• Nenhum resultado encontrado

INFORME DA CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL 99

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "INFORME DA CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL 99"

Copied!
20
0
0

Texto

(1)

INFORME DA CAMPAÑA DE

VACINACIÓN ANTIGRIPAL 99

(2)

A campaña de vacinación antigripal levouse a cabo desde o 27 de setembro ó 19 de novembro do 1999, seguindo os criterios que a continuación se detallan:

1.- POBOACIÓN DIANA

Grupos con maior risco de padecer complicacións derivadas da gripe

• Persoas de 65 ou máis anos de idade.

• Adultos e nenos de 6 ou máis meses de idade, con enfermidades crónicas pulmonares ou cardiovasculares, incluíndo os nenos asmáticos.

• Residentes en institucións pechadas, de calquera idade a partir de 6 meses, que padezan procesos crónicos.

• Adultos e nenos de 6 ou máis meses de idade que precisaron revisións médicas regulares ou hospitalización durante o ano anterior, a causa de enfermidades metabólicas crónicas (incluíndo a diabete mellitus), alteracións renais, hemoglobinopatías, ou inmunosupresión (incluíndo a inmunosupresión debida á medicación).

• Nenos e adolescentes (6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de aspirina, xa que teñen un maior risco de desenvolve-la síndrome de Reye tras unha gripe.

• Mulleres que se encontran no 2º ou 3º trimestre do embarazo durante a temporada de gripe.

Mulleres embarazadas con condicións médicas de alto risco de complicacións pola gripe deberían ser vacinadas independentemente do momento do embarazo.

Grupos potencialmente capaces de transmiti-la gripe ás persoas de alto risco

• Médicos, persoal de enfermería e calquera outro persoal hospitalario ou ambulatorio que manteña contacto frecuente con pacientes pertencentes a grupos de risco de calquera idade, incluíndo os nenos.

• Empregados de institucións pechadas e outras institucións para enfermos crónicos, que teñan contacto cos pacientes ou residentes.

• Asistentes domiciliarios de persoas incluídas nos grupos de risco (enfermeiros/as, traballadores voluntarios, etc.).

• Membros da familia e conviventes de persoas incluídas nos grupos de risco (tamén os nenos desde 6 ou máis meses de idade).

2.- OBXECTIVOS DA CAMPAÑA

Os obxectivos establecidos para a campaña de vacinación 1999 son os que a continuación se detallan:

(3)

2.1.- Obxectivo xeral:

Diminuí-lo número e a gravidade das complicacións derivadas de padece-la gripe na poboación da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a vacinación das persoas incluídas nos grupos de risco.

2.2.- Obxectivos específicos:

2.2.1. Aumenta-la cobertura de vacinación da poboación de 65 ou máis anos. A cobertura mínima para acadar deberá ser superior ó 56% neste grupo de risco.

2.2.2. Aumenta-la vacinación dos traballadores de centros sanitarios e sociais nun 7%.

2.2.3. Aumenta-la vacinación das persoas incluídas noutros grupos de risco nun 4%, aproveitando a actividade asistencial diaria para realiza-la captación e vacinación desta poboación.

2.2.4. Reducir a un 5% os concellos onde se acadan unhas coberturas menores ó 40%.

2.3.- Obxectivos de xestión:

2.3.1. Asegura-lo control sobre as doses vacinais, tanto na súa recepción como na almacenaxe nas neveiras dos centros de vacinación. Nese sentido, débese controlar tanto a rede de frío como a optimización das doses vacinais conseguindo que:

• as consultas motivadas pola ruptura da rede de frío non superen o 2% do número de envíos que se realicen

• a porcentaxe de vacinas sobrantes ou inutilizadas non supere o 2% do total das vacinas remitidas a tódolos puntos de vacinación

• a “folla de subministración de vacina solicitada” sexa debidamente cuberta en tódolos seus puntos no 100% dos casos, xa que isto permitirá levar a cabo o control da facturación da empresa distribuidora

2.3.2. Mante-la porcentaxe de puntos de atención primaria públicos que remiten rexistros nun 100% e aumenta-lo número doutros puntos de vacinación antigripal que remiten rexistros ata chegar ó 95%.

2.3.3. Aumenta-la porcentaxe das doses aplicadas e recollidas no correspondente rexistro en relación coas doses dispoñibles ó 98%.

2.3.4. Realiza-lo seguimento do 100% das reaccións adversas seguintes á vacinación (RASV) notificadas, mediante a súa investigación nos casos en que se precise. Para iso, deberase cubri-lo protocolo establecido no informe: “Reaccións adversas seguintes á vacinación” (Guías de Saúde Pública, Serie I, Sección Vacinas, Informe 3). Ademais é aconsellable a utilización do “Programa de notificación voluntaria de sospeita de reaccións adversas a medicamentos” e notificar, a través da tarxeta amarela, estas RASV ó Centro Rexional de Farmacovixilancia da Comunidade Autónoma de Galicia.

