A natureza, segundo as condicións das que dispoña, e en tanto que sexa posible, sempre fai as cousas máis belas e mellores. Aristóteles, 384 a. C. –322 a. C.
QUE SABES DE…?
1. Cales son as características que fan que os ani-mais sexan distintos aos deani-mais seres vivos? 2. Cales cres que é a principal diferenza entre un
ani-mal invertebrado, como unha ameixa, e un aniani-mal vertebrado, como un peixe?
3. Cita os nomes de cinco animais invertebra-dos.
4. Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afi rmacións:
a) Todos os animais son capaces de desprazar-se.
b) Os únicos animais que teñen esqueleto son os vertebrados.
c) Os invertebrados son animais prexudiciais para os seres humanos.
d) As estrelas de mar pertencen ao grupo dos in-vertebrados.
e) Algúns invertebrados teñen ás e poden voar.
APRENDERÁS A…
— Distinguir os animais invertebrados dos vertebrados.
— Describir as características básicas dos principais grupos de invertebrados.
— Coñecer cales son os invertebrados máis rápidos e cales son os máis lentos, os máis grandes e os máis pequenos.
— Coñecer a función que desempeñan algúns animais invertebrados na natureza.
Os invertebrados forman un grupo moi numeroso e heteroxéneo de animais que inclúe seres con aspectos verdadeiramente sorprendentes. Existen, por exemplo, invertebrados sen cabeza e co corpo en forma de pentágono que lembran a unha estrela. Outros, pola contra, teñen cabezas enormes coroadas por tentáculos provistos de ventosas.
Certos invertebrados son seres longuísimos e planos como cintas e outros son diminutos co corpo cuberto por unha especie de armadura articulada.
Entre os invertebrados fi guran, ademais, animais co corpo poroso en 1 COMO SON OS ANIMAIS? Os animais son seres vivos moi diversos en canto á súa forma ou ao seu tamaño pero que comparten, polo menos, dúas características: - Son seres pluricelulares, é dicir, están formados pola unión de moitas células.
Mira ao teu redor
Fai unha lista de dez animais que inclúa, ao menos: • Dous animais que nos sirvan de alimento. • Dous animais de compañía ou mascotas.
• Dous animais que se empreguen para realizar algún deporte. • Dous animais importantes para a investigación científi ca. • Dous animais prexudiciais para os seres humanos. Compara a túa lista coas que elaboraron o resto do alumna-do. Hai moitas similitudes? Que animais foron os máis no-meados en cada caso?
OS ANIMAIS
MÁIS SINXELOS
10
COMO SON OS ANIMAIS?
Os animais son seres vivos moi diversos en canto á súa forma ou ao seu tamaño pero que comparten, polo menos, dúas características:
•
Son serespluricelulares, é dicir, están formados pola unión de moitas células.•
Sonheterótrofos, o que significa que para nutrirse necesitan comer outros seresvivos ou, o que é o mesmo, necesitan tomar materia orgánica.
6HJXQGRRWLSRGHDOLPHQWRVRVDQLPDLVSRGHQFODVL¿FDUVHHQWUHVJUXSRV
•
Herbívoros. Son os que se alimentan exclusivamente de vexetais, como os ca-racois, os saltóns ou as vacas.•
Carnívoros. Son os que comen outros animais, como as arañas, as estrelas de mar ou os lobos.1
1
Fig. 10.2 Os carnívoros aliméntanse doutros animais.
Vocabulario
Substrato: material sobre o que se asentan os animais que viven fixos. Adoitan ser o fondo mariño ou as rochas do litoral.
Aa
Fig. 10.3 Algúns animais poden desprazarse a gran velocidade
Fig. 10.1 Os hervíboros aliméntanse de vexetais.
Anémona del mar (Anemonia sulcata). Fig. 10.5
•
Omnívoros. Son capaces de nutrirse indistintamente de animais ou vexetais, como os seres humanos.Outra característica importante dos animais é a capacidade de movemento.
•
Amaioría poden desprazarse activamente. En ocasións para buscar alimento ou para atopar parella para a reprodución, etc. Estes animais chámanse formas móbiles.•
Haioutros animais que non teñen esta capacidade e viven fixos ao substrato. Eles reciben o nome de formas sésiles.Os animais son seres vivos pluricelulares e heterótrofos, e a maioría son móbiles.
Actividade resolta
Observa a fotografía e as características das anémonas. Podes decidir se corresponden a un animal ou a un vexetal?
•
Viven fixas ás rochas no litoral mariño, a poucos metros de profundidade, en lugares ben iluminados.•
Aliméntanse de invertebrados e pequenos peixiños que atrapan cos seustentáculos.
