• Nenhum resultado encontrado

CIRCULAR INICIO CURSO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "CIRCULAR INICIO CURSO"

Copied!
5
0
0

Texto

(1)

CIRCULAR INICIO CURSO 2018-2019

COTA DA A.N.P.A

O importe para o curso 2018-2019 da cota da ANPA será de 20€ por familia. O prazo para pagar a cota rematará o 31/10/2018. Este prazo é improrrogable e non se admitirán pagos fora de prazo. Nese caso a ANPA devolverá o importe. O pago do importe da cota deberase facer mediante ingreso ou transferencia á conta que se especifica no formulario de inscrición, que poremos a vosa disposición a partires do 25 de setembro.

No concepto ou observacións do ingreso ou transferencia deberá constar os apelidos e nomes dos nenos (non o dos pais) e o motivo do ingreso. Por exemplo:

NADAL GÓMEZ, RAFAEL E PATRICIA - Cota ANPA

Deberá cubrir o impreso de socio con tódolos datos e a sinatura de todos os titores, e entregar o orixinal na caixa do correo da ANPA antes do 31 de outubro de 2018 xunto coa copia do resgardo bancario de ingreso. Deberá gardar o resgardo porque é o xustificante de ter pagado a cota da ANPA para o curso 2018 – 2019.

DÉBEDAS COA A.N.P.A

Calquera familia que teña débedas coa ANPA ou non presentara os xustificantes de pago requiridos non poderá nen asociarse nen apuntarse en ningunha das actividades organizadas pola ANPA, mentres non xustifique os pagos pendentes.

ROUPA

Temos a vender:

• Camisetas de ximnasia: 10 € • Mandilóns de infantil: 8 € • Gorras: 3 €

CONTACTO COA ANPA

Para dúbidas, consultas ou calquera aviso que queirades facernos chegar:

• Na oficina da ANPA: o horario provisional da ANPA é de 16:00 a 18:00 dende Outubro a Maio (incluídos) nos días lectivos excepto o mércores. Poderá cambiar segundo as actividades extraescolares que definitivamente se fagan e a disponibilidade dos voluntarios. Consultar na páxina web o horario definitivo a partires de outubro. • Teléfono 690.731.207: no mesmo horario que a oficina.

• Correo electrónico: [email protected] ou [email protected]

Por outra parte podes estar ao día da información da ANPA a través das seguintes canles: • Páxina web: www.anpavilaverde.org

• Twitter: @AnpaVilaverde • Facebook: /ANPA.Vilaverde • TokApp School

(2)

Participación activa na ANPA: Se algunha nai ou pai ten dispoñibilidade para cubrir algún turno de oficina nas tardes, ou quere entrar a formar parte da directiva da ANPA, que se poña en contacto con nos.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

As actividades darán comezo o 1 de Outubro do 2018 e rematarán o 21 de Xuño do 2019. O formulario de solicitude deberá entregase na ANPA antes do venres 28 de Setembro. Todas as actividades teñen un número mínimo e máximo de participantes. Se non se acada o mínimo suspenderase a actividade e nos poremos en contacto cos que a solicitaron para comunicarllo.

PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES

Os meses aboaranse completos nos primeiros días do mes mediante ingreso ou transferencia á conta da ANPA que se informará no mes de outubro.

No ingreso deberán indicar o nome e apelidos do alumno/a, actividade e mes que paga. Exemplo:

RAFAEL NADAL GÓMEZ. PINTURA – OUTUBRO

Prégase que garden os recibos de pago das actividades para poder aclarar calquera dúbida que poida xurdir no pago das actividades.

O prezo mensual de cada actividade para os non socios incrementarase en 4€.

BAIXAS

As baixas de calquera actividade teñen que realizarse por escrito mediante o formulario dispoñible no local da ANPA mínimo 5 días antes do comezo do mes da baixa. De non ser así entenderase que o neno/a segue asistindo ás clases, polo que terán que pagar o mes ou meses completos aínda que non asistan. No caso de actividades que se paguen por trimestres ou cuadrimestre aplicarase o mesmo (5 días antes do comezo do trimestre ou cuadrimestre)

E.D.M. DE MOURENTE “ANPA OS VALADOS”

Durante o período lectivo de outubro a xuño (incluídos) terá lugar no CEIP Vilaverde a Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”.

É unha actividade deportiva dirixida a nenos de infantil e primaria, subvencionada polo Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra, e o número de prazas dispoñibles é limitado. Aínda non está publicada a subvención das actividades, aínda que no Concello aseguráronnos que será coma o do ano pasado. Os prezos das actividades incluídas na E.D.M. están postos como si tiveran subvención concedida. Se finalmente non se subvencionaran, axustaríanse os prezos ao custe real das actividades.

