade brasileira, onde os galegos non se sentían estranxeiros, eran ben aceptados e tiñan prosperidade económica (GÓEZ, 2009). Emporiso, Brasil ten moito de Galicia no seu seo. Un exemplo da presenza do imaxinario galego na literatura brasileira constitúeno a escritora Nélida Piñon. É desta terra de onde provén o seu universo imaxinativo, tal e como subliña Hoki Moniz: Os anos passados em Galícia, na importante época formativa da adolescência, deixaram marca indelével na obra de Piñon: as raízes celtas do imaginário de seu povo, o atávico Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(14) 34. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. telurismo da terra, a aspereza da paisagem, a luta pela sobrevivência, as paixões primitivas, a frugalidade dos seres que vivem próximos à natureza, temas constantes em seus textos, são parte essencial de sua persona poética (MONIZ, 1993, p. 16).. Galicia está moi presente nas súas obras, sobre todo n’A república dos sonhos, no conto “Finisterre” e incluso en Tebas do meu coração, así como en entrevistas e discursos, nos que manifesta a importancia que ten Galicia na súa vida. Nélida Piñon é, sen dúbida, a máis galega das escritoras brasileiras. Este feito favoreceu a difusión das súas obras en Galicia e en España. En Galicia, Nélida Piñon recibiu innúmeras homenaxes e a súa grande epopea, A república dos sonhos, chegou ao lector galego en tres idiomas: galego, castelán e portugués. Esta novela achega unha visión dos inmigrantes galegos coma construtores dun país que lles soubo acoller. Brasil débelles non só o seu traballo coma man de obra, senón tamén a súa contribución axudando a tecer o complexo tecido cultural do Brasil. Nélida Piñon sempre expresou un inmenso amor pola lingua galega, coñece as luces e sombras da súa historia e admira a resistencia do pobo galego que soubo preservar a súa identidade, cultura e lingua malia os lategazos que lle propinou a historia e a política lingüística hexemónica. Respecto á tradución ao galego de “Finisterre” e A república dos sonhos, a autora celebra que as súas creacións fosen restituídas á lingua que lles pertence por inspiración. A versión en galego corre a cargo de María Dolores Torres París e Carmen Torres París. A publicación desta novela en galego supón, en certa forma, un tributo á terra que é, canda Brasil, a súa grande protagonista e fonte de inspiración. O éxito da iniciativa de Editorial Galaxia non deixa lugar a dúbidas sobre a idoneidade deste proxecto de tradución. Era a primeira vez que a versión dun libro estranxeiro ocupaba postos tan altos na lista de vendas. Pero nin todos os intelectuais brasileiros están tan familiarizados coa situación lingüística e cultural de Galicia. Moitos son os que aínda pensan que España é un todo homoxéneo e por esta razón persoeiros do mundo cultural brasileiro, coma Gilberto Gil, aínda diríxense ao público galego en español, como sinala o escritor Paulo Soriano nunha entrevista para o Portal Galego da Língua, co gallo da edición electrónica de Contos Grotescos da man de Gze-ditora. O escritor baiano sinala que os galegos instalados en Bahia están absorbidos pola hexemonía castelá e as asociacións culturais de orixe galega están empeñadas en divulgar o español en detrimento do falar galego (PGL, 2006). Se a proximidade xeográfica, o período histórico compartido e, máis actualmente as políticas de investimentos económicos en infraestruturas e medios de transporte que reduzan as distancias e a creación dunha Eurorexión Vigo-Oporto son as bazas que Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(15) Maria Magdalena Vila Barbosa. 35. potenciarían a presenza da nosa literatura en Portugal, a importante inmigración galega e os seus descendentes son os elos que nos manteñen ligados con Brasil. O importante número de potenciais lectores brasileiros fai con que este mercado sexa moi atractivo, un factor que non pasou por alto a editora Kalandraka que está a crear un novo selo no Brasil, coma estratexia para afondar na relación cos países lusófonos.. 