(4)

3.- AVALIACIÓN DA CAMPAÑA

3.1.- Indicadores de morbilidade e mortalidade

O número de casos de gripe notificados a través do Sistema de Enfermidades de Declaración Obrigatoria desde a semana número 33, onde comeza a temporada de gripe, do ano 1999, ata a semana número 22 do ano 2000, última semana da que se dispón da totalidade de datos, ascendeu a 216.092 casos; para ese mesmo período, pero referido á temporada anterior, o número de casos de gripe declarados foi de 249.298. Na presente temporada notificáronse, polo tanto, 33.206 casos menos de gripe que na temporada anterior, o que representa unha diminución do 13,3%.

Comparando semana a semana, os datos notificados amosan que na temporada 99/00 produciuse un adianto da onda epidémica, que alcanzou a súa máxima incidencia na semana 2 de 00, mentres que no ano anterior este feito ocorrera na semana 6.

Na gráfica nº 1 amósanse os casos de gripe declarados nas temporadas 98-99 e 99-00 (ata a semana 22).

Gráfica nº 1: Número de casos declarados de gripe durante as temporadas 98-99 e 99-00 (ata a semana 22)

Na táboa nº 1 móstranse as taxas de mortalidade en adultos debido á gripe segundo grupos de idade, desde o ano 91 ata o 98, calculadas segundo os datos do rexistro de mortalidade de Galicia. 0 5 .00 0 1 0.0 0 0 1 5.0 0 0 2 0.0 0 0 2 5.0 0 0 3 3 3 5 3 7 3 9 4 1 4 3 4 5 4 7 4 9 5 1 1 3 5 7 9 1 1 1 3 1 5 1 7 1 9 2 1 2 3 2 5 2 7 2 9 3 1 Incide ncia 9 8/9 9 Incide ncia 9 9/0 0 Campaña de vacinación antigripal ano 99 Nº de casos

(5)

Táboa nº 1: Taxas de mortalidade por gripe segundo o grupo de idade. Taxas por 100.000 habitantes 15-24 25-34 35-44 45-54 55-64 65-74 75-84 > 84 1991 --- --- --- --- 0,6 2,0 15,5 136,8 1992 --- --- --- --- 0,3 0,4 5,4 43,1 1993 0,2 --- --- 0,6 --- 0,4 5,8 62,6 1994 --- --- --- --- --- --- 5,7 47,0 1995 --- --- --- --- --- 1,1 6,9 55,5 1996 --- --- --- --- --- 0,4 3,7 67,3 1997 --- --- --- --- --- 0,7 7,3 88,4 1998 * --- --- --- --- --- 0,3 4,8 31,7 * Datos provisionais

Tal e como se reflicte na táboa, as taxas de mortalidade diminuíron sensiblemente desde o ano 91, primeiro ano de realización da campaña de vacinación antigripal.

3.2.- Indicadores de cobertura vacinal 3.2.1.- Resultados globais de Galicia

Os indicadores de cobertura soamente son cuantificables para o grupo de persoas de 65 ou máis anos, dado que para o resto dos grupos de risco non se dispón de datos de prevalencia das ditas enfermidades na poboación polo que resulta imposible calcula-la taxa de cobertura ó non dispoñer de denominadores.

A cobertura acadada na campaña de vacinación antigripal 1999, nas persoas de 65 ou máis anos, na Comunidade Autónoma de Galicia foi do 57,1%, téndose vacinado un 61,4% de homes e un 54,1% de mulleres, neste grupo de idade.

Para calcula-la cobertura emprégase, como numerador, o número persoas de 65 ou máis anos ós que se lles administra a vacina e que se rexistra como tal, e, como denominador, a poboación dese grupo de idade.

Nesta campaña, a fonte de datos usada para calcula-lo denominador foi a actualización do ano 98 sobre o padrón do 96 elaborada polo Instituto Galego de Estatística (IGE), mentres que na campaña anterior se utilizou o padrón do ano 96. Debido a este cambio de denominador non é adecuado compara-las coberturas conseguidas na campaña do ano 99 coas obtidas en anos anteriores, polo que a análise comparativa desta campaña con respecto ás anteriores se centrará na evolución do número de persoas vacinadas de 65 ou máis anos. Non obstante, cabe salientar que a cobertura que se alcanzaría na campaña do ano 99, no caso de utilizarse o mesmo denominador que na campaña anterior (padrón municipal do 96), sería do 59,7%, o que representa un incremento de 5,4 puntos con respecto á do ano 98 (54,3 %).