(3)

Intégranse nela as actividades extraescolares deportivas organizadas pola ANPA. Se

necesitades máis información non dubidedes en poñervos en contacto con nos ou pasarvos pola oficina da ANPA.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES OFERTADAS

Todas actividades necesitan para levarse a cabo un número mínimo de alumnos. No caso de que non se acade o número mínimo, a actividade non se levará a cabo e darase aos nenos que se apuntaron a posibilidade de apuntarse noutra actividade.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEPORTIVAS E E.D.M. DE

MOURENTE ANPA OS VALADOS

FUTBITO

Iniciación / perfeccionamento na práctica deportiva. En colaboración co Figueirido C.F. Dous grupos:

 Grupo A: de 5 anos ata 2º de primaria.  Grupo B: de 3º ata 6º de primaria.

NATACIÓN CAMPOLONGO

Unha sesión a elexir de luns a venres de 16:30-17:15 ou de 17:15 a 18:00. Para alumnos a partires de 5º de educación infantil (4 anos). Actividade por cuadrimestres. A prioridade para a escolla do horario é por orde inscrición.

AERODANCE

Actividade que xunta o exercicio físico, co baile. Unha forma divertida de facer deporte. Farase unha actuación no festival de fin de curso. Impartido no centro por persoal no ximnasio Suh Sport. Tamén se imparte noutros horarios no ximnasio.

ESGRIMA

Esgrima para nenos. Unha hora á semana. Nenos de primaria. Impartida polo club escola hungaresa de esgrima Pontevedra. Inclúe o material de esgrima (Para os pequenos sables de espuma e caretas de plástico. Para os maiores sables de plástico, caretas de metal,

chaquetillas protectoras). Os alumnos deberán mercar o guante de esgrima durante o primeiro mes da actividade (16€). Existe a posibilidade de acudir unha segunda hora ás instalacións do club no horario que determinen pagando 4€ adicionais ao mes.

BÁDMINTON

Actividade dunha hora á semana. Para alumnos de primaria. Os participantes deben aportar a raqueta. Impartido polo club Ravachol-Pontevedra

SALVAMENTO ACUÁTICO

Actividade realizada na piscina de Campolongo polo club S.A.P.O.. Imprescindible que os participantes saiban nadar. Nos meses de bo tempo a actividade pode trasladarse a espazos naturais: praia, río. Pode ser unha ou dúas sesións á semana. Cóbrase por trimestres. Os interesados deberán chamar ao teléfono 649.408.291 para reservar o horario desexado. Unha vez reservado o horario deberán enviar á ANPA a solicitude en papel.

(4)

BALONMÁN

Realizada no centro. Ofertado de balde pola S.D. Teucro. Pendente confirmar o horario. Non temos aínda data de comezo da actividade.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NON DEPORTIVAS:

INFORMÁTICA

Introdución á informática para nenos e nenas de primaria. Aplicacións da informática para a mellora do aproveitamento escolar (ofimática), mecanografía, etc.

BALLET

Dirixido a nenos e nenas de calquera idade. Trátase dunha hora semanal os luns. Faranse dous grupos:

 3,4,5 anos e 1º de primaria.  De 2º a 6º de primaria.

PERCUSIÓN TRADICIONAL

Coñecer os principais instrumentos de percusión tradicional galega, e a técnica necesaria para facelos soar, así como patróns e ensamblaxes rítmicos. Atención á interpretación, cómo

cantamos os ritmos e cómo os pasamos ao instrumento, co xeito tradicional característicos de cada patrón. Dende os 5 anos. Material necesario: un xogo de baquetas 5b.

DEBUXO E PINTURA

Para nenos de primaria.

PREÁBACO, ÁBACO

O uso do ábaco é unha boa forma de manter o cerebro activo e áxil e diversos estudios demostraron que desenvolve o potencial da mente máis que outros instrumentos de cálculo porque implica o uso dos dous hemisferios cerebrais. Ten unha matrícula de 20€ para os novos alumnos e 10€ para os alumnos do ano anterior e inclúe o material. Dous grupos:.

 Preábaco: educación infantil  Ábaco: educación primaria

LINGUA DE SIGNOS

Lingua de signos para infantil e primaria. Unha hora á semana. O prezo é de 15€/mes.

Posibilidade de que un adulto acompañe a cada neno nas clases de xeito gratuito. Posibilidade de aumentar unha segunda hora á semana por 15€ máis.