5.. PANORAMA DA TRADUCIÓN DENDE O GALEGO Sempre que se publica un estudo sobre a tradución ao ou dende o galego hai unha serie de constantes sobre as que se insisten unha e outra vez: lingua e literatura minoritarias e minorizadas, dependencia da lingua dominante, tradución coma ferramenta para prestixiar a lingua e coma instrumento de normalización,… E, no caso do par de linguas galego e portugués, adóitase sinalar a existencia dunha mirada cómplice xa que se considera este idioma e sistema literario coma un espello no que se reflicte a imaxe do que poderiamos ser e coma unha vía para afastarse da ameaza castelá. Chégase ao extremo de considerar a literatura castelá coma máis estranxeira ca a en lingua portuguesa, malia a realidade sociopolítica do noso país en que a lingua e literatura castelás están presentes, ou impostas, dende a máis tenra infancia e, consecuentemente, influirán no comportamento lector, nos modelos literarios e na forma de escribir e apreciar a escrita por parte do público galego. Ao falar de tradución é necesario investigar sobre as relacións de poder que están en xogo entre as culturas que se traducen unhas a outras. No caso do galego e do portugués, o primeiro está en inferioridade respecto ao segundo. As relacións de poder establécense tamén a nivel dos axentes que interveñen no proceso (para)tradutivo, xa que o tradutor é apenas a cabeza visíbel dun proceso no que interveñen moitos outros axentes. O tradutor, ou chibo expiatorio, como din Vilariño (2004, p. 37), exerce un labor condicionado por poderes que exercen influencias ou orientan a súa práctica profesional. En medio dos contidos lingüísticos e culturais veñen enmascarados intereses económicos, ideolóxicos e políticos. Por outra banda, danse relacións de poder tamén entre o tradutor e o público receptor, o tradutor débese á cultura meta e deberá axustar a súa propia interpretación ás expectativas do contexto receptor, elixindo entre a aceptabilidade e a adecuación, a domesticación e a estranxeirización. Se botamos a vista atrás para preguntármonos qué función se buscaba coas traducións impulsadas polos homes de Nós, é dicir, qué se traducía, qué normas se seguían e a qué público se dirixían, observamos que o primeiro e principal obxectivo. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(16) 36. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. pretendido era prestixiar a lingua e a cultura galegas a través da importación de obras procedentes de sistemas literarios afíns á nosa cultura. A norma empregada era a de domesticación, apropiación ou galeguización do texto orixinal, sen máis consideracións ca a urxencia de recuperar a lingua e demostrar a súa para acoller a mitos, heroes e grandes figuras doutros sistemas literarios. Entre todas as posíbeis obras e literaturas, escollíanse aquelas que mellor se adaptaban ao ideario político galeguista. Neste senso, poderiamos aplicar as famosas palabras aparecidas no prólogo de Poesía inglesa e francesa (CASTRO; TOBIO; DELGADO, 1949), no que se sentenciaba: “O estranxeiro vén a gañar carta de cidadanía”, daquela “o alleo é agora noso”». Hoxe en día a tradución segue a ser unha ferramenta de normalización e un instrumento de prestixio da lingua, pero existen outras variábeis que inflúen na mecánica da tradución. A selección das obras débese tamén a motivos comerciais e económicos, aos acordos entre editoras, ás políticas editoriais de grandes grupos e tamén a cuestións relacionadas con dereitos de autor. En relación ao castelán, tradúcese moito material dende esa lingua, non por estrita necesidade de comprensión, senón como consecuencia do estatus de lingua cooficial que ten o galego, de tal forma que se recoñece o dereito dos cidadáns galegos de empregar esa lingua no ensino, na xustiza e nas súas relacións coas administracións públicas. Por iso, tradúcense, por exemplo, libros de textos e documentos oficiais procedentes de diferentes órganos públicos. Por outra banda, o feito de que a importación dunha obra literaria dun sistema diferente ao castelán penetre en Galicia a través dunha tradución a partir do castelán e non a partir da lingua orixinal pon de manifesto a desigualdade real que existe entre as dúas lingua. Agora ben, peor aínda sería que simplemente non se traducise ao galego e nós tivésemos coma única vía de acceso a esa obra a lectura en castelán. O emprego dunha lingua ponte supón unha perda e, ao mesmo tempo, unha adición, sempre queda algo no camiño e algo novo se engade. E, cando esa lingua ponte é a lingua maioritaria, indica unha importante dependencia da minoritaria respecto a aquela. O emprego do castelán como ponte dáse con frecuencia nas relacións literarias entre os sistemas periféricos éuscaro, catalán e galego. Un caso recente foi o de Obabakoak, de Bernardo Atxaga, vertido ao galego a partir da autotradución en castelán. Atxaga, principal figura da literatura en éuscaro, recoñecía, nunha entrevista a Senez, que as traducións de Obabakoak ao inglés, francés, italiano e alemán fixéronse non do orixinal senón da autotradución ao castelán. Atxaga engadía que ao tradutor non se lle admiten as mesmas liberdades que pode tomarse o autor (GARZIA, 1990).. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(17) Maria Magdalena Vila Barbosa. 