• Nenhum resultado encontrado

UNIDADE DIDÁCTICA O CINE SOA BEN!

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "UNIDADE DIDÁCTICA O CINE SOA BEN!"

Copied!
14
0
0

Texto

(1)

UNIDADE DIDÁCTICA

O CINE SOA BEN!

LUNS 13 DE MARZO, 11.00. Sala Mozart (Auditorio de Galicia)

Alumnado 2º curso de Ed. Infantil e 1º + 2º cursos de Ed. Primaria

(2)

1. INFORMACIÓN PARA OS/AS DOCENTES

A sesión “O CINE SOA BEN!”, á que corresponde esta unidade didáctica, é a primeira das actividades do programa de DIDÁCTICOS AUDIOVISUAIS que neste curso 2016-2017 se pon en marcha dende a Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, a través do Auditorio de Galicia.

QUE TIPO DE CONTIDOS VEREMOS NESTE PROGRAMA DE

DIDÁCTICOS AUDIOVISUAIS?

Os contidos deste proxecto serán de dous tipos:

Por unha banda teremos as sesións de cine, é dicir, as actividades de exhibición audiovisual nas que os centros de ensino se desprazan á sala Mozart. Estas sesións

(3)

Por outra banda estarán as accións de mediación como acompañamento das sesións, nas que se inclúen as actividades previas nos centros de ensino. Estas actividades suporán un achegamento ao contido que días despois os nenos/as ou adolescentes visionarán na sesión correspondente. Terán entre 40 e 50 minutos de duración (unha clase de primaria, secundaria ou bacharelato) na que se tratarán contidos:

.- temáticos (que é o que imos ver? que conta a historia?)

.- de contextualización (cando se rodou esta historia? como? de onde veñen os personaxes? como se relaciona coa nosa realidade?)

.- técnicos (como se fixo esta peza? que recursos técnicos se utilizaron? música, montaxe, tipos de planos…)

CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA?

Os obxectivos do programa que poñemos en marcha poderían resumirse en:

Achegar contidos audiovisuais ao público escolar dende o punto de vista didáctico. Poñer a disposición dos/das escolares e docentes pezas/producións fóra da dinámica mainstream de fácil consumo.

Crear hábito e disposición para o consumo de audiovisual deste tipo de produtos. Establecer pontes entre o audiovisual e outras manifestacións artísticas como a música, o circo ou a creación escénica.

QUE NOS IMOS ATOPAR NESTA 1ª SESIÓN: “O CINE SOA BEN!”?

A primeira sesión de proxección na sala Mozart consistirá nun concerto didáctico e interactivo de Caspervek Trío no que traballaremos sobre a relación da música/son e imaxe no cine. Enfocado dende un punto de vista totalmente pedagóxico e participativo, serán os propios alumnos/as participantes os que, a través de diversas escenas de filmes e pezas audiovisuais, traballen a súa diferente percepción do contido visual con distintos acompañamentos sonoros.

(4)

QUEN SON CASPERVEK TRÍO?

Caspervek Trío nacen en Vigo no ano 2013. Dende entón convertíronse xa nun referente galego no eido do cine musicado, especializándose no cinema mudo de todas as latitudes e tipoloxías sempre con composicións orixinais creadas ad hoc para eses filmes.

Desenvolven tamén distintas propostas pedagóxicas no tocante á relación entre música e imaxe, entre as que destacan a proposta para centros de ensino “Cine Miúdo”, dentro da programación do Festival Primavera do Cine de Vigo.

QUE EXPERIMENTAREMOS NO CINE-CONCERTO “O CINE SOA

BEN!”?

A estrutura da actividade do luns 13 de marzo será como segue:

O CINE SOA BEN!

INTRODUCCIÓN (5-10 min.)

Presentación da actividade e diálogo inicial cos nenos e nenas. Preguntas básicas

sobre o cine en xeral e sobre o cine mudo (sen texto, diálogo, palabras) en particular.

(5)

BLOQUE 1: O CINE E A MÚSICA

(20 min.)

Como a música altera a nosa percepción das imaxes que vemos na pantalla? Mostraránse pequenos clips con escenas de filmes nos que veremos como a música vai cambiando a medida que a escena (imaxe) cambia.

Despois, propoñeremos un xogo: os nenos e nenas terán que decidir cal das músicas interpretadas a continuación corresponde coas escenas que veremos na pantalla. Visionado da curtametraxe de fantasía “Les Kiriki. Acróbatas xaponeses”, de Segundo de Chomón.

BLOQUE 2: FACENDO UNHA

BANDA SONORA (20 min.)

