• Nenhum resultado encontrado

Pereira Lopes do meu PORTO de vista...

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Pereira Lopes do meu PORTO de vista..."

Copied!
6
0
0

Texto

(1)

Pereira Lopes Porto 1955

Aos 11 días, xa recuperado de nacemento, foi vivir a Avintes. Até hoxe.

O interese polo fotografía comeza aos 16 anos, cando aínda frecuentaba a Escola Industrial e Comercial de Vila Nova de Gaia e a Amateur Photographer era unha leitura obrigatoria. Cp,eza a fotografar, de forma sis-temática, en 2005. En 2006 é convidade a participar no libro de fotografía Olhares. En 2007 fai un curso de fotografía no IPJ do Porto.

En febreiro de 2011 fai a súa primeira exposcición co-lectiva, convidado por Victor de Almeida, responsable da Galería Olhos d’Arte, no Porto.

“Da Luz e do Ollar” foi a súa primeira exposición individual, é un conxunto heteroxéneo de 24 traballos que dende setembro de 2011 pasou pola Galería Olhos d’Arte (Porto), Galería Plebeus Avinteses (V.N. de Gaia), Biblioteca Municipal de Aguiar da Beira, Museu Muni-cipal de Esposende e agora apreséntase na Biblioteca Municipal de Mangualde.

“Do meu PORTO de vista...” é a segunda exposición individual con imaxes das xentes e locais da cidade invicta, pasou polo Sweet Douro (V.N. de Gaia), Galería Plebeus Avinteses, Casa dos Açores do Norte (Porto) e Galería Porta 22 (Porto) e agora preséntase no 31 Outono fotográfico.

“Tal como um livro a árvore tem folhas” foi a súa terceira exposicición individual. “Imagens escritas” foi o seu cuarto proxecto individual.

do meu PORTO de vista...

É o Porto ribeiriño, coas súas xentes, que pretendo mostrar. Despois da Sweet d’Ouro (Santa Marinha), dos Plebeus Avinteses, da Casa dos Açores do Norte e Galería Porta 22 (Porto) e da Galería 302 (Porto), é ago-ra a 31 edición do Outono Fotográfico a abrir as súas portas á miña exposición composta por 12 imaxes dunha cidade que adoro e que a fotografía me levou a (re)descobrir.

José Saramago di: «Ao final, o Porto, para verdadei-ramente honrar o nome que ten, é, primeiro de todo, este longo regazo aberto para o río, mais que só do río se ve, ou intúe, por estreitas bocas pechadas por muretes, pode o viaxante debruzarse para o aire libre e ter a ilusión de que todo o Porto á a Ribeira». 12 FOTOS 30 x 40 (con CRISTAIS)

(2)

Luis Reina Porto 1962

Curso de iniciación á fotografía en branco e negro e técnicas laboratoriais de revedado no Espaço T no Porto en 2000, impartido por Luís Miguel Ferraz. Workshop fotográfico da Fundación de Serralves “A arte de ver” en 2007, impartido por António Sá. Workshop “Fotografía Arquolóxina” no Museu Nacional de Arqueologia de Lisboa co fotógrafo Danilo Pavone, en 2010. Curso de iniciación ao deseño e pintura en acuarela cao pintora Antonieta Castro en 2007. Exposicións individuais: 2007, “Uma janela aberta a vida”, Holmes Place Boavista, Porto e Arte Ana San-tos, Matosinhos. “Perspectivas”, Espaço Moda e Arte Santos, Matosinhos. 2008, “O outro Lado”, Espaço Moda e Arte Ana Santos, Matosinhos. 2009, “Aman-hecer”, Espaço Moda e Arte Ana Santos e Centro de Estudo Sabiamente, Porto. 2010, “Azul – Na rota das grandes civilizações e dos grandes imperios”, AXA Se-guros, Porto, e Museu Municipal da Póvoa de Varzim. “Encruzilhadas - 10 Séculos de Civilização Clássica”, Museu Diogo de Sousa, Braga. “Caleidoscópio Açoria-no”, Casa dos Açores do Norte, Porto.