As anémonas posúen moitas características que fan pensar que se trata dun or-ganismo vexetal:
•
Algunhas son de cor verde.•
Teñen aspecto de flor con moitos pétalos.•
Viven fixas sobre as rochas.•
Viven a pouca profundidade onde os raios do sol chegan sen dificultade.Pero a diferenza fundamental entre os animais e os vexetais é o xeito de alimentarse. Os vexetais son autótrofos xa que fabrican o seu propio alimento. Nembargantes, os animais son heterótrofos, xa que se alimentan doutros seres vivos.
A anémona de mar caza cos seus tentáculos,é un ser heterótrofo.As anémonas de mar son animais carnívoros.
Fig. 10.4 As formas sésiles viven fixas ao solo.
181
¿VERTEBRADOS OU INVERTEBRADOS?
Moitos animais teñen un esqueleto, é dicir unha estrutura máis ou menos ríxida que os protexe e que lles permite sosterse.
Dentro do reino animal pódense establecer dous grandes grupos de animais segun-do o tipo de esqueleto que teñan: vertebrasegun-dos e invertebrasegun-dos.
•
Vertebrados. Son animais que teñen un esqueleto interno formado pola unión de moitas pezas, os ósos, que se articulan en torno a un eixo central, a columna vertebral.•
Invertebrados. Son un grupo de animais moito máis numeroso e heteroxéneo que os vertebrados, cuxa característica común é que o seu esqueleto, cando o teñen, é externo e non está formado por ósos.Pero os invertebrados comparten, ademais, outra serie de características. Son animais cunha organización máis simple que os vertebrados, a maioría son acuáticos, sobre todo mariños e, en xeral, son de pequeno tamaño.
1 Que significa que os animais son pluricelulares? E que son heterótrofos?
2 Pon exemplos dos tres tipos de animais: a) herbí-voros, b) carnívoros e c) omnívoros.
3 Da seguinte lista de animais indica se son verte-brados ou inverteverte-brados: a)medusa, b) caracol, c) atún, d) gato, e) lura, f) ra, g) estrela de mar, h) araña, i) lom-briga de terra, l) serpe.
Actividades
x
Fig. 10.7 Esqueleto externo.
Fig. 10.8 Clasificación dos animais. Esqueleto interno.
Fig. 10.6
10
Auga Auga Auga Auga Auga Saída AugaAS ESPONXAS OU PORÍFEROS
As esponxas, tamén chamadas poríferos, son uns animais acuáticos, a maioría deles mariños, que viven fixos ao solo. Teñen formas irregulares, sen simetría, e o seu corpo está atravesado
por multitude de orificios ou poros.
Aliméntanse de pequenas partículas de materia orgánica suspendidas na auga como se mostra no debuxo:
•
A auga entra ao interior da esponxa polos poros.•
Para facilitar a circulación da auga moven os flaxelos dunhas células especiais chamadas células de colar ou coanocitos.•
Os coanocitos capturan o alimento.•
A auga volve saír da esponxa por un orificio de maior tamaño chamado ós-culo.As esponxas son os animais máis simples que existen. As espículas son unas pezas soltas que adoitan ter forma de espiña e que dan consistencia ao corpo das esponxas. Poden ser de materia mineral ou de materia orgánica segundo o tipo de esponxa.
2
2
O tamaño das esponxas pode variar desde uns poucos milí-metros ata máis dun metro de altura, como o que alcanzan algunhas esponxas que viven no Antártico.
Sabías que...
*
Vocabulario
Flaxelo: filamento longo que teñen algunhas células que xeralmente empregan para desprazarse.
Aa
Fig. 10.9 Circulación da auga
e do alimento a través do corpo dunha esponxa.
x
Fig. 10.10 Coanocito.
Eixe
Fig. 10.12 Os cnidarios, como as medusas, teñen simetría radial.
Fig. 10.11 Esponxas.
4 Se as esponxas viven fixas ao substrato e non teñen ningún apa-rello nin sistema como o resto dos animais, en que cres que se diferen-cian das prantas?
5 Cres que o nome de poríferos é acertado para este grupo de ani-mais?
Actividades
OS CNIDARIOS OU CELENTÉREOS
Os cnidarios, tamén chamados celentéreos, son animais moi simples cuxo corpo ten forma de saco. Son todos acuáticos. Preséntanse baixo dúas formas
básicas, os pólipos e as medusas. Ambas formas teñen simetría radial.
•
Os pólipos viven sempre fixos ao solo, son formas sésiles.•
As medusas son formas móbiles que viven flotando no mar. Poden desprazar-se con movementos do desprazar-seu corpo ou poden desprazar-ser arrastradas polas correntes.3
183 Actividade resolta
Como podemos comprobar que un animal ten simetría radial?
Un corpo ten simetría radial cando calquera plano que pase polo seu centro divídeo en dúas metades iguais.
