• Nenhum resultado encontrado

 Código: MP3086.

 Duración: 179 horas.

4.9.1

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

 RA1. Elabora orzamentos identificando o custo dos materiais e dos recursos, así como da dificultade asociada ao proceso.

– CA1.1. Relacionáronse os elementos da obra coa documentación gráfica. – CA1.2. Empregáronse os medios de medición básicos.

– CA1.3. Tomáronse medidas da reforma que cumpra efectuar. – CA1.4. Recoñecéronse os materiais necesarios para a actuación. – CA1.5. Calculouse a cubicación aproximada de entullos.

– CA1.6. Estimouse a cantidade e o importe de material que se precisa. – CA1.7. Estimouse o tempo requirido na actuación.

– CA1.8. Sinaláronse as dificultades asociadas.

– CA1.9. Valorouse o custo da montaxe e a desmontaxe de medios auxiliares. – CA1.10. Valorouse o custo da desmontaxe de instalacións existentes.

– CA1.11. Realizouse a emisión de facturas de acordo co orzamento e xustificá- ronse as posibles desviacións, cumprindo os requisitos legais.

– CA1.12. Valoráronse os requisitos das especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

– CA1.13. Empregáronse aplicacións informáticas básicas na elaboración do or- zamento.

 RA2. Acondiciona lugares de faena da reforma, identificando as ferramentas, as condicións de agrupamento, os materiais e a disposición dos medios auxiliares. – CA2.1. Identificáronse as zonas de actuación.

– CA2.2. Identificáronse os lugares onde agrupar os materiais e onde facer ver- teduras.

– CA2.3. Limpouse a zona correspondente á faena. – CA2.4. Discrimináronse e separáronse os residuos. – CA2.5. Vertéronse controladamente os residuos.

– CA2.6. Comprobouse que os lugares de faena se axusten ás dimensións pre- vistas.

– CA2.7. Determinouse o alcance dos traballos que cumpra realizar. – CA2.8. Despexouse a área de traballo.

– CA2.9. Avaliáronse os riscos laborais e as medidas de prevención dos traba- llos.

– CA2.10. Aplicáronse as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

 RA3. Sanea paramentos tendo en conta relación da secuencia de operacións coa súa tipoloxía e aplicando as técnicas de execución correspondentes.

– CA3.1. Identificáronse as características dos principais defectos nos paramen- tos (humidades, fisuras, fendas, etc.).

– CA3.2. Preparouse o material correspondente para a actuación.

– CA3.3. Marcouse a zona e distribuíuse o material correspondente uniforme- mente.

– CA3.4. Montáronse os medios auxiliares necesarios cumprindo a normativa. – CA3.5. Respectáronse as instalacións das subministracións.

– CA3.6. Respectáronse as estruturas existentes.

– CA3.7. Regularizáronse as fábricas, os teitos ou os chans.

– CA3.8. Utilizáronse equipamentos básicos de medida e de nivelación. – CA3.9. Colocáronse grampas e vendas de agarre ou suxeición.

– CA3.10. Consultáronse as dúbidas sobre a resistencia dos materiais estruturais atopados.

– CA3.11. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambien- tais relacionadas.

– CA3.12. Responsabilizouse do traballo realizado. – CA3.13. Desmontáronse os medios auxiliares.

– CA3.14. Realizáronse as operacións de fin de xornada.

 RA4. Recoñece as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, identifican- do os requisitos derivados dos traballos de reforma.

– CA4.1. Caracterizouse o perfil de persoa emprendedora e describíronse os re- quisitos e as actitudes necesarias para os traballos de reforma.

– CA4.2. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da colaboración, da motivación e da formación no éxito nos traballos de reforma. – CA4.3. Recoñece os factores de risco inherentes á actividade emprendedora

relacionada cos traballos de reforma.

 RA5. Pinta paramentos tendo en conta a relación do tipo de soporte e o material que se empregue coas técnicas de execución.

