• Nenhum resultado encontrado

DATOS QUE VINCULAN OS TITULARES COS GRUPOS DE CLIENTES RELACIONADOS

DATOS DAS OPERACIÓNS NON DECLARADAS INDIVIDUALMENTE

PARTE 4 DATOS QUE VINCULAN OS TITULARES COS GRUPOS DE CLIENTES RELACIONADOS

Código do titular Código que identifica o titular que pertence a un grupo de clientes relacionados.

Código do grupo de

clientes relacionados Código que identifica a persoa que a entidade declarante considere como cabeceira do grupo de clientes relacionados, sempre que non se declarase como “Código do grupo económico”.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Suplemento en lingua galega ao núm. 130

Venres 31 de maio de 2013

Sec. I. Páx. 58

A.2 SOLICITUDE DE CÓDIGO DE IDENTIFICACIÓN DE PERSOAS NON RESIDENTES EN

ESPAÑA

Motivo polo cal se solicita un código para a persoa

Motivo polo cal se solicita un código de identificación para a persoa:

- Emisores de valores cotizados que sexan titulares de riscos declarables á CIR

- Emisores de valores cotizados que non sexan titulares de riscos declarables á CIR

- Accionistas da entidade declarante

- Titulares de riscos indirectos con datos non facilmente accesibles

- Titulares de riscos diferentes dos anteriores e resto das persoas declarables

A asignación dos valores anteriores realizarase utilizando os seguintes criterios:

- Emisores de valores cotizados que sexan titulares de riscos declarables á CIR: cando se solicite un código para declarar á CIR un titular que emitise valores representativos de débeda ou instrumentos de patrimonio cotizados, aínda que estes non sexan propiedade da entidade.

- Emisores de valores cotizados que non sexan titulares de riscos declarables á CIR: cando se solicite un código exclusivamente para enviar información dos emisores de instrumentos de patrimonio, ou de valores representativos de débeda que non sexan propiedade da entidade, como son os adquiridos temporalmente. - Accionistas da entidade declarante: cando se solicite un código exclusivamente

para declarar unha persoa na base de datos de accionistas da entidade declarante.

- Titulares de riscos indirectos con datos non facilmente accesibles: titulares de risco indirecto por compromiso de sinatura en efectos financeiros ou comerciais con que a entidade non tivese relación directa e os seus datos non sexan facilmente accesibles.

- Titulares de riscos diferentes dos anteriores e resto das persoas declarables: persoas non incluídas nalgún dos casos anteriores.

Os datos mínimos obrigatorios que incluír neste módulo, ademais da “Natureza da persoa”, “Nome” e “País de residencia”, son:

- Para os emisores de valores cotizados que sexan titulares de riscos declarables á

CIR, “Sector”, “Domicilio”, “Forma social” e “Código ISIN”.

- Para os emisores de valores cotizados que non sexan titulares de riscos declarables á CIR, “Sector”, “Forma social” e “Código ISIN”.

- Para os accionistas da entidade declarante, “Forma social”.

- Para os titulares de riscos indirectos con datos non facilmente accesibles, “Sector”.

- Para os titulares de riscos diferentes dos anteriores e resto das persoas declarables, “Sector”, “Domicilio” e “Forma social”.

Cando os titulares sexan persoas físicas, ademais dos datos anteriores serán obrigatorios os seguintes: “Data de nacemento”, “País de nacemento”, “Sexo” e “Código NIE ou NIF” ou “Número de pasaporte ou de identidade válido no país de orixe da persoa”, salvo que se trate de accionistas da entidade declarante ou titulares de risco indirecto con datos non facilmente accesibles.

En todo caso, forneceranse cantos datos de identificación dispoña a entidade independentemente da súa obrigatoriedade.

Cando concorran varios motivos para solicitar o código, indicarase o que supoña a obrigación de facilitar máis datos.

Natureza da persoa Indica se se trata de:

- Persoa física

- Persoa xurídica ou entidade sen personalidade xurídica

Nome Mesma definición que no dato de igual nome do módulo A.1, Datos que identifican as persoas.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Suplemento en lingua galega ao núm. 130

Venres 31 de maio de 2013

Sec. I. Páx. 59

Sector Mesma definición e valores que na dimensión de igual nome do módulo A.1, Datos que identifican as persoas.

As entidades declarantes deben declarar esta dimensión. Non obstante, a CIR comunicaralles, xunto co código de identificación asignado á persoa, o sector en que a terán que declarar no módulo A.1.

Se a entidade considera que o sector asignado pola CIR non é o adecuado, deberá escribir á CIR e xuntar a documentación necesaria para xustificar a inclusión noutro sector.

Domicilio Mesma definición que no dato de igual nome do módulo A.1, Datos que identifican as persoas.

País de residencia Código ISO alfabético do país de residencia da persoa.

Código NIE ou NIF Número de identificación de estranxeiro (NIE) ou número de identificación fiscal (NIF) que, se for o caso, teña asignado en España.

Código de identificación

fiscal ou asimilado Código de identificación fiscal ou outro código que lle asignase a cámara de comercio ou outro organismo que se encargue desa función no seu país de residencia.

DATOS ADICIONAIS PARA AS PERSOAS FÍSICAS

Data de nacemento Mesma definición que no dato de igual nome do módulo A.1, Datos que identifican as persoas.

País de nacemento Mesma definición que na dimensión de igual nome do módulo A.1, Datos que identifican as persoas.

Sexo Mesma definición que na dimensión de igual nome do módulo A.1, Datos que identifican as persoas.

Número de pasaporte ou de identidade válido no país de orixe da persoa

Cando a persoa física non teña asignado un NIE ou NIF en España, número de pasaporte ou doutro documento de identidade válido no seu país de orixe ou residencia.

Código asignado polo

Banco de España Código asignado polo Banco de España ao titular se foi declarado previamente pola entidade con outro país de residencia.

DATOS ADICIONAIS PARA AS EMPRESAS