• Nenhum resultado encontrado

Xornada COMERCIALIZACIÓN da MADEIRA e OUTROS PRODUTOS do RURAL

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Xornada COMERCIALIZACIÓN da MADEIRA e OUTROS PRODUTOS do RURAL"

Copied!
37
0
0

Texto

(1)

PDF Xornada

COMERCIALIZACIÓN

da MADEIRA e OUTROS

PRODUTOS do RURAL

PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

7 de Xullo • 10:00h.

MESAS DE EXPERIENCIAS

16:30Presentación da “Lonxa virtual de madeira

e produtos do monte”

A lonxa virtual como ferramenta das comunidades de montes

Alberto Lema Couso, presidente da

Mancomunidade de montes de Ponte Caldelas

Características técnicas e funcionamento da lonxa virtual

Marta Martínez López, enxeñeira de montes

17:30 Pausa

18:00 Comercialización dos produtos do monte:

problemática, necesidades e propostas

Coa participación dos relatores da Xornada Moderador: Claudio Quintillán, presidente da Mancomunidade de montes do Castrove-Salnés

19:00 Clausura da Xornada

Novos horizontes de comercialización

MESA DE DEBATE

Xornada de tardeXornada de tarde

Xornada de mañáXornada de mañá

10:00Presentación da Xornada

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, presidente do GDR19

10:10 O monte veciñal como recurso

para o desenvolvemento rural

María do Mar Pérez Fra, profesora da USC, especialista en política agraria e desenvolvemento rural

10:45 Os produtos do monte: a xeración de valor

engadido para os titulares das terras

Edelmiro López Iglesias, profesor da USC, especialista en economía e política agraria

11:25 Produtos do medio rural e mercados locais

Xosé Antonio Meixide, profesor do Centro de Formación Agroforestal de Guísamo

12:00 Pausa

12:30 Experiencias na comercialización de madeira:

Agrupación de propietarios particulares

Manuel Galdo, presidente da Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro (PROMAVI)

Venta en común de varias comunidades de montes

Iago Pereira Moreda, capataz da Mancomunidade de montes do Val Miñor

13:10 Experiencias na diversificación de rendas

a través da multifuncionalidade:

A explotación do mel

César Cambeiro, Paco Cambeiro e Domingo Martínez, CMVMC de Caldebarcos (Carnota)

A explotación do gando

Roberto Álvarez González, xerente da Facenda O Agro - CMVMC de Amoroce (Celanova)

A explotación de madeira

Isaac González González, CMVMC de Santa Mariña do Rosal (O Rosal)

14:00 Fin da sesión de mañá

A comercialización dos produtos do monte

(2)

Xornada

COMERCIALIZACIÓN DA MADEIRA E OUTROS PRODUTOS DO RURAL

Pontevedra, 7 de xullo de 2012

Os produtos do monte: a xeración de

valor engadido para os titulares das

terras

Edelmiro López Iglesias

Profesor Titular do Departamento de Economía Aplicada

Universidade de Santiago de Compostela

(3)

2

ESQUEMA

1. Os usos da terra na agricultura galega e o papel do

monte: de onde vimos e onde estamos ?

2. Os

condicionantes

derivados

da

estrutura

da

propiedade

3. O papel central do monte nunha reforma estrutural

para o século XXI; propostas de actuación

4. Os produtos do monte e a xeración de valor engadido

para os propietarios; algúns aspectos clave

(4)

1.1. A situación histórica (até mediados do século XX)

Historicamente o espazo agrario (dedicado a cultivos e prados) ocupaba en Galiza unha proporción pequena (ao redor do 25%) do territorio, correspondendo o restante 75% aos terreos de monte.