http://photoluisreina.blogspot.com

NIÁGARA - A BALADA AZUL

Niágara é nome de filme. Filme coa mítica Marilyn. Níagara é nome de río. Río verde-esmeralda. Mais Niágara é mundialmente famosa polas súas exuberan-tes fervenzas. Unha maravilla de 53 metros de branca espuma que se precipita dun precipicio verde sobre a “Sereia do Nevoeiro” que se balancea suavemente nunha aventura que fai as delicias de forasteiros. A natureza partillada por dous países –Canadá e USA. Un lugar feito de cor e maxia.

Unha balada feita de vestidos azuis. Un azul transpa-rente, nun día cincento que ás veces viu raiar o sol. 12 FOTOS 30x40

(3)

David Salcedo

Caravaca de la Cruz, Murcia 1981

Estudou no Instituto Fotográfico de Cataluña, onde se especializou en fotografía de viaxes, autor e repor-taxes en zonas socialmente conflitivas. O seu traballo persoal estivo exposto en dúas ocasións na galería KOWASA e en varios centros expositivos de Cataluña e no sur de Francia. Participou tamén en exposicións colectivas no Visa pour l’Image, SONIMAG foto e co co-lectivo calle35, do cal é membro. Participou en proxec-cións especiais na libraría La Fabrica de Barcelona e no museo de Belas Artes de Murcia durante as char-las fotográficas de cienojos. En 2011 o seu portolio publicouse na revista FV e presentouse o libro de foto relatos La mano del Sabio (Ed. Amphibia, esgotado).

RENDICIÓN

Rendición é un traballo de paisaxe de escenarios da guerra civil, no cal aínda encontramos ecos emocio-nais deste conflito.

(4)

Manuel Blanco Celta ‘Manolo Celta’ O Carballiño 1945

Fotógrafo autodidacta, foi fundador da Asociación Fotográfica O Potiños no ano 82. Participa activamente en todas as manifestacións artísticas da provincia, recibindo numerosos premios.

Autor participante asiduo no Outono Fotográfico, a súa obra está case sempre marcada polos detalles. Esas pequenas cousas, vivencias que nos marcan, e que reflicten a súa inquedanza.

A miña pequena mercería

A Miña Pequena Mercería é unha pequena homena-xe ao traballo desenvolvido durante máis de setenta anos, primeiro polo meu pai e despois por min. Esas pequenas cousas que vendemos cada día e non lles damos maior importancia e no entanto, ademais da súa beleza, déronnos de comer a toda a familia. Saber extraer a súa beleza interna e poder expresala é o motivo da colección.

(5)

José Luis DIZ O Carballiño 1950

Autodidacta de formación, participa por sexto ano consecutivo no Outono Fotográfico xunto con outros membros da Asociación Fotográfica «O Potiños» de Carballiño, da que é membro activo dende a fundación en 1985.

Foi correspondente do periódico La Voz de Galicia na comarca de O Carballiño de 1978 a 1982 e vencellado á directiva do Cine Club local entre 1975 e 1989. Ten colaborado na edición de varios libros de fotografía so-bre O Carballiño, con especial interé na recompilación de fotos vellas desta comarca.

A PÉ DE RÚA

A pé de rúa. Esta non é unha exposición “ao uso” nin unha exposición de “fotos bonitas” é un berro seco que nos toupa diante dos ollos e nos mostra algo que aínda conserva esta nosa sociedade en pleno século XXI.

A pé de rúa é: denuncia, marxinación, miseria, ingno-rancia, diferencia social, etc... etc..., resumindo: algo que aínda conserva o tan nomeado progreso.

18 FOTOS 50x60 + 1 FOTO 32x45

(6)

YO TAMBIÉN ME ACORDARÉ DE TODOS VOSOTROS

Antía Moure

Monforte de Lemos 1981

Antía Moure é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e posúe un Máster en Xestión Cultural pola Univer-sidade Carlos III de Madrid.

