• Nenhum resultado encontrado

Réximes especiais da provincia da Coruña.

– Lagoa da Frouxeira (concello de Valdoviño).

Autorízase a pesca de especies de esteiro (robaliza, muxo, solla...) durante todo o ano.

– Río Ulla e afluentes.

No curso principal augas abaixo da presa de Portodemouros e no último quilómetro de todos os afluentes que verten neste tramo, a pesca rexerase polos réximes especiais da provincia de Pontevedra, agás o río Sar.

Réximes especiais da provincia de Lugo. – Río Cabe e afluentes.

Autorízase a pesca de ciprínidos ata o 1 de novembro desde a Presa do Cubano (con- cello de Monforte de Lemos) ata a Ponte Vella de Canaval (concellos de Sober e Pantón), nunha lonxitude aproximada de 7,8 km.

– Río Eo e afluentes.

Con motivo da Festa da Troita na Pontenova autorízase un concurso de pesca o día 1 de maio nos coutos de Vilarmide, Xinzo, Salmeán e A Pontenova (lotes 1, 2 e 3), así como no tramo libre da Pontenova. Neste tramo, só poderá pescar quen participe no concurso.

Védase a pesca do reo no couto de Vilarmide. – Río Masma.

No tramo comprendido entre o Pozo dos Cantos (concellos de Barreiros e Foz) e a ponte da Espiñeira prorrógase ata o 30 de setembro a pesca de robaliza, muxe e solla con xorra (Nereis sp.), pulga de mar ou miolo de pan.

– Río Miño.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano no tramo comprendido entre a Pre- sa do Rei Chiquito (concello de Lugo) e Acea do Vilar (concello de Lugo), nunha lonxitude aproximada de 5 km.

Nos caneiros autorizados nos concellos do Páramo, Portomarín, Guntín e Paradela, os períodos hábiles serán os que estableza a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural.

– Río Neira e afluentes.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano entre ponte de Neira, límite inferior do couto da Pobra, (concellos do Corgo e O Páramo) e a desembocadura no río Miño, nunha lonxitude aproximada de 4 km.

-Río Ulla.

Tramo de pesca sen morte: desde Ponte Pedriña (límite superior do couto de Monte- rroso) ata Presa do Alemán (concellos de Antas de Ulla e Monterroso), nunha lonxitude aproximada de 1,6 km. A partir do 15 de agosto expediranse diariamente catro permisos de pesca sen morte.

Réximes especiais da provincia de Ourense.

– Río Arenteiro.

Á altura das plataformas existentes no tramo de pesca intensiva do couto do Carballiño, resérvanse 150 m para uso exclusivo por persoas con mobilidade reducida.

No tramo 1 do couto do Carballiño, a tempada de pesca finalizará o 30 de xuño.

– Río Arnoia.

No primeiro tramo do couto dos Medos, comprendido entre a ponte de Parada á Igrexa e a ponte da estrada Maceda-Vilar de Barrio, prohíbese o uso de engado natural durante toda a tempada hábil. No resto do couto, prohíbese a pesca de calquera especie utilizando como engado o asticot.

No couto de Celanova inclúense nas xornadas inhábiles os venres, agás festivos nacio- nais ou autonómicos. Neste mesmo couto prohíbese a pesca de calquera especie utilizan- do como engado o asticot.

Autorízase durante todo o ano a pesca de ciprínidos no tramo comprendido entre A Presa de Acearrica (concello de Allariz) e A Presa do Buraco (concello de Allariz), nunha lonxitude aproximada de 0,7 km.

– Río Limia.

No couto de Ponteliñares prohíbese a pesca de calquera especie utilizando como en- gado o asticot.

– Río Mao.

No tramo de pesca sen morte do couto de Montederramo, a tempada de pesca finalizará o 31 de xullo.

No encoro de Leboreiro (couto de Montederramo) permítese o uso de dúas canas ao parado.

– Río Miño.

Permítese a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra desde a beira do río du- rante todo o ano no tramo comprendido entre o viaduto do ferrocarril (concello de Ourense) e a Ponte do Ribeiriño ou Ponte Novísima (concello de Ourense), nunha lonxitude aproxi- mada de 1,2 km.

– Río Sil.

Autorízase a pesca de criprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano no tramo comprendido entre a ponte de San Fernando (concello do Barco de Valdeorras) e a depuradora (concello do Barco de Valdeorras), nunha lonxitude aproximada de 2,5 km.

– Río Viñao.

No couto de Boborás prohíbese o uso do asticot como engado para todas as especies. Réximes especiais da provincia de Pontevedra.

– Río Louro.

No couto do Porriño-Mos inclúense nas xornadas inhábiles os martes e venres, agás festivos nacionais ou autonómicos.

– Río Pontiñas ou de Cabirtas (afluente do Deza).

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano no tramo comprendido entre a par- te superior da lagoa do Auditorio (límite superior) e a ponte da Devesa (límite inferior), no concello de Lalín.

– Río Vea.

No couto de Souto de Vea inclúense nas xornadas inhábiles os martes e venres, agás festivos nacionais ou autonómicos.

– Río Ulla.

No tramo desde a ponte de Catoira ata a ponte da estrada N-550 en Pontecesures, nunha lonxitude aproximada de 10 km, poderase pescar desde embarcacións ou artefactos aboiantes.

Do 1 de maio ao 15 de agosto poderase utilizar xorra no tramo comprendido entre a ponte de Catoira e a ponte da estrada N-550 en Pontecesures para a pesca de especies propias de esteiros (robaliza, muxe, solla, etc.).

– Río Oitavén.

