• Nenhum resultado encontrado

2 xuño 17 setembro 2017 Museo Centro Gaiás Entrada de balde

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "2 xuño 17 setembro 2017 Museo Centro Gaiás Entrada de balde"

Copied!
16
0
0

Texto

(1)

Museo Centro Gaiás

Entrada de balde

(2)

A Cidade da Cultura preséntase como un punto de conexión de Galicia co resto do mundo e un motor para impulsar proxectos culturais innovadores. Construída no cumio do Gaiás, un dos montes que rodean Santiago de Compostela, o arquitecto norteamericano Peter Eisenman deseñou esta “cidade” que semella xurdir da terra para erixirse como unha icona da Galicia contemporánea, dialogando coa Compostela milenaria, Patrimonio da Humanidade e destino do Camiño de Santiago.

Este espazo, destinado á cultura, ao emprendemento e á tecnoloxía, acolle catro institucións culturais:

MUSEO CENTRO GAIÁS. A súa beleza e

flexibilidade convérteno no espazo perfecto para acoller exposicións de gran dimensión, eventos culturais e espectáculos de artes escénicas. Neste 2017 celebramos os seus 5 anos de vida como centro cultural e artístico da Cidade da Cultura.

BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA.

Preservan a memoria bibliográfica e documental da comunidade e actúan como cabeceiras da rede pública de bibliotecas e arquivos.

CENTRO DE EMPRENDEMENTO CREATIVO. Acolle a Axencia Galega de

Industrias Culturais (AGADIC), que impulsa o tecido empresarial no sector cultural, un espazo de coworking, un viveiro de empresas e unha área de empresas TIC que engloba o proxecto de crowdworking 'Galicia Open Future' de Telefónica, 'Connecting for Good Galicia' da man de Vodafone e o 'Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio' liderado por HP.

CENTRO DE INNOVACIÓN CULTURAL (CINC). É sede da Fundación Cidade da Cultura

e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que aglutina os servizos tecnolóxicos da Administración galega.

ESPAZOS NATURAIS. O Bosque de Galicia,

o Xardín Literario e o Parque do Lago son os tres espazos verdes cos que conta o Gaiás. Tres lugares nos que gozar da natureza, descansar, practicar deporte e hábitos de vida saúdable a través da súa rede de sendas e admirar novas caras da cidade de Compostela.

Gaiás, Cidade

da Cultura

(3)

59x50cm Cartón groso ...E inda é nova a terra!

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Esta é a esencia de Flor Novoneyra, a nova exposición do Museo Centro Gaiás que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Flor Novoneyra está formada por máis de cen pezas inéditas realizadas por Lamazares nos dous últimos anos entre Berlín e Madrid, nas que o autor fusiona a súa pintura cunha selección de versos de Uxío Novoneyra traducidos ao Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario

occidental creado por Lamazares, chamado así en homenaxe ao seu pai, e utilizado en todas as facetas da súa vida e obra desde o ano 2012. A cultura labrega fai de fío conductor entre estes dous xenios das artes galegas. O artista que quixo ser poeta atopa noutro o que el sempre quixo dicir: “Unha das razóns polas que preferín a pintura sobre a poesía é porque tantas cousas que puiden escribir, escribiunas Novoneyra”. Unha conexión tras a que se atopa a aldea, a infancia, as vivencias de dous homes unidos á natureza e á poesía como vía de escape.

“Quero que o meu testamento pictórico sexa esta 'Flor Novoneyra' porque coma el penso que 'Inda é nova a Terra' e que todo o importante que temos que decir xa nolo ten dito ela”

Antón Lamazares

2 xuño – 17 setembro 2017

Museo Centro Gaiás

Este encontro fai da exposición un diálogo constante entre pintura e poesía. Así, Lamazares percorre nesta mostra todos os poemarios do autor e os poemas de Novoneyra flúen no cadro sen deixar nada ao azar. As pinturas de Antón Lamazares, traballadas como soños, variacións, brillos e capas que nos trasladan a grandes teas rothkianas están elaboradas a base de cores da nosa terra, da nosa luz e do noso imaxinario. E o soporte, humilde e transgresor, traballado como a terra se traballa na aldea, sementado, mollado e secado: o cartón.