Sacaremos distintos instrumentos de percusión, que serán tocados por nenos e n e n a s q u e s u b a n a o e s c e n a r i o. Visionaremos a curtametraxe “Charlot boxeador” de Charles Chaplin, quedando á imaxinación dos nenos e nenas, baixo a batuta dos músicos, a creación dos efectos sonoros do filme.

O bloque rematará cunha actividade grupal con todos os nenos e nenas do auditorio, que porán efectos sonoros a través de percusión corporal e efectos vocais a unha peza audiovisual sorpresa. Por último, visionaremos a curtametraxe musicada en directo “Félix goes west”.

(6)

BLOQUE 3: IMITANDO A CHAPLIN

(15 min.)

Faremos unha presentación de Charles Chaplin e do seu máis famoso personaxe, Charlot.

Despois disto, propoñeremos aos nenos e nenas que eles mesmos se convirtan nos “protagonistas” da película, caracterizando a algúns deles e delas e subíndoos ao escenario no que proxectaremos unha escena dunha pelícua de Charlot. Poremos música en directo namentres se “recrea” esta escena.

CONCLUSIÓN (10 min.)

Visionaremos a versión musicada por Caspervek Trío de “The Goat”, de Buster

Keaton.

Diálogo final cos nenos e nenas asistentes e despedida.

(7)

2. ACTIVIDADES PARA ANTES DO

CONCERTO.

(Levaránse a cabo nos centros de ensino correspondentes, previa

organización do calendario de accións cos/coas docentes. Duración: 50

minutos)

ACTIVIDADE 1.

Introducindo a Caspervek Trío (10

minutos aprox.)

Falaremos do que imos ver e facer en O CINE SOA BEN! Presentaremos a Caspervek Trío, o seu traballo e os seus compoñentes e analizaremos uns dos deus traballos: a versión musicada da curtametraxe “A rá” de Segundo de

Chomón, centrándonos en:

. Aspectos temáticos: Que conta a historia?

. Contextualización: Como está rodada a curtametraxe? Notas algo especial?

. Técnicos: Que diferencia atopas cos debuxos animados de hoxe en día?

Este é o enlace á curtametraxe versionada por Caspervek:

(8)

ACTIVIDADE 2.

Dous dos nosos protagonistas: Charles

Chaplin e Segundo de Chomón (10 minutos aprox.)

Faremos unha presentación aos alumnos e alumnas destas 2 figuras fundamentais da historia do cine, un moi coñecido e outro descoñecido para o gran público, e protagonistas do noso concerto:

CHARLES CHAPLIN “Charlot”

SEGUNDO DE CHOMÓN

Chaplin foi o “artista total”: actor, director, produtor e guionista, comezou a súa carreira nos anos 10 e continuou facendo películas, agora absolutos clásicos, durante os anos 30, 40 e 50.

O seu personaxe máis famoso, coñecido en España como Charlot, forma parte da nosa cultura popular pola súa inxenuidade e sorriso.

Prácticamente descoñecido para o gran público, Chomón, nacido en Teruel, foi un dos pioneiros do cine en París a comezos do S. XX. Xenio dos efectos visuais e comparada con George Meliés pola súa mestría técnica.

(9)

ACTIVIDADE 3.

O cine: IMAXE e SON (30 minutos aprox.)

Nesta actividade participará todo o grupo de alumnos e alumnas e veremos como entre todos e todas podemos “descompoñer” os dous elementos principais do cine e outros contidos audiovisuais: a IMAXE e o SON. Visionaremos 3 pezas.

.- Unha escena do filme de animación POCAHONTAS: https://www.youtube.com/ watch?v=uTIjtZGTSmk

.- A curtametraxe FORWARD, MARCH!: https://www.youtube.com/watch? v=LwqNVeqVlYQ

.- A cabeceira do programa infantil OS BOLECHAS: https://www.youtube.com/ watch?v=6ZgggCUj4t8

Levaremos a cabo 4 dinámicas:

1.- Xogaremos a que ANIMAIS podemos identificar no primeiro vídeo e cantos podemos IMITAR para ser nós os protagonistas sonoros de POCAHONTAS.

2.- Identificaremos cantos son os personaxes de FORWARD MARCH e que SONS e RUÍDOS fan en cada acción. Despois nós poñeremos voz e son á peza.

3.- Visionaremos a canción de OS BOLECHAS sen son, e probaremos a cantala, a ver cantos nenos e nenas a saben. Identificaremos cal é o noso personaxe preferido e por que, e imitaremos como fala.

