• Nenhum resultado encontrado

miles de persoas mobilízanse en

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "miles de persoas mobilízanse en"

Copied!
7
0
0

Texto

(1)

Redacción.- Miles de persoas, convocadas por UGT e CCOO, mo-bilizáronse este xoves en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ou-rense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo, esta última cidade acolleu o acto cen-tral coa presenza dos secretarios xerais de ambos sindicatos, para demandar que as persoas e os seus dereitos sexan o primeiro.

nº 708 semana do 12 ao 18 de decembro de 2016

ISSN 1989-3299

A

cidAdAníA gAlegA demAndou emprego e pensións de cAlidAde

,

sAlArios dignos e unhA prestAción mínimA contrA A desiguAldAde en

A c

oruñA

, s

AntiAgo

, F

errol

, l

ugo

, V

iVeiro

, o

urense

, p

onteVedrA

,

V

ilAgArcíA e

V

igo

m

iles de persoAs mobilízAnse en

g

AliciA pArA que As persoAs e os

seus dereitos sexAn o primeiro

É o momento de negociar, mais tamén de mobilizar para esi-xir que o diálogo social se traduza en resultados tanxibles

Galería fotográfica das mobilizacións de Vigo, A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra e Arousa

(2)

gAliciA lAborAl, boletín dixital da ugt de galicia nº 708 semana do 12 ao 18 de decembro de 2016

É o momento de reverter as cousas e a maioría dos traballadores reclaman solu-cións urxentes aos seus problemas. Xa non poden agardar máis. É hora de repartir os froitos do crecemento económico, recupe-rar dereitos e rescatar as persoas. É o mo-mento de negociar, máis tamén de mobili-zar para esixir que o diálogo social se traduza en resultados tanxibles. Así o ma-nifestaron os secretarios xerais de UGT-Galicia e do S.N. de CCOO de UGT-Galicia, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión, na manifestación de Vigo.

Chegou o momento de atender á cida-danía, saír da senda da desigualdade e a pobreza, reducir substancialmente o des-emprego e impulsar un crecemento econó-mico sostible, con máis e mellores empre-gos, mellores salarios, garantía para as pensións e o seu poder adquisitivo, así como, recuperar as liberdades e dereitos democráticos perdidos nestes últimos anos de crise que os gobernos do PP aproveita-ron para mudar o modelo social deste país. Hoxe en día ter traballo xa non significa vivir dignamente. A pobreza laboral xa se instaurou neste país. As estatísticas e a

re-alidade do día a día así o corroboran. Máis do 40 por cento dos traballadores con con-trato a tempo parcial están nesta situación de xeito involuntario; seis millóns de traba-lladores teñen salarios por debaixo do SMI (310.000 en Galicia) e 3,6 millóns cobran a metade do SMI (184.000 en Galicia). Como se pode vivir dignamente con estes ingre-sos, pregúntanse ambos sindicatos.

Dende CCOO e UGT insístese en que hai que restituír os dereitos perdidos como causa dos recortes impostos, sobre todo, os que se derivan dunha reforma laboral in-xusta, inútil e estéril que só serviu para des-truír emprego e o pouco que se creou de baixa calidade.

Se ben é certo que o Goberno do PP fala continuamente de diálogo e concerta-ción, tamén o é que as medidas e decisións que se están adoptando non van todas neste camiño. Preséntanse uns orzamen-tos, tanto en Galicia como no Estado, que non están deseñados para axudar ás per-soas, sobre todo, ás que saíron máis man-cadas da crise. Neste senso, dende UGT e CCOO incídese na necesidade de poñer a andar a prestación de ingresos mínimos demandada por ambos sindicatos e impul-sada a través dunha ILP.

Se ben o diálogo político nesta nova etapa parlamentaria que se abriu, tras o úl-timo proceso electoral, vai ser moi impor-tante, tamén o terá que ser o diálogo cos axentes sociais porque as organizacións sindicais son a voz dos traballadores e que-ren mudar as cousas. E, para isto, hai que combinar mobilización con negociación, presión e diálogo. Por isto, as concentra-cións e manifestaconcentra-cións deste xoves serán as primeiras dun proceso de mobilizacións sostido no tempo, xa que, de seguro, de continuar o Goberno na actual senda, ha-berá máis.

Hai razóns para a mobilización porque acabouse a etapa das medidas unilaterais baseadas en recortes. Hai que mobilizarse para que as persoas sexan o primeiro.