A conexión Lamazares-Novoneyra refórzase nesta mostra coa exhibición de cincuenta caligramas realizados polo poeta do Courel, considerado un dos introdutores da poesía caligráfica na literatura galega, un espazo sonoro no que reencontrarse coa voz de Novoneyra e catro retratos realizados por Laxeiro, Tino Grandío, Tavera e Lorente.

(4)

Últimos versos do último poema do último libro, Ámeto mítico. Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas, onde Novoneyra pecha a certeza do seu peregrinar pleno fronte á extinción. Lamazares descubriu esa certeza e agora nos ofrece o seu testamento pictórico en comuñón co Poeta e coa súa Terra. Palabra e imaxe, signo e símbolo, loitan en Flor Novoneyra contra a extinción da cultura labrega en comuñón íntima e poética coa Terra.

A Terra que fusiona ao pintor co poeta. Lamazares asume a voz de Novoneyra, influénciase, absorbe; radicalízase, encárnase na súa palabra coa fondura existencial e vital da comunidade. Imaxes rescatadas e verbas que nos impulsan cara ao futuro son as armas coas que loitar contra a extinción e afrontar unha transformación certa.

O pintor que quixo ser poeta decidiu, despois de entrar en contacto coas vangardas, dedicarse á pintura. A poesía foi o inicio, unha forma de pensamento que o acompañou en todo o seu peregrinar –acción e mirada– , e pola súa influencia creou o Alfabeto Delfín e este testamento, Flor Novoneyra.

O lugar continuo da poesía na pintura de Lamazares emerxe e desvela as certezas e os

Camiño de volta fago volvo do cabo do Mundo. Terra solo en ti me fundo é a certeza que trago.

Por María Díaz, comisaria da mostra

soños pictóricos e vitais. É unha autoinfluencia, a homenaxe máis fonda á palabra do outro; e tamén unha guía. El di o que di o poeta, non quere escribir nin dicir outra cousa, volve dicilo, proxecta sobre a superficie a palabra gardada, descuberta e doada polo poeta. Nesta intersección, neste lugar compartido, os soños certos do poeta pintor viaxan cara ao futuro: De tódalas naves cabalos e carros que parten sai un canto de permanencia.

Lonxe se vei do cimo do pulo

e hai singladuras que nin precisan do mar. Mais os soños precisan da Terra. Lamazares asume a palabra radical do poeta do Courel: «Residimos tanto na Lingua como na Terra». En Dos soños teimosos, Novoneyra esténdese: «Eu chamaríalle a ese achegamento á Terra, querencia polo profundo, do longamente

conformador, afeito a nós, afeitos a el, tan afeitos a el que nos semella afeito a nós... Algo mana continuamente cara nós dende a Terra». Desbota a visión paisaxística da súa poesía, onde hai Terra, non paisaxe. Esta é a definición dunha escolla política e poética radical. Lamazares polos Eidos de Rosalía e os Eidos da Bama, chega a Os

Testamento

[Poema a Rosalía] 115x115cm. Técnica mista sobre cartón SÓLO da Terra. Ti sabes que o ceo non é noso Poden inseguranza e desemparo i acólleste ós bes certos: a casa!

o val! a patria homilde!

Nosa patria pola que ti clameas furando a

noite Rosalía!

(5)

Eidos do Courel, territorio mítico onde o poeta gardou a plenitude da Lingua na vida campesiña inmediatamente antes de derrubarse. Este canto que mana da Terra, chega a Lamazares e o pintor bebe e canta coma se fose un canto propio. Lamazares percorre en Flor Novoneyra todos os poemarios do autor. A homenaxe e a influencia son sempre apropiacións, mesturas necesarias, miradas e lugares de pensamento compartido. Desciframos os signos nas pinturas e atopamos liñas dos primeiros Eidos: «VAI polo monte o camiño», «No bicarelo do bico do brelo», «CHOVE pra que eu soñe...» ata palpar fendas máis existenciais, coma «Non sein qué agarda a terra / qué agarda a alma» ou as máis lenes; «O aire ten unha cousa / que se perde se un a conta».

Atopamos un fascinio repetido polo poema pictórico total, Galicia Teima Vida / Mundo Laxeiro, e o ollar de Fole según Maside, «Ollar que neva! / Ollar que leva», e a Elexía inmensa escrita por mor da morte do pintor, «Abro a fiestra e ollo a serra pra ti...».