A súa traxectoria, nova pero destacada, ven determinada pola súa presenza en proxectos como o Archivo de Crea-dores de Matadero, Centro de Creación Contemporánea de Madrid, PhotoEspaña 2008 (Madrid), Observatori 2006, 7º Festival Internacional de Investigación Artística de Valen-cia ou A Chocolataría, D’S Espazo de Experimentación e Creación Contemporánea de Santiago de Compostela, entre outros. Así como a inclusión da súa obra en publica-cións especializadas como a recente 100 News Artists de Francesca Gavin publicado por Laurence King (UK), 2010. Destaca ademais a súa participación en exposicións de tese como Urbanitas. Actitudes urbanas na arte galega actual realizada no MARCO, Museo de Arte Contemporá-neo de Vigo, Surrounding Matta-clark, na Galería Carlos Carvalho de Lisboa ou Ciclo de videocreación no CGAC. E en exposicións individuais na Zona “C” de Santiago de Compostela, Grandes Batallas, ou Arkhé e El último minuto na súa galería portuguesa e galega respectivamente. Dende 2005 a súa obra está presente en feiras nacionais e internacionais como ARCO ou Estampa (Madrid), Espacio Atlántico en Vigo, Dfoto, Feria Internacional de Fotografía Contemporánea e Vídeo (San Sebastián), China Internacio-nal Gallery Exposition (Beijing), Bridge Art Fair (Nova York), Arte Lisboa, Feira de Arte Contemporánea, ou Colonia Liste Köln.

Actualmente vive e traballa en Madrid compaxinando a súa actividade creativa coa xestión cultural.

Habitar un espazo é unha acción complexa pola relación que se establece entre este e a nosa pre-sencia. Abandonar un espazo é unha acción tamén complexa pola ruptura física e mental con este. Ao revivir unha lembranza da nosa existencia a miúdo non conseguimos visualizar «o todo», fáltannos datos. Esta reconstru-ción cargada de ausencia débese á omisión de singularidades, e é o obviar ou omitir ditas singularida-des o que nos permite recoñecer o momento vivido e, o que é máis importante, lembralo e podelo narrar.

A memoria reafirma a nosa iden-tidade e a do que nos rodea, e con iso a nosa posición no espazo e no tempo. Un reflexo diso é o asombroso espertar de Gregorio Samsa na Metamorfosis de Kafka, que sorprendido dentro dun corpo que non é seu é capaz de iden-tificarse como el mesmo grazas ao recoñecemento de todo aquilo que o rodea. A memoria, construí-da de sensacións e imaxes muta-das, é responsable de axudarnos a «soportar» o paso do tempo. 5 FOTOS 114x76

Referências

Documentos relacionados

A partir da junção da proposta teórica de Frank Esser (ESSER apud ZIPSER, 2002) e Christiane Nord (1991), passamos, então, a considerar o texto jornalístico como

Deve limitar-se, portanto, aos serviços básicos de infraestrutura e investimentos sociais, atuando, também, como árbitro do setor privado (BANCO MUNDIAL, 1995, p. No início

Novas Tendências do Direito do Consumidor – Rede Alemanha-Brasil de Pesquisas em Direito do Consumidor, São Paulo: Revista os Tribunais, 2015, p?. SCHMIDT NETO,

A quantidade de artigos publicados nas seis edições do Congresso UFSC de Iniciação Científica em Contabilidade, realizados entre 2007 e 2015 foi no primeiro

Todas as outras estações registaram valores muito abaixo dos registados no Instituto Geofísico de Coimbra e de Paços de Ferreira e a totalidade dos registos

Nesse contexto, o presente trabalho tem como objetivo realizar testes de tração mecânica e de trilhamento elétrico nos dois polímeros mais utilizados na impressão

libras ou pedagogia com especialização e proficiência em libras 40h 3 Imediato 0821FLET03 FLET Curso de Letras - Língua e Literatura Portuguesa. Estudos literários

Principais fontes de financiamento disponíveis: Autofinanciamento: (corresponde aos fundos Principais fontes de financiamento disponíveis: Autofinanciamento: (corresponde aos