• Nenhum resultado encontrado

Artigo 48. Xunta Xeral

A Xunta Xeral estará integrada por todos os colexiados. É o órgano supremo da cor- poración e poderá convocarse con carácter ordinario ou extraordinario, segundo proceda.

Artigo 49. Xunta Xeral ordinaria

A Xunta Xeral ordinaria reunirase dúas veces ao ano:

1. No primeiro trimestre para deliberar e adoptar acordos, polo menos, en relación coa seguinte orde do día:

a) Aprobación das contas anuais e presentación do informe de auditoría do exercicio anterior.

b) Memoria anual elaborada pola Xunta de Goberno sobre as actividades do ano an- terior. A dita memoria deberá facerse pública a través da páxina web nos termos e prazos sinalados na normativa vixente.

c) Proxectos en curso de realización.

d) Debate e votación das propostas que a Xunta de Goberno acordase incluír. e) Propostas dos colexiados.

f) Rogos e preguntas.

2. Antes de rematar o exercicio para deliberar e adoptar acordos, polo menos, en rela- ción coa seguinte orde do día:

a) Aprobación do orzamento que para o exercicio seguinte propoña a Xunta de Goberno. b) Nomeamento de auditores.

c) Proxectos en curso de realización.

d) Debate e votación das propostas que a Xunta de Goberno acordase incluír. e) Propostas dos colexiados.

f) Rogos e preguntas.

A Xunta Xeral poderá acordar tratamentos específicos segundo a situación profesional dos colexiados.

Artigo 50. Proposicións

As proposicións dos colexiados ante a Xunta Xeral ordinaria deberán ser entregadas á Xunta de Goberno para que esta as examine e forme criterio sobre elas, cinco días antes, polo menos, daquel en que deba celebrarse a reunión, e haberá de levar, como mínimo, cinco sinaturas de colexiados. Destes requisitos exceptúanse as propostas incidentais e de orde que se presenten durante a realización da xunta por un ou varios colexiados.

Artigo 51. Xunta Xeral extraordinaria

Haberá xuntas xerais extraordinarias sempre que o considere necesario a Xunta de Goberno ou cando o solicite por escrito, expresando o asunto ou asuntos que nelas deban tratarse, polo menos un 5 % dos colexiados.

Artigo 52. Convocatoria á Xunta Xeral ordinaria e extraordinaria

As convocatorias á Xunta Xeral ordinaria e extraordinaria faranse sempre por escrito, en papeleta de citación nominativa que se enviará por correo electrónico ou, na súa falta, ao domicilio de todos os colexiados, e publicarase na páxina web do Colexio. A convocatoria deberá facerse, polo menos, con 15 días de anticipación. En caso de urxencia, a xuízo da Xunta de Goberno, poderá reducirse o devandito prazo a 72 horas.

Na convocatoria incluirase, polo menos, a data e a hora da primeira e segunda convo- catoria, o lugar de realización e a orde do día.

A partir da convocatoria estará ao dispor dos colexiados a documentación correspon- dente na sede colexial e a través da páxina web.

Artigo 53. Reunións

As xuntas xerais ordinarias e extraordinarias terán lugar sempre no día e na hora sina- lados, sexa en primeira ou en segunda convocatoria. En primeira convocatoria exixirase un quórum de asistencia, de presentes ou representados, da maioría dos colexiados. En segunda convocatoria, que terá lugar 30 minutos máis tarde que a primeira, calquera que sexa o número de colexiados presentes ou representados e sempre coa asistencia do decano-presidente e o secretario ou persoas que os substitúan, que formarán a Mesa da Xunta Xeral.

Artigo 54. Finalización

A Xunta Xeral, unha vez reunida, non se dará por rematada mentres non se discutise e se chegase a acordo sobre todos os puntos da orde do día; realizaranse con tal obxecto o número de sesións que sexan necesarias.