Logo aparecen os versos das outras Elexías: «NUNCA eu fun como te amo», «OUH cor, sempre núo i exposto!», e chega unha descuberta dos poemas políticos: «DE tanto calar

xa falo eu solo», «Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!» ou o pulo luminoso de «E inda é nova a Terra!», ata os soños gregos do poema Viaxe: «Imos/ i en nós regresan tódolos que viñeron», e o ecoar da Berenguela no derradeiro poemario: «fala sola Compostela ela ela ela ela». A lectura provoca progresivamente a influencia e a escolla homenaxea esa transformación que é buscarse nos eidos íntimos e facelos propios: «TODO o que pasou o meu pobo pasoume a min / todo o que pasou o home pasoume a min». Achegámonos aos versos de Novoneyra transcritos co Alfabeto Delfín, con eles Lamazares continúa o anterior proxecto. O alfabeto contén o mundo, o mundo é a infancia e escrita verdadeira, a escrita primeira mana do que escoitamos da Terra: «A chuvia non é miña» despois de «Chove pra que eu soñe...». Volta aos eidos propios a través da poesía, volta ao universo primeiro, aos primeiros signos, as primeiras verbas xustas, dignas coma soños nun alfabeto onírico, descuberto no misterio da creación, na pintura do misterio directa ao corazón.

[Vietnam Canto] Técnica mista sobre cartón 61,5x189,7cm Cartón fino Un pobo nace sempre non remata nunca nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunc anuncanuncanuncanuncanunca 200x200cm Técnica mista sobre cartón e madeira BRANCA Uxío i Arturo Quedaranse no Futuro Quedaredes no Futuro Pre que siga o Pasado E ti Galicia a durar Anque se funda o lousado E caia neve no lar. Anque se funda o lousado E se descubra o faiado

200x200cm Técnica mista sobre cartón e madeira NEVA e non leva. Todo o tempo a un ora. —

Cai a neve a plomo Como nun ámeto pechado cai a neve fora. —

Xa non sei oi o río. Vai nacer outro Uxío pra que siga o pasado.

(6)

Uxío Novoneyra nace o 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda na Serra do Courel nunha familia labrega acomodada. Estuda bacharelato en Lugo e Filosofía e Letras en Madrid. Con vintecinco anos, a editorial Galaxia publícalle Os Eidos (1955), poemario co que, instantaneamente, se converte nun referente imprescindible para a literatura galega.

Entre 1962 e 1966 vive en Madrid onde traballa na Radio Televisión Española dirixindo diversos programas de divulgación literaria nos que desenvolve un recoñecido traballo como “dicidor” de poesía, actividade que foi o epicentro da súa acción poética e política. Novoneyra dedicouse intensamente á poética visual a través dos caligramas e doutros poemas gráficos que integran parte esencial da súa obra composta por dez poemarios, concentrada e continuamente revisada polo autor ao longo de catro décadas. Nos anos 80, considerado un clásico pola crítica e os lectores, compilou a súa obra en distintas entregas dedicadas ao seu ciclo courelán, á poesía amorosa e á poesía política, respectivamente: Os Eidos. Libro do Courel (1981), Muller pra lonxe (1986) e Do Courel

a Compostela (1988) e, nesa mesma época, instalouse definitivamente en Santiago de Compostela.

Exerceu a Presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega (ALG) entre o 1983 e o 1999, desenvolvendo unha incansable labor pública fondamente crítica co poder político e cultural en defensa da lingua e a cultura galega ata a súa morte o 30 de outubro de 1999. Días despois do seu pasamento publicouse o seu derradeiro poemario, Ámeto mítico. Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas (1999), co que pechou unha obra radical, vangardista e comprometida atravesada pola memoria da terra, a loita contra o poder e a conciencia da soidade, o amor e a morte. Uxío Novoneyra foi un dos grandes intérpretes da súa Terra e a súa poesía, de inmensa potencia múltiple, aínda non acadou a derradeira lectura.

Uxío Novoneyra.