É o momento de reverter as cousas, es-tase diante da reactivación económica; hai que loitar polo emprego de calidade; derrogar as reformas laborais; a Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración local; o artigo 315.3 do Código Penal; os recortes en educación e no resto dos servizos públicos; formar a fiscalidade; garantir as pensións; re-forzar os sistemas de protección social e a igualdade real e efectiva; e protexer as persoas asiladas e migrantes.

Redacción.- UGT celebrou este martes no Pazo da cultura de Pontevedra a última xornada sobre “A igualdade no mercado de traballo. Un dereito. Un deber” que pe-cha un ciclo que se abriu o pasado 29 de novembro en Arousa e continuou en Vigo o día 2.

En todas estas xornadas, organizadas polas respectivas comarcas en colabora-ción coa Deputacolabora-ción de Pontevedra, ad-vertiuse de que a crise freou os avances en igualdade laboral que se tiñan rexistrados e que esta segue a ser unha asignatura pen-dente en moitos sectores e empresas.

Nas xornadas tamén se insistiu en que a equiparación laboral entre mulleres e

ho-mes é un dereito ao que non se pode renunciar. Por iso, é importante analizar a situación da igualdade no mercado de traballo, centrando o debate en cuestións como a conciliación, a igualdade no acceso e permanencia nos postos de traballo ou as des-igualdades salariais. Nas xornadas tamén se

analizou a situación da negociación colec-tiva neste eido.

Na xornada de Pontevedra interviu a secretaria de Igualdade, Xuventude e

Mo-vementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez; e o técnico de prevención de UGT-Galicia, Víctor Fernández, que anali-zou a prevención da saúde no traballo dende a perspectiva de xénero.

o p

Azo dA culturA de

p

onteVedrA Acolle A últimA xornAdA orgAnizAdA polo

s

indicAto sobre

“A

iguAldAde no mercAdo de trAbAllo

. u

n dereito

. u

n deber

ugt

AlertA de que A crise Freou os AVAnces en iguAldAde

lAborAl

(3)

Redacción.- O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, apostou porque as re-comendacións do Pacto de Toledo "reflic-tan que para calquera modificación nas leis da Seguridade Social faga falta unha maio-ría cualificada, non unha maiomaio-ría absoluta dun Goberno nun momento determinado. É necesaria unha maioría cualificada para facer cambios no sistema. Se isto ocorre, sería un sinal positivo no restablecemento da confianza para chegar a acordos nesta materia".

Pepe Álvarez realizou estas declara-cións durante a súa intervención na Comi-sión de Seguimento e Avaliación dos Acor-dos do Pacto de Toledo, onde reclamou o restablecemento do diálogo social, xa que "non se está producindo ningún tipo de diálogo social en materia de pensións por-que o Goberno ten suspendidos, desde hai anos, todos os procedementos formais de participación. Saca diñeiro do Fondo de Reserva e nin o comunica, nin convoca á Comisión de Seguimento nin ás organiza-cións sindicais; pensa en habilitarse para seguir metendo man neste fondo por en-cima dos límites de maneira unilateral; ou nos decatamos polos medios do que quere facer en relación aos topes das bases má-ximas de cotización, sen que convocase unha mesa de diálogo social nesta mate-ria".

"Esiximos un cambio de actitudes e comportamentos", manifestou. "Non acep-taremos políticas de feitos consumados. Non nos quedará outra que denuncialo se non hai un cambio de actitude. Non pode haber acordos nin consensos sen falar das medidas antes de adoptalas".

revisar os mecanismos de finan-ciamento da seguridade social

Durante a súa intervención, Pepe Ál-varez sinalou os grandes obxectivos en materia de pensións: "superar o desequili-brio económico e financeiro actual da Se-guridade Social; e revisar as medidas adoptadas fóra do Pacto de Toledo e do diálogo social en materia de pensións no ano 2013, cunha reforma que, coa súa uni-lateralidade, rachou o consenso nesta ma-teria".

"Non imos acordar ningunha medida que prexudique e rebaixe os dereitos dos pensionistas actuais e futuros. O problema do sistema non é de custos, senón de in-gresos. O noso gasto en pensións está moi por baixo dos países da nosa con-torna. O problema é o mal funcionamento do mercado de traballo (que prima o des-pedimento sobre calquera outra forma de axuste); as políticas de austeridade, con-tracción da demanda e desvalorización dos salarios; e a redución e recorte das pres-tacións por desemprego".

