• Nenhum resultado encontrado

MEMORIA DO LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS CURSO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "MEMORIA DO LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS CURSO"

Copied!
19
0
0

Texto

(1)

MEMORIA DO LECTORADO DE LINGUA,

LITERATURA E CULTURA GALEGAS

CURSO 2014-2015

Lectora: Paula García Rumbo

Co visto e prace do catedrático

Pedro Ferré da Ponte

Coordinador do CEG da UAlg

Faro, 23 de outubro de 2015

(2)

2

ÍNDICE

1. Introdución……….3

2. Actividade docente………4

2.1. Materias impartidas………4

2.2. Alumnado………..5

2.3. Horario docente da lectora………8

2.4. Planificación docente das materias impartidas………..9

2.4.1. Lingua e cultura galega………9

2.4.2. Literatura galega………11

3. Organización e difusión de actividades do CEG……….14

3.1. Organización de actividades……….………14

3.2. Difusión de actividades……….15

(3)

3

1. INTRODUCIÓN

O Centro de Estudos Galegos (en diante CEG) da Universidade do Algarve (en diante UAlg) está integrado no Departamento de Artes e Humanidades da Faculdade de Ciências Humanas e Sociais e está novamente coordinado polo catedrático e actual vicerreitor para a ciencia e a cultura, o profesor Pedro Ferré.

Este CEG é relativamente recente, leva en funcionamento desde o ano académico 2002-2003 e desde ese curso difunde a lingua, a literatura e a cultura galega entre a comunidade algarvía, en xeral, e a comunidade universitaria, en particular.

Os lectores que por el pasaron foron unha das actuais profesoras do cadro de persoal de Español da UAlg, María Jesús Botana (período 2002-2003 a 2007-2008), Antonio Mira (2008-2009 a 2010-2011) e Sandra Romarís (2011-2012 a 2013-2014). Eu incorporeime en outubro, co curso académico 2014-2015 xa comezado, para facerme cargo da docencia das materias do lectorado e da organización de actividades de divulgación e promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

(4)

4

2. ACTIVIDADE DOCENTE

2.1. Materias impartidas

A actividade docente das materias da área de lingua, literatura e cultura galegas correspondente ao ano académico 2014-2015 foi distribuída da seguinte maneira:

1º SEMESTRE

Língua e Cultura Galega I (materia optativa, 5 créditos ECTs)

Sexo e Literatura Galega (materia optativa, 5 créditos ECTs)

2º SEMESTRE

Língua e Cultura Galega II (materia optativa, 5 créditos ECTs)

Literatura Galega (materia optativa, 5 créditos ECTs)

Cada unha destas materias tivo unha distribución semanal de tres horas lectivas, alén de cinco horas de orientación titorial distribuídas de maneira a que todo o alumnado poida asistir para revisar, así, todos aqueles contidos nos que ten máis problemas. Nesas horas non lles está permitido aos docentes desenvolver contidos novos. No caso das cadeiras de lingua galega aprovéitanse para facer exercicios de redacción e gramática e nas de literatura para traballar comentarios de textos literarios.

Tanto as materias de lingua como as da literatura caracterizáronse pola variedade de recursos didácticos nas que, alén do libro de texto ou apuntamentos facilitados pola docente, se empregaron materiais audiovisuais (reportaxes, filmes, música), páxinas de internet (recursos didácticos interactivos) e textos literarios, entre outros.

(5)

5

2.2. Alumnado

O alumnado das materias impartidas no curso académico 2014-2015 procedeu de tres graos diferentes:

-Línguas, Literaturas e Culturas (LLC) -Línguas e Comunicação (LC)

-Ciências da Educação e da Formação (CEF)

Estes graos son impartidos na propia Faculdade de Ciências Humanas e Sociais (Campus das Gambelas).