Iso constituía no contexto do sistema agrario tradicional unha necesidade, e un uso

racional do espazo, dadas as importantes funcións que cumprían as terras de

monte para as explotacións agrarias: espazo de cultivo temporal, pastoreo do gando, obtención de leña e madeira, e sobre todo subministro da materia vexetal para a obtención do abono que permitía manter a fertilidade das terras de cultivo. Consecuencia: ademais da superficie dedicada de forma permanente a cultivos e

prados (o citado 25%), unha boa parte das terras de monte podían incluirse nun

concepto amplo de superficie agraria (SAU), ao ser obxecto dun aproveitamento

1. Os usos da terra na agricultura galega e o papel

do monte: de onde vimos e onde estamos ?

(5)

4

Reflexo estatístico desa realidade: segundo o Censo agrario de 1962 nesa data había 636.000 hectáreas dedicadas a cultivos e prados (22% da superficie total de Galiza); pero ademais o Censo contabilizaba 940.000 hectáreas de monte que eran pacidas polo gando, polo que en conxunto a superficie utilizada para cultivos e pastos aproximábase a 1.600.000 hectáreas (máis da metade do territorio galego).

1.2. As mudanzas rexistradas nos usos da terra nos últimos 60 anos

A evolución foi mui diferente dunhas a outras comarcas. Pero para o conxunto de Galiza pode resumirse en tres fenómenos:

• Retroceso do espazo agrario, en boa medida debido ao abandono do aproveitamento agrogandeiro na maioría das terras de monte.

• Forte expansión da superficie arborada (tanto nos Montes Veciñais en Man

(6)

Gráfico 6. Evolución da superficie utilizada para cultivos e pastos. Galiza 1962-2007

(inclúe as terras de monte pacidas polo gando)

 

400 600 800 1000 1200 1400 1600 1962 1972 1982 1987 1989 1993 1995 1997 1999 2003 2005 2007 m ile s ha c u lt iv os e pas tos

(7)

6

•Aumento máis forte das superficies abandonadas, pola conxunción de dous procesos: abandono de terras de cultivos e pastos pertencentes a explotacións desaparecidas; desaparición dos usos tradicionais do monte, que fixo que boa parte destas terras (a maioría das que non foron arboradas) quedaran sen nengún aproveitamento.

En definitiva, nas últimas décadas foron desaparecendo os usos tradicionais do

monte, o seu aproveitamento multifuncional, deixando paso a unha situación definida por dous fenómenos: a expansión da superficie arborada, na que se

consolidou un modelo forestal centrado nas especies de crecemento rápido e

cunha escasa ordenación e cuidado da maioría das terras; simultaneamente, o

abandono de centos de miles de hectáreas de monte baixo (onde medra de forma incontrolada o mato).

Iso acompañouse da desvinculación crecente da maioría da poboación rural, e en

concreto dos propietarios das terras, respecto ao monte; ao non estar xa a súa actividade económica ligada ao aproveitamento destas superficies.

(8)

1.3. Situación actual

-Dos case 3 millóns de hectáreas cos que conta Galiza, a SAU (cultivos e pastos)

limítase, segundo o Censo agrario de 2009, a unhas 650.000 hectáreas, o 22,0% do

territorio. Porcentaxe que supón pouco máis da metade da media da UE-15 (38,5%), e non chega á metade da media española (46,9%).

-Esa reducida SAU correspóndese con dous fenómenos: a superficie total das explotacións está constreñida ao 31,0% do territorio (os agricultores xestionan en Galiza menos de 1/3 do territorio), fronte ao 60,5% en España e o 48,1% na UE-15; ademais, a porcentaxe desa superficie aproveitada para cultivos e pastos (a ratio SAU/ Superficie total das explotacións) sigue estando por baixo da media estatal e europea.

-As superficies de monte ocupan uns 2 millóns de hectáreas:

• Entre 1 e 1,4 millóns de has. son terras arboradas, pero delas só unhas 300.000 has., no mellor dos casos, ordenadas para a produción silvícola.

•Quedan de 600.000 a 1.000.000 has. ocupadas polo monte baixo, que poden asimilarse a terras completa ou case completamente abandonadas.

