• Nenhum resultado encontrado

I.B (Produto Interior Bruto): é o valor a prezo de mercado, de todas as actividades produtivas, bens

SOLUCIÓNS ÁS ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN

P. I.B (Produto Interior Bruto): é o valor a prezo de mercado, de todas as actividades produtivas, bens

e servizos realizadas dentro dos límites territoriais do país, sen ter en conta a nacionalidade do beneficio das rendas orixinadas, é dicir, que as rendas das empresas estranxeiras situadas en España tamén contan.

Balanza de pagos: é un documento que rexistra todas as operacións económicas dun país co resto do

da súa diferenza xorde un saldo positivo ou negativo. A balanza de pagos componse da balanza por conta corrente e a balanza por conta do capital.

-A balanza por conta corrente inclúe a balanza comercial (exportacións e importacións), a balanza de servizos (pagos e ingresos por servizos) e a balanza de transferencias.

- A balanza por conta de capital inclúe os investimentos do país no exterior e os realizados por outro países.

Ecoturismo: é o turismo que valora principalmente as condicións naturais e o respecto ao medio

ambiente. Ex.: visitas aos parques naturais.

Economía sumerxida: É a actividade económica exercida fora da regulación das leis, coa que se evitan

as obrigas fiscais pero tamén os controles de seguridade no traballo. Non hai datos exactos polo seu carácter ilegal. Pero sábese que cando o paro laboral é moi alto, moitas persoas teñen que aceptar traballos estacionais, e marxinais. Os grupos máis afectados son: mulleres, xoves e inmigrantes. Non declaran á facenda os ingresos obtidos, pero, pola contra, non contan con ningunha seguridade nin dereitos laborais. Hai determinadas formas de traballo a obra feita características: traballos a domicilio, costureiras, etc...

2. Enumera…

O sector terciario aumenta dende 1960.

A.- Causas: - Aumento do nivel de vida → posibilita maior consumo.

- A industria demanda servizos, especialmente a industria que utiliza novas tecnoloxías. - Auxe do turismo → hostalaría, comercio, transporte,...

- Servizos públicos → as administracións contribúen ao estado de benestar: educación, sanidade, etc...

- Incorporación das mulleres ao traballo → fanno neste sector e á vez, estimulan outros servizos, como garderías.

B.- O aumento do sector terciario vai unido á diminución do sector primario e secundario, como xa viches. Tamén o número de traballadores e traballadoras é maior neste sector. Ex.: 1970–33% total poboación activa dedicada aos servizos, e en 1994 a porcentaxe pasou a ser un 60%.

Para o ano 2000 podes consultar os mapas sobre poboación activa ocupada no sector terciario e a participación do sector terciario no P.I.B. da páxina 249 do libro de texto.

3. Explica…

As conexións ferroviarias con Europa vénse obstaculizadas polos Pirineos e polo ancho da vía española, que é maior que no resto de Europa. Este ancho adoptouse a mediados do século XIX para incrementar a estabilidade das locomotoras, a causa das dificultades do relevo. Pero na rede de alta velocidade, a Unión Europea pretende usar o ancho de vía europea en España. O proxecto deberá estar rematado no ano 2010, e supón para España o achegamento ás principais cidades europeas.

-

Dorsal que unirá Madrid con Francia a través de Zaragoza, Lérida e Barcelona. (AVE → estendida cara a Valencia).

-

Liña dende Madrid- Valladolid e País Vasco.

4. Especifica…

A actual rede de estradas en Galicia organízase en torno a tres eixes: a. Eixe Norte: A Coruña- Ferrol (Golfo Ártabro)- Lugo, Nacional VI.

b. Eixe Sur: Nacional 525, desdobrada pola autovía das Rías Baixas (1998). Comunica Vigo con Ourense.

c. Eixe Atlántico: Máis coherente. Comunica cinco das sete grandes cidades de Galicia, agás Lugo e Ourense. Vertébrase ao longo da autoestrada do Atlántico, que enlaza A Coruña e Vigo. Podemos engadir a construción actual do tramo de autoestrada Santiago de Compostela- Ourense.