A continuación ofrécese unha listaxe completa do alumnado inscrito oficialmente nas diferentes materias:

1º SEMESTRE

Língua e Cultura Galega I

- Alexandra Ferreira Meneses dos Santos (CEF) - Ana Filipa de Sousa Martins (CEF)

- Ana Raquel Cabrita Silvestre (CEF) - André Miguel da Palma Pires (LLC) - Cheila Cristina Rodrigues Caldeira (CEF) - Cibele Machado Coelho (CEF)

- Debora Maria da Silva (CEF) - Diana Santos Barbosa (CEF) - Filipa Isabel Ameixa Troncão (CEF) - Heloísa Solá dos Santos (LLC)

(6)

6 - Inês Semedo Santos (CEF)

- Ivan Rafael Domingues Martins Alves (LC) - Maria de Fátima de Vasconcelos Quadros (LLC) - Mónica Paula da Costa Nicolau (CEF)

- Nídia João Pereira Zacarias (CEF) - Rosa Linda Correia Nunes (LC) - Rute Isabel Sousa Pereira (CEF) - Susana Isabel Cavaco Sancho (CEF) - Suse Paula Guerreiro da Silva (CEF) - Vera Lucia de Jesus da Silva (CEF)

Sexo e Literatura Galega

O director do CEG decidiu que esta materia non abrise para reformular os programas e ofrecer unha nova oferta formativa.

2º SEMESTRE

Língua e Cultura Galega II

- Maria de Fátima de Vasconcelos Quadros (LLC) - Heloísa Solá dos Santos (LLC)

(7)

7

Literatura Galega

- Ivan Rafael Domingues Martins Alves (LC) - Cátia Patrícia Gomes Lourenço (LC) - Adriana Clemente Costa (LC) - Francisco José Rodrigues Schai (LC) - Marta Sofia Canadá de Sousa (LC) - Ana Filipa Salas Horta (LC)

- Ana Luísa Marques Gomes (LLC) - Diogo Alberto Rosa Francisco (LLC)

(8)

8

2.3. Horario docente da lectora

Como xa se mencionou enriba, ademais das tres horas de clase semanais, a lectora debe impartir cinco horas de orientación titorial e a metade das súas horas lectivas en forma de titoría, xeralmente, no gabinete.

Coloco, a continuación, o horario académico:

1º SEMESTRE

Língua e Cultura Galega I

• Martes das 14.00 h ás 17.00 h

• As cinco horas de orientación titorial foron distribuídas en sesións de 2,5 horas os dous venres antes da proba final.

Horario de titorías

• Martes das 11.30 h ás 13.00 h

2º SEMESTRE

Língua e Cultura Galega II

• Martes das 14.00 h ás 17.00 h

• As cinco horas de orientación titorial foron impartidas o 24/04/2015 de 14.00 h a 16.30 h e o 30/04/2014 de 14.00 h a 16.30 h.

Literatura Galega

• Luns das 9.00 h ás 12.00 h

• As cinco horas de orientación titorial foron impartidas o 22/05/2015 de 10.00 h a 12.30 h e de 14.00 h a 16.30 h.

(9)

9

Horario de titorías

 Luns das 12.00 h ás 13.30 h  Martes de 11.30 h ás 13.00 h

2.4. Planificación docente das materias impartidas

2.4.1. Lingua e cultura galega

2.4.1.1 Competencias a desenvolver

• Capacidade de estabelecer unha actitude de apertura e de interese cara a novas linguas.

• Asimilación das concomitancias e diverxencias respecto ao portugués.

• Valoración de novas experiencias, ideas e culturas adquirindo unha actitude de apertura.

• Capacidade de análise, síntese e avaliación.

• Capacidade de exercicio de crítica e autocrítica.

• Competencia na realización de traballo autónomo e grupal.

2.4.1.2 Contidos programáticos

Cada unha das materias ten os seus propios contidos, que están pensados para a consecución dos obxectivos, adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

(10)

10

A metodoloxía parte de aulas teórico-prácticas, onde se lle dá primacía ao enfoque comunicativo. O obxectivo é a mellora das competencias comunicativas a nivel oral e escrito do alumnado grazas a:

• Unha escolla de contidos reais, adecuados e atractivos para a diversidade da aula.

• As destrezas comunicativas preséntanse integradas.