(9)

8

(10)
(11)

10

1.4.

Os

problemas

económicos

e

ambientais

derivados

das

deficiencias nos usos da terra

Problemas económicos

-Esas deficiencias contribuiron a que se mantivera unha reducida superficie agraria

por explotación  obstáculo para a viabilidade económica das explotacións.

-Ademais de limitar o crecemento da produción das explotacións agrarias, fixo que este tivera que operarse en gran medida pola vía dunha crecente intensificación

(incremento da carga gandeira e aumento do output por hectárea). O que ten dous inconvenientes:

• No plano individual: aumenta os custes das explotacións (por exemplo na

compra de alimentos para o gando), reducindo a renda neta do produtor.

• Nunha perspectiva colectiva: provocou unha crecente dependencia de

Galiza das importacións de alimentos para o gando, ao mesmo tempo que se desaproveitan os recursos propios (miles de hectáreas cun alto potencial agrario que están abandonadas).

(12)

-Desaproveitamento do potencial produtivo das terras de monte para madeira e outros bens.

Problemas ambientais

Estes derívanse da coexistencia de dous fenómenos, sobre todo entre diferentes comarcas pero muitas veces no mesmo concello ou incluso na mesma parroquia: -Crecente intensificación produtiva nunha parte limitada do territorio

(particularmente nas zonas de especialización láctea); o que orixina problemas de contaminación das augas e de sobreexplotación das terras.

-Abandono ou subutilización de grandes extensións cun elevado potencial agrario, forestal ou para outros bens. O que, entre outros efectos, contribúe a alimentar o

(13)

2. Os condicionantes derivados da estrutura da

propiedade

A estrutura da propiedade da terra en Galiza; datos básicos do Catastro de Rústica

A superficie rústica está hoxe dividida entre 1,6 millóns de propietarios (Galiza ten

2,8 millóns de habitantes), e un total de 11,4 millóns de parcelas  cada propietario

ten só unha media de 1,8 has, fragmentadas en 7 fincas; a extensión media da

parcela limítase a 0,25 has.

12

Cadro . Datos básicos do Catastro de Rústica. Galiza 2010/2011

Superficie rústica (has) 2.854.357

Titulares catastrais (propietarios) 1.611.413

Parcelas 11.397.213

Superficie/ propietario (has) 1,77

Parcelas/ propietario 7,1

Superficie/ parcela (has) 0,25

(14)

Tres tipos de superficies de monte, con problemáticas distintas e que requiren medidas diferentes

En total, as terras de monte ocupan en Galiza ao redor de 2 millóns de hectáreas, en torno a 2/3 do territorio. Pero iso inclúe tres tipos diferentes de superficies no que respecta á propiedade (deixamos de lado as escasas terras de propiedade pública).

a. Terras de monte particular integradas en explotacións agrarias: 9% do territorio galego (unhas 265.000 has).

Estas terras están divididas entre centos de miles de propietarios.

En conxunto, excepto nas zonas en que se concluiu a concentración parcelaria e esta incluiu o monte, trátase de superficies cunha elevada fragmentación e problemas de accesos ás fincas.

Principal vantaxe: a súa mobilización produtiva (ben para usos agrogandeiros, para a produción de madeira ou outros aproveitamentos) pode ser realizada por agricultores que seguen en activo.

(15)

b. Superficies de monte particular en mans de propietarios non agricultores: 39% da superficie galega (perto de 1.200.000 has).

Dous grandes obstáculos para un adecuado aproveitamento:

• Estas superficies sufren unha división da propiedade similar ás terras agrarias: repartidas entre centos de miles de propietarios (a maior parte dos 1,6 millóns de propietarios de fincas rústicas teñen algunha de monte), cunha mui reducida superficie media por propietario; fragmentación parcelaria comparábel ou máis acusada aínda que nos cultivos e pastos.