Por iso, reclamou medidas "de inci-dencia inmediata" para aumentar os ingre-sos e reducir o déficit da Seguridade Social, como son "eliminar as bonificacións á con-tratación; pasar os custos da xestión do sis-tema aos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) e destopar as bases máximas de cotización. Todo iso aliviará os problemas de financiamento da Seguridade Social".

Pepe Álvarez avogou por "financiar o sistema, ademais de con cotizacións so-ciais, mediante impostos; e que as pen-sións de viuvez e orfandade non se saquen do sistema de Seguridade Social, porque son contributivas".

Ademais, esixiu a necesidade de "res-tablecer o contrato de substitución aos 60 anos, discutindo as condicións e a

ma-neira. Pero na industria e en determinadas actividades do sector servizos necesítase que haxa substitución antes da idade legal de xubilación, que se instaurará paulatina-mente nos 67 anos. Por iso, tamén de-mandamos a xubilación parcial como ele-mento a reconsiderar para 2018". A reforma de 2013 nin era necesa-ria nin é admisible

O secretario xeral de UGT apostou ta-mén por "derrogar a reforma de pensións que o Goberno do PP impuxo unilateral-mente en 2013. Non pode ser que asine-mos un acordo nesta materia en 2011, froito do diálogo social, e aos dous anos chegue outro Goberno e rompa este acordo".

Esta reforma "nin era necesaria nin ad-misible. Non só é a peor, senón que foi a primeira en pensións que se realizou sen negociación algunha no plano político e no social".

Neste sentido, sinalou que esta reforma "só busca reducir o gasto, como cre tanto UGT como a maioría dos partidos políticos. Só meses antes desta reforma, todos os or-ganismos internacionais (Comisión Euro-pea, OCDE, etc.) confirmaran que o gasto en pensións en España era perfectamente sustentable".

"O Goberno nunca xustificou por que era necesaria unha nova reforma", afirmou. "Pero a pretensión era reducir o gasto en pensións, facendo que 14 millóns de pen-sionistas perciban a mesma proporción de rendas que hoxe en día reciben pouco máis da metade dese número, producindo un profundo empobrecemento dos pensio-nistas".

Redacción.- A secretaria de Políticas Sociais, Emprego e Seguridade Social de UGT, Mari Carmen Barrera, participou na concentración convocada o martes pola Unión de Xubilados e Pensionistas do sin-dicato (UJP-UGT) fronte ao Congreso dos Deputados para esixir a revalorización das pensións en base á previsión de IPC a final de ano e manifestar o seu rexeitamento ao veto do Goberno á proposición da maioría dos grupos parlamentarios a esta revalori-zación.

Manifestou que “imos continuar mobili-zándonos porque o 0,25% é insuficiente, xa

que supón unha perda de poder adquisitivo de entre un 1,2% e un 1,4% para todos os pensio-nistas, un recorte bastante evi-dente”.

Ademais, sinalou que “imos promover cos partidos políticos

unha proposición non de lei para que se de-bata no Congreso a sustentabilidade das pensións. Imos conxugar a mobilización coa negociación”.

“Aos poucos a xente vai entendendo que o Goberno non está polo diálogo. O

pa-sado venres o Consello de Ministros apro-bou unha serie de medidas sen contar nin cos sindicatos nin cos grupos políticos que conforman o Pacto de Toledo. Como non hai mostras de diálogo, UGT seguirá apos-tando pola mobilización co fin de que o Go-berno acceda a negociar”, afirmou Barrera.

i

mos continuAr A mobilizAción A FAVor dAs nosAs pensións

o

s cAmbios no sistemA de

s

eguridAde

s

ociAl pActAdos con Axentes

(4)

gAliciA lAborAl, boletín dixital da ugt de galicia nº 708 semana do 12 ao 18 de decembro de 2016

Redacción.- A Unión Xeral de Traballa-dores considera que o aumento da contía do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) un 7% para 2017, que o Pleno do Congreso dos De-putados validou, é importante pero clarísima-mente insuficiente.

Para UGT, o razoable sería aumentar o SMI ata 800 euros en 2017, para alcanzar os 1.000 euros en 2020, o 60% do salario medio tal e como recomenda a Carta Social Europea para responder as necesidades do país e da realidade económica na que vivimos. Así llo fi-xeron chegar as organizacións sindicais ao presidente do Goberno na última reunión pero parece que continúa fuxindo do diálogo social. O sindicato considera que, se de verdade quérese dialogar, un aumento dos salarios

neste país debería ser froito da negociación e o consenso coas organizacións sindicais e patronais, que son os que teñen a responsa-bilidade e lexitimidade nesta materia, en lugar de pactalo entre forzas políticas.