Autorízase a pesca desde embarcacións sen motor, no encoro das Eiras. – Río Verdugo.

Aprázase o inicio da tempada ata a data de celebración da Festa Municipal da Troita no tramo de pesca sen morte do couto de Ponte Caldelas. Con motivo desta festa autorízase a celebración dun concurso de pesca neste tramo, coas normas que estableza a entidade organizadora, logo de aprobación do servizo do departamento territorial.

ANEXO XIII

Horario de pesca do reo para todos os ríos de Galicia

Apertura Peche Do 1 ao 15 de maio 6.06 22.53 Do 16 ao 31 de maio 5.53 23.08 Do 1 ao 15 de xuño 5.49 23.17 Do 16 ao 30 de xuño 5.53 23.20 Do 1 ao 15 de xullo 5.54 23.20 Do 16 ao 31 de xullo 6.03 23.14 Do 1 ao 15 de agosto 6.19 22.58 Do 16 ao 31 de agosto 6.34 22.40 Do 1 ao 15 setembro 6.51 22.12 Do 16 ao 30 setembro 7.06 21.47 CVE-DOG: uj4h23d8-1k04-e9u0-2ry0-3rzpmrzsl321

ANEXO XIV

Normativa que afecta os coutos compartidos co Principado de Asturias no Río Eo ● Salmón.

1. Períodos hábiles.

Do 18 de marzo de 2012 ao 31 de xullo de 2012. Couto de San Tirso, lote 1 (Piago Maior): vedado.

2. Dimensións mínimas e cotas de captura.

a) Dimensións mínimas: 45 cm

b) Cota de captura por persoa e xornada: un exemplar.

3. Engados.

– Desde a apertura ata o 31 de marzo, permítese a mosca artificial, a culleiriña e o devón.

– Desde o 1 de abril ata o 14 de xuño, permítense todos os engados autorizados.

– Desde o 15 de xuño ata o 15 de xullo permítense todos os engados autorizados agás a culleiriña e o devón.

– Desde o 16 de xullo ata o 31 de xullo só se permite a mosca artificial.

Nos coutos da Pontenova lote 5 (Pedrido) e San Tirso lote 2 (Estreitos), a partir do 1 de maio só poderá empregarse a mosca artificial.

Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de di- mensións maiores ou iguais que as que se sinalan no anexo I desta orde.

A culleriña de tamaño menor ou igual a 7 cm poderá empregarse para a captura doutras especies nos coutos de salmón de conformidade co disposto nos artigos 2 e 3 desta orde.

4. Prescricións especiais para as capturas de salmón.

As capturas accidentais fóra da tempada hábil e de exemplares de menos de 45 cm en calquera época, terán que ser devoltas á auga con rapidez, mantendo o peixe na auga mentre se libera do engado poidéndose valer dunha sacadeira, nunca deberá ser suspen- dido verticalmente suxeitándoo polo rabo, e, de ser preciso, procederase a cortar a sedela para liberar o peixe.

En todos os salmóns capturados comprobarase a existencia de micromarcas magnéti- cas na cartilaxe nasal no momento de seren precintados e guiados.

Dado que os salmóns micromarcados proceden das repoboacións efectuadas pola Ad- ministración galega ou por outras administracións españolas ou estranxeiras, débense re- cuperar as micromarcas mediante a extracción dun fragmento da cartilaxe nasal no que se atope a citada micromarca magnética. Nestes casos, deberase prestar a colaboración necesaria e permitir a permanencia do salmón no centro de precintaxe o tempo necesario para a recuperación da micromarca magnética, propiedade da Administración autora da repoboación.

● Reo.

1. Períodos hábiles.

Iguais períodos hábiles e réximes de pesca que no caso do salmón, rematando en todos os casos a tempada o 15 de agosto.

2. Dimensións mínimas e cotas de captura.

a) 25 cm.

b) Cota de captura por persoa e xornada: 8 exemplares indistintamente troita ou reo.

3. Engados.

a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña e risco. Do 1 de xuño ata o fin da tempada só poderán ter un anzol simple, e para a pesca con culleriña aplicaranse as mesmas normas que no caso do salmón. Nos coutos da Pontenova lote 5 (Pedrido) e San Tirso lote 2 (Estreitos), a partir do 1 de maio só poderá empregarse a mosca artificial.

b) Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de di- mensións maiores ou iguais que as se sinalan no anexo I desta orde.

● Troita.

1. Períodos hábiles.

Iguais períodos hábiles e réximes de pesca que no caso do salmón, rematando en todos os casos a tempada o 15 de agosto.

2. Dimensións mínimas e cotas de captura. a) 25 cm.

b) Cota de captura por persoa e xornada: 8 exemplares indistintamente troita ou reo. 3. Engados.

a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais e se- mellantes. Do 1 de xuño ata o fin da tempada só poderán ter un anzol simple, e para a pesca con culleriña aplicaranse as mesmas normas que no caso do salmón. Nos coutos da Pontenova lote 5 (Pedrido) e San Tirso lote 2 (Estreitos), a partir do 1 de maio só poderá empregarse a mosca artificial.

b) Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de di- mensións maiores ou iguais que as se sinalan no anexo I desta orde.

Especies vedadas.

Ciprínidos e perca negra; sábalo (Alosa alosa); saboga (Alosa fallax); anguía (Anguilla

anguilla); lamprea (Petromyzan marinus); cangrexo de río (Austropotamobius pallipes pal- lipes), reñosa (Rutilus arcasii), espiñento (Gasterosteus aculeatus).

Xornadas hábiles.

Con carácter xeral, decláranse os xoves como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais.

Documentos relacionados