• A maior parte dos propietarios están total ou case totalmente desvinculados do cuidado das terras. Número mui pequeno de silvicutores profesionais ou empresarios que realicen outra actividade económica no monte particular.

Resultado: enorme dificultade para constituir unidades de produción viábeis (ben

no ámbito forestal ou no agrícola-gandeiro); debilidade do segmento de

profesionais da silvicultura ou outras actividades que podan mobilizar estas terras.

(16)

c. Superficies pertencentes a comunidades de Montes Veciñais en Man Común (propiedade privada colectiva): 3.275 Comunidades, que contan cunhas 675.000 hectáreas (23% do territorio).

Unidades en xeral de elevado tamaño e sen problemas de fragmentación parcelaria.

Pero outros problemas mui fondos: debilidade da base sociodemográfica da

maioría das comunidades; escasa vinculación da maioría dos comuneiros co

aproveitamento do monte; necesidade de buscar novas fórmulas para a posta en

(17)

16

3. O papel central do monte nunha reforma

estrutural para o século XXI; propostas de

actuación

Dados os problemas que orixina o actual “modelo” de xestión das terras vixente en Galiza, para o futuro é imprescindíbel unha “reforma estrutural” adaptada ás

necesidades actuais do medio rural galego, unha “reforma estrutural do século

XXI”. Reforma non centrada na propiedade da terra (como as reformas do século

XIX e primeira metade do XX), senón nos usos ou aproveitamentos e na

mobilización produtiva das superficies.

(18)

3.1. Superficies de monte particular de alto potencial agrario

Obxectivos

-Ampliar de modo substancial a superficie agraria por explotación, como base para a mellora da Renda/ explotación (viabilidade económica).

-(Nalgunhas ramas agrarias, principalmente no sector lácteo) Reorientar os sistemas produtivos cara modelos menos dependentes de insumos externos e

baseados do aproveitamento dos recursos propios –en particular a terra-  mellora

da sustentabilidade económica e ambiental das explotacións. Cuestións básicas a resolver

-Como mobilizar produtivamente as superficies hoxe abandonadas, e impulsar que as terras que vaian quedando liberadas nos anos vindeiros (pola desaparición de explotacións) se incorporen ás explotacións supervivintes (mediante compravenda ou arrendamento).

(19)

18

-Reto fundamental: conseguir, sen alterar a estrutura da propiedade, que as superficies pertencentes a 1,6 millóns de propietarios sexan cedidas a un máximo

de 40.000 explotacións agrarias profesionais (media de 40 propietarios/

explotación).

Algunhas medidas posíbeis

-Ordenación dos usos do solo, delimitando -cun cumprimento efectivo-: as terras urbanizábeis, as de vocación forestal e as que deben reservarse para un aproveitamento agrogandeiro.

-Reforma da lexislación sobre arrendamentos rústicos, co fin de fomentar esta vía de mobilidade da terra.

-Penalización aos propietarios que manteñan terras abandonadas.

-Intervención activa desde o ámbito público na mobilidade das terras (Banco de Terras).

-Reorientación das axudas aos investimentos das explotacións, de tal modo que se fomenten os sistemas produtivos máis ligados á terra.

(20)

3.2. Resto das terras de monte particular

Obxectivos finais

-Mobilización produtiva das terras de monte abandonadas e infrautilizadas, ben sexa para a produción de madeira ou outros usos.

-Prioridade á mellora do aproveitamento das terras hoxe arboradas (e non á súa expansión), partindo de criterios tanto produtivos como ambientais.

Cuestións básicas a resolver

-Deseño de novas fórmulas que permitan a constitución de unidades produtivas viábeis nas terras de monte particular, mediante a agrupación das superficies de diferentes propietarios.

-Consolidación dun segmento de silvicultores profesionais, un tecido empresarial na

produción forestal, hoxe case inexistente (ilustración disto: debilidade do

(21)

20

Algunhas medidas posíbeis

-Unidades de Xestión Forestal (UXFOR) versus Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR).