En calquera caso, a sostida e firme pre-sión exercida polas organizacións sindicais e a convocatoria de mobilizacións influíu para proceder a unha subida que será positiva tanto para recadar máis para a Seguridade Social como para que o conxunto dos salarios tendan á alza, porque este ano non hai nin-gunha razón para conxelar de novo os sala-rios agás se se queren aumentar máis os be-neficios das empresas.

Máis de 5 millóns e medio de persoas, no noso país, cobran o SMI ou unha contía

me-nor e apenas poden chegar a fin de mes. A re-partición da riqueza mudou de novo nos últi-mos anos e agora a maioría da riqueza vai pa-rar aos beneficios das empresas, en lugar de dirixirse ás rendas dos traballadores.

O Goberno ten que sentir a presión da ci-dadanía nas mobilizacións para cambiar as políticas e atender as necesidades sociais, porque nesta lexislatura hai que recuperar de-reitos e atender ás persoas.

A

subidA do

smi

debe AlcAnzAr os

1.000

euros en

2020

Redacción.- UGT considera que o Go-berno ten que recoñecer que o Plan de Ga-rantía Xuvenil non funciona, deixar de poñer parches e, a partir de aí, reconstruílo a través do diálogo social, de forma real, con meca-nismos de seguimento e control que permitan avaliar resultados sen ter que esperar dous anos para constatar o seu fracaso. O Execu-tivo non pode pretender renovar este plan nas mesmas condicións. É preciso facer fronte ao desemprego e para o efecto desánimo que se estende neste sector da poboación con polí-ticas activas e formación que incorporen e manteñan aos mozos no mercado de traballo. O desemprego xuvenil é unha das maio-res preocupacións de UGT. Os últimos datos en materia de emprego xuvenil revelan un descenso significativo da poboación activa e da taxa de ocupación. Os altos niveis de tem-poralidade, parcialidade e desemprego entre os mozos en España, a falta de oportunidades no emprego e de formación provocaron a ex-tensión do efecto desánimo (no último ano hai 65.600 mozos inactivos máis).

Actualmente, hai 6,5 millóns de mozos menores de 30 anos en España en idade de traballar, segundo a Enquisa de Poboación Ac-tiva do terceiro trimestre de 2016. Deles, 2,8 millóns son inactivos e 3,7 millóns queren tra-ballar. Destes últimos, só 2,5 teñen un em-prego; o resto, 1.162.400 mozos menores de 30 anos, están desempregados.

Con respecto a Europa, a taxa de em-prego dos mozos menores de 25 anos ató-pase máis de 12 puntos por baixo da dos ve-ciños europeos, mentres a súa taxa de paro máis que duplica os valores medios da Unión

Europea. Entre os mozos de 25 a 29 anos a situación é similar, cunha taxa de ocupación 10 puntos inferior e unha taxa de desemprego que dobra as europeas.

No último ano, a pesar de que se reduciu o número de desempregados novos en 215.600, non se xerou emprego na mesma contía. Só un terzo dos mozos que deixou o paro ten un emprego. E hai 65.600 activos me-nos.

A pesar destes datos, o Plan de Garantía Xuvenil, aprobado en Europa para que se aplicase en todos os países cunha elevada taxa de desemprego xuvenil e que en Es-paña desenvolveuse sen diálogo social, foi un auténtico fracaso. A participación dos mo-zos nestes plans foi case nula e non por falta de interese, senón principalmente por desco-ñecemento da súa existencia -por falta de in-formación- e pola complexidade do seu rexis-tro. Ao 31 de outubro deste ano, estaban inscritos 369.056 mozos menores de 30 anos, menos do 56% dos desempregados rexistra-dos, e só un 31,7% dos desempregados deste tramo de idade, segundo a EPA.

O Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, tal e como UGT denunciou sempre, adoece de falta de trasparencia e nunca se puido avaliar a repercusión real que tiveron as accións que ata o momento leváronse a cabo en materia de orientación, formación e inserción. As organi-zacións sindicais demandaron reiteradamente información e que o Goberno convocase a co-misión de seguimento do plan para avaliar os resultados das devanditas accións.

Os propios órganos que executan o plan

recoñeceron que ten grandes fallos que o fan ineficaz e que tampouco teñen medios para avaliar os resultados das accións realizadas.