37. É moi habitual que autores premiados e recoñecidos internacionalmente, en especial por parte do sistema editorial español e dentro do ámbito estatal, sexan vertidos do castelán ás linguas minoritarias do Estado, coma é o caso de Atxaga. As relacións entre os sistemas literarios vasco e galego está mediatizada por un intermediario: o sistema editorial español. Daquela, os autores máis traducidos ao noso idioma son aqueles que previamente contaron co respaldo da crítica e das editoras en lingua castelá (REGUEIRA, 2009). O forte peso do castelán coma lingua de partida das traducións feitas en Galicia é unha realidade ineludíbel. Ao mesmo tempo, o castelán é a principal lingua de chegada das traducións dende o galego. Unha terceira circunstancia é a competencia existente entre as dúas linguas cando unha mesma obra foránea se atopa nas nosas librerías traducidas ao castelán e ao galego. Logro ou ameaza? Se miramos este feito dende a perspectiva de que xa se superou unha barreira que foi, durante anos, insuperábel, que desaconsellaba a tradución ao galego dunha obra xa dispoñíbel en castelán, poderiamos tomalo coma unha pequena vitoria. De feito, hoxe moitos (aínda non todos) dos grandes best-sellers (baixo o abeiro de grandes grupos editoriais, xa que as pequenas editoras non poden enfrontarse aos gastos que supón mercar os dereitos dunha obra contemporánea) aparecen ao mesmo tempo no noso mercado en castelán e en galego, dando ao lector a potestade de optar por unha ou outra alternativa. Hai anos ese era un soño impensábel. Haberá sempre unha competición entre unha e outra versión, a elección está nas mans do público, pero tamén dependerá das iniciativas de promoción de lectura en galego que se fagan dende os organismos públicos. Un factor determinante será a adopción de criterios concienciudos e coherentes para a selección das obras estranxeiras que se verterán ao galego. Hai que desterrar “a improvisación e a falta de coordinación coma fío condutor no que se asenta o subsistema das traducións literarias ao galego” (GONZALO CONSTENLA, 2003, p. 299). Neste senso, queremos destacar a nova postura de editoriais coma Galaxia, que sen renunciar ao seu proxecto de traer clásicos universais para o galego, comeza un novo desafío, a “Colección Compostela de Narrativa Europea”, unha aposta pola literatura contemporánea máis comercial coa que competirá coas correspondentes traducións ao castelán que sairán simultaneamente á venda. Aínda que sexa a excepción, estanse a dar casos nos que a tradución ao galego chega ás librarías antes cás versións ao castelán. Destacamos o caso de A casa dos encontros, de Martin Amis, vertida ao galego por Eva Almazán, que saíu á venda moi pouco tempo Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(18) 38. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. despois de que o orixinal inglés se publicase en Inglaterra. De feito, o galego foi a primeira lingua á que se traduciu esta novela; a versión castelá tardaría case dous anos. Con esta política editorial preténdese aumentar a competitividade das traducións ao galego. A Xunta de Galicia é consciente da importancia da tradución e así o manifestou no Plan xeral de normalización da lingua galega (2006). Preténdese promover políticas de tradución literaria, científica e técnica ao galego. Ao mesmo tempo, sublíñase a necesidade de traducir a outros idiomas coma o inglés, francés e alemán dun conxunto estratéxico de obras literarias, ensaios e artigos de investigación escritos orixinalmente en galego. Vemos que amais da tradución ao galego, suxírese a importancia da tradución dende o galego a outras linguas. A exportación significa a superación dunha fase comercial ou de aumento de produción cara a unha fase autónoma ou de importación e exportación. Situarse nese chanzo supón ir deixando atrás os complexos para mirar con confianza cara ao futuro. A vitalidade dunha lingua mídese pola robusteza que amosa dentro do seu territorio pero tamén polo recoñecemento internacional de que goza. Na Carta europea das linguas rexionais e minoritarias asinada en Estrasburgo en 1992 precisábase a transcendencia para esas linguas da tradución inversa. No artigo 12 (b) insístense na importancia de “favorecer los diferentes medios de acceso en otras lenguas a las obras producidas en las lenguas regionales o minoritarias, ayudando y desarrollando las actividades de traducción, de doblaje, de post-sincronización y de subtitulado”. Esas culturas minoritarias teñen algo que contar e a tradución permite que o poidan compartir cun público máis numeroso. Compartir, comunicarse, acercarse, dialogar, coñecerse, convivir,… todo iso é posíbel grazas á tradución. A tradución é unha das mostras máis claras do desexo de establecer un diálogo intercultural. Conscientes desa realidade, as editoras