• As actividades requiriren a implicación activa do alumnado. O galego é a lingua vehicular desde o primeiro momento.

2.4.1.4 Avaliación

O sistema de avaliación, neste curso académico 2014-2015, foi o mesmo para todas as linguas que se imparten na Faculdade de Ciências Humanas e Sociais segundo un acordo do Departamento de Artes e Humanidades. Esta avaliación inclúe 4 momentos obrigatorios, incidindo sobre a comprensión oral e escrita e a produción oral e escrita, atribuíndo 25% a cada compoñente.

A obtención do aproveitamento na validación feita ao longo do semestre está condicionada á asistencia ao 75% das horas de contacto previstas. Están dispensados desta verificación de asiduidade os casos contemplados na lei.

Os exames de época normal e de recurso inclúen proba escrita e oral. É dispensado de exame final o alumnado cuxa clasificación resultante dos factores de ponderación arriba presentados sexa igual ou superior a 10 valores.

2.4.1.5 Bibliografía xeral

-Real Academia Galega, Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, Real Academia Galega, 2012 [On-line: http://www.realacademiagalega.org/dicionario]

(11)

11

Gramáticas e manuais de consulta:

-ÁLVAREZ, Rosario e Xosé Xove, Gramática da língua galega, Vigo, Galaxia, 2002 -GONZÁLEZ, Begoña, Ortografía da lingua galega, A Coruña, Galinova, 2004

-LÓPEZ, Xoán, Cilha Lourenço e Marisa Moreda, Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión, A Coruña, Baía edicións, 2011

-Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, Vigo, Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega, 2004 [On-line: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf] -VÁZQUEZ, Pilar, O que um falante de Português deve saber acerca do Galego, Edições Colibri, Lisboa, 2002

Libros de exercicios de lingua galega:

-CHAMORRO, Margarita; Xaquín Núñez e Ivonete da Silva, Aula de galego 1, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Presidencia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, 2008 [On-line: http://www.xunta.es/linguagalega/materiais_celga_1]

-MATA, Ana María e Emilio Núñez, Curso de galego para non-galegofalantes, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela e Xunta de Galicia

2.4.2 Literatura galega

2.4.2.1 Competencias

• Capacidade de análise crítica de textos literarios.

• Capacidade de relación dun texto coa sociedade na que está inserido. • Capacidade de traballo interdisciplinar.

• Capacidade de análise, síntese e avaliación. • Capacidade de exercicio de crítica e autocrítica.

(12)

12 • Capacidade de traballo autónomo e grupal.

2.4.2.2 Contidos

Cada unha das materias ten os seus propios contidos, estes están pensados para a consecución dos obxectivos de cada unha das materias da área dos estudos literarios.

2.4.2.3 Metodoloxía

As aulas son teórico-prácticas, nas que a partir dunha presentación dos contextos histórico, social e cultural e da lectura dunha serie de textos correspondentes a cada época ofrecidos pola docente son analizados, comentados e discutidos textos dos diferentes períodos literarios.

Os recursos utilizados son variados, dado que xeralmente as aulas adoitan ser de tres horas.

2.4.2.4 Avaliación

-Realización dunha proba escrita sobre a materia impartida na aula que representa o 85% da clasificación final.

-O traballo diario na clase representa o 15% da clasificación final.

É dispensado de exame final o alumnado cuxa clasificación resultante dos factores de ponderación arriba presentados sexa igual ou superior a 10 valores.

2.4.2.5 Bibliografía xeral

- BERNÁRDEZ, C. L.; Insua, E. M.; Millán Otero, X. M.; Rei Romeu, M.; Tato Fontaíña, Laura, Literatura galega. Século XX, Vigo, A Nosa Terra, 2001

(13)

13 - CARBALLO CALERO, Ricardo, Historia da literatura galega contemporânea, Vigo, Galaxia, 1979

- GUTIÉRREZ, Ramón, Lecturas de nós. Introdución á literatura galega, Vigo, Xerais, 2000

- GÓMEZ, Anxo e Mercedes Queixa Zas, Historia xeral da literatura galega, Vigo, A Nosa Terra, 2001