Vida, obra e

poesía visual

(7)

Antón Lamazares nace en 1954 en Maceira, aldea de Lalín (Galicia), e estuda internado no convento franciscano de San Antonio de Herbón. Coñece ao poeta Carlos Oroza e aos pintores Laxeiro e Pesqueira, que se converterán nos seus primeiros referentes, e opta pola formación autodidacta. Neste sentido será crucial a súa longa viaxe de 1972 por Inglaterra, Holanda e Francia para estudar directamente a pintura dos mestres que venera: Van Gogh, Paul Klee, Rembrandt e Joan Miró; entre os seus grandes referentes haberán de estar tamén Tàpies, Millares, Giacometti e Bacon, así como a tradición medieval e a arte oceánica e bizantina. Entre 1976 e 1979 recibe unha bolsa da Deputación de Pontevedra, o Concello de Lalín e o Ministerio de Cultura. En 1978 traslada a súa residencia a Madrid, onde entabla estreita amizade co pintor Alfonso Fraile, o crítico de arte Santiago Amón e o neurólogo Alberto Portera.

Durante os anos oitenta expón a súa obra coas galerías Juana Mordó (Madrid), Elisabeth Franck (Bélxica) e Sala Gaspar (Barcelona). En 1987-1988 traballa en Nova York cunha bolsa Fulbright, e en 1989-1990 en París, cunha bolsa da Cité des Arts. No verán de 1988 viaxa por Turquía para coñecer a arte bizantina e o templo de Apolo en Didima, e cumprir promesas de adolescencia. De 1988 a 1991 traballa en Salamanca, onde crea as súas obras bifrontes e grandes polípticos sobre portas de madeira. Nos anos sucesivos realiza exposicións en París, Colonia, Stuttgart, Porto e Basilea. Entre maio e novembro de 1996 permanece en Galicia, convidado polo CGAC, e

pinta Gracias do lugar. No 2000 viaxa a Asís e Florencia para achegarse a San Francisco, ao que dedica Follente Bemil. Entre 2004 e 2016 reside en Berlín; co SEACEX exhíbense monográficas da súa obra en Mestna Gallery (Piran, Eslovenia), Museo Kiscelli (Budapest) e Queen Sofía Spanish Institute (Nova York), e co Instituto Cervantes, en Damasco e a Galería Nacional de Xordania. Expón ademais na Estación Marítima (A Coruña, Un saco de pan duro), Centro de Arte Palacio Almudí (Murcia), Museo de Ourense (Alma en lunes), Centro Cultural da Deputación de Ourense (Domus Omnia) e Museo de Pontevedra

(Lamazares 1980-2010), entre outros. En 2010 a Universidade de Santiago de

Compostela outórgalle a súa Insignia de Ouro. En 2012, Nayra Sanz e Javier Fuentes presentan a película Tan Antiguo como el Mundo, en torno a súa obra. Realiza novas exposicións en Berlín e en Madrid, e presenta en México e Panamá a súa nova serie Alfabeto Delfín, onde funde o pictórico e o poético a través dun alfabeto cristián e labrador, con correspondencia con cada un dos signos do alfabeto latino. Ademais, participa na exposición internacional On the road, en Santiago de Compostela, dedicada a San Francisco de Asís con motivo dos 800 anos da súa peregrinación. En 2016 exhibe no Círculo de Belas Artes de Madrid o seu Alfabeto Delfín, e expón a súa obra na Fundación Antonio Pérez de Cuenca. Desde o outono de 2015 á primavera de 2017 traballa en Flor Novoneyra, homenaxe a Uxío Novoneyra (1930-1999), a quen chama pai.

Antón

Lamazares

(8)

Flor Novoneyra supón un diálogo entre pintura e poesía a través dun elemento central: o Alfabeto Delfín, un código creado polo propio Lamazares inspirado nas 27 letras do abecedario occidental e que o pintor bautizou co nome do seu pai. Lamazares fire e labra o cartón con este alfabeto “cristián e labrador” para “conquistar un espazo poético de misterio e de beleza”, para “ensanchar a mensaxe estética e pictórica”.

Este código propio é utilizado desde o 2012 por Lamazares en todas as facetas da súa vida e obra, converténdose en eixe central das súas últimas exposicións: Alfabeto Delfín, presentada no Círculo de Bellas Artes de Madrid a inicios de 2016, e esta Flor Novoneyra, na que Lamazares ofrece a súa proposta máis orixinal e depurada deste diálogo constante entre pintura e poesía.