(6)

Ademais é de destacar que a cobertura do 57,1% acadada, a pesar do incremento experimentado no denominador derivado da súa actualización, superou en máis dun punto ó obxectivo establecido ó respecto (56%), o que se valora moi positivamente.

O número de persoas vacinadas de 65 ou máis anos na campaña do ano 99 ascendeu a 300.275, fronte ás 272.834 vacinadas no ano anterior, o que supón un incremento do 10,06%, manténdose a tendencia ascendente que amosa este dato e que se representa na gráfica nº 2.

Gráfica nº 2: Evolución do número de persoas vacinadas de 65 ou máis anos correspondentes ó total de Galicia, campañas 95-99

3.2.2.- Resultados por áreas sanitarias

As coberturas acadadas en persoas de 65 ou máis anos por áreas sanitarias, represéntanse na gráfica nº 3.

Gráfica nº 3: Cobertura de vacinación en persoas de 65 ou máis anos, por áreas sanitarias

20 0 .0 00 22 5 .0 00 25 0 .0 00 27 5 .0 00 30 0 .0 00 32 5 .0 00 G a lic ia 2 2 3 .4 9 6 2 3 9 .7 1 5 2 5 9 .0 7 3 2 7 2 .8 3 4 3 0 0 .2 7 5 9 5 9 6 9 7 9 8 9 9

Campaña vacinación antigripal ano 99

N º v a c in ad os

(7)

Á vista da gráfica pódese comprobar que en Ourense e en Ferrol se obteñen, cunha importante diferencia con respecto as demais áreas sanitarias, as maiores coberturas en persoas vacinadas de 65 ou máis anos, un 66,3% e un 63,0% respectivamente; seguidamente sitúase Lugo, cunha cobertura do 58,7%. Nas restantes áreas sanitarias acadáronse unhas coberturas similares entre si e sensiblemente máis baixas cás anteriores: en Pontevedra o 53,7%, en Santiago e Vigo o 53,1% e, en último termo, sitúase A Coruña, cunha cobertura do 52,4%.

As porcentaxes alcanzadas en cada unha das áreas sanitarias foron contrastadas coa obtida para Galicia, encontrándose que as diferencias entre elas teñen significancia estatística.

O número de persoas vacinadas de 65 ou máis anos na campaña do ano 99 con respecto á do ano anterior, aumentou en tódalas áreas sanitarias, tal e como se amosa na gráfica nº 4 e na táboa nº 2.

Ferrol e Vigo foron as áreas sanitarias nas que se experimentou un maior crecemento, o 19,02% e o 16,96% respectivamente, seguidas por Pontevedra (9,99%) e Santiago (9,49%), obténdose un menor ascenso nas da Coruña e Ourense, (7,27%), e na de Lugo, (7,09%).

Gráfica nº 4: Evolución do número de persoas vacinadas de 65 ou máis anos por áreas sanitarias. Campañas 95-99 5 2,4 6 3 5 3,1 5 8,7 6 6,3 5 3,7 5 3,1 0 1 0 2 0 3 0 4 0 5 0 6 0 7 0 8 0 9 0 1 0 0

A C o ruña F erro l Sa ntia go Lugo O urense P o ntevedra Vigo %

Campaña vacinación antigripal ano 99

Cob

e

rt

ur

(8)

Táboa nº 2: Evolución do número de persoas vacinadas de 65 ou máis anos, por áreas sanitarias, campañas 95-99. Variación campañas 98-99

95 96 97 98 99 Variación 98-99 Variación 98-99 (%) A Coruña 33.629 37.000 39.699 44.216 47.431 3.215 7,27 Ferrol 17.294 18.556 23.204 22.133 26.343 4.210 19,02 Santiago 26.692 28.068 30.613 32.207 35.263 3.056 9,49 Lugo 44.043 47.564 51.428 51.820 55.493 3.673 7,09 Ourense 47.995 49.871 51.592 54.842 58.830 3.988 7,27 Pontevedra 25.496 26.659 28.589 31.120 34.228 3.108 9,99 Vigo 28.222 32.021 33.948 36.496 42.687 6.191 16,96

Á vista dos datos, cabe salienta-lo importante incremento da vacinación en persoas de 65 ou máis anos experimentado na área sanitaria de Ferrol, que se sitúa o mesmo que na campaña do ano 97 entre as que se alcanzan as coberturas máis elevadas, e na de Vigo.

0 10.000 20.000 30.000 40.000 50.000 60.000 70.000 95 96 97 98 99 Oure nse Lugo A Coruña Vigo Santiago P ontevedra F errol Nº vacinados

(9)

Tamén se valora moi positivamente o feito de que, agás do mencionado no parágrafo anterior, os maiores incrementos se experimentaran nas áreas de Pontevedra e Santiago, dado que as súas coberturas, xunto coas da Coruña e Vigo, son menores que nas restantes áreas.