4.- Veremos (e escoitaremos) como cada un dos contidos funciona cunha música diferente á súa propia.

(10)

3. ACTIVIDADES PARA DESPOIS DO

CONCERTO.

(Para ser levadas a cabo na aula polos/polas docentes, tras asistir ao

cine concerto O CINE SOA BEN!)

ACTIVIDADE 1.

Pensamos o noso CHARLOT.

Paso 1. Pintamos a nosa versión de CHARLOT.

(11)

Paso 2. Só precisamos 3 elementos para ser CHARLOT. Cartulina negra e tesoiras.

BIGOTE SOMBREIRO GRAVATA

Paso 3. CHARLOT en acción. Visionamos a seguinte canción:

https://www.youtube.com/watch?v=0daS_SDCT_U

Paso 4. Agora cada un pode ser a súa versión de CHARLOT a través do XESTO, o MOVEMENTO e a MÚSICA.

ACTIVIDADE 2.

Creando música nós mesmos.

En grupos de 6-7 alumnos e alumnas facemos xogos de percusión corporal e experimentación coa nosa voz, creando efectos musicais e sonoros. É o chamado traballo de CORO (polo concepto de coro grego como actuación grupal)

Como conseguiremos intepretar…? O BARCO NA TORMENTA.

ESTRELAS DO ROCK. CARREIRA DE MOTOS. CABALOS AO GALOPE.

(12)

ACTIVIDADE 3.

Poñendo música e son ás películas.

Podemos facer que as películas se transformen segundo nós queremos. E nós mesmos podemos facernos protagonistas a través do son das escenas.

Visionemos estas 2 escenas SEN SON:

O CÍRCULO DA VIDA, O REY LEÓN: https://www.youtube.com/watch?v=GibiNy4d4gc CARREIRA DE CUÁDRIGAS, BEN HUR: https://www.youtube.com/watch?v=frE9rXnaHpE Fagamos un xogo de efectos sonoros. Que vida

lle podemos dar a estes personaxes na pantalla? Pensa nos animais da primeira escena. Cantos podes identificar e cales son os seus sonidos? Poderiamos nós mesmos construír o son?

E na segunda escena? Cales poden ser os sons que aparezan? Que estarán

dicindo os personaxes? Podemos dar vida a estas imaxes coas nosas voces?

(13)

ACTIVIDADE 4.

Acróbatas de mil cores.

Na sesión O CINE SOA BEN! coñecimos a curtametraxe de Segundo de Chomón “Les Kiriki. Acróbatas xaponeses”. Volvamos vela:

https://www.youtube.com/watch?v=xJTq9a5BAmQ

E agora, pensemos!

Como van vestidos estes artistas? Por que?

Viches algunha vez un e s p e ct á c u lo p are c i d o ? Onde?

Estes “debuxos animados” son como os que vemos na tele? Si ou non? Por que? Por que cres que non falan?

XOGUEMOS NOVAMENTE COA IMAXE E O SON. Quitémoslle o volume á curtametraxe e elixamos a nosa personaxe. Podemos inventar as palabras dos acróbatas?

Outros compañeiros e compañeiras poden interpretar os efectos de son: o esforzo dos acróbatas, os pasos sobre o chan, as palmadas, o ruído dos traxes ao moverse…

(14)

CONTACTO:

Diego Vázquez Meizoso

Telf.: 646361471

Referências

Documentos relacionados

De acordo com DORIGO; GAMBARDELLA , o ACO é receptivo ao paralelismo, podendo ter ganhos significativos de desempenho para encontrar boas soluções, es- pecialmente em problemas

Os estudos originais encontrados entre janeiro de 2007 e dezembro de 2017 foram selecionados de acordo com os seguintes critérios de inclusão: obtenção de valores de

Assinale a alternativa correta com relação ao conceito de direitos humanos. a) Direitos humanos é uma forma sintética de se referir a direitos fundamentais da pessoa

Buscando contribuir para a composição do estado da arte da pesquisa contábil no Brasil, a investigação lançou mão de técnicas de análise bibliométrica para traçar o perfil

17 CORTE IDH. Caso Castañeda Gutman vs.. restrição ao lançamento de uma candidatura a cargo político pode demandar o enfrentamento de temas de ordem histórica, social e política

Para tanto buscamos compreender a forma como os professores estão desenvolvendo a Matemática Financeira e como o estudo do custo de vida pode ser utilizado em

Quem pretender arrematar dito(s) bem(ns), deverá ofertar lanços pela Internet através do site www.leiloesjudiciais.com.br/sp, devendo, para tanto, os interessados,