Lamazares. Flor Novoneyra conta cun coidado catálogo deseñado por Niko Alvarellos no que se recollen as 180 pinturas creadas polo pintor de Lalín para este proxecto. Cada cadro vai acompañado dunha transcrición do Alfabeto Delfín dos versos de Novoneyra, seguindo a estrutura que presentan na obra. O catálogo complétase con 50 caligramas de Uxío Novoneyra e catro retratos do poeta do Courel realizados por grandes nomes da pintura como Laxeiro, Tino Grandío, Tavera ou Lorente.

O catálogo da exposición conta con textos do propio Antón Lamazares; de María Díaz Rey, comisaria da mostra; Anxo Pastor, membro do Padroado e responsable da obra pictórica da Fundación Uxío Novoneyra; así como do Premio Nacional de Poesía, Juan Carlos Mestre; e do xornalista Manuel Jabois.

Alfabeto

Delfín

(9)

Flor Novoneyra preséntase como un diálogo entre a última pintura de Antón Lamazares e a verba de Uxío Novoneyra a través das expresións polas que compartiron amor e traballo: palabra e imaxe, no camiño intermedio entre as dúas. A Cidade da Cultura ofrece a posibilidade de coñecer ao imprescindible poeta do Courel a través da fascinante pintura contemporánea do artista do Deza nas visitas didácticas especialmente deseñadas para a comunidade escolar en todos os seus niveis educativos.

Visitas

didácticas

Visitas

comentadas

6 Xuñ – 15 Nov

Museo Centro Gaiás

Visitas dispoñibles de martes a venres,

de 10:00 a 18:00 horas

De balde previa inscrición en

visitasdidacticas@cidadedacultura.org ou a

través dos teléfonos 881 997 584 / 881 997 570

Visitas comentadas conxuntas Da árbore á cadeira + Flor Novoneyra

Martes – Venres: 17:30 horas.

Sábados, Domingos e Festivos: 12:30 e 17:30 horas.

Xullo e Agosto, de martes a domingos: 12:30 e 17:30 horas.

De balde | Non é preciso reservar praza.

(10)

Media

Foto: Miguel Vidal

(11)

Media

59x50cm Cartón groso ...E inda é nova a terra! 200x200cm Cartón e madeira

Con calqueras letras faise unha palabra Mais a verba A verba

Leva todo un pobo leva todo o tempo IRIA

GALA

O mazairo roxo deu frores en agosto Entre mazás feitas frores novas Entre GALICIAS unha nena Entre onte

Entre hoxe e sempre E hai máis sinales

Hai días así con nebras máis limpas e Ledas que o azul

É que nacen nenos Inda nacen nenos

58,8x49,5cm Cartón groso Nunca eu fun como te amo

[Poema a Rosalía] 115x115cm. Técnica mista sobre cartón SÓLO da Terra. Ti sabes que o ceo non é noso Poden inseguranza e desemparo i acólleste ós bes certos: a casa!

o val! a patria homilde!

Nosa patria pola que 5 clameas furando a

noite Rosalía!

MANDEO, inorde, ó son da noite! As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. Sobor das barcas: as mulleres! o viño! as viandas! As ondas do río de-valaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. Comemos e bebemos prá ledicia. As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. O viño i as viandas érguenme á lúa chea.

Cando o viño roxo que non perde a coor no cor xa non abonda a nosa sede chegámolos beizos a vasos máis fondos. As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. As mulleres eran verdadeiras como o viño. As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. A medida que o tempo pasaba, alongábame da morte. As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. No milagre longo coidei seguir sempre nas barcas devalando.

[Vietnam Canto] Técnica mista sobre cartón 61,5x189,7cm Cartón fino Un pobo nace sempre non remata nunca nuncanuncanuncanuncanun-canuncanunc anuncanuncanuncanuncanunca OBRAS

(12)

Media

...E inda é nova a terra Nunca eu fun coma te amo

(13)

Media

José Luis Lorente

Retrato de Uxío NovoNeyra, 1965 Tinta sobre papel

Fundación Uxío Novoneyra

(14)

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Secretaría Xeral de Cultura Secretaría General de Cultura Secretaría Xeral Técnica Secretaría General Técnica

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Directora Xerente Directora Gerente

Ana Isabel Vázquez Reboredo

Directora de Acción Cultural

María Pereira Otero

Director de Oficina Técnica

Benito García Caramés

Director Económico Financiero

Santiago González Prado

Fondo Gaiás da empresa galega:

