• Nenhum resultado encontrado

SARABELA TEATRO DOSSIER EUGÈNE IONESCO FERNANDO DACOSTA FINA CALLEJA ALFONSO MÍGUEZ SABELA GAGO VERSIÓN LIBRE DO TEXTO ORIXINAL DE

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "SARABELA TEATRO DOSSIER EUGÈNE IONESCO FERNANDO DACOSTA FINA CALLEJA ALFONSO MÍGUEZ SABELA GAGO VERSIÓN LIBRE DO TEXTO ORIXINAL DE"

Copied!
7
0
0

Texto

(1)

DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: JOSÉ MANUEL FARO “COTI” DESEÑO DE ILUMINACIÓN: BALTASARPATIÑO

DESEÑO DE VESTIARIO: RUTH D.PEREIRAATREZZO: SARABELA TEATRO DESEÑO GRÁFICO: JOSÉLAMEIRAS

SELECCIÓN MUSICAL: ANA VALLÉS, SARABELA TEATRO FOTOGRAFÍA: OVIDIOALDEGUNDETRADUCIÓN: NATEBORRAJO GRAVACIÓN E DVD: ALBAV. CARPENTIERPRODUCIÓN XERAL: ELENASEIJO

TÉCNICOS EN ESCENA: RUBÉNDOBAÑO, J.M.BAYÓN PRODUCIÓN ARTÍSTICA E ECONÓMICA: CARLOSDOMÍNGUEZ DEL RÍO VERSIÓN LIBRE DO TEXTO ORIXINAL DE

EUGÈNE IONESCO

DRAMATURXIA E DIRECCIÓN DE

ANA VALLÉS

CON

FERNANDO DACOSTA

FINA CALLEJA

ALFONSO MÍGUEZ

NATE BORRAJO

SABELA GAGO

SAR

ABELA

TEA

TRO

DOSSIER

DOSSIER

(2)

SINOPSE O REI MORRE

Despois dunha noite de esmorga, o fatuo rei Berenguer I, que creou un mundo á súa medida, aparece en escena. Os sons da festa que oímos ao entrar na sala desaparecen, e o monarca dun reino de pacotilla, que se cría atemporal, recibe a noticia de que vai morrer. Non quere crelo. Pensa que é un pesadelo e dubida de que ese momento estea preto, polo que non deixa de dar ordes coa soberbia daquel que pensa que controla todo. Asiste así aos últimos momentos da súa vida xunto á súa primeira muller, Margarida, e o seu médico, que intentan conseguir que o rei acepte que está no final da súa vida. Mentres, a súa segunda muller, a raíña María, intenta ocultarlle esta realidade e suavizar a súa agonía.

(3)

POR QUE IONESCO?

Sarabela Teatro, dende as súas orixes no

ano 80, transitou polo absurdo e por Ionesco. A súa linguaxe é ben coñecida pola compañía: “Xacobe ou a submisión” ou “As

sillas” foron obras dos albores da compañía,

como tamén o foron as adscritas ao teatro do absurdo: “O triciclo” ou “Fando e Lis”, de Fernando Arrabal.

O prestixio indiscutible do autor, Eugène Ionesco, pai xunto a Beckett do Teatro do Absurdo, é razón suficiente para levalo á escena da man dunha das directoras máis emblemáticas do teatro galego, un novo salto ao baleiro.

“O rei morre” de Eugène Ionesco é unha das metáforas dramáticas máis profundas sobre a vida e a morte do ser humano que produciu o teatro universal. Dende a súa estrea en 1962, cada xeración ten reinterpretado este texto, indagando neste ensaio sobre a aprendizaxe e a aceptación da morte. Unha obra e un personaxe cos que se bateron os mellores directores e actores do teatro mundial.

Teatro da Abadía, da man de José Luís Gómez, e en coprodución co Teatro Cuyás, presentou o seu singular proceso de indagación ao redor deste texto no ano 2004; Broadway produciu no ano 2009 unha posta en escena do texto de Ionesco coa interpretación de Susan Sarandon e Geoffrey Rush. No ano 2015 o Centro Cultural da Habana asistiu á estrea e posterior censura dunha nova versión de “O rei morre”, tal é a súa vixencia e a crítica da realidade que encerra.

Semella este un momento idóneo para esta montaxe. A procura do interese para o espectador das montaxes de Sarabela Teatro ten, nesta ocasión, o contexto dunha

Europa que deriva cara ás fórmulas políticas extremas.

Estamos diante dunha posta en escena singular, dende o momento en que o rei será o único personaxe varón, rodeado de mulleres que sofren e padecen a situación. Hai unha ollada sobre o xénero na nosa sociedade, nun momento que semella crucial para loitar contra o poder ‘machista’.

(4)

O convite da compañía Sarabela Teatro para

levar a cabo a dirección dunha versión libre de “O rei morre”, de Eugène Ionesco, presentoume dous estímulos creativos. Por unha banda, o encontro cun sólido equipo teatral, composto por persoas que coñezo e sigo de cerca profesionalmente. O encontro derivado de formas diferentes de afrontar unha posta en escena e a experiencia enriquecedora que supuxo para todos a confrontación das nosas diferentes linguaxes.

