• Nenhum resultado encontrado

BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL"

Copied!
12
0
0

Texto

(1)

Comeza o Curso de Formación “Imaxina-ás” da Asociación Berenguela.

25ª Carreira do Gundián o domingo 11 de setembro. III Xornadas Micolóxicas da Asociación AMABUL “Cogomelar Vedra”- Dan comezo o 24 de setembro (consultar programa)

Novo Curso para a Escola de Música “Santa Cruz De Ribadulla Concello De Vedra”- Matrícula aberta o 8 e 9 de setembro.

Novo Curso para a Escola de Música de Vedra. Ma-trículas o 13,14 e 15 de setembro.

Comeza o Circuíto Galego de Teatro Amador 2016 (FEGATEA) da man da Asociación Papaventos. - Venres 30 de setembro: Andaravía Teatro con ‘Sacho’s Show’ ás 21:15h

BOLETÍN

INFORMATIVO

MUNICIPAL

Setembro 2016 • Nº 204

HORARIO DE VERÁN NO CONCELLO DE VEDRA DE

ATENCIÓN AO PÚBLICO

Ata o 15 de setembro De 9:00 a 13:00 h.

HORARIO DE VERÁN NA OFICINA DE CORREOS

En setembro

De luns a venres de 8:30 a 10:00 h.

O Programa de Actividades para o curso 2016 – 2017. Con el coñecerás todas as pro-postas culturais e deportivas que podes realizar en Vedra neste curso que comeza!! No seu interior toda a infor-mación: actividades, horarios, prezos, prazo de inscrición…

NO INTERIOR DESTE BOLETÍN ATOPARÁS…

AVISO: A Xunta de Galicia vén de aprobar a gratuidade de 60 viaxes ao mes para cada persoa usuaria da tarxeta metropolitana (dos 4 aos 18 anos incluídos ambos), o que supón unha maneira moito máis barata e cómoda para viaxar nos autobuses metropolitanos con carácter inter-urbano no que Vedra está incluída.

TES TODA A INFORMACIÓN NA NOSA PÁXINA WEB!

SOLICITUDES EN www.tmgxentenova.xunta.gal

TRANSPORTE METROPOLITANO

GRATUÍTO PARA AS PERSOAS DE 4 A

18 ANOS

Matrícula nas actividades culturais: do 15 ao 25 de setembro.

Matrícula nas actividades deportivas: do 20 ao 30 de setembro.

Bótalle un ollo a todas as propostas no folleto de actividades para o curso 2016/2017.

Paintball o sábado 17 de setembro.

Curso de Primeiros Auxilios o 17 e o 24 de setembro. Obradoiro de Radio o 27 e 29 de setembro.

100x100. Experiencias que Trasforman. O 30 de se-tembro.

Festa do Burgo o sábado 10 de setembro.

Charla Escola de Saúde “ Problemas de audicións nas persoas maiores” o 15 de setembro.

Excursión a León o 22 e 23 de setembro. Bingo o 30 de setembro.

Vedra no “Corte Inglés” de Santiago Do 9 ao 23 setembro.

AXENDA PARA O MES DE SETEMBRO

(2)

FOI EN...

Foi en... Agosto

2

A piscina municipal… con actividades acuáticas, días de dinamiza piscina, e por suposto auga e moita diversión!!

O Programa Goza do Ulla… en Vedra! Campamento Xuvenil de Verán en Porto do Son.

Contos Vellos para Rapaces Novos co Programa “Culturea” de Dinamización Lingüística.

Presentación da 1ª Ruta Btt Ruta do Viño Rías Baixas. Ludo Verán con “TECA” E “LUDO” as mañás de agosto.

(3)

FOI EN...

Foi en... Agosto

3

A asociación xuvenil ACUXUVE desenvolveu un Intercambio Europeo en Vedra, do 11 ao 20 de agosto baixo o título de: “ALGO NOSO 2.0” durante o mes de agosto.

A Asociación Tira e Afloxa organizou a súa VII Concen-tracion de Espantallos en Vilanova, que cada ano suma orixinalidade e vistosidade!!