-Consolidación dun cadro legal que corresponsabilice aos propietarios do adecuado aproveitamento e cuidado das súas terras de monte.

-Reformulación das axudas públicas aos investimentos no sector forestal: priorización dos investimentos para a mellora das superficies arboradas e os traballos silvícolas, fronte ás novas forestacións; porcentaxe de subvención adecuada ao que debe ser unha actividade empresarial.

-Apoio ás iniciativas empresariais noutras actividades ligadas ao monte particular (gandeiría extensiva, pequenos frutos, caza, ...).

(22)

3.3. Montes Veciñais en Man Común

Obxectivos finais

-Mobilización produtiva das terras abandonadas e infrautilizadas.

-(re) Construción dun uso diversificado (aproveitamento multifuncional) do monte adaptado aos tempos actuais.

Cuestións básicas a resolver

-Nas comunidades de MVMC que conservan unha base demográfica e social relativamente sólida: como incentivar a mobilización produtiva destas terras, ben sexa pola comunidade propietaria ou mediante fórmulas de cesión (a comuneiros ou outros axentes/ empresas) ?.

-Nas comunidades non constituídas ou que non existen realmente: quen pode asumir a mobilización produtiva destas terras, a través de que vías e para que usos ?.

(23)

22

Algunhas medidas posíbeis

(ademais da aplicación das orientacións sinaladas para os montes particulares)

-Elaboración dun novo marco legal e institucional para os MVMC que, reforzando a propiedade veciñal, incentive a posta en valor das terras.

-Modificación da política de convenios/consorcios por parte da Administración, de tal modo que a intervención directa da Administración na xestión dos MVMC se centre nos montes abandonados, con maior risco de abandono ou cuns maiores valores ambientais.

(24)

4. Os produtos do monte e a xeración de valor

engadido

para

os

propietarios;

algúns

aspectos clave

4.1. Cuestión inicial de enfoque ou perspectiva

No contexto actual o monte, como recurso produtivo, non pode seguir contemplándose desde unha perspectiva sectorial-forestal propia do século XIX e a primeira metade do XX.

O enfoque adecuado ás actuais tendencias a nivel europeo é concebir o monte como elemento ou base para o desenvolvemento das áreas rurais e a ordenación

(25)

24

4.2. A necesidade de (re)construir un uso diversificado do monte, que

responda ás actuais demandas da sociedade

O aproveitamento das terras de monte ten que enmarcarse nun obxectivo máis global: construir un novo medio rural en Galiza adaptado ás condicións do século XXI. Un novo medio rural que debe cumprir ao menos dous requisitos:

a. Ofrecer aos agricultores, silvicultores e ao conxunto da poboación rural uns niveis de renda e unha calidade de vida (acceso aos servizos) equiparábeis aos das áreas urbanas.

b. Responder ás demandas que a sociedade fai actualmente ao medio rural:

• Subministro de madeira, alimentos e outras materiais primas.

• Cobertura da demanda doutros bens e servizos retribuídos polo mercado: artesanía e pequena industria, enerxías renovábeis, turismo e ocio, ... .

• Función social: contribución á xeración de emprego e á fixación de poboación nas áreas rurais; equilibrio territorial.

• Función ambiental: xestión do territorio, conservación da paisaxe e o medio ambiente.

(26)

Como parte dese novo medio rural, é preciso ir (re)construindo un

aproveitamento multifuncional das terras de monte, non como o que había no sistema agrario tradicional (non se trata de idealizar nen pretender nengún

retorno ao pasado), senón adaptado ás novas condicións e ás demandas actuais

da sociedade galega.

Nese aproveitamento multifuncional deben ter cabida usos mui diversos: forestal con madeiras de crecemento rápido, produción de madeiras de calidade a partir de especies de crecemento lento, gandeiría extensiva, aproveitamento da biomasa e outras fontes de enerxía renovábel, funcións ambientais, uso recreativo e como espazo de ocio.

