neto I. Por valorac
GRUPO 6 COMPRAS E GASTOS
61. VARIACIÓN DE EXISTENCIAS
610. Variación de existencias de mercadorías 611. Variación de existencias de materias primas 612. Variación de existencias doutros aprovisiona-
mentos
610/611/612. Variación de existencias de...
Contas destinadas a rexistrar, ao peche de exercicio, as variacións entre as existencias finais e as iniciais, correspondentes aos subgrupos 30, 31 e 32 (mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos).
O seu movemento é o seguinte:
Cargaranse polo importe das existencias iniciais e aboaranse polo das existencias finais, con aboamento e cargo, respectivamente, a contas dos subgrupos 30, 31 e 32. O saldo que resulte nestas contas cargarase ou aboarase, segundo os casos, á conta 129.
62. SERVIZOS EXTERIORES
620. Gastos en investigación e desenvolvemento
do exercicio
621. Arrendamentos e canons 622. Reparacións e conservación
624. Transportes
625. Primas de seguros
626. Servizos bancarios e similares
627. Publicidade, propaganda e relacións públicas 628. Subministracións
629. Outros servizos
Servizos de natureza diversa adquiridos pola empresa, non incluídos no subgrupo 60 ou que non formen parte do prezo de adquisición do inmobilizado ou dos investi- mentos financeiros a curto prazo.
Os cargos nas contas 620/629 faranse normalmente con aboamento á conta 410, a contas do subgrupo 57, a provisións do subgrupo 14 ou da conta 529 ou, de ser o caso, á conta 475.
620. Gastos en investigación e desenvolvemento do
exercicio
Gastos de investigación e desenvolvemento por servi- zos encargados a outras empresas.
621. Arrendamentos e canons
Arrendamentos
Os devengados polo alugamento ou arrendamento operativo de bens mobles e inmobles en uso ou á dispo- sición da empresa.
Canons
Cantidades fixas ou variables que se satisfán polo dereito ao uso ou á concesión de uso das distintas mani- festacións da propiedade industrial.
622. Reparacións e conservación
Os de sostemento dos bens comprendidos no grupo 2. 623. Servizos de profesionais independentes
Importe que se satisfai aos profesionais polos servizos prestados á empresa. Comprende os honorarios de eco- nomistas, avogados, auditores, notarios, etc., así como as comisións de axentes mediadores independentes.
624. Transportes
Transportes a cargo da empresa realizados por tercei- ros, cando non proceda incluílos no prezo de adquisición do inmobilizado ou das existencias. Nesta conta rexistra- ranse, entre outros, os transportes de vendas.
625. Primas de seguros
Cantidades satisfeitas en concepto de primas de segu- ros, agás as que se refiren ao persoal da empresa e as de natureza financeira.
626. Servizos bancarios e similares
Cantidades satisfeitas en concepto de servizos banca- rios e similares que non teñan a consideración de gastos financeiros.
627. Publicidade, propaganda e relacións públicas Importe dos gastos satisfeitos polos conceptos que indica a denominación desta conta.
628. Subministracións
Electricidade e calquera outro abastecemento que non tiver a calidade de almacenable.
629. Outros servizos
Os non comprendidos nas contas anteriores.
Nesta conta contabilizaranse, entre outros, os gastos de viaxe do persoal da empresa, incluídos os de trans- porte, e os gastos de oficina non incluídos noutras con- tas.
63. TRIBUTOS
630. Imposto sobre beneficios
6300. Imposto corrente
6301. Imposto diferido
631. Outros tributos
633. Axustes negativos na imposición sobre benefi- cios
634. Axustes negativos na imposición indirecta 6341. Axustes negativos en IVE de activo
corrente
6342. Axustes negativos en IVE de investi- mentos
636. Devolución de impostos
638. Axustes positivos na imposición sobre benefi- cios
639. Axustes positivos na imposición indirecta 6391. Axustes positivos en IVE de activo
corrente
6392. Axustes positivos en IVE de investi- mentos
630. Imposto sobre beneficios
Importe do imposto sobre beneficios devengados no exercicio, salvo o orixinado con motivo dunha transac- ción ou suceso que se recoñecese directamente nunha partida do patrimonio neto, ou a causa dunha combina- ción de negocios.
Con carácter xeral, o contido e movemento das contas citadas de catro cifras é o seguinte:
6300. Imposto corrente a) Cargarase:
a1) Pola cota a ingresar, con aboamento á conta 4752.
a2) Polas retencións soportadas e os ingresos á conta
do imposto realizados, ata o importe da cota líquida do período, con aboamento á conta 473.
b) Aboarase, pola cota de exercicios anteriores que recupera a empresa como consecuencia das liquidacións fiscais do imposto ou impostos sobre o beneficio, con cargo á conta 4709.
c) Aboarase ou cargarase, con cargo ou aboamento á conta 129.