5. Esboza…

O turismo rural nace a raíz de programas de apoio ao desenvolvemento rural. Inclúen aloxamento privado e unha oferta diversa de actividades de lecer relacionadas coa natureza. O turismo rural adquiriu grande importancia na última década. É unha posibilidade que ten o campo para evitar o seu despoboamento futuro. Axuda ao desenvolvemento endóxeno de certas áreas rurais do interior (Ribeiras do Sil, Serras Orientais,...) porque conserva a arquitectura tradicional popular, trata de recuperar a artesanía e as tradicións locais e serve de complemento as labores agrícolas, por tanto, aumenta os beneficios das familias campesiñas.

Tamén diversifica a economía desas zonas. Ex.: entre 1993 e 1999 o número de establecementos pasou de 41 a 213, acompañados por unha mellora das infraestruturas e servizos. Por tanto se perfila como unha das modalidades alternativas do turismo tradicional.

UNIDADE 8

1.-Define brevemente:

Poboación de dereito: é a suma dos residentes presentes e ausentes no momento de facer o censo. Poboación de feito: é a suma dos residentes presentes e os transeúntes

Malthusianismo: ao nome provén de Thomas Robert Malthus, economista e pastor anglicano que en

1798, publicou o Ensaio sobre o principio da poboación, obra cumio da que xorde unha corrente ideolóxica que propón a redución voluntaria da natalidade: nela, o autor, afirmaba que mentres a poboación aumenta en progresión xeométrica (2-4-8-16), os recursos ou produción alimenticia aumenta en progresión aritmética (2-4-6-8),, polo que é necesario controlar a natalidade por medio da contención e o atraso da idade do emparellamento. Na actualidade o neomalthusianismo é partidario do control voluntario da natalidade, utilizando os métodos modernos.

Taxa de mortaldade infantil: é a taxa que mide o número de fillos e fillas falecidos antes de cumprir un

ano por cada mil, en relación co total dos nacidos vivos (tes a fórmula na páxina 288 do libro de texto). Esta taxa é moi interesante para poder calibrar o nivel de subdesenvolvemento ou desenvolvemento dun país, pois o PIB, ou a renda per cápita, que soen ser os datos que se dan, están moito máis sesgados que a TMI.

2.- Explica …A influencia relixiosa, sobre todo das tres grandes relixións, é moi grande, pois as tres

son pronatalistas, é dicir, fomentan a natalidade, tema moi debatido polas consecuencias que está a traer no mundo subdesenvolvido, altas taxas de mortalidade infantil, infanticidio…. No caso concreto da España da transición á democracia, a relixión católica deixa de influír na mesma medida que o fixo ata o ano 1975 ( morte do ditador e da ditadura), coa despenalización e difusión dos anticonceptivos ( sobre todo da píldora , o que proporcionou ás mulleres a capacidade de decisión sobre se querían ou non ter descendencia ou cando a querían ter); así mesmo a despenalización do aborto , aínda que só nalgúns supostos, a crecente incorporación das mulleres ao mundo laboral asalariado, a preeminencia das relacións de parella sobre as reprodutoras ou de coidado de fillos e fillas, e o xurdimento de formas familiares diferentes do matrimonio e menos prolíficas (admitidas pola ONU ata 13 tipos de familia

no mundo: monoparentais, monomarentais, maternidade en solitario…). Un dato significativo na

diminución da natalidade é o mantemento, aínda na actualidade, de comportamentos sexistas no reparto das tarefas domésticas e no coidado da prole.

3.- Diferencia… As migracións interiores son os movementos de poboación que se producen dentro

das fronteiras dun país: en España poderemos diferenzar entre as tradicionais e as actuais:

Documentos relacionados