Deses diversos aproveitamentos, todos aqueles que implican a produción de

bens e servizos con destino ao mercado deben ser retribuídos polo mercado. E polo tanto, ben sexan os mesmos propietarios ou outras persoas/ empresas, deben ser capaces de elaborar produtos con saída no mercado en condicións adecuadas. Disto dependerá a renda, o valor engadido, que obteñan.

(27)

26

Pero existen funcións que hoxe cumpren as terras de monte, cada vez máis

demandadas pola sociedade (funcións ambientais e sociais), que non son

remuneradas polo mercado. Consecuencia: estas funcións teñen que ser retribuídas polo conxunto da sociedade a través de transferencias públicas (non como “axudas benévolas” ou “favores”, senón como transferencias destinadas a remunerar os servizos que non paga o mercado).

En todo caso, cómpre ter claras dúas ideas: todo aquelo que queiramos que

produzan as terras de monte ten que ser pagado por alguén e ten que responder a unha demanda social real. Non serven: os usos impostos aos propietarios, sen unha adecuada retribución; pero tampouco as “solucións” ou alternativas puramente voluntaristas, que non conten con viabilidade económica ou non respondan a unha demanda social.

(28)

4.3. Unha tipoloxía simple dos bens que pode producir o monte; as

vías de xeración de rendas para os propietarios

TIPOS DE BENS PRODUCIDOS POLO MONTE

Rivalidade no consumo Exclusividade no

consumo

Si Non

Si Bens privados puros

Madeira, leña, caza, pesca, pastos, enerxías renovábeis

Bens de clube (bens semiprivados)

Aproveitamento libre do monte (leña, caza, pastos,...); uso recreativo (zonas acotadas)

Non Recursos comúns de libre

acceso (bens semipúblicos)

Tranquilidade; calidade do ar e da agua

Bens públicos puros

Disfrute da paisaxe. Uso recreativo. Absorción CO2. Protección inundacións,

erosión, etc.

Microclima. Biotopos animais e diversidade

(29)

28

Criterios para esa clasificación:

-Exclusividade: posibilidade ou non de limitar o acceso ao consumo (disfrute) dese ben.

-Rivalidade: se o feito de que unha persoa consuma ese ben reduce ou non a posibilidade do seu disfrute por outras persoas.

A xeración de rendas para os propietarios das terras nos distintos tipos de bens Para simplificar limitámonos aos dous tipos extremos:

-Bens privados puros (destinados ao mercado). A renda que obteñen os propietarios depende dos prezos e os custes de produción e da súa capacidade de negociación. Dúas variantes:

Explotación directa do monte polos propietarios (particulares, comunidades de MVMC).

Explotación por outras persoas ou empresas, que pagan unha renda aos propietarios.

-Bens públicos puros. A renda para os propietarios, se existe, ten que proceder de transferencias públicas (subvencións, exencións de impostos). Exemplos: axudas agroambientais, pagos a superficies en Rede Natura 2000.

(30)

Cruzando eses distintos tipos de bens coas opcións existentes en canto a quen realiza a produción, a través de que forma xurídica e con que retribución para o propietario, obtemos o panorama dos diferentes aproveitamentos das terras de monte e o valor engadido que xera cada un deles para os propietarios.

No cadro seguinte figura un esquema sobre as diferentes modalidades de aproveitamento dos bens privados producidos polos MVMC por parte de axentes diferentes da propia Comunidade de montes. O panorama refírese á situación a principios da pasada década, e ten algunha carencia (os parques eólicos sobre todo).