- PENA, Xosé Ramón, Historia da literatura medieval galego-portuguesa, Santiago, Sotelo Blanco, 2002

- VÁZQUEZ CUESTA, Pilar (1980), “Literatura gallega”, en Díaz Borque, J. M. (coord.), Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, pp. 621-896, Madrid, Taurus ediciones, 1980

(14)

14

3. ORGANIZACIÓN E DIFUSIÓN DE ACTIVIDADES DO CEG

Se temos en conta a necesidade de facer máis rendibles os esforzos económicos que a Xunta de Galicia dedica á promoción da lingua e da literatura galega no Algarve, procuramos que o investimento en actividades culturais se centrase en actos de importancia contrastada para a promoción da nosa cultura.

O CEG da Universidade do Algarve destinou a maior parte do orzamento á publicación do libro O romanceiro de Galicia. Para o próximo ano, e con motivo desta publicación, está previsto que nos visiten os profesores Ana Valenciano, da Universidade Complutense, e José Luís Forneiro Pérez, da Universidade de Santiago de Compostela que pronunciarán as súas conferencias sobre o romanceiro galego.

3.1. Organización de actividades

• No mes de setembro contamos coa Biblioteca das Gambelas para organizar unha exposición sobre a figura á que, este ano 2015, se lle dedicou o Día das Letras Galegas, Xosé Filgueira Valverde. Desta maneira, estivo ao dispor de toda a comunidade universitaria unha pequena aproximación á figura do historiador homenaxeado.

• Tamén cómpre mencionar neste apartado as actividades de divulgación das materias do CEG. Como todos os anos as profesoras de Español Lingua Estranxeira ceden unha sesión das súas aulas para divulgar as materias impartidas pola lectora.

Nestas sesións fálaselles ao alumnado da existencia da lingua galega, o seu estatus legal dentro do contexto do Estado español e introdúceselle na lectura de textos en galego para que vexan principalmente as similitudes que existe entre unha e outra lingua.

Esta promoción atrae a moitos alumnos cara á inscrición dalgunha das materias impartidas pola lectora no ano ou no semestre seguinte, alén de divulgar a existencia da nosa lingua e a nosa cultura a todo o alumnado presente.

(15)

15

3.2. Difusión das actividades

As diferentes actividades organizadas polo CEG son difundidas por diferentes medios, a través da páxina de Facebook do Departamento de Artes e Humanidades, que é unha das páxinas en que o CEG se asegura un bo número de visitas diarias xa que hai unha gran porcentaxe de alumnos “inscritos” na páxina e cada día publícanse os eventos que decorrerán neses días na UAlg, nas áreas das humanidades e as artes.

Outras canles son as páxinas web da propia universidade ou da FCHS, nas que se solicita que se coloquen as actividades do CEG cunha pequena descrición da actividade e a localización e a data do evento.

(16)

16

4. MATERIAL DO CEG

A Secretaría Xeral de Política Lingüística concédelles aos lectorados unha cantidade de diñeiro anualmente única e exclusivamente para a organización de actividades e/ou a compra de material.

No ano lectivo 2014/2015 destinouse a maior parte do orzamento, como mencionei no apartado anterior, á publicación do libro O romanceiro de Galicia. Este texto breve dá noticia do pasado e do presente deste xénero poético de transmisión oral que, cunha nova estrutura adaptada a un novo formato, actualiza, na medida do posible, a información recollida na obra titulada Os romances tradicionais de Galicia, publicada hai dezasete anos.

Tras unha breve introdución, que sitúa a sub-área de Galicia no ámbito do romanceiro pan-hispánico, este libro ofrece información sobre as coleccións manuscritas, impresas e, máis recentemente, gravadas, e de colectores e áreas investigadas, co obxectivo de presentar, aínda que teña que ser de forma resumida, o repertorio completo dos romances documentados ata o día de hoxe nas catro provincias galegas, unha das sub-áreas máis rica en temas e versións do romanceiro de tradición oral moderna.