Por outra banda, tamén debe destacarse o incremento do número de persoas de 65 ou máis anos vacinadas experimentado en Ourense e Lugo, áreas nas que habitualmente se alcanzan unhas coberturas sensiblemente máis elevadas.

Aínda que os resultados obtidos este ano valóranse como moi satisfactorios, anímase a que en próximas campañas se continúe nesta mesma liña, mantendo os esforzos que se veñen realizando para incrementa-las coberturas de vacinación nas distintas áreas.

3.2.3.- Resultados por concellos

Na análise por concellos, obsérvase unha desigual cobertura de vacinación nas persoas de 65 ou máis anos, se ben a maioría, 239 dos 314 concellos dos que se dispón de datos, oscila nun rango entre un 40 e un 70%. Non obstante, en 42 concellos alcánzase unha cobertura superior ó 70%.

Nos 33 concellos restantes acadáronse unhas coberturas inferiores ó 40%, o que representa o 10,51%, non cumpríndose, polo tanto, o obxectivo establecido de reduci-la porcentaxe de concellos nos que se produce esa circunstancia a un 5%. Ademais, en 4 deses 33 concellos obtivéronse unhas coberturas moi baixas ou incluso iguais a cero. Este feito pode ser debido a que erroneamente se anotasen as vacinas administradas ás persoas de 65 ou máis anos noutros grupos de risco, ou ben a existencia de subrexistro, é dicir, doses que se administran pero non se rexistran como tales.

Estes concellos con coberturas excepcionalmente baixas son: Corcubión (13,8%) e Vimianzo (16,2%) na provincia da Coruña e Becerreá (15%) e Lourenzá (0%) na provincia de Lugo. Unha vez revisados os datos de anos anteriores detectáronse así mesmo anomalías no rexistro das doses administradas neste último concello, non así nos outros.

Os posibles erros de rexistro e mailo subrexistro detectados afectan negativamente a análise das porcentaxes de cobertura e da administración da vacina antigripal por grupos de risco, influíndo nos resultados globais. En próximas campañas debería incrementarse o control sobre a anotación das doses administradas, especialmente naqueles centros situados nos concellos nos que as coberturas acadadas son máis baixas.

Pola contra, hai dous concellos onde se acadaron unhas coberturas superiores ó 100%: Burela, na provincia de Lugo (126,2%) e Xunqueira de Ambía (101,6%), na de Ourense.

Este feito é recorrente no concello de Burela e pode ser debido á vacinación de persoas de 65 ou máis anos residentes en concellos limítrofes ou a posibles erros cometidos á hora de rexistra-las vacinas administradas a ese grupo de risco.

No caso de Xunqueira de Ambía, este feito pode deberse a erros cometidos á hora de rexistra-las vacinas administradas, xa que o número de doses rexistradas na campaña do ano 99 a ese grupo de risco é moi superior as anteriores, mentres que a poboación de 65 ou máis anos empregada como denominador para calcula-la cobertura nas campañas do ano 97, 98 e 99 é moi similar.

Nas seguintes gráficas (nº 5 - nº 12), represéntanse as coberturas alcanzadas no grupo de risco correspondente ás persoas de 65 ou máis anos, por concellos, en cada unha das áreas sanitarias.

(10)

3.3.- Indicadores de administración da vacina segundo os grupos de risco 3.3.1.- Doses administradas por grupos de risco

O número total de doses administradas e rexistradas como tales na campaña do ano 99 ascendeu a 436.392. A maioría destas, 300.275 (69%), foron administradas ás persoas de 65 ou máis anos.

O número de doses administradas segundo os grupos de risco amósanse na gráfica nº 13. Gráfica nº 13: Número de doses administradas segundo os grupos de risco

3.3.2.- Evolución do número de doses administradas por grupos de risco

Tal e como figura na táboa nº 3, o número de persoas vacinadas incrementouse en tódolos grupos de risco, agás no grupo de persoas con patoloxía cardio-respiratoria.