A Recomendación do Consello Europeo sobre a Garantía Xuvenil sinala que os me-nores de 25 anos (en España, en 2015 o Go-berno tomou a decisión de ampliar o colectivo de beneficiarios ata os 29 anos) poidan reci-bir nun prazo máximo de catro meses unha oferta de emprego, de educación ou forma-ción, tras finalizar os seus estudos ou quedar desempregados. No Informe sobre a Aplica-ción da Garantía Xuvenil da Comisión Euro-pea especifícase claramente que para Es-paña non se dispón de información. Pero si queda claro por parte da Comisión no seu do-cumento de avaliación xeral sobre o Plan para 2016 que, a pesar do descenso no desem-prego xuvenil en España, este segue sendo elevado. Tamén especifica a Comisión no seu informe de avaliación que o Plan de Garantía Xuvenil aínda non deu resultados no noso país e que o número de rexistros permanece baixo.

UGT, unha vez máis, reclama ao Goberno que deixe de poñer parches a un plan que foi un auténtico fracaso e reivindican que se re-tome a senda do diálogo social para construír un Plan de Garantía Xuvenil novo, con debate e participación dos interlocutores sociais, que sexa operativo, eficaz, e cuns mecanismos de seguimento e control tales que non haxa que volver esperar outros dous anos para analizar e concluír que os pasos que se deron foron moi insuficientes. É preciso traballar de forma eficaz en favor de políticas activas de em-prego e formación que incorporen e manteñan á mocidade ao mercado laboral.

ugt

denunciA A pretensión do

g

oberno de pArcheAr o

p

lAn de

(5)

Redacción.- O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, manifestou que a votación no Congreso dos Deputados para derrogar a reforma laboral do Partido Popular "é un xesto, un sinal, que nos indica que no Parlamento hai xogo, que o Parlamento ten vida, e que o Goberno pode tratar de non cambiar nada pero vai ter que facelo porque a maioría dos cidadáns de Es-paña, 7 de cada 10, votaron para que se cambien as políticas aínda que o Goberno sexa o mesmo".

"Hai unha maioría comprometida cos cambios e nós imos traballar a fondo para conxugar a presenza na rúa coa necesidade de que se fagan eses cam-bios, e, nese sentido", subliñou, "que considera que as mobilizacións convo-cadas para o 15 e o 18 de decembro e o calendario que imos poñer en marcha, vai marcar un fito e un cambio na actual situación de recortes que vivimos os tra-balladores e as persoas máis desfavore-cidas no noso país".

"Agradezo moito aos grupos

parla-mentarios que cumpriron cos compromi-sos adquiridos cos sindicatos de dar so-porte á derrogación máis aló de que os cambios proveñan duns ou doutros. O fondo é o que importa e eu creo que onte se fixo un xesto do conxunto dos grupos de tentar sumar e dar esperanzas á maioría dos cidadáns", engadiu.

Pepe Álvarez finalizou apelando ta-mén aos cidadáns para saír á rúa porque a rúa será un elemento que engrasará os acordos e os cambios no Congreso dos Deputados.

o

Apoio do

c

ongreso á derrogAción dA reFormA lAborAl reFlicte

que hAi unhA mAioríA pArlAmentAriA comprometidA co cAmbio

Redacción.- A Unión Xeral de Traballa-dores considera que a proposta da ministra de Emprego de establecer medidas para a ra-cionalización de horarios laborais é positiva e necesaria para a conciliación da vida familiar e laboral dos traballadores pero insuficiente. Para o sindicato, falar dun pacto destas características sen derrogar a reforma laboral, en primeiro lugar, lesiva de xeito evidente para os traballadores, resulta algo utópico e inco-herente. Neste sentido, o alto volume de tra-ballo a tempo parcial, sobre todo involuntario, o alto número de horas extras sen contabilizar que realizan os traballadores ou a posibili-dade que ten o empresario de distribuír unila-teralmente ata o 10% da xornada laboral anual supoñen escollos insalvables para poder facer efectivas estas formulacións.

Ademais, UGT considera que a articula-ción de todas as medidas que se realicen para favorecer esta racionalización deben darse no marco da negociación colectiva, que é onde se debe falar da distribución dos ho-rarios e xornadas. Non todos os sectores son iguais e no espazo da negociación colectiva é onde se poden adaptar estas medidas ás ca-racterísticas de cada un.

Desta forma, a liberalización de horarios comerciais, por exemplo, é outro dos puntos importantes que chocan coa conciliación e a racionalización de xornadas. Habería que pre-guntarlle á ministra de Emprego se ao propo-ñer estas medidas estaba a pensar en todos os traballadores do comercio ou a hostalería que se viron afectados por esta política apro-bada desde o seu partido.