II Clinic Basket Ribadulla 2016. A Asociación Cabaleiros do Santiaguiño celebrou a X

Ruta Cabalar Santiaguiño. A comisión de festexos de San Pedro de Sarandón

orga-nizou a súa VII Festa Do Chourizo na Área de Recreo de Cubelas.

A Asociación Senunpeso rematou o seu Ciclo de Cine De Verán 4 x 4. Os días 5 e 19 de agosto nas parroquias de Trobe e San Fins.

(4)

FOI EN...

4

Foi en... Agosto

DEPORTE

A Asociación veciñal Picón de Vilanova desenvolveu a súa XIX Baixada Pedestre do Pico Sacro.

A Asociación de moteiros Val do Ulla desenvolveu a XIX Concentración Moteira Val do Ulla, cun amplo programa de actividades!

A Asociación Raiceiros presentou a MOSTRA “BALLESTEROS, O FOTÓGRAFO” que dende o 16 de agosto ao 4 de setembro se pode visitar no local social de Picón de Vilanova.

Deporte

HORARIO

PAVILLÓN MUNICIPAL

LEMBRA:

Durante o mes de setembro o horario do pavillón será:

• De luns a venres de 19:00 a 23:30 h.

E será aquí onde poidas facer a matrícula de inscrición para as actividades deportivas.

O Concello de Vedra a través do seu Departamento de Deportes convoca as axudas anuais desti-nadas ás entidades do termo mu-nicipal que teñan como obxectivo o desenvolvemento de activida-des deportivas.

A convocatoria de dita axuda foi

anunciada no BOP da Coruña o pasado 24 de agosto e a partir da súa publicación abriuse un prazo de inscrición que durará un mes dende a data do día seguinte ao seu anuncio.

As bases e os modelos de solicitu-des están a disposición das per-soas interesadas no Departamen-to de Deportes do Concello e na páxina web municipal.

Para máis información poden achegarse ao propio Departamen-to de Deportes do Concello ou cha-mar ao 981 814 691

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS

PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS

(5)

XUVENTUDE

5

Xuventude

100x100

EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN

Xornada de difusión e posta en valor de

experiencias xuvenís

Venres 30 de setembro/ 2016. 19:00 h.

Casa das Artes/ San Fins de Sales/ Vedra

Esta xornada ten como obxectivos: xerar un espazo de encontro entre a mocidade do concello de Vedra, inter-cambiar experiencias de participación en proxectos de mobilidade xuvenil...,poñer en valor a importancia de implicarse neste tipo de iniciativas de “educación non formal” que permiten a adquisión de novas capacida-des, xeran autonomía… Dar a coñecer os diferentes programas de mobilidade…

Ao longo da última década, máis de 150 mozos/as do concello de Vedra participaron en diferentes progra-mas de mobilidade: intercambios, voluntariado euro-peo e internacional, campos de traballo, Galeuropa… Estas experiencias cómpre difundilas e poñelas en valor. Ex: ¿Como foi a súa estancia noutro país? ¿Ca-les foron as actividades que desenvolveron? ¿Como viviron a súa participación nese proxecto?, ¿Que lle aportou esa experiencia, tanto a nivel persoal como profesional?...

Esta xornada artellarase como unha “feira de expe-riencias” onde cada participante poderá mostrar a súa “vivencia” a través de paneis, fotografías, audiovisuais ...en primeira persoa...

Programa:

• 19:00 h:

Apertura da xornada. Feira de experiencias.

• 21:00 h:

Mesa redonda: “Experiencias que transforman”.

• 22:00 h:

Audiovisual de peche.

• 22:30 h:

Pincho xove!, para seguir intercambiando…

Estas xornadas son abertas a todos/as interesados/as. Se tes algunha destas experiencias e queres compar-tila escribe a: xuventude@concellodevedra.com ou chama ao 981 814 691.

OBRADOIRO DE RADIO

(6)

XUVENTUDE

6

Xuventude

ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

Celebración da patroa do Cen-tro Social “Festa do Burgo”, na carballeira.