Fondo Gaiás de la empresa gallega: ABANCA

INDITEX INVERAVANTE GAS NATURAL FENOSA FUNDACIÓN BARRIÉ BANCO SABADELL GALLEGO COREN CAMPO GADISA GRUPO NOSA-TERRA 21 ASTILLEROS BARRERAS ESTRELLA GALICIA

R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA MONBUS

EXPOSICIÓN

Comisariada por:

María Díaz Rey

Coordinación técnica

Fundación Uxío Novoneyra

Deseño de montaxe

Diseño de montaje María Díaz Rey

Coordinación exposición

Departamento de Acción Cultural Fundación Cidade da Cultura de Galicia Mar Angosto Acuña

Carmen Menéndez Montero Verónica Santos Farto Fundación Uxío Novoneyra Elba Rei

Uxío Novoneyra Rei Arturo Novoneyra Rei

Montaxe Montaje DAEXGA Gráfica en sala Niko Alvarellos Transporte Corzón Montaxe de sistemas Montaje de sistemas

Oficina técnica. Fundación Cidade da Cultura de Galicia Produccións audiovisuais Producciones audiovisuales CRTVG Espazo sonoro Espacio sonoro Alejandro Sande Seguros Axa art Comunicación e Marketing Comunicación y Marketing

Departamento de Comunicación e Marketing Fundación Cidade da Cultura de Galicia Rebeca Fernández Hermo

Ignacio Fernández Mojón Roi Fernández Pérez David Oreiro Pazos

Didáctica / Mediación

Miguel Ángel Cajigal Vera Xoan Escudero Rodríguez Rafael Lens Villaverde Paula Toimil Mato

PUBLICACIÓN

Edita

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Coordinación editorial

Departamento de Acción Cultural, Cidade da Cultura de Galicia Fundación Uxío Novoneyra

Deseño, maquetación e produción gráfica

Diseño, maquetación y producción gráfica Niko Alvarellos

Alvarellos, S.L. Aprint

Biografía de Antón Lamazares

Biografía de Antón Lamazares Selena Millares

Biografía de Uxío Novoneyra

Biografía de Uxío Novoneyra Elba Rei

Tradución

Traducción Dos textos ao galego De los textos al gallego

Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Dos textos ao castelán De los textos al Castellano Interlingua traducción Dos textos ao inglés De los textos al inglés Interlingua traducción Dos poemas ao castelán Dos poemas ao castelán Uxío Novoneyra Rei e Elba Rei Dos poemas ao inglés De los poemas al inglés

Erín Moure, María Reimondez, Manuel Armas, Pa-trick Loughane, Pearse Hutchinson, Mark Viersma e Interlingua traducción

Fotografía:

Miguel Vidal

De Uxío Novoneyra (páx 186): Xurxo Lobato 2017 ©: Das Fotografías: Os autores 2017 ©: Dos textos: Os autores

2017 ©: Da edición: Fundación Cidade da Cultura

(15)
(16)

Referências

Documentos relacionados

Peça que formem grupos de quatro alunos para conversarem sobre essas palavras:. What do

Uma infra-estrutura logística é compreendida por todos os elementos necessários para a organização ou realização de atividades em um sistema logístico. Em linhas

Atualmente, observa-se que o sistema logístico de produção do biodiesel da mamona, desde a produção de insumos até a sua distribuição e comercialização constitui-se ainda,

2º Considera-se livro, para efeitos desta Lei, a publicação de textos escritos em fichas ou folhas, não periódica, grampeada, colada ou costurada, em volume cartonado, encadernado

Ao tornarmos a desinstitucionalização em seu aspecto crítico com relação à loucura —poder garantir a efetiva construção da cidadania dos usuários e sua retirada dos

A) o princípio da presunção de inocência recomenda que em caso de dúvida o réu seja absolvido. B) o princípio da presunção de inocência recomenda que

No caso de qualquer desvio, os seguintes detalhes técnicos devem ser verificados: datas de validade dos reagentes (preparados), condições de armazenamento, pipetas,

Судског пословника (Службени гласник РС бр.110/2009 бр.70/2011, бр.19/2012 и бр.89/2013) објављује: ИНФОРМАТОР О РАДУ ОСНОВНОГ СУДА У БОРУ