Para UGT, sería fundamental que se pro-movese o desenvolvemento dunha cultura empresarial cuns horarios de traballo que per-mitan esta conciliación e a xeración de postos de traballo, e se acordase o desenvolvemento de políticas e accións formativas aos empre-sarios encamiñadas a dar un maior valor ao tempo e á súa xestión, xunto cunha maior

sen-sibilización da sociedade. Neste sentido, para o sindicato a xornada de 35 horas permitiría re-ducir horarios e repartir o emprego nun mo-mento onde fai máis falta que nunca, sen maiores medidas traumáticas. Ademais, o la-bor de vixilancia da Inspección de Traballo resulta, nesta materia, fundamental para po-der promover unha conciliación real das fami-lias deste país, evitando os abusos nas em-presas.

Por todo iso, resulta fundamental acome-ter un proceso de racionalización dos horarios, que repercuta nunha maior calidade de vida para as persoas deste país e a sitúe ao mesmo nivel que outros países da contorna cuxas sociedades son, ademais, as máis pro-dutivas.

s

en derrogAr A reFormA lAborAl non se poderá Acometer A

(6)

gAliciA lAborAl, boletín dixital da ugt de galiciagAliciA lAborAl, boletín dixital da ugt de galicia nº 268nº 708 semana do 12 ao 18 de decembro de 2016semana do 4 ao 10 de febreiro de 2008

Redacción.- O Índice de Prezos ao Consumo de novembro segue constatando a debilidade do crecemento económico xa que, a pesar de aumentar no terceiro tri-mestre ao 3,2%, non repunta o consumo in-terno. A este dato súmanse os elevados ni-veis de desemprego e a deterioración do mercado laboral que, marcado pola tem-poralidade, a precariedade, a parcialidade, provocou un maior empobrecemento dos traballadores e as traballadoras. Para UGT, ademais dun plan de choque polo emprego que procure máis emprego e de máis cali-dade, son necesarias, subidas salariais, e das pensións, por encima da inflación -o au-mento medio previsto é do 1,3%- para di-namizar o consumo e recuperar o poder ad-quisitivo perdido; as rendas salariais deben gañar participación na repartición da renda e incluír cláusulas que garantan o poder de compra dos traballadores e as traballado-ras.

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a taxa anual do IPC mantense no 0,7%, debido a que os carburantes e lubrican-tes están máis baratos este mes en rela-ción co mes de novembro do ano pa-sado. O efecto destes prezos tamén ten o seu traslado na variación mensual dos prezos no noso país, que diminuíu sete décimas e sitúase no 0,4%. Nesta evo-lución mensual do IPC mantense o efecto estacional derivado do inicio da

tempada de inverno e os prezos do grupo de vestido e calzado.

Pola súa banda, a inflación subxa-cente, que mide a variación xeral de prezos descontando os alimentos non elaborados e os produtos enerxéticos, mantense na mesmo nivel do mes pa-sado, o 0,8%, unha décima por encima da xeral. Por último, no mes de no-vembro a taxa de variación anual do IPC Harmonizado (IPCA) mantense no 0,5%, unha décima por baixo da taxa media da eurozona, segundo o dato provisional.

Aínda que se sitúa en termos positivos, a evolución dos prezos continúa reflectindo unha debilidade preocupante da economía, que a pesar de crecer no terceiro trimestre ao 3,2% interanual, reflicte unha menor achega do consumo interior. O gasto final

en consumo dos fogares creceu catro dé-cimas por baixo do incremento anual re-flectido no trimestre anterior. E, segundo eses datos de Contabilidade Nacional, a va-riación anual do custo laboral unitario foi de -0,1%, catro décimas inferior ao deflactor do PIB.

Ademais, coñecemos no mes de no-vembro por primeira vez o Índice de Pre-zos do Traballo, un indicador que pre-tende medir a evolución temporal do prezo da man de obra, eliminando o efecto de cantidade e calidade do factor traballo. Segundo este indicador, o prezo do traballo descendeu un 0,7% entre 2008 e 2014, o que sumado a un incre-mento do 8,7% da media anual de IPC nese período, arroxa unha perda de po-der adquisitivo de 9,4 puntos entre 2008 e 2014, moi por encima do calculado ata o momento.

s

AlArios e pensións deben gAñAr poder AdquisitiVo

Redacción.- A vicesecretaria xeral de UGT, Cristina Antoñanzas, e a secretaria de Saúde Laboral e Medio Ambiente do sindicato, Ana García de la Torre, partici-paron na inauguración da Xornada Confe-deral de Saúde Laboral na que se analiza-ron os retos da prevención de riscos laborais e presentáronse os traballos do Observatorio de Riscos Psicosociais.