galegas e o goberno de Galicia deben amosarse dispostos e preparados para dar o pulo ao exterior mediante a tradución e así acadar unha maior madurez do noso sistema literario. Xa hai algunhas iniciativas en marcha. Dende a Consellaría de Cultura e Turismo convócanse axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, tanto no que se refire ás traducións ao galego coma dende o galego cara ás demais linguas oficiais do Estado español e á outras linguas. Búscanse dous obxectivos, por unha banda, garantir que a cidadanía galega teña acceso a materiais de diferentes áreas do coñecemento escritos e publicados na nosa lingua e, por outra, apostar pola universalidade da nosa cultura e asegurar a nosa presenza noutros espazos lingüísticos grazas á tradución. As editoriais galegas tamén xa dan mostras de maior autonomía e madureza. Xa non apostan soamente por alianzas entre as editoras do mercado español, senón que Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(19) Maria Magdalena Vila Barbosa. 39. realizan traducións dende o galego para outras linguas nunha verdadeira estratexia de internacionalización. A Nosa Terra, Kalandraka, Rinoceronte e OQO realizan traducións inversas destinadas a mercados estranxeiros. Como veremos máis adiante, algunhas editoriais galegas desempeñan un papel senlleiro coma impulsoras das traducións cara o portugués. Nesa tarefa de impulsar a tradución inversa e exportar a nosa literatura é importante a existencia dunha estratexia, dunha formulación coherente da promoción exterior da cultura e de establecemento de alianzas e complicidades para evitar que cada quen vaia por libre e se actúe de forma barallada e ó chou. A falta dunha política de exportación e proxección da lingua e cultura galega dan lugar a fracasos, proxectos interrompidos, torpezas innecesarias, gastos baleiros e a formación dunha imaxe exterior do país aínda asentada no exotismo, no folclore e na emigración. Por outra banda, hai que traballar non soamente na proxección senón tamén na recepción, é dicir, no polo meta. Non deberían ser as mesmas estratexias de promoción da lingua en Rusia ca en Portugal ou Brasil. Neste senso, o escritor Xavier Queipo manifestaba xa dende o ano 1989 en Bruxelas a necesidade de facer acupuntura cultural, actuar en lugares concretos, naqueles lugares onde unha simple presenza asegure repercusión. Un elemento que habería que estudar é se existe ou non un treito longo entre o que temos e o que se proxecta fóra. Noutras palabras, os escritores galegos con presenza nos mercados estranxeiros son ou non unha mostra representativa da nosa literatura? Por outra banda, eses escritores levan a insignia de Galicia ou son asimilados a escritores españois? Léselles no contexto da literatura galega? Para tratar ese tema acercarémonos a dous conceptos, a canonización e a autotradución. Os conceptos de canon e canonización, aplicados aos estudos literarios implican o acto de seleccionar unha serie de textos, autores e valoracións textuais coma únicos representantes da literatura dunha comunidade. Os principais aspectos que asocian o canon coa literatura son (GONZÁLEZ-ORTEGA, 1988-89, p. 238): š. a selección dunha lista de textos;. š. outorgamento dun valor estético ou dunha identificación ideolóxica cuns criterios determinados de selección;. š. a cualificación deses textos coma obras (clásicas) dignas de imitación e estudo;. š. poder institucional e político para facer circular estes textos na sociedade coma obras clásicas de inigualábel valor estético.. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(20) 40. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. O establecemento dun canon responde sempre a un criterio subxectivo disfrazado de obxectivo, servindo coma clasificación e anotación. Supón, ao mesmo tempo, un filtro que asegura a supervivencia da calidade fronte aos éxitos temporais e efémeros do mercado. Pero ese proceso leva en si o risco de que o canonizador, ao pasar polo filtro todos e cada un dos autores que compoñen o universo de partida, limite ou anule a diversidade e non abarque, en igualdade de condicións, o espazo e o tempo considerados. Nun interesante artigo sobre os libros e autores galegos susceptíbeis de incorporarse ao canon europeo, Ventura Ruiz (2006) apunta unha serie de criterios que deberían ser tidos en conta para a selección deses autores. A non existencia dun continuum nas letras galegas fai necesario un estudo dividido en dous etapas separadas centos de anos. Da etapa medieval do galego-portugués, Ventura Ruiz destaca as figuras de Alfonso X o Sabio, Arias Nunes, Bernal de Bonaval, Martín Códax, Don Dinis ou Pero Meogo. A segunda etapa iníciase en 1863 con Cantares gallegos de Rosalía