(31)

30

ESQUEMA 2.4.2. APROVEITAMENTOS DOS MVMC EXTERNOS Á COMUNIDADE

ORIENTACIÓN AXENTE FORMA CARÁCTER DURACIÓN COMENTARIO PRODUCTIVA 1.INTERNO 2. EXTERNO XURÍDICA 1. GRATUITO 2. ONEROSO

RECOLLIDA LEÑA, FRUTOS

COMUNEIROS NON SI CURTA FRECUENCIA

VARIABLE TRADICIÓN

CAZA SOC. CAZA NON SI CURTA EXTENDIDO

ALGÚNS CONFLITOS

GANDEIRÍA EXTENSIVA GANDEIROS NON SI CURTA EXTENDIDO

CONFLITIVO

AGRICULTURA/ GANDERÍA

COMUNEIROS NON SI CURTA RARO

AGRICULTURA EMPRESAS ALUGUER RENDA CURTA RARO

AGRARIAS MOI BENEFICIOSO FORESTAL XUNTA DE GAL. DEREITO PARTICIPACIÓ N LONGA MOI EXTENDIDO SUPERFICIE VENTAS

FORESTAL EMP. TRANSF. DEREITO PARTICIPACIÓ

N

LONGA RARO

MADEIRA SUPERFICIE VENTAS

CANTEIRAS EMP. INDUSTRIAL

ALUGUER RENDA LONGA

INS. DIVERSAS EMPRESAS ALUGUER RENDA OU LONGA/ FRECUENTE

CESIÓN PAGO ÚNICO INDEFINI.

(32)

4.4. A xeración de valor engadido mediante bens producidos para o

mercado; algunhas orientacións

-Necesidade de ter como perspectiva as cadeas produtivas:

O desenvolvemento dos diversos aproveitamentos potenciais do monte (madeira, gandeiría, enerxías renovábeis, pequenos frutos, …) está mui condicionado polo desenvolvemento en Galiza das cadeas produtivas deses bens (industria transformadora, estruturas de comercialización).

O valor engadido que obteñen os propietarios depende da súa capacidade para inserirse en condicións favorábeis nesas cadeas produtivas: iniciativas para a explotación directa do monte e condicións de venda dos produtos (sobre todo no caso da madeira); capacidade negociadora coas empresas ás que ceden o monte.

-Necesidade de impulsar as iniciativas produtivas dos axentes do territorio e/ou

que maximicen a xeración de emprego e renda para a poboación da zona.

Criterio (discutíbel): o elemento a maximizar non debe ser tanto o valor engadido para os propietarios, senón para a poboación rural.

(33)

32

5. Cuestións finais para o debate

As cuestións que se indican a continuación son todas elas cuestións globais sobre o futuro das áreas rurais en Galiza, pero que aquí están formuladas referíndoas especificamente ás terras de monte, e en particular aos MVMC.

(34)

a. O conflicto entre maximizar o crecemento económico ou priorizar a

mellor distribución dos resultados do crecemento

Dilema:

-O obxectivo prioritario das políticas debe ser maximizar o crecemento económico nos espazos rurais, no noso caso o crecemento económico derivado das terras de monte, aproveitando ao máximo os seus recursos; con independencia de que as actividades económicas sexan protagonizadas por axentes locais ou externos e de como sexa o reparto social dos beneficios (en particular a participación neses beneficios dos propietarios das terras).

-Ou ben o obxectivo ten que ser principalmente a mellora do nivel de vida dos habitantes das áreas rurais, e en concreto a maximización da rentabilidade (económica, social, ...) que obteñen os propietarios dos montes.

En termos mais simples: o obxectivo prioritario debe ser o desenvolvemento do espazo rural (do monte como recurso produtivo) ou o da poboación rural ?.

Aínda que relacionados, os dous obxectivos non sempre coinciden (exemplos: aproveitamento das enerxías renovábeis, explotación dos recursos agrarios e

(35)

34 34

b. Complementariedade e conflictos entre distintas actividades e

usos do solo; a problemática da ordenación do territorio

Na medida en que tenden a multiplicarse as demandas que a sociedade fai aos territorios rurais, e en concreto ás terras de monte, isto fai que emerxan novos mercados e novas funcións para estas superficies.