Sábado 10 de setembro ás 12:30 h.

Programa: misa cantada pola Coral da Terceira Idade, habe-rá “pulpeiro”, os que queiran

poden levar a comida… Actuación dunha charanga. Escola de Saúde: “Proble-mas de audición nas persoas maiores”

Xoves 15 de setembro ás 20:00 h.

Excursión a León - “Cuevas de Valporquero”

22 e 23 de setembro

Prezo: 95 € (Inclúe: transporte, pensión completa, entrada ás covas, servizo de guía e segu-ro de viaxe) -prazas limitadas- aberta a todos/as interesados/ as.

(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 7 de setembro. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de ins-crición)

Bingo

Venres 30 de setembro ás 21:00 h.

PRIMEIROS AUXILIOS

RUTA DO CARES, DESCENSO DO SELLA

(7)

SERVIZOS SOCIAIS

7

Servizos Sociais

VEDRA, EDUCA

Este proxecto vai dirixido a nais e pais con fillos me-nores de 3 anos do concello de Vedra.

Trátase de traballar coas familias na procura de: • Promover o recoñecemento e o valor do rol de pais e nais no desenvolvemento integral dos me-nores de 3 anos.

• Fortalecer as capacidades como pais e nais para promover o desenvolvemento infantil dende as accións da vida cotiá, facendo uso dos recursos e espazos da contorna familiar como elementos edu-cativos.

• Fortalecer as redes de apoio na crianza e educa-ción dos menores.

O desenvolvemento do programa realizarase durante o curso 2016-2017 a través de actividades fundamen-talmente prácticas que se desenvolverán a través de distintos obradoiros.

• Como poñer límites.

• Obradoiro de risoterapia e masaxe en familia. As persoas interesadas contactar no teléfono 699 041 486 en horario de 9:00 h. a 14:00 h. ou preinscribirse no 981814612 ou nas oficinas do concello.

LUDOTECA

O mes de setembro vén cargado de actividades onde a maior parte delas estarán centradas na rea-lización de obradoiros e talleres. A través de xogos ensinarémoslles a convivir cos outros, a ser persoas cunha mirada crítica, tendo o obxectivo de interac-turar coas familias, e constituír un punto de orien-tación, trataremos de informarvos sobre diversos aspectos que inflúen no desenvolvemento educati-vo posto que a ludoteca ademais de ser un centro lúdico tamén constitúe un espazo educativo no que pretendemos apoiar e complementar a tarefa edu-cativa que realizan a familia e a escola.

Con esta intención, propoñemos os seguintes obra-doiros e actividades:

• Taller de pulseiras e tatuaxes. • Xogos cooperativos.

• Experimentos divertidos : “o profesor chifrado”. • Gran xogo FUROR.

• Xincana.

• “Menudos artistas”. • Móvete e baila.

• Obradoiro de xoguetes de refugallo. • Gran xogo de pistas, descubrir Vedra. • Superchef.

INSCRICIÓNS PARA O CURSO 2016-2017 NA LUDOTECA

DENDE O 1 DE SETEMBRO.

Nos teléfonos 699 041 486 e 981 81 46 93 en horario de 9:00 a 13:00 h.

(8)

Xa queda menos ¡Vémonos pronto!

TURISMO

8

Servizos Sociais

Turismo

PUNTO DE INFORMACIÓN E

ASESORAMENTO EDUCATIVO MUNICIPAL

Lembramos que continuamos a prestar este ser-vizo coa intención de:

• Facilitar o acceso aos distintos itinerarios for-mativos.

• Ofrecer información e orientación en cuestións educativas.

• Asesoramento ás familias sobre as posibles al-ternativas educativas.

Para calquera consulta pedir cita previa no teléfono 981 814 612.

Neste mes, Escola de Familias, xa está a preparar a nova andadura para setembro cunha temática e unha dinámica de traballo que vos vai interesar…

ESCOLA DE FAMILIAS

Xa queda menos ¡Vémonos pronto!

