• Nenhum resultado encontrado

Concreción das actuacións

CULTURAL NO RURAL GALEGO MEDIANDO CON TIC

4. Concreción das actuacións

Todo o exposto anteriormente supón presentar diversas actuacións, que se organizan ao redor de tres eixes centrais baixo os piares que se presentan neste traballo.

4.1 Ámbito organizativo

Neste ámbito, as actuacións céntranse en fortalecer o papel dos órganos de goberno e de co- ordinación docente. Neste sentido, destacaremos a importancia do establecemento dunha es- tratexia global de centro para configuralo como elemento dinamizador da vida cultural e social da comarca e como fórmula para coñecer, valorar e actuar na realidade. Aquí isto trasládase en actuacións como:

• A colaboración coas institución públicas, coma os concellos, no desenvolvemento de programas e iniciativas como o espazo familias (programa de intervención educativa para familias con fillos e fillas de 0-3 anos) e nos de voluntariado, con institucións como a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

• Os cursos de formación para o conxunto da poboación (capacitación profesional, in- formática, ludoteca, biblioteca, cultura tradicional…).

• A participación das dinámicas políticas (presentación por parte do alumnado de mo- cións nos plenos dos concellos para a revalorización do rural a través do esforzo com- partido).

• Organización de xornadas e eventos culturais.

• A colaboración coa administración educativa a través dos programas de compensación educativa e innovación, anteriormente mencionados ou coa colaboración con outras institucións públicas como a establecida coa Consellería de Familia e Xuventude no seus programas de voluntariado

• A colaboración coas universidades galegas, formando parte xunto coa Universidade da Coruña e con Solidariedade Internacional de Galicia dun proxecto piloto de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. “Investigando a dimensión global da Educación para o Desenvolvemento" e coa Universidade de Santiago de Compostela en diferentes iniciativas centradas sobre todo na formación das futuras xeracións do pro- fesorado.

• Outras colaboracións con distintas institucións con accións de diversas índoles: sani- tarias para a formación en primeiros auxilios; social colaborando con diferentes ONG, programas de voluntariado, acción social etc.

No marco da coordinación docente, inténtanse cumprir as máximas das que falamos estable- cendo proxectos co fin dunha axeitada formación do profesorado nestes eidos, que abrangue unha adecuada competencia pedagóxica e dixital que nos capacite para camiñar ao carón dos avances que na sociedade actual se producen. Exemplo disto son:

1. Plan de Formación en Centros co que contamos, establecéndose liñas estratéxicas de actuación cara á mellora da convivencia e da participación da comunidade educativa. 2. As actuacións formativas en ámbitos metodolóxicos innovadores e aquelas que per- miten a difusión das actuacións ou o compromiso docente en ONG (como Cruz Vermella ou Entreculturas), movementos de renovación pedagóxica (como Nova Escola Galega) ou en grupos ou proxectos de investigación tanto no ámbito autonómico como nacio- nal.

4.2 Ámbito pedagóxico

No ámbito pedagóxico, as actuacións en prol da educación para o desenvolvemento a través das TAC, seguen as liñas prioritarias de actuación establecidas no proxecto educativo do centro e concrétanse a través dos diferentes plans e proxectos do centro especificados para cada curso escolar na Programación Xeral Anual. Destacar a importancia dunha concreción curricu- lar onde, os recursos do medio, acompañados das potencialidades tecnolóxicas e dunha adecuada atención á diversidade teñen un papel fundamental no seu desenvolvemento, para establecer procesos educativos innovadores, inclusivos e de calidade con repercusión no pro- pio contexto (ApS). Todo isto non sería posible sen unha adecuada coordinación docente, cun claustro comprometido con esta mesma finalidade educativa. Actuacións concretas neste ám- bito serían, entre outras:

• proxectos Monfero solidario e Somos paisaxe, somos vida, que aglutinan esta pers- pectiva de traballo no ámbito do centro, aprendizaxe competencial con repercusión social e recollen as potencialidades da comunidade educativa e social na que estamos inmersos para fortalecer o concepto de cidadanía global e desenvolvemento susten- table. Son dous proxectos propios de innovación educativa que contan con recoñece- mento institucional, (Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación para el Desarrollo pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e o Ministerio de Educación concedido no 2009 ao proxecto Monfero solidario ou os tres premios de innovación educativa dentro do Plan Proxecta acadados polo proxecto Somos paisaxe, somos vida) e que asentan as súas bases na calidade, a equidade, a inclusión, a compensación das desigualdades e a formación para e durante a vida, e onde prima o esforzo compartido para o establecemento de procesos educativos nos que o alumnado sexa construtor e participe activo das súas aprendizaxes cun sentido crítico, responsable, cooperativo e con repercusión no medio e nas diferentes situa- cións ás que se enfrontan na vida. Dentro destes, colaboramos con diferentes institu- cións públicas e privadas: ONG, universidades e asociacións de diferentes ámbitos, que permiten participar da realidade social actual e establecer vías de actuacións ante as problemáticas que nos afectan (Cancela Dopico & López Castro, 2014).