Na súa intervención, Ana García de la Torre sinalou que "o 38% dos traballadores españois cre que o seu traballo afecta ne-gativamente á súa saúde, unha cifra que se sitúa lonxe da media europea onde a porcentaxe é do 26%. Uns datos que mos-tran, claramente, que as condicións de tra-ballo empeoraron. Xa que, respecto de 2010, a porcentaxe de traballadores espa-ñois que considera que o seu traballo pre-xudica á súa saúde aumentou un 10%".

García de la Torre explicou que "os cambios no mercado de traballo europeo,

xa sexan demográficos, estruturais ou tec-nolóxicos, están a afectar significativa-mente ás condicións de traballo, a cali-dade do mesmo, a propia composición da poboación traballadora e os riscos pre-sentes no traballo, do que xorde a necesi-dade de actualización permanente dos sis-temas de prevención".

"Un dos principais retos", sinalou, "é o aumento da proporción de traballadores de idade avanzada en Europa. As tenden-cias da poboación activa na UE-27 apun-tan a que o grupo de idades de 55 a 64 anos aumentará nun 16,2 % (9,9 millóns) entre 2010 e 2030, mentres que os de-mais grupos de idades mostran unha ten-dencia á baixa".

"A idade media dos traballadores eu-ropeos será máis alta que nunca e, en moi-tos países, os traballadores de idade avan-zada representarán o 30 % ou máis da poboación activa. Un incremento da idade

da poboación traballadora que necesitará atención política en materia de saúde la-boral centrada en asegurar que as condi-cións de traballo poden ser soportadas po-los traballadores maiores e que son sustentables ao longo de toda a vida labo-ral evitando saídas prematuras do mer-cado de traballo".

"Ademais", subliñou, "as novas formas de organización, o crecente tempo-presión do traballo, os cambios tecnolóxicos e as reestruturacións teñen impacto drástico nas condicións laborais, o que afecta di-rectamente á saúde dos traballadores".

A secretaria de Saúde Laboral e Me-dio Ambiente destacou así mesmo que haberá que facer fronte a consecuencias para a saúde da actividade laboral entre os maiores de 55 tales como a sinistrali-dade laboral, o cancro de orixe laboral, as incapacidades temporais ou perma-nentes.

o

reto dA preVención de riscos lAborAis será o Aumento de

(7)

Redacción.- No décimo aniversario da aprobación da Lei de Dependencia, UGT reclama maiores recursos materiais e eco-nómicos para dar cobertura a todos os que necesitan a axuda. Desde 2011, o Goberno diminuíu o orzamento a esta partida en 619 millóns, cando hai 150.000 potenciais be-neficiarios máis, e aínda hai en lista de es-pera máis de 350.000 dependentes espe-rando a axuda. Por iso, o sindicato esixe a aplicación precisa da Lei, que non se cum-pre en toda a súa extensión, para que se garanta a atención integral de todos os be-neficiarios; aumentar os servizos e a contía das prestacións, polo menos, nun 20%; e mecanismos que aseguren a sustentabili-dade económica desta lei, incluíndo un novo marco de cooperación interadminis-trativa.

Con motivo do décimo aniversario da aprobación da Lei de Dependencia, o 14 de decembro, UGT denuncia a escasa cober-tura do sistema, xa que non é capaz de cu-brir a todos os que necesitan a axuda, e re-clama maiores recursos para o sistema, tanto materiais como económicos.

O sindicato sinala que existen 1.212.048 persoas cun grao de dependen-cia recoñecido e, delas, 355.596 están en lista de espera. As prestacións do sistema non son suficientes e paulatinamente van aumentado as persoas que esperan unha prestación económica ou un servizo que, nalgúns casos, nunca chega.

Neste sentido, asistimos á paralización da lei e os efectos demoledores dos recor-tes e reformas aprobadas polo Goberno

do Partido Popular nestes últimos anos, entre elas o Real Decreto Lei 20/2012, que nos conduciron a un descenso das persoas aten-didas; unha redución do nú-mero de horas de atención no domicilio (aínda cando sempre foron insuficientes); a falta de atención ás per-soas en situación de depen-dencia; unha incompatibili-dade completa das

prestacións; a diminución da contía das prestacións para percibir; a suspensión da obrigación de realizar o convenio especial, cuxa cotización era sostida pola Adminis-tración do Estado, xa que máis de 140.000 coidadores deixan de cotizar á Seguridade Social e incrementouse o copago.