Táboa nº 3: Evolución do número de doses administradas segundo os grupos de risco. Variación campañas 98-99 Grupos de risco Nº de vacinados 98 Nº de vacinados 99 Variación 98-99 Variación 98-99 (%) Persoas ≥ 65 anos Non institucionalizados 264.413 290.875 26.462 10,01

Ingresados en resid. 3ª idade 8.025 8.862 837 10,43

Ingresados en centros sanitarios 396 538 142 35,86

Inmunodepresión / Embarazo (2º - 3º Trimestre) 3.196 2.687 / /

Persoas institucionalizadas 4.917 5.175 258 5,25

Traballadores de centros sanitarios e sociais 6.420 7.408 988 15,39 Outra patoloxía crónica ou enf. metabólica 17.690 20.840 3.150 17,81

Patoloxía cardio-respiratoria 47.759 45.317 -2.442 -5,11 Sen risco 56.445 54.690 -1.755 -3,11 2 8 9 . 1 3 2 5 4 . 6 9 0 4 5 . 3 1 7 2 0 . 8 4 0 8 . 6 8 6 7 . 4 0 8 5 . 1 7 5 2 . 4 5 7 2 . 6 8 7 0 5 0 .0 0 0 1 0 0 . 0 0 0 1 5 0 . 0 0 0 2 0 0 . 0 0 0 2 5 0 . 0 0 0 3 0 0 . 0 0 0 3 5 0 . 0 0 0 > = 6 5 a n o s n o n i n s t i t u c i o n a l i z a d o s S e n r i s c o P a t o l o x í a c a r d i o - r e s p i r a t o r i a O u t r a p a t o l o x í a c r ó n i c a o u e n f . m e t a b ó l i c a > = 6 5 a n o s i n g r e s a d o s e n x e r i á t r i c o s T r a b a l l a d o r e s c e n t r o s s a n i t a r i o s e s o c i a i s P e r s o a s i n s t i t u c i o n a l i z a d a s > = 6 5 a n o s i n g r e s a d o s e n c e n t r o s s a n i t a r i o s I n m u n o d e p r e s i ó n / E m b a r a z o ( 2 , 3 t r i m . )

(11)

Total 409.261 436.392 27.131 6,63

Cabe subliña-la importancia de que nas próximas campañas se manteña a tendencia ascendente da vacinación de persoas de 65 ou máis anos, ademais de aumenta-la vacinación nos restantes grupos de risco.

A continuación, realízase unha análise máis detallada dos datos dispoñibles sobre a vacinación nos distintos grupos.

•••• Persoas de 65 ou máis anos (non institucionalizadas, ingresadas en residencias de anciáns e ingresadas en centros sanitarios)

Tal e como se amosa na gráfica nº 14, o número de persoas vacinadas e non institucionalizadas de 65 ou máis anos foi aumentando progresivamente desde o ano 95 ó 99.

O incremento da vacinación nestas persoas na campaña 99, en comparación coa do ano 98 é do 10,01%, cifra que duplica á obtida na campaña 98 en relación á do 97 e que fora do 5,44%. Cabe destacar, polo tanto, o significativo ascenso desta porcentaxe.

Gráfica nº 14: Evolución do número de doses administradas en persoas de 65 ou máis anos non institucionalizados. Campañas 95-99

(12)

Con respecto ó grupo de persoas de 65 ou máis anos ingresadas en residencias de anciáns, tamén se produciu un importante incremento da vacinación nesta campaña en relación á do ano anterior, o 10,43%.

O número de vacinas administradas e rexistradas como tales polos centros sanitarios ás persoas de 65 ou máis anos ingresadas, incrementouse na campaña do ano 99 nun 35,86% con respecto á anterior, o que se valora moi positivamente. Para realizar esta análise, do total das doses que figuran rexistradas baixo este epígrafe de persoas de 65 ou máis anos en centros sanitarios, contabilizáronse exclusivamente as anotadas por centros hospitalarios, non incluíndose as rexistradas por centros de atención primaria públicos.

Na gráfica nº 15 e nº 16 represéntase a evolución do número de doses administradas as persoas de 65 ou máis anos ingresadas en residencias de anciáns e ingresadas en centros sanitarios.

Gráfica nº 15: Evolución do número de doses administradas en persoas de 65 ou máis anos ingresadas en residencias de anciáns. Campañas 95-99

2 00.000 2 10.000 2 20.000 2 30.000 2 40.000 2 50.000 2 60.000 2 70.000 2 80.000 2 90.000 3 00.000

>= 65 anos non ins titucionalizados 211.866 228.198 247.684 261.147 289.132

95 96 97 98 99 Escala 200-300 x 103 vaci n ados

(13)

Gráfica nº 16: Evolución do número de doses administradas en persoas de 65 ou máis anos ingresadas en centros sanitarios. Campañas 95-99

•••• Persoas con patoloxía cardio-respiratoria e outra patoloxía crónica ou enfermidade metabólica

O número de persoas con patoloxía cardio-respiratoria vacinadas diminuíu nun 5,11% na campaña do 99, en relación á do ano anterior, non acadándose polo tanto o obxectivo para esta campaña que establecía o aumento da vacinación nun 4%.

Con respecto ás persoas con outra patoloxía crónica ou enfermidade metabólica, cabe destaca-lo importante incremento de vacinados pertencentes a este grupo na campaña do 99 en relación coa do ano anterior, o 17,81%, superando en máis de 13 puntos o obxectivo fixado ó respecto.