de Castro e continua ata os nosos días, aínda que, para evitar as influencias da moda e da fama actual dalgúns autores, o estudo cinguiríase ao período 1863-1989. Os criterios para incluír un autor nun canon europeo son a influencia, diacrónica e sincrónica, na sociedade de orixe e a homologación externa. Así sendo, a plena homologación máis aló das nosas terras é un dos condicionantes para que un autor adquira a condición de clásico. Ventura Ruiz exclúe da súa lista a autores imprescindíbeis no sistema interno pero que, malia seren clásicos galegos, no soportarían unha homologación en clave europea. Os excluídos polo autor foron nomes coma Pondal, Cabanillas, Risco, Castelao, Pedrayo, Fole e Curros. Os que si pasarían a vara europea serían Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Cunqueiro, Dieste, Blanco Amor e Méndez Ferrín. Unha proposta subxectiva, como advirte o autor do artigo, pero que subliña a importancia de pasar a proba do estranxeiro e de prestixiar a literatura galega non soamente dende o interior senón tamén dende o exterior do país. O período máis recente da nosa literatura, non incluído no estudo de Ventura Ruiz, ten, para moitos, dous ou tres nomes propios, os de Manuel Rivas, Suso de Toro e Alfredo Conde. Narradores máis traducidos e buque insignia da frota narrativa galega, eses autores poden contribuír á visibilidade dos escritores galegos pero non son dabondo representativos da variedade e dinámica da creación literaria galega dos últimos trinta anos. Un problema engadido é o feito de que eses narradores adoitan ser apropiados polo sistema literario maioritario. É habitual que se produza unha confusión con autores. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(21) Maria Magdalena Vila Barbosa. 41. galegos actuais derivada da tendencia destes a autotraducirse do galego ao castelán, con a consecuente promoción desta versión coma auténticas obras orixinais no canto de traducións. O acelerado renome de Manuel Rivas, que conta con obras coma O lapis do carpinteiro traducida a diversos idiomas e con versións en braille, xúlgase froito da decidida aposta editorial e mediática do grupo que lle apoia. Autor prolífico e autotradutor, Manuel Rivas está máis canonizado, nalgúns ámbitos e países, coma autor español que coma autor galego. En Italia considérano coma representante da narrativa española contemporánea. Pola contra, en Portugal recoñéceno coma autor galego. Suso de Toro, outro dos nosos autores a veces absorbidos polo sistema castelán, explicaba así a súa procedencia e a lingua na que escolleu escribir: Yo quería ser escritor naciese donde hubiese nacido, pero nací en Santiago de Compostela […] decidí además que Galicia fuese mi destino; no emigré a buscar oportunidades a ninguna otra ciudad, así que todos mis libros están escritos en gallego. Y, afortunadamente para mí y ojalá también para quien los ha leído, algunos están traducidos y editados en castellano y algún otro idioma. (DE TORO, 2002, p. 411).. Suso de Toro e Manuel Rivas xa experimentaron nalgunhas ocasións a actividade definida por Blanco Amor coma “traducir en carne propia” (DASILVA FERNÁNDEZ, 2008b, p. 391). O efecto subsidiario desta práctica é que a tradución castelá véndese e expórtase coma orixinal, empregándoa nas traducións a outras linguas. Suso de Toro definía a autotradución como unha tarefa imposta que “parece un perder el tiempo en vez de escribir algo nuevo” (DE TORO, 2002, p. 412). Pero, ao mesmo tempo, a autotradución pode ser un milagre de renacemento e de cirurxía plástica, xa que os autores-tradutores aproveitan a súa liberdade para realizar mudanzas, ampliacións ou recortes na obra orixinal. Fixérono Rivas e Suso de Toro. Na novela de Rivas, As chamadas perdidas, as diferenzas entre o orixinal galego e a autotradución castelá “van máis aló do eido tradutolóxico” (DASILVA FERNÁNDEZ, 2008a, p. 406). O mesmo ocorreu con A sombra cazadora, Calzados Lola e Ambulancia de Suso de Toro, nesta última novela a autotradución permitiu ao autor resucitar a un personaxe. Posteriormente, as mudanzas son incorporadas as seguintes edicións en galego. Ser ou non, de Xurxo Borrazás, cambiou de título na autotradución castelá e son tantos os arranxos que se podería dicir que se trata dunha ficción autónoma ou nova (DASILVA FERNÁNDEZ, 2008b, p. 388). A práctica da autotradución en Galicia non é un fenómeno exclusivo dos últimos anos, senón que outros intelectuais galegos de etapas anteriores o fixeron, coma BlancoAmor, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e Carlos Casares. Este último destacaba a necesidade dos autores galegos de contar con versións castelás para ter Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