INTRODUCIÓN

E ANTECEDENTES

Pola outra banda, a premisa de partir dun texto teatral, previamente escrito, foi igualmente para min un reto e un desafío, pois non é a miña maneira habitual de afrontar unha creación ou unha dirección. Como directora, as experiencias anteriores con outros equipos (Teatro de la Abadía, Provisional Danza, Licenciada Sotelo, Traspediante, Teatro Teatro, teatro radiofónico…), fóra da miña compañía, Matarile Teatro, sempre resultaron enriquecedoras artisticamente. Nesta ocasión, a confianza mutua e as condicións para o diálogo e o intercambio estiveron postas de antemán para un proceso que intuín intenso e apaixonante.

(5)
(6)

SOBRE A DIRECCIÓN - ESTILO

Por Ana Vallés

O texto permítenos idear o xogo do teatro dentro do teatro: o actor que morre co seu papel ao final de cada representación. Chégaselle a dicir explicitamente ao actor que interpreta ao rei: “Vas morrer ao final do espectáculo”. Esta soa frase esnaquiza toda a suposta ficción anterior; a partir de aí, queda claro que o que se amosa son actores e actrices interpretando uns personaxes, aínda que en ocasións non poidamos afirmar cando son persoas e cando personaxes. No meu xeito habitual de traballar, utilizo a improvisación dos actores como base do proceso, potenciando as particularidades específicas de cada un, as súas personalidades e as súas posibilidades profesionais, para tratar de atopar unha linguaxe común baseada na comunicación non verbal. O que busco é un equilibrio entre o verdadeiro e o verosímil. Por iso, traballo cos intérpretes un xeito de estar que esfume os límites da realidade e a representación, onde comeza unha ou termina a outra, que é verdade ou que é real, o artificio implícito en calquera representación.

Por esta razón, centrámonos máis na forma que no contido, máis no como (como se fai, como se di) que no que (que se fai, que se di).

“O rei morre” é un texto enmarcado dentro do teatro do absurdo sobre o tema da morte: a morte do poder, do home. Unha caricatura grotesca do poderoso aferrándose ao seu poder, unha figura constante a través da Historia e común a calquera cultura. A primeira lectura que se extrae deste texto é unha alegación contra o poder absoluto, monarquías, emperadores, comandantes e ditadores de toda índole. Poder absoluto que se instaura como vitalicio e do que non hai outro xeito de librarse se no é por medio da morte. E a vida do rei ou ditador alóngase. Pero alén da interpretación deste texto como

sátira política, “O rei morre” presenta a insignificancia da vida dun home ante o paso do tempo e o seu final.

Unha cita que eludimos durante a nosa vida como se nunca fose ter lugar. Todos o sabemos, pero actuamos como se ese final fose eludible, aprazable ou, incluso, como se fose algo que sempre lles sucede aos outros. Tamén o interpreto como alegoría da idea, tan europea, do home como único ser intelixente do universo, onde todo xira ao seu redor.

Lémbrame un escrito de Nietzsche titulado:

Sobre verdade e mentira en sentido extramoral. Comeza cunha fábula que di

máis ou menos:

“Nalgún apartado lugar do universo escintilante, ciscado en innumerables sistemas solares, houbo unha vez un astro no que animais intelixentes inventaron o coñecemento. Foi o minuto máis petulante e falaz da Historia Universal: pero, á fin de contas, só un minuto. Despois de breves respiracións da natureza o astro xeouse e os animais intelixentes houberon de perecer”. Pero non fai falta que volvamos ao XIX para recordar o que dicía Nietzsche, porque só cómpre botar un ollo ao que nos rodea para certificar que a prepotencia do estúpido home branco occidental non ten límites. O mundo non fala. A natureza non ri. Só nós o facemos.

Esta obra fala da natureza humana, da dor insuperable ante a morte.

“Cada vez única, a fin do mundo” como dicía Derrida.

A nosa cultura occidental parece negar a morte.

A maior vertixe é pensar que o ser humano é o único ser vivo intelixente nun universo infinito no que todo o demais está morto!

(7)

sarabelateatro@yahoo.es

www.sarabelateatro.com

Distribución:

FINA CALLEJA

(M. 629 860 580)

MARÍA CASAR

(M. 678 601 550)

As Burgas GESTIÓN Y SERVICIOS

Referências

Documentos relacionados

Para preparar a pimenta branca, as espigas são colhidas quando os frutos apresentam a coloração amarelada ou vermelha. As espigas são colocadas em sacos de plástico trançado sem

Os fungos micorrízicos arbusculares (FMAs) são componentes da biota do solo e essenciais a sustentabilidade dos ecossistemas e ao estabelecimento de plantas em programas

A solução, inicialmente vermelha tornou-se gradativamente marrom, e o sólido marrom escuro obtido foi filtrado, lavado várias vezes com etanol, éter etílico anidro e

Segundo Cabello (1996), um emissor autocompensante apresenta o expoente da equação característica da vazão em função da pressão variando entre 0 a 0,4, informação

A placa EXPRECIUM-II possui duas entradas de linhas telefônicas, uma entrada para uma bateria externa de 12 Volt DC e uma saída paralela para uma impressora escrava da placa, para

No entanto, maiores lucros com publicidade e um crescimento no uso da plataforma em smartphones e tablets não serão suficientes para o mercado se a maior rede social do mundo

Motivado pelo fato de não existir uma ferramenta que implemente as técnicas com menores número de falsas predições, esse trabalho propõe uma ferramenta que utilize informações