Copia no teu caderno o debuxo do pólipo ou a me-dusa, debuxa sobre eles outros planos distintos do que aparece no espello e comproba que dan lugar a partes equivalentes.
Se queres comprobalo mellor podes reproducir o pólipo en plastilina e seccionalo por distintos planos para comprobar que sempre se obteñen metades equivalentes. Cavidade dixestiva r Fig. 10.16 Cnidoblasto. Cavidade dixestiva Estes animais teñen un único orificio: a boca. Nos
pó-lipos está cara a arriba e nas medusas cara a abaixo. A boca comunica coa cavidade onde se leva a cabo a dixestión. Como non ten ano os restos dos alimentos non dixeridos son expulsados de novo pola boca. Os cnidarios son carnívoros. Aliméntanse de peque-nas presas que atrapan cos seus tentáculos. O cor-po, e especialmente os tentáculos, conteñen unhas células chamadas cnidoblastos cheas dun veleno irritante co que paralizan ás súas presas.
6 A palabra cnidario procede do termo grego Knidé que significa ortiga. Por que cres que se elixiu este nome para este grupo de ani-mais?
7 Cales son as principais diferen-zas entre as medusas e os pólipos?
Actividades
Fig. 10.15 Estrutura do corpo
dun pólipo e dunha medusa.
Fig. 10.17 Nos animais con simetría bilateral existe un único plano que divide o corpo en dúas metades equivalentes.
Fig. 10.18 Rexións do corpo dun animal bilateral.
Fig. 10.13 Fig. 10.14
OS VERMES SEGMENTADOS OU ANÉLIDOS
Os vermes segmentados ou anélidos son invertebrados co corpo cilíndrico formado por moitossegmentos ou aneis. En cada anel teñen uns filamentos ríxidos
chamados quetas, que usan para desprazarse. Hai anélidos terrestres e anélidos acuáticos. A diferenza dos grupos anteriores, esponxas e cnidarios, os anélidos son animais máis complexos que teñen cabeza e que presentan simetría bilateral, é dicir, o seu corpo pode dividirse en dúas partes simé-tricas.
4
4
10
O anélido terrestre máis común é a lombriga de terra que ten un tamaño duns 12 cm.Os anélidos teñen un tubo dixestivo comple-to con dous orificios, boca e ano, e alimén-tanse de restos de seres vivos que obteñen do solo.
Son moi importantes para a agricultura e a xar-dinaría porque, como para obter
suficiente alimento teñen que inxerir gran cantidade de terra,
forman túneles que facilitan a aireación, a drenaxe do solo e o crecemento das raíces. As lombrigas de terra respiran a través da pel, que debe manterse sempre mollada. Por este motivo deben vivir nos solos húmidos.
Fig. 10.20 Anélido mariño.
8 Fai un debuxo dun verme e explica que significa a simetría bilateral. Coñeces outros animais con simetría bilateral? Nomea, polo menos, cinco exemplos.
9 Cres que as lombrigas de terra poderían vivir no deserto? Por que?
Actividades
OS MOLUSCOS
Os moluscos caracterízanse por ter o corpo brando protexido por unha cuncha calcaria que pode ser externa ou interna. A maior parte das especies
viven no mar.
Aínda que o tamaño dos moluscos non é moi grande, uns 5 centímetros por termo medio, neste grupo danse os invertebrados de maior tamaño, as luras xigantes, que poden chegar a medir ata 20 metros e a pesar máis de 400 Kg.
Os tres tipos principais de moluscos son:
5
5
Fig. 10.21 Clasificación dos moluscos.
Caracois e babosas. Mexillóns e berberecho.s Sepias, luras e polbos.
Vocabulario
Calcaria: formada por carbo-nato cálcico, unha substancia química que tamén forma parte dos nosos dentes e ósos.
Aa
Partes da lombriga de terra. Fig. 10.19
10 Sabendo que podo, gastero, pelecy e cefalo son ter-mos gregos que significan respectivamente: pé, ventre, machada e cabeza, saberías deducir que significan os
nomes dos tres grupos de moluscos: gasterópodo, pe-lecípodo e cefalópodo?
185 Aletas Ollo Ventosas Manto Boca Cabeza Tentáculos Fig. 10.25 Partes dun cefalópodo.
OS GASTERÓPODOS
Os gasterópodos poden ser acuáticos ou terrestres. Teñen unha cuncha externa, enrolada en espiral e un pé muscular moi desenvolvemento, co que se desprazan esvarando, e unha cabeza con dous pares de tentáculos. No extremo do primeiro par de tentáculos están os ollos. Os órganos internos do animal están envoltos por unha cuberta protectora, chamada manto, e aloxados no interior da cuncha.