OUTRAS ACTIVIDADES

Coma outros anos teredes outras actividades que non organiza directamente a ANPA, pero que ten prezos especiais para os socios. Para información ou apuntarse nas actividades, consultar coa entidade que a imparte:

 Taekwondo e aerodance: Temos un acordo con ximnasio Suh Sport que fai prezos especias os membros do colexio. Os interesados tedes máis información en folla anexa.  Playing English: organizado pola FANPA. Na web da FANPA (www.nontedurmas.org)

(5)

clases serán os martes e xoves en dúas quendas: de 16 a 17 e de 17 a 18. Hai a posibilidade de preparar os exames do Trinity College

 Programa PAE: organizado pola FANPA. Apoio específico a nenos e nenas con NEE.  Actividade de ábaco para primaria e secundaria: organizado pola FANPA.

 Taller “creación tecnolóxica”: organizada pola FANPA. Comeza en outubro. De 8 a 12 anos. Os sábados de 10:30 a 12:00 na FANPA.

 Clube de ciencia e tecnoloxía. Organizada pola FANPA. De 11 a 14 anos. Os sábados de 12:00 a 13:30 na FANPA.

 Preparación dos exames da U. de Cambrigde (secundaria): organizado pola FANPA.  Piscina Rías del sur: Unha sesión á semana os mércores ás 16:30. Ten un prezo de

30.03€ / trimestre. Pasar pola piscina para apuntarse.

 Natación Budo: teñen a posibilidade dunha hora ou dúas horas á semana. Para todo infantil e primaria. Os días son os martes (17:00), mércores (16:45), ou xoves (17:00). Máis información e inscricións no ximnasio. Prezos por trimestre:

o Infantil: 1 día/semana 48€. 2 días/semana 78€ o Primaria: 1 día/semana 39€, 2 días/semana 73€

SEGURO DE ACCIDENTES

Lembrarvos que tedes a posibilidade de contratar un seguro de accidentes que cubre aos nenos/as durante as actividades extraescolares e lectivas.

Como sabedes, durante as actividades extraescolares, igual que durante as horas lectivas, os nenos non dispoñen de seguro de accidentes, xa que o único que obriga a lei, é a dispoñer de un seguro de responsabilidade civil que cubre as posibles neglixencias. Os nenos están

cubertos, no que atañe á asistencia médica pola asistencia sanitaria que ten para calquera tipo de enfermidade (mutua, seguridade social, etc).

Para os asistentes ás actividades deportivas: futbito, bádminton, esgrima, é altamente recomendable a contratación do seguro.

Os ofrecemos a posibilidade de contratar un seguro de accidentes, que cubre algúns aspectos que poden ser interesantes para algúns de vos. Os resumimos os principais aspectos:

 Están cubertos todos os accidentes que teñen que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola ANPA, excursións, obradoiros e actividades extracurriculares. Quedan excluídos só os accidentes da vida privada das/ os alumnas/os.

 A prima anual para as/os alumnas/os é de 7,5 €. A compañía aseguradora sería ALLIANZ.

 Detalle da cobertura:

- Asistencia sanitaria (centros concertados) ILIMITADA - Gastos para odontoloxía por accidente 1.200 € - Rotura de lentes por accidente, con franquía de 75 € 150 €

Para solicitalo, deberedes marcar a casiña correspondente no formulario de actividades e entregar o formulario na caixa do correo da ANPA o antes posible xunto o xustificante de pago (se é na conta bancaria). O pago pode facerse tamén presencialmente na oficina da ANPA cando se atope aberta. Conta BBVA: 0182-5151-20-0201538386

Referências

Documentos relacionados

Em vista disso, essa pesquisa tem por objetivo traçar o contexto histórico do soerguimento do grafite e da pichação ao redor do mundo e do Brasil, traçar as

De acordo com o Consed (2011), o cursista deve ter em mente os pressupostos básicos que sustentam a formulação do Progestão, tanto do ponto de vista do gerenciamento

O caso de gestão estudado discutiu as dificuldades de implementação do Projeto Ensino Médio com Mediação Tecnológica (EMMT) nas escolas jurisdicionadas à Coordenadoria

volver competências indispensáveis ao exercício profissional da Medicina, nomeadamente, colheita da história clínica e exame físico detalhado, identificação dos

Todas as outras estações registaram valores muito abaixo dos registados no Instituto Geofísico de Coimbra e de Paços de Ferreira e a totalidade dos registos

Realizar a manipulação, o armazenamento e o processamento dessa massa enorme de dados utilizando os bancos de dados relacionais se mostrou ineficiente, pois o

Estudos sobre privação de sono sugerem que neurônios da área pré-óptica lateral e do núcleo pré-óptico lateral se- jam também responsáveis pelos mecanismos que regulam o

Tem ainda, como objetivos específicos, analisar os tipos de inteligências múltiplas e relacionar a inteligência racional e emocional; estudar a capacidade do indivíduo de