– CA5.1. Montáronse os medios auxiliares necesarios cumprindo a normativa. – CA5.2. Comprobouse a idoneidade do soporte para a pintura ou imprimación. – CA5.3. Respectouse o tempo necesario para a consolidación do soporte. – CA5.4. Describíronse as preparacións previas do soporte.

– CA5.5. Identificáronse os tipos de imprimacións.

– CA5.6. Recoñecéronse os tipos de pinturas adecuados para a tipoloxía do so- porte.

– CA5.7. Comprobouse que os niveis de humidade e temperatura sexan os ade- cuados na zona de actuación.

– CA5.8. Tratáronse os elementos metálicos atopados.

– CA5.9. Respectáronse os tempos necesarios para diferentes secados.

– CA5.10. Aplicáronse as mans de pintura coa técnica adecuada ás característi- cas do soporte.

– CA5.11. Tratáronse os elementos de madeira á base de vernices.

– CA5.12. Aplicáronse as especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais requiridas.

– CA5.13. Utilizáronse os equipamentos de protección e prevención de riscos laborais.

– CA5.14. Comprobouse que os paramentos pintados presenten as característi- cas de cor especificadas.

– CA5.15. Desmontáronse os medios auxiliares.

– CA5.16. Realizáronse as operacións de fin de xornada.

4.9.2

Contidos básicos

BC1. Elaboración de orzamentos de pequenas obras de reforma

 Tipos de obras: características.

 Toma de medición: flexómetro, cinta métrica, nivel, etc.

 Estimación de cálculo de materiais e material residual.

 Cálculo básico de cubicaxe de entullos.

 Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables. Medios requiridos.

BC2. Acondicionamento de lugares de faena en reformas

 Tipos de máquinas, utensilios e accesorios utilizados.

 Funcionalidade de máquinas, utensilios e accesorios no proceso produtivo.

 Operacións de mantemento de primeiro nivel.

 Avarías tipo.

 Normas de seguridade.

 Prevención de riscos laborais.

 Técnicas e procedementos de corte dos materiais.

 Equipamentos de protección individual.

 Normas de prevención de riscos laborais aplicables.

BC3. Saneamento de paramentos

 Utilización de ferramentas de man: trollo, cicel, maceta, artesa, chumbada, etc.

 Técnicas e procedementos de utilización de equipamentos de medida e nivela- ción básicos.

 Patoloxías en superficies.

 Picado sobre paredes, chans e teitos.

 Corrección de defectos.

 Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

BC4. Iniciativa emprendedora nos traballos de reforma

 A persoa emprendedora nos traballos de reforma.

 Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación nos traballos de reforma.

 O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada cos traba- llos de reforma.

BC5. Pintura básica en obras de reforma

 Utilización de material básico de pintura: brochas, roletes, cubos, pértegas, espá- tulas, lixadoras, etc.

 Colocación de medios auxiliares: táboas con cabaletes, escada, taboleiros, etc.

 Técnicas básicas de preparación de paramentos. Utilización de masillas.

 Especificacións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

4.9.3

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación asociada á función de realización de pequenas reformas e rehabilitacións con incorporación de axudas en diferentes ofi- cios.

A definición desta función abrangue aspectos como: – Adecuación dos lugares de faena aos traballos. – Toma de medidas das magnitudes.

– Identificación dos equipamentos, os medios auxiliares e as ferramentas para a realización das construcións.

– Cumprimento da seguridade e da normativa municipal urbanística.

A formación do módulo relaciónase cos obxectivos xerais a), b), d), f) e g) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), b), d), f) e g). Ade- mais, relaciónase cos obxectivos t), u), v), w), x), y) e z), e coas competencias r), s), t), u), v), w) e x), que se incluirán neste módulo profesional de xeito coordinado co resto de módulos profesionais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar as competencias do módulo han versar sobre:

– Elaboración de orzamentos.

– Saneamento de paramentos, teitos, chans e revestimentos

– Desmontaxe de elementos de fontanaría, saneamento e electricidade.

– Preparación de fábricas afectadas pola humidade e polos movementos estrutu- rais.

– Apertura de rozas para canalizacións. – Mantemento de usuario/a.