A
A
Algúns gasterópodos terres-tres como as babosas e algúns gasterópodos mariños coa as lebres de mar teñen unha cun-cha moi reducida ou carecen totalmente dela.
Sabías que...
*
Aínda que non teñen cabeza, algúns pelecípodos teñen nu-merosos ollos situados no borde do manto. Sabías que...
*
‘ u ll Fig. 10.22Partes dun gasterópodo.
A maioría de gasterópodos aliméntase de vexetais, que poden cortar grazas á rádula, unha peza que funciona como una serra. Os gasterópodos terrestres só poden vivir en lugares onde a humidade sexa elevada.
OS PELECÍPODOS OU BIVALVOS
Os pelecípodos son animais acuáticos cunha cuncha externa formada por dúas pezas chamadas valvas, polo que tamén reciben o nome de bivalvos. Por debaixo das valvas está o manto, unha cuberta branda que engloba e protexe os órganos internos do animal.
Non ten cabeza. Poden desprazarse grazas a un pé muscular que sobresae do manto. Aliméntanse pola filtración de pequenas partículas da auga.
OS CEFALÓPODOS
Os cefalópodos son moluscos ma-riños con cuncha interna ou sen cuncha. Na cabeza, ao redor da boca, teñen 8 ou 10 tentáculos ou pés, provistos de ventosas. O manto cobre os seus órganos internos. Son carnívoros cunha boca cuxos dentes en forma de pico, permiten esgazar as
pre-sas.
B
B
C
C
é Músculos que cerran e abren as valvas Cuncha con dúas valvasFig. 10.24 Partes do corpo
dun pelecípodo.
11Completa no teu caderno a seguinte táboa com-parativa das características dos moluscos:
Nome do grupo Como é a súa cuncha? Onde viven? De que se alimentan? Como se desprazan?
Filtran partículas da auga No mar, auga doce e no solo
Cefalópodos
12 Que parte do molusco comemos ao tomar luras á romana? E cando comemos polbo á galega?
Actividades
10
OS ARTRÓPODOS
É o grupo máis extenso do reino animal, xa que representan ao redor dun 80 % de todas as especies. Isto significa que de cada dez animais que existen no noso planeta, oito son artró-podos.
Os grupos de artrópodos máis importantes son os crustáceos, os arácnidos e os insectos.
As características máis importantes dos artrópodos son as se-guintes:
•
Teñen o corpo dividido en segmentos que, normalmente, agrúpanse en dúas ou tres partes: cefalotórax e abdome, nos crustáceos e arácnidos, e cabeza, tórax e abdome, nos insectos.•
O seu corpo está protexido por unha cuberta de quitina, unha substancia dura pero flexible que constitúe o seu esqueleto externo ou exoesqueleto. Este esqueleto ten o inconveniente de que non crece co animal polo que periodicamente débese substituír por un de maior tamaño. O cambio de esqueleto chámase muda.•
As súas patas están formadas por varios segmentos unidos mediantearticula-cións que permiten o movemento.
6
6
Fig. 10.26 Abundancia relativa de especies nos grupos animais.
Os artrópodos son animais invertebrados co corpo dividido en segmentos e cuberto por un exoesqueleto de quitina. A súas patas están articuladas.
OS CRUSTÁCEOS
A maioría son mariños. O seu corpo pode dividirse en dúas partes, o cefalotórax e o abdome.
O cefalotórax está cuberto por unha cuncha dura e ríxida. O abdome está constituído por varios segmentos articulados que acaban no telson, unha estrutura semellante ás aletas dun mergullador, que empregan para impulsarse ao nadar. Na cabeza teñen un par de ollos pedunculados e dous pares de antenas que conteñen os órganos do tacto e do gusto. O número de patas destes animais varía dunhas especies a outras. Os cangrexos teñen no tórax cinco pares de patas, o
A
A
Fig. 10.27 Clasificación dos artrópodos.
Fig. 10.28 Exemplos de artrópodos: formiga (a) e araña (b).
Abdome Patas locomotrices Pinzas Antenas Ollo pedunculado Telson Fig. 10.29 Partes dun crustáceo.
187 ás
OS ARÁCNIDOS
Os arácnidos son un grupo de artrópodos terrestres que inclúe os escorpións, os carra-chos e as arañas. Estas últimas forman o conxunto de arácnidos máis importantes.
O corpo das arañas está divi-dido en dúas partes: o cefalo-tórax e o abdome.
Na parte inferior do cefalotórax ten:
•
Un par de apéndices rema-tados nunha uña, os que-líceros.•
Un par de apéndices que serven para captar o sabor e o olor dos alimentos, cha-mados pedipalpos.•
Catro pares de patas querematan nunha pequena uña.