Para UGT, os sucesivos recortes orza-mentarios fan dubidar acerca da sustenta-bilidade do sistema para a autonomía e atención á dependencia. A eliminación de fontes de financiamento está a operar como un impedimento insalvable na atención ás persoas nesta situación. Mentres que, no ano 2011, a achega vía Presupostos Xerais do Estado foi de 1.498 millóns de euros máis a achega por convenios foi de 283 mi-llóns de euros; no ano 2016 a achega vía presupostos foi de 1.162 millóns de euros e a achega vía convenios desde o ano 2012 é de cero.

Desta maneira, dispoñemos de 619 mi-llóns de euros menos e, con todo, hai 154.946 beneficiarios máis, algo totalmente incongruente. Pódese e débese ofrecer

unha atención a todas as persoas en si-tuación de dependencia e que a atención sexa de calidade, pero para iso hai que do-tarse dos recursos suficientes.

Por iso, UGT esixe ao Goberno a apli-cación da lei de dependencia, para que se garanta a atención e coidados ás persoas beneficiarias de forma integral, de tal forma que se asegure a percepción das presta-cións universais e públicas como un dereito subxectivo; a derrogación inmediata do Real Decreto de 2012, unha protección efi-caz das situacións de dependencia a través do incremento na intensidade dos servi-zos, o aumento da contía das prestacións polo menos nun 20%, e establecer a com-patibilidade entre determinadas prestacións de tal forma que se alcance unha protec-ción íntegra.

Ademais, o sindicato reclama meca-nismos que aseguren a sustentabilidade económica da lei, garantan os niveis de protección do sistema e instauren un novo marco de cooperación interadmi-nistrativa.

ugt

esixe o Aumento do

20%

nA contíA dAs prestAcións por

dependenciA

Redacción.- Este mércores deuse lectura no Parlamento de Ga-licia a unha declaración institucional aprobada con motivo da petición de indulto para Carlos e Serafín, que asistiron ao Pleno.

No texto, o Parlamento amosa o seu apoio ao indulto de Carlos e Se-raín, dous traballadores condeados a tres anos de cárcere por participar nun piquete informativo na folga do transporte no 2008. Xa dende hai máis de dous anos véñense convo-cando en Vigo mobilizacións e con-centracións para pedir o indulto de ambos por esta condea.

Xa en decembro de 2013, o

Con-sello de Ministros denegoulles a con-cesión de indulto que tiñan pedida os sindicatos UGT, CCOO e CIG, con miles de sinaturas de cidadáns gale-gos, o que motivou unha nova petición de indulto, que reci-biu o apoio da Cá-mara autonómica en febreiro de 2014.

De novo, o

Par-lamento galego reitera a súa solida-riedade con Carlos e Serafín, pro-nunciándose a favor de que o

Consello de Ministros tome en con-sideración a petición de indulto e se evite así o seu ingreso en prisión.

Referências

Documentos relacionados

CAROL KNOPLOCH [email protected] -SÃO PAULO- Para evitar longas filas para retirada de ingressos e problemas como "assentos nobres" mal localizados e familiares e

Conhecer as relações quimicas; Construção de moléculas em 3D; Desenvolver o pensamento computacional a partir da construção da combustão de elementos; Compreender a

6-Critérios de exclusão dos Indivíduos: Eu não poderei ser incluída no estudo ou poderei ser excluído se não atender aos critérios de inclusão. 7-Critérios para o

To demonstrate that SeLFIES can cater to even the lowest income and least financially trained individuals in Brazil, consider the following SeLFIES design as first articulated

•   O  material  a  seguir  consiste  de  adaptações  e  extensões  dos  originais  gentilmente  cedidos  pelo 

O programa de reabilitação fase III associado à VNI promoveu melhora dos valores de frequência cardíaca, na força muscular respiratória, na funcionalidade e na tolerância

Conhecer os fatores de risco, as causas e as possíveis consequências, que envolvem os idosos que sofreram quedas, se traduz em informações significativas para a promoção

Pretende-se, nesse documento, fazer uma primeira apresentação dos resultados de pesquisa realizada pelo IBOPE, sobre a percepção da sociedade brasileira a respeito do