• Nenhum resultado encontrado

 Libro Verde da Reforma da Política Pesqueira

Obxectivo 3: Desenvolvemento territorial equilibrado

D. Estrutura xeral

Os instrumentos da futura PAC deberían seguir estructurados en dous piares, de acordo coa opinión expresada maioritariamente polos participantes no debate público e claramente avalada polo Consello, o Parlamento Europeo e o Comité das Rexións. O primeiro piar incluiría a axuda pagada a todos os agricultores anualmente, mentres que o segundo piar seguiría sendo o instrumento de axuda para obxectivos comunitarios, dando aos Estados membros a suficiente flexibilidade para adaptalo ás súas especificidades, sobre unha base plurianual, programada e contractual. A separación entre ambos os dous piares debería ser clara e estes complementarse mutuamente, evitando posibles solapamentos, e centrarse no obxectivo de eficiencia.

Asimesmo, merecen considerarse en detalle tres opcións políticas amplas, que reflicten as orientacións principais do debate sen excluirse mutuamente. Indican os posibles camiños a seguir, os efectos dos cales se analizarán antes de adoptar as decisións definitivas. As tres opcións están baseadas nunha estrutura de dous piares (se ben cun equilibrio diferente entre os piares).

Esta opción introduciría novos cambios graduais do marco político actual. Apoiaríase nos elementos da política que demostraron a súa eficacia e centraríase na realización de adaptacións e de melloras no ámbito da PAC máis suxeito ás críticas, é dicir, a cuestión da equidade na distribución dos pagamentos directos entre os Estados membros. Esta opción aseguraría a continuidade e a estabilidade da PAC actual, facilitando a planificación a longo prazo dos operadores de toda a cadea alimentaria.

Opción 2

Outra alternativa sería aproveitar esta oportunidade para levar a cabo a reforma e efectuar reaxustes importantes para mellorar a sostibilidade da PAC e o equilibrio entre os distintos obxectivos políticos, os agricultores e os Estados membros. Isto levaríase a cabo a través de medidas máis específicas, que tamén serían máis comprensibles para o cidadán da UE. Esta opción implicaría mellorar a eficacia do gasto e poñer a énfase no valor engadido da UE. Esta orientación respondería mellor aos retos económicos, ambientais e sociais e consolidaría significativamente a contribución da agricultura e das zonas rurais aos obxectivos de crecemento intelixente, sostible e inclusivo da UE.

Opción 3

Esta opción avoga por unha reforma máis ambiciosa da PAC moi centrada na consecución de obxectivos ambientais e de loita contra o cambio climático, abandonando gradualmente o apoio á renda e a maior parte das medidas de mercado. Un aumento considerable dos fondos destinados a cuestións ambientais ou relacionadas co cambio climático a través da política de desenvolvemento rural promovería estratexias rexionais destinadas a alcanzar os obxectivos da UE.

As distintas opcións teñen claras vantaxes e desvantaxes para alcanzar os obxectivos da nova PAC que figuran na presente Comunicación. Deberán avaliarse sobre a base dos seus efectos económicos, sociais e ambientais.

1.

Obxectivos da política agrícola e de desenvolvemento rural

1.0 Dentro dunha concepción moderna do mundo rural interprétase que o alto rendemento económico debe ir unido á utilización sostible dos recursos naturais e a niveis de residuos adecuados, de forma que se manteña a diversidade biolóxica, se conserven os ecosistemas e se evite a desertización das zonas rurais. Para afrontar estes retos, o Consello Europeo acordou que un dos obxectivos da política agrícola común e o seu

desenvolvemento futuro debería ser a contribución ao logro dun desenvolvemento sostible facendo maior fincapé no fomento de produtos saudables e de alta calidade, en métodos de produción respectuosos co medio, incluída a produción ecolóxica, nas materias primas renovables e na protección da biodiversidade (Decisión do Consello do 20 de febreiro de 2006 sobre as directrices estratéxicas comunitarias de

desenvolvemento rural, período de programación 2007-2013).

A práctica totalidade da Rede Natura de Galicia está inscrita en zonas rurais, as cales teñen retos concretos nos próximos anos en canto a parámetros de crecemento, emprego e sostibilidade. Actualmente estas zonas xa posúen potencial de desenvolvemento en novos sectores, oferta de actividades recreativas e turísticas, mostran un carácter atractivo como lugar para vivir e traballar, así como unha función de preservación dos recursos naturais e das paisaxes de grande valor que ostentan. Así mesmo, sería conveniente aproveitar as oportunidades que ofrecen as novas formulacións de desenvolvemento sostible, de Conservación, de novas tecnoloxías e innovacións xurdidas para adaptarse á evolución en cada un dos sectores potenciais dentro do mundo rural.

De feito, a Política de Desenvolvemento Rural (DR) europea, tamén coñecida como Segundo Piar da Política Agraria Común (PAC), establécese a través dun único fondo, coñecido como Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Este regula as posibles medidas de DR a levar a cabo durante o novo período de programación. As devanditas medidas agrúpanse en catro prioridades estratéxicas, coñecidas como eixes no Regulamento (CE) nº 1698/2005 e como directrices estratéxicas comunitarias na Decisión do Consello, 20 de febreiro de 2006 sobre as directrices comunitarias de desenvolvemento rural (período de programación 2007- 2013).

Polo anteriormente exposto, tanto os nomeados eixes e as directrices estratéxicas comunitarias, serán tidos en conta no presente Plan, para ser establecidos particularmente na Rede Natura 2000 de Galicia, como xa se comentou, inscrita nunha porcentaxe altísima no medio rural galego.

Así, a xeración de directrices e normas de DR articularase en torno a catro eixes (ámbitos fundamentais da política europea de DR). Estes son establecidos como os obxectivos principais no apartado que nos concirne, e estes son:

1. Aumento da competitividade do sector agrícola e forestal (Eixe 1). 2. Mellora do medio e do ámbito rural (Eixe 2).

3. Calidade de vida nas zonas rurais e diversificación da economía rural (Eixe 3). 4. O Leader (Eixe 4).

Nos seguintes apartados de directrices e normas reflectirase o papel multifuncional que desempeña o DR na riqueza e diversidade das paisaxes e do patrimonio cultural e natural de Galicia e como se interpreta que ese II Piar da PAC debería ser aplicado en toda a Rede Natura 2000.

2.

Directrices da política agrícola e de desenvolvemento rural

Documentos relacionados