Na parte superior do cefalotórax destacan catro pares de ollos simples. Ademais te-ñen o corpo cuberto de sedas ou pelos por onde perciben o sentido do tacto. Todas as arañas son depredadoras, aliméntanse de insectos que matan coas uñas e veleno. Para cazalos tecen xeométricas teas de araña cuns fíos que producen nas glándulas da seda que hai no seu abdome.
OS INSECTOS
Existen máis dun millón de especies distintas de insectos. Isto fai que sexan o grupo con maior número de especies do reino animal e que, por iso, sexan considerados como uns animais cun grande éxito biolóxico. Viven practicamente en calquera parte do noso planeta, excepto no mar.
O corpo dos insectos divídese en tres par-tes: a cabeza, o tórax e o abdome.
•
Cabeza: nela teñen un parde antenas coas que poden percibir os olores e o tacto, e un par de ollos, que adoitan ser de gran tamaño e que, nal-gunhas especias co-mo os cabaliños do
demo, ocupan practicamente to-da a cabeza. Os ollos dos insectos son únicos no reino animal e están formados pola unión de centros de pequenas lentes polo que se deno-minan ollos compostos. A boca dos in-sectos está formada por un conxunto de pezas, chamadas pezas bucais. O conxunto de todas as pezas denomínanse aparato bucal.
•
Tórax: a maioría dos insectos, como as bolboretas, os saltóns ou as abellas na parte superior do tórax teñen dous pares de ás. Na parte inferior do tórax todos os insectos teñen tres pares de patas. Esta característica fai que reciban tamén o nome de hexápodos, que precisamente significa «seis patas».B
B
C
C
Gancho velenoso Quelicero Glándula do veleno Fig. 10.31Os quelíceros están conectados coas glándulas do veleno.
Tea de araña. Fig. 10.32
Vocabulario
Apéndice: parte do corpo dun animal con forma alarga-da, saínte, como por exemplo as patas ou as antenas.
Aa
Os fíos das teas de araña son extraordinariamente fortes. Calculouse que teñen maior resistencia ca un fío de aceiro que fose do mesmo grosor.
Sabías que...
*
Partes dun insecto. Fig. 10.33
Fig. 10.30 Partes dun arácnido.
10
•
Abdome: o abdome, que adoita ser alongado e máis brando que o tórax, está formado por varios segmentos ou aneis.Os insectos son os únicos invertebrados que teñen a capacidade de voar.
Que comen os insectos?
Os insectos son un grupo moi diverso de animais que se adaptaron a vivir practica-mente en calquera ambiente e a aproveitar calquera fonte de alimento. Hai insectos carnívoros que comen outros invertebrados. Hai insectos herbívoros que comen follas, outros comen madeira, tamén os hai que se alimentan de néctar, algúns de zume, etc. Hai insectos parasitos que se nutren do sangue dos mamíferos e insectos que aproveitan a materia orgánica dos excrementos de outros animais.
Actividade resolta
A cochinilla da humidade (Armadillidium vulgare) é un artrópo-do terrestre que vive en lugares húmiartrópo-dos e que se protexe artrópo-dos depredadores enrolándose ata formar unha bóla. Se sabemos que a cochinilla ten seis pares de patas, en que grupo de artró-podos podíase incluír?
Estudamos tres grupos de artrópodos: os insectos, os arácnidos e os crustáceos.
• Os insectos teñen sempre seis patas, é dicir, tres pares, polo que seguro que a cochinilla da humidade non é un insecto.
• Tampouco é un arácnido porque estes teñen sempre catro pares de patas.
• Entón, só pode ser un crustáceo. Nestes animais, o número de pa-tas varia dun grupo a outro. É posible, entón, que aínda que moi-tos crustáceos teñan cinco pares de patas, algúns teñan máis, por exemplo sete.
Por exclusión, deducimos que as cochinillas son crustáceos. Para afirmar a nosa conclusión e coñecer algo máis sobre as co-chinillas da humidade consulta unha enciclopedia ou un libro de zooloxía.
A1
A1
Fig. 10.34 Cochinilla da humidade.
13 O esqueleto dos artrópodos é semellante á arma-dura dun cabaleiro da Idade Media. Indica en que cres que se parecen e en que se diferencian a armadura e o exoesqueleto.
14 Copia no teu caderno a silueta do insecto da Figura 10.35, debuxa nela as ás e as patas, e sinala a posición dos ollos, a boca no ano e as antenas.