Artigo 55. Desenvolvemento das sesións

Con carácter xeral, e salvo as determinacións que en asuntos de excepcional interese adopte a Xunta Xeral sobre os temas que sexan obxecto de debate, só se permitirán como máximo dúas quendas a favor e dúas en contra, de cinco minutos de duración cada unha, concederáselle a cada disertador o dereito a ratificar ou aclarar as súas alegacións durante dous minutos.

A votación ordinaria verificarase erguendo a man, primeiro os que non aproben a cues- tión sometida a debate, despois as abstencións e finalmente os que a aproben, deberá realizarse sempre que a pida un colexiado.

A votación por chamamento, que se verificará dicindo cada colexiado presente os seus apelidos seguidos da palabra «si», «non» ou «abstención», deberá ter lugar cando a soli- citen cinco colexiados.

A votación secreta deberá ter lugar cando o considere adecuado a Mesa da Xunta ou o soliciten cinco colexiados.

Artigo 56. Adopción de acordos

Os acordos da Xunta Xeral adoptaranse por maioría simple de votos, salvo nos casos en que estes estatutos establezan maiorías cualificadas.

Entenderanse adoptados os acordos cando, consultada a Asemblea, non houber oposi- ción por parte de ningún dos asistentes.

O secretario do Colexio será o encargado de escrutar os votos emitidos pero, por peti- ción do secretario ou de cinco colexiados, poderán auxilialo, intervindo na devandita fun- ción, dous colexiados designados pola Xunta Xeral.

Artigo 57. Quenda por alusións

O decano-presidente concederá a palabra por alusións e o aludido limitarase a contes- tar á alusión da que fose obxecto, sen entrar no fondo do debate exposto.

Artigo 58. Suspensión do uso da palabra

O decano-presidente poderá suspender no uso da palabra todo colexiado a quen tivese que chamar á orde por dúas veces. Tamén poderá exixir que se expliquen ou retiren as verbas que considerase molestas ou ofensivas para algún dos presentes ou ausentes.

Artigo 59. Emendas e adicións

As emendas ou adicións ás propostas da Xunta de Goberno ou dos colexiados deberán presentarse por escrito, asinadas por un ou máis colexiados, antes do debate ou no curso deste. Se o número de emendas presentado a unha proposición fose considerado excesivo

polo decano-presidente, este poderá propor á xunta que só se discutan as que se afasten máis do criterio sustentado polos autores da proposición. Este aspecto deberá ser discutido e resolto en sentido favorable ou desfavorable, con prioridade a calquera outra discusión.

Artigo 60. Mocións de censura

Os colexiados poden exercer o dereito de elevar mocións de censura contra o decano- presidente ou algún ou algúns dos membros da Xunta de Goberno ou en contra desta en pleno.

Para ser admitida a trámite, a moción de censura deberá formularse por escrito e ser subscrita por, ao menos, un 10 % dos colexiados integrantes do censo no momento de formalizarse a solicitude, farase constar con claridade e precisión os motivos en que se fundamenta.

Exposta unha moción de censura, convocarase para o efecto a Xunta Xeral con carác- ter extraordinario para tratar como único punto da orde do día sobre a moción de censura exposta. Para que prospere a moción de censura, deberá ser aprobada pola metade máis un dos colexiados asistentes á Xunta Xeral onde se resolva sobre ela.

A aprobación da moción implicará o cesamento no cargo do censurado ou censurados. Non poderán exporse mocións de censura sucesivas se non media entre elas un prazo de, polo menos, un ano.

Artigo 61. Actas

As actas das sesións de xuntas xerais, ordinarias ou extraordinarias, unha vez aproba- das, terán o carácter de documentos fidedignos das discusións e acordos adoptados, e non se admitirá contra os feitos consignados nelas ningunha rectificación.

Artigo 62. Delegación de voto

Os colexiados poderán delegar o seu voto para a xunta xeral noutro colexiado. Ningún colexiado poderá representar máis do 1 % do total de colexiados.

Para delegar o voto poderase facer enviando un escrito asinado ou remitindo un correo electrónico desde a mesma conta que facilitase para recibir as comunicacións á Secretaría do Colexio.

CAPÍTULO XI

Documentos relacionados