Baixo o lema “Vedra, horta e xardín de

Composte-la”, o concello de Vedra promociona os seus

produ-tos gastromómicos e a súa riqueza natural e cultural no “Corte Inglés” de Santiago de Compostela.

PROGRAMA DE ACTOS:

Venres 9 de setembro ás 20:00 h.

• INAUGURACIÓN a cargo de Carlos Martínez Ca-rrillo– Alcalde de Vedra e de Pati Blanco – Director de Comunicación do Corte Inglés en Galicia.

• Actuación dos grupos de música da “Asociación Raiolo de San Xián de Sales” e de “Os Laxeiriños” da Asociación Cultural San Campio.

Venres 16 de setembro ás 20:00 h.

• CONFERENCIA: “Vedra. Harmonía de sabores”. Intervén: Cándido Pazos.

• CATA – DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS GASTRO-NÓMICOS DE VEDRA: viños, queixos, produtos da horta, doces, vermús, augardentes e licores. Venres 23 de setembro ás 19:00 h.

• Obradoiro de ilustración “Os Bolechas van a Vedra”.

• Actividades de animación infantil. • Sorteos e clausura.

VEDRA NO “CORTE INGLÉS” DE SANTIAGO

DO 9 AO 23 SETEMBRO

(9)

TURISMO

9

Turismo

GOZA DO ULLA NO MES DE SETEMBRO

Continúa esta proposta que reúne aos 20 conce-llos regados polo Ulla e que neste mes nos leva de ruta por Agolada:

AXENDA PARA O MES DE SETEMBRO:

PONTECESURES “Ollando O Ullán”

O domingo 4 de setembro.

Información e inscricións no teléfono 986 564 410.

CATOIRA “Ruta de Oeste”

O domingo 11 de setembro.

Información e inscricións no teléfono 986 546 014.

TEO “As beiras do Ulla”

O sábado 17 de setembro.

Información e inscricións no teléfono 981 515 700.

A ESTRADA “Os sons do Ulla”

O domingo 18 de setembro.

Información e inscricións no teléfono 629 577 246.

ARZÚA “Ruta da Fervenza das Hortas”

O sábado 24 de setembro.

Información e inscricións no teléfono 676 172 978.

PALAS DE REI “Ruta das Torrentes”

O domingo 25 de setembro.

Información e inscricións no teléfono 982 380 001.

RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS EN VEDRA

9-23 de setembro

• EXPOSICIÓN: “Os Bolechas van a Vedra” Entre os días 9 e 23 de setembro poderase visi-tar no salón de ámbito cultural unha exposición sobre o concello de Vedra, baixo o título “Os Bo-lechas van a Vedra”.

Os que visiten a mostra poden participar no sor-teo dunha noite nunha das casas de turismo ru-ral do concello, dunha cea nun dos restaurantes do concello e dun lote de produtos da Ulla.

(10)

INSCRICIÓNS E INFORM

ACIÓN NO

981 814 691 CHAMA CA

NTO ANTES!!!

ASOCIACIÓNS

Iniciativas das Asociacións

10

Este ano a organiza-ción para celebra o 25 aniversario dobra os pre-mios e moitas sorpresas máis!!

Non te perdas esta cita!!

Toda a información en: http://gundian.gal ou en

http://wwwfacebook.com/carreiragundian

CURSO DE FORMACIÓN… IMAXINA-ÁS

DA ASOCIACIÓN BERENGUELA

A Asociación Berenguela está a organizar un cur-so orientado a mellorar a formación e incrementar así as opcións de inserción laboral de mulleres e ho-mes. Non só se trata dun curso de formación, senón que con el queren traballar as capacidades e as ha-bilidades de cada unha das persoas para así inten-tar mellorar a súa autoestima e a empregabilidade dende o punto de vista da importancia de manterse activas e activos.

O curso poñerase en marcha a partires do mes de setembro, polo que a organización pídelle a todas as persoas interesadas que se poñan en contacto coa asociación Berenguela ou no propio concello de Ve-dra. Esta actividade suporá dar un pasiño máis para mellorar as opcións de emprego de cada quen, polo que ti podes formar parte deste proxecto, solo tes que querer! e ti... Imaxina-ás!!