15 Copia a seguinte táboa no teu caderno sobre as características dos artrópodos e complétaa.
Nome do grupo Partes do corpo Número de patas Onde viven? Crustáceos Seis Cefalotórax e abdome Actividades Silueta de insecto. Fig. 10.35
189 és
OS EQUINODERMOS
Os equinodermos son un grupo especial de invertebrados mariños con simetría pentarradial. O seu corpo pode dividirse en cinco pares equivalentes, o que lles
dá un aspecto estraño, distinto do restos dos animais. Os representantes máis importantes deste
gru-po son:
•
Os ourizos de mar.•
As estrelas de mar.Os equinodermos teñen un esqueleto formado por placas calcarias que poden estar soldadas entre si, como ocorre cos ourizos de mar, ou sol-tas, como nas estrelas. Das placas do esqueleto orixínanse as púas ou espiñas.
OURIZOS DE MAR
O corpo dos ourizos de mar ten unha forma máis ou menos esférica e está cuberto de púas. Se o ourizo vivo se observa con atención, pódese ver que entre as púas aparecen numerosos tentáculos finos e transparentes: son os pés ambulacrais.
Os ourizos de mar viven sobre as rochas do litoral onde se alimen-tan de algas e pequenos crustáceos.
Para desprazarse empregan os pés ambulacrais e axúdanse das púas que empregan como se fosen muletas.
ESTRELAS DE MAR
As estrelas e mar teñen un corpo aplanado e flexible formado por un disco central do que saen cinco brazos acabados en punta. Son o grupo de equinodermos coas formas e cores máis belas e sor-prendentes.
Son animais carnívoros, moi voraces, que poden atrapar, mesmo, peixes pequenos. En troques de tragar as súas presas, as estrelas sacan o estómago pola boca e verten os seus sucos gástricos sobre elas.
Unha característica das estrelas de mar é o seu poder de rexeneración. Un brazo amputado, por exemplo, rexenérase con gran facilidade. Mesmo, poden rexenerar a estrela enteira a partir dun brazo con tal de que teñan parte do disco central.
7
7
B
B
Fig. 10.36 Ourizo de mar. Estrela de mar. Fig. 10.37
16 Para que cres que empregan as púas os ourizos de mar? E os pés ambulacrais?
17 Se unha estrela de mar come doce ostras nun día, cantas ostras comerán 50 estrelas nun día? E nunha se-mana? E nun mes?
18 Se foses unha estrela de mar: a) Onde terías situada a boca? b) E o ano?
Actividades
is
Pés
i
Fig. 10.38 Partes dun ourizo de mar.
Fig. 10.39 Partes dunha estrela de mar: cara dorsal (a), cara ventral (b).
(a) (b)
ACTIVIDADES FINAIS
1Copia e completa no teu caderno o parágrafo sobre as características dos animais cos termos que aparecen a continuación: heterótrofos, omnívoros, plantas, animais, herbívoros, carnívoros, seres vivos.
Para nutrirse, os animais precisan consumir outros ____ por isto chámaselles ____.
Os animais que se alimentan de ___ son ___ e os que se ali-mentan de ___ son __.
Os animais que comen indistintamente __ e __ son os __ 2Cal é a principal diferenza entre os animais vertebra-dos e os invertebravertebra-dos?
3Pon exemplos de animais que vivan fixos ao substrato. 4Completa no teu caderno o parágrafo sobre a ana-tomía dos vermes segmentados (anélidos) cos seguintes termos: cabeza, segmentos, ano, quetas, boca, posterior, anélidos, anterior.
O corpo dos ____ está dividido en aneis ou ____. En cada anel teñen dous pares de ___ que os axudan a desprazarse. A ____ está situada na parte ____ e ten unha abertura a ____. Na parte ____, no último anel, encóntrase o ____.
5De que se alimentan as lombrigas? Por que son be-neficiosas para a agricultura?
6Moitos moluscos forman parte da nosa alimentación. Indica o nome de tres moluscos de cada grupo que sexan comestibles.
7Emprega as seguintes palabras e escribe un parágra-fo sobre os artrópodos: quitina, crustáceos, exoesquele-to, invertebrados, insectos, arácnidos.
8Que é a muda? Por que motivo os artrópodos realizan a muda?
9Explica como se alimentan as estrelas de mar. 10Que significa que as estrelas de mar teñen un gran poder de rexeneración?
Para aplicar
11Copia no teu caderno este esquema dun pólipo e sinala coas frechas as seguintes partes: boca, cavidade dixestiva e tentáculos.
Para repasar 12 Copia no teu caderno os seguintes esquemas dun
gasterópodo, dun pelecípodo e dun cefalópodo e sinala as seguintes partes; no gasterópodo: cabeza, pé, manto, cuncha e boca. No pelecípodo: manto, pé, válvulas e mús-culos. No cefalópodo: manto, cabeza, tentáculos, ollos, ventosas e boca.
13 Onde terías os pés se foses un gasterópodo? E se fo-ses un cefalópodo?
14 Copia no teu caderno os seguintes esquemas dun crustáceo, un arácnido e un insecto e sinala con frechas as seguintes partes: cefalotórax, cabeza, tórax, abdome.