(22) 42. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal. unha maior proxección e, ao mesmo tempo, o compromiso cívico que entrañaba cultivar unha lingua minorizada podendo optar por unha maioritaria: Síntome escritor dunha lingua minorizada e responsábel por iso. Doutra maneira escribiría en castelán. Para min escribir en galego non ten máis que problemas e tería máis posibilidades facéndoo en castelán, tanto no plano da creación literaria como no xornalismo. Podería ir a Madrid e dedicarme á literatura exclusivamente. Para min é clarísimo que pertenzo a unha lingua non normalizada, e esa conciencia é a que me inclina a limitarme e perder oportunidades (CARLOS CASARES en CARBALLA, 1996, p. 13).. Dasilva Fernández (2009, p. 152) cualifica a autotradución dende unha lingua minorizada a outra maioritaria e de nivel estatal coma unha actividade diglósica na que a verdadeira nacionalidade literaria do escritor desvanécese. O Estado demanda textos publicados nas linguas periféricas vertidos ao castelán, dando prioridade ás autotraducións. Non ocorre o mesmo na dirección contraria. Táboa 1. Os seis autotradutores (ga-es) con máis número de obras. Autor/ tradutor. Obras. Fina Casalderrey. 11. María Luísa Núñez Álvarez. 9. Gloria Sánchez. 6. Xosé Antón Ballesteros Rey. 6. Manuel Rivas. 4. Patacrúa. 4 Fonte: ISBN.. Na análise das traducións dende o galego ao portugués analizaremos as consecuencias da capacidade de absorción que o sistema literario español exerce sobre as outras literaturas peninsulares. Fanse as traducións a partir do castelán, considerando esa lingua coma lingua de creación orixinal? Se é así, quen permite esa amnesia e ese apagamento da diversidade e da alteridade que representan as demais linguas e literaturas existentes no Estado?. 6.. TRADUCIÓN EDITORIAL (GALEGO-PORTUGUÉS DE PORTUGAL) As editoras portuguesas Dom Quixote, Contemporânea, Deriva e Âmbar Editora levan un tempo traballando con obras de escritores galegos, principalmente literatura infantil e xuvenil. Por outra banda, as editoriais galegas A Nosa Terra, Kalandraka e OQO realizan traducións dende o galego ao portugués para a súa distribución naquel país. Tratamos de contactar vía correo electrónico con editoriais portuguesas e tradutores que traballan dende o galego. Todas as editoriais portuguesas nos dixeron que a información que nos podían facilitar xa estaba na web. O único tradutor que nos. Tradução & Comunicação: Revista Brasileira de Tradutores š Nº. 23, Ano 2011 š p. 21-57.

Referências

Documentos relacionados

As regiões em cinza indicam regiões onde não houve quebra de safra, ou seja, ou a produtividade aumentou em relação ao ano anterior, ou houve uma queda de produtividade inferior a

29 Table 3 – Ability of the Berg Balance Scale (BBS), Balance Evaluation Systems Test (BESTest), Mini-BESTest and Brief-BESTest 586. to identify fall

Analisaram-se 15 diferentes ovários em cada estágio, com exceção do estágio IV (desovado), no qual foram observadas apenas quatro fêmeas.. As medidas foram tomadas sempre no

Não tem informações sobre a sua modificação química e, pelo exposto acima, no presente trabalho tem-se estudado a modificação química deste amido variando a concentração

O objetivo do curso foi oportunizar aos participantes, um contato direto com as plantas nativas do Cerrado para identificação de espécies com potencial

־ Uma relação de herança surge quando um objecto também é uma instância de uma outra classe mais geral (exemplo: “automóvel é um veículo”). ־ É sempre possível

Assim, Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega (2015) foi redigida em língua galega e publicada pela Editora Xerais, uma das mais importantes editoras

São considerados custos e despesas ambientais, o valor dos insumos, mão- de-obra, amortização de equipamentos e instalações necessários ao processo de preservação, proteção