• Nenhum resultado encontrado

DIAGRAMA DO PROCESO PARA OBTENCIÓN DE FARIÑA E ACEITE

• O primeiro paso é a trituración, para homoxeneizar o tamaño dos residuos. • O seguinte paso é unha cocción dos residuos con vapor.

Optimización enerxética no sector conserveiro en Galicia 145

Instalación para a cocción de residuos

A continuación ten lugar o prensado, que se fai cunha achega de vapor a maiores. É neste proceso onde se separa unha fase líquida composta por auga, graxas e algúns sólidos en suspensión dunha tórta sólida.

Posteriormente, a fase sólida pasa por un proceso de secado e moenda, para garantir o tamaño de grao da fariña de peixe. Despois é ensacado ou vendido a granel.

Optimización enerxética no sector conserveiro en Galicia 146

A fase líquida é sometida a centrifugación para separar a fase acuosa da oleosa. A fase acuosa é evaporada, e os residuos secos son agregados á fariña. A fase oleosa é o aceite de peixe, produto que é vendido a outras empresas.

Hoxe en día empézase a pensar en obter produtos de maior valor engadido que a fariña de peixe. Así, por exemplo, pódense separar por extracción unha gran cantidade de subprodutos orgánicos utilizables industrialmente. Mediante extracción con CO2 supercrítico e unha posterior estabilización pódense obter lípidos, para o seu uso en cosmética, industria farmacéutica ou alimentación. Da pel, vísceras ou proteínas pódense obter hidrolizados de proteína. As cunchas dos moluscos tamén poden ser recuperadas, principalmente coma fonte de carbonato cálcico, para diversos usos. Mesmo se poden usar as peles para distintas aplicacións: segundo a especie pódense empregar en moi distintos campos, que van dende a peletaría ata os abrasivos.

Unha aplicación que xa comeza a ser habitual nas empresas de maior tamaño polos seus bos resultados é a elaboración de conservas para animais domésticos, especialmente para cans e gatos.

Estes procesos de recuperación producen produtos de maior valor engadido que a fariña, pero para a súa elaboración faise necesario reestruturar a xestión dos residuos xa que neste momento practicamente non hai factorías que os clasifiquen adecuadamente. Se os residuos son, pola contra, clasificados segundo a súa tipoloxía (pel, espiñas, carne, vísceras...) é posible obter produtos específicos que resultan máis valiosos. Sen acadar un grao de separación tan alto pódese obter outro tipo de produtos que tamén teñen un gran interese comercial, coma xelatinas, fertilizantes e colas.

Nestes momentos en Galicia non se realiza a produción destes derivados do peixe, porque precisan dunha estrutura tecnolóxica e económica máis desenvolvida, con capacidade de produción e unha demanda estable que absorba todos eses produtos. Ademais, require a modernización do sector pesqueiro-conserveiro, para adaptalo a unha economía de maior nivel.

Optimización enerxética no sector conserveiro en Galicia 147

10.2.Alternativas

enerxØticas

para

os

subprodutos

da

industria

conserveira

Os residuos de peixe non teñen un poder calorífico moi elevado e poden transformarse en produtos de moito máis valor, polo que en xeral non resulta interesante a súa valorización enerxética.

Un dos usos posibles sería a transformación do aceite en biodiésel mediante unha reacción de transesterificación. Isto non resulta rendible polo prezo do aceite de peixe e a mala calidade do biodiésel obtido, xa que o seu alto grao de insaturación pode dar lugar a moitos depósitos no motor, emitir produtos perigosos e deteriorarse facilmente en pouco tempo, polo que non se recomenda o seu emprego en motores de automóbiles sen modificar. Dado que o combustible de automoción ten maior valor no mercado que o combustible de caldeiras, debería promoverse a investigación neste eido.

A produción de biogás é unha alternativa que si podería resultar posible nun futuro próximo en plantas de gran tamaño. Como xa se indicou, os restos de peixe dan produtos moi valiosos como para usalos na obtención de enerxía. Para esta utilización poderían usarse os restos que se tratan na depuradora. Así, nun dixestor anaerobio descomporíase a materia orgánica, para producir metano, que pode ser aproveitado enerxeticamente mediante combustión. Só unha das conserveiras máis grandes de Galicia realiza este aproveitamento na actualidade.

11

Optimización enerxética no sector conserveiro en Galicia 151

11.- C O N C LU SIÓN S

11.1. Resultadosdasauditorías

A industria de fabricación de conservas de peixe e marisco é un piar básico da economía galega polas súas ligazóns cos sectores primarios. Ademais, é un sector que leva un longo período de tempo nun proceso de concentración de cara a mellorar a súa competitividade.

Como xa se indicou en apartados anteriores, o presente estudo sectorial centrouse en coñecer os perfís de consumo enerxético co fin de establecer as ratios máis significativas do uso da enerxía e posibilitar así a súa comparación con instalacións ou usos similares.

O punto de partida deste estudo foi a elaboración de auditorías enerxéticas en 12 instalacións e a recompilación dos datos precisos doutras 12 empresas. O conxunto da mostra suma o 76 % da produción galega e inclúe pequenas e grandes empresas para ampliar a súa representatividade. As melloras recomendadas, sempre baixo o punto de vista dun mellor uso da enerxía sen diminuír o nivel de prestacións, poden ser aplicables a calquera industria conserveira.

Neste sector, a enerxía representa unha pequena porcentaxe nos custos totais dos produtos (da orde do 2 %), destacando o consumo de fuel óleo (70 % da enerxía demandada), seguido da enerxía eléctrica (19 %) e o gas natural (5 %). No seguinte gráfico, amósase a distribución dos consumos enerxéticos das empresas auditadas, en función dos diferentes produtos enerxéticos que empregan para realizar a súa actividade.

Optimización enerxética no sector conserveiro en Galicia 152

Estes produtos enerxéticos poden clasificarse en función da súa utilización final en consumo eléctrico, térmico e enerxía para o transporte. No seguinte cadro recóllense as ratios de consumo medio por tonelada de produto nos principais procesos consumidores de enerxía.

Documentos relacionados