10
Fig. 10.41 Fig. 10.42 Fig. 10.43
Fig. 10.40
15 Indica no teu caderno se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións sobre os insectos:
a. Todos os insectos teñen tres pares de patas.
b. É maior o número de especies de insectos que o número de especies de todos os demais animais xuntos.
c. O esqueleto dos insectos está dividido en dúas partes: cefalotórax e abdome.
d. O esqueleto dos insectos está feito dunha substancia chamada quitina.
e. Todas as extremidades (patas e ás) dos insectos están si-tuadas no abdome.
f. As patas dos insectos, como as de todos os artrópodos, están formadas por varias pezas articuladas.
g. Os insectos son os únicos invertebrados que poden voar. h. Os ollos dos insectos son ollos simples, como os dos
arácnidos, e están moi pouco desenvolvidos.
16 Une no teu caderno cada termo coa frase que corres-ponda:
a. Esponxas. 1. Corpo brando, casa dura.
b. Cnidarios. 2. Oito de cada dez son coma estes. c. Anélidos. 3. Coidado que pican!
d. Moluscos. 4. Teñen o corpo como un coador. e. Artrópodos. 5. Multiplícate por cinco.
f. Equinodermos. 6. Segmento-segmento-segmento-segmento-segmento…
Fig. 10.46 Fig. 10.45
Fig. 10.44
191
ACTIVIDADES FINAIS
22 Cal cres que é a principal diferenza entre:
a. Un cnidario e un anélido; b. Un anélido e un molusco; c. Un pelecípodo e un gasterópodo; d. Un crustáceo e un arácnido; e. Un equinodermo e un artrópodo.
23 Indica, como no exemplo, a que grupo de inverte-brados pertencen os animais que aparecen nas imaxes e explica que criterio empregaches para a clasificación. 17 Copia e completa no teu caderno a seguinte táboa
sobre as características dos invertebrados.
Esponxas Cnidarios Anélidos Moluscos Artrópodos Equinodermos
Que clase de simetría teñen? En que medio viven? Como se desprazan? Como é o seu esqueleto?
Para investigar
18 Copia no teu caderno esta silueta dun gasterópodo. Debuxa nela o percorrido do tubo dixestivo e sinala con frechas as seguintes partes: boca, rádula, ano. En que po-sición está a boca? E o ano?
Distráete cunha mosca
Caza unha mosca atraéndoa con restos de alimentos. Un-ha vez que consigas a mosca métea nun tarro, como o da fi gura, obsérvaa, contesta despois as seguintes preguntas e ao rematar, libéraa:
a. En cantas partes pode dividirse o corpo? En que parte do corpo están as patas e as ás?
b. Cantas ás ten? De que cor son? Teñen nerviacións? Como están colocadas cando o animal está quieto? c. Cantas patas ten? Teñen segmentos?
d. Pode andar polas paredes do tarro? E polo teito? e. De que cor son os seus ollos? Ten antenas? f. As moscas mastigan ou chupan os alimentos?
g. Fixácheste en que as mos-cas a miúdo fregan coas súas patas as ás, a cara e as mesmas patas? Por que cres que o fan?
Coa información que obtiveches redacta agora unha breve descrición da mosca que podería empezar así:
«As moscas son insectos co corpo dividido en tres partes: cabeza, tórax e abdome. No tórax...».
Pon en práctica
Material
• Tarro grande de cristal coa tapa perforada para permi-tir que ao aire se renove. • Resto de calquera comida:
algo de froita madura, un líquido azucrado, un pouco de carne... • Unha mosca.
10
Fig. 10.48 (a) (d) (b) (c) 19 Coñecer a etimoloxía dos nomes científicos, é dicir,a súa orixe, axúdanos a comprender o seu significado, o que contribúe a que os recordemos máis facilmente. Coa axuda dun dicionario trata de pescudar o significado dos termos crustáceo, arácnido e insecto.
20 Pescuda de que se alimentan os seguintes insectos: mosca, abella, bolboreta, chinche, mantis relixiosa, mos-quito, saltón.
21 Por que cres que se considera aos insectos como os invertebrados con maior éxito biolóxico?
Exemplo: a fi gura a corresponde a un arácnido (artrópodos) porque ten o corpo dividido en dúas partes (cefalotórax e abdome) e teñen catro pares de patas.
10
INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA
As claves de clasifi cación serven para identifi car as distintas especies de seres vivos. Xeralmente, as claves son dicotó-micas, o que signifi ca que, para chegar á identifi cación dun determinado exemplar, elixiuse de maneira sucesiva entre dúas propostas. É dicir, a clave ofrécenos dúas posibilidades e debemos tomar unha, a que máis se axuste ás características do organismo que pretendemos clasifi car.