• emprego de plataformas virtuais de aprendizaxe tanto no ámbito curricular como de atención á diversidade (Proxecto Edisgal, a plataforma Agrega, e plataforma Smartick para a mellora da competencia matemática ou o método Gliffing para a mellora das habilidades lectoescritoras ou da programación e da robótica, participando o centro no Proxecto Xenios, en colaboración con Ayuda en Acción e Google.

• Os obradoiros de radio que se desenvolven en colaboración con Radio Itinerante Crea- tiva (http://www.laboratorioderadio.com) e que permiten non só que o noso alumnado coñeza e se desenvolva comunicativamente neste medio, senón que posibi- lita que as súas actuacións teñan repercusión e visibilidade fóra do espazo onde se desenvolven e a valoración da lingua galega como elemento identitario de primeira orde.

• recoñecemento do centro como un espazo de vida saudable cun plan deportivo de cen- tro, co establecemento de rutinas alimentarias saudables (programa de froita fresca no lecer) ou de respecto e coidado do propio corpo (prevención de drogodependencias, control de ruídos, entre outros).

• Mellora da convivencia, coa creación e desenvolvemento non só da Escola de Familias, senón tamén dun programa de mediación e de titoría entre iguais, que facilite o esta- blecemento dunha verdadeira comunidade de aprendizaxe.

Estas actuacións teñen a súa base dende o inicio da escolarización no centro. Como xa sinala- mos, partimos do proxecto Espazo Familias para que tanto nenas e nenos e as súas familias se familiaricen co centro e coas súas dinámicas para que cando se incorporen ao segundo ciclo de educación infantil xa sintan apego cara a este. Alén disto, na concrección curricular desta etapa prímase a aprendizaxe construtivista a partir dos recursos do contexto e poténciase a coordi- nación entre ciclo e as súas etapas educativas. Isto especifícase en iniciativas como un pro- xecto de voluntariado activo en colaboración co Hospital Universitario Lucus Augusti, os obra- doiros de cociña en igualdade para todo o centro ou os deseñados para mellorar as intelixen- cias múltiples en colaboración coa USC.

4.3 Ámbito de xestión

E por último, realízanse actuacións no ámbito de xestión dos recursos humanos e materiais do centro. Como estamos vendo, na xestión do profesorado do centro prima a participación activa e a asunción de responsabilidades na procura dun proxecto común deseñado en funcións das necesidades do contexto e da realidade do alumnado e da súa configuración social. A esta pers- pectiva súmase o resto do persoal deste e o conxunto da comunidade, colaborando estreita- mente en todas as iniciativas e facéndose partícipe e destinatario destas. Exemplo disto sería a organización e participación nas diferentes dinámicas do centro como:

• Conmemoracións (tratamento dos elementos transversais potenciando a igualdade, a non discriminación, a convivencia, o voluntariado, a responsabilidade social…). • Proxectos de innovación

• Actuacións con repercusión social (implicación e cooperación das familias e veciños en coloquios, obradoiros, xornadas, voluntariado, etc.).

• rastro solidario, xa tradición no noso centro, no que colabora o conxunto da comuni- dade e cuxa recadación ten fins solidarios.

En canto aos recursos materiais e humanos, ademais dos establecidos como dotación orzamentaria pola consellería, no centro prímase a colaboración e participación en diferentes iniciativas, moitas das cales ademais da repercusión formativa e pedagóxica teñen unha achega de recursos tanto materiais coma económicos que permiten que o centro conte cun equipamento e material tecnolóxico de primeira orde que facilita a visibilidade do proxecto que se presenta e das diferentes actuacións en todas as etapas (encerados dixitais interactivos, tabletas, computadoras, elementos audiovisuais - Croma-); e que ademais supón que o inves- timento das familias no proceso educativo dos seus fillos e fillas sexa moi reducido e que o centro poida comprometerse con diferentes iniciativas solidarias porque pode asumilas dende un punto de vista orzamentario. Aquí destacamos o convenio de colaboración asinado con Ayuda en Acción.

Documentos relacionados