PROGRAMA:

• Venres 30 de setembro:

Andaravía Teatro con “Sacho’s Show” ás 21:15 h. • Venres 7 de outubro:

Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas de Ulla con “13 rosas” ás 21:15 h.

• Venres 14 de outubro:

Chumpá Teatro con “A nosa vila” ás 21:15 h. • Venres 21 de outubro:

Trécola Teatro con “Cling!” ás 19:00 h.

O lugar de celebración do circuíto será o Centro So-cial de Vedra.

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR 2016

ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL

PAPAVENTOS.

INSCRICIÓNS E INFORM

ACIÓN NO

981 814 691 CHAMA CA

NTO ANTES!!!

(11)

ASOCIACIÓNS

Iniciativas das Asociacións

11

ESCOLA DE MÚSICA SANTA CRUZ DE

RIBADULLA “CONCELLO DE VEDRA”

A Escola de Música Santa Cruz de Ribadulla “Con-cello de Vedra” comeza un novo curso.

PRAZO DE MATRÍCULA OS DÍAS 8 E 9 DE SETEMBRO DE 17 A 21 H. NA CASA DA CULTURA

DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA.

Información e consultas nos seguintes teléfonos: • 616 440 482 (Juan Castro)

• 615 343 990 (Fernando Rey)

NOVO CURSO

NA ESCOLA DE MÚSICA DE VEDRA

C.D. SAN MAMED

ESCOLA DE FÚTBOL VAL DO ULLA

Comezo do curso escolar 2016-2017.

O prazo de matrícula: • 13 de setembro • 14 de setembro • 15 de setembro

Lugar: Aula de música do CPI de Vedra

Horario: de 17:30 a 21 h. Danse classes de solfeo e ins-trumento (piano, guitarra, vio-lín, violonchelo, batería, frauta doce e frauta traveseira) Máis información no teléfono 666 630 109

(12)

Iniciativas das Asociacións

Edita Colaboran

PUBLICA A TÚA PROPOSTA:

Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo novas@concellodevedra.com co asunto: NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES.

Vedra Festeira

FESTAS DAS DORES EN VEDRA: 3, 4 e 5 de setembro.

FESTAS DO GUNDIÁN EN PONTE ULLA: 7, 8 e 11 de setembro.

FESTAS DO PATIO EN SANTA CRUZ DE RIBADU-LLA: 17, 18 e 19 de setembro.

FESTAS DO SAN MIGUEL:

29 de setembro e 1 e 2 de outubro

II XORNADAS MICOLÓXICAS COA ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTA AMABUL

Parabéns

A LUÍS BALLESTEROS MARTÍNEZ...

Polos seus 100 anos!!

Referências

Documentos relacionados

importância para Quantificação do abastecimento de água; Controle de inundações; Erosão do solo; Dimensionamento adequado de obras hidráulicas. AS GRANDEZAS QUE CARACTERIZAM

Se você tiver, no mínimo, três anos de vinculação ao Plano, terá direito ao Benefício Proporcional Diferido (BPD), que consiste em manter o saldo de Conta de

A revisão das produções sobre matriciamento em saúde mental apontou os seguintes eixos: dificuldades na articulação da rede de cuidados e fatores que dificultam o desenvolvimento

O presente estudo tem como objetivo avaliar se o uso de um munhão personalizado é capaz de facilitar a remoção do excesso de cimento após a cimentação de

Não só o crack, mas também as drogas de modo geral, e incluem-se aqui também as chamadas drogas lícitas tais como álcool e tabaco, são considerados um

Nos Estados Unidos da América EUA, elas representam cerca de 133 milhões, as quais contribuem para 7 a 10% da mortalidade a cada ano, resultam num gasto dispendido para a saúde de

Para modelação e ajuste do viés arbitral foi usado regressão logística binária sendo “audiência” (público no estádio) e taxa de ocupação, posse de

A operacionalização da implantação do apoio matricial às equipes de Saúde da Família, segundo Relatório do Planejamento da Gestão atual da Saúde Mental se deu