Na gráfica nº 17 represéntase a evolución da vacinación nas persoas con patoloxía cardio-respiratoria e con outra patoloxía crónica ou enfermidade metabólica.

0 1.0 0 0 2.0 0 0 3.0 0 0 4.0 0 0 5.0 0 0 6.0 0 0 7.0 0 0 8.0 0 0 9.0 0 0 10 .0 0 0

>= 65 an o s i n gre sa dos e n xe ri átri cos 6.36 3 7.17 5 7.65 7 7.84 4 8.68 6 >= 65 an o s i n gre sa dos e n ce n tros

san i ta ri os

5.26 7 4.34 2 3.73 2 3.84 3 2.45 7

95 96 97 98 99

Escala 0-10.000

Campaña vacinación antigripal ano 99

N º v a c in ad os

(14)

Gráfica nº 17: Evolución do número de doses administradas en persoas con patoloxía cardio-respiratoria e persoas con outra patoloxía crónica ou enfermidade metabólica. Campañas 95-99

Persoas institucionalizadas e persoas incluídas no grupo inmunodepresión / embarazo

(2º-3º trimestre)

A vacinación das persoas institucionalizadas incrementouse nun 5,25% na campaña do ano 99 con respecto á do ano anterior, aproximadamente un punto por riba do aumento do 4% establecido como obxectivo.

Con respecto ás persoas incluídas no grupo de inmunodepresión / embarazo (2º-3º tr.), cabe sinalar que o ano 99 foi o primeiro no que se indicou a vacinación das mulleres embarazadas e no que se rexistraron no mesmo epígrafe ás vacinas administradas a esta poboación e ás persoas inmunodeprimidas, polo que os datos dese ano non son comparables cos obtidos en campañas anteriores. Non obstante, e por esa mesma circunstancia, cabería esperar que o número de doses rexistradas nese epígrafe aumentase, caso contrario do acontecido.

Na gráfica nº 18 amósase a evolución do número de doses administradas nos grupos de risco de persoas institucionalizadas e inmunodeprimidos-embarazadas (2º-3º trimestre).

Gráfica nº 18: Evolución do número de doses administradas en persoas institucionalizadas e inmunodeprimidos-embarazadas (2º-3º trimestre) 0 1 0 .0 0 0 2 0 .0 0 0 3 0 .0 0 0 4 0 .0 0 0 5 0 .0 0 0 6 0 .0 0 0

P ato lo x ía c ardio -re s pirato ria 4 8 .9 2 9 5 3 .4 0 3 4 7 .3 2 0 4 7 .7 5 9 4 5 .3 1 7

O utra pato lo x ía c ró n ic a o u e nf. m e tabó lic a

1 5 .7 7 6 1 8 .5 8 0 1 7 .0 7 2 1 7 .6 9 0 2 0 .8 4 0

9 5 9 6 9 7 9 8 9 9

Escala 0-60.000

Campaña vacinación antigripal ano 99

N º va cina do s

(15)

•••• Traballadores de centros sanitarios e sociais

O número de traballadores de centros sanitarios e sociais vacinados ascendeu a 7.408, o que supón un incremento con respecto á temporada pasada do 15,39%. Non obstante, e a pesar deste aumento e de superarse en 8 puntos o obxectivo establecido para esta campaña de incrementa-la vacinación deste grupo nun 7%, débese insistir novamente na importancia da vacinación deste persoal co fin de reduci-la posibilidade de transmitírlle-la gripe ás persoas de alto risco.

Na gráfica nº 19 pode observarse a evolución do número de doses administradas a traballadores de centros sanitarios e sociais.

Gráfica nº 19: Evolución do número de doses administradas a traballadores de centros sanitarios e sociais 0 1.0 0 0 2.0 0 0 3.0 0 0 4.0 0 0 5.0 0 0 6.0 0 0 Pe rs oas i n s ti tu ci on al i z adas 4.25 3 4.83 6 4.56 6 4.91 7 5.17 5 In m u n ode pre si ó n /Em baraz o 2º-3º T r. 3.15 0 3.54 0 3.16 0 3.19 6 2.68 7

95 96 97 98 99

Escala 0-6.000

Campaña vacinación antigripal ano 99

N º v a c in ad os

(16)

Persoas sen risco

En relación coas persoas vacinadas e catalogadas como sen risco, cabe destacar que o número de vacinas administradas a este grupo con respecto á temporada pasada diminuíu aproximadamente nun 3%, recalcando, non obstante, que coa campaña de vacinación antigripal non se pretende diminuí-la incidencia da gripe nas persoas que non presentan ningunha patoloxía.