Exemplo: clasifi cación da cuncha n.3.
— En primeiro lugar temos que escoller entre a) gasterópo-dos ou b)bivalvos; como a cuncha está formada por dúas
pezas pertencerá a un bivalvo ou pelecípodo polo que imos ao apartado de BIVALVOS.
— Como a cuncha ten forma de abanico eliximos o apartado (2).
— Xa que os sucos da cuncha están dispostos radialmente debemos escoller (3).
— As valvas teñen aleróns, polo tanto seguimos ao apartado (4).
— Os aleróns son desiguais e a cor é alaranxada polo que se trata dunha zamburiña (hlamys varia).
Uso dunha clave de clasifi cación
aleróns
u u
Cuncha formada por unha soa peza enrolada en espiral aínda que ás veces pode ser cónica.
x
e
Clave de clasifi cación de moluscos
Cuncha formada por dúas pezas ou valvas.
A. GASTERÓPODOS B. BIVALVOS
193 Gasterópodos
1) Animales mariños.
A cuncha ten as paredes grosas ... (2)
1) Animales terrestres ou de auga doce. A cuncha é fi na e lixeira ... (8)
2) Cuncha enrolada en espiral ... (3)
2) Cuncha de forma cónica, parecida a un gorro, que non está enrolada en espiral ... (lapa) Patella caerulea 3) Abertura da cuncha estreita e alongada ... (4)
3) Abertura da cuncha de forma oval ou redondeada .... (5)
4) Cuncha de forma parecida a un ovo (ovoide) cos bordes da abertura dentados. ... (porcelana) Cypraea pyrum 4) Cuncha de forma cónica, parecida a unha buxaina, cos bordes da abertura lisos. ... (cono) Conus mediterraneus 5) Lonxitude total da cuncha unhas tres veces maior que o diámetro máximo ... (6)
5) Lonxitude total da cuncha menor que tres veces o diá-metro máximo ... (7)
6) Cuncha áspera con rugosidades ... (pada) Cerithium vulgatum 6) Cuncha lisa ... (torrecilla) Turritella communis 7) Sifón máis alongado, cuncha con espiñas ... (cañadilla) Murex brandaris 7) Sifón máis curto, cuncha robusta con protuberancias ... (corneta) Murex trunculus 8) Cuncha en forma alongada que parece rota no seu extre-mo ... Rumina decollata 8) Cuncha de forma máis ou menos esférica ...Helix aspersa 1 Emprega a clave de clasifi cación e trata de identifi car os moluscos que aparecen na fi gura inicial. 2 Por que cres que os gasterópodos terrestres teñen cunchas fi nas e lixeiras e en cambio os gasterópodos ma-riños teñen cunchas grosas e pesadas? 3 A que cres que se deben os sucos ou liñas concéntri-cas que teñen as cunchas de moitos bivalvos? 4 O berberecho recibe o nome científi co de Cardium edule. O nome da especie edule fai referencia a que os ber-berechos son comestibles, pero, a que cres que debe facer referencia o nome Cardium? (Observa a imaxe de perfi l da cuncha do berberecho) Cuestións Bivalvos 1) Cuncha en forma de abanico, redondeada ou alonga-da ... (2)
1) Cuncha en forma de tubo, aberta polos extremos e algo curvada ... (navalla) Ensis ensis 2) Cuncha con sucos dispostos radialmente, como as varas dun abanico ... (3)
2) Cuncha con sucos concéntricos ... (6)
3) Valvas con aleróns ... (4)
3) Valvas sen aleróns ... (5)
4) Os aleróns laterais son iguais a ambos lados. Acadan os 15 cm. ...(vieira) Pecten maximus 4) Os aleróns laterais son desiguais. Cor vermella alaranxado. Tamaño entre 5 e 8 cm ... (zamburiña) Chlamys varia 5) Cuncha con púas que alcanza uns 7 cm de diámetro ... (marolo) Cardium aculeatum 5) Cuncha con púas que mide entre 3 e 5 cm ... (berberecho) Cardium edule 6) Forma das valvas redondeada (case igual de longa ca ancha) ... (7)
6) Forma das valvas alongada (máis longa ca ancha) ... (8) 7) Sucos concéntricos moi marcados, cuncha grosa e pesada
que pode alcanzar uns 6 cm.
... (pé de burro) Venus verrucosa 7) Sucos concéntricos fi nos, cuncha que alcanza uns 4 cm
... (chirla) Venus gallina 8) Cuncha de cor negra ou moi escura, tamaño de ata
10 cm ... (mexillón) Mytilus edulis 8) Cuncha de cor parda, con forma de cigarro e tamaño de