Nalgúns casos existen complementariedades evidentes entre distintas

actividades; e nese sentido o reto consiste en fomentar esas

complementariedades. Por exemplo: entre a produción agroalimentaria de calidade, ou as actividades de conservación da paisaxe, e o turismo rural.

Pero noutros casos hai un conflicto entre distintas actividades e usos do solo. O que fai que adquiran especial relevancia hoxe as políticas de ordenación do territorio; no noso caso a ordenación dos usos do monte.

Cuestións: criterios que deben primar nesta ordenación (produtivos, ambientais, ...); peso a dar aos intereses dos propietarios, a poboación local e os axentes externos; nivel institucional ao que debe realizarse a ordenación (local, autonómico, ...); como lograr que a ordenación sexa efectiva (non só no papel) e se traslade ás diferentes políticas públicas.

(36)

c. Como xestionar a crecente separación entre poboación rural e

espazo rural (en concreto entre a poboación rural e o monte) ?

Historicamente había unha vinculación estreita entre poboación rural e espazo rural: os habitantes de cada zona, na súa inmensa maioría agricultores, tiñan a súa base económica no aproveitamento do espazo agrario e o monte circundante. Nas últimas décadas asistimos, sen embargo, tamén en Galiza, a unha separación crecente entre poboación rural e espazo rural. De tal modo que non hai unha relación mecánica entre abandono de terras e despoboamento; ou entre dinamismo demográfico e adecuado aproveitamento do espazo rural.

Exemplos extremos:

• Hoxe é posíbel ter un espazo rural ben aproveitado para usos agrarios e

forestais, ou outras actividades, coexistindo cunha completa desertización demográfica (o aproveitamento é realizado por empresas ou persoas que non residen de modo continuado na zona).

• No extremo contrario: podemos encontrar áreas rurais dinámicas

demograficamente nun contexto de completo abandono do espazo agro-forestal (os habitantes só residen na zona ou traballan nela pero noutras

(37)

36 36

Desa realidade derívanse muitas cuestións para o futuro. Destacamos dúas:

• Nalgunhas áreas rurais cun despoboamento máis acusado non será inevitábel

aceptar que a xestión do espazo rural, e en concreto das terras de monte, deberá ser realizada no futuro por persoas ou empresas non residentes na zona ?. Se non aceptamos iso, quen vai xestionar esas terras ?. No caso dos MVMC, sería a xestión directa pola Administración a solución para os MVMC destas zonas ?.

• En termos de grupos sociais, como conciliar os intereses de tres colectivos

(que cada vez van coincidir menos): propietarios das terras de monte (propietarios particulares ou membros das comunidades de MVMC), residentes na zona, persoas ou empresas interesadas no aproveitamento desas terras (para a produción forestal, agro-gandeira, enerxías renovábeis ou outros usos).

Referências

Documentos relacionados

Com o objetivo de analisar o perfil enzimático desses fungos e avaliar atividade antifúngica de própolis brasileiras verde e vermelha, como também de lectinas de sementes de

Este banho é apenas o banho introdutório para outros banhos ritualísticos, isto é, depois do banho de descarrego, faz-se necessário tomar um outro

O Design Thinking Canvas para jogos veio mostrar que é possível pensar em competitividade na concepção de artefatos, sem abrir mão da simplicidade, da

The focus of this thesis was to determine the best standard conditions to perform a laboratory-scale dynamic test able to achieve satisfactory results of the

This chapter describes the design and validation of the thermal chamber and the heat insulator that prevents the overheating of the load cells implemented in the top of the creep

A two-way (eccentric versus concentric training) repeated measures (pre-training versus post-training) ANOVA, with a 5% significance level, was used to compare:

No código abaixo, foi atribuída a string “power” à variável do tipo string my_probe, que será usada como sonda para busca na string atribuída à variável my_string.. O

A reinserção, nesta perspectiva, convoca um papel mais activo da sociedade e, nesta medida, é preferível, enquanto conceito que encerra um programa de acção para a