3.4.- Indicadores de administración da vacina segundo os grupos de idade

A maioría da vacina foi administrada ás persoas de 65 ou máis anos, tal e como se amosa na gráfica nº 20.

Gráfica nº 20: Administración da vacina segundo os grupos de idade

0 1 .0 0 0 2 .0 0 0 3 .0 0 0 4 .0 0 0 5 .0 0 0 6 .0 0 0 7 .0 0 0 8 .0 0 0 T r a b a l l a d o r e s c e n t r o s s a n i t a r i o s e s o c i a i s 5 .3 3 3 5 .7 0 8 6 .2 3 8 6 .4 2 0 7 .4 0 8 9 5 9 6 9 7 9 8 9 9 E s c a la 0 -8 .0 0 0 N ºv a c in ad os 3 0 0 .2 7 5 1 2 3 .3 2 4 1 2 .7 9 3 0 5 0 .0 0 0 1 0 0 .0 0 0 1 5 0 .0 0 0 2 0 0 .0 0 0 2 5 0 .0 0 0 3 0 0 .0 0 0 3 5 0 .0 0 0 > = 6 5 a n o s 1 5 - 6 4 a n o s < 1 5 a n o s Nº vacinados

(17)

En comparación cos datos obtidos na campaña anterior (272.834 persoas vacinadas de 65 ou máis anos, 123.388 no grupo de idade de 15-64 anos e 13.039 persoas vacinadas menores de 15 anos), cabe subliñar nesta campaña o incremento do 10,06% experimentado no grupo das persoas vacinadas de 65 ou máis anos, diminuíndo lixeiramente o grupo de vacinados de 15-64 anos e menores de 15 anos, un 0,05% e un 1,89% respectivamente.

3.5.- Patrón temporal de administración da vacina antigripal

Durante as tres primeiras semanas da campaña foron vacinados un 71% do total das persoas ás que se lles administrou a vacina, mentres que o 29% restante foron vacinados ó longo das cinco semanas restantes, tal e como se amosa na gráfica nº 21.

Gráfica nº 21: Patrón temporal de administración da vacina antigripal. Porcentaxe acumulada de vacinados

3.6.- Indicadores de xestión

Para a campaña do ano 99 adquiríronse 460.000 doses de vacina de virus inactivados (mortos) e fraccionados.

O número total de vacinas subministradas ascendeu a 448.153, o que supón un incremento dun 5,28% en relación coa campaña anterior (425.694).

28 55 71 83 90 94 97 100 0 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 2ª 3ª

Campaña vacinación antigripal ano 99

% Po rc entaxe acum u lada de vac inados Semanas

(18)

Se cotexámo-lo número de doses subministradas, 448.153, coas aplicadas e recollidas no correspondente rexistro, 436.392, pódese comprobar que existe unha diferencia de 11.761; o que supón que un 97,38% das vacinas subministradas constan como rexistradas. O restante 2,62%, xustifícanse como vacinas inutilizadas por diversos motivos e, fundamentalmente, subrexistro (non anotación das vacinas aplicadas). A comparación deste dato en relación co das campañas anteriores reflicte a melloría da actividade de rexistro vacinal que se vén producindo ano a ano, situándose este indicador a menos dun punto do obxectivo marcado para esta campaña (98%). Na gráfica nº 22 represéntase a evolución deste indicador.

Gráfica nº 22: Evolución da diferencia entre as vacinas subministradas e as rexistradas. Campañas 95-99

Así mesmo, cabe subliñar que dun total de 643 centros ós que se lles subministrou vacina antigripal, e logo de reclamarllos ós puntos de vacinación que non os enviaran, obtivéronse rexistros de 629 deles, o que supón que do 97,82% dos centros conseguiuse información sobre as doses rexistradas.

En relación cos puntos de atención primaria públicos, resaltar que se mantivo a porcentaxe de puntos de atención primaria públicos que remitiron rexistros nun 100%, cumpríndose así o obxectivo establecido ó respecto para esta campaña e que estaba fixado nesa cifra. Non obstante, detéctanse erros de rexistro xa que nalgúns destes puntos se anotaron doses administradas no epígrafe de persoas de 65 ou máis anos ingresadas en centros sanitarios. Nas vindeiras campañas, deberían emendarse estes erros; non se deberá anotar en ningún caso as doses que se administran neste nivel asistencial no apartado de ingresados en centros sanitarios.

A porcentaxe dos restantes puntos de vacinación antigripal que remitiron os correspondentes rexistros situouse nun 93,11%, aproximadamente 2 puntos por debaixo do establecido como obxectivo, o 95%, para a campaña do 99.