Alén da publicación deste libro, o CEG dotouse dunha serie de libros que puxo ao dispor de toda a comunidade universitaria nas bibliotecas dos dous campus de Faro, as Gambelas e a Penha. A continuación coloco a relación de libros, como se pode ver, están pensados para cubrir as necesidades do alumnado das cadeiras de lingua e literatura, máis tamén doutro tipo de áreas, como a socioloxía, a filosofía ou a arte, aumentando así a posibilidade de atraer novos adeptos da nosa cultura:

-CALLÓN, Carlos, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, Vigo, Edicións Xerais de Galicia

COCHO, Federico, A festa do entroido, Baiona: Nigratrea

(17)

17 GARCÍA NEGRO, M. Pilar, No tempo de “Follas Novas” Santiago de Compostela, Editorial Alvarellos

GUTIÉRREZ IZQUIERDO, Ramón, Lecturas de nós. Introdución á literatura galega, Vigo, Edicións Xerais de Galicia

LADO, María, Oso, mamá, si? Vigo, Edicións Xerais de Galicia LÓPEZ SÁNDEZ; María, A forma das nubes, Vigo, Editorial Galaxia

MANUEL MARÍA, Obra poética completa 1950-2000 (2 tomos), Manuel María, A Coruña, Edicións Espiral Maior

MURADO, Miguel Anxo, Escrito en cafeterías, Vigo, Editorial Galaxia

NÚÑEZ SINGALA, Manuel, Instrucións para tomar café, Vigo, Editorial Galaxia

PENA SÁNCHEZ, Xosé Ramón, Historia da literatura galega I, Vigo, Edicións Xerais de Galicia

PENA SÁNCHEZ, Xosé Ramón, Historia da literatura galega II: De 1853 a 1916. O Rexurdimento, Vigo, Edicións Xerais de Galicia

PERNAS CORA, Gustavo Isóbaras, Vigo, Edicións Xerais de Galicia PÉREZ LORENZO, Fran, Cabalos e lobos, Vigo, Edicións Xerais de Galicia PORTAS, Manuel, Amor en alpargatas, Vigo, Edicións Xerais de Galicia RÁBADE VILLAR, María do Cebreiro, Os inocentes, Vigo, Editorial Galaxia

REIGOSA, Antonio Galicia encantada: O país das mil e unha fantasías, Vigo, Edicións Xerais de Galicia

REIMÓNDEZ, María, A música dos seres vivos, Vigo, Edicións Xerais de Galicia SENDE, Séchu, A república das palavras, Associaçom Galega da Língua (AGAL) SOUTO, Xurxo, Contos do mar de Irlanda, Vigo, Edicións Xerais de Galicia

(18)

18 VVAA, Manuel María fotobiografía sonora, Sarria: Ouvirmos

Faro, 23 de outubro de 2015

O coordinador do CEG A profesora-lectora do CEG

(19)

Referências

Documentos relacionados

• Aquele que, convocado dentro do prazo de validade de sua proposta, não assinar o contrato, deixar de entregar documentação exigida no edital, apresentar

No que se refere à avaliação do grau de gravidade do acidente grave ou da catástrofe ocorrido no concelho, esta deverá ser realizada pelo COM em colaboração

No que se refere à avaliação do grau de gravidade do acidente grave ou da catástrofe ocorrido no concelho, esta deverá ser realizada pelo COM em colaboração

Art. Os produtos e substâncias permitidos para o uso na sanitização de instalações e equipamentos utilizados na aquicultura orgânica constam do disposto no Anexo II desta

Todavia pode-se concluir que esse relato de caso clínico mostrou efeitos positivos em relação ao tratamento com Toxina Botulínica A para correção de assimetria facial por

Nesta nova sociedade de consumo, em que não há mais sujeitos passi- vos, uma consultoria ética passa a ter como objetivo entender os diferentes discursos de cada um dos integrantes

Todavia, há poucos trabalhos sobre interferência de herbicidas no crescimento da cultura; portanto, visando avaliar os efeitos de amicarbazone e diuron + paraquat, estes foram

DE ELETRONICOS LTDA - ME CARTAO RECARGA (para