6301. Imposto diferido a) Cargarase:
a1) Polo importe dos pasivos por diferenzas tempo-
rarias impoñibles orixinados no exercicio, con aboamento á conta 479.
a2) Pola aplicación dos activos por diferenzas tempo-
rarias deducibles de exercicios anteriores, con aboamento á conta 4740.
a3) Pola aplicación do crédito impositivo como con-
secuencia da compensación no exercicio de bases impo- ñibles negativas de exercicios anteriores, con aboamento á conta 4745.
a4) Polo importe do efecto impositivo das diferenzas
permanentes a imputar en varios exercicios, con aboa- mento á conta 834.
a5) Polo importe do efecto impositivo correspon-
dente ás deducións e bonificacións a imputar en varios exercicios, con aboamento á conta 835.
a6) Pola aplicación fiscal das deducións ou bonifica-
cións de exercicios anteriores, con aboamento á conta 4742.
a7) Polo importe do efecto impositivo derivado da
transferencia a resultados de ingresos imputados directa- mente ao patrimonio neto que ocasionasen o correspon-
dente imposto corrente en exercicios previos, con aboa- mento á conta 8301.
b) Aboarase:
b1) Polo importe dos activos por diferenzas tempo-
rarias deducibles orixinados no exercicio, con cargo á conta 4740.
b2) Polo crédito impositivo xerado no exercicio como
consecuencia da existencia de base impoñible negativa a compensar, con cargo á conta 4745.
b3) Pola cancelación de pasivos por diferenzas tem-
porarias impoñibles de exercicios anteriores, con cargo á conta 479.
b4) Polas diferenzas permanentes periodificadas que
se imputan ao exercicio, con cargo á conta 836.
b5) Polas deducións e bonificacións periodificadas
que se imputan ao exercicio, con cargo á conta 837.
b6) Polos activos por deducións e outras vantaxes
fiscais non utilizadas, pendentes de aplicar fiscalmente, con cargo á conta 4742.
b7) Polo importe do efecto impositivo derivado da
transferencia a resultados de gastos imputados directa- mente ao patrimonio neto que ocasionasen o correspon- dente imposto corrente en exercicios previos, con cargo á conta 8301.
c) Aboarase ou cargarase, con cargo ou aboamento na conta 129.
631. Outros tributos
Importe dos tributos dos que a empresa é contribuínte e que non teñan asento específico noutras contas deste subgrupo ou na conta 477.
Exceptúanse igualmente os tributos que deban ser cargados noutras contas de acordo coas súas defini- cións, como sucede, entre outros, cos contabilizados nas contas 600/602 e no subgrupo 62.
Esta conta cargarase cando os tributos sexan exixi- bles, con aboamento a contas dos subgrupos 47 e 57. Igualmente, cargarase polo importe da provisión dotada no exercicio con aboamento ás contas 141 e 5291.
633. Axustes negativos na imposición sobre benefi-
cios
Diminución, coñecida no exercicio, dos activos por imposto diferido ou aumento, igualmente coñecido no exercicio, dos pasivos por imposto diferido, respecto dos activos e pasivos por imposto diferido anteriormente xerados, salvo que os devanditos saldos se orixinasen como consecuencia dunha transacción ou suceso que se recoñecese directamente nunha partida do patrimonio neto.
Cargarase:
a1) Polo menor importe do activo por diferenzas tem-
porarias deducibles, con aboamento á conta 4740.
a2) Polo menor importe do crédito impositivo por
perdas a compensar, con aboamento á conta 4745.
a3) Polo menor importe do activo por deducións e
bonificacións pendentes de aplicar, con aboamento á conta 4742.
a4) Polo maior importe do pasivo por diferenzas tem-
porarias impoñibles, con aboamento á conta 479. 634. Axustes negativos na imposición indirecta Aumento dos gastos por impostos indirectos, que se produce como consecuencia de regularizacións e cam- bios na situación tributaria da empresa.
6341/6342. Axustes negativos en IVE...
Importe das diferenzas negativas que resulten, no IVE soportado deducible correspondente a operacións de bens ou servizos do activo corrente ou de bens de investi-
mento, ao practicarse as regularizacións anuais derivadas da aplicación da regra de rateo.
Estas contas cargaranse polo importe da regulariza- ción anual, con aboamento á conta 472.
636. Devolución de impostos
Importe dos reintegros de impostos exixibles pola empresa como consecuencia de pagamentos indebida- mente realizados, excluídos aqueles que fosen cargados en contas do grupo 2.
O seu movemento é o seguinte:
a) Aboarase cando sexan exixibles as devolucións, con cargo á conta 4709.
b) Cargarase polo saldo ao peche do exercicio, con aboamento á conta 129.
638. Axustes positivos na imposición sobre benefi-
cios
Aumento, coñecido no exercicio, dos activos por imposto diferido ou diminución, igualmente coñecida no exercicio, dos pasivos por imposto diferido, respecto dos activos e pasivos por imposto diferido anteriormente xerados, salvo que os devanditos saldos se orixinasen como consecuencia dunha transacción ou suceso que se recoñecese directamente nunha partida do patrimonio neto.
Con carácter xeral, o seu movemento é o seguinte: a) Aboarase:
a1) Polo maior importe do activo por diferenzas tem-
porarias deducibles, con cargo á conta 4740.
a2) Polo maior importe do crédito impositivo por per-
das a compensar, con cargo á conta 4745.
a3) Polo maior importe do activo por deducións e
bonificacións pendentes de aplicar, con cargo á conta 4742.
a4) Polo menor importe do pasivo por diferenzas
temporarias impoñibles, con cargo á conta 479.
b) Cargarase polo saldo ao peche do exercicio, con aboamento á conta 129.
639. Axustes positivos na imposición indirecta Diminución dos gastos por impostos indirectos que se produce como consecuencia de regularizacións e cam- bios na situación tributaria da empresa.
6391/6392. Axustes positivos en IVE...
Importe das diferenzas positivas que resulten, no IVE soportado deducible correspondente a operacións de bens ou servizos do activo corrente ou de bens de investi- mento, ao practicarse as regularizacións anuais derivadas da aplicación da regra de rateo.
O seu movemento é o seguinte:
a) Aboaranse polo importe da regularización anual, con cargo á conta 472.
b) Cargaranse polo saldo ao peche do exercicio, con aboamento á conta 129.
64. GASTOS DE PERSOAL