420.556 378.736 423.455 394.436 425.437 403.505 425.694 409.261 448.153 436.392 330.000 350.000 370.000 390.000 410.000 430.000 450.000 95 96 97 98 99 S u b m in is tra d a s R e x is tra d a s

Campaña vacinación antigripal ano 99

Nº de

do

(19)

3.7.- Conclusións

Unha vez realizada a análise global dos datos relativos á campaña de vacinación antigripal 99, pódese deduci-lo seguinte:

a cobertura acadada en persoas de 65 ou máis anos foi do 57,1%. Non obstante, cabe salientar que a cobertura que se alcanzaría na campaña do ano 99, no caso de utiliza-lo mesmo denominador que na campaña anterior (padrón municipal do 96) sería do 59,7%, o que representa un incremento de 5,4 puntos con respecto á do ano 98 (54,3%); ademais é de destacar que a cobertura do 57,1% acadada superou en máis dun punto ó obxectivo establecido ó respecto (56%), resultados que se valoran moi positivamente.

o número de persoas vacinadas de 65 ou máis anos na campaña do ano 99 ascendeu a 300.275, fronte ás 272.834 vacinadas no ano anterior, o que supón un incremento do 10,06%, manténdose a tendencia ascendente que amosa este dato e que debería continuar en próximas campañas.

o número de traballadores de centros sanitarios e sociais vacinados ascendeu a 7.408, o que supón un incremento con respecto á temporada pasada do 15,39%. Non obstante, débese insistir na importancia de que en próximas campañas siga a aumentarse a vacinación deste persoal, co fin de reduci-la posibilidade de transmitírlle-la a gripe ás persoas de alto risco.

o número de persoas vacinadas pertencentes a outros grupos de risco incrementouse na totalidade dos grupos, agás no de persoas con patoloxía cardio-respiratoria. En próximas campañas debería aumenta-la vacinación neste grupo e nas persoas incluídas no grupo de inmunodepresión / embarazo (2º-3º tr.).

obsérvase unha melloría da actividade de rexistro de vacinación antigripal, xa que o 97,38% das vacinas subministradas constan como rexistradas, o que representa un incremento de aproximadamente un punto con respecto ó ano anterior (96,14%). Do 100% dos puntos de atención primaria públicos obtivéronse os correspondentes rexistros, mentres que a porcentaxe dos restantes puntos de vacinación dos que se posúe información representa o 93,11%.

Nas próximas campañas debería manterse nun 100% a porcentaxe de puntos de atención primaria públicos que remiten rexistros e aumenta-lo número doutros tipos de puntos de vacinación dos que se obtén a información sobre as doses que administran.

Tamén debe recalcarse a importancia de que no futuro, e dado que seguen detectándose erros de rexistro, se leve un estricto control da anotación das doses administradas no grupo de risco correcto, con especial referencia o epígrafe do grupo de persoas de 65 ou máis anos ingresadas en centros sanitarios, que deberá ser cuberto exclusivamente por centros hospitalarios, e o de persoas de 65 ou máis anos non institucionalizados, no que deberán anotarse as doses administradas a esta poboación, que polo súa idade xa constitúe de por si un grupo de risco, polo que non deberán ser anotadas as doses que se lles administren en ningún outro epígrafe.

(20)

Como conclusión final, subliña-la positiva valoración que se realiza dos resultados obtidos na campaña de vacinación antigripal 99.

(c) Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Referências

Documentos relacionados

a) “Muitos outros acidentes aconteceram no nosso país mas não foram noticiados.”. b) “Muitos outros acidentes aconteceram no nosso país porque não foram noticiados.”. c)

O modelo conceitual procura mostrar quais são os elementos de informação tratados pelo sistema, para que mais adiante se possa mostrar ainda como essa informação é transformada pelo

Para se buscar mais subsídios sobre esse tema, em termos de direito constitucional alemão, ver as lições trazidas na doutrina de Konrad Hesse (1998). Para ele, a garantia

Protocol Layer Router Layer KQML Layer Base Layer Abstract Layer Camadas JATLite Pacotes JATLite: Arquitectura. Setembro 2003 Eugénio

A Psicologia, por sua vez, seguiu sua trajetória também modificando sua visão de homem e fugindo do paradigma da ciência clássica. Ampliou sua atuação para além da

Entretanto, com base no intervalo de confi ança da média (P = 0,05), o período larval foi maior para os insetos alimentados na dieta artifi cial e menor nos insetos desenvolvidos

Numa sociedade como a brasileira, altamente hierárquica e desigual, a conceituação do patrimônio imaterial defendida pelos mentores da política de registro pressupõe o reconhecimento

A presente cotação tem por objeto a escolha da proposta mais vantajosa para a AQUISIÇÃO DE MATERIAL DE PAPELARIA para atender demanda mensal, das Unidades de Saúde Prisional